Ghastas Pista?

O Fiadeiro
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'O Fiadeiro':


Xornadas de Portas Abertas en O Fiadeiro (Vigo)
http://ofiadeiro.com/ofiadeiro/
(texto engadido o día 19/ / 9/ / 14 )



O Fiadeiro comezamos o novo curso e que mellor que celebrándoo na rúa e na nosa sede para que veñades a compartir unha xornada con nos e participedes das nosas actividades.

De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 exposición de traxes e instrumentos (dentro do noso local)
De 12.00 a 14.00 Pasarrúas dos diferentes grupos musicais da escola polo Calvario
De 17.00 a 20.00 No escenario que haberá fora do noso local se farán concertos/animacións das distintas actividades da nosa escola

Ven a coñecernos e participa!!
E non olvidedes xa en anotarvos ó novo curso que comezará o 1 de outrubro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Danza 3 chega esta fin de semana ás rúas de Noia e Xove da man de Xacarandaina
http://agadic.info/index.php?sec=Blog&ap=blog_visualizar&id_blog=1743
(texto engadido o día 22/ / 8/ / 14 )


A agrupación coruñesa actúa este sábado 23 en Noia e o domingo 24 en Xove

Consellería de Cultura e Educación propón para esta fin de semana dúas novas citas de ‘Danza 3. Folclore na rúa’, que terán lugar na tarde do sábado 23 en Noia e na do domingo 24 en Xove da man de Xacarandaina. A agrupación coruñesa protagoniza este ciclo xunto a Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e O Fiadeiro de Vigo.

En total, este programa para a difusión da danza e a música tradicionais desenvolverá nove actuacións especiais noutras tantas localidades galegas ata primeiros de outubro. No caso das representacións desta fin de semana, os músicos, cantareiras e bailaríns de Xacarandaina ofrecerán cadanseu pasarrúas polo centro de Noia e de Xove para compartir cos cidadáns e visitantes de ambas as localidades unha selección do seu amplo repertorio, froito do labor de investigación e de recollida que o grupo leva a cabo desde hai décadas por toda Galicia.

Espectáculos espontáneos e únicos
O obxectivo desta programación –para a que se conta tamén coa colaboración dos concellos que acollen as representacións– é transmitirlle á sociedade a esencia e a riqueza das nosas danzas, así como das músicas que as acompañan e do vestiario co que se poñen en escena. Con esta finalidade, as agrupacións participantes exhiben a pé de rúa unha proposta artística específica para cada espazo, a través da que se busca implicar o público e conseguir un espectáculo único, espontáneo e persoal.

Contribúese, deste xeito, á divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia e do seu patrimonio inmaterial, tarefa na que estas tres formacións veñen traballando intensamente desde a súa fundación. De feito, e unidas como colectivo baixo as siglas XOC, Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos son as impulsoras da proposta para lle solicitar á Unesco a declaración do baile galego como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

Cada un destes grupos ofrecerá un total de tres funcións no marco desta nova edición da iniciativa, que deu comezo o pasado domingo 17 coa posta en escena do espectáculo do Fiadeiro na Praza Maior de Celanova. As próximas actuacións terán lugar o sábado 30 de agosto en Rianxo con Cantigas e Agarimos e en Sada con Xacarandaina.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festival Lembranzas da Ría. Cangas

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 14 )


Venres 22 de agosto ás 22:30h no palco instalado nas naves de Ojea, detrás do concello de Cangas.

Lembranzas da Ría
ACF O Fiadeiro
Os Irmandiños de Vincios.
- Lembranzas da Ría- Os Irmandiños de Vincios -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Kepa Junkera continúa a presentación do seu disco, Galiza

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 14 )


Xoves 20 charla en Antas de Ulla,
Venres 21, en Lalín (charla ás 19h no museo e a partires das 22h no programa Luar)

Sábado 22 ás 21h gran presentación de "GALIZA" en Vigo, auditorio Mar de Vigo...con Sondeseu, O Fiadeiro, Xabier DIaz, Pedro Lamas, Adufeiras de salitre...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro intensivo de canto e tecnica vocal en Pazos de Borben
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=128024
(texto engadido o día 6/ / 2/ / 14 )


Obradoiro intensivo de canto e tecnica vocal aplicada à musica tradicional galega



- Profesora: Xela Conde (SondeSeu, Tradescola, O Fiadeiro...)

