Resultados para:

Museo do Pobo Galego
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Museo do Pobo Galego':


Xornadas Etnográficas do Morrazo
https://www.facebook.com/events/377766029426139/
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 18 )


Proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo e organizado pola Asociación Cultural Peis d'hos, con obradoiros de música, baile e traxe tradicionais galegos, charlas e exposicións.

PROGRAMA:
28/08-02/09, Bueu: exposición do traxe tradicional de Lugo Traxandaina Traxe Tradicional
29/08, Moaña: Obradoiro de cestería ecolóxica con Mª Xosé Martínez
30/08, Bueu: Presentación da páxina web da APOI - Museo do Pobo Galego
31/08, Moaña: Obradoiro de gaita con Bruno Villamor de Cántigas e Frores
01/09, Moaña: Obradoiro de teciduría en tear con Mª Xosé Martínez
Charla sobre tecidos e o seu uso na vestimenta con Panos d'aquí
Bueu: Obradoiro de canto e pandeireta con Xurxo Fernandes.
02/09, Cangas: MOSTRA ETNOGRÁFICA DO MORRAZO con Cantigas e frores, Trébede e A. C. Xacarandaina

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiros da Nova Escola Galega (Ames)

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 17 )


Sábado 7 de outubro ás 10:00h


OBRADOIROS: Técnica vocal (Nastasia Zürcher), Xestión Cultural (Diego Vázquez Meizoso), Canto tradicional e pandeireta (Davide Salvado), Iniciación ao audiovisual (Seispés Producións Creativas) e Novas masculinidades (Sonia Fernández Casal e Xosé Cabido Pérez)

INFORMACIÓN:

**7 DE OUTUBRO / “O meu corpo como instrumento”. Taller vocal e corporal

Horario: 11 a 14h e de 16 a 19h
Matrícula: 60 € / 45 € socios/as NEG
Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns) Por confirmar
Imparte: Nastasia Zürcher
Recentemente gañadora do Premio Martín Códax da Música na categoría de Blues, Funk & Soul, esta xoven cantante e compositora suízo-galega leva máis de 10 anos dedicándose plenamente á música, cunha gran formación que vai desde a coñecida escola compostelá “Estudio, escola de música” ata a súa graduación en “Canto, Interpretación y Técnicas de Escenario” na Escuela Internacional de Artistas de Jesús Yanes (CEV, Madrid). A día de hoxe e tras pasar como alumna polas mans de moitísimos profesionais da técnica vocal e as artes escénicas, Nastasia conta cunha carreira musical en pleno auxe, está a piques de sacar o seu segundo disco ao mercado e é considerada unha das mellores cantantes e formadoras en técnica vocal de Galicia.

Descrición do obradoiro:
Toma de contacto cas diferentes e amplísimas posibilidades vocais e físicas do noso instrumento chamado corpo.
Dirixido a quen desexe profundizar nos seu coñecementos e vivencias sensoriais coa súa propia Voz.
Trataremos os seguintes puntos:
1. A voz como instrumento. Que é o son? Introdución sobre o aparato vocal e a respiración.
2. Preparación e conexión co meu corpo - Equilibrio interno.
3. As emocións como motor verdadeiro para as diferentes calidades vocais - Sentir é transmitir.
4. A improvisación como método de investigación e descubrimento.

Necesidades:
Roupa cómoda e unha manta ou esterilla.

**28 E 29 DE OUTUBRO/ “Organización e implementación de actividades culturais: taller de xestión sociocultural”

Horario: 10 a 14h e de 16 a 18h
Matrícula: 60 € / 45 € socios/as NEG
Lugar: Sede de NEG (R/ das Hedras, 4-2ºO. Novo Milladoiro)
Imparte: Diego Vázquez Meizoso
É xestor cultural e traballou, entre outros, no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, no Festival Internacional de Teatro Universitario de Galicia, nas actividades do 30 aniversario do Museo do Pobo Galego e na produción do ALT (festival alternativo das artes escénicas de Vigo), do Corpo(a)Terra (festival de danza e artes do corpo de Ourense) e do ciclo musical De Lugares e Órganos. Como docente ten impartido obradoiros e monográficos sobre xestión cultural, análise fílmica, teatro e desenvolvemento persoal ou traballo sobre a memoria a través do audiovisual en, entre outros, diversas asociacións e espazos de formación, Concello de Santiago ou Escola Unitaria.

Descrición do obradoiro:
A xestión cultural como concepto mudou radicalmente nos últimos anos, por causas socioeconómicas evidentes, cara un traballo máis horizontal de contacto coa comunidade, participación e labor sociocultural. Neste curso aprenderemos as claves para a organización de acción culturais dentro destas novas coordenadas profesionais, en contextos de proximidade e con actividades enfocadas ao desenvolvemento sociocultural e educativo das persoas.

NOTA: Se os/as participantes están inmersos/as nalgún proxecto ou teñen unha idea tentaremos ir encaixando cada un dos conceptos e puntos do programa dentro do marco de traballo dos mesmos, co gallo de que o obradoiro sexa o máis personalizado posible.

**4 DE NOVEMBRO / Taller de percusión e canto tradicional

Horario: 10 a 14h e de 16 a 20h
Matrícula: 60 € / 45 € socios/as NEG
Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns) Por confirmar
Imparte: Davide Salvado
É sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país e vén de gañar o Premio Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música. Co seu último traballo, “Lobos” está a acadar un gran recoñecemento a nivel internacional.

