Ghastas Pista?

Nova Galega de Danza
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Nova Galega de Danza':


Ser e Terra de Nova Galega de Danza en Ferrol

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 17 )


Venres 28 de abril ás 22:15h
Rúa Real, 47, 15402 Ferrol (A Coruña),


Mañá venres 27 estaremos bailando na Fashion Night de Ferrol, en frente ao Armario de Carol (Rúa Real 47).

Realizaremos dous pases, un as 22.15 e outro as 23.15, presentando o espectáculo "Ser e Terra", forxado como un espectáculo de corta duración (uns vinte minutos) no que se recolle a esencia máis pura de Nova Galega de Danza. Trátase de una reinterpretación do baile galego a través de códigos contemporáneos, propoñendo un recorrido pola nosa traxectoria a través dunha selección de pezas dos espectáculos Alento (2003), Engado (2006) e Tradicción (2010). As piezas serán interpretadas por Iván Villar, Alba Vázquez, Inés Vieites, Ricardo Fernández e Jaime Pablo Díaz, que bailarán con música de Pedro Lamas e Xosé Luis Romero.

Esperámosvos!!!!!
- Nova Galega de Danza -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Avilés

(texto engadido o día 7/ / 2/ / 17 )


Venres 10 de febreiro ás 21:00h
Centro Niemeyer.
Avenida del Zinc, s/n.
Avilés.


Humildes y poderosas a un tiempo…

Panderetas y adufes son perfectos aliados de la copla, “gala del jardín encantado de la lírica gallega” como dijo el poeta Ramón Cabanillas.

El nuevo trabajo de Xabier Díaz (Berrogüetto, Nova Galega de Danza, aCadaCanto) y las Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas y cantoras de música popular, se presenta como el lugar donde la tradición no ha desaparecido, donde aún queda sitio para el baile y el aturuxo…

Acompañados por Gutier Álvarez (zanfona y violín) y Javier Álvarez (acordeón diatónico), nace un nuevo proyecto preparado para invadir con muiñeiras y pasodobles los teatros y festivales del mundo.
- Xabier Díaz -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nova Galega de Danza presenta Son en Vilagarcía de Arousa, Narón e Vigo

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 16 )


25 de novembro: Auditorio municipal. Vilagarcía de Arousa
26 de novembro: Pazo da Cultura de Narón
27 de novembro: Teatro Afundación (García Barbón). Vigo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nova Galega de Danza en Vilagarcía
https://www.ticketea.com/entradas-danza-son-de-novagalega-de-danza-en-vilagarcia-de-arousa/?tktsrc=search
(texto engadido o día 20/ / 11/ / 16 )


Venres 25 de novembro no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Unha montaxe única capaz de dar vida á mesma pedra.

Nova Galega de Danza actuará o vindeiro venres 25 de novembro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, a apertura de portas é ás 20:30, o espectáculo comezará ás ás 21:00h.

SON é unha peza coreográfica na que se conta unha historia que mostra o peculiar universo da creación desde a visión dun artista creador. Bailando faremos referencias á sempre ansiada "procura da perfección", durante esa procura un ourive da escultura (o protagonista da obra), perde a cordura mental tentando atopar a súa obra mestra.

Ao longo do espectáculo gozarase de cadros, evolucións coreográficas, paisaxes humanas e atmosferas cheas de emoción, en todas elas poderemos descubrir os segredos da mente dun creativo que se atormenta, búscase, pérdese, namórase... á vez que alaga ao espectador dunha enerxía evocadora que traerá aires inspiradores.

Durante unha hora e quince minutos, 9 bailaríns e 5 músicos en vivo, van representar 10 coreografías, as cales se irán sucedendo e ligando entre si por transicións nas que se utilizarán diferentes elementos que adoitan formar parte dun taller de escultura e tamén de elementos das belas paisaxes de Galicia.

A linguaxe coreográfico usado para o show conta con pasos de catro diferentes estilos: a danza tradicional galega, a estilización da danza española, a danza contemporánea e o flamenco.