- Dia: 15 fevereiro

- Horario: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (6 horas con parada para xantar)

- Lugar: Casa Rural "Maria da Pepa"



- Prezo: 40€ (Inclue Obradoiro e aloxamento na Casa Rural. Para xantar temos a opcion de preparar a paparota na propria casa....



Traballara-se sobre exercizos e recursos de tecnica vocal, prepararan-se alguns temas con diferente tratamento e enfoque para por en practica os contidos do obradoiro, e habera un pequeno espazo para o traballo individualizado.



@s que toquedes pandeireta, levade-a convosco!



Logo iremos ao Seran dos Namorados de Touton, que esta ben pertinio!



O enderezo da casa rural Maria de Pepa:



Amoedo, s/n

36840 - Pazos de Borben - Ponte Vedra



Arrimai-vos!!!!



Para mais info: 696607342 /maghua.cantareiros@gmail.com





Prazas limitadas!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro intensivo Maghúa de canto tradicional e técnica vocal + visita ao Serán dos Namorados!!!!

(texto engadido o día 4/ / 2/ / 14 )


Obradoiro intensivo de canto e técnica vocal aplicada à música tradicional galega
- Profesora: Xela Conde (SondeSeu, Tradescola, O Fiadeiro...)
- Día: 15 fevereiro
- Horario: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (6 horas con parada para xantar)
- Lugar: Casa Rural "María da Pepa"

- Prezo: 40€ (Inclue Obradoiro e aloxamento na Casa Rural. Para xantar temos a opción de preparar a paparota na própria casa....

Traballará-se sobre exercizos e recursos de técnica vocal, prepararán-se algúns temas con diferente tratamento e enfoque para pór en práctica os contidos do obradoiro, e haberá un pequeno espazo para o traballo individualizado.

@s que toquedes pandeireta, levade-a convosco!

Logo iremos ao Serán dos Namorados de Toutón, que está ben pertiño!

O enderezo da casa rural María de Pepa:

Amoedo, s/n
36840 - Pazos de Borbén - Ponte Vedra

Arrimai-vos!!!!

Para mais info: 696607342 /maghua.cantareiros@gmail.com


Prazas limitadas!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto de Nadal en Vigo: SonDeSeu
http://extension.uvigo.es/extension_gl/contenido/eventos/musica/evento_0013.html?__locale=es
(texto engadido o día 6/ / 12/ / 13 )


Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia - Vigo

Data: 18/12/2013

Hora: 20:30 h

Entrada con invitación

SonDeSeu: presentación mundial do seu novo disco "Danzas brancas" + Convidados (Rushad Eggleston e O Fiadeiro)

SonDeSeu, é unha das orquestras europeas  máis importantes de música folk contemporánea, estreará no concerto de Nadal da Universidade de Vigo o seu novo álbmum, Danzas brancas. Entre as pezas que formarán parte do repertorio deste novo álbum hai composicións e arranxos de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz e Quico  Comesaña.

SonDeSeu naceu no 2001 en Vigo. A súa  música baséase en temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados polos compoñentes da orquestra. Contan con gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Rushad Eggleston, excéntrico chelista californiano, actualmente forma parte da banda Tornado Rider. A súa música bebe das raíces americanas coma o country, rock ou jazz.

O Fiadeiro, unha das agrupacións folclóricas máis importantes de Galicia que naceu no ano 1996 co propósito de conservar e transmitir entre os máis mozos a tradición musical e cultural galegas.

Kepa Junquera, músico vasco coñecido internacionalmente pola fusión de distintos estilos e tradicións realizados a través da trikitixa.


- SonDeSeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala do Fiadeiro: Fí­a de Oficios e Labores (Vigo)

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 13 )


Domingo 24 de novembro ás 12 horas no Cine Teatro Salesianos de Vigo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos"

(texto engadido o día 20/ / 10/ / 13 )


O vindeiro Sábado 26 de Outubro (partires das 18h e con entrada libre e gratuíta) o Real Coro "Toxos e Froles" organiza no seu local social (rúa Magdalena 220 de Ferrol) o V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos".