Descrición do obradoiro:
Curso de canto e pandeireta. Aprenderemos técnica de ámbolos dous instrumentos, así como repertorio e interpretación aplicados ao noso folclore.

Necesidades:
A túa pandeireta, roupa cómoda e unha manta ou esterilla.

**18 E 19 DE NOVEMBRO / Iniciación ao audiovisual. Aprende a facer os teus propios vídeos

Horario: Sábado de 10 a 14h e de 16 a 20h e domingo de 10 a 14h
Matrícula: 60 € / 45 € socios/as NEG
Lugar: Sede de NEG (R/ das Hedras, 4-2ºO. Novo Milladoiro)
Imparte: Seispés Producións Creativas
Produtora audiovisual, comunicación, deseño gráfico e produción musical que nace do desexo dun grupo de profesionais xóvenes e dinámicos de dar renda solta á súa creatividade.
www.seispes.com

Descrición do obradoiro:
Darémosche os recursos necesarios a través de contidos teóricos (valores de plano, movementos de cámara, son, fases e tarefas de preprodución, produción e postprodución...) e exercicios prácticos (guionización, gravación e montaxe), para que aprendas a facer pezas audiovisuais de maneira sinxela, xeitosa e asequible, ben para ti ou para traballar con grupos ou na aula.

Necesidades:
Trae un teléfono móbil e os cables correpondentes para poder cargar a batería e volcar o que gravemos no teu ordenador portátil. Comproba que este teña instalado algún programa de edición como poden ser o Movie Maker (pc) ou o IMovie (Mac).

**24 E 25 DE NOVEMBRO / “Autoestima feminina e novas masculinidades: Desaprendendo o sexismo desde as aulas”
(ACTIVIDADE HOMOLOGADA POLA XUNTA CON 12H DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO)

Horario: Venres de 17 a 21h e sábado de 10 a 14h e de 16 a 21h
Matrícula: 50 € / 30 € socios/as NEG
Lugar: Sede de NEG (R/ das Hedras, 4-2ºO. Novo Milladoiro)
Imparte:
Mª Sonia Fernández Casal: Licenciada en Ciencias Exactas. Máster en Xénero e Políticas de Igualdade.
Xosé Cabido Pérez: Licenciado en Filosofía. Co-responsable da Dinamización de Igualdade do IES Plurilingüe Fontexería.

Obxectivos:
• Presentar ferramentas e metodoloxía que permita realizar seminarios temáticos con alumnado de secundaria, separados por sexos, nos que abordar aqueles aspectos da construción da identidade de xénero que dificultan ou impiden o mantemento de relacións de igualdad entre os sexos.
• Reflexionar sobre formas de afortalar a autonomía e a autoestima das alumnas desde as aulas.
• Reflexionar sobre como promover o compromiso dos alumnos coa igualdade, a renuncia aos seus privilexios de xénero e a superación dos aspectos máis nocivos para eles mesmos do modelo masculino imperante.
• Coñecer mellor a forma na que viven alumnas e alumnos a súa identidade de xénero.

Metodoloxía:
Presentarase a experiencia desenvolvida en aulas de 2º, 3º, 4º de ESO e en 1º de BAC, dentro do proxecto coeducativo “Nós tamén navegar” do IES Plurilingüe Fontexería (Muros). Reproduciranse as dinámicas e actividades que se realizan co alumnado, en obradoiros separados por sexos, no marco deste proxecto que recibiu o III Premio Concepción Arenal da deputación da Coruña.

TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN WWW.NEG.GAL

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Curso de análise musical en O Fiadeiro (Vigo)

(texto engadido o día 14/ / 6/ / 17 )


Sábado 17 de xuño ás 10:00h
ACF O Fiadeiro.
R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.
Vigo.


Curso de introdución á análise de cancións tradicionais
8 horas de duración.

Nº máximo de participantes: 15
Prezo socios 45,00 euros
Prezo non socios 50 euros

Contidos
O sistema de análise comprende os seguintes puntos:
• Aspectos básicos da notación e edición da partitura
• Conxunto de notas, ámbito, escala
• Compás, ritmo
• Cadencias, perfil melódico, forma
• Métrica poética, número de sílabas, forma do texto
• Función, ocasión; outros datos
• Descrición dos xéneros musicais galegos

Como introdución á análise propiamente dita, falaremos de características xerais da música tradicional galega, en especial da canción, e da música de tradición oral en xeral. Prestaremos especial atención á relación entre música e texto. Consideracións xerais sobre as variantes e a variación como elemento esencial da canción tradicional. O traballo con partituras (que cantamos antes de analizalas) será ademais acompañado de audicións musicais.

Obxectivos
• Comprender as estruturas musicais das que se compón a canción tradicional.
• Coñecer algúns dos criterios máis empregados na descrición de repertorios musicais.
• Obter os coñecementos básicos cos que acometer a descrición e clasificación iniciais da música tradicional.
• Obter unha comprensión xeral dos procesos creativos inherentes á interpretación tradicional (fundamentalmente a variación melódica).


Info para público
Queres saber algo máis sobre:
• as variantes dunha mesma melodía e como varían ou improvisan os músicos tradicionais?
• a importancia do ámbito para datar a antigüidade dunha melodía?
• a relación entre música e texto e as distintas formas estróficas postas en música?
• a métrica do verso dunha canción galega e en que se distingue da do verso dunha canción inglesa?

