Ghastas Pista?

Quempallou
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5]

Novas que incluen 'Quempallou':


Corme Folki 2017

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 17 )


Venres 21 de xullo ás 22:00h
Praza da Ribeira. Corme.


CORME FOLKI

"As da furna" voltamos con forzas renovadas, evolucionando da "Noite de Encanos na Furna" ao "Corme Folki", acercando a festa ao pobo.

Un outro ano máis, e iste ano con cambio de formato, mais nom de enerxía, a música e a cultura sen ánimo de lucro danse cita no corasóm da Costa da Morte, na vila de Corme ... coa complicidade dos encantos desfruraremos a finde do 21 e 22 de xullo dunhas xornadas de festa e alegria ate que o corpo aguante...

Logo de 17 anos de "Encantos na Furna" nace o "Corme Folki", orgullosas do que creamos entre todas nestes 17 anos e continuando esta travesía pra encher de cultura ceibe e autonoma o noso povo.

Esta aventura comenza o venres 21 de xullo cunha foliada regada en queimada na nosa querida "Furna do Osmo", cantos bos momentos vividos nesta maxica furna e que millor lugar pra comenzar a festa ...

e xa o sabado 22 desfrutaremos dunha xornada multidisciplinar que encherá de boa onda a vila de Corme:
-o mediodía haberá foliada e sesión vermú na praza da Ribeira
- pola tarde na mesma praza e no "Chiringuito do Osmo" teremos títeres, circo e talleres, que iremos confirmando nos vindeiros dias.
- e a noitiña desfrutarermos de 3 grupazos na praza da Ribeira:

* Comenzarán o grupo franquicia da Furna: "Os Folkólicos",que con máis de 16 anos tocando en Corme xa nom precisan presentación... música de raíz, fusión de ritmos e moita boa enerxía.
* Seguirá a festa co grupo Ómbligo. Dende Madrid chega este grupazo con violín, contrabaixo e guitarra que nos sorprenderán coa sua alegría e orixinalidade musical.
* e xa pra rematar a noite, virán a Guintervan, proxecto con xa moitos anos de vida, con músicos cunha ampla traxectoria noutras bandas, coma Os Quempallou. Qué máis decir destes cracks da nosa música? só que nos farán vibrar cos seus variados ritmos...

asi k xa sabedes. Vémonos en Corme!! e Arriba nosas festas populares!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festival de Normalización Lingüistica en Portonovo.

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 16 )


Sábado 24 de Setembro ás 22h no Parque do Espiñeiro

SÉS
QUEMPALLOU

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Quempallou en Begonte (Lugo)

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 16 )


Venres 23 de setembro ás 23h na Praza de Baamonde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Esmorga Folk (A Bandeira. Silleda)

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 16 )


Venres 19 de agosto

Tres Pesos
Tanxugueiras
Melidaos
Quempallou


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Quempallou na Noite Celta da Veiga (Vegadeo - Asturies)

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 16 )


Sábado 6 de agosto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Día da Gaita e Romería de A Xira de Santa Cruz (Ribadeo)

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 16 )


Sábado 6 de Agosto
19:30h Pasarrúas e actuación das Escolas
23.00h no parque de San Francisco:
Carapaus
Quempallou.

Domingo 7 de agosto
11.00h pasarrúas a cargo de:
Cuarteto Tradicional Illa Pancha
Zurrumalla
Os Atrevidos da Barcala.
12h no Cantón dos Moreno:
Actuación das Escolas
18.00h Ofrenda ao monumento do gaiteiro.
19.00h, concerto de Zurrumalla
- Quempallou -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Edición da foliada Nordestía en San Ciprián (Cervo)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )



Venres 22 de xullo:

20:00h - Cantos de taberna.
00:00h - Pelepau.
01:30h - Cuchufellos.

Sábado 23 de xullo:

21:00h - Foliada
23:00h - Quempallou.
01:30h - Ulträqäns

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Asalto ao Castelo (Vimianzo)

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )


VENRES 1 DE XULLO
01:00 | Portas abertas. Concerto Folk: Quempallou (Foso do Castelo)

SÁBADO 2 DE XULLO
MAÑÁ
10:00 a 19:00 | IV CONCURSO DE FACHADAS (Vila)
10:00 a 20:30 | VI Feira Artesanal (Praza do Concello)
10:00 a 20:30 | Exposición permanente sobre armas e armaduras na Idade Media: Sala de Armas San Martiño de Ozón (Praza do Concello)
10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 | Pincho doce Ariete Irmandiño: Chuscake (Stand Praza do Concello)
11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros infantís. Clases de esgrima histórico para nenos+torneo (Praza do Concello)
12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 (horario mínimo) | VIII PINCHOS IRMANDIÑOS
12:00 | Baile tradicional infantil: A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)
12:30 | Baile galego: Airiños do Río Grande (Praza do Concello)
13:00 | Visita guiada TEATRALIZADA: Manuel Rial e IES Terra de Soneira (Castelo)
13:30 | Improvisación en verso (Pasabares) – Regueifeiros
13:30 | Espazo artístico Itinerante (Rúa)

