Ghastas Pista?

Retrouso
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4]

Novas que incluen 'Retrouso':


Cantos de Taberna en Pontevedra
http://ocioengalicia.com/pontevedra/cantos-de-taberna-2019-en-pontevedra/
(texto engadido o día 12/ / 1/ / 19 )


Cinco citas, dez bares, cinco grupos e un obxectivo: fomentar a nosa cultura recuperando unha forma de divertimento tradicional. Volve Cantos de Taberna da man da Concellería de Festas e o grupo Maravallada.
A concelleira de Festas, Carme da Silva presentou hoxe a oitava edición de Cantos de Taberna, que arranca o vindeiro venres 25 de xaneiro e que se desenvolverá todos os últimos venres de mes até maio. Ao seu carón, Xaquín Moreda de Maravallada.


Da Silva e Moreda concordaron ao subliñar a aposta pola participación e a boa resposta da xente de Pontevedra á iniciativa, unha resposta que medra ano a ano e que trouxo outras citas como a Aquí Cántase.

“Non se trata de actuacións, os grupos incentivan que a xente cante, que participe nos cantos” indicou a concelleira de Festas. “O que queremos é dar prioridade a voz, encher as tabernas de voces e por iso os grupos levan pouca instrumentación” engade o portavoz de Maravallada.

Co fin de animar á participación, repártense as letras das cantigas nos bares porque son moitas as persoas que tan só coñecen o primeiro retrouso mais non a cantiga completa. Xustamente é un libro de cantigas o premio que recibe, ao final de Cantos de Taberna, a persoa ou grupo que mais se teña implicado e participado nas sucesivas citas do programa.

Cantos de Taberna está a crear escola e cada vez son máis os sitios nos que se organizan encontros para cantar.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Certame de Pandereteiras de Breogán de Moaña

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Sábado 24 de novembro ás 19h no Salón de Actos Daniel Castelao - Quintela

Coa participación de
Retrouso de Cela (Bueu)
Alxibeiras (Ponteareas)
Cantodorxo (O Grove)
Trébede (Cangas)
Salgharitas - Breogán (Moaña)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación Cultural Retrouso de Cela - Horarios definitivos (Curso 2018/2019)
https://www.facebook.com/retrouso/photos/a.10153303341855462/10160709337950462/?type=3&theater
(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )


O cartel DEFINITIVO, con horarios e a incorporación de Alba Juncal como profe de iniciación adultos de canto e pandeireta. Botade un ollo aos horarios! Arrancan as aulas a comezos de outubro!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ASOCIACIÓN CULTURAL RETROUSO DE CELA (BUEU) - CURSO 2018/2019
https://www.facebook.com/retrouso/photos/a.10153303341855462/10160685083145462/?type=3&theater
(texto engadido o día 9/ / 9/ / 18 )


Ide decidindo a que vos ides apuntar este novo curso! Faremos unha versión cos horarios detallados. No entanto, principais novidades e ideas forza:
- Estreamos actividade especialmente orientada a rapazada de 3 a 5 anos, coa pandeireteira e diplomada en Maxisterio Infantil Noelia Villaverde. Será os mércores ás 17h
- Aula avanzada de percusión os martes ás 21h; ademais da de iniciación os sábados pola mañán.
- Temos un grupaso de pandeireteiras adolescentes ao que estamos interesados en incorporar novas compañeiras ou compañeiros. Se sabes tocar e tes entre 12 e 18 anos... imos facer cousas bravas (pandeira, reto de concurso...). Á parte de 3 niveis máis dispoñibles!
- A aula de baile adultos seá venres á noitiña, habémoste espabilar pero ben!
- O grupaso de gaita mantense os sábados á mañán (xoves tarde, para nenos).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)
https://carreiros.blogspot.com/2018/09/noite-de-musica-tradicional-en-ouzande.html
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.
Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.
As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)
“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza como grupo de gaitas e cuns doce membros en total. Unha vez asentados e pasados xa ao redor de dous anos, dan comezo as clases de baile e con iso incorpóranse as primeiras mulleres á agrupación, pasando a ser máis de 30 persoas.Na actualidade, os integrantes están repartidos nas escolas de baile tradicional, gaita e pandeireta, os cales están divididos segundo as idades destes. Tamén se organizan cursos na propia asociación, como o de acordeón ou de iniciación ao baile tradicional para adultos.Mostran o seu traballo por toda a comunidade autónoma galega e nestes últimos anos vimos desenvolvendo actuacións tamén fóra de Galicia e mesmo no estranxeiro. Así mesmo, no ano 2009 asistiron ao Festival Intercéltico Beltaine (en Avilés), e ao Festival Intercéltico de Saint Loup (en Francia). Participamos tamén en numerosos concursos de baile tradicional e de pandereteiras, conseguindo varios premios en distintas categorí as.Anualmente realizan un festival no seu concello, ao cal invitan a grupos cos que fan intercambios polo resto do paí s e Portugal.

