Resultados para:

Luis Correa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Luis Correa':


III Memorial Henrique Otero, o gaiteiro do Fragoso (Vigo)

(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Sábado 23 de abril ás 19:30h no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neste memorial veremos unha mostra das obras para gaiteiro solista creadas por Otero.


Programa

- O gaiteiro rentroncón (1993)
Gaita: Martín González Bernárdez
Tambor: Abel González Bernárdez
Alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo

- Alborada de Pontevedra (1990)
Gaita: Xosé Oliveira
Tambor: Manuel Alonso
Bombo: Xosé María Gutiérrez

- Jota do gaiteiro do Fragoso (1991); Brumas do mar de Vigo (1994)
Gaita: Carlos Estévez
Tambor: Santiago Bernárdez
Bombo: Eduardo Sisto

- Fandango Ribeirán (1987)
Gaita: Luis Correa "Caruncho"
Tambor: Manolo "Rin Rin"
Bombo: María Hervella

- Maruxiña (1990); O gaiteiro na carballeira (1992)
Gaita: Pablo Táboas
Tambor: Marina Fernández
Alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Vigo

- Muiñeira do Señor Henrique (1994)
Gaita: Ramón A. Pazos
Tambor: Jose Manuel Pazos
Pandeireta: Marta Pazos
Bombo: Carlos Estévez

- Jota para tres gaiteiros (2002)
Gaita: María Xosé López
Tambor: Manolo "Rin Rin"
Pandeireta: Xosé Manuel Fernández "Muxicas"
Bombo: Chuco Estévez

- O vello gaiteiro (1992)
Gaita: Marcos Castro
Piano: Lucas Alonso

- Belada de Soutomaior (2006)
Gaita: Juan Pena
Piano: Lucas Alonso
Vibráfono: David Alonso

- O Espantallo (1980/1991) - Música e coregrafía orixinal do mestre Otero
Gaitas: Irma Durán, Diego Budiño,
Tambor: Damián Durán
Pandeireta: Emma Núñez
Agrupación Folclórica Breogán de Moaña

- A Farándula (1974)
Banda de gaitas "Raigames"

- Ventosiño (1970/2000)
Música e letra orixinal do mestre Otero


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NAS AULAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL PARA O VINDEIRO CURSO 2014/2015
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3090:a-tradescola-abre-o-prazo-de-preinscricion-nas-aulas-de-musica-e-baile-tradicional-para-o-vindeiro-curso-20142015&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 14 )


A TRADESCOLA,  o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, abre o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional para o vindeiro curso que se iniciará no outono. 


A TRADESCOLA, que este ano contou con máis de 230 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música tradicional para impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais de aulas específicas para os máis pequenos.


Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Gerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Pablo Carpintero, Xela Conde e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.


Un dos obxectivos da Tradescola é normalizar e incrementar a presenza da música e da cultura tradicional galega na sociedade actual, e para conseguilo, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, exposicións, concertos, certames ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional, tanto na cidade de Lugo onde imparte as aulas diariamente, como en distintas comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co mundo da cultura tradicional.


A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) a través da Tradescola, mostra así a súa inquedanza por manter vivas as nosas tradicións e conservar, promocionar e difundir a nosa cultura.




PREINSCRICIÓNS NA TRADESCOLA


A Tradescola oferta as materias de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal, ademais de aulas específicas para os máis pequenos.


Na escola poden inscribirse alumn@s a partir de 4 anos, en niveles de iniciación ou perfeccionamento.


As clases impártense en horario de tarde, de luns a venres, e o curso iniciarase en outubro.


Poden solicitar máis información nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Tradescola organiza unhas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares en Cervantes.
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2906:a-tradescola-organiza-unhas-novas-xornadas-didacticas-de-musica-tradicional-para-escolares-en-cervantes&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 2/ / 2/ / 14 )


A Tradescola está a preparar unhas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares que se impartirá en Cervantes.

O vindeiro dí­a 20 de febreiro a partir das 11.30 horas terán lugar dous concertos didácticos de música tradicional no CPI de Cervantes dirixidos á poboación en idade escolar que contarán cos nenos e nenas do CPI de Cervantes e do CEIP da Ponte de Doiras.

Nos concertos farase un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional galega.

Os concertos estarán guiados polos mestres da Tradescola, Luis Correa “O Caruncho” e Xose Lois Romero Cajigal.

A través das actividades realizadas nas distintas comarcas da provincia de Lugo, fí­xose posible que máis de 2000 escolares de concellos como Ribadeo, Monforte, Vilalba, Sarria, Chantada, Mondoñedo, Lugo, Pastoriza, a Fonsagrada, Viveiro, Pobra de Brollón...entre outros, se achegaran á música tradicional e coñeceran de primeira man os sons dos nosos instrumentos a través dos concertos didácticos e obradoiros impartidos por esta escola.




