Ghastas Pista?

Os Cempés
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'Os Cempés':


Os Cempés en Ribadeo

(texto engadido o día 7/ / 7/ / 17 )


Obradoiro e Baile 100% con Os Cempés en Ribadeo Indiano 2017 o sábado 8 de Xullo.

18.00h. No Quiosco da Música desta vila. TALLER DE BAILE “100% Baile” a cargo do grupo de música Os Cempés.

23.00h. No ameno quiosco da Música. Recreación dunha VERBENA TRADICIONAL a cargo dos grupos de música Os Cempés e Son al Son.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festival Folk de Grixalba (Sobrado)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 17 )


Sábado 17 de xuño a partires das 23:30h cos grupos Os Cempés, Leirabuxo e A Roda

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Ferrol

(texto engadido o día 15/ / 4/ / 17 )


Sábado 15 de abril ás 12:00h
CCA Ferrol A Magdalena.
Rúa do Sol, 143-145.
Ferrol.


O sábado 15 a partir das 12:00H (xusto antes do vermú) Baile 100% con Os Cempés en Ferrol! Baile na Rúa Real con Lugo. Bailas?

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés. 25 de Marzo en Limodre (Fene)

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado 25 de marzo ás 19:30h
Camiño Grande S/N Limodre - Fene.


O sábado 25 de marzo de 2017 en Limodre - Fene, ven ao Baile 100% con Os Cempés a partires das 19:30 no Local da A.V.V. de Limodre.

A Asociación de Veciños de Limodre e Os Cempés convídanvos a gozar do Baile 100% e aprender de xeito sinxelo edivertido todos os pasos nun obradoiro guiado!

Lugar: Local da A.V.V. de Limodre - Camiño Grande S/N Fene.


Incrición Previa:
asocveclimodre@gmail.com - tel. 649 633 772

Obradoiro + Baile + Pinchos - 10€
Baile 100% con Os Cempés a partír das 22:00h - 5€

19:30H Obradoiro de Baile.
Pinchos para repoñer forzas.
22:00H Baile 100% con Os Cempés

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 16 )


Sábado 26 de novembro ás 19:30h
Centro SocioCultural de Rubiáns.


Baile 100% con Os Cempés no Centro SocioCultural de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa
Sábado 26 novembro de 2016
compárteo nas redes sociais, imprímeo, distribúeo, cóntallo aos teus amigos e amigas…
participa!!! non faltes!!!

HORARIO
19:30h Obradoiro de Baile
21h Descanso
22h Gran Baile 100% con Os Cempés

ENTRADA
Obradoiro + Baile 100% = 10€ socios e 15€ non socios
Só Baile 100% = 5€ socios e 8€ non socios

INSCRICIÓN PREVIA
Telefonos de contacto: 692646068
Correo: pesdebarro@hotmail.com ou por privado no facebook da Asociación Pesdebarro

No Baile 100% con Os Cempe?s a mu?sica ponse ao servizo do baile e o pu?blico convi?rtese en protagonista. O ma?is importante para nos e? que a xente participe, e para iso ofrecemos un Obradoiro de Baile previo guiado polo mestre de cerimonias Serxio Ce?s. O pu?blico podera? aprender todos os pasos de baile de xeito doado e divertido e pon?elos en pra?ctica na gran festa do Baile 100% con Os Cempe?s. Podera?n participar xentes de todas as idades, familias, parellas... En definitiva, calquer persoa disposta a pasalo ben. Opa í!
- Pesdebarro- Os Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVI Festival Folclólrico Andoradoira (O Burgo. Culleredo)

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 16 )


O sábado 3 de Setembro a Agrupación Folclórica Ancoradoira celebra o seu tradicional Festival Folclórico co novo espectáculo de Os Cempés (Baile 100% con Os Cempés). Durante todo o día poderase desfrutar coa participación das seguintes agrupacións: Agrupacion Cultural A Marola, Grupo Tradicional Dorna de Dorneda, A.C. O Amanexo, Casa De Andalucia En A Coruña, Grupo de Baile e Gaitas Santaia, Aires de Sigrás e a presentación de Kiko Novoa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zona da Zanfona. XII Encontro Internacional. Rianxo

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XII edición e estrea novo calendario (27 a 31 xullo) buscando os cálidos e longos días de verán para animar as rúas de Rianxo e ofrecer o punto de encontro e espazo de intercambio musical para as zanfonistas do país.


Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sobre o instrumento de toda Galicia.


Animación de rúa, concertos , baile, xuntanza das escolas galegas e cursos para iniciados e experimentados tocadores conforman un programa ambicioso e variado para todos os públicos. Referentes no instrumento en Galiza coma os consagrados Anxo Pintos e Óscar Fernández, verdadeiros pedagogos das novas xeracións de tocadores no país mais tamén os novos talentos de Obal (Iván Costa e Jaime Rebollo) ou a versión máis cantabile co dúo Sobre Rodas (Luís O Caruncho e Carlos do Viso) conforman unha visión rica e variada que amosa a boa saúde coa que este instrumento tan carismático goza na Galiza.


Logo de once anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval” e conviven a través do instrumento en diferentes estilos da nosa música popular. Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alunado e luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial para o instrumento.


Zona da Zanfona ten acubillado os máis sobresaíntes creadores da novas tendencias para o instrumento: Valentín Clastrier, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Tobie Miller , Adrià Grandia, Germán Díaz … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid, César Loureiro,…


Consolidado en Rianxo, ubicación de excepción para a cultura do país está a vangarda na programación musical para a zanfona, instrumento carismático que segue a sorprender e dando que falar logo de mil anos de Historia.




Zona da Zanfona. 12 Encontro Internacional. Rianxo. 27-30 xullo 2016


PROGRAMA


Mércores 27 xullo. Mercadiño Praza Castelao. 12 h



  • Dúo Sobre Rodas. Concerto ambulante.


Venres 29 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.30h



  • Os Cempés. Baile 100%


Sábado 30 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.30h



  • Anxo Pintos + Obal. Concerto e baile


Domingo 31 xullo. Praza Rafael Dieste. 12 h



  • Palco aberto. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza


*Todas as actividades son de balde


Cursos de zanfona. Auditorio de Rianxo


Óscar Fernández. Curso iniciación. 5 €. Venres 29. 16-20h


Anxo Pintos. Curso perfeccionamento. 30 €. Sábado 30. 10-14h e 16h – 19h


+ info e inscrición para cursos: info@folque.com / www.folque.com


Info para os cursos de zanfona:


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival Aturuxo (Bravos - Ourol)

(texto engadido o día 15/ / 7/ / 16 )


30 XULLO - BRAVOS, OUROL
==========================
ENTRADA E ACAMPADA DE BALDE


13.30H - Sesión Vermú
--------------------------------
SON D'AQUÍ

Ó LONGO DA TARDE
-----------------------------
Xogos e competicións populares para tódalas idades

19.00H. OBRADOIRO
-------------------------------
BAILE 100% CEMPÉS
3€ SOCIOS / 5€ NON SOCIOS / PRAZAS LIMITADAS

21.30H - Concertos
--------------------------
PUNKESTRA CHUMEIRAS
OS CEMPÉS
ZËNZAR
SKÁNDALO GZ

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Moraña

(texto engadido o día 1/ / 7/ / 16 )


Venres 01 de xullo
Moraña

Ás 18:00H comeza o Obradoiro do Baile 100% na Casa da Cultura Daniel Rodríguez Castelao.
Pola noite ás 22:30H na Praza do Concello comeza o Baile 100% con Os Cempés. Agarrados, soltos e bailes participativos en roda, divertidos e doados de aprender.

Celébrase o 3º Festival Bailes no Cuartel, unha iniciativa da Asoc. de nais e pais da Escola de Música Municipal, en colaboración coa Asociación Cultural Seixebra. Tamén participan na xornada Luis Prego, O Combo de Música Tradicional da Escola de Música e a rapazada de Seixebra.

Bailas?

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



OS CEMPÈS 100% BAILE en A Coruña

(texto engadido o día 26/ / 11/ / 15 )


Sábado 28 no Garufa Club.