Este ano contará coa presenza de:

- Antón Fernández, ex-presidente e corista da Agrupación "Cantigas e Agarimos" de Santiago de Compostela.
O obxectivo da súa charla será dar a coñece-la iniciativa de conqueri-la Declaración de Patrimonio Inmaterial da Humanidade ao Canto, Música e Baile Tradicional Galego. Coma presidente da agrupación compostelá, Antón é un dos primeiros impulsores desta iniciativa cultural, á que van unidas dende os primeiros momentos tanto "Xacarandaina" de A Coruña como "O Fiadeiro" de Vigo.

- Francisco Rodríguez Fernández, presidente do Grupo Etnográfico das Mariñas de Ferrol, falará sobre a ourivería popular galega. Home dunha grande preocupación por preserva-las nosas tradición é un grande coñecedor dos nosos traxes e ourivería tradicional. Amosará os xeitos de traballa-las xoias en diversas zonas de Galiza e os materiais empregrados nelas. Ademáis, poderemos achegarnos a estas pezas cunha pequena exposición que vai facer no local da asociación, con xoias en ouro, prata e cobre, e que son parte da súa colección particular.

- Xavier Blanco. Gaiteiro de Moaña, Artesán e Técnico en Cultura Tradicional, a súa principal fonte de motivación son as persoas maiores, portadoras de coñecementos antigos, das que ten unha fixación e leva aprendendo dende que era un neno, ao tempo que asume a responsabilidade de difundir estes coñecementos recollidos no seu amplo arquivo. Constrúe e restaura tódolos instrumentos que compoñen a súa colección aplicando as técnicas ancestrais aprendidas da sabedoría popular. Coas súas verbas achegaranos ao coñecemento dos instrumentos pobres da nosa tradición musical e tamén amosará os seus sons a través do toque dos mesmos. Conta con varios traballos publicados entre os que compre destacar "Toques, Asubíos e Cantores","A Gaita de Cana de Moaña", "Instrumentos Pobres", ...


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto didáctico e presentación de "Manüele de pandeireta e canto tradicional 1", en Vigo

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 13 )


O vindeiro venres, 27 de setembro, ás 20:30 terá lugar na sede social da A.C.F. O Fiadeiro, en Vigo, a presentación do libro-cd "Manüele de pandeireta e canto tradicional 1", de Xandreouteiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Serán Festa fin de curso O Fiadeiro

(texto engadido o día 6/ / 7/ / 13 )


Sábado, 6 de Xullo de 2013
18:00
Asociación de veciños de Cabral (Vigo)


O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de actuacións e noite de festa tradicional

Este sábado 6 de xullo os alumnos e alumnas da escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña Nº 95). Durante as horas que dure o acto actuarán os diferentes grupos da escola de saxo, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.

Tamén haberá unha pequena mostra dos alumn@s de pintura, costura e inglés.

Este ano contaremos cun serán infantil a partir das 20.00 para que os nenos se inicien nesta nosa festa.

Unha vez rematadas as actuacións e o serán infantil, a partir das 21.30 horas comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca que foron convidadas ao evento e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo tal e como rexe na celebración dos seráns.
Os grupos que queiran participar so teñen que anotarse o chegar e irán actuando por rigurosa orde de inscrición.

A A.C.F. O Fiadeiro convida a toda a cidadanía a achegarse na tarde noite do sábado á asociación veciñal de Cabral e vibrar coas actuacións dos alumnos da escola e divertirse ao xeito tradicional a festa serán. A entrada é gratuíta e servirase un pincho para todas as persoas que se acheguen ata a festa.

Novo curso
A elevada demanda dos cursos durante todo o ano ten animado a asociación a iniciar xa a reserva das matrículas para o próximo curso no que se impartirán clases de gaita, percusión, acordeón, pandeireta, debuxo e pintura e habilidades relacionadas coa música e movemento para cativos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Danza 3. Folclore na Rúa
http://www.agadic.info/informacion/37/Danza3
(texto engadido o día 8/ / 8/ / 13 )


O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña. O ciclo está patrocinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), e conta ademais coa colaboración dos nove concellos nos que se desenvolven outras tantas actuacións.

