Ghastas Pista?

Pandeiromus
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Pandeiromus':


Cristian Silva en Vilar de Santos

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 17 )


Venres 7 de abril ás 22:00h
A Arca da Noe.
Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.
Ourense.


7 de abril, às 22h00, aterra na Arca, o gaiteiro Cristian Silva com Suso Iglesias ao acordeão para apresentar o seu novo disco EGO.

Ego é uma viagem onde, através de dez estações, a gaita e as flautas misturam-se com os sintetizadores e a percussão galega para levar-nos a um novo e anovador planeta sonoro. Assim, a tradição fundem-se com as vangardistas técnicas interpretativas da gaita e a música indie-pop.

Produzido ao completo pelo próprio músico, Ego tem influências de rock, flamenco e música electrónica onde, desde um prisma pessoal, Silva toca o médio cento de instrumentos que se podem escutar ao longo de um disco e que está, ademais, temperado pelas colaborações de artistas de renome como Davide Salvado, Pedro Pascual ou Pandeiromus.
https://www.youtube.com/watch?v=Ec-SQylVE88&t=88s

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Verbena Galega no Santiaguiño de Padrón

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Domingo 24 de xullo
Santiaguiño
A festa de sempre como nunca a viches!!! Verbena Galega no Santiaguiño de Padrón, con Pandeiromus, O Sonoro Maxín e o picadiscos Superbombo, e con Isabel Risco como mestra de cerimonias. Cinco horas de diversión e ritmo en galego!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Mes Cultural de Axuda o Pobo Saharaui (Silleda)

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Domingo 24 de abril.
Mama Cabra

Sábado 30 de abril. Festival Solidario.
Pelepau.
Pandeiromus.
Cuarteto Caramuco.
Coanhadeira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXII Festa da Carballeira de Zas

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 15 )


A XXXII Festa da Carballeira será, coma sempre, o primeiro sábado de agosto.
Pero comenzaremos o día anterior para ir quentando o corpo na carpa do centro social con:

Venres 31 de xullo a partir das 22:00h

- Gaiteiros de Fornelos
- Seisporoito
- Pandeiromus

Xa na Carballeira de Velar
Sábado 1 de Agosto a partir das 16:00h
- Mercadillo de artesanía e produtos ecolóxicos.
- Xogos para os nenos.
- Postos de comida tradicional.

Actuarán:
- Grupos da A.C Castro-Meda de Zas
- Foliada da Carballeira.
Unha foliada aberta a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar e se anoten en foliada@festadacarballeira.com terán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos.

A partir das 22:30h
- Os Viqueiras de Ordes (Galiza)
- Ses (Galiza)
- Luar na Lubre (Galiza)
- Skipinnish (Escocia)
- Anxo Lorenzo (Galiza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandeiromus presenta "TEÑO DÍAS" no Teatro Principal de Santiago de Comportela
www.pandeiromus.com
(texto engadido o día 29/ / 12/ / 14 )


Pandeiromus presenta o seu novo disco, Teño Días, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Noticia enviada por Culturactiva

- Pandeiromus- Teño días- Afonso Sestelo- Topo Vidal- Rafa Iglesias -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandeiromus presenta "TEÑO DÍAS"

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 14 )


PANDEIROMUS presentan novo disco este sábado 15 de Nov no recinto Feiral de Arzúa, ás 20:30h.

Unha 1ª entrega do que será unha triloxía, que inicia este "Teño Días", que virá seguido o proximo ano da 2ª parte "Teño noites", ata formar un corpo único na súa 3ª entrega, "TEño días e teño noites" a finais de 2015.

Temas orixinais, baseados na súa ampla traxectoria musical e pleno coñecemento da tradición musical do país, aportando a súa visión e estilo que conforma unha proposta moi sólida e chea de calidade e orixinalidade.