A partir das 19:30h Obradoiro.
21:30h, concerto e baile con Os Cempés ,
entrada obradoiro:5€ . entrada obradoiro + baile-concerto 10€

Unha idea brillante para disfrutar da música tradicional de Galicia, con unha primeira parte de introducción os bailes típicos ,(muiñeira, vals , mazurca , jota , pasodoble, etc . ) e despois concerto-baile con Os Cempés

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto e baile 100% con Os Cempés en San Sadurniño

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )


Sábado 7 de novembro no colexio público.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto no Gaiás

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 15 )


Venres 30 de outubro ás 20h no Museo Centro Gaiás


Magosto no Gaiás volve este outono para facernos un convite que non podemos rexeitar: un día de música para o baile. A partir das 21:00 horas, o Museo Centro Gaiás contará coas actuacións dos pandereteiros de O Fiadeiro e Os Cempés, que achegarán o público a un repertorio de músicas tradicionais para un obxectivo único: bailar. E nesta labor acompañarannos as asociacións de baile A Monteira de Vigo, Seráns de Santiago de Compostela e Danzalia Mundi da Coruña. A festa virá precedida dun magosto tradicional, que arrancará ao redor das 20:00, con degustación de castañas da IXP Castaña de Galicia.
Mais o Magosto deste ano non se limitará á noite. Será un programa arredor da danza galega e das danzas de roda europeas con música en vivo, que contará a partir das 17 horas con tres obradoiros de iniciación ao baile totalmente de balde: un serán con Sandra Vázquez, bailes en parella con Suso Cancelas e bailes de roda con Pili Conde. Os dous son de balde previa inscrición.
O deste Magosto no Gaiás será un programa centrado no divertimento, exercicio e a interacción social dun xeito lúdico, distendido e informal a través do baile. Mais tamén unha oportunidade para a aprendizaxe de novos xéneros e bailes e conectar así o público galego ao movemento internacional do Bal Folk que en Europa vive un momento de grande intensidade nos últimos anos e que en Galicia aínda é incipiente, sendo un país históricamente moi rico en baile tanto rural como urbano.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



cursos do pichel 2015/16 (Compostela)
http://gentalha.org/2015/09/cursos-do-pichel-201516-2/
(texto engadido o día 17/ / 9/ / 15 )


A associaçom cultural a Gentalha do Pichel é um projeto autogerido, que se sustenta a partir do trabalho, ativismo e achegas económicas das pessoas associadas.

Os cursos, além de serem um espaço de convívio e aprendizagem, som umha ajuda económica para manter o centro social, por isto pedimos o teu compromisso à hora de fazer o pagamento no início de cada mês.

Sem matrícula. Depósito dumha mensalidade a maiores a começo do curso que será devolta no caso de avisar com um mês de antecedência da baixa do curso. O pessoal que fique até o fim do curso nom terá que pagar o último mês graças a este depósito.

Preço por mês. Desconto de 2€ no preço do curso para pessoas associadas, desempregadas (deve acreditar-se) ou que frequentem mais dum curso.

Mínimo de inscriçons para um curso começar: 3/4pessoas.

Com inscriçom prévia em gentalha@gentalha.org

Dúvidas e esclarecimentos em gentalha@gentalha.org ou no 698142936 (de 19h a 22h)


DE MANHÁ



  • Canto e Pandeireta. Iniciaçom


Segundas-feiras de 12h30 a 13h30. Começo de 5 outubro. Preço 16€


As aulas de pandeireta e canto virám da mao de Carme Iglesias, integrante das Pandeireteiras Bouba, da Pontragha. As pessoas velhas da comarca, de quem aprendeu a música, estám presentes no seu modo de tocar e ensinar. De Tordoia portas para fora… Começa a rota da pandeireta!


 



  • Gaita


Quartas-feiras de 10h30 a 11h30. Começo 7 de outubro.?Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


No curso fará-se umha aproximaçom à técnica do instrumento e aprenderemos algumhas peças. O curso irá da iniciaçom ao aperfeiçoamento, trabalhando ouvido, afinaçom e linguagem musical, com as noçons básicas de teoria e leitura aplicadas à prática da música tradicional. O professor será David Canto, gaiteiro iniciado na música tradicional na comarca da Marinha, para depois receber formaçom em gaita, percussom e requinta e flautas travessas em aCentral Folque e no Conservatório, do que posue o Grao Professional em Gaita Galega. Tocou com ”Acibreira” , ”Quarteto da Gentalha”, “Arrueiro” e “Do Fondo do Peto”, além de colaborar nos últimos discos de Os Cempés e Kepa Junquera.


