Resultados para:

Media Ducia
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Media Ducia':


VI Festa Galega de Malpica

(texto engadido o día 11/ / 8/ / 13 )


Xoves 15
17:00 h.

Feira medieval Mariñeira

20:30 h.Na Praza Anselmo Villar Amigo, exhibición de danza e música tradicional a cargo da agrupación folclórica cantigas e agarimos


 

Venres 16

10:00 h.Feira medieval mariñeira
21:30 h.Actuación da coral de Malpica, na Praza Anselmo Villa Amigo
22:00 h.Exhibición de danza e música tradicional X Aniversario da A.C. Malante
23:45 h.Fol de Veneno


 

Sábado 17

10:00 h.Feira Medieval Mariñeira
11:30 h.Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
13:00 h.Sadiñada e Cachelada
19:15 h.III Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica) Banda de Gaitas Abelladeira (Ponferrada), Banda de Gaitas de Ortigueira, Banda de Gaitas de Maruxía (Laxe) e Banda de Gaitas A.C. Malante (Malpica)
22:30 h.Media Ducia
00:15 h.Luar na Lubre
02:00 h.Tonhito de Poi e Banda


 

Domingo 18

10:00 h.Feira Medieval Mariñeira


- Media Ducia- Luar na Lubre - Tonhito de Poi- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa Galega de Malpica
http://www.quepasanacosta.com/?p=17565
(texto engadido o día 17/ / 8/ / 12 )


I Feira Medieval Marineira de Malpica 2012
Venres 17 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- 22.00h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación da Coral de Malpica
- 22.30h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación do grupo Media Ducia.
Sábado 18 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- 11.30h Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
- 17.00h Pasarrúas mariñeiro
- 19.15h II Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica)
- 22.00h ilalelo (Carlos Blando e Budiño)
- 23.15h Bellón Maceiras Quinteto
- 00.45h Treixadura
- 02.30h Fol de Veneno
- 03.45h Remate da festa.
Domingo 19 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- ilalelo- Budiño- Bellón Maceiras- Treixadura- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cerqueda demostrará que hai canteira tradicional coa I Foliadiña
http://www.quepasanacosta.com/?p=14126
(texto engadido o día 30/ / 3/ / 12 )


Por séptimo ano consecutivo, Cerqueda acollerá a VII Foliada que Raigañas celebrará este sábado 31 de marzo a partir das 22:00 da noite nas Escolas das Pozacas. Coma tódolos anos haberá carpa e este ano está confirmada a presencia dos seguintes grupos: Fol de Veneno, Media Ducia, Ferrado e Medio, Lume na Cachela, Pandereteiras de Xornes, gaiteiros de Xornes, Xiradela, Malante, etc. polo que a festa está asegurada e a música e o baile tamén, é unha cita á que non podereres faltar.

Coma sempre o palco estará dispoñible para todo aquel que queira subir a cantar, bailar ou tocar. Este ano como novidade celebrarán a primeira edición da Foliadiña, na cal os máis pequenos poderán demostrar que a música tradicional non está en declive e hai canteira que a vai manter por moitos anos, polo que todo aquel grupo de nenos/as que queira asistir pode facelo e pasar un anaquiño divertido.



Haberá empanada, callos, tarta larpeira e viño do país para cear por un módico prezo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xiras con lucro e nostalxia | Galicia | EL PAíS
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/15/galicia/1331842064_072805.html
(texto engadido o día 16/ / 3/ / 12 )
Alfonso Pato

En 1996 os que quedaban dos Sex Pistols, o grupo punk máis célebre da historia, volveron reunirse vinte anos despois da súa disolución. Fieis á filosofía transgresora do grupo, nomearon a súa xira sen cinismos nin dobre volta: “Xira do lucro indecente”. Unha declaración de intencións que confirma o que sempre se sospeita sobre un grupo cando se volve xuntar despois de anos inactivo, aínda que a veces as intencións se agochen baixo a demanda da nostalxia. Este verán parece despuntar un andazo revival en Galicia, pero, segundo apuntan os grupos, en moitos casos as motivacións van máis alá de xuntarse para encher o peto, e hai boas escusas como efemérides ou iniciativas de fans teimudos. Aerolíneas Federales, Heredeiros da Crus, Os Resentidos, Los Cafres ou o novo proxecto de Alberto Comesaña e Teo Cardalda son nomes que aparecerán nos vindeiros meses nos carteis de moitos festivais, onde segue a ter éxito a nostalxia oitenteira.

“Volvemos para tocar en Perú por un fan que estivo teimando durante tres anos. Só eu me adico profesionalmente á música e os outros traballan e teñen familia, co que era difícil pero foi por insistencia”, lembra o cantante e líder de Aerolíneas Miguel Costas, ao tempo que engade un triste desenlace ó seu regreso: “Desgraciadamente o rapaz morreu ao pouco de tocar nós en Lima, co cal polo menos cumprímoslle o desexo”. O que fora membro de Siniestro Total subliña este feito para matizar que o regreso do seu grupo non se basa en cuestións de facer caixa. “No noso caso non é un regreso porque quedaramos sen traballo e estamos a ver se sacamos pasta”, declara Costas, que avanza que a banda “só se reunirá de xeito esporádico pero por agora sen ánimo de facer unha xira”.

