Resultados para:

Lugo
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23]

Novas que incluen 'Lugo':


V Xornadas sobre Baile Tradicional (Lugo)
http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=4043:2018-11-09-11-27-52&catid=27:varios&Itemid=18
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 18 )


A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 18 de novembro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.

Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO).

Nestas xornadas contaremos con grande profesionais do baile tradicional como son Pedro Brañas, José Codesido e Xabier Iglesias, que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.

Estas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, son xa unha cita anual imprescindible para tod@s @s amantes do baile tradicional.

Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – LUGO)

Data: 18 de novembro de 2018

Programa das V Xornadas de Baile Tradicional

11.15h - Recepción participantes e apertura da Xornada

11.30h - Relatorio- Obradoiro

Pedro Brañas - "Maneo na comarca de Bergantiños"

13.30h - Xantar

16.00h - Relatorio - Obradoiro

José Codesido - “ O Bailar en Arcos- Mazaricos"

18.00h - Descanso

18.15h - Relatorio - Obradoiro

Xabier Iglesias - "O baile solto ao xeito de Vilavexe - As Nogais"

20.15h - Peche das xornadas

A asistencia a estas xornadas será de balde. As prazas son limitadas por orde inscrición. Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966 indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e mail.

Non esperedes que as prazas voan!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada con A Volta Do Agro (Lugo)

(texto engadido o día 9/ / 11/ / 18 )


Sábado 10 de novembro a partires das 23h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Foliada-Magosto dos Xilgaros en Lugo
https://www.facebook.com/events/280246462583357/
(texto engadido o día 2/ / 11/ / 18 )


Sábado 3 de novembro a partires das 20h


Boas Xí­lgareir@s...pois si.....xa se está a argallar a VI FOLIADA MAGOSTO 2018..este ano con moitas novidades e sorpresas e sobre todo moita musica e moitas gañas de pasalo ben e desfrutar dunha xornada fantastica.haberá premios e xa hay grupos confirmados que irei nomeando mais adiante..
"Se algun grupo quere entrar no cartel e apuntarse pra participar...deberá mandar un e-mail antes do dia 25 de septembro"
Osxilgarosdelugo@gmail.com
Ou tamen por mensaxe privado de Facebook.

Organiza: Asociacion cultural Os Xílgaros De Lugo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Foliada de Reigosa (A Pastoriza. Lugo)
https://www.facebook.com/events/335428577218146/
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 18 )


Sábado, 27 de outubro


Arrancaremos ás 11:00 am coa apertura da feira mensual. Ás 13:00h haberá un pasarrúas a cargo do grupo Grupo de gaitas "Brisas del Eo" de San Tirso de Abres (Asturias).

Xantaremos a fartar polbo á feira e churrasco para prepararnos para o obradoiro de baile das 18:00h impartido por Iago Dominguez Rodriguez, da asociación Cantigas e frores. Á noite comezarán os concertos con Son de Lugh, Os Amigos do Caldeiro, #PandereiteirasdeMeira, #GrupoDeMúsicaTradicionalDaPastoriza e Pelepau. Remataremos a xornada cunha foliada aberta e cun sorteo de agasallos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Davide Salvado & Pedro Pascual en Lugo

(texto engadido o día 11/ / 10/ / 18 )


Sábado 13 de outubro ás 23:00h
La Cosechera.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A.C. Rechouchíos (Taboada. Lugo) - Curso 2018/2019
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2130648240588251&set=a.2091480494505026&type=3&theater
(texto engadido o día 8/ / 10/ / 18 )


Comezamos o curso o primeiro sábado de outubro!!!

Se queres saber máis da túa cultura ou estas canso de estar sentado nas foliadas, vente con nós a aprender sobre a música, o baile e o canto galegos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa musical do San Froilán (Lugo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=151464
(texto engadido o día 5/ / 10/ / 18 )


PROGRAMA



Xoves 4 de outubro de 2018



21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón.