 



  • Tamboril


Quartas-feiras de 10h30 a 11h30. Começo 7 de outubro.?Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


Neste curso praticará-se a técnica de tamboril tradicional (agarre das baquetas, batido e redobre, acentuado, etc), para a sua aplicaçom nos ritmos empregados na música tradicional galega. Fará-se um achegamento que permita a interpretaçom dum repertório variado e desenvolver-se no acompanhamento da melodia. O professor será David Canto.


 



  • Iniciaçom à dança tradicional


Quartas-feiras de 11h30 a 12h30. Começo 7 de outubro. Preço 15€. Número mínimo de participantes: 6 pessoas.


Neste curso aprenderemos pontos de diferentes zonas da Galiza para podermos participar ativamente em festas e foliadas. Será com Fuensanta Nieto, vizinha de Compostela, que bailou em diferentes agrupaçons folclóricas da comarca. Também fijo algum trabalho de campo por diferentes lugares da Galiza para aprender, de primeira mao, as diferentes maneiras de bailar dos e das nossas velhas.




  • Dança tradicional. Intermédio


Quartas-feiras de 12h a 13h. Começo de 7 outubro. Preço 15€. Número mínimo de participantes: 6 pessoas.


Se passaste por iniciaçom e queres continuar a aprender pontos para divertir-te nas foliadas este é o teu curso. A profe será Fuensanta Nieto.


 


À TARDE



  • Dança tradicional para quem nom sabe nada


Quartas-feiras de 20h a 21h. Começo 7 de outubro. Preço 15€.


Ensinada por Chus Caramés, que há décadas que anda no baile galego. Começa de mui novinha na agrupaçom folclórica da sua terra natal e a dia de hoje continua aprendendo da man das nosas pessoas velhas e em festas e foliadas. Além de bailadora e pandeireteira, é a organizadora dum evento muito importante para a música tradicional do país, “os Encontros de Música Tradicional de Carvoeiro”.


 



  • Dança tradicional para quem sabe um chisco


Terça-feiras de 20h30 a 21h30. Começo 14 de outubro. Preço 15€


Se já foste um aninho a dança é mais ou menos lembras o básico, este é o teu curso! Aqui afiançarás o aprendido e darás umha volta para continuares a desfrutar das festas e foliadas. Quem te ajudará é umha rapariga que sabe disso. Carme Campo aprendeu os primeiros pontos no Porrinho, aperfeiçoou-nos num grupo de Compostela e agora mantém-se aprendendo no dia a dia, em seráns e festivais de música tradicional.


 



  • Dança tradicional para quem sabe um chisco mais


Segundas-feiras de 22h a 23h. Começo de 5 de outubro. Preço 15€


Com Fuensanta Nieto aprenderemos alguns bailes de diferentes zonas para podermos continuar a participar ativamente em festas e foliadas, além de aperfeiçoar as técnicas do baile que já temos aprendidas doutros anos.


 



  • Pandeireta Iniciaçom e Aperfeiçoamento


Quartas-feiras. Iniciaçom de 19h a 20h. Começo 7 de outubro. Preço 14€. Duraçom até junho.


Quartas- feiras. Aperfeiçoamento de 20h a 21h. Começo 7 de outubro. Preço 14€. Duraçom até dezembro. Em Janeiro formaremos um grupo de gaitas e percussom com aulas concretas para isto com a gente de aperfeiçoamento que quiger participar.


Nas aulas aprenderemos a tocar os ritmos básicos da música tradicional galega, centrando-nos na técnica e no acompanhamento a outros instrumentos. Aitana Cuétara, a professora, está acompanhada pola música tradicional desde 1997. Começou sob a direçom do mestre Lolete, primeiro como gaiteira e logo já como percussionista, passando depois por outras agrupaçons e formando-se com diferentes músicos. Desde há treze anos leciona aulas regulares e cursos intensivos na Galiza e fóra.


 



  • Gaita


Quintas-feiras de 17h a 18h . Começo 1 de outubro. Preço 20€.


* Com David Canto. Ver informaçom nos cursos de Manhá.


