Ghastas Pista?

Pesdelan
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Pesdelan':


PESDELÁN en A Coruña
https://www.facebook.com/normalizacioncoruna/photos/a.867576209983046/2679895665417749/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 24/ / 5/ / 19 )


Cantas ganas de troula teñen esas crianzas de 3 a 6 anos? O mércores 29 de maio, ás 18.00 h no Centro Cívico de Monelos (Centros Cívicos A Coruña), teremos unha gran festa co concerto-baile "Na punta do pé" de PESDELAN. Banda a tocar, bailadoras e bailadores a danzar, que ben o imos pasar!
A inscrición comeza mañá, 23 de maio, ás 10.00 h, e hai que coller entrada por cada persoa que vaia (nena, bebé, mamá, avó).
+info: https://i.gal/AxendaSNL

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroidanzas con Pesdelán en Fisterra e Compostela

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 19 )


Sábado 2 de marzo en Fisterra (Praza da Constitución ás 19h)

Martes 5 de marzo en Compostela (Sala Capitol ás 20h)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Aturuxo 2018 (Bravos. Ourol)
http://www.facebook.com/1852312851738183
(texto engadido o día 16/ / 7/ / 18 )



Entrada e acampada de Balde.
Comida e bebida a prezos populares.

VENRES 20 - PREATURUXO - 20.30H.
- Actuación de ANDARIVEL.
- Cea con racións de paella a 5€.
- Foliada Libre.

SÁBADO 21
-13.30H. Concerto sesión vermú (programa Musiqueando da Deputación de Lugo) / Xantar / Haberá tamén bocatas, hamburguesas, etc.
- 17.00H. Xogos interxeracionais / Obradoiro de instrumentos con materiais reciclados.
- 18.00H. Obradoiro de baile a cargo de Pesdelán. 3€, Prazas Limitadas.
- 22.30H. Concertos: OS CARECOS, MONOULIOUS DOP, NAO, RUXE RUXE

SERVIZO DE AUTOBUSES GRATUITO DENDE VIVEIRO (ESTACIÓN DE AUTOBUSES):
Viveiro Bravos: 21.00H./22.30H./00.00H.
Bravos - Viveiro: 1.30H./3.00H./4.30H.

Aturuxeiros de Bravos / Seiramar Espectáculos Musicales / Programa Musiqueando Diputación de Lugo / Diputación Provincial de Lugo / Concello de Ourol / Comunidade de Montes Veciñais en mancomún de Bravos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



EntroiDanzas en Narahío

(texto engadido o día 16/ / 2/ / 18 )


Sábado 17 de febreiro ás 20:00h
O Castelo de Narahío.


Sábado 17 de Febreiro entroido en Narahío para toda a familia e todas as idades co espectáculo Entroidanzas de Pesdelán.Aprenderemos a bailar danzas dos entroidos do mundo como o de Galicia,Perú, Brazil, Italia,etc..
- Ás 20:00 comeza a actuación de Pesdelán e ao remate do Entroidanzas pincharemos música ata máis ou menos media noite. Este ano facemos todo do tirón.
Vémonos no entroido en Narahío.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Clases de Pandeireta e de Baile Tradicional na Arca da Noe (Vilar de Santos)

(texto engadido o día 20/ / 10/ / 17 )



Aqui temos os novos cursos de pandeireta e de baile tradicional da Arca.
Começamos 20 de outubro ( sextas-feiras (venres) cada 15 dias) .

17h00- 18h30 Curso de pandeireta e canto. Nível I
18h30- 20h00 Curso de pandeireta tradicional. Nível II
20h00- 21h30 Curso de baile tradicional

Preço: 15€ curso ao mês

Aponta-te enviando uma sms ao facebook da Arca.