A decisión de contar esta historia da man deste tres disciplinas nace da necesidade de atopar novos camiños de investigación para facer evolucionar estes estilos facéndoos nutrirse entre si, e desta maneira buscar novas canles de explotación, cun show novo de concepto e orixinal no seu contido.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Maxia nos pés no Pazo, en Narón

(texto engadido o día 4/ / 11/ / 16 )


Sábado 5 de novembro ás 20h
O poder do arcabuz - Quique Peón Cía e A. C. Xacarandaina
Sábado 26 de novembro ás 20h.
@Son - Nova Galega de Danza

Venda de entradas na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou
www.padroadodecultura.es
+info 981 102 897

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Certame Folk en Compostela

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 16 )


Domingo 24 de xullo na Praza da Quintana
Uxía Lambona e a Banda Molona Xosé Lois Romero & Aliboira, Nova Galega de Danza, Andrés Penabad, Riobó


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nova Galega de Danza celebra o seu 10 Aniversario con un novo espectáculo
http://www.novagalegadedanza.com/dez
(texto engadido o día 21/ / 9/ / 13 )


Setembro 27 e 28 no Teatro Rosalía de A Coruña

Outubro 15 Teatro Principal de Compostela

Outubro 26 Auditorio Municipal Mera ( Oleiros )

Novembro 2 Auditorio Municipal de Vilagarcía

Novembro 16 e 17 Real Coliseo Carlos III de San Lorenzo do Escorial ( Festival Madrid en Danza )

Decembro 14 Auditorio Municipal de Narón

Decembro 21 Teatro Principal, Ourense



DEZ

Código Binario
A danza ensáiase contra os espellos. Sobre ese reflexo vaise construíndo un código. Depúrase unha linguaxe que só pode ser humana porque só pode ser interpretada desde o corpo. Estamos afeitos a mirar o corpo, pero no sempre o entendemos. Estamos afeitos a vernos nós cando miramos un espello, pero non miramos que nos di o corpo.

Nova Galega de Danza estrea o segundo díxito do tempo. Cumpre dez anos e entra nesa dimensión dos uns e os ceros que parece ter reacomodado as formas do universo sin a obriga de cambialas. É unha dimensión de perpetuo cambio, de movemento infinito. Temos tendencia a simplificar en uns e ceros, pero non sempre se pode. Simplificamos e decimos que a tradición é un pasado de foto fixa. Pero non deberíamos deixarnos levar pola convención. Non hai nada tan movido como unha liña continua. Nova Galega de Danza optou pola lealtade operativa á tradición. Por iso leva dez anos transformándoa. Porque os elementos poden parecer os mesmos, pero as combinacións son infinitas.

Camilo Franco



FICHA ARTÍSTICA
Dirección Artística: Jaime Pablo Díaz
Dirección Musical: Pedro Lamas
Coreografía: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer
Músicas orixinais: Xosé Lois Romero e Pedro Lamas
Arranxos: Pedro Lamas


CORPO DE BAILE
Alba Vázquez
Emma Cabañas
Laura García-Vera
Lorena Ballesteros
Iván Villar
Jaime Pablo Díaz
Vicente Colomer


MÚSICOS
Germán Díaz: Zanfona e caixa de música
Fran Troncoso: Vibráfono e percusións
Miguel Queixas: Batería e percusións
Ricardo Rozas: Guitarra
Suso Iglesias: Acordeón
Toño Domínguez: Voz, gaitas e percusión tradicional
Pedro Lamas: Saxo soprano, gaitas e percusión tradicional


CREDITOS
Vestiario: Ramón Santos
Deseño Iluminación: Antón Cabado
Deseño Maquillaxe: Lilianne Frías
Fotografía: Javier Paz
Deseño Gráfico: Mutador Estudio www.mutador.com
Director Técnico: Juan Vázquez
Técnico de Luces: Antón Cabado
Técnico de Son: Pachi Baldomir
Produción: Nova Galega de Danza



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de la Luz (Boimorto)
http://www.festivaldelaluz.es/gl/entradas/
(texto engadido o día 30/ / 8/ / 12 )


Un día: 10 € / Dous días: 15 € (+ gastos de distribución)
A entrada inclúe acampada gratuíta.
A recaudación destinarase a unha causa solidaria: a loita contra o cancro, a través da Asociación Española contra el Cáncer (AECC) de Galicia.