Grupo de gaitas da AC Rosalía de Castro (Cacheiras-Teo)
Asociación Fundada no ano 1980. O grupo de gaiteiros e pandereteiras conta no seu haber coa obtención, entre outros, dos seguintes premios:Concurso de cuartetos organizado pola Asociación Folklórica Cantigas e Agarimos: 1º premio nos anos 1990 e 1992, e 2º premio en 1991.Concurso de cuartetos tradicionais organizado pola Agrupación Folklórica Rosalí a de Castro de Padrón: 2º premio en 1996 e 1º nos anos 1997 e 1998.         Concurso “Ricardo Portela” organizado polo concello de Pontevedra: 3º premio e premio especial á mellor interpretación en toque pechado, na edición de 2001.         Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina (A Coruña): 1º premio en 1999, 3º en 2000 e 2º en 2001.         Concurso “Alalá” da A. F. C. Santa Cruz de Ribadulla (Vedra): 1º premio en 2001.Concurso organizado pola A. X. Xalgarete (Vigo): 2º premio na VIII edición, ano 2002.

Grupo Nai (Santiago)
O grupo NAI xorde no 2014 coa intención de homenaxear á muller en calquera das súas facetas e tamén as súas emocións e os seus sentimentos. Con este propósito cantámoslle á falta de liberdade, á dor, ao desamor, á maternidade, ao maltrato, á perda dun amor (...) ben a través da música ou ben a través da poesí a.Os seus compoñentes actuais son:Marcos Varela.Compositor, arranxos, acordeón, gaita e piano.Xosé Martí ns. Letrista, percusión, gaita e voz.Patricia Quintela. Acordeón e voz.Clara Ponce. Clarinete.Musicalmente nútrense de pezas do repertorio popular galego, do cantautor portugués Zeca Afonso e da música popular do seu paí s; todos eles arranxados dende o seu punto de vista. Tamén inclúen algunhas composicións de Marcos Varela, compoñente da formación.Recentemente publicaron o seu primeiro traballo discográfico, co mesmo nome que o grupo: Nai.

Retrouso (Ouzande)
Fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raí z, de Callobre; as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O ano 2012 presentou o seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da música tradicional. No ano 2016  presentaron o seu segundo disco DOUS, no Teatro Principal da Estrada.

Recanto (Ouzande)
Agrupación dunha vintena de veciños e veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que xurdiu a raí z das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de Ouzande desde o ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, ese mesmo ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, e participou desde aquela en foliadas e certames de cantos de Taberna en Pontecesures, Trazo, Arzúa, A Estrada ou Santo André de Vea.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Festival Retrouso (Cela. Bueu)

(texto engadido o día 4/ / 7/ / 18 )


Sábado 14 de xullo no Eirado de Cela.

21:00h
Grupo Santaia de Oleiros
Retrouso de Cela

22:30h
V Retro-foliada con A.C. Amanexo, Cinco en Zocas, Trevellos e Choran as Pedras

FOLIADA ABERTA.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Foliada da Chuva (Cela. Bueu)

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


Sábado 18 de novembro ás 21:30h
Escola vella do Torrecino (Cela-Bueu).


Xa está de volta a Foliada da Chuva de Retrouso, no xeitoso local de ensaio do Torrecino, en Cela (Bueu). Únete a botar unhas pesas e pasar un bo rato o sánado 18 de novembro.