TARDE
IV CONCURSO DE FACHADAS (Vila)
VI Feira Artesanal(Praza do Concello)
Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
VIII PINCHOS IRMANDIÑOS
Pincho doce Ariete Irmandiño: ChusCake (Stand praza do Concello)
15:30 | Contacontos: Mitoloxía, contos e lendas populares (Praza do Concello)
16:30 a 18:00 |ASALTIÑO
16:30 | Taller de elaboración de traxes (Praza do Concello)
17:00 | Concentración de tropa (Praza da Igrexa)
17:15 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)
17:30 | Taller interactivo sobre armas e armaduras na Idade Media: Sala de Armas San Martiño de Ozón (Praza do Concello)
18:00 | Visita guiada TEATRALIZADA: Manuel Rial e IES Terra de Soneira (Castelo)
18:30 | Concurshow Traxes Medievais (Praza do Concello)
19:15 | Fallo do IV Concurso de Fachadas (Praza do Concello)
19:30 | III Irmandade Parroquial (Praza do Concello)
20:15 | Izado da bandeira irmandiña (Praza do Concello)
20:30 | Danza étnica (Costa de Marfil): Coro Saint Luc de Banabakintú (Praza do Concello)
20:30 | Circuíto musical: A. C. Trubisquiña (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Kosoko Nasera (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Aires do Pinar (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Medio Quinhón (Rúa)

NOITE
20:30 | CEA
22:00 | Ses
23:30 | ASALTO AO CASTELO
01:00 | Celtas Cortos
02:30 | Firkin
04:00 | Spin Te Kú




DOMINGO 3 DE XULLO
10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)
13:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: QUINQUILLÁNS (Castelo)
13:30 | Sesión vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)
17:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: QUINQUILLÁNS (Castelo)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII FESTIVAL DO RÍO CASTRO EN NARAHÍO

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )



Sábado 2 de xullo de 2.016 :
- 12,00 Chegada de merendas.
- 15,00 Xogos tradicionais para nenos e nenos coa ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL.
- 17,30 A GRAMOLA GOMINOLA , música para a rapazada.
- Campionato deporte popular,tiro de corda,serrado de tronzador e a chave.
POLA NOITE A PARTIR DAS 22,00 :
- PESDELÁN.
- ZURRUMALLA.
- OS CUCHUFELHOS.
- QUEMPALLOU.
Este ano cartelazo deseñado por Garabatos de Juanlu.
O 2 de xullo toca festa pero lembrade,si non cruzades a ponte para gozar do festival é mellor que busquedes outro lugar onde sentirvos máis cómodos e cómodas.
VÉMONOS EN NARAHÍO !!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Folk in Río (Touro)

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 16 )


Domingo 19 de xuño.

Cantos de taberna, feira de artesanía, xogos tradicionais,,, e actuacións de:

- Os Xeitosos
-Xituma Batuke
-A Banda das Crechas
-Quempallou

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Costa dos Castros (Oia)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


17, 18 e 19 de xuño
Concello de Oia


O Festival Costa dos Castros de folk e patrimonio histórico, nace como resultado do interese pola visibilización e divulgación do patrimonio cultural existente en concreto no Concello de Oia e en xeral en todo o País.

Por elo, non é un festival musical sen máis, senón que tamén permite a promoción e coñecemento da contorna oiense, así como outras cuestións relacionadas có patrimonio histórico,en especial a cultura castrexa, o desenvolvemento sostible, a artesanía, a diversidade social, a cultura tradicional galega, etc. Todo dende unha perspectiva cooperativista e comunitaria.

Cantos de taberna, concertos ao vivo, foliadas, obradoiros e mostras, mercadiño, andainas, visitas guiadas, charlas, xogos populares, etc. Un conxunto de actividades que pretenden ofrecer unha programación de calidade, variada e para todo tipo de público, pensado para o desfrute da xente local así como para novos visitantes do lugar.

Este proxecto supón a colaboración do Concello de Oia coa Asociación Minho Reggae, así como tamén as diferentes Comunidades de Montes, asociacións folclóricas e sociais e empresas e hostalería da zona.

