Ghastas Pista?

Malvela
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Malvela':


Uxía e Malvela en Mondariz

(texto engadido o día 15/ / 8/ / 18 )


Mércores 15 de agosto.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Aniversário da Arca da Noe (Vilar de Santos)

(texto engadido o día 4/ / 8/ / 17 )


Venres 4 de agosto ás 19:00h
A Arca da Noe.
Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.
Ourense.


19h30 Cabaré para nenas e nenos com Nelson Quinteiro Cabaret

21h Apresentação da expo e do projeto Músicas Galegas Ilustradas

22h00 Concerto de Malvela

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Costa dos Castros 2017 (Oia)

(texto engadido o día 7/ / 7/ / 17 )


Venres 7 de xullo
Malvela
Tra-lo Mosteiro
A Fiada
Pandereteiras
Virxe do Alivio

E ao remate dos concertos: Serán

Sábado 8 de xullo
Pelepau
Na Rúa
Tanxugueiras

E ao remate dos concertos: Serán



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Marisco en O Grove

(texto engadido o día 7/ / 10/ / 16 )


Do 6 ao 16 de Outubro. Terbutalina, Familia Caamango, Leilía, Malvela,...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de percusión miúda en O Fiadeiro (Vigo)

(texto engadido o día 26/ / 11/ / 15 )


Sábado, 28 de novembro entre 10:00 y 14:00


O OBRADOIRO

O obradoiro de percusión miúda ten como obxectivo introducir aos alumnos nestes instrumentos, ás veces esquecidos nas aulas de percusión tradicional.

Os contidos programados están estruturados en tres bloques:

- Organoloxía e os instrumentos de percusion miúda (tarrañolas, cunchas e culleres)
- Rudimentos técnicos
- Patróns rítmicos

O obradoiro terá unha orientación principalmente práctica, centrado en adquirir as bases necesarias para poder tocar con eles e dominar aqueles patróns rímticos estándar máis utilizados na música galega.

Non é imprescindible dispoñer de instrumentos propios e se proporcionará material didáctico ao alumnado.

ANXO PARDO

Estudou percusión na Etrad de Vigo e asistiu a diversos cursos con mestres comon Xaquín Xesteira ou Xosé Lois Romero Cajigal.

Na actualidade forma parte de Orquestra Folk Sondeseu e do grupo Malvela cos que ten gravados diversos discos. Tamén ten colaborado noutras gravacións como “Na flor dos meus anos” (Sra. Carmen), Lulavai, Meniños cantores, “De pano sedán”, “Cantos no camiño” e "Rosalía Pequeniña".

Horario do curso: Sábado 28 de novembro de 10.00 a 14.00

Prezo para soci@s: 30.00 euros
Prezo non soci@s: 35.00 euros

Adxuntamos cartaz
Agradecemos máxima difusión
http://www.blogescolaofiadeiro.blogspot.com.es/2015/11/o-obradoiro-o-obradoiro-de-percusion.html

Un saúdo

O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo
36205 Vigo (Pontevedra)
629 585 355 - 986 253 585
www.ofiadeiro.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Gala do Património en Tui

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 15 )


Gala do Patrimonio organizada por Ponte Na Ondas.

Será en Tui, no Teatro Municipal, o próximo mércores 25 de novembro ás 20:30 h

Mostra do patrimonio com grupos galegos e portugueses:

XURXO SOUTO, QUICO CADAVAL, MALVELA, CANTADEIRAS DO NEIVA, AUGUSTO CANARIO, VOZES DA RÁDIO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto acústico Barroso & Penabad na Cova dos Trasnos (As Pontes)

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 15 )


O vindeiro Venres 17 de abril visita A Cova dos Trasnos un gran amigo; Fernando Barroso
Fernando Barroso (Ferrol), músico galego que forma parte de "Budiño", " Os Cempés" e "Riobó". Na súa traxectoria colaborou con numerosas formacións e artistas. Entre eles Anxo Lorenzo Band, Ardentía, Malvela, Uxía Senlle, Sebastião Antunes, Josep María Ribelles, RIU, Coanhadeira e colaboracións especiais con Korrontzi, DRD, Kepa Junkera ou Danú. No seu labor como compositor e produtor musical, cabe descatar os seus traballos xunto a Assembly Point (Assembly Point 2011), o grupo catalán RIU, (Amb Canya 2012), o portugués Luís Peixoto (Pop 2012) e o disco debut do acordeonista Andrés Penabad (2014).

Nesta ocasión ofreceranos un concerto acústico no que estará acompañado polo acordeonista Andrés Penabad!