Est@s são @s profes:

Patricia

Cantora no grupo Coanhadeira e colaboradora no grupo Pesdelán.
Começa a sua andaina na música tradicional desde bem pequena no centro Xanquín Lorenzo Xocas en Ourense, no ano 2000 continua a sua formação na Aula de Música tradicional Gomes Mouro, Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalim e aCentral Folque de Santiago, complementando essa formação com numerosos cursos de percussão da mão de Javier Feijoo, Luis Prego, Xabier Diaz, Francy González, Chuco Estévez, Ugía Pedreira, Xosé Lois Romero, Henrique Peón, Eliseo Parra, Xermán Muiños.. Básico na sua formação o trabalho de recolhida aprendendo das nossas maiores.
Complementa essa formação com cursos de técnica vocal com Guadi Galego, Sally Albaugh Edmunds, Paulina Ceremuzynska, Ramón Bermejo…
Ampla trajetória na docência desde 2004 por distintos concelhos e associações da província de Ourense.

Roberto

Vinculado ao mundo da música tradicional com a gaita desde os dez anos, inicia-se mais tarde no baile no “Grupo de Baile e Gaitas, Orcellón”, do Carvalhinho.
Desenvolve a sua atividade docente na Assoc. Cultural Os Serandeiros de Boborás e posteriormente na AOFT, Asoc. Ourensá de Folclore Tradicional, de Ourense.
É asíduo dos Venrespirar, ruadas, foliadas da Arca, etc.
Tem por isso assistido a diferentes cursos ministrados por Xandre Outeiro, Henrique Peòn, Luis Prego ou Miguel Sotelo entre outros

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FestiLetras na Aldea do Couto (Ponteceso)

(texto engadido o día 19/ / 5/ / 17 )


DOMINGO 14 MAIO

Sesión matinal

12:15 horas. OS BOS E XENEROSOS

Lugar: Igrexa de San Tirso, O Couto.
Ofrenda floral no adro da igrexa de San Tirso.
Rosalía, Curros, Pondal e Inllar co Himno do Antigo Reino de Galicia.
Alba e Francisco Costa interpretan “Ponteceso”.
Entrega do premios ” Bos e Xenerosos” a Ramón Villares, Uxía Senlle, Fundación Barrié, Concha Blanco, Touriñán e Pereiro.
Presenta: Patricia Blanco.

12:45 horas. EXPOSICIÓN DE PINTURA “A CANTIGA DE BUSERÁN”

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Vicky Rivadulla e a voz de Adhara Caamaño (Adhara & Ritman).
Himno Galego a cargo da Coral A Oliveira de Monte Branco.

13:00 horas. SESIÓN MUSICAL

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Escola de zonfonas de Cántigas da Terra, coordinada por Miro Casabella (Lembranza de Saturnino Cuíñas Lois).

Sesión de tarde

15:30 horas. A FADA ROURIZ

Lugar: Dolmen de Dombate, Borneiro.
Itinerario dramatizado por Dombate, Fornellas e Reirís en colaboración coa AA.VV. “A Fonte” de Fornelos con: Yago Espasandín, Tamara Lema e Silvia Losada.

20:00 horas. MARCOS PEREIRO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Monólogo “Como ser armario empotrado”.
Donativo: 3€


LUNS 15 MAIO

Sesión matinal

11:30 horas. FINA CASALDERREY

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Eduación Primaria de Corme e Ponteceso.
“Icía quere cambiar o mundo”.
Coloquio coa autora.

Sesión de tarde

15:30 horas. CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Lugar: Biblioteca do CEIP Eduardo Pondal, Ponteceso.
Actividade “A xogar, cantar e bailar” dirixida ao alumnado de educación Infantil de Corme e Ponteceso.

16:30 horas. ASUNCIÓN ANTELO

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actividade dirixida ao alumnado do IES Ponteceso.
“A voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal”.
Participan: Cristina Abelleira, Lupe Blanco, Silvia Losada, Eloi Vidal, Miguel Calvo e J. A. Andrade
Recital poético da mocidade.
Entrega do premio Berghantiñana.
Visita exposición Asunción Antelo

18:30 horas. LABREGHA BERGHANTIÑANA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Armando os coros para o concerto con María Xosé Silvar.

20:30 horas. XEOGRAFÍA PONDALIANA

Lugar: Casa dos Veciños, O Couto.
Presentación do libro Xeografía pondaliana de Manuel Ferreiro, arroupado por: Goretti Sanmartín, Rocío Romar e Tino Gómez.