21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raí­ña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade

21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa Marí­a

22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquí­n Xesteira e Rodrigo Romaní­, na pr. Horta do Seminario

23.30 h Verbena coa orquestra Panamá na pr. Maior

00.30 h Noite Sabinera a cargo de La Penúltima na pr. de Santa Marí­a

00.45 h A Duendeneta na pr. da Soidade



Venres 5 de outubro de 2018



12.00 h Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Albeiros e As Gándaras

12.45 h Concerto de Lucus Ensemble + Pilocha + Lis Latas na pr. de Santa Marí­a

13.00 h Sesión vermú a cargo do grupo Skintinght na Rinconada do Miño

13.00 h Os Pelúdez entre nós pola pr. Maior e o Recinto Feiral

13.00 h Pasarrúas de Devandoira infantil pola pr. Mártires de Carral, Rúa Dinán e Rúa San Roque ata Montirón

13.00 h Pasarrúas da charanga Os Amigos de Manolo por Recatelo, Puro Cora, Vila de Foz e Recinto Feiral

13.30 h Sesión vermú a cargo de Vrásica no Campo Castelo

19.00 h Verbena galega d’antes. Ven a aprender a bailar con Xabier Iglesias, coa actuación de Airiños da Freba e os Danzantes do Xeito. Caracterí­ate dos anos 40/50!

19.00 h Pasarrúas da charanga A Excusa por Recatelo, Puro Cora e Recinto Feiral

19.00 h Pasarrúas da charanga Garrafón.com pola pr. Mártires de Carral, San Pedro, rúa Progreso, San Marcos e Ruanova

19.30 h Pasarrúas de Airiños de Orzabai pola avda da Coruna, desde a Medusa, polas pr. Viana do Castelo e Agro do Rolo

21.00 h Concerto de La M.O.D.A. na pr. Horta do Seminario

22.00 h Espazo Hip Hop na pr. da Soidade, con Greensoul (teloneiro), CTX e Tekilas, The crossroads music e artistas de Capsule Corp (Happy004, KrK002, Karba e Sad Gonsales) Peche do Espazo coa actuación dos Dj Jako Robe e Miguel Palacios ás 01.00 h

23.30 h Concerto de Zenet na pr. de Santa Marí­a

00.45 h Os Festicultores e Louband polo recinto histórico



Sábado 6 de outubro de 2018



11.30 h IX Desfile de Gando San Froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da Muralla, pr. da Constitución, Campo Castelo, pr. Maior e Bispo Aguirre. Grupo acompanante Raí­ces do Campo

12.00 h Pasarrúas de Antaruxas e Sorteiros pola avda. Ramón Ferreiro, Rodrí­guez Mourelo e rúa Puro Cora

12.15 h Pasarrúas da charanga Son do Miño por Quiroga Ballesteros, pr. da Soidade,Tinerí­a, rúa do Mino, pr. do Campo e zona dos vinos

13.00 h Actuación da escola de música Fábrica de Sons na pr. do Cantiño

13.00 h Sesión Vermú de West Side Bones na pr. da Soidade

17.00 h XVI Festival de Cultura Tradicional, organizado pola asociación cultural Cantigas e Frores Participan: Grupo Etnográfico de Areosa (Viana do Castelo-Portugal) e Asociación Etnográfica Don Sancho (Zamora)

18.00 h A Duendeneta no Campo Castelo

18.30 h Pasarrúas de Arrincadeira Folk pola rúa San Marcos, Bolano Ribadeneira, rúa San Froilán e Ruanova

20.00 h Pasarrúas de Treboada pola rúa Quiroga Ballesteros, Mercado Municipal e Praza de Abastos

20.30 h Concerto de Hombres G na pr. Horta do Seminario

22.30 h Concerto de Javiera Mena na pr. de Santa Marí­a

23.30 h Verbena coa orquestra La Favorita na pr. Maior

00.00 h Noite electrónica con: Galician Army, Manu Chady, Frisco & Marcos Peón, na pr. de Santa Marí­a