Un evento solidario, comprometido co medio rural e cunha anfitrioa de excepción. Luz Casal convídanos á súa casa natal en Boimorto para gozar dun festival único no que escoitar a artistas da talla de Manolo García, Vega, Rosendo, Dover ou a propia Luz; gozar da gastronomía e de actividades para toda a familia e coñecer as mellores iniciativas produtivas do noso medio rural.

O Festival de la Luz é unha experiencia singular. A infraestrutura dun gran festival trasladada a unha pequena localidade do interior de Galicia: Boimorto. Na aldea de Andabao atópase a casa natal de Luz Casal, rodeada de campos agrícolas que, por uns días, se transformarán no escenario dunha das citas culturais máis atractivas do ano.

Luz Casal é a anfitrioa de Festival de la Luz. Convídanos á súa casa a gozar da súa música e da de artistas e grupos amigos da calidade de Manolo García, Dover, Rosendo, Vega, Chris Barron, Luar Na Lubre, Di Elas, Christina Rosenvinge, Basia Bulat, Nova Galega de Danza... Actuarán en dous espazos: o Escenario de la Luz (escenario principal) e o Escenario SON Estrella Galicia (escenario acústico), na Praza da Cebada do Mercado de la Cosecha.

Pero Festival de la Luz non é só música. Nel teñen cabida actividades de todo tipo dirixidas ao público de todas as idades: talleres, teatro, actividades infantís e a mellor gastronomía de Galicia danse cita en Boimorto. O festival xorde dun compromiso decidido co desenvolvemento socioeconómico do medio rural, e por iso nel ten un espazo destacado o Mercado de la Luz, unha mostra das iniciativas produtivas que innovan e fomentan a calidade de vida no rural. Trátase dun mercado no que probar os mellores alimentos da nosa terra e experimentar os produtos e servizos que ofrecen as empresas do rural que apostan pola innovación, a calidade e a sustentabilidade en sectores como o agroalimentario, as novas tecnoloxías, o medio ambiente...
- Novidades Carminha- Luar Na Lubre- Nova Galega de Danza- ith -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero)
http://www.ghastaspista.com/engado.php
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )
A prensa di:

"Gozoso y excitante". EP3 - El País
"Otro derroche de calidad y buen gusto". Faro de Vigo
"A naturalidade por bandeira". Galicia Hoxe

A música de Engado (Falcatruada, 2007), concebida por Xosé Lois Romero para o espectáculo homónimo da compañía Nova Galega de Danza, é unha boa mostra do brillante momento que está a vivir na actualidade a música feita en Galiza. Trátase dunha proposta na que a contemporaneidade bebe das raíces da música tradicional e do folk para refundarse nun novo estilo, propio e ben definido.

O disco aporta unha sonoridade fresca e sorprendente que abrangue dende a gaita galega até o vibráfono, o acordeón ou a voz, interpretados por músicos do prestixio de Pedro Lamas, Xabier Díaz, José Belmonte, Miguel Queixas, Miguel Castro, Suso Iglesias e Richi Rozas. Unha mestura de talentos para un produto sen fisuras: un traballo esquisito; puro ritmo e poesía.