Entre a efeméride e o factor fan baséase a volta d’Os Resentidos, que deran por concluída a súa traxectoria no ano 1994. Despois, o seu líder, Antón Reixa, tirou tres anos máis co seu proxecto Nación Reixa. Baixo o nome de Fundación Resentidos, o núcleo central do grupo volverá reunirse o 12 de maio en Ourense, nun concerto no que prometen sorpresas. Agás en contadas colaboracións, Reixa di que non lembra “estar nun palco desde o 97 ou 98”. A volta do grupo débese ó pulo dun grupo de fans para celebrar cun disco tributo unha data sinalada: os 30 anos do nacemento da banda. “Agradezo esta homenaxe, porque senón existise a escusa deste disco nin tomariamos o esforzo de intentalo”, explica o líder d’Os Resentidos, que ve neste concerto un bo motivo para reivindicar “a forza e a contemporaneidade do rock en galego, que nos oitenta era case unha anécdota pero logrou expandirse”. Reixa combinará desde estes días o seu traballo de campaña para presentarse á presidencia da SGAE cos ensaios coa banda na fin de semana. As eleccións son o 26 de Abril e Os Resentidos tocan o 12 de maio, co cal podería darse a circunstancia de que marchase dos escenarios como músico e volvese como presidente desta poderosa entidade de xestión. “Aínda non me deu tempo a pensar ata tan lonxe”, afirma. Segundo avanza Reixa, non descartan facer “dous ou tres concertos máis”.

Se no caso d’Os Resentidos a efeméride dos 30 anos prendeu a mecha da volta, o mesmo pasou cos Heredeiros da Crus, que este ano conmemoran os 20 anos do seu nacimento. A banda de Ribeira levaba oito anos sen tocar e acaba de volver ao grande cun concerto memorable en Ordes, onde meteron 3.000 fans incondicionais. “Isto é rock e non imos dicir que non nos interesan os cartos, pero o encontro foi tamén unha gran experiencia. Levabamos case tres anos conversando e a excusa dos 20 anos era o último intento e saíu”, explica Antonio Novo, Tuchiño, guitarrista de Heredeiros. Vencidas as reticencias iniciais que tiña o cantante, Javi Maneiro, a banda decidiu montar un concerto para medir forzas. “Tratábase de probar e de non ir por aí dando vergoña. Saíunos moi ben e agora virán máis cousas”, avanza Tuchiño.

A presentación do libro Vigo a 80 revolucións por minuto de Emilio Alonso, foi a escusa que moveu o regreso de Los Cafres, un grupo vigués dos oitenta que só gravou un disco pero que deixou pegada con temas como Alimaña, unha das mellores cancións que xenerou a movida. “Volvémonos atopar, estivemos a gusto e decidimos tirar un pouco máis”, explica Antonio Cafre, cantante do grupo, que ten apalabradas varias actuacións para este verán, pero matiza que “todo se irá estudando sen presas.

Outra filosofía diferente é a que move a Alberto Comesaña e Teo Cardalda. Xuntos acaban de impulsar un proxecto chamado Cómplices e Siniestras Amistades, no que partindo dunha banda base, cantan algúns dos temas máis célebres de grupos como Cómplices, Semen Up, Amistades Peligrosas ou Siniestro Total, coa colaboración de Miguel Costas. “Isto non é un regreso, porque nunca deixamos de tocar. É un xeito de que o teu repertorio o gocen os que o coñecen e dalo a coñecer entre os máis novos”, afirma Comesaña, que adianta que están negociando media dúcia de datas en Galicia.

A excepción deste proxecto, a maioría parecen ter claro que non continuarán en activo máis alá do verán. Aerolíneas e Os Resentidos aclaran que son reencontros puntuais, Heredeiros farán polo de agora tres festivais que xa teñen pechados e Los Cafres esperan confirmación dunhas cantas datas. Dado o reducido do circuíto galego e os tempos que corren, parece que neste andazo revival a nostalxia está chamada a ter máis peso que o lucro.