 



  • Tamboril


Quintas-feiras de 18h a 19h. Começo de 1 outubro. Preço 20€. Número mínimo de participantes: 4 pessoas.


* Com David Canto. Ver informaçom nos cursos de Manhá.


 



  • Acordeom diatónico e piano.


Quintas-feiras de 17h a 19h. As aulas seram de 1 hora a escolher por cada aluna/o neste horário (ou de 17h a 18h, ou de 18h a 19h). Começo no 1 de outubro. Preço 22€.


Neste curso explicaram-se diversos elementos de técnica interpretativa e daram-se exercícios práticos adaptados ao nível e evoluçom de cada aluno/a. O repertório impartido centrará-se, fundamentalmente, em peças tradicionais galegas, fazendo ênfase nas próprias do acordeom e do canto, ainda que também se incluiram peças tradicionais doutras partes do mundo. A falta de instrumento ou de conhecimento musical nom é um impedimento para a assistência às aulas. O professor será Alberte Núñez Martínez quem se iniciou no mundo do acordeom da mao de Brais Maceiras depois de ter estudado piano no Conservatório Profissional de Música da Corunha. Assistiu a diversos encontros e cursinhos ofertados por grandes acordeonistas como Pedro Pascual, Cati Plana ou Xuan Nel Expósito. Toca nos grupos Sessión Vermú e Dúbida Duo e colaborou com Tiruleque ou os Tres Trebóns. Atualmente dá aulas de acordeom em diversas associaçons e intervêm em homenagens e concertos didáticos sobre o instrumento.




  • Música para peto. Harmónica e mais uns instrumentos miúdos.


Segundas-feiras de 18h45 a 19h45. Começo 5 de outubro. Preço 20€. Duraçom de outubro a dezembro.


Curso para todos os níveis sobre instrumentos que podem ser levados no peto, porque a música é o refúgio onde podermos agachar-nos contra o aborrecimento, a defesa da mediocridade. Curso para aprender/melhorar a tocar a harmónica em vários estilos (tradicional, folque, popular, blues…) e liçons para outros instrumentos: tarranholas, harpas de boca, assobios, colheres… O professor será Ariel Ninas (a.k.a. Mauro Sanín) músico polifacético associado à aCentral Folque, onde desenvolve a sua atividade profissional regular. Ainda que pouca gente o sabe, a harmónica é o seu primeiro instrumento, que toca desde os 14 anos e tivo em Marcos Coll (Reyes el K.O.) o seu professor. Como sanfonista, é membro da OMEGA (Orquestra de Música Espontánea da Galiza) e Ulobit (multimedia experimental).




  • Canto e Pandeireta.


Intermédio: segundas-feiras de 19h45 a 20h45. Começo 5 de outubro. Preço 16€


Avançado: segundas-feiras de 21h a 22h. Começo 5 de outubro. Preço 16€


As aulas de pandeireta e canto virám da mao de Carme Iglesias, integrante das Pandeireteiras Bouba, da Pontragha. As pessoas velhas da comarca, de quem aprendeu a música, estám presentes no seu modo de tocar e ensinar. Desde Tordoia portas para fora… Começa a rota da pandeireta!


 



  • Percussom Doméstica


Segundas- feiras de 21h a 22h. Começo 5 de Outubro. Preço 20€. Duraçom de 3meses.


No curso faremos um percurso polas músicas tradicionais da península ibérica, de Europa do leste e de América do sul, vendo que os instrumentos domésticos som um óptimo veículo para a aprendizagem musical de técnicas tradicionais e modernas.


Para realizar o obradoiro é recomendável trazer instrumentos domésticos como culheres, tijola, dedais de costura, caldeiro, táboas de lavar, sachos, latas, almirez ou morteiro ,… Também se podem trazer outros instrumentos de percusión tradicional para usar como base rítmica nalgumhas partes do obradoiro. Carlos Martínez leva desde 2003 até a atualidade percorrendo grande parte da península e Europa como percusionista de “Pan de Capazo”. No ano 2009 forma em Compostela a Fanfarria Taquikardia, grupo de referencia na animaçom de rua galega. Durante vários anos percorre a geografia galega como membro do grupo de percussom tradicional “PelePau”. Na atualidade o seu trabalho musical está em “Pan de Capazo”, “Os Calandracas” e o desenvolvemento das percussons domésticas, os bombos e os pandeiros de diferentes culturas do mundo.