Sergio de la Ossa

Etnomusicólogo, encargado desde 2007 dos arquivos de música tradicional do Museo do Pobo Galego (www.apoi.museodopobo.gal). É mestre especialista en Educación Musical (USC, 1999) e no método Kodály (2010); ensinou música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, Hungría) entre 2011 e 2015. Ofrece regularmente cursos e conferencias, entre os que destaca a única de temática galega no WOMEX 2014. Participou en publicacións do eido da música e do baile tradicional, como Así fan os bailadores... (Dos Acordes, 2009) ou Repente Galego (Deputación de Pontevedra, 2016) de Ramon Almuinha. Actualmente imparte aulas de teoría no Curso Maxistral da Central Folque. Publica sobre cuestións relacionadas coa análise de música tradicional no blogue www.analisemusical.wordpress.com.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

(texto engadido o día 1/ / 6/ / 17 )


Sábado 3 de xuño ás 13:00h
Mosteiro De Carboeiro.
Carboeiro.
Silleda.


OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A SÚA MAIORÍA DE IDADE

Organizada pola Asociación Intercultural Santa Ferreña, a xa consagrada cita coa música e cultura tradicional ten lugar, coma sempre, o primeiro sábado de xuño


Silleda, 21 de maio. Van xa dezaoito edicións deste encontro imprescindible para amantes da cultura e da música tradicionais: este sábado 3 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro e a súa contorna serán un ano máis o escenario dos Encontros de Música Tradicional, froito do traballo da Asociación Intercultural Santa Ferreña e centos de persoas que colaboran achegando o mellor de si.

O programa comezará, como decote, arredor da unha, cunha sesión vermú amenizada polos grupos da bisbarra, seguido pola procesión da Santa Ferreña, a querida e coñecida santa pagá que convoca todos os anos centos de devotos e devotas, acompañada polos papamoscas de Viravolta. Pero antes hai que poxar as andas... Os postos para levar a Santa serán para quen máis ferreños pague por eles, seguindo tamén a tradición. Este ano, como novidade, haberá coca.

...Para ir a unha espadela
Como cada ano, poderase visitar durante todo o día unha exposición centrada na nosa cultura popular tradicional. Este ano a mostra “... Para ir a unha espadela”, que xa estivo no Museo do Pobo Galego, recolle estas pezas artesás, que alén de ser ferramentas de traballo relacionadas co cultivo do liño tiñan un enorme valor simbólico e antropolóxico. As espadelas e espadeleiros do Val de Vea, case descoñecidos para o público en xeral e mesmo consideradas exclusivamente portuguesas por algúns etnógrafos.
Este instrumental miúdo para o traballo do liño entronca coas relacións de veciñanza que se establecían a través do traballo comunitario. Era un traballo case exclusivamente feminino, un proceso longo e laborioso que esixía grande esforzo e implicaba a toda a comunidade: cultivo, colleita, obtención da fibra e transformación desta en fío eran os pasos previos á elaboración de tecidos. Un proceso arduo que remataba por implicar ás veciñas e parentes, e por converterse nun evento social. Todas acudían coa súa espadela e espadeleiro, decoradas con rosáceas, soles, rodas, abanos, cordóns, custodias e corazóns con incrustacións de cristais e espellos e con policromía variada. Esta decoración ía en relación co prestixio social da artesá, converténdose estas pezas en “xoias” que tiñan o valor engadido de pasar de xeración en xeración. Regalos de namorados, encargadas a carpinteiros ou, as máis humildes, feitas por país, irmáns ou avós, as espadelas e espadeleiros que recolle esta mostra son testemuño dunha singular manifestación, non só laboral, senón tamén artística.
Música, contos e moito máis
O xantar popular ofrece empanada, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño ou auga e café “con gotas”, todo por 15 euros. Non ha faltar a feira de artesanía (instrumentos tradicionais, coiro, abelorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...), e, xa pola tarde, para facer a dixestión, a parte de botar unhas bailas, haberá xogos tradicionais con Xandobela e Itaca. “Eira xandobeleira” é unha ludoteca itinerante con xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.

Ademais, no patio do mosteiro atoparase o “Recuncho do tocar”, para todos os músicos e músicas que queiran botar unhas pezas nun espazo máis recollido. Xa á tarde, Celso F. Sanmartín, “Celsiño”, contador lalinense que leva ben anos investigando na tradición oral, achega unha sesión de contos titulada “Vivir do conto, contar a vida”, na capela do mosteiro. Tamén haberá lugar e tempo para un faladoiro, “Por unas papas de arroz”, faladoiro arredor das espadelas no Val de Vea, coa espadeleira Estrella Eiras e o construtor de espadeleiros Manuel Iglesias.

E xa ao que se vaia facendo noite, seguirá a foliada, que durará... Ata que o corpo aguante. Desde a Asociación Intercultural Santa Ferreña dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro insisten en que esta festa é posible grazas ao traballo desinteresado e laborioso de moita xente, para o que agradecen a colaboración e comprensión de todas as persoas asistentes. Sinalan que para sufragar os gastos cóntase coa propia cantina da festa e cunha pequena axuda do Concello, así que convidan a quen queira manter viva esta festa a colaborar, e remarcan a importancia do respecto pola festa tal e como é, sen viren ao caso “picadiscos” espontáneos ou a presenza de xeneradores eléctricos para desenvolver outro tipo de festas, xa que os Encontros son unha vez ao ano e hai que gozalos tal e como son. Así se presenta unha nova edición dos Encontros. Como di a Santa Ferreña... Viva a xuventude e a xente vella que non morra!