Domingo 7 de outubro de 2018



11.30 h Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico. Participan: Abertal (A Rúa), A Volta do Agro (Lugo), Arume (Boiro), Banda de Gaitas Son da Chaira (Terra Chá), Caivanca, Cántigas e Frores e Folquiada (Lugo), Lagharteiras (Mos), Os Campantes da Baña (A Bana), Os de Algures (Pontevedra), Reviravolta e Xaora (Lugo)

12.30 h Ofrenda floral a Rosalí­a de Castro por parte de Paloma Lugilde coa participación dos Xí­lgaros de Lugo + Lulavai

12.30 h Pasarrúas de Pelexo de Ghaita dende a porta de Santiago, pola rúa Santiago e Calzada da Ponte

12.30 h Pasarrúas dos Valuros pola rúa Adolfo Suárez e Sagrado Corazón

12.30 h Pasarrúas de Abrente pola pr. da Milagrosa, Camino Real, rúa Mallorca e Av. da Coruna

13.00 h Actuación de Lulavai na pr. de Santa Marí­a

13.30 h Sesión vermú a cargo de Lacón con Grelos na pr. da Soidade

17.00 h Concertos das Bandas Música: Agrupación Musical do Rosal + Banda municipal de Sober

17.30 h XX Mostra de música tradicional do Domingo das Mozas coa Asociación de Gaiteiros Galegos polo recinto histórico

20.30 h Concerto de Rozalén na pr. Horta do Seminario

22.15 h Concerto de Nathy Peluso + Big Menú na pr. de Santa Marí­a

23.00 h Verbena coa Banda Gaudí­ na pr. Maior



Luns 8 de outubro de 2018



12.00 h Pasarúas das Vikingas pola rúa Progreso, Raí­ña, San Marcos, pr. de Ferrol, Campo Castelo, San Pedro e Mártires de Carral

13.30 h Sesión vermú con Los Alcántara na pr. de Santa Marí­a

17.30 h Sesión de tarde coa orquestra Breixa Band na pr. Maior

18.30 h Os Pelúdez entre nós na sesión de tarde da pr. Maior

18.45 h Cultura e tradición no Camiño na pr. Cantiño Nemesio Cobreros, actuación musical a cargo de Branca Villares

20.00 h Pasarrúas da charanga Terra Chá pola Ruanova

21.00 h Concerto de Adrián Vigo na pr. de Santa Marí­a



Martes 9 de outubro de 2018



11.30 h Pasarrúas da charanga Viño Branco pola rúa Quiroga Ballesteros (Mercado Municipal e Praza de Abastos) e Santo Domingo

16.00 h Actuación de Bruno Villamor

19.00 h Pasarrúas dos Campeiros de San Xoán do Campo polas rúas Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa Doutor Castro, pr. Maior e Bispo Aguirre

20.00 h Concerto de Barbarian Profhecies, na pr. da Soidade

21.00 h Concerto de Foolmakers + The Shakers, na pr. de Santa Marí­a



Mércores 10 de outubro de 2018



11.30 h Pasarrúas da charanga Ardeyukú polas rúas San Marcos, Santo Domingo, Doutor Castro, pr. Maior e Bispo Aguirre

18.30 h Actuación musical a cargo de Davide Salvado no Cantiño Nemesio Cobreros

19.00 h Pasarrúas de Nubeiro pola Fonte dos Ranchos, Castineiro e Lamas de Prado

20.00 h Pasarrúas de Son de Lugh por Puro Cora, Recatelo e Recinto Feiral

21.00 h Concerto de Lucí­a Pérez + Vizcaí­no, na pr. de Santa Marí­a



Xoves 11 de outubro de 2018



11.30 h “Camiño ao contar” con Lois Pérez Dí­az e Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Oleiros, dende Porta San Pedro ata Porta Miñá

12.00 a 20.00 h Cultura e tradición no Camiño a cargo de Traxandaina no Cantiño Nemesio Cobreros cos seguintes obradoiros: Bastidor para nenas/os e na, estrutura do tapiz (Inés Rir), Demostración do antigo oficio de zoqueiro (Alberto Geada), Exposición e obradoiro de construción de corozas (ívaro M. Leiro). Actuación musical durante todo o dí­a a cargo do Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Oleiros, con pezas tocadas, cantadas e bailadas da provincia de Lugo

