Resultados para:

Queiroa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Queiroa':


Sons do Alborexar (Festival Infantil) en Lestedo (A Coruña)
https://www.facebook.com/aaccmestremanuelgacio/photos/a.1683891771828038/2269088716641671/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 7/ / 6/ / 19 )



Domingo, 9 de xuño as 6:30 da tarde

En Lestedo (ainda que pode cambiar de ubicación pola previsión meteorolóxica)



O domingo organizamos o noso primeiro festival infantil. É un acto que nos fai moita ilusión xa que vendrán visitarnos grupos que comparten moito con nós.

Nesta ocasión devolvennos a visita os nosos compañeiros de Queiroa, intentaremos estar á altura do seu fantástico festival do que desfrutamos este pasado domingo.

Tamén nos visitan uns amigos e veciños, nos que sempre nos apoiamos Pena Maior de Marrozos e que nesta ocasión tamén tiñamos que contar con eles.

E xa por último unha das agrupacións que mais fixeron polo noso folclore con case 100 anos de traxectoria. Cantigas e Agarimos. Un inmenso pracer que formen parte deste festival.

E como non, os nosos pequenos dos Obradoiros de música e baile.

Estamos desexando que chegue o día e que poidamos desfrutar do talento e música

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación de música e danza tradicional Queiroa (Sada) - Curso 2018/2019

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 18 )


Aulas de baile e pandeireta no colexio de Mondego e na escola de Carnoedo, con Miguel Abad e Iria Moldes.
Tamboril e o bombo con Tonecho Castelos
Gaita en Carnoedo, con Ismael García
Acordeón no colexio de Mondego con Tonecho Castelos e Xullo Xermade

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Folk Río Sisalde (Arteixo)

(texto engadido o día 15/ / 8/ / 18 )


Sábado 1 de setembro dende as 12 da mañá

A.C. Arume de Caión (A Laracha)
As Revolteadoras (Arteixo)
A.C. Triskell (Armentón)
A.X. Xiradela (Arteixo)
A.C. Queiroa (Uxes)
Banda de Gaitas de A.C. Abelladeira (O Bierzo)

Dequenvessendo (A Coruña)
Briganthya (Euskadi)
LUAR NA LUBRE


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Queiroa na rúa (Sada)
http://www.facebook.com/1922205857799856
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 18 )


Agora si que si! Non queda nada! Mañá durante todo o día poderedes desfrutar con nós nas rúas de Sada! E desde a mañá teredes xa dispoñibles as papeletas para os sorteos da noite! Grazas a Bandua - Cervexa Artesanal , Cerveza Artabria , Silvereira , Obradoiro de Gaitas Seivane , Obradoiro Seoane , Maghúa cantareiros , Tiruleque , Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva e Bulideira pola súa colaboración!!! E non esquezades... a partir das 12:00 andaremos polas rúas de Sada, ás 13:30 concerto vermú con Voodoo , ás 18:00 obradoiros cos máis pequenos da casa, e a partir das 20:00 festival folcórico xunto a Saiñas Xove ! Deseguido concerto de Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva e despois, foliada libre!!!!! Vide desfrutar con nós! Coa colaboración de Deleite , Concello de Sada e Cultura de Sada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival "Queiroa na rúa" 2017 (Sada. A Coruña)

(texto engadido o día 6/ / 7/ / 17 )


Sábado 8 de xullo ás 11:00h
Paseo Maritimo Sada - A Coruña


A Asociación Queiroa invítavos á xornada folclórica “Queiroa na rúa” que celebramos o sábado 8 de xullo no paseo marítimo de Sada.
A partir das 11:00 horas percorreremos as rúas da vila animando ós veciños a unirse a nós para festexa-la mañá.
Ás 20:00 horas principia o festival folclórico no que participamos con A.C. Son d'aquí de A Coruña.
Logo de rematar nós, ás 22:00 horas comeza o concerto folk de Tonecho Castelos Boutureira & Pablo Esqueira e o dúo Primordiais.
Temos máis sorpresas que vos iremos contando nos seguintes días.
Agardámoste alí!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación de música e danza tradicional Queiroa. Curso 2016-2017

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 16 )


HOXE COMEZA OUTUBRO E ESTE LUNS, ÁS 6 DA TARDE, EMPEZAMOS UN CURSO REPLETO DE MÚSICA E BAILE.
MEDRE O FOLCLOREEEEEEEEEEEE!!!!!!!!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Cervefeira de Sada

(texto engadido o día 20/ / 10/ / 16 )


21, 22 e 23 de outubro

A segunda edición da Cervefeira Artesá de Sada celébrase este fin de semana nunha carpa instalada detrás do edificio modernista da Terraza coa presenza de oito marcas galegas de cervexa incluídas as dúas sadenses de referencia, Bandua e Artabria.