21:00 horas. CONCERTO DE SÉS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Donativo: 3€

MARTES 16 MAIO

Sesión matinal

10:00 horas. VAL NATIVO

Visita dos clubes de lectura do IES de Monelos.

11:00 horas. VEN BAILAR CONNOSCO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Actividade con música e danza tradicionais dirixidas ao alumnado do CRA Nosa Señora do Faro, a cargo de “PESDELÁN”.

Sesión de tarde

16:00 horas. A GALIÑA AZUL

Lugar: A Galiña Azul, Ponteceso.
Sesión para nais, pais e alumnado da Escola Infantil A galiña azul de Ponteceso, con Fran Rei.

Sesión de noite

23:00 horas. GUADI GALEGO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Concerto “O mundo está parado”.
Donativo: 3€


MÉRCORES 17 MAIO

Sesión matinal

11:00 horas. 35 FESTILETRAS

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Recital cívico baseado na obra dos autores e das autoras homenaxeados/as nestes trinta e cinco anos.

12:30 horas. SESIÓN TERRAS GAUDA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actuación musical de Mini e Mero coas letras dos nosos poetas.
Degustación da adega “Terras Gauda”.

Sesión de tarde

16:00 horas. PAISAXE PONDALIANA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
II Certame infantil de pintura “Álvarez de Sotomayor”.
Pasacalle dos gaiteiros A Fonte de Fornelos.
Cen pequenos/as pintores/as doarán a súa obra a prol dunha causa solidaria.

19:00 horas. OS BOLECHAS NO DÍA DAS LETRAS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Espectáculo “Unha parada na terra de Pondal”.

20:00 horas. MÚSICA DE TABERNA

Lugar: Bar “Agra de Mares”, O Couto.
Actuación de “No Fílo da Ferreña”.


XOVES 18 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 17:00 horas. O REXURDIMENTO: ROSALÍA E PONDAL

Con Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.
Sesión de animación á lectura e creactividade poética nas bibliotecas escolares de Ponteceso e de Corme.

11:00 horas. QUEIXUMES DOS PINOS

Visita do IES Chano Piñeiro (Forcarei) para visitar: Dombate, casa de Pondal, Monte Branco, Osmo e Nariga.

Sesión de tarde

16:30 horas. COUSAS DE CASTELAO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Escenificación teatral de “Os Quinquilláns” para veteranos/as.

Sesión de noite

20:30 horas. SESIÓN DELEITE

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Concerto familiar acargo de “De Vacas”.
Donativo: 3€



VENRES 19 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 14:00 horas. FESTICIENCIA

Tralas pegadas de Isidro Parga Pondal polo areal de Valarés.
Convidados grupos de alumnos e de alumnas de 6º nivel de Educación Primaria de Cabana, Laxe, Malpica, Ponteceso e Zas.
Obradoiros, observacións e animación.

Sesión de tarde

16:00 – 18:00 horas. NON DÉS A ESQUECEMENTO

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Café da memoria arredor de Titania S.A., documental de Omar Rabuñal.
Representación de “Historias de vida, amor, guerra e case morte” a cargo de Daboapipa.

Sesión de noite

22:00 horas. NOITE DO PRÁCIDO LUAR

Lugar: Pozo da señora en Lagares, O Couto.
Escenificación de “As lavandeiras” a cargo de Daboapipa.

23:30 horas. OS TEMPOS SON CHEGADOS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Cantos da lusofonía con Uxía Senlle e Joâo Afonso.
Donativo: 3€


SÁBADO 20 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 14:00 horas. ESE POBO RENACE, RESURXE, NON MORRE

Lugar: Sede da Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
IV Encontro de Aldeas Singulares.
Percorrido por iniciativas de desenvolvemento do territorio.

Sesión de tarde

16:00 horas. COVA CÉLTICA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Regueifeiros e regueifeiras de Bergantiños. Documentación e posterior regueifa.

