Ghastas Pista?

Projecto Mourente
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Projecto Mourente':


Ábrete de orellas.com celebra o seu X aniversario con actuacións ao vivo
http://abretedeorellas.com/detallenoticias.asp?cod=2539
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 13 )


O portal galego Ábrete de orellas.com cumpre 10 anos este mes de marzo e celebrarao cunha serie de actuacións en colaboración con colectivos e locais de Pontedeume, Ferrol e Compostela: catro concertos e unha representación teatral ben musical.

Ademais das actuacións ao vivo, non han faltar sorteo de Galeokes e gravacións de música feita en Galiza, pois o selo DoFol Música colabora co agasallo dun lote de cedés.

venres 15, Pontedeume:
- "O fútbol é así" da compañía Obras Públicas no local do Colectivo Terra Pontedeume. 21:00 h. Apertura de portas 20:30 h. 4 €

sábado 16, Ferrol:
- O dúo 2uS en sesión vermú no bar Cantón Vello ás 13:30 h. 3 €
- Grampoder + Projecto Mourente ás 21:30 h no Manchita Cosa. 5 €

martes 19, Compostela:
- o dúo de Fernando Barroso e Luis Peixoto presenta o seu recente álbum "Pop" na Casa das Crechas. 21:30 h. 5 €
Tras eles, unha sesión de picadiscos orelluda.

Ábrete de orellas.com non ten afán de lucro, polo que os prezos das entradas son ben económicos e destinados a pagar os artistas. Os aforos son limitados e as camisolas conmemorativas por encarga, así que aceptamos reservas en abretedeorellas@gmail.com


"Ábrete de orellas" xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG ... ) hai xa dez anos creou Ábrete de orellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas. Máis de 1500 seareiros en facebook e máis de 20000 visitas no último ano animan a seguir mellorando.

Sobre os artistas participantes no aniversario:

"O fútbol é así" é unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello. Producción de Obras Públicas, escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos, que descreben o espectáculo como "60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores". Gargalladas aseguradas e un bo feixe de recoñecibles cancións con letras irónicas e acedas.

2uS é a unión da guitarra eléctrica de Pablo Carrera (Doutor Harapos) e o clarinete de Fernando Abreu (Cuarteto Caramuxo, OMEGA, Banda Crebinsky ...) que se presentou hai uns anos co álbum "Só son sons". Desde o sur de Pontevedra e de proxectos ben diferentes, estes músicos arrédanse de teorías para unirse instrumentalmente con calma, agarimo e sen prexuízos para ir deixando pingas máis ou menos abondosas de jazz, funk, pop, música contemporánea, world music con arumes africanos, caribeños ou orientais ... segundo pidan o ánimo ou o momento. Con elegancia, sen brusquedade nin elitismo, pasan do acústico ao eléctrico, da tranquilidade e a calma ao baile suave e incluso momentos de desacougo ou experimentación.

Grampoder é o novo proxecto dos composteláns Le Roi e Martin Wu, anteriormente en bandas como The Homens, Stay Pretty, Fame Neghra ou Mato Grosso. Neste novo proxecto en dúo mesturan a súa actitude roqueira de sempre cunha instrumentación acústica, máis portátil. Chamémoslle pop campestre, folk psicodélico, punk acústico ou hardcore hippie, pero o mellor é descubrilo ao vivo mentres agardamos vexa a luz o seu primeiro álbum.

Projecto Mourente é uma iniciativa persoal aberta à participaçom da gente. Trata-se de fazer pop em galego com tecnologia doméstica. Compomos e gravamos na casa para difundir o resultado na rede. Poucas vezes damos concertos, pero já temos percorrido umas quantas vilas "senlheiras" (Melide, Carvalho, Lalim etc.). Voltamos a Ferrol para celebrar o aniversário de "Abrete de orellas" presentando algumas canções do novo álbum "A pior" sem esquecer os nossos temas mais conhecidos (Como os caranguejos, Que me enterrem na discoteca, Chuliboy, Controla-te).

Luís Peixoto e Fernando Barroso son dous músicos novos pero experimentados. O galego Fernando (Riobó, Coanhadeira, Os Cempés) e o portugués Luís (Anxo Lorenzo, Kepa Junkera, Quadrilha, Galandum Galundaina ou Dazkarieh) xa traballaron xuntos no trío Assembly Point e agora presentan "Pop", un novidoso proxecto que se afasta do estrictamente tradicional e popular para afondar na música instrumental en diferentes estilos. Os piares fundamentais de "Pop" son a variedade instrumental (bouzouki irlandês, guitarra de Coimbra, viola braguesa, bandolim, cavaquinho, banjo tenor, ou as guitarras acústica, clásica e eléctrica, pandeireta, pandeiro, asubíos, sintetizadores ...) e os ritmos con influencias que van desde os antigos trobadores até os anos 80 ou a actualidade. Gravado, arranxado e producido por eles dous, "Pop" é o resultado de "desprendernos dos nosos referentes, o que pode soar a vello, pero que se ve claramente que non foi gravado hai anos."