13.00 h Sesión vermú de Kimuru na pr. do Campo Castelo

17.30 h Inicio do XIII SANFROIDANCE na pr. da Soidade

Nastasia Zürcher (17.30 h)

Escandaloso Xpósito & Hartosopash (18.30 h)

Soulmakclein (19.15 h)

Ganjahr Family (20.00 h)

Ms Maiko (21.10 h)

Karmasound (22.10 h)

Jotamayúscula (23.10 h)

Kron & Soto (00.20 h)

Dj Tillo (01.30 h)

Evento conducido por Narci Rodrí­guez acompanado polo artista visual VDJ Doble K

20.30 h Pasarrúas de Entre Lusco e Fusco polas Fontinas e Montirón

20.30 h Pasarrúas da charanga Malo Será por Augas Férreas, estrada da Granxa, Campos Novos, Alfonso X e Acea de Olga

21.00 h Os Pelúdez entre nós pola zona dos vinos

21.30 h Concerto de Heredeiros da Crus. Teloneiros: Wicked World (20.00 h) na pr. Horta do Seminario

22.45 h Fanfare Ciocarlia na pr. de Santa Marí­a

00.00 h Verbena coa orquestra Cinema na pr. Maior

00.30 h Os Festicultores polo recinto histórico zona dos vinos, rúa do Mino e Tinerí­a



Venres 12 de outubro de 2018



12.00 h Pasarrúas de Devandoira polo recinto histórico

12.30 h Actuación musical no Cantiño Nemesio Cobreros a cargo do Grupo de Zanfoñas da Tradescola

13.00 h Sesión vermú da orquestra Pontevedra na pr. Maior

13.30 h Sesión vermú dos Parentes na Rinconada do Miño

16.00 h Actuación musical dos Xí­lgaros de Lugo no Cantiño Nemesio Cobreros

18.30 h Pasarrúas de Meigas e Trasgos polo recinto histórico

19.00 h Actuación de Habelas Hainas na pr. da Soidade

20.30 h Concerto de Marky Ramone + Pussy Riot, na pr. Horta do Seminario

23.00 h Concerto de Myles Sanko “a voz revelación do Soul” na pr. de Santa Marí­a

23.30 h Verbena coa orquestra Pontevedra na pr. Maior



SAN FROILíN MIíšDO 2018



SíBADO 6



13.00 h Musicreques: “Contacontos musicais”

19.00 h Música Xoán Curiel: “A Casa do Terror”



DOMINGO 7



19.00 h Música. Paco Nogueiras: “Radio Bule Bule”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Curso de Iniciación á Zanfona con Oscar Fernández en Lugo
https://centrodaigaku.blogspot.com/2018/09/curso-de-iniciacion-zanfona-con-oscar.html?spref=fb
(texto engadido o día 28/ / 9/ / 18 )


Iniciamos este novo curso xa ben cedo con un cursiño. Vai a estar adicado novamente á ZANFONA, pero vai a ser un curso ben especial, xa que está adicado a xente que nunca tivera contacto co instrumento, ainda que xa sexa músico.

A idea será un achegamento directo coa zanfona, pero salvando a distancia, a veces complicada, de non ter un instrumento preto de un, xa por non decir propio. Os instrumentos serán proporcionados polo que vai a ser o mestre do curso: OSCAR FERNANDEZ.


O curso celebrarase nas instalacións de Centro Daigaku, na rua Rio Lor 41, o SABADO 29 DE SETEMBRO de 2018, de 10:00 a 14:00 cun prezo de 35€.

É imprescindible a inscripción previa ó curso, tendo como data límite o mércores 26 de setembro por razóns loxísticas.