Que non che enfríen os pés!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festival Retrouso e IV Retro-Foliada (Cela - Bueu)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 17 )



Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!
Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 8 de xullo a partir das 21:00h.
Nesta XVI edición contaremos coa participación do grupo Pousos da Area de Marín e Andorinhos de Espargo que chegan dende a localidade de Aveiro, no país veciño.
Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.


E tralo gran éxito acadado nos anos anteriores, repetimos coa RETRO-FOLIADA!!!
A partir das 22:30h. gran foliada no Eirado de Cela na que contaremos, ademais de con todos vós, cos seguintes grupos convidados que virán tocar e participar da festa:
ACF O Fiadeiro (Vigo), Cantigas e frores (Lugo), A. C. Sadeo (Ponteareas), Faíscas da Pontraga (Tordoia) e traspès (Vigo).

Por suposto, trátase dunha foliada aberta a todo o mundo.
Estades todos convidados!!!

Todos aqueles grupos que queiran vir a tocar e/ou cantar, podedes anotarvos de xeito anticipado aquí neste evento ou ben enviando mensaxe privada ao facebook de Retrouso; ou alí no mesmo día da Retro-Foliada.

Haberá bochinche con comida e bebida para repoñer forzas e combater a calor e a sede!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Festival das Escolas Retrouso (Bueu)

(texto engadido o día 16/ / 6/ / 17 )


Sábado 17 de xuño ás 19:00h
Centro Social Do Mar De Bueu.
Bueu.


Chegou a fin do curso. Tempo de repasar o aprendido e recoller froitos de tanto esforzo. O sábado 17 habemos facer unha mostra aberta da fermosura de músicas que soan nas aulas das Escolas Retrouso, con intervencións das aulas de acordeón, baile, canto, gaita e percusión e A Quinta Ferreña como grupo convidado.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de Panxoliñas en Bueu

(texto engadido o día 30/ / 12/ / 16 )


Venres 30 de decembro ás 20:00h
Centro Social Do Mar De Bueu.
Bueu.


As escolas de Retrouso e os grupos convidados faremos un repaso das distintas tradiciòns musicais arredor do Ciclo do Nadal ( cantares, paxoliñas, danzas...). Agardàmosvos a tod@s.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantares e danzas do ciclo de nadal en Pontevedra

(texto engadido o día 23/ / 12/ / 16 )


Venres 23 de decembro ás 19:30h
Asociación Cultural Trépia.
Antigo Conservatorio de Pontevedra.
Pontevedra.


Grupos da A.C. Trépia + A.C. Retrouso (Cela - Bueu)

19:30 h.: Praza 8 de marzo

19:45 h.: Tramo peonil da rúa Benito Corbal

20:00 h.: Praza da Peregrina

20:15 h.: Praza de Curros Enríquez

20:30 h.: Praza de Méndez Núñez

20:45 h.: Praza da Verdura

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Da Chuva (Cela. BUEU)

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 16 )


Sábado 19 de novembro ás 20:30h

Chega o outono e con él... a foliada de Retrouso! Comezarán os pequechos a iso das 20:30 e a partires das dez xa festa aberta e ata que o corpo aguante. E ti... vas faltar?
- Retrouso de Cela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Fervenza de Músicas (Ouzande - A Estrada)

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 16 )


9 de setembro a partires das 22h en Ouzande. Con Os Buxantes, A.C. Xarandeira, Pana Raiada, Retrouso e Recanto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Festival Retrouso e III Retro-Foliada en Cela (Bueu)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )



Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!
Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 9 de xullo a partir das 20:30h.
Nesta XV edición contaremos coa participación das pandereteiras Lina e Lola, do Morrazo.
Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.


E tralo gran éxito acadado nos anos anteriores, repetimos coa RETRO-FOLIADA!!!
A partir das 22:00h. gran foliada no Eirado de Cela na que contaremos, ademais de con todos vós, cos seguintes grupos convidados que virán tocar e participar da festa:
Rexubeiras (Pontevedra), Viruxe (O Hío, Cangas), Afoutos (Santiago de Oliveira) e Tanxugueiras (Teo).

Por suposto, trátase dunha foliada aberta a todo o mundo.
Estades todos convidados!!!