19:00 horas. AS VÉSPERAS

Obradoiros de treboada e posterior pasacalle, coordinados por Oli Xiraldez na praza do Quinteiro.
Clase maxistral do debuxante Luís Dávila no salón da Sede da Fundación Eduardo Pondal.
Pasacalle a cargo de “Xa era hora”.

Sesión de noite

23:00 horas. CARLOS BLANCO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Donativo: 3€



DOMINGO 21 MAIO

Lugar: Carpa Festiletras, O Couto, Ponteceso.

Sesión matinal

11:00 horas. XXXV FEIRA DA ARTESANÍA

Un percorrido polas diferentes artesanías de Galicia con obradoiros participativos de artesanía e xogos tradicionais

ROMARÍA DAS LETRAS

12:30 horas. FOLIADA

Adro, de Baio.
Arrancadeira, de Malpica de Bergantiños.
Os Farrapos do Fol, de Cesullas.
O Son do Castro, de Borneiro.

XANTAR

Sesión de tarde

17:00 horas. MARUXIÑA

Espectáculo de INLLAR baseado na música e danza tradicionais co adubo da poesía de Pondal.

19:00. LUAR NA LUBRE

Concerto, entrada de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Arifi en directo no Forum Celticum (Culleredo)

(texto engadido o día 13/ / 1/ / 17 )


Sábado 14 de xaneiro ás 23:00h
Forum Celticum.
R/ ACEA DA MA, 16-BAJO.
Culleredo.


Arifi é un vento do sur Mediterráneo, que viaxa , quente e seco, desde Africa e chega ata Europa cargado do auga do mar. Conta a lenda que ten o poder de embriagar aos animais e aos homes
Coa mesma forza e o mesmo poder nace a música deste grupo, formado en Galicia. O proxecto está liderado por Iria Estévez, Vadim, Toni, Gonzo Piña e Marco mendoza, todos eles músicos cunha longa traxectoria e recoñecemento.
Inspirados polo traballo do grupo andaluz Radio Tarifa, co desaparecido Benjamín Escoriza á cabeza; únense para crear este proxecto no que as músicas da Península Ibérica fúndense con ritmos e sons arabo-andalusíes, prestando maior atención á música tradicional de Galicia, que se transforma e cobra nova vida. En definitiva Arifi, é unha chamada desde o norte a estas melodías e ritmos que viaxan nos ventos do sur.
(PARA SABER MÁIS) FACEBOOK DO GRUPO: https://www.facebook.com/arifi.music/
ARIFI SON:
Iria Estévez: Aínda que posúe estudos de Maxisterio e Máster en Artes Escénicas, a súa paixón pola música levouna a deixar a un lado o campo do ensino, para dedicarse de cheo ao mundo da música. Conta cunha ampla formación autodidacta e tomou clases con importantes cantantes en Galicia, como Mónica de Nut, ou con Chisco, durante a súa formación no programa profesional da ETRAD; ademais conta con formación e experiencia en danzas do mundo (danzas orientais, ritmos latinos, danza tradicional de Galicia, etc). Malia comezar a súa carreira profesional fai non moito tempo, xa cantou xunto a artistas da talla de Uxía Senlle, Helena de ALfonso ou Amesmalúa, ademais doutros artistas de Galicia. Actualmente lidera o proxecto de Clave de Fado, é co-directora e vocalista principal nun novo proxecto de músicas iberoamericanas, ademais de colaborar con outras formacións.