Venres 17
Cantos de taberna e Foliada

Sábado 18
Quempallou, Zurrumalla, Laroá, Böj

Domingo 19
Feira de Artesanía e visita guiada ao Castro da Cabeciña


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Oca Folk (A Estrada)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


Venres 17 de xuño a partires das 22:30h


Quempallou, Xuntanza dos Regatos, H2Folk e Sons da Mina.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Encontro-Degustación do Millo Corvo en Meiro (Bueu)

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


VENRES, 1 de ABRIL

• 18:00 MUIÑADA _ Nos Muiños do Canudo.
• 21:00 Actuación da agrupación de música tradicional Os Demos do Buraco
• Queimada a partir das 22:00.


SÁBADO, 2 de ABRIL

• 11:30 Apertura da Ecotaberna, pratos con millo corvo, e da exposición e venta de alimentos e produtos naturais e orgánicos.
Roteiro guiado de plantas silvestres. ( Carlos Sánchez)

• 12:30 Obradoiro “Elaboración de hamburguesas vexetais”. (Aurora Calviño Costas, A Hortinha da Ponte)

• 14:00 Actuación do grupo tradicional Os Ghalos do Curral.

• 17:00 Charla demostrativa "O patrimonio apícola cereiro en Galicia". (Damián Copena e Diego Copena)
Charla sobre a apicultura e degustación de meles de Galicia. (Delegación de Asociación Galega de Apicultura no Morrazo)

• 18:00 Presentación e degustación de produtos Monte Cabalar. (Fuco Barreiro, Coop. Monte Cabalar)

• 19:00 Obradoiro demostrativo “Elaboración de queixo”.
Charla “Leite cru, un xeito tradicional de elaboración, un novo camiño” e degustación de queixos (Ana I. Vence, Coop. CampoCapela)

• 20:00 Cata de cervexas artesás. (Cervexas Faxilda)

• 21:00 Actuación do grupo folk Quempallou.


DOMINGO, 3 de ABRIL

• 11:30 Apertura da Ecotaberna, pratos con millo corvo, e da exposición e venta de alimentos e produtos naturais e orgánicos.

• 12:00 Charla “Maíz (Zea mays, L.) Millo Corvo, variedad Meiro y sus sub-productos. Fuente natural de componentes beneficiosos para la salud”. (Gracia Patricia Blanch, doutora en Ciencias Químicas e Investigadora no ICTAN, pertencente o CSIC)

• 14:00 Actuación das pandereteiras Axouxeiras.

• 17:00 Encontro Slow Food Covivium Galicia “Xantar de Vagar”.

• 19:00 Actuación da agrupación folk Habelas Hainas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Música Tradicional RE-VISTA. Memorial Nazario Glez. "MOXENAS" (Vigo)

(texto engadido o día 26/ / 2/ / 16 )



Domingos de febreiro e marzo
No Auditorio do CVC de Valladares
-Entrada libre-


Domingo, 28 de febreiro
"OS CUNCHEIROS" & "CHOUROVÍA"

Domingo 21 de Febreiro
TRADISON & LUIS "O CARUNCHO"

Domingo 6 de marzo
XISTRA & PACO BARREIRO

Domingo 20 de marzo
OS MELIDAOS & QUEMPALLOU

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA (As Pontes)

(texto engadido o día 16/ / 10/ / 15 )


Sábado, 17 de outubro ás 10:00
As Pontes De Garcia Rodriguez,

III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA - 17 OUTUBRO 2015
Inscripción enviando os teus datos de contacto e obradoiro no que te inscribes a xornadaferoz@gmail.com

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE PANDEIRO CADRADO - 60 €/alumno
Impartido por Xosé Maceda, percusionista do grupo Quempallou. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estévez, X.L. Romero.
Na actualidade é mestre de baile e percusión tradicional da Escola Municipal de Música do Concello da Pobra do Brollón.
O obradoiro vai dirixido a calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro, e non se precisa ningunha formación previa. O monitor é o encargado de traer o material e as ferramentas necesarias. O obxectivo deste obradoiro é coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man. Os participantes levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren.
Organízanse dous grupos: un de 10:00 a 14:00 hs.; e outro de 16:00 a 20:00

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO
Iniciación ó baile galego para adultos: 15 €/alumno. Horario: 10:00 a 14:00 hs.
Recursos para o baile galego: 20€/alumno. Horario: 16:00 a 20:00 hs.
Impartido por Ismael García, bailador formado polo saber de Tito Iglesias, Olga Kirk e Pablo Díaz, é na actualidade mestre de baile nas agrupacións AX Regueifa, AC Aires de Sigrás e AC Trubisquiña de Vimianzo.
Na súa traxectoria ten recibido numerosos premios e recoñecementos, ós últimos deles como subcampeón do concurso Punta Tacón da TVG (2013); 1º premio no Certame de Baile Tradicional por parellas organizado por AC Queiroa de Sada (2014); e 3º premio co grupo Donaire ó que pertence no XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandina.