Todos aqueles grupos que queiran vir a tocar e/ou cantar, podedes anotarvos de xeito anticipado aquí neste evento ou ben enviando mensaxe privada ao facebook de Retrouso; ou alí no mesmo día da Retro-Foliada.

Haberá bochinche con comida e bebida para repoñer forzas e combater a calor e a sede!!


Para os que nunca viñestes a Cela, aquí tendes unha
ligazón ao google.maps que vos leva ata o mesmiño Eirado de Cela (pasando o cemiterio, fronte á Igrexa):

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Xesteiraso Folk (Compostela)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


Sábado 18 de xuño no Campo da Festa de Marrozos

Certame folclórico coa Agrupación Folclórica Colexiata de Sar e aAsociación Cultural Pena Maior, e Foliada con O Gusto do Boi, Retrouso de Ouzande e Pandereteiras de Codeso

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



RETROUSO presenta un novo disco en A Estrada
http://ouzande.blogspot.com/2016/03/retrouso-presenta-un-novo-disco-no.html
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 16 )


Venres 11 de marzo ás 21:30 no Teatro Principal

"Dous" foi o nome escollido por Retrouso, a agrupación musical tradicional de Ouzande para o seu segundo disco, facendo ecoar o identificativo "Ou" que era o título do primeiro. O traballo xa está gravado e editado, de feito contan con medio milleiro de copias que xa teñen a venda e que presentarán no Teatro Principal da Estrada. Durante este acto presentarán todas as pezas deste CD que eles mesmos definiron como fresco, contén pezas moi variables e bailables, moi alegres, respectando a tradición e cunha moi boa imaxe de presentación pois todo o deseño é obra da tamén ouzandesa Rosa de Cabanas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Seráns da Nave (Compostela)

(texto engadido o día 4/ / 12/ / 15 )


Venres, 4 de decembro ás 21:30


21h30 . Obradoiro de baile con Rebeca Tallón
22h30 . Bitoque
23h15 . OCT Ultreia
24h00 . Retrouso de Ouzande
01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada da Chuva de Retrouso en Cela (Bueu)

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 15 )


O sábado, 21 de novembro, ás 22h. Anímate a vir e botar unhas pezas e uns bos bailes. E se chove... que chova!!

Cómo chegar:

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación Cultural Retrouso de Cela (Bueu) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 15 )



Xa temos "no prelo" o cartel das Escolas Retrouso para o 2015 / 2016, nesta ocasión con super deseño de Mari Martínez (grazas!!). Va que son chulas as iconiñas?

Xa sabedes, se queredes aprender algo tradi, con garantías e profesorado cualificado, unídevos ás Escolas Retrouso.

As novidades deste ano:
- Patri Comedeiro estréase como profe de iniciación infantil de gaita (luns ás 17h)
- Queremos montar aula de iniciación de baile para adultos (luns ás 20.30h)
- Se hai máis demanda de iniciación infantil de canto e pandeireta, estrearíase María Menduíña como profe, e teríamos xa tres grupos de iniciación de pande.

Consulta os horarios, xa actualizados, aquí: http://retrouso.com/gl/escolas-tradicionais-retrouso/

E comparte, non gardes a info, que se entere o mundo todo!! Graciñas!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Foliada de Música Tradicional en Ouzande

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 15 )


A AC A Fervenza de Ouzande presenta o cartel da VIII edición da Fervenza de Músicas adicada á música popular e tradicional do pais. Terá lugar o próximo 11 de setembro, venres, e inclúese dentro do programa das festas do Socorro da parroquia.

Os grupos convidados este ano son:
Tequexetéldere (A Estrada)
Nai (Santiago)
Sonche Lerias (Vedra)
Retrouso(Ouzande)
Recanto (Ouzande)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4]


En 'Novas Relacionadas'



* Verkami para un disco de Retrouso

* Os ´Elelelos´ de Bueu buscan mecenas - Faro de Vigo

* Retrouso presenta o seu disco OU nun concerto no Principal

* 2uS na beiravía e outras periferias | EL PAÍS

* Retrouso celebra este sábado o III Festival de Acordeón de Bueu


(mostráronse só as últimas recibidas)


Asociación Cultural Retrouso de Cela



Web oficial

web en youtube






buscar mais información
sobre Retrouso en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Retrouso en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]