------------------------------------------------------------------------------------------

XVIII ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
3 DE XUÑO DO 2017 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

13h. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

· Poxa das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA acompañada polos papamoscas de VIRAVOLTA. Haberá coca.

- APERTURA DA EXPOSICIÓN:

'... PARA IR A UNHA ESPADELA' Os espadeleiros do Val de Vea, acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín)

- FEIRA DE ARTESANÍA: con instrumentos tradicionais, coiro, abelorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...

- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, sobremesa, pan, viño/auga, café e ghotas -15€)


DURANTE ATARDE:

· 'EIRA XANDOBELEIRA' Xogos tradicionais para todas as idades con Xandobela e Itaca de Compostela.

· 'RECUNCHO DO TOCAR' no patio do mosteiro.

· 'POR UNHAS PAPAS DE ARROZ' Faladoiro arredor das espadelas no Val de Vea, coa espadeleira Estrella Eiras e o construtor de espadeleiros Manuel Iglesias.

· 'VIVIR DO CONTO, CONTAR A VIDA' Contada de Celsiño F. Sanmartín de Lalín.

E ao que se vaia facendo noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!


VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
------------------------------------------------------------------------------------------

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Máscaras Tradicionais de Entroido no Museo do Pobo Galego (Compostela)

(texto engadido o día 24/ / 2/ / 17 )


Venres 24 de febreiro ás 19:30h
Museo do Pobo Galego.
San Domingos de Bonaval s/n.
Santiago de Compostela.


Conversa coa antropóloga e profesora da Universidade Nova de Lisboa Paula Godinho, sobre os entroidos galegos e as facultades do riso como estratexia popular e desta festa como subversión.

Entrada libre.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do 17 de maio (que se fai o 14) - Compostela

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Quinta, 12 de maio
20h30 Apresentação do livro 'A imagem de Portugal na Galiza', de Carlos Quiroga (em colaboraçom com a AGAL - Associaçom Galega da Língua)

Sexta, 13 de maio (atividades organiçadas com ACentral Folque)
20h00 Apresentação do livro 'Método de acordeão diatónico', de Pedro Blanco.
22h00 Baile Asalto especial acordeom diatónico

Sábado, 14 de maio
11h00 Alborada com cabeçudos e cabeçudas polas ruas de Compostela.
11h30 Bicicletada pola língua. Desde a Alameda ata a praça 8 de março.
12h30 Roteiro infantil de reconhecemento de aves. Saída: Museo do Pobo Galego.
13h30 Sessom vermute: Blues do País. Praça 8 de março.
14h30 Jantar popular. Praça 8 de março.
18h00 Foliada dos cursos (Gentalha, Semente Compostela, ITACA.Asociación xuvenil e cultural. e CSA do Sar). Praça do Pam.
21h00 Poesia e música com Aldaolado. Praça 8 de março.
22h00 Concertos: Habelas Hainas, Os John Deeres e DJ Bigote Mix. Praça 8 de março.

Segunda, 16 de maio
20h00 Palestra, recital poético e concertos no Csoaescarnio Emaldizer.


100 anos depois continuamos a trabalhar pola língua.

"O escudo da autonomia espiritual, mais forte que as armas, é a língua", escreveu Antom Vilar Ponte há já 100 anos no seu Nacionalismo Galego, ponto de partida para a criaçom da Irmandade de Amigos da Fala. Passarom já 100 anos, mas parece que foi onte pois as reivindicaçons de aquel@s jovens, entusiasmad@s, com poucos meios ao seu favor continuam a ser necessárias. Com muitas e boas intençons, organizavam debates, editavam folhetos e mesmo fundavam escolas. 100 anos depois,sentimo-nos herdeiras del@s e continuamos a trabalhar pola língua para que as nossas crianças podam participar de umha escola em que o galego seja a língua veicular.

Celebremos este 17 de maio que temos uma língua viva, que houvo gente que luitou polos nossos direitos de viver em galego e que há semente a agromar.

Na Galiza sempre em galego!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I CURSO DE ANÁLISE MUSICAL. Introdución á análise de cancións tradicionais.

(texto engadido o día 22/ / 1/ / 16 )


Sábado, 23 de xaneiro


Queres saber algo máis sobre:

–as variantes dunha mesma melodía e como varían ou improvisan os músicos tradicionais?
–a importancia do ámbito para datar a antigüidade dunha melodía?

–a relación entre música e texto e as distintas formas estróficas postas en música?

–a métrica do verso dunha canción galega e en que se distingue da do verso dunha canción inglesa?

–a entoación non temperada, a heterofonía e outras características habitualmente descoidadas no revival da música tradicional?

Sergio de la Ossa
Madrid (1978). Etnomusicólogo, encargado desde 2007 dos arquivos de música tradicional do Museo do Pobo Galego (www.apoi-mpg.org). Mestre especialista en Educación Musical (USC, 1999) e no método Kodály (2010), docente no Instituto Kodály da Academia de Música Ferenc Liszt (Kecskemét, Hungría) entre 2011 e 2015. Ofrece regularmente cursos e conferencias, entre os que destaca a única de temática galega no WOMEX 2014. É co-autor do libro de baile tradicional galego “Así fan os bailadores” (Dos Acordes, 2009).