Grazas aos locais colaboradores:

Colectivo Terra, Pontedeume. Boa Vista 8, Baixo.
CantónVello, Ferrol. Rúa Taxonera 1, Entrechán.
Manchita Cosa, Ferrol. Rúa Magdalena, 138.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. Rúa Vía Sacra, 3.
- Ábrete de Orellas- 2us- Projecto Mourente- Casa das Crechas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación no Barriga Verde durante as festas das Dores 2012 (Lalín)

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 12 )



- Projecto Mourente- Barriga Verde -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PROGRAMA DA FESTA DO 17 (que se fai o 16) - Compostela
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2009/05/08/programa-da-festa-do-17
(texto engadido o día 15/ / 5/ / 09 )


No passeio central da Alameda de Compostela

Manhá:

- 11h00: Ruada

- 12h00: Concentraçom: “ A RAG é um fraude, por um dia das letras popular”. No Toural

- 13h00: Presentaçom Festa e Sessom Vermú.

- 14h00: Jantar Popular.: churrasco, polvo, pam, cafe e sobremesa 18€ (há que reservar no pichel, ou mandando mail)

Continua:


Tarde:

- 17h00: Jogos Populares e Aberto de Bilharda.

- 18h00: obradoiros de jogos bailados com Luis Prego e globofléxia com Nilsom Leite

- 18h30: ruada

- 19h00: mostra de pandeireta com a escola de Brincadeira e posterior foliada


Noite:

- A partir das 20h Concertos:
Magnifique Band de Homes sen Medo
Quempalhou
The Royalties
Projeto Mourente

Durante todo o dia haverá exposiçons de Banda Desenhada em galego e do que é a Gentalha e o que fazemos.
- Quempallou- Royalties- Projecto Mourente -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip
http://www.fannyalexander.net/2009/05/estreando-disco-e-videoclip.html
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 09 )



Hoxe saiu por fin Alfaias, o novo disco. A edición en mp3 xa se pode descargar de balde no netlabel A Regueifa e a edición comercial en CD -para os poucos fetichistas do palpable que aínda quedan- irá chegando ás tendas ao longo das vindeiras semanas ainda que tamén o venderemos directamente a traves de A Regueifa Tenda a partir de mañán mesmo. Xunto co disco estreamos videoclip, o de enriba, do tema Espida de Credo, un dos temas máis bailables do disco con letra por certo de Emma Couceiro.

Aqui vai o texto promocional do disco, coa lista completa de colaboracións, que non son poucas. Mil grazas a tod@s:

FANNY+ALEXANDER – Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)
Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.
Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.


- Fanny- Alexander- Regueifa Plataforma -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A música regresa, unha década despois, á TVG
http://www.vieiros.com/nova/71594/a-musica-regresa-unha-decada-despois-a-tvg
(texto engadido o día 27/ / 1/ / 09 )


No ano 2000 deixou de emitirse Chambo, o programa de música da TVG conducido por unha novísima Belén Regueira. Chambo (ou Clipmanía) foron espazos nos que a (cativa) escena musical galega de finais dos noventa (The Easytones, Fame Neghra...) amosou as súas cancións, compartindo espazo con bandas estatais do momento, como Dover, dos que sempre se recordará a súa desastrosa actuación en Chambo, moi superada pola dos Elephant Band dun Xoel López case adolescente.

Tiveron que pasar nove anos para que a TVG decidise poñer en marcha de novo un formato musical con actuacións ao vivo. Cinco anos con gobernos do PP e outros catro cun goberno bipartito do que sempre se esperou que entre os cambios que levaría á TVG estaría un programa deste tipo. Banda Curta estrearase o sábado 31 de xaneiro ás catro da tarde coas actuacións de The Blows e Lori Meyers como prato forte. Nas vindeiras semanas veremos tamén os directos de The Homens, Catpeople, Triángulo de Amor Bizarro, Najwa Nimri ou Ruxe-Ruxe.