Vadzim: Acordeonista e vocalista de orixe bielorruso de ampla formacio?n e experiencia profesional. participou en numerosos proxectos musicais, teatrais e cinematográficos. Entre eles foi un dos mu?sicos da banda sonora do filme ?Crebinsky en 2009; autor e intérprete da música para o espectáculo Esmorga de B.Amor montaxe da compañía teatral Sarabela en 2010; multiinstrumentista da Ópera de 3 reás de K.Weill e A.Brecht producido por Centro Dramático Galego en 2011. Desde 2012 músico de agrupacións como Vertixe Sonora, Voando libre, TDC.
En 2015 participou como músico-actor da montaxe da Compañía Nacional de Teatro Clásico (Onde hai agravios non hai celos) de Francisco de Vermellas Zorrilla dirixida por Helena Pimenta.
En todos estes anos de andadura, gravou numerosos discos tanto de proxectos propios como de colaboracións (Kibitka, Compromiscuo, Nai, conSentimento, etc) , e traballou con varios artistas do panorama musical de Galicia (Leilía, Xoan Curiel, Abraham Cupeiro, Brtah ou Xúa). Tamén recibiu varios premios de recoñecemento, en España e Russia, e en 2013 gañou, xunto aos demais compoñentes da Banda Crebinski, o primeiro premio dos Premios Galegos dá Música Martín Codax, na categoría de Músicas do Mundo. Tamén acaba de recibir o premio María Casares pola composición da música do espectáculo MANAWEE.

Toni: percusionista autodidacta q comeza a tocar con tan só doce anos, especializándose en instrumentos como darbuka, djembe ou caixón flamenco. Ao longo da súa carreira participa en numerosos monográficos de danza oriental e africana co grupo Silha e Martha Franca, mentres traballa en numerosos proxectos de diferentes estilos, como percusionista principal. A partir do 2005, tras varios anos viaxando a diferentes países para seguir a súa formación, regresa a Galicia onde comeza a colaborar con grupos como Stranniki, Faltriqueira (participando en varias xiras internacionais, entre os cales destaca PERCPAN 2008 en Brasil), Kibitka, Xoan Curiel, Davide Salvado, Pesdelan, Xua e un longo etc... Actualmente compaxina a docencia con varios proxectos propios ademais de Arifi.



Gonzo: É un músico versátil que domina diversos estilos e instrumentos. De formación principalmente autodidacta, comeza a súa andadura musical dende moi pequeno, posto que o seu pai, Pepe Piña, mostráballe este máxico mundo a través dos seus propios concertos con bandas de todo tipo ou como cantautor. Máis adiante, tomou clase de baixo e guitarra en varias escolas da xeografía española, como no Taller de musics (Barcelona), Laboratorio de creatividade musical (Vigo) ou Presto Vivacce (Coruña). A súa formación como sonidista nunha das escolas máis prestixiosas do momento (SAE INSTITUTE) e as súas experiencia na composición de música electrónica, fan de Gonzo un músico completo. Formou parte, como creador e intérprete, de varios grupos en Galicia e Barcelona (D\\'club, Dask, Sonidonia , etc, ) Tamén creou a banda sonora de varias obras teatrais para a compañía de SR. Serrano, recientemente galardonada co León de Prata á innovación, na Bienal de Teatro de Venecia.
Marco Mendoza:Membro dunha familia de músicos Venezolanos. É batería, percusionista, compositor e profesor. Aos 8 anos de idade comezou a expresar os seus primeiros ritmos na batería e máis adiante, na Percusión Latina e Afrovenezolana. Realizou estudos de música na Escola Miguel Anxo Espinel, na Orquesta Xuvenil Simón Bolívar do Táchira e na Universidade Nacional Experimental do Táchira, Venezuela.
Actualmente, vive en Lugo, e traballa na produción do seu propio proxecto xunto a Circo do Soul Trío. Imparte clases de batería, percusión sinfónica e latina. Traballa con múltiples agrupaciones, con quen desenvolve incontables estilos musicais, entre elas: Clave de Fado, Pablas Jazz 4.0, MuraJazz BigBand ou Batital. No 2014 e 2015 impartiu talleres de Percusión Latina, a través da Federación Galega de Bandas, en Santiago de Compostela e de Rítmica e Percusión, no Campamento Lúdico Musical, en Orense. Tamén é endorser de márcaa Lobo Stave Drum.

ENTRADA 5€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pesdelán no Culturgal (Pontevedra)

(texto engadido o día 2/ / 12/ / 16 )


Domingo 4 de decembro ás 11:30h no espazo infantil do Culturgal (Pontevedra).
Presentando o seu novo traballo: Entroidanza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaría de Santa Margarida (A Coruña)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 16 )


Concertos, obradoiros infantís de construción de instrumentos, mesas redondas e faladoiros entorno á música tradicional.

