Resultados para:

Mar de Rianxo
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Mar de Rianxo':


XI Serán Mar de Rianxo

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )


Sábado 28 de maio no Campo de Arriba.

Pasabares ao mediodía.
Seranciño ás 19:00
Serán ás 22:00

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Serán Mar de Rianxo

(texto engadido o día 21/ / 5/ / 14 )


O sábado 31 de maio Vai de Roda organizan a novena edición do Serçán Mar de Rianxo. Será no Campo de Arriba, a partires das 20h.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Serán Mar de Rianxo

(texto engadido o día 21/ / 4/ / 13 )


25 de maio é a data escollida para a celebración do VIII Serán Mar de Rianxo.

Dará comezo ás 20 h. cun espazo dirixido principalmente ás crianzas. Logo, a partir das 21 h. iranse sucedendo as actuacións dos grupos que vos vaiades inscribindo.

Para mais informacion non dudedes en visitar a nosa paxina web vaideroda.org. Podedes mandar a vosa inscrición ao noso correo electrónico vaiderodarianxo@gmail.com. Agardámosvos!
- Rianxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Serán Mar de Rianxo
http://www.blogoteca.com/vaideroda
(texto engadido o día 10/ / 6/ / 11 )


Aquí temos o programa do VI Serán Mar de Rianxo. Este ano teremos obradoiros desde primeira hora da tarde, seranciño para nenos e nenas e coma sempre, boa música, bos bailadores e bailadoras, comida e bebida a fartar... FESTA!

Obradoiro de Canto e Percusión tradicional: Técnicas de pandeiro no Sur de Galicia

Impartido por: Luís Prego
Horario: de 16 a 18 horas
Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar)
Prazas: 20
Prezo: 10 €
Requerimentos:
- Levar pandeiro.

Nota: A asociación pode prestar un número limitado de pandeiros, de precisar dun, por favor, facer constar en cada inscricción, se teñen ou non pandeiro, ou se teñen ou non maneira de conseguilo.

O profesor: Luis Prego Fernández, recompilador e estudoso do folclore tradicional galego.
Director dos grupos Albendeira, Tralovalo e Adonairare, entre outros, e membro do grupo de música folk Ardentía. Escritor do libro “Para cantar e bailar”, (Ed. Do Cúmio, 2008).



Obradoiro de Técnicas de empalletado e afinación de gaita

Impartido por: Emilio Lois.
Horario: de 16 a 18 horas.
Lugar: Auditorio ou Casa da Cultura (pendente de confirmar).
Prazas: 20.
Prezo: 10 euros.
Requerimentos:
- Coñecementos previos de gaita.
- Levar gaita.
- Levar unha navalla ben afiada.
- Levar unha palleta.

Nota: A organización porá á venda palletas para este taller a un prezo de 8 €.

O profesor: Emilio Lois, gaiteiro e mestre de gaita.
Na actualidade dirixe grupos como a sección de charanga tradicional da AMBT Vai de Roda, Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira e A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras. Tamén dirixe a escola de música tradicional de Ultreia, onde imparte clases de gaita, requinta, percusión e acordeón. Forma parte de grupos como Ultreia, Carapaus e do cuarteto A Gaita da Baña
- Serán- Mar de Rianxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII NOITE FOLK de Negreira
http://www.concellodenegreira.es
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 10 )


SÁBADO 21 / a partir das 18:00 h.

Praza do Concello

Actuación de AVELAIÑA, CHARANGA VAI DE RODA e PEPE VAAMONDE GRUPO

Nesta oitava edición poderemos escoitar o grupo Avelaiña, formación que foi seleccionado polo INJUVE 2006 no seu apartado de Música Folk Nacional, formou parte da representación de Galicia na Feira Internacional MIDEM 2007, finalistas do Concurso Internacional Folk Navelgas 2008, ten actuado en festas e romerias importantes, ofrecendo concertos no só en Galicia, tamén en Cantabría e Asturias.

A charanga Vai de Roda é unha asociación de música e baile tradicional que nace co fin de promover e divulgar a música e baile tradicional. Dende o ano 2004 levan feitas centos de actuacións amosando o seu bo facer en diversos actos e festivais. Son os organizadores do “Serán Mar de Rianxo” un dos mellores festivais de música e baile tradicional da nosa terra.

Por último temos que destacar a actuación de Pepe Vaamonde grupo, un proxecto nacido no ano 2001 e que está formado por intérpretes cunha dilatada experiencia musical. Son unha formación feita para “o directo” o que os levou a tocar nos mellores festivais de Europa demostrando que son un dos mellores grupos do panorama folk galego.

Colabora: Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Exma. Deputación Provincial de A Coruña

- Avelaíña- Pepe Vaamonde Grupo- Noite Folk- Negreira -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



IV Serán Mar de Rianxo

(texto engadido o día 7/ / 5/ / 09 )



- serán- rianxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Participa no IV Serán Mar de Rianxo
http://www.blogoteca.com/vaideroda/index.php?cod=61210
(texto engadido o día 4/ / 5/ / 09 )


Estes son os datos que precisamos dos grupos que queirades participar no Serán. Facédenolos chegar ben ao noso correo vaiderodarianxo@gmail.com ou por medio dunha chamada ao 654697768.
- Serán- Mar de Rianxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III SERAN DO MAR DE RIANXO - 10 de Maio

(texto engadido o día 9/ / 5/ / 08 )


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Serán do Mar de Rianxo.
www.vaideroda.org
(texto engadido o día 18/ / 4/ / 08 )
A Asociación de Música e Baile Tradicional de Rianxo “Vai de Roda” invítavos o Sábado 10 de Maio ó III Serán do Mar de Rianxo, que se celebrará no Campo de Arriba da Praza de Castelao sobre as 21:30 en Rianxo.
E xa van 3…sí compañeiros, presentámovos a 3ª edición do SERÁN DO MAR DE RIANXO e estades todos invitados. A única condición é vir con moitas ganas de festa, de bailar e cantar…do resto ocupámonos nós, non faltará comida, bebida e música para que a noite remate cando comece o día. Xa sabedes que o noso escenario está agardando por vos para que todos xuntos fagamos festa a rachar.
Para informarse podedes achegarvos a www.vaideroda.org onde iremos poñendo máis novas sobre o Serán do Mar de Rianxo deste ano que de seguro que dará que falar, asique non podedes perdelo. Agardámovos amigos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






buscar mais información
sobre Mar de Rianxo en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]