O anterior traballo (e ópera prima) de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza,Alento(2005), foi recoñecido como Mellor Disco Galego do Ano (V Premios Opinión), Mellor Disco de Folk (Revista Efe-eme) e finalista aos Premios Max á Mellor Canción en Galego. Agora, lonxe do conformismo, renóvase cun disco gravado ao vivo nos Estudos Mans da Coruña, que ofrece a calidade, a emoción e a forza das súas interpretacións en directo nas representacións da Nova Galega de Danza.
- Nova Galega de Danza -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo
http://www.fuxanosventos.net/nova.php?filId=16&filLin=G
(texto engadido o día 9/ / 10/ / 09 )


Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo o próximo 12 de outubro (Praza Horta do Seminario, entrada de balde), dentro do programa de Festas de San Froilán da cidade amurallada. O concerto dará comezo ás 21:00 h.

Acompañando ao grupo estarán desta vez Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.
- Fuxan Os Ventos -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fuxan os Ventos presenta novo disco
http://www.anosaterra.org/nova/34909/fuxan-os-ventos-presenta-novo-disco.html#
(texto engadido o día 1/ / 10/ / 09 )


Fuxan os Ventos presenta o 14 de outubro en Compostela 'Terra de Soños', un libro cd e un en dvd co espectáculo celebrado no Auditorio de Galicia que supuxo o regreso da banda tras case dúas décadas sen subirse aos escenarios

Arteria Noroeste acollerá a presentación de Terra de Soños, un libro cd e dvd no que a banda de música tradicional e folk fai un repaso polo seu repertorio acompañada de convidados de renome. Tanto o cd como o dvd recollen o espectáculo que a banda ofreceu no Auditorio de Galicia, en Compostela, no que se escenificaron a estreita vinculación que entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do folk que caracterizan ao grupo.

Ademais de reunir a todos os membros de Fuxan os Ventos sobre o escenario tras case vinte anos do seu último concerto, Terra de Soños contou con convidados de luxo da altura de Xabier Díaz, Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón, Pepe Ferreirós, Rodrigo Romaní, a Nova Galega de Danza e cunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto.

Con oito discos editados e una traxectoria de máis de trinta anos comprometida coa identidade de Galiza, Fuxan os Ventos traspasou fronteiras e xeracións. Con este traballo ofrece unha visión renovada e actualizada do seu legado musical.
- Fuxan Os Ventos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



'TERRA DE SOÑOS', O VINDEIRO MARTES EN FERROL
http://www.fuxanosventos.net/nova.php?filId=15&filLin=G
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 09 )


Fuxan os Ventos estarán de novo sobre os palcos, desta vez coa actuación en Ferrol o próximo 25 de agosto (Praza de Armas, entrada de balde), dentro das Festas de Verán da cidade e do programa Vai de Camiño do Xacobeo. Lembremos que Fuxan os Ventos voltaron aos escenarios, tras case unha década, o pasado mes de outubro, cun dúas actuacións no Auditorio de Galiza, en Compostela. O espectáculo 'Terra de Soños', que agora se traslada á cidade ferrolá, verá a luz a finais deste ano en formato digipack (CD + DVD).

Na escenificación da estreitísima vinculación entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do noso folk atópase o eixo que vertebra este Terra de soños: Fuxan os Ventos contará co acompañamento dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto, e de dous dos nomes máis senlleiros da música galega: Xabier Díaz (Berrogüetto) e Nova Galega de Danza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A `Tradicción´ sen trampas de Nova Galega de Danza
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Tradiccion/sen/trampas/Nova/Galega/Danza/elpepuespgal/20
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 09 )
"Achegarnos máis á raíz foi un reto", di Pedro Lamas

Ó. IGLESIAS

O camiño da Nova Galega de Danza (NGD), inédito en Galicia na súa mestura de tradición e danza contemporánea, segue producindo. O seu terceiro proxecto, Tradicción, presentado hai agora nove meses no Teatro Rosalía, sae en disco o vindeiro 16 de xuño. "Comercialmente, a vida dun espectáculo son dous anos e medio como moito, así que aínda estamos na xestación", di Pedro Lamas, compositor e director musical da Nova Galega.

