Ghastas Pista?

Pablo Seoane
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Pablo Seoane':


XXXV Curso de Cultura Tradicional ‘Cántigas e Frores’ en Lugo

(texto engadido o día 28/ / 3/ / 17 )


Aberto o prazo de inscrición para o XXXV Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’.

Este celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril en Lugo. Este ano contaremos con Miguel Sotelo para a especialidade de baile tradicional, Julia Feijoo para percusión tradicional, Pablo Seoane para gaita galega e Javier Feijoo 'Xisco' para canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 30€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade. @s que xa teñades feita a reserva sò é necesario enviar o xustificante de pagamento!!

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507

Noticia enviada por foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaría de Santa Margarida (A Coruña)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 16 )


Concertos, obradoiros infantís de construción de instrumentos, mesas redondas e faladoiros entorno á música tradicional.

O sábado 27 de agosto
a xornada desenvolverase desde as 10.00 horas ata as 19.00 horas da tarde en distintas localizacións temáticas, cada unha especializada nun ámbito do folclore, antes de trasladarse ao parque de Santa Margarita. Así, a praza de Vigo recollerá toda a actividade realicionada co baile, con obradoiros de Luis Prego, Montse Rivera, Xabier Iglesias e Manolo Cobas, con actuacións de Cántigas da Terra, Donaire e Sond'aqui, ademais dunha foliadiña Ardelloeixo. Pola súa banda, na praza de Galicia centraranse os faladoiros, nos que participarán representantes de distintas agrupacións e Xurxo Souto impartirá un obradoiro de regueifas. A praza de Lugo transformarase na Praza Miúda, cunha programación especial para nenas e nenos, na que se realizarán distintas actividades así como obradoiros de construción de instrumentos como a pandeireta, turutú, castañolas ou chimpau. Finalmente, os Xardíns de Méndez Núñez serán o epicentro da música, con actuacións e obradoiros impartidos por Olga Kirk, Pablo Seoane, Fransy Gonález e Xosé Lois Romero. Ademais, durante toda a mañá, desde as 10.00 ata as 14.00 horas, Os Viqueiras de Ordes realizarán pasarrúas entre as prazas. Xa pola noite, desde as 20.00 horas ata as 02.00 horas, sucederanse os concertos de Pesdelán (20.00 horas), Tiruleque (21.30 horas), Xosé Lois Romero & Aliboria (23.00 horas) e Os d'abaixo (00.30 horas).

O domingo 28 a Romaría manterá "a estrutura acorde como se viña desenvolvendo nos últimos anos", segundo indicou o concelleiro de Culturas, con obradoiros, pasarrúas, actividades infantís, fogos artificiais "e outras sorpresas" no parque de Santa Margarita, e a verbena "será substituída por música tradicional". En canto á celebración nocturna, desde as 20.00 horas haberá concertos de Xacarandaina, así como do músico de Mali Vieux Farka Touré e Treixadura.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival do Rí­o Belelle - 24 de Agosto no Roxal (Neda - A Coruña)

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 13 )



- Rí­o Belelle- Caxade- Pablo Seoane Group- Tardepiache- Festicultores Troup -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Certame Folk en Compostela

(texto engadido o día 27/ / 8/ / 12 )



- Kerkennai- Pablo Seoane Grupo- Saltanocribo- Carapaus -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pablo Seoane Grupo - Concertos en Agosto

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )



- Pablo Seoane Grupo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presenza galega no 42 Festival Interceltique de Lorient.
http://www.festival-interceltique.com/
(texto engadido o día 4/ / 8/ / 12 )


4 de Agosto:
Banda de Gaitas Dambarra e Kerkennai

8 de Agosto:
As Beiras do Ulla e Quempallou

9 de Agosto:
Xose Manuel Budiño


Ademáis Turgalicia instalará un espazo de 200 metros cadrados no que actuarán grupos galegos de música folk (Pablo Seoane Grupo, Suso Oscariz -candidato ao Trofeo MacCrimmmon - e Vaamonde, Lamas & Romero.
O pasado ano, o recinto galego instalado neste evento foi visitado por máis de 23.000 persoas.