TRALO CONCERTO HABERÁ FOLIADA!!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Falece a Señora Carmen, solista de Malvela

(texto engadido o día 4/ / 1/ / 15 )


(Nota de prensa. Sanguiñeda-Mos, 4 de xaneiro de 2015.-)
Hoxe deixounos a Señora Carmen, Carmen de Campos, solista do grupo Malvela, de Sanguiñeda (Mos). Malvela lamenta moito a perda desta muller e artista de 89 anos, fundadora do grupo, que deixa unha fonda pegada en tod@s nós.
Mañá, día 5, véspera de Reis ás 17h será a despedida na Igrexa Parroquial de Sanguiñeda, a terra que a veu nacer. Alí estaremos as Malvela para cantarlle, para renderlle sentida homenaxe, para dicirlle canto a queremos...
Logo dunha longa e intensa vida, Carmen Pérez Navazal, máis coñecida como a Señora Carmen, subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos. Esta aventura comezou cun curso de canto popular, impartido por Uxía ás mulleres de Mos, de onde xurdiu Malvela, un grupo de cantareiras que editou o seu primeiro traballo en 2002.
Con Malvela, a Señora Carmen percorreu moitos escenarios de Galicia e de fóra e participou en moitas actuacións televisivas. Tamén publicou catro discos: 'Que o pano non me namora' (2002), 'O aghinaldo' (2004), 'Da miña xanela á túa' (2007) e 'Raianas' (2011). “Entrar en Malvela parece que me deu a vida, pola música e polas xuntanzas. Eu son de Malvela e nunca me vou separar; gústame máis cantar en grupo”, expúxolle a Fran Alonso nunha longa entrevista que se publicou co disco 'Na flor dos meus anos'.
Publicado en 2007, o disco-libro-dvd 'Na flor dos meus anos' supuxo o seu primeiro álbum en solitario, xa con 82 anos. O cd contén 11 cancións nas que se escoita o pálpito do corazón da Señora Carmen ao ritmo das melodías que vai debullando con mestría e onde nos conta a súa vida dun xeito íntimo, mergullándose na Galicia que viviu de nena en claro contraste coa actual que latexa nos arranxos contemporáneos do disco. Na flor dos meus anos conta con colaboracións da altura de Dulce Pontes, Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní e os membros de Treixadura, Berrogüetto e Malvela. O dvd inclúe un documental onde a Señora Carmen nos relata as súas lembranzas e nos amosa o seu día a día traballando no campo e aquelas noites nas que, ás agachadas, ía ao muíño a cantar, a súa gran paixón.
A señora Carmen non lembra quen lle aprendeu a cantar: “Sempre fun unha rapariga moi cantareira. Ía ás festas e quedábame co soniquete das cancións durante toda a semana. Despois, cando o meu home mercou un radio, coñecín novas cancións”. Na entrevista de Fran Alonso incluída en 'Na Flor dos meus anos', cóntase como foi a súa vida, as súas dores e alegrías, as súas lembranzas de nena, os traballos duros no campo e nos aprendeu que o canto é sanador, no muíño ou nos moitos escenario que pisou. Sempre na nosa memoria e no noso corazón a súa voz fonda e telúrica, Señora Carmen. Nunca a esqueceremos.
En palabras de Luis Bará Torres: “Grazas señora Carmen por traernos na túa voz milenaria o arrolo de todas as nais e avoas do mundo, a crónica do sufrimento e da dignidade, o son da rebeldía, a memoria das carballeiras e a esperanza do tempo que vén. Tempo de ramos verdes coma a túa canción, de roseiras bravas, de flores de primavera. Tempo de seitura, de músicas e cantos que renacen, que abrochan, que florecen. Tempo dun país e dunha cultura que camiñan nas asas do vento, como os teus cantos, que veñen de lonxe e levan rumbo á eternidade.”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Malvela, Milladoiro e Ardentía nas festas do Viño do Condado (Salvaterra)

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 14 )


Venres 29 de agosto: Malvela
Sábado 30 de agosto: Milladoiro e Ardentía


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Noite Folk de Negreira

(texto engadido o día 7/ / 8/ / 14 )


Sábado 16 de agosto, a partires das 22h no refuxio de pescadores de Covas

MILLADOIRO
MALVELA
CARAPAUS

Noticia enviada por foliadeiro

- Milladoiro- Malvela- Carapaus -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música Tradicional nas Festas de San Froilán
http://www.sanfroilan.info/
(texto engadido o día 2/ / 10/ / 12 )