+ Info:
Ubicación: ACF O Fiadeiro
Duración: 8 horas
Data e horarios: Sábado 23 de xaneiro (10-14h e 16-20h)
Prezo: 45€ (socios 40€)
Data límite de inscricións: 21 de xaneiro
Inscricións e máis información: ambas vía email ou telefónica.
Vía email engadir nome e contacto telefónico.
ofiadeiro@ofiadeiro.com
629 585 355 / 986 253 585

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Contos da boapipa no Museo do Pobo Galego (Compostela)

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 15 )


O venres 23 de outubro no Museo do Pobo Galego se non o sabedes ides coñecer por fin o conto da boa pipa. E é que Vero e Santi , nolo van contar. Coa música e a voz traerán ao auditorio do Museo, bechos estraños, monstros e animais marabillosos que habitan os Contos do Animalario e Daboapipa
Daboapipa preséntanos a natureza animal doutro xeito, nun espectáculo dirixido a nenas e nenos de entre dous e seis anos, mais tamén apto para o resto da familia. Durante corenta minutos, música en directo e palabra únense para crear un universo máxico a través desta parella artística galega que conforman Vero Rilo, educadora infantil e narradora con ampla experiencia e Santi Prieto, músico que crea, compón e interpreta co acordeón, a guitarra, a frauta e un montón de trebellos simpáticos e orixinais.

O espectáculo será no Auditorio do Museo ás 17h30. As entradas están á venda en horario de apertura na recepción do Museo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A voltas co Baile no Museo do Pobo Galego (Compostela)

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 15 )



Aberta a preinscrición nas xornadas "A voltas co Baile". Este ano centrarémonos na muiñeira da man de Luís Prego no 12 de setembro en horario de mañá e tarde.
Máis información: http://www.museodopobo.gal/

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PARA BAILAR VEÑO EU - Curso de iniciación ao baile a través da Muiñeira no Museo do Pobo Galego (Compostela)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 13 )


Xornada de achegamento ao baile tradicional.
Museo do Pobo Galego
Venres, 20 de setembro de 16h00 a 19h30.

Os contidos desta xornada tratarán de achegarnos ao baile tradicional galego a través dun dos seus bailes máis representantivos, a Muiñeira, atendendo ao seu contexto social e a súa evolución. Orientada a persoas adultas sen coñecementos previos, vai estar dirixida pola educadora do Museo, Carme Campo, que conta con ampla experiencia nesta materia.

Matrícula gratuíta. Custes por materiais: gratuíto para persoas socias do Museo e desempregadas, 3€ para quen non estea en ningunha destas situacións.

Prazas limitadas. Inscrición previa antes do 17 de setembro en:
Educación e Acción Cultural
Museo do Pobo Galego
981 583 620 / deac@museodopobo.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Café da Memoria: Gaiteiras (Museo do Pobo Galego)

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 13 )


O Museo do Pobo Galego celebra unha nova edición deste programa que recolle os relatos das persoas que son fonte viva da nosa historia recente

O vindeiro día 27 de xuño, xoves, ás 18h00, celebramos unha nova edición do Café da Memoria no Museo do Pobo Galego. Nesta ocasión as protagonistas son as gaiteiras. Mulleres pioneiras como músicas profesionais que deron un paso adiante nas súas respectivas formacións musicais.

Maruxa Miguéns, Mari Beni Cubero, Conchita Redondo, María Teresa Rodríguez e Mari Carmen Rodríguez son referentes sociais para a superación de estereotipos de xénero nunha época na que o mundo da música profesional era fundamentalmente masculino.


"Moitos pensaban que tiña que estar na casa, coidando dos fillos". Estas palabras de Maruxa de Os Rosales expresan moi atinadamente o que a xente pensaba ao ver a unha muller nun escenario ou tocando nas festas. A percusionista do grupo de gaiteiros de Asados-Rianxo nos que tamén puña a voz, xunto a Teresa, Maribeni, Conchita e Mª Carmen, as gaiteiras do grupo Saudade son as protagonistas dunha nova edición do Café da Memoria que mañá vai celebrar o Museo do Pobo Galego dedicado ás gaiteiras.Estas mulleres foron pioneiras como músicas profesionais dentro da música tradicional e popular dando un paso adiante desde as súas respectivas formacións musicais nunha época no que o mundo da música profesional era fundamentalmente masculino. Foron e son referentes sociais para a superación de estereotipos de xénero que van contar a súa experiencia mañá, 27 de xuño ás 18h00 no Museo do Pobo Galego.

O Café está dentro das actividades ao abeiro do convenio do Museo co Concello de Santiago de Compostela

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Barrio de San Pedro
http://fbsp.info/
(texto engadido o día 24/ / 6/ / 13 )


MARTES 25

20.30h INTERVENCIÓN. (No Cruceiro de San Pedro)

Grito Comunal. Entrega de credenciais as persoas gritadoras oficiais de barrio. De mércores 26 ao sábado 29, todos os días ás 20:30h, esteas onde esteas gritaaaaaaaaa!!!! (as persoas gritadoras oficiais poden acreditar a xente do seu entorno iniciándoos no grito).

21.00h IMPROVISACIÓN-TEATRAL. (Na Praza da Angustia)

The Momento Impro

23.00h MÚSICA-CINE. (No Cemiterio do Parque de Bonaval)

Banda Municipal de Música musicando a película: O Prestamista.





