Ghastas Pista?

Pai Da Cana
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Pai Da Cana':


"Oscar Ibáñez & Tribo" no 12 Festival Capodanno Céltico (Milán)
http://www.capodannoceltico.com/nuovo/programma.htm
(texto engadido o día 28/ / 10/ / 11 )


VENERDI’ 28 ottobre dalle ore 21

Nato a Pontevedra nel 1976. Insegnante di educazione musicale, specialista universitario in musica tradizionale galiziana e archivistica, dal 2004 lavora all’Archivio Sonoro del Servizio del Patrimonio Documentario e Bibliografico della Deputación de Pontevedra, dove sono raccolti più di ottomila registrazioni sonore della Galizia, a disposizione dei cittadini per la consultazione.
Comincia a suonare la gaita nel 1984 nel gruppo di Poio "Treboada". Tra il 1989 e il 2004 fa parte della "Agrupación Folclórica Celme" di Pontevedra con cui partecipa a numerosi festival internazionali per tutta Europa, occasioni in cui entra in contatto con gaiteros asturiani e cornamusisti scozzesi, irlandesi, bretoni e bulgari. Dal 1995 dirige il "Grupo de Música Tradicional Pai da Cana".
Nel 1997 comincia a collaborare col Segretariato dell’Emigrazione della Giunta di Galizia, dando lezioni di gaita e percussioni nei Centros Galegos di Santiago (Cile), Lima (Perù), Caracas, Puerto Ordaz e Valencia (Venequela), Curitiba (Brasile), Città del Messico, Zurigo e Ginevra (Svizzera), New York e Los Angeles (USA), Londra (UK), L’Avana e Santiago de Cuba (Cuba) e Buenos Aires e Mar del Plata (Argentina).
Pluripremiato nei concorsi di gaita galega di maggior prestigio, diviene ben presto uno dei nomi più riconosciuti della categoria.
Nel 2008 crea la Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, un’iniziativa per il recupero e la diffusione delle forme d’espressione musicali della gaita, dentro e fuori Pontevedra col sistema “pechado” di Manuel Villanueva, Perfecto Feijóo e Xan de Campañó o con quello “semipechado” di Ricardo Portela.


È il creatore e l’organizzatore dell’ "Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva gaitas de fol do noroeste", "Musgafol" e "Juelles: Encuentro de Gaitas Europeas". Nel 2010 ha organizzato i concerti dei "Giochi nautici atlantici di Cantabria" ai quali, oltre alla sua band, hanno partecipato gruppi di caratura internazionale come Gwendal, Lúnasa e Shooglenifty.
Oscar Ibáñez ha anche preso parte a eventi rinomati come il festival Interceltico di Lorient, Interceltico di Morrazo, Festival Internacional do Mundo Celta di Ortigueira e il Festival Folk delle Canarie, collaborando inoltre in vari progetti con galiziani del calibro di Paulo González, Iván Costa, Edelmiro Fernández e Pablo Devigo, nonché, fuori dai confini della sua terra, con Patrick Molard, Diarmaid Moynihan, Ventzislav Andonov e Hevia e coi gruppi Faltriqueira e Lorena Lores.
Oscar Ibáñez & Tribo presenta “Alén do Mar”, viaggio sonoro fatto di originalità, immaginazione e creatività, che trovano posto nel nuovo CD in cui, oltre ai componenti della band, partecipano altri musicisti di Galizia, Navarra, Paesi Baschi, Andalusia, Irlanda, Cuba, Argentina, Venezuela e Brasile.
Con questa nuova proposta Ibáñez intende rimandare musicalmente alle culture atlantiche, utilizzando la musica galega come filo conduttore in un metissaggio sonoro fresco, moderno e innovatore in cui predominano i toni celtici.
Oscar Ibáñez, ispirato dai temi dell’emigrazione galega, particolarmente in America Latina, sviluppa un lavoro a metà tra la ricerca e la creazione, al fine di realizzare una fusione senza limiti, volta a ottenere un nuovo e unico suono.