A inscripción pódese facer enviando un correo electrónico a centrodaigaku@centrodaigaku.es, e as dúbidas pódense solventar chamando ó Centro ó teléfono 982 873 763 ou ben a Óscar ó 630455781

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Falperrys en Lugo e Lalín

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


Venres 21 de setembro no Madia Leva (Lugo)
Sábado 22 de setembro no Pub Óxido (Lalín)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Escola Municipal de Música de Lugo - Curso 2018/2019
http://lugo.gal/gl/actuacions/escola-municipal-de-musica
(texto engadido o día 20/ / 9/ / 18 )


Clases de Gaita, Percusión Tradicional, Grupo Tradicional, Grupo de Pandeiretas e Pito Pastoril Galego

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



AC Osorio Gutiérrez (Lourenzá. Lugo) - Curso 2018/2019

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 18 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociación Cultural A Legua Dereita (Corgo. Lugo) - Curso 2018/2019

(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )


Cursos de percusión, gaita, baile e canto tradicional para todas as idades.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Volta do Agro (Lugo) - Curso 2018/2019

(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )



+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Asociacion Cultural Cántigas e Frores (Lugo) - Curso 2018/2019
https://www.facebook.com/cantigasefrores/photos/a.10151938650559807/10156218814604807/?type=3&theater
(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )


Aberto prazo de matrí­cula 2018-2019! Para soci@s estaremos martes, mércores e xoves de 19 a 21h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



TradEscola (Lugo) - Curso 2018/2019
http://gaiteirosgalegos.gal/tradescola
(texto engadido o día 12/ / 9/ / 18 )


Chega setembro e na TRADESCOLA, o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, abrimos o prazo de matrícula para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) para o curso 2018/2019, que se iniciará o 17 de setembro. (O prazo de matrícula estará aberto dende o día 5 ata o día 21 de setembro).

Na Tradescola impartimos as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos. (*consúltanos disponibilidade de horarios antes de realizar a matrícula)

Tamén continuamos ofertando o novo itinerario profesional que ten como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio. Este novo itinerario impártese paralelamente ás aulas xa existentes, que continuarán como en anos anteriores.

MATRÍCULA NA TRADESCOLA

A Tradescola oferta as materias de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical, ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

Na escola poden inscribirse alumn@s a partir de 4 anos, en niveles de iniciación ou perfeccionamento.

As clases impártense en horario de tarde*, de luns a venres, e o curso iniciarase o vindeiro 17 de setembro.(algunhas materias contan tamén con horarios de mañá)

Podes solicitar máis información nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal
Para coñecer as actividades organizadas pola Tradescola e a Asoción de Gaiteir@s Galeg@s, mais as novidades relevantes no ámbito da música tradicional, visita á páxina de facebook da Tradescola ou a sección novas da web gaiteirosgalegos.gal


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Feira do 48 en Lugo - 70 aniversario Cántigas e Frores

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 18 )


Sábado 8 e domingo, 9 de setembro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Talabarte en Lugo

(texto engadido o día 30/ / 8/ / 18 )


Xoves 30 de agosto na praza do Campo Castelo, ás 21:30h. Entrada de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas Etnográficas do Morrazo
https://www.facebook.com/events/377766029426139/
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 18 )


Proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo e organizado pola Asociación Cultural Peis d'hos, con obradoiros de música, baile e traxe tradicionais galegos, charlas e exposicións.

PROGRAMA:
28/08-02/09, Bueu: exposición do traxe tradicional de Lugo Traxandaina Traxe Tradicional
29/08, Moaña: Obradoiro de cestería ecolóxica con Mª Xosé Martínez
30/08, Bueu: Presentación da páxina web da APOI - Museo do Pobo Galego
31/08, Moaña: Obradoiro de gaita con Bruno Villamor de Cántigas e Frores
01/09, Moaña: Obradoiro de teciduría en tear con Mª Xosé Martínez
Charla sobre tecidos e o seu uso na vestimenta con Panos d'aquí
Bueu: Obradoiro de canto e pandeireta con Xurxo Fernandes.
02/09, Cangas: MOSTRA ETNOGRÁFICA DO MORRAZO con Cantigas e frores, Trébede e A. C. Xacarandaina

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival dos Eidos (O Courel. Lugo)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