Discos e documentais

Malia que maioría destes grupos non se lle albiscan ganas de tirar millas, parece que a súa volta non se limitará só ás actuacións. Entre os plans da maioría están editar inéditos, gravar material DVD en directo e, nalgún caso, rodar un documental, como é o caso dos Heredeiros da Crus.
O seu regreso ós escenarios foi seguido polo cineasta Jorge Coira, que prepara un documental sobre a banda. Os Heredeiros tamén rexistraron o seu regreso no concerto de Ordes, co que farán unha edición en DVD. “A idea é sacar un disco con temas novos, pero con calma”, avanza Tuchiño. Amparados polo éxito de Perú, Aerolíneas acaban de publicar vinte temas inéditos que abarcan unha década desde 1983 a 1993, e no caso de Los Cafres “a idea é gravar algúns temas novos e dar a coñecer algo inédito”, avanza o cantante Antonio Cafre. O proxecto impulsado por Alberto Comesaña e Teo Cardalda, tamén espera facer un concerto especial que será gravado “para ofrecerllo a algunhas televisións coas que hai negociacións”, adianta Comesaña.
Polo que respecta a Os Resentidos, case á par do concerto de Ourense está previsto que se publique o disco homenaxe titulado A tribo toda baila, no que numerosas bandas revisitarán algúns dos seus temas máis célebres. Ademais do material xenerado polos propios grupos que voltan á ruta, Antón Reixa tamén prepara para xullo o musical Galicia Caníbal, que parte de moitas das cancións da movida, algunhas destes grupos que agora se volven reunir.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fol de Veneno e Media Ducia presentan "A Escote" no XXX Aniversario do monolito Pondaliano
http://www.foldeveneno.com/
(texto engadido o día 29/ / 8/ / 11 )


Este venres na Taberna A Eira de Ponteceso, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/28/0003_201108C28C8991.htm), terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia.

O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailadoras de Raigañas....

Está todo o mundo convidado á festa, que será intensa e looonga!


Programa Completo




Domingo, 28 agosto. A partir das 12 da mañá: pasarrúas a cargo do grupo Os
Terribles de Donas e reparto de tríptico.
Luns, 29 agosto. Pola mañá. No Centro Cultural de Ponteceso: Exposicion “Terra
de Bergantiños” e “Bibliografía dos escritor@s pontecesáns”. Na Fundación Ricardo
Pérez Verdes: Exposición e exhibición de xogos tradicionais. Nas librerías A
Pesqueira e A Tenda dos Libros: Exposición e venda de libros de autor@s
pontecesáns. Pola tarde. Na sede da Asociación Coto de Almerezo (Campo da Feira
da Trabe): Presentación do libro Comarca natural de Bergantiños e sesión
gastronómica de xabarín.
Martes, 30 agosto. Ás 7 e media da tarde. Na Praza do Pan de Corme: Jesús
Méndez Torrado, “Lembranza do gaiteiro Calixto dos Maravillas” e actuación dos
gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
Mércores, 31 agosto. Pola mañá. Por distintos espazos de romarías. Manuel Vilar,
Xan Fernández Carrera, Luís Giadás, Jesús Couto e Manuel Caridad, “A lingua
viaxeira. Un percorrido polas romarías da Costa da Morte”.
Xoves, 1 setembro. Ás 8 da tarde. Na igrexa de San Fins de Anllóns. José López,
“Recital de campás”, “Recitado cívico do poema de Pondal A campana de Anllóns”,
“Estrea da curtametraxe A campana de Anllóns de Dani Puente, que inclúe un
recitado do poeta ourensán Eduardo Blanco Amor”, Visionado do vídeo do programa
Ben Falado 150 aniversario do poema A campana de Anllóns”. Presenta Cristina
Martínez Silvarredonda.
Venres, 2 setembro. Ás 11 da noite. No bar A Eira. Media Ducia, Fol de Veneno e
convidad@s (Pedro Lamas, Fransi González de Xiradela, Sonia Reborido, Ito de
Arzúa e bailador@s de Raigañas), “Concerto-presentación do CD de música
tradicional A escote”. Visionado fotográfico e videográfico. Presenta Manolo
Dourado.
Sábado, 3 setembro. Pola mañá. Por lugares con topónimos pondalianos.
Ponteaventura Raid.
Domingo, 4 setembro. De 12 a 14 horas. Polas rúas da “Pequena Ponteceso”.
Roteiro cívico con asistencia de diversos colectivos do concello e animación musical
e poética.
ORGANIZAN:Fundación Eduardo Pondal, Concellería de Cultura e colectivos
asociativos do concello de Ponteceso


- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII Esmorga Folk na Bandeira

(texto engadido o día 17/ / 8/ / 11 )


A partires das 22:30h

VILARACHOS
MEDIA DUCIA
PRADAIRO
OS CARUNCHOS.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Esmorga Folk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Raigañas en Cerqueda-Malpica

(texto engadido o día 15/ / 4/ / 09 )


Sábado 25 de abril nas Escolas de As Pozacas a partir das 22:30 da noite.

O que queira pode cear alí por un módico prezo (haberá callos, empanada, tarta larpeira e bocadillos).
Haberá unha gran carpa e un gran palco para dar renda solta á calquer mostra artística (cantar, tocar, bailar, contar chistes, en fin o que se tercie). Ademáis a noite estará amenizada polo grupo de música tradicional "Media Ducia" formado por 6 músicos de prestixio da Comarca de Bergantiños.

Estades todos convidados a esta gran festa.

" SÓ FALTAS TI...... QUE NON CHO CONTEN"


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Ouvirmos descubre o patrimonio sonoro do país coa creación de rutas musicais en 15 localidades

buscar mais información
sobre Media Ducia en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]