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Tradescola organiza unha nova xornada didáctica de música tradicional na Pobra do Brollón
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2589:a-tradescola-organiza-unha-nova-xornada-didactica-de-musica-tradicional-na-pobra-do-brollon&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 25/ / 5/ / 13 )


A Tradescola está a preparar unha nova xornada didáctica de música tradicional aberta para todo o público na Pobra do Brollón. O vindeiro día 25 de Maio ás 11.30 horas, terá lugar un concerto didáctico de música tradicional na Casa da Cultura desta vila. O concerto estará impartido polo mestre da Tradescola Luis Correa “O Caruncho”.

Coa realización destas xornadas, a Tradescola pretende achegar, potenciar e difundir entre a poboación a nosa música tradicional, axudar a que se coñezan os nosos instrumentos, os ritmos e as distintas formacións protagonistas da música tradicional e popular galega dos últimos séculos, todo explicado dun xeito didáctico e ameno.

A entrada ao concerto será de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sobre Rodas na Salason (Cangas)

(texto engadido o día 26/ / 1/ / 13 )


DOMINGO 27 DE XANEIRO, ÁS 20.00 h.

O dúo de zanfonas Sobre Rodas, integrado por Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso, tráennos unha nova proposta de interpretación da música popular e de autor, fundindo zanfonas e voces para interpretar un amplio repertorio de cantares de cego e outras melodías da música galega.

Entrada: 5 €

- Sobre Rodas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coro Tradicional Cantares do Brión en Panxón - Nigrán

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 11 )


O martes, 16 de agosto, ás 22,30 horas, no Campo das redes, en Panxón - Nigrán, daremos o noso primeiro concerto en solitario.
Será dentro do Programa de Actividades Agosto 2011 que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Nigrán.
Alí interpretaremos o repertorio que nos caracteriza: alalás, foliadas, pandeiradas, con algunha novidade como a peza titulada "Na Touba do Brión", que estreamos hai poucas semanas no Festival Folc Illa de San Simón, en Cesantes. A letra desta peza son varias coplas recollidas por Rosalía Hermida Pérez, natural de Xián - Vincios (Gondomar) e que é avoa dunha das compañeiras do coro; a música é de Luís Correa "Caruncho", tamén membro de Cantares do Brión.

Este concerto é moi importante para nós, por celebrarse no Val Miñor, nun concello onde aínda non estiveramos, e no marco da programación de verán, nun lugar onde anteriormente estiveron Milladoiro, Berrogüetto, Son de Seu e outras agrupacións de primeira liña. Unha parte importante do repertorio, de nova creación, refírese á comarca do Val Miñor, o noso escenario natural.
- Cantares do Brión -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Folc Illa de San Simón

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 11 )


A partir das 20:30 horas do sábado 9 de xullo o Coro Tradicional Cantares do Brión acudirá á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, onde se vai desenvolver o II Festival Folc Illa de San Simón.
Será no salón de actos do Centro Cultural Deportivo de Cesantes e, ademais do noso Coro, actuará o Grupo de Baile e Gaitas Airiños de San Simón.
A primeira edición deste Festival tivo lugar o pasado ano e nel actuou o grupo de música tradicional Os Carunchos.
No repertorio de Cantares do Brión, os alalás, foliadas e pandeiradas que nos caracterizan, coa estrea da peza “Na Touba do Brión”, con letra popular e música do noso compañeiro, o afamado gaiteiro Luís Correa.
- Cantares do Brión -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fin de curso na TRADESCOLA
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1586%3Afin-de-curso-na-tradescola&catid=102%3Atradescola&Itemid=18
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 11 )


O vindeiro día 27 de Xuño a partir das 19.00 h. celebrarase no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 21.30 h. realizarase unha cea-festa á que asistirá o alumnado e os docentes da Tradescola.

A TRADESCOLA contou durante este curso con 200 alumnos matriculados e cun equipo docente formado por 9 mestres, Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “Caruncho”, Gerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Fdez. Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal foron os encargados de impartir as aulas das distintas especialidades.

Actualmente está aberto o prazo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2011/2012.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 ), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Tradescola abre o prazo para a reserva de prazas
http://www.gaiteirosgalegos.com/tradescola/
(texto engadido o día 14/ / 6/ / 11 )


A TRADESCOLA, centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo para a reserva .

A TRADESCOLA conta actualmente con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. A maiores destas materias, tamén ofrecemos aulas específicas para os máis pequenos.