MÉRCORES 22
11:30 h. POETAS DE VOULMENTIN (FR). Parada
13:00 h. Desgustación de conservas (ANFACO). Parada
20:00 h. Concerto de Jazz: SUMRRÁ. Paderne

XOVES 23
12:00 h. Videopoemas: WINTER WARMER FESTIVAL (IR). Estación científica de Seoane
17:00 h. Proxección documentais: CARLOS LORENZO “Vertice de Versos”. CELIA PARRA “Versogramas”. Parada
19:00 h. Crowdfunding para proxectos culturais. ITH. Parada
19:30 h. Recital poético: O´BHEAL (IR)+ MARCO PAONE (IT) + CELIA PARRA Parada

VENRES 24
10:30 h. Visita guiada: As plantas que nos habitan. X.M. BLANCO. Souto da Rubial-Parada
11:30 h. Visita guiada: A avifauna nos Eidos. HABITAQ. Souto da Rubial-Parada
18:30 h. Presentacións: -A cultura como reserva india: JORGE LINHEIRA e Culpable pola literatura: GERMÁN LABRADOR. Parada
20:30 h. Homenaxe a Carlos Oroza: BRANCA NOVONEYRA e GERMÁN LABRADOR. Parada
21:30 h. Degustación de conservas. Parada
22:00 h. Cea. Parada
23:00 h. Concertos: MARCO FOXO +BAIUCA + DJ TRISTÓN. Parada

SÁBADO 25
12:00 h. ANXO MOURE “O Carballo con Botas”. Parada
13:30 h. Concerto: OS AMIGOS DOS MÚSICOS. Parada
13:30 h. XANTAR. Parada
17:30 h. Teatro de obxectos. O Asombro. FANTOCHES BAJ
19:00 h. Recital: OLGA NOVO, TERESA MOURE, OLALLA COCIÑA e XIANA ARIAS. Parada
20:30 h. Degustación conservas. Parada
22:00 h. Concertos. ATRÁS TIGRE + PELOMONO + ANIER+ DJ SERGIO CANAY. Parada

DOMINGO 26
12:00 h. Danza: HISAKO HORIKAWA Souto da Rubial - Parada
13:00 h. Concerto: NACHO. Parada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a de Santa Margarida (A Coruña)
https://www.facebook.com/foliadasdacoruna/photos/a.456502317866713/913385278845079/?type=3
(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018!

Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18.

* Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe.

* Obradoiros e actuacións nas prazas o sábado 25!

- PRAZA DE VIGO (BAILE):
Actuacións da A. C. Donaire e Af Aturuxo.
Obradoiros con Carminha Campo e Chus Caramés, Montse Rivera e Pablo Díaz! (non hai que inscribirse!)

- PRAZA DE GALICIA (MÚSICA):
Actuacións da A.C. Donaire e A.F. Aturuxo.
Obradoiros con Oli Xiráldez, Xulia Feixoo e Tanxugueiras.

- PRAZA DE LUGO (MIÚDA):
Obradoiro de brinquedos sonoros con Miudiño S Coop Galega, de mariquiñas con traxe tradicional e de danza de paus e fitas con Marta Otero e intervención de Dúbidadúo.

* Concertos no parque de Santa Margarida!
- Sábado: Dúbidadúo Trío Band, Os Melidaos, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Tanxugueiras.
- Domingo: Banda Municipal de A Coruña, A. C. Xacarandaina, Samarúas e SondeSeu Orquestra Folk + convidados.

Desfrutade da romaría, espallade para que chegue a todos os recunchos! :)

http://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/o-concello-pon-o-broche-a-unas-festas-de-maria-pita-marcadas-pola-innovacion-e-a-tradicion-coa/suceso/1453664509023

Concellería de Culturas da Coruña | Concello da Coruña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23]


En 'Novas Relacionadas'



* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* A Quenlla sae ao paso do "desleixo actual" cun novo traballo (..)

* A AELG organiza un recital de coplas de entroido - Sermos Galiza

* Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán

* Presentación do novo disco de Luar na Lubre a favor do Monte Pindo


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Lugo en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]