Baixo o lema "Folclore na rúa", esta nova edición de Danza 3 sae ao encontro dos espectadores en rúas, prazas e espazos abertos das localidades participantes: Betanzos e A Laracha na provincia da Coruña; Sober e Vilalba, na de Lugo; O Barco de Valdeorras e Celanova, en Ourense; e Marín, Ponteareas e Redondela, en Pontevedra.



Cada unha das agrupacións ofrece un total de tres funcións no marco deste programa, co obxectivo de transmitirlle ao público a esencia da danza e da música tradicionais de Galicia a través de espectáculos tan coidados desde o punto de vista artístico como respectuosos coas nosas raíces. Neste sentido, os tres grupos exhiben a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se busca implicar o público asistente, de xeito que cada un destes espectáculos é único, espontáneo e persoal.

Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos levan unha década organizando distintas entregas de Danza 3, para o que teñen colaborado con diversas administracións na divulgación dunha parte esencial da cultura de Galicia e do noso patrimonio inmaterial. As tres entidades traballan, desde a súa fundación, coa música e o baile tradicionais como materias primas coas que construír experiencias visuais e sonoras para o público do século XXI, poñendo así a súa achega na creación e transmisión colectiva que supón a herdanza secular do folclore galego.

Unidas como colectivo baixo as siglas XOC, estas agrupacións son, así mesmo, as impulsoras da proposta para lle solicitar á Unesco a declaración do baile galego como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, iniciativa para a que contan co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e para a que están a procurar, ademais, a implicación do resto da cidadanía e das asociacións, grupos, escolas e demais entidades que desenvolven o seu labor neste ámbito.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CANTIGAS E AGARIMOS en Marín, dentro do Ciclo DANZA 3. Folclore na Rúa.

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 13 )


Domingode 8 de setembro de 2013 ás 20:00h
Alameda Rosalía de Castro en Marín(Pontevedra)


O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a distintos Concellos da xeografía galega.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actuación da Agrupación O Fiadeiro en Ponteareas no Ciclo Danza 3: Folclore na rúa

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 13 )


Sábado 07 de setembro de 2013 ás 19:30h na Praza Maior de Ponteareas (Pontevedra)

Entrada: de balde.
Organiza: Agadic, Concello de Ponteareas

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupacións a distintos Concellos da xeografía galega.

A Agrupación O Fiadeiro, que conta con seccións de Baile, Pandereteir@s e Charanga, acércase ós Concellos de Ponteareas, Sober e Redondela os días 07, 14 e 22 de Setembro.

Máis info:
ofiadeiro@ofiadeiro.com
629 585 355

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SonDeSeu nas Festas da Peregrina (Pontevedra)
http://e-tradvigo.blogspot.com.es/2013/08/a-ofg-sondeseu-en-concerto-festas-da.html
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 13 )


A OFG SondeSeu presenta nas Festas da Peregrina o repertorio da xira de verán 2013.
Será o vindeiro MÉRCORES 14 DE AGOSTO ás 23:45hs na Praza de España. SondeSeu comparte noite e escenario con O Fiadeiro. Entre as dúas formacións tocará o dúo integrado por Begoña Riobó e Xosé liz.
A formación que dirixe Rodrigo Romaní, está conformada por 45 músicos formados na súa meirande parte nas aulas da ETRAD. A orquestra está a gravar nestes meses estivais o repertorio do seu novo traballo discografico que verá a luz no inverno de 2013. Neste concerto a OFG SonDeSeu ofrecerá un pequeno avance das novas músicas sobre as que está a traballar. Para non perder!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Budiño e Convidad@s nas Festas de María Pita (A Coruña)

(texto engadido o día 13/ / 8/ / 13 )


15 AGOSTO 2013 / 22:00 h
PRAZA DE PABLO IGLESIAS

Xose Manuel Budiño con:
-CARLOS BLANCO
-CANTAREIROS DE O FIADEIRO
-BEGOÑA RIOBÓ

- Budiño- Begoña Riobó -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantigas e Agarimos en Celanova

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 13 )


Sábado 10 de agosto no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador, Celanova (Ourense)

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións
Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o
grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza
do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha
destas agrupación a distintos Concellos da xeografía galega.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vigo - Festa da Cultura 2013

(texto engadido o día 12/ / 7/ / 13 )


Por 4º ano consecutivo a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza a Festa da Cultura de Vigo, patrocinada en exclusiva polo Concello de Vigo.
Neste ano 2013 realizarase os días 12,13 e 14 de xullo na Porta do Sol de Vigo, rúa Príncipe e Museo MARCO.