- Lorient -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIII FESTIVAL IRMANDIÑO. Moeche 17 e 18 de agosto de 2012
http://festivalirmandino.wordpress.com/programacion/
(texto engadido o día 3/ / 8/ / 12 )


Venres 17 de agosto
Representación da obra “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” a cargo da compañía “Carrachanacacha” no interior do Castelo de Moeche (hora prevista de comenzo ás 20:30 horas)
Repichoca popular no campo do Melle


Sábado 18 de agosto
Exposición da obra do artista ferrolán Braxe no museo do Castelo de Moeche
Durante todo o día exposicións de artesanía no castelo e arredores
Xogos populares (tiro de corda, carreiras de sacos e zancos, tronzadura,…)e actividades para os nenos durante a tarde
A partir das 22:00 horas concertos a cargo de:

-No Cómbaro
-Berros do Castro
-Fred Morrison&Matheu Watson (Escocia)
-Pablo Seoane Grupo
-Alén de Ancos


Á medianoite lectura do pregón a cargo do actor e presentador Xosé Barato e Asalto ó Castelo para rememorar as Revoltas Irmandiñas

- Festival Irmandiño- No Cómbaro- Berros do Castro- Pablo Seoane- Alén de Ancos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pablo Seoane Grupo nas VIII Xornadas de Cultura Mariñeira (Muros)

(texto engadido o día 5/ / 7/ / 12 )


O próximo venres día 6 de Xullo, as 23:00h no Curro da Praza de Muros. Dentro da programación cultural das VIII Xornadas de Cultura Mariñeira "Muros mira o mar"
- Pablo Seoane Grupo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Encontros de Filosofía da Costa da Morte
http://www.pensaravoces.com
(texto engadido o día 8/ / 9/ / 11 )


(texto: culturagalega.org)

Non son as letras as que dan acubillo ao sentido filosófico que ten a música, senón máis ben os ritmos, os sons ou os silenzos. E precisamente iso, a parte máis esquecida da música, é o que pretenden comentar, falar e mesmo gozar, os asistentes e participantes dos III Encontros de Filosofía da Costa da Morte. Un programa feito para fuxir da aridez, do academicismo e a música que entre por todos os sentidos. E todo isto ao ritmo da Orquestra Fortuíta, formación creada exclusivamente para esta actividade.

Son varias as pecularidades que converten os III Encontros de Filosofía da Costa da Morte nunhas xornadas diferentes do resto. Primeiro porque como o seu propio director recoñece “Non é fácil organizar un congreso na fin do mundo, nun recuncho pequeno”; segundo, porque con 3.000 euros hai case un exercicio de malabarismo ao confeccionar un programa con actividades durante catro fins de semana (máis aínda se entre os asistentes confirmados hai expertos da talla de Ramón Andrés, Montserrat Marino, ou Ignacio Castro). “Todos veñen de balde, porque lles interesa o tema ou porque son coñecidos” afirma Turnes, que xunto con Pablo Seoane son os coordinadores deste encontro.

A música como terapia
Son catro as fins de semana que conforman o programa destes encontros, que se corresponden con outras tantas orientacións para ver o tema da música. Para a primeira fin de semana, o programa pretenderá achegarse ao poder terapéutico da música. “¿A música cura? ¿Cómo axuda na configuración da personalidade? Son algunhas das cuestión que poñeremos enriba da mesa. Para este tema está Montserrat Merino que traballa na Casa Baubo, un proxecto musical que aborda iniciativas como a musicoterapia en Ourense. Ese mesmo día tamén estarán Ana Justo e Francisco Facal.

