Ghastas Pista?

María Xosé Silvar (Sés)
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'María Xosé Silvar (Sés)':


SES en Tomiño

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 18 )


Concerto de SES e toda a súa banda en Tomiño o vindeiro 28 de Xullo
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES no NÓSaltres Prest! Festival (Lizarra/Estella)

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 18 )


Sábado 21 de abril ás 20:00h
Frontón Lizarr.
Estella.


Sábado 21 de Abril, SES no Festival NÓSaltres Prest! en Lizarra/Estella (Nafarroa/Navarra) xunto a Auxili, Glaukoma (band) e Dj Elepunto
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Bilbao

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 18 )


Venres 20 de abril ás 21:30h
Azkena Bilbao.
Ibañez de Bilbao Kalea, 26.


SES presenta ao vivo o seu novo disco,"Readmirando a Condición" na Sala Azkena de Bilbao
SESK bere album berria zuzunean aurkezten du "Readmirando a condición" BIlboko Azkena aretoan
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zenzar e Cuarta Xusta en A Coruña

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 18 )


Sábado 7 de abril ás 23:00h
Forum Celticum Av Acea de Ama 16 b Culleredo A Coruña.


Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto. Mantiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. Destes primeiros anos destaca unha gravación en Meirama de 1990, a única que teñen como sexteto, e onde están as súas primeiras cancións e algunhas versións de bandas como Ilegales ou Nacha Pop.

A finais de 1992 gravan a súa primeira maqueta, Contos e lendas de terra adentro, con cinco temas. En 1993 dúas das súas canción aparecen no disco recompilatorio Rock na Costa da Morte, xunto con outras cinco bandas. A mediados de 1993 mudan o nome para Zënzar, debido a motivos legais.

En 1995 aparece a súa segunda maqueta, Fascinados polo prohibido, oito cancións coas que definen máis o son que os fará coñecidos. Nesa época realizan concertos ao lado de bandas xa consolidadas no panorama do rock estatal, como Extremoduro, Platero y tú, Boikot, Manolo Kabezabolo ou Barón Rojo.

No ano 1997, a banda edita o seu primeiro álbum, Disparados ó futuro, con 12 temas gravados nos estudios Fussión de Vigo. Despois da saída do disco realizan unha xira de presentación do mesmo que os levará a facer concertos durante dous anos, entre elas as actuacións nas primeiras edicións dos festivais Alen Galicia na Illa de Arousa, e Santi Rock en Santiago de Compostela. Ese ano tamén aparecen dous temas seus nos recompilatorios Bambán Vol. II e Oito anos de sequestros.

Durante a xira incorpórase a Zënzar o guitarrista Mario Grela. Despois dunha etapa de menor actividade, na primavera do 2001 aparece o seu segundo álbum, baixo o título Todo vai ben, con 13 temas, todos eles en galego. Dous dos temas inclúen as colaboracións do gaiteiro dos Papaqueixos, Xan, e de Rómulo Sanjurjo, acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto. Após o lanzamento a banda embárcase nunha xira de presentación duns 40 concertos por Galicia. Rematada a xira no ano 2002, a banda entra no estudio Bonham da Coruña para gravar oito temas dun novo disco, Rockanrol, que saíu á vente en xuño dese ano.

Despois do lanzamento a banda entra nun período de menor actividade, pero fan o seu primeiro concerto en Madrid e dúas actuacións logo do afundimento do Prestige en Malpica de Bergantiños e Cerceda.

A finais do ano 2004 comezan a traballar no que sería o seu seguinte álbum, pero pouco despois o guitarrista M. Silveira abandona a banda.. No 2006 entran no estudio de Xabier Abreu en Nigrán para gravaren Sigue... e dálle. O disco, que inclúe un DVD, foi presentado o 30 de xuño dese ano na sala Nunca Máis de Ordes. Ese mesmo ano incorpórase Paco Cerdeira como segunda guitarra, despois de colaborar na gravación do álbum. "A Tribu" foi o seguinte traballo, no que colaboran voces coma a de María Xosé Silvar (Sés), Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Martin (Machina), Gende Beat ou Xurxo Souto. Tamén músicos convidados que pasan a acompañalos en algúns concertos de presentación deste traballo.

No 2011 editouse un DVD titulado Zënzar ao Vivo, coa actuación no Festival de rock de Cerceda do ano 2009, que conta con 15 temas nos que aparecen todas as colaboracións antes mencionadas. No 2012 editouse Vaise armar. Nese ano participaron en festivais como o Derrame Rock, Brincadeira ou Festigal.

En febreiro de 2013 publicouse o disco-homenaxe Vai polos padriños, con 19 temas re-interpretados por 18 grupos galegos como Ruxe Ruxe, Dios ke te crew, Machina, Os tres trebóns, Invivo, Som do Galpom, Raiba, K-Raxe ou A compañía do ruído.

TICKETS 7€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Vilagarcía

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 18 )


Sábado 7 de abril ás 21:00h
Auditorio de Vilagarcía de Arousa.