 



  • Guitarra.


Nível I: terças-feiras de 19h a 20h . Nível II de 20h a 21h. Começo 6 de outubro. Preço: 25€.


Som ideais quer para gente que começa do zero, quer para quem já tem um nível intermédio. Nelas, trabalharam-se harmonia e técnica de forma conjunta, a un nível mui básico. A ideia é fazer aulas engraçadas onde a criatividade e a improvisaçom tenham um papel importante. Tocaram-se temas de diversos estilos (blues, rock, country, reggae, funk) e temas que proponha o próprio alunado, se a complexidade do tema o permite. O professor será Benjamín Vázquez, professor em educaçom musical e atual guitarrista de The Lákazans.


 



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival do Castro 2015. 10 anos (Ferreira de Pantón)

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 15 )


Tras dez anos de festa, de artesanía, de xantares e cafés concertos, ducias de actividades de teatro e circo e unhas setenta actuacións musicais queremos convidarvos a todas ao décimo aniversario do Festival do Castro.

O 22 de agosto, no Castro de Ferreira de Pantón:

11.00 h. - Mostra de artesanía
13.00 h. - Vermú gaiteiro
14.00 h. - Xantar popular
15.30 h. - Café concerto:
La Patxaranga
17.30 h. - Animación infantil:
Lusco e Fusco
18.00 h. - Teatro e circo:
Kote Malabar
As Aerealistas
21.00 h. - Anoitecer no Castro
Poetarras
23.00 h. - Concertos
Os Cempés
Chotokoeu
Muyayo Rif
Ruxe Ruxe

E para rematar a festa, picadiscos até o amencer!


Toda a info na web: http://festivaldocastro.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Cita coa Historia ( As Pontes)
https://nocombaro.wordpress.com/2015/06/19/ii-cita-coa-historia-as-pontes/
(texto engadido o día 4/ / 7/ / 15 )


Sábado 4 de xullo a partires das 21:30, Os Cempés, A Troba do Bugalho, Faraoise, No Cómbarro Folk

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto acústico Barroso & Penabad na Cova dos Trasnos (As Pontes)

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 15 )


O vindeiro Venres 17 de abril visita A Cova dos Trasnos un gran amigo; Fernando Barroso
Fernando Barroso (Ferrol), músico galego que forma parte de "Budiño", " Os Cempés" e "Riobó". Na súa traxectoria colaborou con numerosas formacións e artistas. Entre eles Anxo Lorenzo Band, Ardentía, Malvela, Uxía Senlle, Sebastião Antunes, Josep María Ribelles, RIU, Coanhadeira e colaboracións especiais con Korrontzi, DRD, Kepa Junkera ou Danú. No seu labor como compositor e produtor musical, cabe descatar os seus traballos xunto a Assembly Point (Assembly Point 2011), o grupo catalán RIU, (Amb Canya 2012), o portugués Luís Peixoto (Pop 2012) e o disco debut do acordeonista Andrés Penabad (2014).

Nesta ocasión ofreceranos un concerto acústico no que estará acompañado polo acordeonista Andrés Penabad!

TRALO CONCERTO HABERÁ FOLIADA!!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile con Os Cempes en Bandeira

(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Sábado 11 de abril no Centro Cultural Vista Alegre

O Baile 100% Con Os Cempés é un Baile, un Obradoiro... unha festa para xentes de tódalas edades.
Os Bailes máis sinxelos de aprender, os máis divertidos, os de sempre con música en directo con Os Cempés:



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en San Sadurniño

(texto engadido o día 20/ / 3/ / 15 )