MÉRCORES 26

18.00h MÚSICA-INFANTIL. (No Museo do Pobo Galego)

Arrolos de Salitre

22.00h MÚSICA. (Na Praza da Angustia)

ACadaCanto

23.00h CONTACONTOS. (No Adro da Igrexa da Angustia)

Celso Sanmartín






XOVES 27

22.30h. FOLIADA. (Na Praza 8 de marzo)

Lagharteiras

Vaamonde, Lamas e Romero

Radio Cos





VENRES 28

17.00h. GANCHILLO. (Rúa de San Pedro-Concheiros)

Recubrimos de fío e lá de cores, os grises accesorios das nosas rúas

18.00h. TEATRO. (No Museo do Pobo Galego)

Hámster de Histeria Teatro

19.00h. PASARRÚAS E CONCERTO. (Na Praza de Home Santo)

Banda de Lousame

20.00h. PASARRÚAS E CABEZUDOS.

Tabernícolas

21.00h MÚSICA TRADICIONAL (Na Praciña de San Pedro)

Presentación da Murga “Os lobos do espacio”

22:00 NOITE DO LASTRO. (Na Praza 8 de Marzo)

Som do Galpom

Nao

Malandrómeda







SÁBADO 29

11.00h. FEIRA.

11.00h. ALMORZO NA RÚA. (Na Praciña de San Pedro)

Cada quen leva algo e compartimos este momento

12.00h. PASARRÚAS. (Na Rúa de San Pedro)

Treboeiros da Muimenta

12.00h. CIRCO DE RÚA. (Na Rúa Concheiros)

Peter Punk A Chungatrona

12.30h. MÚSICA-INTERVENCIÓN. (Na Rúa de San Pedro)

Non te cortes con a ópera de Mónica de Nut

13.30h SESIÓN VERMOUTH. (No Torreiro)

Orquesta Canadá

14.15h. PASARRÚAS.

Habelas Hainas

17.00h. CIRCO DE RÚA. (Na praciña de San Pedro)

Peter Punk A Chungatrona

17.00h. DANZA-ORIENTAL. (Na Rúa Concheiros)

As Feiticeiras

17:00h. ROTEIRO POLO BARRIO (Sae da Praza 8 de Marzo)

Arte e historia a cargo de Compostela Offroad

19.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. (Na Rúa de San Pedro)

Grupo de música e baile tradicionais Brincadeira

18.00h. PASARRÚAS. (Na Rúa Concheiros)

Treboeiros da Muimenta

19.00h. BATUCADA. (Na Rúa Concheiros)

Batucada San Xerome

20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA

20.30h. CONCERTO. (Na Rúa Concheiros)

The Tetas’ Van

21.30h. TEATRO. (Na Rúa Concheiros, no Colegio Juventud)

Carauta Teatro.

22.30h. VERBENA. (No Torreiro)

Orquesta Canadá

00.30h. PASARRÚAS PIROTÉCNICO.(Rúa dos Concheiros)

“Ragnarok” Kull d’Sac.

Importante:avisamos ao público asistente da conveniencia de usar gorras e roupa forte (vaqueira ou similar) con o fin de evitar incidencias con a pirotecnia.






DOMINGO 30

10.00h. DEPORTE. II Romaría do Fútbol. (Campo de Belvís)

Máis información aquí.

11.00h. PASARRÚAS.

Quarteto da Gentalha do Pichel

12.30h. CONTACONTOS. (No Centro de Interpretación Ambiental, no parque de Belvís)

Anxo Moure

12.00h. PASARRÚAS. (Rúa de Home Santo, Cruceiro, Praza 8 de Marzo, Praciña de San Pedro)

Grupo de Baile e Gaiteiros da Xuntanza

14.00h. ROMARÍA. (Parque de Belvís)

Os Estalotes

Xandobela

Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional

Cerámica

Inchables

Polbo e Churrasco

20.30h INTERVENCIÓN. (Belvís)

Desconcerto de Gritos e Silencio en Sol Maior. Xuntaranse tod@s @s gritador@s oficiais acreditados e iniciados. Finalmente se efectuará a recollida de acreditacións para evitar apegos a acción sonoras excesivas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Barrio de San Pedro (Compostela)
http://fbsp.info/programa/programa-das-festas-2012/
(texto engadido o día 26/ / 6/ / 12 )


Programa do 2012
27, 28, 29, 30 de Xuño e 1 de Xullo de 2012


MÉRCORES 27

22.00h MÚSICA. (Praza da Angustia)

Talabarte

23.00h CONTACONTOS. (Adro da Igrexa da Angustia)

María da Pontragha





XOVES 28



20.00h. VIDEO-FORO (Na Xuntanza, Rúa Fraguas)

A crise da débeda

22.30h. FOLIADA. (Praza 8 de marzo)

Maghúa
Os Modernos
Ardentía





VENRES 29

19.00h. ENCONTRO DE CORAIS. (Museo do Pobo Galego)

Coral «A Xuntanza»
Duo Mara
Coral José Saramago

19.00h. PASARRÚAS E CONCERTO. (Praza de Home Santo)

Banda de Lousame

19.00h. PASARRÚAS E CABEZUDOS. Tabernícolas
20.30h. DANZA. (Na Praciña de San Pedro)

Mostra do Centro Starben
«Un disfraz equivocado» Cía. Cisma

22:00 NOITE DO LASTRO. (Praza 8 de Marzo)

Presenta: Leo i Arremecághona!
Sacha na horta
Dios Ke Te Crew
Terbutalina





SÁBADO 30



10:00h. PERFORMANCE. «Alborada de Pedra».Diana musical a cargo de Mónica de Nut.
11.00h. FEIRA. (Rúa de San Pedro)
11.00h. ALMORZO NA RÚA. (Praciña de San Pedro)
11.00h. PASARRÚAS. Un de cada.
12:00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. (Na Praciña de San Pedro)

A Rebelión da Décima Musa V

12.30h. LÍNGUA DE SIGNOS. (Na Praciña de San Pedro)
13.30h SESIÓN VERMOUTH. (No Torreiro)

Orquesta Atlanta.