4 de Outubro
Coanhadeira e Leilía (praza de Santa María ás 21.15)

5 de Outubro
Saltanocribo e Sondeseu (Praza de Santa Maria ás 20:15)
IV Zumbanocoiro con A Volta do Agro, As Lagharteiras, e Tiruleque (Praza do Campo Castelo ás 22:30)

6 de Outubro
X Festival de Cultura Tradicional (Praza de Santa María ás 18:00)

7 de Outubro
XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas ás 11:30 e ás 17:30
I Certame do Traxe Tradicional Galego no Parque de Rosalía de Castro ás 12:00
Brincadeira, Ruote e Malvela na praza de Santa María ás 19:30
- San Froilán- Coanhadeira- Leilía- Saltanocribo- Sondeseu- A Volta do Agro- Tiruleque- Ruote- Malvela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Noite Folk de Negreira

(texto engadido o día 7/ / 8/ / 12 )


Sábado 18 de agosto no Refuxio de Covas.

- Malvela,
- A Requinta da Laxeira
- Pan de Capazo
- Os Mercenarios de Rois
- Noite Folk de Negreira- Malvela- A Requinta da Laxeira- Pan de Capazo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Abril - Maio 2012 no LICEUM (Porriño).

(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


QUEMPALLOU 13-4-12

MALVELA 14-4-12

DIOS KE TE CREW 20-4-12

COLECTIVO ORUGA 21-4-12

UXIA 27-4-12

O SONORO MAXIN 28-4-12

MONICA DE NUT 30-4-12

JOAO AFONSO & FRED MARTINS 4-5-12

RIOBO 5-5-12

THE TURRE´S BAND 10-5-12

ALBERTO VILAS 11-5-12

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actuación de Malvela no Teatro Municipal de Tui
http://culturatui.info/evento.php?filId=72&filLin=ga
(texto engadido o día 8/ / 3/ / 12 )


Sábado, 10 de marzo ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui
Prezos: 4€ - 3€

Malvela de Sanguiñeda, Mos
Raianas


Elenco: Señora Carmen, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carme, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa, Merchi, Adela e Juaniña


As músicas dunha e doutra beira do Miño son as protagonistas do novo traballo discográfico das Malvela. Recollen aquí os temas máis emblemáticos do grupo, cancións do camiño entre Galicia e Portugal, e temas novos que fan alusión as lendas e contos desta ruta entre dous pobos.


A venda de entradas na web estará aberta dende unha semana antes ata ás 13:00h do día da función e no despacho de billetes do Teatro Municipal, unha hora e media antes do inicio da representación.

- Malvela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Culturgal (2,3 e 4 de nadal en Pontevedra)
http://www.culturgal.com/programa_feira.php?dia=1&publico=20&tema=0&capa=&actividad=
(texto engadido o día 1/ / 12/ / 11 )


[Selección de programación relacionada coa música galega]

Venres 2

12h30 Vai. A nova proposta de tres excompoñentes de Fía na Roca. No Patio
17h30 M. Carballo Trío: You knew it. Paseo polos territorios sureños do blues e do rock.
No Patio.
18h30 Pentalfa. Música espontánea. No Patio
19h30 Vitrolas, sons de Brasil. No Patio
20h30 Das Kapital. Poesía e vangarda, expresión máxima dos adentros. No Patio
21h00 MAPEA Culturgal
21h Cuarteto Caramuxo: Tiruriru. Na Praza da Verdura
21h30 Malvela: Raianas. no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra
22h30 Mercedes Peón no Teatro Principal
00h00 Projecto Trepja no CITA
00h30 Niño y Pistola as Arthur & The Winters. na Sala Karma

Sábado 3

11h30 Azos Jazz. Coa actuación de Alberto Vilas Quinteto. No Patio
12h30 Combo Dinamo: Quieto, muere, resucita. No Patio
13h30 Crebinsky. Presentación do DVD coa presenza da Banda Crebinsky
16h30 Billarda Experience!!! Presentación do disco República Billarda. No Salón
17h30 Dea Trancoso. Sons de Brasil. No Patio
18h30 Berrogüetto: O pulso da terra. No Patio
19h30 Germán Díaz: Método Cardiofónico. No Patio
21h00 Pedrito Diablo y Los Cadáveras. Inspirados polo surf instrumental. No Patio
22h00 Dentro de Culturgal aEscena no Teatro Principal: Davide Salvado e Ke‐percussión

Domingo 4

11h30 Galeoke II. No Cuarto dos Nenos
11h30 Maracutaia S/A. Sons de Brasil. No Patio
12h00 Mamá Cabra: Xa me tardan eses magos. No Auditorio do Pazo
12h30 Assembly Point. Folk acústico de Galicia, Portugal e Irlanda. No Patio
13h30 Riobó. No Patio
16h30 Aline Frazao: Clave Bantu. No Patio
17h30 Patricia Moon presenta temas do seu novo disco. No Patio
18h00 Música do 7º Día. No Garaxe
18h30 Vaamonde, Lamas e Romero. Homenaxe aos Trinta de Trives. No Patio
19h30 2uS. Música espontánea entre o jazz, o funk e a world music. No Patio.