Como peche da primeira fin de semana haberá un oco destacado para a música, a que proporciona a Real Orquestra Fortuíta da Costa da Morte (ROFCOM). “É unha orquestra creada expresamente para este congreso, con obras compostas exprofeso e que amosan a dimensión máis festiva do programa” explica Javier. Este proxecto musical está composto por Pablo Seoane (bedel, piano), Alejandro Vargas (máquina de escribir, piano), Lar Legido (batería, percusión), José Manuel Díaz (contrabaixo), Ton Risco (vibráfono, percusión), Olivier Cano (frauta traveseira, saxo alto), Manuel Paino (trompeta), Óscar Prieto (tuba), Lúa Gándara (voz) e Rafa Poncela (voz). Tocarán na Terraza do Hórreo onde na vontade dos coordinadores destes encontros é que a xente que asiste (como público ou como relator) tamén achegue o gran de area nas Jam Sessions.

A música como ciencia, arte e parte da realidade
A presenza de Luís Miguel Martínez Otero, neurocientífico que ten estudado as relacións nerviosas do cerebro cando teñen lugar recepcións estéticas, na segunda fin de semana de setembro, evidencia a conexión da música desde o punto de vista científico. “Pretendemos falar de cousas como que é o que lle pasa ao cerebro cando escoita música, que ocorre, cales son as sinapses que se establecen?”. De aí, os encontros dan unha nova volta par falar do que ten que ver da música como arte e da súa relación con outras disciplinas como o a escrita, o graffiti, os debuxos. Joaquín Riera e Anxo Rabuñal son os relatores desta segunda xornada.
E como peche, alá para a última fin de semana de setembro, os coordinadores teñen previsto prato forte: o poeta e ensaísta Ramón Andrés. “Nesta última sesión queremos abordar que é nos di a música da realidade, da relación da música co silencio, en resumidas contas, que hai de musical na realidade”.

E para quen non poida asistir, entre as propostas dos coordinadores está facer un rexistro audiovisual. “Imos gravalo todo, as conferencias, os concertos… con dous obxectivos, asegura Javier, dunha banda facer unha especie de síntese do que se falou a semana pasada e, pola outra, publicar un libro disco que compile o que deu de si estes terceiros encontros”. A súa intención é que a publicación estea lista para final de ano, co que se poñerá fin a uns encontros que foxen do academicismo buscando a parte máis creativa e formativa destas xornadas.


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presenza galega no 41 Festival Interceltique de Lorient
http://www.festival-interceltique.com/
(texto engadido o día 3/ / 8/ / 11 )


O Fiadeiro, a Banda de Gaitas Estivada e a Banda de musica de Calo participarán os días 7, 9, 10 e 11 de Agosto nas Noites Celtas celebradas no Estadio Moustoir, compartindo escenario con bandas de gaitas e outros grupos dos paises celtas. E participarán tamén en mostras de danzas e músicas.

Carlos Núñez actuara o xoves 11 no Escenario Principal, como convidado dos Chieftains. E a súa película documental, "Brasil Somos nós", será proxectada ao día seguinte, 12 de Agosto.

Tamén no Escenario Prncipal actuarán Luz Casal (Martes 9) e Ialma (Mércores 10)

Pablo Seoane impartirá nun Máster Class de Gaita o Martes 9 no Pazo de Congresos, tendo unha actuación o día anterior, nas tardes folk do mesmo.

Tamén nas "tardes folk" do Pazo de Congresos participarán, o xoves 11, Tiruleque , que tamén actuarán na noite do día seguinte, 12, no Quai de la Bretagne, xunto a Skolvan, e Landat Moisson Quartet.