O venres, 12 de xullo, podedes disfrutar das actuación do grupo Fiadeiro ás 19:45. Os grupos A.F. Corisco e A.F.C. Asubío encargaranse de facervos bailar a partir das 20:30 h. Ás 22:00h comezan os concertos de música Folk coas actuacións de Os Carunchos, seguida das de Pelepau e Zurrumalla.

O sábado, 13 de xullo, agárdanvos no palco da Porta do Sol as actuacións dos grupos folclóricos "Lembranzas Galegas", "Soavela de Hio", "Traspés", "Helios de Bembrive", "Rueiro de Coia", "Queixumes", "Cotogrande de Cabral", "Os Ventos de Comesaña", "Andarela" e "A Buxaina".

Os que queirades bailar o son da gaita, poderedes facelo cos grupos "Vagalume" , " Os Trasnos da Gaita " e " Gaitas Airiños do Coto".

E ademáis, " Lareira Teatro" e " Porta Aberta Teatro" deleitaranvos coas súas artes escénicas , escoitaremos as doces voces das "Cantareiras da Atlántida de Matamá" , e disfrutaremos coas actuacións da "Banda de Música de Candeán", os "Acordeóns do CVC Valladares" e as panderetas " Volta do Demo " de Beade, sen olvidar a exhibición de bailes de outras culturas que nos ofrecerá " Danzas do Mundo."

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril

(texto engadido o día 26/ / 3/ / 13 )


Gravado no seu estudio, "Ardora", e mesturado e masterizado nos estudios “Atlântico Blue Studios de Lisboa”, SOTAQUE, o novo traballo discográfico de BUDIÑO, verá a luz a finais do mes de Abril.

Datas da presentación:

19/04/13 tvg-programa Luar
25/04/13 COMPOSTELA Teatro Principal / 21:00
26/04/13 OURENSE Teatro Principal / 21:30
09/05/13 MADRID Sala Galileo
10/05/13 PONFERRADA Sala La Vaca
18/05/13 ZARAGOZA Explosivo Club
25/05/13 SANTANDER Sala BNS
APRAZADO -> 01/06/13 A CORUÑA Teatro Colón


Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE.

Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.

Os amigos convidados ao SOTAQUE de BUDIÑO fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación:

* ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en “Déixame Adiviñar”, unha letra escrita por Carlos Blanco.

* LUIS TOSAR imprime o seu SOTAQUE cantando á vida, á saudade, na canción “Hoxe canto en Libertá” con letra de Celso Emilio Ferreiro.

* Os CANTAREIROS DE O FIADEIRO cantan e tocan as pandeiretas no único tema recollido da tradición galega, onde a gaita de BUDIÑO aparece mestúrase como unha voz mais do grupo de cantareiros.

* MICHAEL McGOLDRICK coa súa frauta máxica desde Manchester toca unha muiñeira, que da título ao novo traballo de BUDIÑO, SOTAQUE.
- Budiño -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Continúan os Festivais Infantís de Música e Baile Tradicionais, Por cantar e por bailar

(texto engadido o día 13/ / 3/ / 13 )


Domingo, 17 de Marzo do 2013 a partires das 18h. en SalaSon, Cangas

"Por cantar e por bailar" é un circuito de festivais infantís de música e baile tradicionais no que participan os grupos de baile e/ou música de:
- C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)
- A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
- A.C.F. Tarambainas (Vigo)
- C.E.I.P. do Hío (Cangas)
- A.C. Lembranzas da Ría (Cangas)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* GC :: A Galiza de Kepa Junkera

* A Consellería de Cultura e Educación leva o programa "Danza 3" ás rúas de nove localidades da man de Cantigas e Agarimos, O Fiadeiro e Xacarandaina

* Retrouso celebra este sábado o III Festival de Acordeón de Bueu



Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro



Web oficial







buscar mais información
sobre O Fiadeiro en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre O Fiadeiro en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]