- Culturgal -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festa da Canción Mariñeira

(texto engadido o día 25/ / 9/ / 10 )


A terceira Festa da Canción Mariñeira se consolida con rutas musicais pola ría

A carpa da praza de España será o eixo central da terceira Festa da Canción Mariñeira, que comezará mañá pola mañá e durará ata o domingo. Unha das principais novidades deste ano consistirá na oferta de viaxes musicais en barco -45 minutos na ría e outro tanto en Tambo-, a un custo de dous euros e con saida do porto de Marín de forma máis ou menos continua de 12 a 17.30 horas. As prazas débense reservar na oficina de turismo ou no teléfono 886 208 086.

As travesías serán amenizadas por un grupo musical para entreter aos participantes.
A concelleira de Turismo, a nacionalista Pilar Blanco, explicou que na carpa haberá degustacións, a cargo de catro establecementos hosteleiros da vila. O menú incluirá, a prezos económicos, frituras de peixe, nécora, cigala, navalla, polbo e empanada. O mexillón estará ausente da carta, xa que a marea bermella impide a súa extración recente e o Concello non quere ofrecer produto foráneo. O peixe ponno a confraría de pescadores e as navallas a lonxa de Campelo.

No apartado máis musical das xornadas, destaca a actuación da banda de música do Ateneo Santa Cecilia, ás 13 horas de mañana, mentres que o prato forte das celebracións será Malvela, un grupo que naceu ligado á difusión da cultura galega, e que dará o seu concerto ás 22.30 horas.

O domingo ás 13 horas actuará a banda de música de Salcedo. Ás 20.30 horas tocaralle o turno á coral do centro sociocomunitario de Marín. Pola noite, intervirán Sobre Rodas e Combo Mariñeiro, a partir das 22 horas. En todos os casos, a maioría das temáticas das cancións estará relacionada co mundo do mar, e no caso concreto da coral do centro sociocomunitario tentará rescatar algunhas das cantigas populares da localidade.

Artesanía
Como complemento da programación, na carpa haberá dous espazos reservados para exposicións. Por un lado, o artesá Manuel Piñeiro exhibirá as súas producións con bimbios. Polo outro José Manuel Formoso traerá unha selección dos mellores exemplares da súa colección de cunchas. Pilar Blanco precisou que no caso de Formoso trátase dunha das maiores colecións de macaloloxía de toda Galicia con pezas de todo o mundo
- Canción Mariñeira- Malvela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Solidario Haití - Porriño

(texto engadido o día 5/ / 2/ / 10 )


5 de febreiro ás 21h no pabillón municipal de Porriño
Rondalla de Atios, Rondalla de Pontellas, Os Penediños, Os Zoqueiros, Cantareiras Fonteliño, Lumeirada, Malvela, Pancho Álvarez, cuhus Pimentel, Uxía, Jazz Active, Dagade 2 Puntas, Baldosa Amarilla.

3 euros de entrada/donativo e subasta de arte


Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festa da Lingua na Coruña

(texto engadido o día 25/ / 5/ / 09 )



Noticia enviada por foliadeiro

- Festa da Lingua- Malvela -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=58156
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 09 )


Malmequer presenta `en primicia´ a lista dos concertos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo deste ano:

Venres 27 ás 22:30
-Os Tres Trebóns (o novo grupo de Xurxo Souto) acompañado polos Homes sen medo

Sábado 28 ás 20:30
-Cantadeiras de Berbés e amigos (Concerto de despdida)
-Malvela

Domingo 29
-Tiruleque

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* Xosé Tourián e Malvela animan a II Festa da Lingua - Xornal.com

* aCentral folque » Festa da Reconquista

* O trío Lizgairo é quen de facerse co VIII PREMIO OPINIÓN no seu debut



Malvela



Web oficial

en Myspace


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Malvela:
Da miña xanela á túa





buscar mais información
sobre Malvela en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Malvela en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]