Resultados para:

Os Melidaos
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Os Melidaos':


Festa Sementeira e Música en Corzáns (Salvaterra de Miño)

(texto engadido o día 10/ / 5/ / 19 )


A Asociación Quinta do Piñeiro é organizadora da ‘ Festa Sementeira e Música’ que alcanza este ano a 13ª edición e que nesta ocasión ha de celebrarse os días 11 e 12 de maio na área recreativa do Muiño dá Ponche, na parroquia de Corzáns, no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Dous días nos que a artesanía, a diversión e a tradición estarán presentes.

A festa comezará o sábado pola mañá, cunha concentración de tractores clásicos que a continuación realizarán un roteiro polos principais enclaves turísticos do municipio.

Pola tarde-noite, a música de grupos como Xosé Lois Romero e Aliboria, Festicultores Troupé e Sons da Raia amenizarán esta primeira xornada da Sementeira e Música 2019.


O domingo os traballos do campo e unha labrada con bois darán paso á lectura do pregón a cargo do coñecido deportista Fernando Romay.

Para recuperar forzas, os asistentes poderán gozar dunha comida campestre onde a ‘Carne ao Caldeiro’, a empanada, o churrasco ou o polbo farán as delicias dos estómagos máis esixentes.

Pola tarde, as archiconocidas ‘ Olimpíadas agrícolas’ poñerán a nota de humor á celebración, cos seus tradicionais xogos do “cambio de marcos” ou lanzamento de alpacas. Sen esquecerse dos máis pequenos da casa, para os que tamén haberá actividades como talleres, xogos tradicionais ou obras de teatro a cargo de Barafunda Animación.

Ademais contarase coa actuación de Os Melidaos, que xunto a grupos como o quinteto Ronco&Fol e As Lucernas porán a nota musical, a un evento que cada ano alcanza maiores cotas de asistencia.

Dous días onde se volverá atrás no tempo, situándonos nas primeiras décadas do século XX. Para iso, desde a organización anímase a vir vestidos con traxes de época achegando cor e vistosidade; tamén se poderá participar na elección da mellor caracterización.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Coral De Ruada celebra o seu Centenario en Ourense

(texto engadido o día 9/ / 4/ / 19 )


O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no despacho de billetes.

O concerto, organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura e a Coral de Ruada, contará coa participación de agrupacións de música tradicional tan senlleiras como Rebulir, Gomez Mouro, Os Melidaos, Treixadura e Luar na Lubre, que quixeron sumarse a esta celebración, na que colaboran tamén a Deputación de Ourense, o Consello da Cultura Galega, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Obra Social “la Caixa”, Anpian, Cabú, Bodegas Arnoya e Estrella Galicia.

(Entrada libre, a recoller no auditorio dende o día 9 de abril)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe a Brisas da Cruña (A Coruña)
https://www.facebook.com/cantigasdaterra/photos/a.117182378345876/2084928264904601/?type=3&theater
(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


O vindeiro sábado 22 de setembro, Cántigas da Terra rinde homenaxe ao cuarteto brigantino, "Brisas da Cruña" a través do programa #CulturadeBarrio @concellodacoruna
Haberá as seguintes actividades e concerto-homenaxe-foliada libre.

- Ás 11.30h charla-concerto "Os toques pechados en Galicia", polo mestre Luis Bolón (Local de Ramón del Cueto, 31).

- Ás 17h encontrocos membros de Brisas (Local de Ramón del Cueto, 31).

- 20.30h Concerto-homenaxe no Campo de Marte, coa participación de:'
:: Os Enxebres de Cacheiras
:: Os Gaiteiriños
:: Cántigas da Terra
:: Os Melidaos

- Ás 23h Foliada libre no Campo de Marte.

Agardámosvos!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a de Santa Margarida (A Coruña)
https://www.facebook.com/foliadasdacoruna/photos/a.456502317866713/913385278845079/?type=3
(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018!

Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18.

* Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe.

* Obradoiros e actuacións nas prazas o sábado 25!