En Tradicción "non hai trampa". "Toda a música que se escoita aquí é a que reproducimos en directo". Masterizado por Guillerme Fernández, o traballo -editado e distribuído por Falcatruada e Lonxa Cultural, tamén dispoñible nas tendas da Rede- responde ao concepto dos seis músicos e sete bailaríns da compañía: a banda sonora do espectáculo. O disco recolle 11 temas que queren achegarse á tradición "máis que nos espectáculos anteriores". Por unha parte, pezas recoñecibles desde Os Ancares a Bergantiños, coma o Alalá do Cebreiro.

Pero tamén composicións das que se recollen a pé feito. "Muiñeira de Sofán correspóndese co repertorio d'Os Queixas, un cuarteto de gaitas que aínda funciona na parroquia de Cerceda, onde puidemos contactar co gaiteiro Manuel Gende". O mesmo acontece co Pasodobre de Carelle, que lle aprenderon ao gaiteiro Manuel Lago, ou Moliñeira de Bazal. A extensión do disco - 61 minutos, e sen DVD- está condicionada polo uso escénico no espectáculo. "Non son temas axeitados para a radio", convén Lamas, "pero o obxectivo do disco non é concibir cortes para radiofórmula".

O de ir máis alá na apertura cara ao tradicional, despois de Alento (2003) e o multipremiado Engado (2007), non o ve coma un paso atrás. "Foi un reto", di Lamas, que xoga coa adicción -"gusto por ese material"- e a polisemia da tradición: "Pretendemos reformular os elementos que forman parte do noso patrimonio e darlles unha perspectiva diferente na coreografía, na música e na escenografía". Na idea de vencellar a tradición a algo recoñecible para todo o mundo, achéganse ao estándar "con respecto polo coñecemento do público, e coidándonos de que non sexa unha caricatura do orixinal". O traballo de NGD, neste sentido, segue sendo aportar visións diferentes para melodías xeralmente pensadas para gaita, redobre e voz. Na súa versión falamos dun conxunto instrumental de vibráfono (Juan Collazo), guitarra (Ricardo Rozas), acordeón (Suso Iglesias), voz (Xabier Díaz e Toño Domínguez), batería e percusións (Miguel Queixas) e o propio Lamas, con saxo soprano, gaita e percusión tradicional).

Desde o debú en 2001, cando os bailaríns Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz se xuntaron con Xosé Lois Romero -que hoxe dirixe a música de Ovay para Quique Peón, no Salón Teatro- e quedaron finalistas no IX Certamen de Danza Española y Flamenco, Nova Galega convertéronse nunha sorte de pioneiros sen referentes en Galicia. Outra cousa é vivir da música. Ademais de simultanear proxectos, o substento "máis constante" é a docencia.

A xira comeza agora por Sanxenxo e Zaragoza, a falta de confirmarse o cartel do Festival de Ortigueira. O que poida vir despois, e o futuro do Centro Coreográfico Galego, forma parte da mesma historia. "Se a danza xa sofre para achegarse socialmente á xente, todo o que sexa reducir esforzos debémolo lamentar todos".

Noticia enviada por Xan Rolei

- Nova Galega de Danza- Tradicción -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Mostra de Artesania de Galiza - MOA 2009
http://www.moagaliza.org/gl/programas-axenda.asp
(texto engadido o día 23/ / 2/ / 09 )


AXENDA CULTURAL.

27 de febreiro:
10:00 – 20:30h: Galería MOA
20:30h: Espectáculo “Tradicción” da compañía Nova Galega de Danza.
22:00h:
Actuación musical de Nordestinas.

28 de febreiro:
10:00 – 20:30h: Galería MOA
20:30h: Actuación musical de Susana Seivane.
22:00h:
Actuación musical de Bonovo.