Ademáis Turgalicia terá novamente un posto no que participarán Ophiusa(do 5 ao 9 de Agosto), e Cantata Vernácula (do 10 ao 14 de Agosto). E Suso Oscariz, Finalista do Trofeo McCrimmon da pasada edición do Festival, que contara con Stand propio.
- Carlos Núñez- Pablo Seoane- Tiruleque- Ophiusa- Cantata Vernácula- Lorient -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I DíA DA FOLIADA en Calo
http://www.srcalo.org/?q=node/293
(texto engadido o día 30/ / 7/ / 11 )


Este 30 de Xullo a partires das 12:00 da mañá terá lugar no campo da festa de Calo (ao lado do campo de fútbol) o I DÍA DA FOLIADA.

Estades todos convidados a desfrutar dos xogos populares, a degustar un bo polbo, a dar un paseo pola artesanía galega, a escoitar bos concertos.. e sobre todo, a facer unha GRAN FOLIADA durante todo o día.

TRAEDE INSTRUMENTOS E A COMER, BEBER, CANTAR, BAILAR, TOCAR...

Haberá aparcadoiro e zona de acampada DE BALDE.
- Pradairo- Xabier Díaz- Pablo Seoane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación de Maio na Casa das Crechas
http://www.casadascrechas.com/central/080409joomla/index.php?option=com_content&view=article&id=208:programacion-maio-11&catid=37:concertos&Itemid=57
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 11 )



- Casa das Crechas- Xacobe Martínez Antelo- Ophiusa- Sumrra- Pablo Seoane- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI FESTIVAL DE PARDIÑAS
http://www.xermolos.org/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1
(texto engadido o día 28/ / 7/ / 10 )


SABADO 7 DE AGOSTO

BELLÓN MACEIRAS QUINTETO (GALIZA)
22:00h

ÄL JAWALA (ALEMANIA)
23:30h

CANTECA DE MACAO (MADRID)
01:00h

GALEGOZ (GALIZA)
03:00h


DOMINGO 8 DE AGOSTO


CÉ ORQUESTRA PANTASMA (GALIZA)
12:00h é as 170:30h

PELEPAU (GALIZA)
13:30 é as 20:00

PABLO SEOANE (GALIZA)
20:30h

XOSÉ MANUEL BUDIÑO (GALIZA)
22:00h

ALALÉ (IRLANDA)
00:00h

GÜINTERVAN (GALIZA)
01:30h




XVII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL


Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a "XVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público. Este ano a mostra conta coa presenza de 22 artesáns que nos amosarán o seu bo facer, e séguese apostando pola música e polo baile tradicional a través de actuacións en directo, obradoiros e a sempre estimada participación do público presente.



Para levar a cabo esta actividade, este ano contamos coa axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Maderas Barber, Comercial Pazos e Seivane-Goretex. Unha colaboración que resulta imprescindible para que a AGG continúe na súa loita de divulgación e dignificación da cultura tradicional.



Durante as xornadas do 7 e 8 de Agosto, e no marco incomparable do Festival de Pardiñas, a XVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional contará cun programa repleto de actividades.



O Sábado contaremos cun pregoeiro de luxo, Nando Casal, un dos membros fundadores do grupo Milladoiro. Posteriormente terá lugar unha demostración e construcción de gaitas con torno de varas, a cargo do artesán Nebra.Para rematar as actividades do sábado, contaremos coa actuación de Os Minhotos, grupo chairego composto por cinco músicos, que naceu como cuarteto, alá polo ano 96 e que pouco a pouco foi incorporando outros instrumentos da nosa música como o acordeón, a requinta ou a zanfona.



Durante a xornada do Domingo haberá actividades dende a mañá co Concerto Os instrumentos femininos, a cargo de Pablo Carpintero, Rosa Sánchez, Mª del Carmen Picallos e Xaneco. Xa pola tarde contaremos cunha demostración práctica de instrumentos de corda e percusión a cargo do grupo Diluvea, que está formado por Diego Langarika, Luis Martínez e Beatriz Martínez. O Obradoiro de Baile Tradicional, correrá a cargo de Gustavo Couto, mestre desta disciplina e coautor do libro Bailaben, e máis tarde Pablo Carpintero e Rosa Sánchez serán de novo os encargados de ofrecernos un concerto de repertorio antigo de Pontevedra, que rematará cun obradoiro de Treboada a cargo de Oli Xiraldez.