- PRAZA DE VIGO (BAILE):
Actuacións da A. C. Donaire e Af Aturuxo.
Obradoiros con Carminha Campo e Chus Caramés, Montse Rivera e Pablo Díaz! (non hai que inscribirse!)

- PRAZA DE GALICIA (MÚSICA):
Actuacións da A.C. Donaire e A.F. Aturuxo.
Obradoiros con Oli Xiráldez, Xulia Feixoo e Tanxugueiras.

- PRAZA DE LUGO (MIÚDA):
Obradoiro de brinquedos sonoros con Miudiño S Coop Galega, de mariquiñas con traxe tradicional e de danza de paus e fitas con Marta Otero e intervención de Dúbidadúo.

* Concertos no parque de Santa Margarida!
- Sábado: Dúbidadúo Trío Band, Os Melidaos, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Tanxugueiras.
- Domingo: Banda Municipal de A Coruña, A. C. Xacarandaina, Samarúas e SondeSeu Orquestra Folk + convidados.

Desfrutade da romaría, espallade para que chegue a todos os recunchos! :)

http://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/o-concello-pon-o-broche-a-unas-festas-de-maria-pita-marcadas-pola-innovacion-e-a-tradicion-coa/suceso/1453664509023

Concellería de Culturas da Coruña | Concello da Coruña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXVIII Festival de Pardiñas (Guitiriz)

(texto engadido o día 4/ / 8/ / 17 )


Venres 4 agosto

20.30: V Certame Cantos de Taberna



Sábado 5 agosto

17.00: XXVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

XXXVIII Mostra de Artesanía

Pregón Antón Corral


18:00h -> Fernando Meireles

19:00h XXXVIII Carreira Popular

21:00h -> Bloquinhos de Xermolos

22:15h -> Os Melidaos

23:35h -> Quique Escamilla

00:10h -> Kalakan & Luís Peixoto

01:45h -> Cúig

04:00h -> Skandalo Gz



Domingo 6 agosto

11:30h XXVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

XXXVIII Mostra de Artesanía


13:00h Vermú no campo con Vintenbaio

16:30h -> Kote Malabar

18:30h -> os Viqueiras de Ordes

19:00h Pregón con Fina Casalderrey

20:30h -> Abobriga

22:00h -> Davide Salvado e Banda

23:30h -> Ives Labert Trio

01:45h -> Sacha na Horta

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



D Í A - D A - T R O U L A en Sada

(texto engadido o día 19/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio ás 11:00h
Sada (a Coruña) Plaza Irmáns Suárez Picallo.


O Día da Troula nace en Sada como unha xornada vencellada ó folclore e a música popular, onde o noso entorno xoga un papel fundamental.
Non é casualidade que este evento rememore a aquel grupo de xente que nos anos 30 trataba de poñer valor as tradicións galegas na nosa vila. Neste día trataremos de divertirnos, pero trateremos tamén de dar luz a esas historias que pouco a pouco fumos esquecendo e forman parte da nosa identidade ...

?Comeza ás 11:00 h da mañá con "Cantos polos Bares", onde contamos cos seguintes grupos:
? Os do Fondo da Barra
? Os Folieiros
? Cantares dos pendellos
? Os Rebentos d'a Cruña
? Son d'aquí
? Alén do mar
? Viute o demo

?Ás 15:30 h xantaremos en homenaxe ós "Perilláns", de Iñás, coa presencia de Ramón Mosquera Domínguez

?Ás 19:00 h ó son das gaitas, abrirase a primeira parte da Foliada Popular

?Ás 21:00 h escoitaremos e desfrutaremos dun concerto, o concerto de "Os Melidaos"

?Ás 22:00 h para rematar o Día da Troula, continuaremos coa segunda parte da Foliada Popular


CONTAMOS CONVOSCO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Melidaos na Sala a Fundación (Melide)

(texto engadido o día 27/ / 10/ / 16 )


Venres 28 de outubro ás 23:00h


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Noite Folk San Xurxo De Vea (A Estrada)

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 16 )