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Mari Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódedesvos dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 ), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com
- Tradescola -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas de Música Tradicional da Tradescola en Chantada
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1342:xornadas-de-musica-tradicional-da-tradescola-en-chantada&catid=17:cursos&Itemid=18
(texto engadido o día 20/ / 1/ / 11 )


A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Chantada. Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 27 de Xaneiro en horario de mañán, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Música de Chantada, dirixidos á poboación en idade escolar dos distintos centros da vila, e nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado por dous mestres da Tradescola, Luis Correa “O Caruncho” e Xose Lois Romero.

Posteriormente, o domingo 30 de Xaneiro, a Casa da Música de Chantada acollerá durante todo a día un curso gratuito de técnicas de canto tradicional, que estará guiado pola profesora da Tradescola, Xela Conde.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións no curso poden chamar ao teléfono 982229966 ou

enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com
- Tradescola- Asociación de Gaiteiros Galegos- Luis Correa- Xose Lois Romero -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=845
(texto engadido o día 15/ / 4/ / 09 )


A Tradescola, escola de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o vindeiro sábado 19 de Abril unhas Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte.

Cunha proposta educativa que lle permite ao alumnado adquirir unha formación integral, na Tradescola se imparten aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación, e asisten a elas un total de 150 alumnos.
Coa intención de complementar a formación do alumnado impártense cursiños monográficos e realízanse outras actividades relacionadas coa difusión da cultura tradicional. O obxectivo é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de outras actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

O día 19 de Abril a partir das 17.00 h., terán lugar na Casa da Cultura de Monforte de Lemos unhas xornadas didácticas dedicadas a zanfona e a percusión tradicional. Esta actividade estará guiada polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho” e Xose Lois Romero Cajigal. Na mesma poderemos gustar dun concerto didáctico no que Luis O Caruncho nos amosará os secretos da zanfona, cantos de cego, regueifas... e Xosé Lois nos ensinará as distintas percusións utilizadas na música tradicional. Posteriormente, realizarase un obradoiro no que os mestres estarán a disposición dos asistentes para responder a calquera dúbida ou inquedanza sobre os distintos instrumentos, e no que o público poderá achegarse e aprender os distintos xeitos de tocar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón
http://folque.com/cmn-wp/?p=1359
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 09 )


Son os cegos os grandes cronistas, os contadores de historias, de feitos incríbeis que oíron e transmitiron, para engaiolar o maxín do seu público.

É na feira, na romaría onde os ouvintes escoitan as máis escuras, enredantes e retranqueiras coplas. Romances reelaborados e actualizados. Son mundos compartidos do imaxinario popular. Son muxicas e charamelas.

Os contos dos cegos andantes eran engalanados co chamamento dunha zanfona. A chamada de atención, o trebello musical que aínda nos segue a abraiar e sorprender.

Avant-garde en Narón

O Encontro coa Zanfona Contemporánea cumpre un lustro. Logo de catro edicións xa se consolida como referente deste instrumento milenario.

Anos anteriores acercáronse até Narón algúns dos mellores tocadores de Europa: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea, ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.

Nesta edición miramos de novo ao lugar que máis zanfoneiros concentra, ao máis vangardista e con máis viva tradición: o centro de Francia.

O mestre convidado é un deses novos valores: Grégory Jolivet.

Xarnege, quinteto transfronteirizo de Euskadi e Gascuña, compartirán palco na noite do venres.

Como novidade, presentaremos o Encontro na Feira do Trece na parroquia de Sedes. O dúo Sobre Rodas (Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso) serán os responsábeis de que a zanfona volva a escoitarse na feira, na romaría.

Ademais…

para escolares:

  • concerto didáctico do dúo Sobre Rodas
  • panel de experiencias do obradoiro musical do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo por Luciano Pérez, herdeiros do pioneiro obradoiro que fundou Faustino Santalices quen recuperou este instrumento en Galiza no século XX.

para músicos:

  • relatorio do investigador da Asociación Ibérica de la Zanfona, Xulio García Bilbao.
  • palco aberto en Aldea Nova.

máis información:
http://folque.com/cmn-wp/?page_id=1356
info@folque.com
+34 881 031 829


+ 4 noticias relacionadas

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



ABERTA A MATRÍCULA DA AULA DE ZANFONA DE LUGO
http://www.gaiteirosgalegos.com
A Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha, un ano máis, a AULA DE ZANFONA na cidade de Lugo. Esta actividade vaise a levar a cabo dende o vindeiro 25 de outubro de 2007 ata Xuño de 2008, todos os xoves de cada mes, no Complexo Residencial Xuvenil LUG, dependente da Delegación Provincial de Lugo da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.

Luis Correa “O Caruncho”, unha das referencias fundamentais na música tradicional galega, será o mestre encargado de impartir as clases coas que se pretende reivindicar este instrumento tradicional galego, que presenta unhas características culturais, sonoras, técnicas e temáticas que fan moi interesante o seu coñecemento.