1 de marzo
10:00 – 20:00h: Galería MOA


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Un guiño a la danza galega de “Tradicción”
http://www.aprendemas.com/Breves/DetalleBreve.asp?Breve=8157
(texto engadido o día 6/ / 2/ / 09 )


“Míralos bien, porque no están solos en el escenario… traen consigo un país entero que lleva siglos bailando”. De esta forma define la poetisa y artista galega Lucía Aldao “Tradicción”, una obra de la Nova Galega de Danza (NGD) bajo la dirección artística de Jaime Pablo Días y Vicente Colomer basada en danza contemporánea de raíces folclóricas que traslada al espectador al baile y música propios de Galicia. Será los días 11 y 12 de febrero a las 20:30 horas en el Teatro de Madrid.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Comeza a edición invernal do programa cultural Vai de Camiño
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=13895
(texto engadido o día 24/ / 1/ / 09 )


O programa “Vai de Camiño” 2009, organizado pola Sociedade
Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, inicia mañá venres unha nova
edición, a cuarta, coa novidade da incorporación dunha programación
específica para o inverno. Esta programación dá cabida a propostas
artísticas adaptadas aos espazos cubertos dispoñibles nos concellos
polos que transcorren as diversas rutas xacobeas. A oferta constará
basicamente de grupos de danza, canción de autor e concertos de
pequeno formato. Lugo, Ribadeo e Ferrol acollen esta fin de semana
as primeiras actuacións a cargo do grupo de danza contemporánea
“Thomas Noone Dance”. Tomarán parte da programación de inverno
compañías de danza como Nova Galega de Danza e novos intérpretes
como Andrés Suárez, Samuel Leví ou Roberto Sobrado, que contarán
co apoio dun amplo abano de artistas consagrados neste xénero
como Xoán Rubia, Xoán Eiriz, María Manuela, Miro Casavella, Joaquín
Lera ou Xurxo Mares, entre outros.

+ 1 noticia relacionada

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Nova Galega de Danza - Tradición
http://es.youtube.com/user/anosaterraTV
(texto engadido o día 16/ / 9/ / 08 )




http://www.anosaterra.org/nova/estrease-tradiccin-o-novo-espectculo-de-nova-galega-de-danza-.html:

A compañía Nova Galega de Danza e o Centro Coreográfico Galego (CCG), da Consellaría de Cultura e Deporte, estrean Tradicción, o venres 12 de setembro ás 21.00 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A montaxe, que estará no mesmo escenario tamén o sábado 13, pertence ao programa de coprodución 2008 do CCG.
Con este novo espectáculo Nova Galega de Danza pretende afondar nos elementos tradicionais da cultura galega desde a contemporaneirade. Está dirixida e coreografiada por Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, que interpretan a peza xunto a outros cinco bailaríns e bailarinas: Alba Vázquez, Emma Cabañas, Laura García-Vera, Lorena Ballesteros e Iván Villar. A dirección musical correspóndelle a Pedro Lamas, quen actúa en directo en cada representación nun conxunto de sete músicos.
Réxime de coprodución
A montaxe foi deseñada en réxime de coprodución co Centro Coreográfico, dentro do grupo de proxectos que parten da iniciativa privada pero reciben da entidade pública unha dotación económica.
Tradicción contou coa titoría artística de Mateo Feijoó, coreógrafo e director de Laboral Escena de Xixón, quen compartiu o proceso creativo con Nova Galega de Danza. A compañía galega colaborou para o espectáculo con artistas doutras disciplinas, traballando aspectos coma o deseño do espazo escénico e a videocreación.
Despois da súa estrea na Coruña, Tradicción iniciará unha xira por Galicia que a levará polos principais espazos das catro provincias.

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12950



“En Galicia existe unha fonda tradición de baile e o que quixemos facer foi recuperalo para presentalo nun espectáculo que crease un estilo novo pero sen perder nin a nosa identidade como grupo nin o da particularidade da danza”. Deste xeito sintetiza Vicente Colomer, codirector artístico do terceiro espectáculo de Nova Galega de Danza, o que pretende esta montaxe. Comparte cos anteriores traballos (Engado e Alento) un peculiar estilo renovado, moi contemporáneo cunha base da danza e baile galego acompañada dunha música tradicional. Pero sepárase do anterior en que se trata dun traballo moito máis elaborado. Música en directo, coreografías moito máis traballosas e un vestiario moi contemporáneo inspirado nas antigas vestimentas son algunhas das claves desta montaxe.