O programa está presentado polo xornalista da Cadena SER Luís Pardo, que realiza deste xeito a súa primeira experiencia televisiva, e grávase na discoteca LP45 de Ordes, onde se pode asistir como público. Ademais da música ao vivo, o programa incluirá todas as semanas outros contidos fixos; por exemplo analizará o que foi dos grupos nacidos ao abeiro da 'Xeración Xabarín', comezando nesta primeira edición por Heredeiros da Crus. En 'ADN', preguntaranlle a distintas persoas sobre os seus gustos musicais, e este sábado será Luís Piedrahita quen responderá ao cuestionario. Ademais, Banda Curta ofrecerá entrevistas, nesta ocasión ao fotógrafo Janite, e reportaxes; este sábado visitará a parroquia de Don Ramiro, en Lalín, a aldea máis punki de Galiza, de onde saíron Motor Perkins, Skarmento, Última Sacudida ou Tiro na Testa. Finalmente, o programa emprestará unha atención particular ás novas bandas galegas, por exemplo as que forman parte da Rede Galega de Locais de Ensaio, como Agoraphobia, de Boiro, que terán o seu espazo este sábado.

Un espazo na televisión para a nova escena galega
Belén Regueira cre que o programa "non fará milagres pero axudará a darlles máis visibilidade aos grupos, a crear ou consolidar público e a demostrar a variedade e a modernidade da creación musical en Galicia". De igual xeito, para Martiño (The Homens), "moita xente vai poder saber como soa un grupo en directo e decidir se lles merece a pena ilos ver a un concerto". Pola súa banda, Carlos Valcárcel (Projecto Mourente) destaca a importancia do horario no que se emitirá o programa, que lle pode dar unha gran relevancia e seguimento.

Segundo Grandío (ex Siniestro Total e responsábel do estudio de gravación Casa de Tolos) encárgase do son das actuacións ao vivo. Martiño, de The Homens (dos que poderemos ver a súa actuación o 14 de febreiro) salienta que "unha das mellores cousas que vai ter este programa é un gran son directo; Segundo Grandío vai facer un gran traballo neste aspecto, que moitas veces é ao que menos se presta atención na tele".

Belen Regueira destaca que o programa tamén "fará algo" pola TVG: "incorporar novo público e público novo, por mudar a imaxe pública da canle e por cuestionar o mito 'telegaita'. Creo que tanto a "escena" galega como a TVG gañan lexitimidade co programa, unha porque confirmará que existe ao aparecer na tele; a outra, porque demostrará que cumpre coas súas obrigas como altofalante da creación cultural do país". Neste sentido, Alfonso Pato, á hora de falar das expectativas do programa, prefire falar de 'público' no canto de 'audiencia' e concorda con Belén Regueira en que o espazo pode atraer á TVG a televidentes que até o de agora non conectaban coa cadea.

Nove anos de silencio
Por que custou tanto poñer en marcha un formato musical na TVG? "Supoño que nos cálculos que facían os directivos da tele non compensaba o que custa un programa destes coa audiencia que eles supoñen que terá. Pero eu entendo que se unha tele pública a pagamos entre todos será para que emitan cousas de calidade e non só forralla", di o cantante de The Homens. Belén Regueira cre que puido influír "o descoñecemento ou a desconfianza sobre a dimensión real da cultura rock en Galicia", pero tamén apunta que "a xente nova cada vez ve menos televisión, e menos televisión xeralista, así que igual todos, e tamén a TVG, temos que empezar a facernos outras preguntas". Unha pregunta para o futuro.

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O espectáculo Music.gal será un dos pratos fortes do Cultur.gal 08
http://culturgal.info/actualidade/nova.php?id=10
(texto engadido o día 24/ / 11/ / 08 )


público poderá mercar produtos culturais galegos e asistir a actuacións, obradoiros, presentacións de libros e discos, proxeccións de filmes e curtas, etc.

Ánxela Bugallo presentou onte na Coruña Cultur.gal como a plataforma que lles permita ás empresas da edición, a música, o audiovisual, as artes escénicas, as novas tecnoloxías e os servizos culturais dar a coñecer os seus produtos e servizos aos profesionais e á cidadanía en xeral.


Vender cultura galega en tempos de crise. Ese é o obxectivo da segunda edición da Feira Galega das industrias Culturais, Cultur.gal 08, que do 4 ao 7 de decembro se celebrará na Coruña. O recinto feiral de Palexco acollerá un acontecemento que a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, sinala que servirá como plataforma para potenciar a creación e comercialización de produtos e servizos culturais galegos.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou onte na Coruña o Cultur.gal 08, acompañada do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará; a concelleira de Cultura na Coruña, María Xosé Bravo; o director da feira, Nel Vidal; e o presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Alfonso García Sanmartín, que interviñeron en nome das once entidades que participan na organización do evento. O obxectivo de Cultur.gal é contribuír a fortalecer o tecido empresarial privado da cultura galega.