Programación folque:

Sábado 22:
A partires das 19:00 horas unha sesión de música tradicional coa presenza dos grupos de baile tradicional Nova Troula e a continuación a asociación de música e baile tradicional Queiroa.

Domingo 23:
Actuación pola mañá da agrupación A Meda do Castro e celebración de xogos tradicionais pola tarde (17:00 horas)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Foliada de Sada

(texto engadido o día 19/ / 10/ / 16 )


Sábado 29 de outubro ás 20:00h


Organizada pola Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, o vindeiro sábado 29 de outubro, terá lugar a IX Foliada de Sada.
Previamente, entre as 18:00 e as 20:00 horas, celebrarase a xa habitual Foliada Infantil, á que poderán asistir os máis pequenos dos diferentes grupos tradicionais.
Haberá bochinche (castañas, bolos preñados, viño, caldo,...) e a media noite, queimada.
Estade atentos porque, este ano, haberá novidades!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala Queiroa (Sada)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )


O 9 de xullo, celebramos a nosa novena gala, "...por bailar", onde vos mostraremos, unha vez máis, o esforzo de tantas e tantos artistas para achegarvos un anaquiño de folclore.
Na Casa da Cultura "Pintor Lloréns" de Sada ás 21:00 h. Agardámosvos!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Foliada de Sada

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 15 )


Sábado, 31 de outubro ás 18:00
Paseo Maritimo De Sada - detrás da Terraza

Organiza a Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA (As Pontes)

(texto engadido o día 16/ / 10/ / 15 )


Sábado, 17 de outubro ás 10:00
As Pontes De Garcia Rodriguez,

III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA - 17 OUTUBRO 2015
Inscripción enviando os teus datos de contacto e obradoiro no que te inscribes a xornadaferoz@gmail.com

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE PANDEIRO CADRADO - 60 €/alumno
Impartido por Xosé Maceda, percusionista do grupo Quempallou. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estévez, X.L. Romero.
Na actualidade é mestre de baile e percusión tradicional da Escola Municipal de Música do Concello da Pobra do Brollón.
O obradoiro vai dirixido a calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro, e non se precisa ningunha formación previa. O monitor é o encargado de traer o material e as ferramentas necesarias. O obxectivo deste obradoiro é coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man. Os participantes levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren.
Organízanse dous grupos: un de 10:00 a 14:00 hs.; e outro de 16:00 a 20:00

OBRADOIRO DE BAILE GALEGO
Iniciación ó baile galego para adultos: 15 €/alumno. Horario: 10:00 a 14:00 hs.
Recursos para o baile galego: 20€/alumno. Horario: 16:00 a 20:00 hs.
Impartido por Ismael García, bailador formado polo saber de Tito Iglesias, Olga Kirk e Pablo Díaz, é na actualidade mestre de baile nas agrupacións AX Regueifa, AC Aires de Sigrás e AC Trubisquiña de Vimianzo.
Na súa traxectoria ten recibido numerosos premios e recoñecementos, ós últimos deles como subcampeón do concurso Punta Tacón da TVG (2013); 1º premio no Certame de Baile Tradicional por parellas organizado por AC Queiroa de Sada (2014); e 3º premio co grupo Donaire ó que pertence no XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandina.

OBRADOIRO DE GAITA - 35€/alumno
Horario 10:00-14:00 e 16:00-20:00. Un único grupo.
Impartido por David Bellas, Titulado Profesional en gaita de fol e Titulado Superior en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega con matricula de honra.
Na actualidade é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, director musical da escola e grupo o Son do Sor e profesor de vento madeira na Banda de Municipal de Música de Viveiro.
É membro dos grupos Projecto de Foles, Matamá Ensemble e Cuarteto "O Chupacabras".
Unha parte moi importante da súa actividade musical está centrada na creación de material tanto didáctico como artístico para unha nova linguaxe do instrumento, sendo moitas das súas obras temario obrigado nos principais conservatorios galegos, tanto na modalidade de gaita como na de conxunto ou música de cámara.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala de Queiroa en SadA
https://sadaendigital.wordpress.com/2015/06/19/gala-de-queiroa-en-sada/
(texto engadido o día 4/ / 7/ / 15 )


Sábado 4 de xullo a partires das 21h na Casa da Cultura Pintor LLoréns

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI O berce de Donaire - Festival infantil de música e baile tradicional

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 15 )


No décimo aniversario da A.C. Donaire organizamos varias actividades, unha delas o festival infantil "O Berce de Donaire", unha idea que nace pola inquedanza de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas asociacións.