Recuperar a tradición
Os espectadores de Tradicción recoñecerán moitas das músicas que se presentarán nesta montaxe, pero escoitaranas con outro ritmo, é dicir, adaptadas. Este exemplo sirve de carta de presentación para a coreografía. Vicente Colomer explica que “malia que nós non facemos traballo de campo, aproveitamos todo o que hai investigado por parte de numerosos grupos por toda Galicia para recuperalo”. O que fixo de guía e asesoramento foi Xabier Díaz, que é membro da compañía e que aproveitou toda a súa bagaxe nesta materia para este espectáculo. Unha base de traballo que permite que os coreógrafos desta montaxe puideran reinterpretar o baile tradicional e darlle, non só o estilo propio da compañía, senón tamén a túa reinterpretación.

Xabier Díaz estivo durante máis de quince anos recuperando músicas e danzas tradicionais cando formaba parte de Xacarandaina. E o resultado destes traballo son máis de seiscentas horas de gravacións así como múltiple material documental que ten na súa casa á espera de ser convenientemente catalogadas e arquivadas. Con esta base, Díaz fixo un traballo de transmisión de tentar comunicarlle aos bailaríns de Nova Galega de Danza non só os pasos das diferentes coreografías, senón tamén de cómo se habían de executar e interpretar todas eses pasos. Xabier explica que “no baile tradicional hai unha cousa que os maiores lle chamaban o xeito ou a gracia que lle confería ás coreografías un especial xeito de baile que é o que teu tentei explicar”. É precisamente aquí onde radica a especial dificultade de poder transmitir este “xeito” con efectividade que sirva para unha reinterpretación correcta dos pasos de baile e onde o traballo de Xabier se convertiu nun punto moi destacado. Sen embargo, este músico réstalle importancia asegurando que “hai multitude de pequenos arquivos de carácter persoal que teñen feito este mesmo traballo. A nivel técnico eramos xente relacionada co baile e coa música, pero non tiñamos conceptos para ordenar e documentar todo ese material para que ese arquivo no futuro sexa realmente útil”. Díaz asegura que, no seu caso particular, houbo algúns intentos e algúns contactos para poder arquivar e conservar o patrimonio que el mesmo gardou e dixitalizou na súa pasa pero que acabou en nada. Pero reflexiona en que “urxe unha univdade móbil e un equipo de xente competente para arquivar e gardar todo ese material e, cómpre facelo con rapidez porque aínda quedan moitas cousas que se poden gravar e que urxen desde este punto de vista e que corren o risco de perderse para sempre”. Con este traballo, Nova Galega de Danza, pretendeu render a súa particular homenaxe non só aos bailaríns tradicionais, senón tamén a todos aqueles que contribuíron a que ese material non se perdera.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Artistas galegos pedirán que a tradición musical figure no Estatuto de Autonomía
http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.jsp?CAT=106&TEXTO=5511619
03/02/2007
(Firma: Xesús Fraga)

¿Debe a tradición musical galega figurar na redacción do vindeiro Estatuto de Autonomía? Esta foi a pregunta que lles formulou o compoñente de Luar na Lubre Bieito Romero a dez artistas no programa Un mundo de músicas , que conduce as fins de semana en Radio Voz. A opinión case unánime foi positiva respecto á posibilidade de que a música reciba un tratamento e unha protección específicas no documento, un recoñecemento que debería servir de pulo para mellorar a situación da música galega, segundo Romero. «Sería un paso de xigante, pero sen esquecer que tería que ser tamén o primeiro paso para poñer en marcha outras iniciativas», explica.