Ao longo de catro días desenvolverase un completo programa con presentacións de libros e discos, concertos, actividades para público infantil, xornadas profesionais e a posibilidade de que o público coñeza de primeira man o máis novidoso da creación galega actual. Os que se acheguen á feira terán ademais a oportunidade de adquirir libros, discos e outros produtos culturais con desconto sobre o seu prezo.

Music.gal, un espectáculo multidisciplinar

Para celebrar o maior evento das industrias culturais do país preparouse un espectáculo de produción propia: o Music.gal. Desenvolverase o sábado día 6 a partir das 21:30 horas no Auditorio Gaviota do Palexco. Está centrado na música, pero integra tamén propostas audiovisuais, das artes plásticas, da literatura, do teatro, da danza, da poesía...

O Music.gal constitúe un espectáculo multidisciplinar, que hibrida as propostas creativas máis innovadoras e vangardistas do panorama cultural galego. Deste xeito, dispoñerá sobre o mesmo escenario o hip-hop de Dios ke te Crew, o power-pop de The Homens, o pop electrónico de Projecto Mourente, a fusión, tango e habaneiras de Marful, a cumbia tropical de O Sonoro Maxín, a danza contemporánea do Proxecto Zocas, a poesía posta en escena de Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa, a creación plástica de Pancho Lapeña (Pánchez) e Federico Martínez...

O Music.gal estará presentado por Belén Regueira e conducido por Chévere.

Novidades editoriais e musicais

No Cultur.gal realizarase preto dunha trintena de presentacións editoriais, entre as que figuran os últimos libros de escritores destacados do panorama literario galego: A corpo aberto de Manuel Rivas, O natural é político de Teresa Moure, Construcións de Eduardo Estévez, O globo de Shakespeare de Santiago Jaureguízar, Memoria de cidades sen luz de Inma López Silva...

Pola súa banda, varios músicos ofrecerán actuacións breves en exclusiva para programadores e xestores técnicos de entidades públicas e privadas, co obxectivo de presentar as súas novas propostas en directo de cara á vindeira tempada de concertos. Serán, entre outros, Marcos Teira, Capitán Furilo, Lizgairo, Bonovo, Telémaco, Vi-Gop Quartet, Aphonnic e Vaamonde, Lamas & Romero.

O público especializado poderá asistir tamén a unha serie de xornadas de posta en contacto e debate, entre as que sobresaen a II Xornadas das industrias musicais de Galiza, a Xornada profesional sobre o libro e a edición e a Xornada vis a vis de novas tecnoloxías.

O Xabarín en vivo para os máis pequenos

O Xabarín Club traerá ao Cultur.gal a preestrea do espectáculo da nova XabaXira que viaxará por todas as cidades e vilas galegas ao longo de 2009. Será o domingo día 7 ás 18:00 h. Os cativos poderán escoller entre máis dunha ducia de actividades que abrangue dende un obradoiro de hip hop con Serxio Regos "García" de Dios ke te Crew, ata as sesións dobraxe e 'stop motion' impartidas polo Clúster Audiovisual Galego, os monicreques de Cachirulo, os espectáculos de Migallas Teatro, Talía Teatro e A Locamotora ou os contos de Mario Tomás.

Ademais, proxectaranse ao redor de 100 títulos das producións audiovisuais galegas dos anos 2007 e 2008, tanto longametraxes coma curtametraxes, de ficción, animación e documental.





+ 18 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



GZ POP! na revista catalá ENDERROCK
http://aregueifa.blogspot.com/2008/10/gz-pop.html
(texto engadido o día 9/ / 10/ / 08 )




No número de novembro da revista catalá ENDERROCK vai sair un
amplo reportaxe sobre a nova escena galega. Xunto coa revista
sempre ven un CD, desta volta monográfico da nosa escena, unha
boa foto fixa do que se coce por estas terras.


(O CD ven con música de: Loretta Martin, The homens, Capitán Furilo,
Lamatumbá, Victor Aneiros, Nao, Som do Galpom, Dios Ke Te Crew,
Mencer Vermello, Zënzar, Ruxe-Ruxe, Galegoz, Safari Orquestra, O
Sonoro Maxín, Ataque Escampe, Narf, Projecto Mourente, e
Fanny + Alexander)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Preséntase o disco 'Vozes Novas'

* Fanny + Alexander adapta textos de poetas galegos no seu novo traballo

* Novas letras galegas rescatadas polo ritmo de Fanny + Alexander

* A gran cita da industria cultural



Projecto Mourente

(Electro / Pop / Disco House )


en Myspace







buscar mais información
sobre Projecto Mourente en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Projecto Mourente en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]