Venres 02 de setembro
Campo da Festa de Quintáns - San Xurxo de Vea


Os Regatos (Callobre)
Cé Orquestra Pantasma (Vigo)
Nosoutros (A Estrada)
Os Melidaos (Melide)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festival Xironsa (Corvillón. Cambados)

(texto engadido o día 2/ / 8/ / 16 )


Venres 26 e sábado 27 de agosto
Praza da Seca, Corvillón - CAMBADOS

O Venres, II Serán Xironsa (abrirá o serán OBRADOIRO VOLANDEIRA)

O sábado:
- PEPE VAAMONDE GRUPO
- OS MODERNOS
- XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DA SALITRE
- DAKIDARRIA
- OS MELIDAOS
- PETER PUNK
- VENDAVALADA QUINTETO TRADICIONAL
- CIRCO CHOSCO
- AIRES DA COTRA
- EICHEDISIR
- Tamén actuarán diferentes grupos da propia Agrupación Xironsa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Melidaos e Os John Deeres en Olas (Mesía - A Coruña)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 16 )


Sábado 18 de xuño

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2º FESTIVAL LINGUA FOLK de TOQUES

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


14 de maio

Bingo Birón (Toques)
Froito Novo (Melide)
Vide Preto (Toques)
Alhóndiga (Melide)
O Balado (Toques)
Pozo Pequeno (Melide)
Brañas (Toques)
Bico da Balouta (Agolada)
Os Larpeiros de Altamira
Os Melidaos (Melide

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Melidaos en Burela

(texto engadido o día 8/ / 4/ / 16 )


Sábado 9 de abril ás 18h na Casa de Cultura.
Concerto-presentación de "Festa na Codeseira"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Música Tradicional RE-VISTA. Memorial Nazario Glez. "MOXENAS" (Vigo)

(texto engadido o día 26/ / 2/ / 16 )



Domingos de febreiro e marzo
No Auditorio do CVC de Valladares
-Entrada libre-


Domingo, 28 de febreiro
"OS CUNCHEIROS" & "CHOUROVÍA"

Domingo 21 de Febreiro
TRADISON & LUIS "O CARUNCHO"

Domingo 6 de marzo
XISTRA & PACO BARREIRO

Domingo 20 de marzo
OS MELIDAOS & QUEMPALLOU

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos en Mera (Oleiros)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=137408
(texto engadido o día 24/ / 7/ / 15 )


24 e 25 de xullo

Noite do 25: Os Melidaos, Tiruleque, As Cantareiras de Ardebullo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Foliada de Melide

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 15 )


VENRES 24 DE ABRIL

Casa da Cultura a partir das 22:00h
Os Melidaos
Tromentelos


SÁBADO 25 DE ABRIL

MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS
Abrirá as súas portas a partir das 11:00h da mañá e permanecerá instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana.

CANTOS DE TABERNA
Participarán dezaoito grupos e outros tantos locais de hostalería.

OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL
O obradoiro levarase a cabo a partir das 18:00h na Praza do Convento

MARCHA GAITEIRA
As sete da tarde. Un dos clásicos da Foliada. Un percorrido musical que enche as rúas de Melide de música. Participarán vinte agrupacións musicais que se repartirán por diferentes rúas e prazas.

SERÁN
O serán é o xermolo da Foliada. O nacemento desta aventura foi un serán, unha reunión de amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia. A partir do serán xurdiu todo o demáis.

CONCERTOS
Como remate do Serán, a partir das doce da noite actuarán Habelas Hainas e Sacha na Horta



DOMINGO 26 DE ABRIL

Nesta xornada as actividades da mañá desenvolveranse na súa maior parte na Praza do Convento onde a Mostra de artesanía e instrumentos será o principal atractivo.

ANIMACIÓN DE RÚA
Durante toda a fin de semana a animación polas rúas estará conducida por diferentes grupos musicais que acompañarán a xigantes e cabezudos.

MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
A exhibición de bailes tradicionais sempre tivo unha presencia destacada dentro da programación do domingo da Foliada. Nesta edición actuará a Escola de música e baile tradicional do Concello de Santa Comba.