14.15h. PASARRÚAS. A Magnifique Band dos Homes Sen Medo. (Do Torreiro á Praza 8 de Marzo)
17.00h. A RÚA EN DANZA: Espacio Aberto. Clase de Tango. (Na Praciña de San Pedro)
17.00h. CIRCO DE RÚA. «Velocíclopes» Fantoches Baj. (Na Praza 8 de Marzo)

18.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN.

Grupo de música e baile tradicionais Brincadeira

19.00h. CIRCO DE RÚA. (Na praciña de San Pedro)

Pedro

19.00h. CABARET. «Unha cadeira para movelo mundo» Femme Fatale (Na Rúa de San Pedro)
20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA
20.00h. CONCERTO. (Na Praza 8 de Marzo)

Xerock

22.30h. VERBENA. (No Torreiro)

Orquesta Atlanta.

24.00h. PASARRÚAS ESPECIAL.

«Ragnarok» Kull d’sac. (Rúa dos Concheiros)







DOMINGO 1



10.00h. DEPORTE. I Romaría do Fútbol. (Campo de Belvís)
11.00h. PASARRÚAS.

Quarteto da Gentalha do Píchel
Gaiteiros da Xuntanza

13.00h. PASARRÚAS.

Grupo de Baile e Gaiteiros da Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira

14.00h. ROMARÍA. (Parque de Belvís)

Os Estalotes
As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén
Xandobela
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Polbo e Churrasco

- Talabarte- Os Modernos- Ardentía- Sacha na Horta- Dios Ke Te Crew- Terbutalina- Os Estalotes- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mostra do Traxe Muradán no Museo do Pobo Galego

(texto engadido o día 16/ / 4/ / 12 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Música - Concertos polo Día Internacional da Música no Museo do Pobo Galego

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 11 )


(Preme na imaxe para ampliar)
- Mama Cabra- Son+D2 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Conferencia Internacional da Tradición Oral. Oralidade e Patrimonio cultural
http://apoi-mpg.org/novas-a-actualidade/31-conferencia-internacional-da-tradicion-oral-oralidad
(texto engadido o día 11/ / 11/ / 10 )


Do 11 ao 13 de novembro vaise celebrar en Ourense a conferencia internacional Oralidade e Patrimonio cultural. O contido estrutúrase en sete conferencias plenarias e cinco mesas temáticas:

1. Oralidade e construción de identidades locais

2. Oralidade, música e literatura

3. Oralidade, socialización e educación

4. Mulleres e outros axentes de socialización

5. Valor cultural da oralidade

A inscrición está aberta até o 29 de outubro. O prazo para propoñer comunicacións finaliza o 15 de xuño.

Para máis información: http://dnn.cm-evora.pt/oralidades/Home/tabid/40/language/gl-ES/Default.aspx

O Museo do Pobo Galego estará presente na Conferencia mediante unha comunicación titulada Sons e Voces da Identidade. Proxecto de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio oral.
- Tradición Oral- Museo do Pobo Galego -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Xornada de encontro e presentación do proxecto Sons e Voces da Identidade

(texto engadido o día 8/ / 11/ / 10 )


Hai agora tres anos, o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego
convocou un primeiro encontro de presentación do proxecto Sons e Voces da
Identidade
. Neste tempo, puxéronse a andar os traballos e hoxe o Arquivo do
Patrimonio Oral da Identidade
é unha realidade en desenvolvemento, que podedes
seguir nesta páxina.

Hoxe, como hai tres anos, o noso propósito ao facer esta convocatoria é triplo:
1. Dar a coñecer os aspectos máis relevantes do proxecto Sons e Voces da
Identidade
e os resultados acadados no seu desenvolvemento, directamente
da man dos seus autores.
2. Invitar as persoas interesadas que dispoñan de rexistros sonoros susceptibles de
se incorporar ao APOI a que fagan novas contribucións.
3. Incorporar as suxestións e críticas que outros especialistas poidan achegarnos,
tanto respecto do traballo que actualmente temos en execución no campo
do patrimonio musical, coma da nova fase que estamos por acometer para
incorporar ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade materiais doutra
índole.

A xuntanza será xoves 11 de novembro ás 18h00 no Museo do Pobo Galego.


- Sons e Voces da Identidade -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"OLLADAS SOBRE O MUSEO" CELEBRA A SÚA IV EDICIÓN

(texto engadido o día 15/ / 10/ / 10 )


Música no Museo do Pobo Galego

O día 16 de outubro vaise celebrar no Museo unha nova edición de "Olladas sobre o Museo" na que se convida a persoas de distintas disciplinas para que compartan a súa visión do Museo co seu público. En anos anteriores a Antropoloxía, a Historia , a narración oral ou a danza foron os campos desde os que diversos e diversas profesionais ofreceron a súa particular mirada sobre esta institución. A música vai ser, neste 2010, a forma en que o Museo será ollado e interpretado.

Miguel Paz Vila á percusión, Alex Salgueiro nos teclados, Manu Paino á trompeta e ao fliscorno e Marcos paino nas bases electrónicas veñen de compór unha serie de pezas musicais que acompañadas de distintos materiais audiovisuais, mostrarán o que é Museo do Pobo Galego para estes músicos que teñen participado de proxectos como Galegoz, ATTACCA ou Sacha na Horta.