 

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario disponible, durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.



Van participar estes artesáns:



Lois Mouriño / Obradoiro de instrumentos tradicionais / Compostela

Oli Xiraldez / Gaitas e requintas / Balaide –Teo

Nebra / Gaitas e zanfonas / Porto do Son

Xosé Tuñas / Percusión / Ames

Luis Martínez / Instrumentos de corda / Soutomaior

Pablo Carpintero / Gaitas Requintas e percusións / Santiago

Diego Piñeiro / Gaitas / Palma de Mallorca

Xaneco / Obradoiro de instrumentos musicais galegos / Outeiro de Rei

Diego Langarika / Percusión / Vigo

Che Vázquez / Trompas e instrumentos tradicionais / Brión- A Luaña

Paporrubio instrumentos musicais / Gaitas e frautas / Sarria

Xermán Arias / Luthería e zanfonas / Sarria Afonso Castro / Gaitas / O Rosal

Foliqueiras / Percusión Tradicional / Vigo

Carlos Fandiño / Gaitas / Teixeiro

Cristobal Prieto / Gaitas e frautas / O Hío – Cangas

O Chilro / Percusión e gaitas / Cambados

Roi / Gaitas e requintas / Vigo

Rebollo instruments / Instrumentos de Corda / Beluso

Xaime Rivas / Zanfonas / Vigo

Morenita / Percusión / Laza – Ourense

Roi / Instrumentos de Corda / Pontevedra





Programa:

 

  Sabado día 7 barra_sec_cat





17.00h – Apertura da Mostra

17.30h – Pregón a cargo de Nando Casal

18.00h – Demostración de construción de gaitas con torno de varas – Nebra

19.00h – Actuación de Os Minhotos

20.00 a 21.30 h – Escenario libre para músicos espontáneos



  Domingo día 8 barra_sec_cat





11.30h – Apertura da Mostra

12.00h - Concerto “Os instrumentos femininos” - Pablo Carpintero, Rosa Sánchez, Mª del Carmen Picallos, Xaneco

16.00h - Demostración de construción de gaitas con torno de varas – Nebra

17.00h – Demostración práctica de instrumentos de corda e percusión – Diluvea: Diego Langarika,Luis Martínez, Beatriz Martinez

18.00h – Obradoiro de Baile tradicional - Gustavo Couto.

19.00h – Concerto de repertorio antigo de Pontevedra – Pablo Carpintero ,Rosa Sánchez

20.00h - Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez

20.30 a 21.30h - Escenario libre para músicos espontáneos 


Tamen O Domingo dia 8  As 13,30


 Na Mostra de Instrumentos de Música Tradicional PRESENTACIÓN DO CD “OS IRMANDIÑOS. UNHA VEZ FOI O TREBÓN”, Poemas de Manuel María, interpretados por A Quenlla.
 

Xa está á venda en Cd, cos textos musicados e unha melodía instrumental que serve de soporte aos textos dialogados na obra.

O Festival de Pardiñas, vai medrando coma un manancial de iniciativas e novidades culturais, grazas á concentración de vibracións de creatividade, e á fidelidade ó pobo, daquelas e daqueles que nos achegamos aquí para compartir os nosos debezos de beleza.
Hai anos, nesta fervenza emocional que é Pardiñas, Manuel María, comunicoulle a Mero, do grupo A Quenlla, a súa ilusión de que fose este grupo o que musicase os seus poemas de “Os Irmandiños”, e poder dalos á luz…
Non caeu en saco furado, e Mero e Mini, acolleron este compromiso. E velaquí, que neste festival 2010, van presentar a edición musical desta obra de teatro de Manuel María. Vai ser unha hora máxica, para a historia do noso pobo. O poeta da Terra Chá gustaba de promover poéticamente persoaxes e acontecementos da nosa historia, ata convertelos en sinais senlleiras para axudar a facer pobo ás novas xeracións, nesta liña esta obra ideada para representar, mostranos agora este acontecemento das revoltas irmandiñas.
A primeira guerra irmandiña foi no 1431 nas terras dos Andrade, Pontedeume e Vilalba…, ata chegar á Irmandade de toda Galiza, contra os abusos dos señores, provocando a caída de 150 torres e castelos.