CONCERTOS
Actuacións na Praza das Coles, a partir das 18:00h Najla Shami e xa como peche da programación ás 20:00h Os Diplomáticos de Montealto.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival 75 anos dos Gaiteiros Os Alegres (Pontevedra)

(texto engadido o día 14/ / 11/ / 14 )


Sábado 15 de novembro, con Maianas Pandereteiras da Maía, Leña Verde de Pol, Airiños de Gonzar, Os Minhotos, A Seneira Baiona, Os Melidaos, Pandetereitas Leitaregas e Xistra de Coruxo..

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVI Xuntanza de Gaiteiros - Homenaxe a Raúl Galego o Gaiteiro Nubeiro
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3270:xxvi-xuntanza-de-gaiteiros-homenaxe-a-raul-galego-o-gaiteiro-nubeiro&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 15/ / 10/ / 14 )


O sábado día 25 de outubro de 2014 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVI Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organiza tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitan a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.


Nesta XXVI Xuntanza homenaxearán a Raúl Galego o Gaiteiro Nubeiro

Na XXVI Xuntanza de Gaiteiros contarán coa participación de “Os Melidaos”, “Mini e Mero”, “A Gaita de Sarandón” (Requinteiros da Ulla) o grupo de cantareiras “Xerfa” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Xurxo Souto.

Gustaríanos contar coa túa presenza, o sábado día 25 de outubro as 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar nesta festa na defensa da nosa música, canto e baile, así como na merecida homenaxe a “Raúl Galego”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



13 NOITE DA LÚA MEIGA
www.noitedaluameiga.org
(texto engadido o día 15/ / 8/ / 14 )


Sábado 30 de Agosto

PROGRAMA:
- SUBIDA DE MEIGHACHIMPINS
- SESIÓN VERMU: A REQUINTA DA LAXEIRA
- XANTAR POPULAR
- XOGOS TRADICINAIS
- CODIA E MIOLO
- PETER PUNK
- CANTARES DE BRION
- A REQUINTA DA LAXEIRA
- FIANDOLA
- OS MELIDAOS
- TANTO NOS TEN

Noticia enviada por xcovelo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Folk en Trio (Touro)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3095:folk-en-trio-touro&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 14 )


O 15 de xuño.


Actuarán : Os Melidaos, Ses e Os Carunchos. Ademáis haberá cantos de taberna, feira de artesanía, xogos tradicionais, etc

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V XORNADA DE CULTURA POPULAR. San Sadurniño

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 13 )


V XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA
A voz na música popular

Sábado 28 de setembro
Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño

 

A exposición de fotografia antiga...

Ribadeume e Bermui: dúas parroquias vencelladas á música popular a través dunha banda

 

O obradoiro musical... 
Canto e percusións de man na música galega

O docente: Xavier Díaz
Presentación: ás 10.00 h.
Contidos: de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h.

Xabier Díaz impartirá un obradoiro no que abordará aspectos relacionados coas relacións escala-melodía no canto tradicional (modos). Contidos: métodos de estudo aplicado; repertorio tradicional; pandeiretas, adufes e pandeiras; estudo das diferentes técnicas tradicionais e novos recursos para o instrumento.

 

Os concertos...

Horario: a partir das 20.00 h. Abertos e gratuitos.

Xabier Díaz

Cantareiras Algarabia

Os Melidaos

 

 

Organiza

AFC Berros do Castro

 

Colabora

Concello de San Sadurniño
Deputación da Coruña
Consellería de Cultura e Turismo
A.VV. Painceiras
Xosé Tuñas. Taller de percusión tradicional
Cooperativa de Meirás






+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* Os Melidaos, Algarabía e Xabier Díaz, nas V Xornadas de Cultura Popular - Diario de Ferrol

* LÚA MEIGA, REIVINDICANDO O NOSO IDIOMA E A CULTURA TRADICIONAL NAS FESTAS DO PAIS

* Festival Noite da Lúa Meiga - O Viso - Redondela

buscar mais información
sobre Os Melidaos en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]