OBRADOIRO DE GAITA - 35€/alumno
Horario 10:00-14:00 e 16:00-20:00. Un único grupo.
Impartido por David Bellas, Titulado Profesional en gaita de fol e Titulado Superior en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega con matricula de honra.
Na actualidade é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, director musical da escola e grupo o Son do Sor e profesor de vento madeira na Banda de Municipal de Música de Viveiro.
É membro dos grupos Projecto de Foles, Matamá Ensemble e Cuarteto "O Chupacabras".
Unha parte moi importante da súa actividade musical está centrada na creación de material tanto didáctico como artístico para unha nova linguaxe do instrumento, sendo moitas das súas obras temario obrigado nos principais conservatorios galegos, tanto na modalidade de gaita como na de conxunto ou música de cámara.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Rock in Rian

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 15 )


Sábado 12 de setembro no Parque de Galiza de Rianxo

23:00 Quempallou
0:15 Os Diplomáticos de Montealto
02:00 Forraje
3:15 Terbutalina
4:30 Desalojo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Noite da Lúa Meiga (O Viso - Redondela)
http://www.noitedaluameiga.org/
(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


Sábado 29 de agosto

A BANDA DOS CUEIROS
CE ORQUESTRA PANTASMA
OS CARRIÇOS
ABÓBRIGA
MAGHÚA
ULTREIA
QUEMPALLOU


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Quempallou - Verán 2015

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


11 de agosto: XIX Mostra de Artesanía de Agolada (Pontevedra)
14 de agosto: Festival Mallinrío no Val de Piñeira de A Fonsagrada (Lugo)
15 de agosto: Beade (Ourense)
16 de agosto: Gondomar (Pontevedra)
19 de agosto: Festival da Lúa Meiga n'O Viso (Redondela)
12 de setembro: Rock in Rian (Rianxo)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mallinrío. Festival de música e malla tradicional do Val de Piñeira (A Fonsagrada)

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


Venres 14 de agosto
Malla tradicional, xantar popular, músicos locais.. e á noitiña actuación de Os Carunchos e Quempallou

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Arde o Pazo (Mos)

(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


11 de Abril de 2015.


- Ás 10:00 h. OS MARQUESES DE MÓS INAUGURAN O MERCADO DE 1809..

Artesanía, produtos gastronómicos, tabernas e furanchos.

- Ás 10:30 h. DEMOSTRACIÓNS E OBRADOIROS DE OFICIOS TRADICIONAIS.
O ferreiro David Correa, o alfareiro Ricardo "Aica", os telleiros do Rosal, as Corozas de Lola, as Palilleiras de San Martin de Tameiga, a talla der madeira de Carlos Graña, e algunha cousiña máis.


- Ás 11:00 h. Actuacións / Mestura tradicional das Agrupacións
“AS PEDRIÑAS” de Tameiga e “ARUME” de Guizán.

- Ás 12:00h. REPRESENTACIÓN 1: Chegada das tropas francesas.
-Proclama do frade Francisco Giráldez, COMANDANTE DA LOURIÑA.

- Ás 14:00h. XANTAR Tabernas e furanchose postos gastronómicos do mercado.

- Ás 15:30 h. Animación de rúa. “TREBOADA DO BAIXO MIÑO”.

- Ás 16:00 h. Animación infantil. ROI CAGABOLAS.

- Ás 16:30 h. REPRESENTACIÓN 2: “O ataque no Amieirolongo”
Os guerrilleiros da Louriña atacan á retagarda do exército francés.

- Ás 17:00 h. Grupo de gaitas e baile “A NOSA TERRA” de Pereiras.

- Ás 18:00 h. AFORCAMENTO DOS PRISIONEIROS FRANCESES.
- Ás 19:00 h. BAILE FRANCÉS: Obradoiro con Suso Monteira e MÚSICA de Luis Peixoto e Fernando Barroso.

- Ás 21:30h. MAXIA NA RÚA: O MAGO MARCO.
- Ás 22:00h. Retirada do exército francés fuxindo de Tui

QUEIMA DO PAZO DOS MARQUESES.
(Espectáculo de efectos especiais na fachada do pazo).

- Segunda sesión: O MAGO MARCO.

- A partir das 23:30 h. ACTUACIÓN MUSICAL.
Quempallou

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5]


En 'Novas Relacionadas'



* Verkami para un disco de Retrouso

* Os ´Elelelos´ de Bueu buscan mecenas - Faro de Vigo

* FESTAS DE VILAMEÑE 2013

* Quempallou no Liceum

* A banda sonora do Culturgal



Quempallou



Web oficial


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Quempallou:
Polo Aire!!
Quempallou:
Estremonías
Quempallou:
Disco, Gañadores do II Certame Folk Radio Obradoiro
Quempallou:
Maqueta





buscar mais información
sobre Quempallou en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Quempallou en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]