No programa que se emite esta tarde expoñeranse as opinións de Emilio Cao, Mini (A Quenlla), Óscar Fernández (ex Os Cempés), Guadi Galego, Miro Casabella, Xosé Lois Romero (Nova Galega de Danza), Sara Lourenço (Luar na Lubre), Manuel Rico e Xosé Ferreirós. Romero, que tamén preguntou aos artistas pola súa opinión acerca da situación actual da música en Galicia, adianta que a iniciativa terá continuidade noutros programas, para os que entrevistará a máis músicos e intelectuais. «Trátase de abrir o debate e propiciar a reflexión, ademais de ser unha chamada de atención á sensibilidade de quen deben ocuparse destas cousas», di Romero.

O gaiteiro de Luar na Lubre lembra que o Estatuto andaluz reivindicou o flamenco, e que Bretaña e Irlanda acadaron un nivel de protección e promoción das súas músicas que poderían servir como referencia. Romero cita ideas como o ensino da tradición musical galega nas escolas, a creación de museos ou arquivos etnográficos. «Temos unha gran riqueza, que ademais está viva, non é unha cousa do pasado, e hai que facer algo para valorala», resume.

Mesa de traballo

Romero cre que cantas máis opinións se escoiten, mellor, polo que confía en que a iniciativa teña continuidade e que desemboque nunha mesa de traballo que presente as propostas. «A música tamén é unha forma de identificación, como tamén o é o idioma, polo que cremos que sería bo que tivese un recoñecemento á súa especificidade», conclúe. «Un mundo de músicas». Radio Voz. De 17.00 a 18.00 horas.

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



A compañía Nova Galega de Danza presenta «Engado»
http://www.lavozdegalicia.es/ed_pontevedra/noticia.jsp?CAT=112&TEXTO=5231617


A compañía Nova Galega de Danza presenta hoxe no Pazo da Cultura o seu segundo espectáculo, Alento, no que afonda no camiño de fusionar en vivo a tradición folclórica galega coa danza contemporánea.

Seis músicos e cinco bailaríns -tres homes e duas mulleres- participan neste espectáculo que conta con vestiario do deseñador vigués Cristóbal Vidal, que enscolleu a compañía para presentar o seu primeiro desfile individual na Pasarela Gaudí do pasado ano.

Segundo subliñou o coreógrafo da compañía, Vicente Colomer, Engado, que conta con música en directo, fala das ilusións, pero non das utópicas senón de que «incorporemos as ilusións á nosa vida cotiá, que fagamos do mapa dos nosos soños o mapa da nosa vida».

O choque permanente entre a ilusión e a realidade camiña parello ao devir dos pobos. Os ilusionistas de a pé chegan desexosos de contar historias, esas historias que bulen de avós a pais e de pais a fillos, con doces desexos mesturados cos fíos da realidade.

Nova Galega de Danza agasállanos con contos marabillosos onde hai sabor a mar e a centeo, e destelos da luz do sol e tamén da lúa. As entradas para a única función custan 6 euros e están a venda hoxe na billeteira do Teatro Principal, de 11 a 14 e de 17 a 19 horas, e no Pazo da Cultura desde ás 19.30 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"Engado", de Nova Galega de Danza e "Hamlet", de RTA foron os espectáculos con maior recadación
http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=7949
O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) achega no seu último boletín electrónico E-SCENA os datos de público e de recadación dos espectáculos que percorreron a Rede Galega de Teatros e Auditorios no primeiro trimestre de 2006. Segundo estas cifras a obra "Engado" de Nova Galega de Danza, foi a que máis recadou neste período, con 3.765 euros por función.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* «Este disco evoca sensacións»

* Os Melidaos, Algarabía e Xabier Díaz, nas V Xornadas de Cultura Popular - Diario de Ferrol

* Nova Galega de Danza presenta a música do seu espectáculo Tradicción

* Vellas Artes o novo traballo conxunto de Vaamonde, Lamas & Romero



Nova Galega de Danza



Web oficial

web en youtube

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Nova Galega de Danza:
Engado
Nova Galega de Danza:
Alento





buscar mais información
sobre Nova Galega de Danza en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Nova Galega de Danza en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]