O espectáculo, que está patrocinado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela dará comezo ás 19.30 horas e ten aforo limitado. A entrada será libre ata completar o mesmo.
- Museo do Pobo Galego- Galegoz- Sacha na Horta -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=11&id=1291
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 10 )


COLABORAN NESTE NÚMERO

Fernando Arribas Arias
Profesor de EXB e Licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e Historiador de Cine, leva publicados diversos traballos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de Doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da Cultura Galega.

Laura Branco
Naceu en Foz en 1984. Licenciada nas Filoloxías Portuguesa e Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é membro do grupo de investigación GALABRA (sobre os sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de língua portuguesa) desde 2006. En cualidade de investigadora en formación desenvolve a súa tese de Doutoramento sobre a construción discursiva e os procesos culturais no período histórico da Ilustración na Galiza. Combina esta faceta co hábito da escrita, desde a adolescencia, tendo publicado algúns poemas en revistas, e participado en diferentes recitais poéticos en diferentes lugares da xeografía galega, principalmente na Mariña de Lugo. Os tres que se presentan nesta entrega fan parte do seu libro inédito Doenças dum espelho.

Escola de Arte e Lecer: Teatro
A Escola de Arte e Lecer Fingoi é unha escola aberta de arte e cultura, onde se mestura a vangarda e a tradición. O seu obxectivo é dar unha oferta de calidade, organizando obradoiros moi diversos, dirixidos a nenos/as, xoves e adultos, fóra do horario lectivo, coa fin de que os participantes poidan adquirir novos recursos para o seu tempo libre e de lecer e para que desenvolvan a súa creatividade e sensibilidade estética. O grupo Palimoco dirixe as actividades de teatro e danza nas que se pretende mellorar a expresión corporal e vocal, fomentar o diálogo e a creatividade dos nenos, romper coas tensións do corpo e da mente e desenvolver a atención nun mesmo. Progresivamente, os rapaces aumentan a súa expresividade e creatividade, coñecen o seu propio corpo e o movemento no espazo, participan na procura do ritmo individual e grupal, e aumentan a concentración e confianza nun mesmo. A obra “Non quero crecer”, inspirada na historia de Peter Pan, é unha adaptación do Grupo Trasnadas baixo a dirección de Paula Buján coa intervención de arredor de 20 actores e actrices de entre 5 e 14 anos.

Manuel Fernández “Lolo”
Naceu en Anseán, o Corgo (Lugo) en 1956. Graduado en Artes Aplicadas, talla en madeira e cerámica. Despois de pasar por diversas experiencias escultóricas (madeira, pedra, cemento) iníciase no campo da cerámica, formándose en numerosas técnicas. En 1999 recibiu o 1º Premio do Certame Antonio Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña. Expuxo con regularidade desde 1983 en Sarria, Lugo, Madrid, Oviedo, A Coruña e Lorian. Actualmente amosa a mostra “As cores da terra, as cores do ceo” na Sala Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, ata o 31 de xullo.

Mini e Mero
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), nado en Begonte o 18 de xuño de 1951, e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), Vilalba, 27 de xuño de 1951, músicos, poetas, mestres e investigadores do folklore e a cultura tradicional de Galicia, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Ademais da súa produción discográfica con estes grupos, teñen participado por separado ou conxuntamente noutros discos de música galega como o Quiquiriqui (2006) producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla e publicado diversos libros. É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exercen o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini). O arquivo sonoro froito deste labor, composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). No campo educativo son autores de diveros libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario. En abril de 2009 foilles concedido o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical.

Xornadas Interxeneracionais Rurais
As Xornadas Interxeneracionais Rurais nestes seis anos pretenderon seguir constituíndo un espazo de reflexión e debate dirixido, fundamentalmente, ós nosos maiores aos que se lles ofrecen charlas, presentación de ofertas de programas, visitas e festas culturais. Tamén están pensadas para os xoves e así poder desenvolver un traballo conxunto xa que un dos grandes legados dos nosos maiores é que sexan escoitados trasmitíndonos todo o que aprenderon ó longo da sua vida. Estamos ante unhas xornadas abertas nas que queremos contar cos máis novos e ofrecerlles un camiño para seguir avanzando na súa formación, nunha formación baseada tamén na aprendizaxe do no noso patrimonio que tan preto está de nós e moitas veces nin o vemos.

- Mini e Mero -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Así­ fan os bailadores...
http://www.dosacordes.com/bailadores/
(texto engadido o día 11/ / 12/ / 09 )


Presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…”


O vindeiro Venres 11 de decembro terá lugar a presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…” no salón de actos do Museo do Pobo Galego.

De 17 a 19 horas haberá unha sesión de iniciación ao baile e de 19 a 19.30 horas celebrarase a presentación do libro; todo a cargo dos autores da publicación: Xabier Iglesias, Juan Parga, Sergio de la Ossa e a editorial Dos Acordes.

Non é preciso ter coñecementos previos de baile para asistir ao acto.

Pódense formalizar as preinscricións (a efectos de estimar nº de asistentes) escribindo a sgdelaossa@gmail.com

Organiza a Editorial Dos Acordes e O Museo do Pobo Galego.

Noticia enviada por foliadeiro

- libro- baile -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* Mini e Mero: “Ofrecemos o son colectivo ás novas xeracións”

*

* Vieiros: Galiza Hoxe - Mini e Mero, merecido Pedrón de Ouro

*

*


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Museo do Pobo Galego en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]