Formazione:
OSCAR IBANEZ – gaita, flauti
FERNANDO FRAGA – fisarmonica
CARLOS CALVINO – chitarre
ANDRES VILAN – percussioni, darbouka, djembe

- Oscar Ibañez -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia. Carril 2011
http://www.carril2011.es
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 11 )


Venres 1 de Xullo
23h - Praza Liberdade
-Actuación Xirifeiros
-Documental
-Actuación Malveiras

Sábado 2 de Xullo
23h - Praza Liberdade
-Pai da Cana
-Documental
-Treixadura
- Xirifeiros- Malveiras- Pai da Cana- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX Festa do GAITEIRO. 22 de Agosto de 2009
http://www.forcarei.com.es/pan2.asp?idm=1&tit1=Novas&tit2=%20%20%20Noticias&img=&tab=contido&id
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 09 )


O Día 22 De Agosto (Sábado), En Soutelo De Montes, Forcarei,


10:00 H. – Pasarrúas De Bandas De Gaitas

10:30 H. – Apertura Da Feira De Artesanía

11:00 H. – Actuación Do Grupo De Música Tradicional Pai Da Cana

12:00 H. – Actuación Da “Asociación Folclórica O Fiadeiro”

13:00 H. – Benvida Do Alcalde

13:10 H. – Pregón Por D. Avelino Senra Varela

13:20 H. – Entrega De Medallas

13:40 H. – Interpretación Da Muiñeira De Chantada E Do Himno De Galicia

13:50 H. – Actuación Da Banda De Gaitas Municipal De Forcarei

18:00 H. – XI Concurso De Gaiteiros Avelino Cachafeiro “O Gaiteiro De Soutelo”

20:00 H. – Actuación Do Dúo Arpa Céltica & Fiddle

20:30 H. – Entrega De Premios

22:30 H. – Concerto Na Praza Da Igrexa

Diplomáticos Do Acordeón

Xarín

Mutenrohi
- Soutelo de Montes- Pai Da Cana- Diplomáticos do Acordeón- Xarín- Mutenrohi -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva
http://folque.com/cmn-wp/?p=1710
(texto engadido o día 12/ / 6/ / 09 )


Como en anteriores ocasións, Edicións do Cumio edita o traballo discográfico no que se recollen os temas en directo do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que promove a asociación cultural Pai da Cana co apoio do concello de Poio.

O certame, encadrado dentro das xornadas que se adican ao Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, celebrou no 2008 a súa terceira edición, contando coa participación de once grupos procedentes de toda Galicia. Trátase de formacións chegadas de Ourense (Soallas, Marco Foxo Trío e Os Pastoriños de Samil), Costa da Morte (Dani Romar Trío), Rois e Vedra (o grupo Albaroque e o José Manuel López trío, respectivamente) e, en especial, grupos da provincia de Pontevedra: Aires de Cotodeira (Fornelos de Montes), Os trasnos da gaita (Vigo), Albor (Nigrán) e Do Trinque (Pontevedra).

Entre os gañadores atópase a formación Tentenoaire, de Castro Caldelas, que obtiveron o primeiro premio, o trío Albor, que obtiveron o segundo, e o grupo Do Trinque, que se fixeron coa terceira clasificación. O xurado, formado polos gaiteiros Roberto Quintillán, Xosé R. Vaamonde, Álvaro Novegil e Andrés Vilán, recoñeceu tamén o José Manuel López Trío co Premio especial Manuel Villanueva.

Neste CD que vén de editar Cumio, poden atoparse as 22 pezas que soaron aquel 7 de xuño do 2008 na Praza da Chousa de Combarro (Poio). Neste ano, o certame chegará á súa cuarta edición e a organización agarda unha participación semellante ou superior á da pasada edición.

www.cumio.com
- Manuel Villanueva- Edicións do Cumio- concurso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cultur.gal. - Showcases musicais para programadores/as
http://www.culturgal.com/actividade.php?id_a=4
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 08 )


Breves concertos en exclusiva para
os/as profesionais, realizados co
obxectivo de aproximar os
programadores/as ás propostas musicais
en directo máis actuais.