A Quenlla puxo música e interpreta, nunha peza única, esta obra. É unha mostra máis da calidade da súa poesía cantada. Da que xa levan producido moitos froitos, facendo un servizo fundamental á nosa cultura. A Quenlla agasalla este traballo marabilloso á Irmandade Manuel María, que se compromete a difundilo en todos os eidos da vida e actividade do país. A honra é moita por ser obra de Manuel María, e por estar interpretada polo grupo A Quenlla, as mellores voces, as máis fieis á escrita… Grazas tamén a Saleta, a dona de Manuel María, por permitirnos esta publicación. Acreditamos que Pardiñas é un mar en calma, no que cada vaga de creación, provoca e suxire outra aínda máis intensa.
Si un día Manuel María, decidiu pór música a “Os Irmandiños”, neste ambiente, na XXXI edición, presentamos a versión, e dámola a coñecer, tamén cando facemos memoria dun dos intérpretes, César Morais, e o cartel do Festival é obra de Rita Galeotte, tamén autora do deseño da carpeta de presentación desta achega que ven a engrandecer aínda máis a obra de Manuel María e de A Quenlla.

Presentacion do CD “OS IRMANDIÑOS”, no esceario da Mostra de Instrumentos, coa participación de: Marica Campo Miro Casabella Xosé Estévez Xosé Neira Vilas David Otero E unha interpretación do grupo A Quenlla.
- Pardiñas- -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas, 2009 en Couso - A Estrada

(texto engadido o día 11/ / 8/ / 09 )


VENRES 14 DE AGOSTO no Campo da Festa de Couso - A Estrada.

Comenzamos pola noitiña . 21:00h.
Serán .
DE TORDOIA A TOUTÓN
TREBOEIROS DA MUIMENTA

para continuar
PABLO SEOANE
ARDENTÍA
TIRULEQUE
MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO

para rematar FOLIADA ABERTA ata que sexa de día.



Tamén anunciar que o día 15 e día 16 de agosto continuamos de PARRANDA e estamos todos convidados as Festas Patronais da Parroquia.

FESTAS DA NOSA SEÑORA E O SANTISIMO.COUSO 2009

Dia 15: NOSA SEÑORA
Sesión Vermut: 14:30 h
- C.C. A Ponte Vella
Noite: 22 30 h.
- MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO
- MARFUL SEXTETO
- TURRES BAND

Dia 16: SANTISIMO
Sesión Vermut: 14:30 h.
-Tamparrantán
A Partir das 22:30 h.
-Concerto da Banda Municipal de A Estrada
-Os Alegres da Buraca
-As Pandereteiras de Toutón
-Sesión de Baile ca Banda Municipal de A Estrada


- Nosas Músicas- Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán da Nasa - Marzo

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 09 )


Hola amig@s:

O vindeiro xoves 5 de marzo ás 21:30 temos a seguinte edición dos "Seráns da Nasa",para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galiza que teñades gañas e necesidade de botar unhas bailas, e tamén para todos aqueles que non sabedes bailar e queredes disfrutar da música,coñecer que é iso dos seráns e animarvos a botarlle un puntiño...

Os grupos que van poñer a música son:
HABELAS HAILAS Santiago
GAITEIROS DE FORTÍN DA POMBA de Bandeira
BRINCADEIRA de Santiago
PABLO SEOANE_GRUPO

O baile polo ti.