SES volta Vilagarcía acompañada de toda a súa banda a presentar o seu novo disco "READMIRANDO A CONDICIÓN". Sábado 7 de Abril no Auditorio Municipal
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES no Auditorio Mar de Vigo

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 18 )


Venres 9 de marzo ás 21:00h
Auditorio Mar de Vigo.
Avenida de Beiramar 59.
Vigo.


SES ao vivo presentando o seu novo traballo "Readmirando a Condición".
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Valencia

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 17 )


Venres 10 de novembro ás 22:00h
Sala Matisse.
Ramón Campoamor 60.
Valencia.


Concerto acústico de SES na Sala Matisse de Valencia acompañadas por Las Hijas de la Cumbia
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Castellón

(texto engadido o día 7/ / 11/ / 17 )


Xoves 9 de novembro ás 19:30h
Auditori i Palau de Congressos de Castelló.
Avenida Virgen de Lidón, 50.
Castellón de la Plana.


Concerto acústico de SES no Auditori de Castelló dentro da programación da Trovam, fira-festival

A entrada é conxunta para o concerto de SES e Maria del Mar Bonet

Toda a info en http://www.firatrovam.com/
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FestiXeve 2017 - Fragoso (Xeve. Pontevedra)

(texto engadido o día 21/ / 7/ / 17 )


Sábado 22 e domingo 23 de xullo
Fragoso(xeve).
Pontevedra.


Sábado 22: TNT e SES, domingo 23: Uxía Lambona e a Banda Molona
- María Xosé Silvar (Sés)- TNT- Uxía Lambona e a Banda Molona -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival das Carrilanas en Esteiro (Muros)

(texto engadido o día 14/ / 7/ / 17 )


Sábado 15 de xullo

SES
Terbutalina
Dakidarria
Pablo Balseiro


- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES no Worldpride Madrid 2017

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 17 )


Xoves 29 de xuño ás 21:00h
Madrid.


SES volta a Madrid para participar nos concertos da WorldPride 2017. Xoves 29 a partir das 19:30h compartindo escenario con María Peláe Oficial, Alicia Ramos e Carmen París

Toda a info en www.worldpridemadrid2017.com
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Festival Folk in Río en Touro

(texto engadido o día 16/ / 6/ / 17 )


Domingo 18 de xuño
Organiza: Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla.

.
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES nas Festas de Santa Rita de Vilagarcía

(texto engadido o día 20/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio ás 21:30h
Parque da Xunqueira, Villagarcia de Arosa.
19 Rúa García Caamaño.
Vilagarcía de Arousa.


Concerto de SES, coa banda ao completo, presentando o séu novo traballo "Opoñerse á extinción"

Compartiá escenario con Sanjurjo & Dopico

Entrada de balde
- María Xosé Silvar (Sés)- Sanjurjo & Dopico -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Badalona

(texto engadido o día 19/ / 5/ / 17 )


Venres 19 de maio ás 20:00h
Estación de Badalona Pompeu Fabra.
Plaça Pompeu Fabra.
Badalona.



- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Compostela

(texto engadido o día 8/ / 4/ / 17 )


Sábado 8 de abril ás 21:00h
Auditorio de Galicia.
Avenida do Burgo das Nacións.
Santiago de Compostela.


SES estará o vindeiro sábado 8 de abril presentando o seu novo traballo "Opoñerse á extinción" no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Nunca se foi, pero xa volve SES, rebosante de enerxía cun novo disco baixo o brazo. Chámase "Opoñerse á extinción" e está na rúa dende o pasado mes de decembro, con doce temas que arrecenden á cantora bergantiñana en cada acorde.

Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha SES que sigue sendo pura forza, inconformismo e paixón. Nel segue a liña do seu inconfundible estilo que a levou a converterse na artista máis relevante do país nos últimos anos e nun auténtico fenómeno social que non deixa de medrar.

Ela mesma define así este seu cuarto disco:
"O título 'Opoñerse á extinción' é a síntese da actitude que amosa o disco. A honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor.
Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior."

A SES compositora vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Madrid

(texto engadido o día 16/ / 3/ / 17 )


Sábado 18 de marzo ás 21:00h
Sala Galileo Galilei.
C/ Galileo, 100.
Madrid.


SES presenta o seu novo traballo "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN"

SES volta a Madrid a presentar o seu cuarto traballo discográfico, "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN". O concerto terá lugar o vindeiro sábado 18 de Marzo na Sala Galileo Galilei e con toda a banda ao completo.

- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Donosti

(texto engadido o día 3/ / 3/ / 17 )


Venres 3 de marzo ás 22:30h
Pagoa Kafe Antzokia. Oiartzun.
Pagoaldea,7 Ergoien auzoa, Oiartzun.
Donostia-San Sebastián.

SES presenta ao vivo "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN", o seu cuarto traballo discográfico. Compartirá escenario con MoonShakers Band

- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES no Auditorio Mar de Vigo

(texto engadido o día 2/ / 2/ / 17 )


Sábado 4 de febreiro ás 21:00h
Auditorio Mar de Vigo.
avenida da beiramar.
Vigo.