Presentación e obxectivos

Os "showcases" son concertos
breves en exclusiva para
programadores/as, para que
os/as profesionais teñan unha idea
precisa da proposta ofertada, ao
estilo das grandes feiras mundiais.
Todos os estilos, todos os formatos,
nunha variada escolla para que
os/as responsábeis das programacións
galegas teñan a posibilidade,
de primeira man, de coñecer a creación
máis actual da música galega.
Unha extensa representación de artistas;
até un total de 20 solistas e
bandas amosarán, os días 4, 5 e 6 de
decembro, durante a
programación oficial de Cultur.gal 08,
as novas propostas de
espectáculos musicais en directo de
cara á vindeira tempada.

Ademais, contaremos con
representación de artistas pertencentes ao
proxecto NSAIO, da Dirección Xeral
de Xuventude, nun intento de que
os máis senlleiros xa vaian tendo
contacto cos modos e usos da
industria musical.

As asociacións profesionais AGEM
(Asociación Galega de Empresas
Musicais) e Agaphono (Asociación
Galega de Produtoras Fonográficas),
colaboran co Cultur.gal 08 no
deseño e programación de actividades
de interese para profesionais relacionados
coa industria musical
galega -promotores/as, programadores/as,
xestores/as culturais,
managers… Entre estas actividades,
ademais destes showcases
musicais, organizaranse tamén a
s II Xornadas da industria musical
galega e meeting points para profesionais.

Destinatarios/as

Programadores/as musicais de
entidades públicas e privadas,
xestores/as, técnicos/as de cultura, etc.

Programa

XOVES 4/12/08
Escoitar ás 16.45 h
Pai da Cana ás 17.30 h
Lizgairo ás 18.15 h
Covalblue ás 19.00 h
Vellas Historias ás 19.45 h
Uxía ás 20.30 h

VENRES 5/12/08
Vi-Gop Quartet ás 16.30 h
Telémaco (NSAIO) ás 17.15 h
Duplo Son (NSAIO) ás 18.00 h
Aphonnic ás 18.45 h
Capitán Furilo ás 19.30 h
Maryland (NSAIO) ás 20.15 h

SÁBADO 6/12/08
FainoTi ás 16.00 h
Roberto Sobrado ás 16.30 h
Marcos Teira ás 17.15 h
Quempallou ás 18.00 h
Bonovo ás 18.45 h
Aló Irmão ás 19.30 h
Mutenrohi ás 20.15 h

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Mostra de Patrimonio Cultura Inmaterial Galego Portugués. Ourense do 8 ao 11 de novembro
http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/nova.php?id=819&lg=gal
(texto engadido o día 30/ / 10/ / 08 )


A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués celebrarase do 8 ao 11 de novembro en Ourense coa intención de dar a coñecer as manifestacións da nosa cultura tradicional. Na praza Maior da cidade reviviranse usos, representacións, técnicas e coñecementos tradicionais que conforman o noso patrimonio.

A mostra insírese dentro do proxecto Ronsel, nacido da colaboración das consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e as tres universidades galegas. Amosará a diversidade patrimonial da nosa comunidade, ofrecendo a todos os que se acheguen representacións da súa riqueza. Esta mostra é "unha exposición viva das nosas manifestacións culturais, onde a xente poderá participar nos distintos obradoiros de xeito activo", sinalou Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais de Universidade de Vigo. Area foi o encargado de presentar o programa de actividades dos catro días, no que se mesturan obradoiros tradicionais e de artesanía, actuacións de música e baile, conferencias e proxeccións audiovisuais.

Catro estacións

A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués ten como fío condutor o Ciclo do ano, denominación baixo a que se reúnen as actividades que os galegos facemos de xeito cíclico cada estación do ano. Por iso, cada día adicarase a unha estación, de xeito que o certame comezará o sábado 8 coa primavera, o domingo será o verán, o luns tocaralle ao outono, e a mostra rematará coa chegada do inverno o martes 11.

Ademais cada estación do ano contará cunha cabana permanente onde se poderán visitar diferentes exposicións. Nenos e maiores poderán participar de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.30, durante os catro días, en obradoiros como olería, fabricación de corozas, forxa, tornaría, fabricación de xoguetes e instrumentos musicais, ou destilación de augardente, entre outros.