Patrocinado polo Concello de Santiago de Compostela, Concellaría de Cultura



Grazas por difundir esta información, agardámosvos


Noticia enviada por Montse

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Música Na Noite en Calo (Teo)

(texto engadido o día 26/ / 8/ / 08 )



O XACOBEO, A CONSELLERÍA DE CULTURA, CAIXA GALICIA, A DIPUTACIÓN E O CONCELLO IMPULSAN O FESTIVAL MÚSICA NA NOITE


• O festival terá unha moeda propia, as Lúas, cunha equivalencia de unha Lúa por un euro

• O lugar para a acampada e para o aparcadoiro están ó carón do campo


26 de agosto de 2008. O festival Música na noite conta na súa segunda etapa con importante apoio institucional. A diferenza da primeira etapa, na que a organización era só privada, nesta segunda etapa diferentes institucións sumáronse a estes concertos organizados no campo de San Domingo, en Solláns.

Concretamente o Xacobeo, a Consellería de Cultura, Caixa Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Teo impulsan o festival no ano 2008, o ano da súa recuperación.

Música na noite está organizado pola asociación Lúa Chea, de Solláns, en colaboración co Concello de Teo. Os concertos celebraranse na parroquia de Calo este venres 29 e sábado 30 de agosto. Na primeira xornada será o momento de ver o traballo das asociacións de música e baile tradicional do Concello. O sábado subiranse ao escenario Pablo Seoane Group, A Quenlla, Berrogüeto e Zënzar. A entrada aos concertos é gratuíta.

Este ano o festival terá unha moeda propia, que se chaman as Lúas. A equivalencia desta moeda propia é dun euro por unha Lúa. Os asistentes terán que cambiar as moedas de curso legal polas Lúas para poder facer intercambios económicos no entorno do festival como a compra de comida ou bebida. O aparcadoiro, á chegada ao recinto, poderase pagar con euros, xa que sería un inconvinte para o público ter que pagar con Lúas. Como anécdota as Lúas son billetes nos que aparecen lugares destacados do Concello de Teo.

Dende a organización lémbrase que haberá zona de acampada e de aparcadoiro ó carón do espazo no que se desenvolven os concertos. No entorno do festival haberá cantinas nos que se poderá mercar bebida, churrasco, bolos preñados ou callos. Tamén se están vendendo xa camisetas co deseño do cartaz que anuncia os concertos.

Música na noite foi unha iniciativa dun grupo de mozos e mozas de Solláns, da parroquia de Calo, que naceu no ano 1987. A través da asociación Lúa Chea organizáronse dez edicións deste evento con gran éxito. O festival volve ao panorama musical coa intención de pór en valor a música de raíz galega e confrontala con outras músicas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



GALA "EL CORREO GALLEGO
http://musicasdaulla.blogspot.com/2008/05/gala-de-el-correo-gallego.html
(texto engadido o día 14/ / 5/ / 08 )
O sábado 17 de Maio sobre as 22.15 actuarán en Santiago de Compostela, na Sala Capitol, dentro dunha gala de “El Correo Gallego”, PABLO SEOANE, MARFUL E OPHIUSA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CULTURA CRECHA: JAZZ NAS CRECHAS
http://culturacrecha.blogspot.com/2006/05/jazz-nas-crechas.html
Héctor Lorenzo (voz) e Pablo Seoane (piano) fan jazz.
O seu repertorio está formado por standards ecomposicións propias, pasando por sambas ou boleros.Pero os temas sempre son tratados como base para aimprovisación; para, en definitiva, facer jazz.

Estarán o xoves 11 de maio ás 22:30 na CASA DAS CRECHAS


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::








Pablo Seoane



Web oficial


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Pablo Seoane:
Fluindo en pechado





buscar mais información
sobre Pablo Seoane en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Pablo Seoane en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]