Venres 20 de Marzo, 22:00
O Venres día 20 de Marzo no Café Dzine de San Sadurniño Os Cempés
ofrecerán un repertorio de músicas para bailar do estilo que se ven en chamar
"danzas do mundo" a partir das 22:00.
Este repertorio forma parte do "Baile 100% con Os Cempés", espectáculo
interactivo que están a facer nos últimos meses con gran éxito.
"Baile 100% con Os Cempés", é un obradoiro e un baile, no que o público
aprende a disfrutar dunha selección de bailes escollidos entre os máis
divertidos e sinxelos do repertorio galego, do centro de Francia, USA,
Bretaña…
Nesta ocasión non haberá obradoiro previo, pero os músicos farán unha
explicación resumida de como se fai cada baile e Serxio Cés estará encargado
de axudar ao público naqueles bailes nos que se precisa unha mínima
organización previa.
Bailaremos agarrados como Pasodobles, Valses, Chotis, Mazurcas. bailes en
roda como A Carballesa, A Chapeloise, O Circle Circassien, Andro, Esparaván,
e non faltarán as Muiñeiras e as Xotas.
Antón Varela: Gaitas
Roberto Grandal: Acordeón
Oscar Fernández: Zanfona e Cavaquinho
Serxio Cés: Canto, Pandeireta e Animación ao Baile.
Entrada ao Baile: 5€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Narahío

(texto engadido o día 6/ / 2/ / 15 )


A A.V.V. “O Castelo de Narahío” e Os Cempés convídanvos a gozar do Baile 100% e aprender de xeito sinxelo e divertido todos os pasos nun obradoiro
guiado.
O Baile 100% terá lugar o sábado 7 de febreiro de 2015 no Local da Veiga en Narahío, a partir das 19:30H.
Poderán participar persoas de todas as idades e sen experiencia. Pasodobles, valses, mazurcas, chotes, muiñeiras ou carballesas explicadas por un guía de baile nunha actividade na que a forma física non é importante, só as ganas de pasalo ben.
O Baile 100% son agarrados, soltos e bailes participativos en roda, divertidos e doados de aprender. Nesta segunda rolda haberá sorpresas e novos bailes!
- Ás 19:30 obradoiro,prégase puntualidade para poder participar de todos os ritmos e pasos.
- Ás 22:00H dará comezo a gran festa do Baile 100% con Os Cempés, na que se porá en práctica todo o aprendido.
Para as persoas que participen nas dúas actividades a Asociación de Veciños “O Castelo de Narahío” convídanvos a unha saborosa merenda para repoñer forzas ao remate do obradoiro.
Músicos:
Antón Varela: Gaitas
Oscar Fernández: Zanfona e cavaquinho
Roberto Grandal: Acordeón
Serxio Cés: Canto, saxo, pandeireta, bombo e guía de baile
Colaboración:
Obradoiro: 5€
Baile 100%: 5€
Obradoiro + Baile 100% + merenda: 10€
Anímate, baila e comparte!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Narahío

(texto engadido o día 8/ / 10/ / 14 )


A A.V.V. “O Castelo de Narahío” e Os Cempés convídanvos a gozar do Baile 100% e aprender de xeito sinxelo e divertido todos os pasos nun obradoiro guiado.

O Baile 100% terá lugar o sábado 11 de Outubro de 2014 no Local da Veiga en Narahío, a partir das 19:30H.

Poderán participar persoas de todas as idades e sen experiencia. Pasodobles, valses, mazurcas, chotes, muiñeiras ou carballesas explicadas por un guía de baile nunha actividade na que a forma física non é importante, só as ganas de pasalo ben.
O Baile 100% son agarrados, soltos e bailes participativos en roda, divertidos e doados de aprender.

O obradoiro de baile comezará ás 19:30H. Prégase puntualidade para poder participar de todos os ritmos e pasos. Ás 22:00H dará comezo a gran festa do Baile 100% con Os Cempés, na que se porá en práctica todo o aprendido.

Para as persoas que participen nas dúas actividades a Asociación de Veciños “O Castelo de Narahío” convídanvos a unha saborosa merenda para repoñer forzas ao remate do obradoiro.

Músicos:
Antón Varela: Gaitas, Oscar Fernández: Zanfona e cavaquinho, Roberto Grandal: Acordeón, Serxio Cés: Canto, saxo, pandeireta, bombo e guía de baile

Colaboración:
Obradoiro: 5€
Baile 100%: 5€
Obradoiro + Baile 100% + merenda: 10€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* GC :: A Galiza de Kepa Junkera

* A Festa Folk Fin do Camiño toma o relevo da mellor música celta [QUE PASA NA COSTA]



Os Cempés



Web oficial


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Os Cempés:
Circo Montecuruto





buscar mais información
sobre Os Cempés en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Os Cempés en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]