Noticia enviada por Culturactiva

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ribeira acolle este xoves día 15 a Verbena Galega

(texto engadido o día 15/ / 8/ / 13 )


MÁIS DE 5 HORAS DE MÚSICA EN GALEGO

Este xoves 15 de Agosto, ás 22:00 horas no palco de pedra do paseo do malecón (Ribeira) chegará o trailer da Verbena Galega para facer “as festas de sempre como nunca se viron”. Enmarcada no Artemar Ribeira 2013, a proposta de Culturactiva SCG ofrece varias horas de baile co Sonoro Maxín, Pandeiromus e a Ico, voz do Sonoro Maxín, como picadiscos, ademais do humor de Isabel Risco na presentación do espectáculo. A entrada será de balde e para todos os públicos.
- Pandeiromus- Sonoro Maxín -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Noite Folk de Negreira

(texto engadido o día 10/ / 8/ / 13 )


Sábado 17 de agosto a partires das 22h no Refuxio dos Pescadores de Covas, Actuación de Rosa Cedrón , Pandeiromus 3.0 e Ultreia

- Rosa Cedrón - Pandeiromus- Noite Folk de Negreira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Verbena Galega desembarca no Festixeve

(texto engadido o día 1/ / 8/ / 13 )


Logo do adiamento da Verbena Galega prevista para o pasado sábado 27 por mor do terrible accidente ferroviario acontecido en Santiago de Compostela, as máis de cinco horas de música e baile en galego chegan ao Campo de Vilar de Santo André de Xeve (Pontevedra) o VENRES 2 DE AGOSTO ás 22:30 horas e con entrada de balde.

Pandeiromus, A Tuna Rastafari, Nonito Mondosonoro como picadiscos e Isabel Riscso como condutora do evento completan o cartel.

- Pandeiromus- A Tuna Rastafari -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada en Barcelona
http://foliada.org/
(texto engadido o día 1/ / 10/ / 10 )


2 de Outubro
24;00h Programación Musical
- Pandeiromus
- Linho de cuco
- Morosito
- Hijos de Conchita
Lugar: Ateneu de 9 Barris
- Foliada- Pandeiromus- Linho do Cuco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



e-trad: Aberta a Inscrición para o Cursiño de Vielle: técnicas, diferencias e similitudes coa zanfona galega  
http://e-tradvigo.blogspot.com/2010/01/aberta-inscripcion-para-o-cursino-de.html#
(texto engadido o día 17/ / 1/ / 10 )


Imparte Philippe Copin
- Data e horario: 22 de xaneiro de 2010 de 18h a 21h 
- Lugar: por determinar.
 -Destinado a zanfonistas matriculados ou non da e –Trad.
 - Material necesario: instrumento propio e material de escritura.
- Inscrición: do 18 ó 21 de xaneiro de 2010 na oficina da Fundación Sondeseu (Rúa Colón 7, planta 3, oficina11) de luns a venres de 9h a 13h. Prezo: 15 euros. Prazas disponibles: de 10 a 15


    Organiza: e-Trad     Patrocina: Fundación SonDeSeu


Philippe Copin: alias “FILAROUE”, naceu en Bordeaux (Francia) en Maio de 1961. Toca a zanfona dende fai 15 anos. Formou parte de varios grupos folque como Acibreira, UZ, Son do Pao, Pandeiromus... Dende 1998, é zanfonista do grupo de Música Antiga MARTIN CODAX. Actualmente é novo componhente e co-productor do grupo PÉ DE BOI. Forma parte tamén con Toni HERMANS do dúo CLONMELA.E técnico do seu propio estudio de son « FilaroueStudio » en Pontecaldelas onde desenvolve “a electro-acústica dos seus traballos”, como o uso de pedaleiras de efectos , gravación coa técnica de « looping », etc. Asemade, conta cunha dilatada experiencia na gravación de diversos proxectos discográficos

- curso- vielle- zanfona -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Los hombres y la pandereta | Galicia | EL PAÍS



Pandeiromus




Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Pandeiromus:
En Conserva





buscar mais información
sobre Pandeiromus en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Pandeiromus en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]