Concerto presentación de "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN", cuarto traballo discográfico de SES
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES en Narón

(texto engadido o día 13/ / 1/ / 17 )


Sábado 14 de xaneiro ás 20:00h
Pazo da Cultura de Narón.
Rúa Holanda.
Narón.


SES presenta ao vivo o seu cuarto traballo discográfico, "Opoñerse á extinción" Toda a info en www.ses.gal
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SES no Culturgal | Sinatura de discos

(texto engadido o día 3/ / 12/ / 16 )


Domingo 4 de decembro ás 17:00h
Culturgal Feira Industrias Culturais.
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Pontevedra.


Este domingo SES estará asinando exemplares de 'Opoñerse á extinción' a partir das 17:00h no stand 39 de CUNDE no Culturgal Feira Industrias Culturais,
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novas actuacións de SES en Madrid

(texto engadido o día 7/ / 11/ / 16 )


Mércores 9 e xoves 10 de novembro ás 21:30h
Tda Teatro Del Arte, C/San Cosme Y San Damian, 3.

Tralo éxito colleitado na súa anterior visita, donde encheu ate a bandeira o Teatro Lara na presentación do seu terceiro disco, "Tronzar os Valos", María Xosé Silvar, "SES", ofrecerá o 9 e 10 de Novembro dous concertos no Teatro del Arte, dous concertos en formato acústico e para un aforo reducido, no que sev poderá disfrutar, con moita máis cercanía, do repertorio da cantautora coruñesa.
- María Xosé Silvar (Sés) -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe ao gaiteiro (Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=132797
(texto engadido o día 5/ / 11/ / 14 )


Domingo 9 de novembro no Centro Cultural A FUNDACIÓN

Un ano máis o Grupo Etnográfico A Buxaina organiza a vixésimo séptima edición dunha gala homenaxe a quenes son elementos fundamentáis da nosa música e a nosa cultura. A “Homenaxe ao Gaiteiro” é un evento de carácter anual que está organizado en colaboración có Centro, Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo de Vigo e ten coma obxectivo homenaxear a persoas que ao longo da súa vida fixeron algún tipo de labor que axudou a divulgar e conservar a nosa cultura e as nosas tradicións. Nesta edición os homenaxeados serán Paco Bello, gaiteiro de Gargamala, Mondariz e Consuelo Vázquez Souto (Consuelo dos Queixos), pandereteira de Carballo.

Ademais da homenaxe propiamente dita, actuarán os grupos Pink Roe, Grupo Etnográfico A Buxaina e poderemos gozar cun espactáculo especialmente preparado para o acto que reúne á Unión Musical de Coruxo, dirixida por Francisco Abal Rosales, e ao gaiteiro Xaquín Xesteira, mestre de gaita na E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo) e compoñente do grupo Treixadura e ao tamén gaiteiro Xosé Manuel López Sanromán. A presentadora desta edición é a cantautora María Xosé Silvar (Sés).
- Homenaxe ao Gaiteiro- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Desaramar, novo proxecto musical, preséntase o 7 de Marzo en A Coruña
http://www.desaramar.com/
(texto engadido o día 10/ / 2/ / 14 )


7 de marzo ás nove da noite Centro Agora da Coruña.

“Desaramar” é a forza da música fronte a todas esas lacras socias que seguimos sen poder erradicar. Creado por Maria Xose Silvar (Sés), o proxecto tenta extender a idea de que unha outra sociedade é posíbel.

Podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte en igualdade. Para isto, promovemos un espectáculo musical en que Sés, apoiada pola súa banda e numerosos colaboradores fará un percorrido por temas propios e alleos que, dalgún modo, nos instalan nesta idea.
Desaramar, romper os arames que nos impiden vivir en paz, é posíbel. A educación na igualdade é posíbel e hai que levala a cabo desde todas as tribunas, tamén desde os escenarios.

E a unión é a chave: mulleres e homes feministas, mulleres e homes de todas as xeracións.

Desta volta, Sés estará acompañada de Tereixa Novo (Fuxan os ventos), Martín Sanjurjo (Saraibas), Luis Tosar, Piti Sánz, Ugia Pedreira, Leo Arremecaghona, Mercedes Peón e Carlos Blanco.

Podemos desaramar, e podémolo facer cantando.

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto a ceo aberto contra a megaminería contaminante en Galiza - 31 de Maio en Carballo

(texto engadido o día 22/ / 5/ / 13 )


GRUPOS:
-María Xosé Silvar (SES) e Leo i Arremecághona!!
-N.O.M (Nova Orde Mundial)
-Quempallou
-Zënzar
Todos eles actúan de balde e A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños pon a infraestrutura para que que a súa indignación cante. Só pedimos que respondas ao noso berro acudindo ao concerto, defendendo coa túa presenza a posibilidade de seguir tendo unha terra na que aínda se poida vivir, na que aínda se poida morrer. Porque ata a posibilidade dunha morte digna está en xogo. Faite presente para estar futuro.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::








María Xosé Silvar (Sés)



Web oficial







buscar mais información
sobre María Xosé Silvar (Sés) en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre María Xosé Silvar (Sés) en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]