Xa chegaron nestes cinco anos grupos de gran parte da xeografía galega e o 25 de abril chega a sexta edición ó Auditorio do Centro Ágora. Acompañarán á numerosa escola da Asociación Cultural Donaire a canteira de Queiroa dende Sada e Cantigas e frores dende Lugo.

Agardamos que co esforzo de moita xente todavía queden moitos anos desfrutando de "O berce de Donaire".

As entradas están dispoñibles polas canles habituais a un prezo de 3€ (xeral) e 2€ (reducida):

- Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)

- Despacho de billetes do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)

- Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h - - www.ataquilla.com (pago con tarxeta)

- Despacho de billetes do Ágora: o mesmo día, desde unha hora antes (pago en efectivo)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS

(texto engadido o día 29/ / 7/ / 14 )


Sábado, 2 de Agosto de 2014


A partir das 6 da tarde:

- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
-Grupos da A.C. Brisas do Quenllo
-Asociación de música e danza T. Queiroa

A partir das 9 da noite:

-Peregrino Gris (Costa Rica)
-Budiño (Galicia)
-John Whelan (USA)
-Calum Heikki (Irlanda)
-Rioboo (Galicia)

Acceso: 7€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancions de cada grupo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Feira Histórica Arteixo 1900: “As artes e os oficios” | Concello de Arteixo
http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/5385
(texto engadido o día 18/ / 10/ / 13 )


O 18, 19 e 20 de outubro Arteixo vestirase de época para conmemorar as distintas manifestacións artísticas e profesións que deixaron unha profunda pegada na nosa historia. Tres días cun amplo programa de actividades que aglutina exposicións, performance, teatro, música folk e tradicional, música polas rúas, obradoiros, xogos populares, actividades deportivas, monicreques, postos de artesanía e de alimentación e moito máis.

PROGRAMACIÓN FOLK E TRADICIONAL:

Venres 18
Praza do Balneario
22h XIRADELA
23h BIRIMBAO


Sábado 19
12h AC. QUEIROA
22:30h BERROGÜETTO





...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Foliada de Sada

(texto engadido o día 11/ / 10/ / 13 )


Sábado 2 de novembro de 2013
Organiza: Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Foliada de Sada

(texto engadido o día 28/ / 10/ / 12 )


Organizada pola Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, o vindeiro sábado 3 de novembreo ás 20:00 horas, na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), terá lugar a V Foliada de Sada.

No transcurso dela, celebrarase o III Concurso Queiroa de Baile Tradicional por Parellas, e haberá premios para os mellores bailaríns. Previamente, entre as 18:00 e as 20:00 horas, celebrarase a xa habitual Foliada Infantil, á que poderán asistir os máis pequenos dos diferentes grupos tradicionais.

Podedes participar tocando e cantando no escenario, ou ben bailando ao pé del, sempre música tradicional. Se non queredes facelo, podedes asistir e simplemente desfrutar das actuacións.

Se desexades actuar na foliada ou participar no concurso [consultade aquí as bases], confirmádeo canto antes no teléfono 617940833 (Luis) ou no correo grupoqueiroa@gmail.com . Cando saibamos o número de participantes, informarémosvos do tempo do que dispoñedes no escenario e da orde de actuación. Logo das actuacións previstas, a intervención será libre.

Haberá bochinche (castañas, bolos preñados, viño, etc.) e a media noite, queimada.
- Foliada de Sada- Queiroa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Sada

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 11 )


Organiza: Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festival de CANTAREIRAS en Ferrol

(texto engadido o día 25/ / 10/ / 12 )


Venres 26 de Outubro no Centro Cívico Carvalho Calero

Grupos Participantes:
Cantareiras CHIRINDAINA,
Cantareiras da A.M. e D.T. QUEIROA,
MAIANAS Pandereteiras da Maia

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Encontro Folclórico de Uxes no Anfiteatro de Arteixo

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 11 )



- Queiroa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* Chirindaina, Queiroa e Maianas, no Festival de Cantareiras de Terra Meiga

* Resultados Concurso Xiradela

buscar mais información
sobre Queiroa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]