O sábado 27 de agosto
a xornada desenvolverase desde as 10.00 horas ata as 19.00 horas da tarde en distintas localizacións temáticas, cada unha especializada nun ámbito do folclore, antes de trasladarse ao parque de Santa Margarita. Así, a praza de Vigo recollerá toda a actividade realicionada co baile, con obradoiros de Luis Prego, Montse Rivera, Xabier Iglesias e Manolo Cobas, con actuacións de Cántigas da Terra, Donaire e Sond'aqui, ademais dunha foliadiña Ardelloeixo. Pola súa banda, na praza de Galicia centraranse os faladoiros, nos que participarán representantes de distintas agrupacións e Xurxo Souto impartirá un obradoiro de regueifas. A praza de Lugo transformarase na Praza Miúda, cunha programación especial para nenas e nenos, na que se realizarán distintas actividades así como obradoiros de construción de instrumentos como a pandeireta, turutú, castañolas ou chimpau. Finalmente, os Xardíns de Méndez Núñez serán o epicentro da música, con actuacións e obradoiros impartidos por Olga Kirk, Pablo Seoane, Fransy Gonález e Xosé Lois Romero. Ademais, durante toda a mañá, desde as 10.00 ata as 14.00 horas, Os Viqueiras de Ordes realizarán pasarrúas entre as prazas. Xa pola noite, desde as 20.00 horas ata as 02.00 horas, sucederanse os concertos de Pesdelán (20.00 horas), Tiruleque (21.30 horas), Xosé Lois Romero & Aliboria (23.00 horas) e Os d'abaixo (00.30 horas).

O domingo 28 a Romaría manterá "a estrutura acorde como se viña desenvolvendo nos últimos anos", segundo indicou o concelleiro de Culturas, con obradoiros, pasarrúas, actividades infantís, fogos artificiais "e outras sorpresas" no parque de Santa Margarita, e a verbena "será substituída por música tradicional". En canto á celebración nocturna, desde as 20.00 horas haberá concertos de Xacarandaina, así como do músico de Mali Vieux Farka Touré e Treixadura.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII FESTIVAL DO RÍO CASTRO EN NARAHÍO

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )



Sábado 2 de xullo de 2.016 :
- 12,00 Chegada de merendas.
- 15,00 Xogos tradicionais para nenos e nenos coa ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL.
- 17,30 A GRAMOLA GOMINOLA , música para a rapazada.
- Campionato deporte popular,tiro de corda,serrado de tronzador e a chave.
POLA NOITE A PARTIR DAS 22,00 :
- PESDELÁN.
- ZURRUMALLA.
- OS CUCHUFELHOS.
- QUEMPALLOU.
Este ano cartelazo deseñado por Garabatos de Juanlu.
O 2 de xullo toca festa pero lembrade,si non cruzades a ponte para gozar do festival é mellor que busquedes outro lugar onde sentirvos máis cómodos e cómodas.
VÉMONOS EN NARAHÍO !!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fin de semana con Pesdelán na Baña e Bergondo

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 14 )


Venres 21 de novembro, ás 20:40,
Magosto na Baña

Sábado 22 de novembro, ás 18h,
actuación no Edificio Sociocultural da Senra - Bergondo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pesdelán en Tui

(texto engadido o día 26/ / 9/ / 14 )


Domingo 28 de setembro ás 19h
Praza do Pracer, Tui.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro e concerto de Pesdelán en Melide

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 14 )


ADIADO POR MOR DA CHOIVA

Domingo 10 de agosto de 2014
Praza do Convento de Melide (A Coruña)

Primeiro faremos, ás 18:00, un obradoiro de baile no que traballaremos temas populares galegos e portugueses e aprenderemos a bailalos. Non importa se non se sabe bailar, porque unha dinamizadora explicaravos paso a paso e de xeito divertido uns bailes sinxelos e amenos cos que pasalo ben, facer exercicio, rir, facer amizades...