A mostra conta tamén cunha Cabana das Palabras onde terán lugar diversos relatorios e proxección audiovisuais, ademais das I Xornadas de Hortofruticultura Ecolóxica. O remate final a este certame, o martes 11, virá acompañado de castañas, chourizos e viño novo, no magosto popular que se organizará ás 17:00 nos Xardíns Bispo Cesáreo.

Música tradicional

Aínda que todos os días haberá actuacións musicais e de baile tradicional protagonizadas por agrupacións da área Galicia-Norte de Portugal, a música darase cita de xeito especial as noites do sábado e do luns, xa que a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), que tamén colabora na organización da mostra, celebrará eses días o seu Festival de Música Tradicional. As Tanxedoras do Pandeiro, Joaquim Pereira "O Carriço", a Requinta de Xián, Pai da Cana ou Tanto nos ten, son algunhas das agrupacións que pasarán polo escenario. Durante as actuacións e para afastar o frío, poderase desgustarse gratuitamente queimada feita coas augardentes destiladas polo poteiro da mostra.

Proxecto Ronsel

Grazas á colaboración entre as tres universidades galegas, coordinadas pola Universidade de Vigo, xunto co patrocinio das Consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), xurdiu o Proxecto RONSEL; que naceu pola imperiosa necesidade de salvagardar o patrimonio cultural inmaterial de Galicia. O proxecto, no que se insire esta mostra, pretende facer unha investigación e documentación minuciosa de todo o patrimonio galego, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión.

Programa da mostra

Web do Proxecto Ronsel

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novo disco de Pai da Cana
www.paidacana.com
(texto engadido o día 18/ / 4/ / 08 )

O Grupo de Música Tradicional Pai da Cana recupera un concepto de conxunto autenticamente tradicional case desaparecido no noso país: a charanga, tamén chamada murga, “conjunto típico” ou “regional”, que consiste nunha formación na que a gaita e o acordeón se funden cos instrumentos propios das bandas de música como o clarinete, o saxofón, a caixa e o bombo con pratos.

O repertorio de Pai da Cana está formado por pezas das charangas galegas que existiron no noso país e mais en América dende finais do século XIX, ritmos importados coma o vals, a mazurca, a polca, a ranchera, o tango ou a rumba, que na altura se relacionaban co progreso e a modernidade, e outras pezas tradicionais arranxadas dentro desta estética musical de entreséculos. Pai da Cana coida con todo detalle que o seu vestiario sexa coherente co tipo de formación que representa, polo que emprega a indumentaria da Belle Époque.

A música de Pai da Cana aparece en varios traballos discográficos: Ruta Folc: Terra Galega (Disco Trompo, 1998), I Memorial Manuel Texo (A. C. Ullán, 1999), III Memorial Manuel Texo (A. C. Ullán, 2001) e Os Sons da Ulla (Phonos, 2001).

Pai da Cana recolle no seu novo disco, paidacana12 (Edicións do Cumio, 2007), os 12 anos de traxectoria do conxunto amosando as distintas formacións musicais que foi adoitando, así como unha parte do seu repertorio a través do que se pode percibir a súa evolución musical, en definitiva, o que foron e o que son, sen máis pretensión que achegar un gran de area, unha pequena e humilde contribución á música do noso país.

Este traballo foi posible grazas á colaboración dos Concellos de Poio e Pontevedra.


Pai da Cana son:

María Vidal (gaita), Miguel Dopazo (clarinete), Diego Rodríguez (saxo alto), Iria García (acordeón), Oscar Pazos (caixa) e Carlos Mouriño (bombo con pratos)

Dirección e arranxos: Oscar Ibáñez


Contratación:

+34 626 825 442
contacto@paidacana.com, paidacana@hotmail.com / www.paidacana.com


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* A gran cita da industria cultural

* A banda sonora do Culturgal

* AGG SÚMASE Á MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL CULTURAL DE OURENSE, DO 8 AO 11 DE NOVEMBRO



Pai Da Cana



Web oficial

en Myspace







buscar mais información
sobre Pai Da Cana en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Pai Da Cana en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]