A matrícula formalizarase o mesmo día do comezo do curso, ainda que deberá realizarse unha reserva de praza antes do 25 de outubro, a través do correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben no teléfono 986 847 074 (Roi ou Patri).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Monográficos 2007 no Conservatorio Folque de Lalín
http://folque.com/cmn-wp/?p=595
Comezan os monográficos. Cursos especializados para todos os públicos musicais: amadores-as, profesionais, curiosos-as… Cursos específicos de instrumentos, de coñecimentos doutros xéneros e culturas musicais.
Os monográficos de Lalín, agandan-te todos os sábados.

GUITARRA ACÚSTICA E BOUZOUKI. Impartido por Ramón Feáns “Chiri”. Comezo o sábado 20 de xaneiro até finais de xuño de 19 a 20h. Matrícula:50€ /mes.

PANDEIRETA E REPERTORIO CANTADO. Imparte Davide Salvado (músico-performance participa na banda de J.M.Budiño). Comezo o sábado 20 de xaneiro até marzo de 19,30 a 20,30 h. Matrícula: 50 €/ mes.

ZANFONA E VOZ. Imparte Luis Correa “O Caruncho”. 20 de xaneiro de 16 a 20h. Matrícula: 40€

O VIOLINO TRADICIONAL DE OSLO A COMPOSTELA. Aulas individuais. Imparte Quim Farinha (Berroguetto, Talabarte, Banda das Crechas, Sol de Farola). Comezo o 3 de marzo até finais de xuño. Matrícula: 50€

AFINA O TEU CORPO COMO PRIMEIRO INSTRUMENTO. Conciencia corporal para músicos e cantantes, tensions, posturas… Imparten Pablo Caramés e Ana Llaras. 20 de xaneiro, 3, 17 de febreiro, 3 marzo de 10 a 13 h. Matrícula:90 €.

INICIACIÓN Á PERCUSIÓN DE LÁMINAS (marimba, xilófono, vibráfono) CON REPERTORIO TRADICIONAL GALEGO. Imparte Dario Gonzalez (director do Conservatorio Profesional de Lalín). Comezo o 3 de febreiro e remate o 28 de abril de 18 a 19,30 h. Matrícula 50€/mes.

OS RITMOS DO BRASIL. Impartido por Lilian França e Sérgio Tannus. Único dia: 10 de febreiro de 12 a 14h e de 16 a 18 h. Dirixido a todos os públicos. Matrícula: 40 €

CONCERTO DE LILIAN FRANÇA E SÉRGIO TANNUS. (cancion brasileira) Salón Teatro de Lalín. 20,30h. 10 de febreiro.

UM DIA DE DANZAS DO MUNDO. Impartido por Beatriz Diaz ( musicoterapeuta e bailadora de danza galega) Único dia: 10 de marzo de 11 a 14 h e de 17 a 20 h. Matrícula: 40€

100 ANOS DE GRABACIÓNS SONORAS DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA. AUDICIÓNS COMENTADAS. INSTRUMENTOS, FORMACIÓNS E REPERTORIO. Imparte R.Pinheiro (profesor de Historia da Música Galega do CMTF e director da colección A Tiracolo de Ouvirmos/Arquivo Sonoro de Galicia.Consello da Cultura Galega).Comezo o sábado 3 de marzo de 12 a 1 3h. Matrícula: 60 €/ mes.

EDICIÓN DIXITAL DE PARTITURAS. Impartido por Benjamín Otero (profesor de linguaxe musical do CMTF). 24 e 31 de marzo de 18 a 21 h .Matrícula: 40€

MÚSICA ANTIGA /MÚSICA POPULAR. CANTIGAS MEDIEVAIS, DANZAS RENACENTISTAS, ROMANCES, MÚSICA SEFARDITA… Impartido por Fernando Reyes (director do grupo de música antiga Resonet) Dirixido a cantantes e instrumentistas. Comezo 21 de Abril. 4 sábados consecutivos de 12- 14 horas.Matrícula: 75 €

APRENDIZAXE DE CANCIÓNS DO REPERTORIO TRADICIONAL GALEGO-PORTUGUES. Imparte J.Luis d.p Orjais (mestre de música en primaria, cofundador do CMTF e responsabel da reedición do Cancioneiro de Inzenga) Sábado 19 de maio de 11 a 14h e de 16 a 19 h. Matrícula: 30 €

Preinscripción: luania13@yahoo.es tlfe. 690 195217
Debese formalizar a matrícula e pagamento, unha semán antes do inicio de cada monogáfico.

Noticia enviada por Malmequer

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* SOBRE RODAS

* A Tradescola abre as súas portas hoxe en Lugo

buscar mais información
sobre Luis Correa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]