Xa pola noite, ao redor das 21:00, daremos un concerto (entrada libre!!) no que poderedes poñer en práctica o aprendido durante a mañá ou, simplemente, pasalo ben en boa compañía, que é do que se trata.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pésdelan + Cantigas e Frores nos Xardíns da Deputación de Lugo (Cultura Aberta 2014)

(texto engadido o día 30/ / 7/ / 14 )


Mércores 6 de agosto, ás 18:30h

Noticia enviada por foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Recreación tradicional da esfolla en Doso (Narón)

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 13 )


Pista Polideportiva de Doso
09/11/2013 ás 17:00 horas

Programa de actos:
• Comitiva dos carros de mainzo
• Exposición e obradoiro de bonecos de maínzo
• Música e danza tradicional
• Esfolla do mainzo
• Obradoiro de bolas na sartén
• Concurso de sobremesas
• Actuación do grupo "Pesdelán

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Pesdelán en Moaña

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 13 )


Venres, 13 de Setembro ás 18h na Praza e Abastos de Moaña
Entrada de balde ata completar aforo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pesdelán na Coruña

(texto engadido o día 8/ / 8/ / 13 )


Xoves 15 de agosto de 2013 ás 21h
Praza do Obelisco, A Coruña
Organiza: Concello de a Coruña
Faranduleando 2013
Entrada de balde

- Pesdelán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pesdelán en Ribadeo

(texto engadido o día 7/ / 8/ / 13 )


Mércores 14 de agosto de 2013 ás 20h
Rúa de San Francisco, Ribadeo (Lugo)
Organiza: Concello de Ribadeo e ADADIC
Rede Galega de Teatros e Auditorios 2013
Entrada de balde
- Pesdelán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro e concerto de Pesdelán en Ames

(texto engadido o día 12/ / 7/ / 13 )


Venres 12 de xullo de 2013 ás 20h e 22h respectivamente no Pazo da Peregrina, Bertamiráns, Ames (A Coruña)

Pesdelán propón un lecer diferente ao redor do baile e para todos os públicos.
Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé.
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante




O vindeiro venres 12 de xullo ás 20h e 22h respectivamente os grandes músicos e bailadores/as do grupo Pesdelán farannos mover os pés ao tempo que socializamos e nos divertimos sen importar a idade, condición física ou experiencia que teñamos. Este proxecto cultural, de enorme éxito desde a súa creación, chega a Bertamiráns para nos amosar outra perspectiva á hora de asistirmos a un espectáculo. Ademais de escoitar, participaremos nel.

A proposta, presentada esta mañá en conferencia de prensa no Concello de Ames, desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, Ames, o vindeiro día 12 ás 20 e 22 horas e chega a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2013. A entrada será de balde.

Alí, maiores, pequenos e mozos/as poderán gozar do bo facer de Pesdelán á hora de dinamizar grupos de persoas a través da música tradicional. Este proxecto de música para baile pretende cambiar o concepto de público espectador polo de público participante e leva vendidas máis de 4.000 copias do seu primeiro disco 'Na punta do pé'.

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao grupo de persoas asistente, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade: substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos á festa. Acompáñana un grupo de grandes músicos e músicas que interpretarán as melodías tradicionais para podelas bailar. O tempo pasará sen darnos conta mentres aprendemos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.
- Pesdelán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Pesdelán en Moaña

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 12 )


Venres 14 de decembro de 2012 ás 18:00h
Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra)
Organiza: Concello de Moaña

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.
Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe
de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.

As pezas que bailaremos son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas
en distintas zonas da xeografia galega e portuguesa.

No obradoiro de Pesdelan participaremos: Patricia Lopez (voz e percusions),
Montse Rivera (voz e ensino de danzas), Santi Cribeiro (acordeon) e Carlos Freire (percusion).

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos,
bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal
(Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008
facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade,
en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo
e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador
polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema:
o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas,
para despois bailalos todos xuntos."

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán.
Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués
dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera
coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka,
conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes
do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias
- Pesdelán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]




Pèsdelán



en Myspace







buscar mais información
sobre Pesdelan en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Pesdelan en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]