Ghastas Pista?

Leilía
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'Leilía':


Obradoiro de Felisa Segade e Xermán Muiños en Vilar de Santos (Ourense)
https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/photos/a.771845476213668/2261456557252545/?type=3&theater
(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Novo rumo: 31 de março com Felisa Segade e Xermán Muiños.

Domingo, 31 de março, de 11h00 a 14h00 e de 16h00 a 19h00 (6horas). Obradoiro de Tradição e musicalidade de Ourense com Felisa Segade e Xermán Muiños

OBRADOIRO
Com este obradoiro querem aproximar-se à Ourense, onde tem encontrado instrumentos, modos e sonoridades específicos e próprios, configurando um leque de imenso atrativo. Vão trabalhar sobre o panorama geral de instrumentos como a lata, a caçola (ou tijola), as cunchas, as colheres e o ferrinho, ensaiando toques e tons concretos seleccionados. Ainda que em muitos dos trabalhos de campo não encontram referência à pandeireta, vão ver os seus modos para aqueles em que sim.
Trazei os vossos instrumentos, ainda que eles tambén vão trazer diferentes modelos para conhecê-los e trabalhar com eles.

Preço: 30 euros (envia sms ao facebook da Arca para inscrever-te)

FELISA SEGADE
De formação autodidata, leva desde o ano 86 dedicada ao trabalho de campo na recolhida da nossa música e tradição cultural, com o que alimenta tanto os seus trabalhos musicais, como docentes. Desde 1989 é integrante do grupo de baile e música Brincadeira (Compostela). É co-fundadora de Leilía e também de Três Pesos, de recente formação.

XERMÁN MUÍÑOS
Estudoso e investigador da tradição musical galega desde começos dos 90, amante e defensor do trabalho de campo, ao que tem dedicado boa parte do seu tempo. Formado através deste trabalho de campo, partilhando experiências com outras e outros investigadoras/es, acudindo a cursos dados por estas pessoas e outras/os profissionais...
Felisa e Xermán, ministram aulas arredor da percussão e da tradição oral e colaboram com investigadoras/es e mestres/as, assim como em projetos musicais, de trabalho e de investigação

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Leilía en A Estrada

(texto engadido o día 16/ / 11/ / 18 )


Sábado 17 de novembro, ás 21h, no Teatro Principal

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz.
http://www.gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=4037:2018-10-23-11-01-08&catid=27:varios&Itemid=18
(texto engadido o día 1/ / 11/ / 18 )


O vindeiro domingo 4 de Novembro a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Concello de Mondariz coa colaboración da Deputación de Pontevedra organizan O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz.
Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición, tocando, cantando e bailando. Cada ano centrarémonos nunha aldea, homenaxeando ás súas tocadoras de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser.

Este ano a xornada estará centrada no barrio do Ceo (Mondariz) e imos homenaxear a dúas das súas tocadoras, Flora da Ponte (falecida no 2015) e Delfina dos Martas, que compartirá a xornada con nós.

Tamén teremos ocasión de asistir a un obradoiro de canto impartido por Felisa Segade (Leilía), "Repertorio dos bailes de pandeireta do barrio do Ceo"; á charla “Repensando o baile comunal: novos contextos para antigas tradicións” da man da etnomusicóloga Xulia Feixoo; e ao obradoiro de baile que impartirá Montse Rivera (Leilía) "O baile nos seráns do barrio do Ceo".

O programa completo d´O serán desta aldea 2018: O Ceo. Xornada do baile comunal é o seguinte:

11:45 Inauguración

12-14h → Obradoiro Felisa Segade: Repertorio dos bailes de pandeireta do barrio do Ceo (Biblioteca municipal de Mondariz)

XANTAR CONFRATERNIZACIÓN (Restaurante Sevilla - Mondariz) – Prezo 15€/persoa

16:30-17:15h → Charla Xulia Feixoo. “Repensando o baile comunal: novos contextos para antigas tradicións” (Biblioteca municipal de Mondariz)

17:30h-19:30h --> Obradoiro Montse Rivera: o baile nos seráns do barrio do Ceo (Praza de abastos de Mondariz)

19:45h → Acto de homenaxe ás pandeireteiras do Barrio do Ceo.(Praza de abastos de Mondariz)

20:30-22:30h→ Serán aberto. Coa colaboración de C.E.A.R. Castromao. (Praza de abastos de Mondariz)

A asistencia aos obradoiros e á charla é de balde. Por motivos de aforo, para poder asistir é imprescindible a inscrición previa. Asimesmo, o xantar de confraternización terá un custo de 15€ /persoa e é preciso inscribirse antes do día 1 de novembro para asistir ao mesmo.

Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966.

Esperámosvos!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival Intercéltico Son do Pazo (Mos)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Venres 31 de agosto a partires das 22:30h
AIRIÑOS DO CASTELO
LEILÍA
H2FOLK


Sábado 1 de setembro
A Vacaloura Vermella, As Maimiñas, Treboada Baixo Miño, Xisco Feijoo

E a partires das 21:30h
XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DE SALITRE
BACKWEST (IRLANDA)
ANDOA

Entrada de Balde

+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite Folk en Ordes
http://www.facebook.com/1587272414735349
(texto engadido o día 15/ / 8/ / 18 )


Noite Folk do 16 de Agosto

Un ano mais queremos facerlle a nosa homenaxe a tradición e o folk de Galicia. Un ano mais o 16 de agosto vivirase en Ordes unha noite onde a música tradicional galega ten moito que contar e cantar.

Para este ano traémosvos un grupo de mulleres e outro de homes, unhas de Santiago e outros de Vigo, pero nos dous casos e no fondo, con cántigas e cancións que todos coñecedes.

Este ano teremos na nosa noite Folk, dentro das nosas festas de Santa María, a:
Leilía e Grupo A Roda

Toda a info nas nosas redes sociais e na nosa web
http://www.festexosOrdes.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Leilía e Xose Manuel Budiño en Padrón
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=150838
(texto engadido o día 24/ / 7/ / 18 )


Martes 24 de xullo a partires das 22:30h na Praza de Macías

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cristina Pato, Leilía e Luar Na Lubre no Santiaguiño de Outes
http://www.outes.gal/gl/axenda-local/86-concertos-de-santiaguino-2018
(texto engadido o día 19/ / 7/ / 18 )


Dentro da programación das festas do Concello, vanse a celebrar na Horta do Muíño os Concertos do Santiaguiño.

Actuarán:

Venres 20 de xullo, ás 23:00h, Cristina Pato
Sábado 21 de xullo, ás 23:30 h, Leilía
Martes 24 de xullo, ás 12 da noite, Luar na Lubre

O sábado 21 tamén teremos un festival coa participación dos grupos folclóricos do Concello e outros da comarca. Será na Horta do Muíño ás 21:00 h.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Certame Folk en Compostela

(texto engadido o día 19/ / 7/ / 18 )


Venres 20 de xullo

Concertos na Praza da Quintana a partires das 20:45
TIRULEQUE
LEILÍA
OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vindeiros concertos de Leilía
http://www.facebook.com/10156277800108326
(texto engadido o día 7/ / 7/ / 18 )



..., se queredes acompañarnos este verán, ide tomando nota:

7 de xullo en Muros, ás 23:00h

21 de xullo en Outes, no "Souto de Castiñeiros" da Horta do Muiño, ás 23:30h

24 de xullo en Padrón, na "Praza de Macías" ás 22:30h

29 de xullo en Meaño, na Festa dos Muiños ás 18:00h

31 de agosto en Mos...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Xornadas Muros Mira ao Mar

(texto engadido o día 6/ / 7/ / 18 )


Xornadas de Cultura Mariñeira, do 6 ao 8 de xullo.

Pasarrúas cos grupos:
Agrocovo, Faltriqueira, Galanía, Longarela, O Rumial, Xeitura, Ximiela,
Orfeón Ría de Muros, Flashtop Circus, Iago Prieto, David Álvarez e
Nelson Quinteiro


Actuación (praza do Mercado)
Sábado:
21.15 | BAIUCA
Domingo:
13.00 | DAVIDE SALVADO
20.15 | Certame coral de Cantos Mariñeiros: CORAL D.
DIEGO DE MUROS, SAN XOÁN DE SERRES e AGUSTÍN GONZÁLEZ DE LOURO.


Concertos (Curro da praza)
Venres:
23.00 | RADIO COS: PASATEMPO
Sábado:
23.00 | LEILÍA: CONSentimento
Domingo:
21.00 | TANIA FUEGHO: CAMIÑO LONGO

Consulta aquí o programa completo:


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festival Arnoia Viva

(texto engadido o día 5/ / 8/ / 17 )


5 de agosto a partir das 22:00.

Leilía
Lagharteiras
Xestreu

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Arifi en directo no Forum Celticum (Culleredo)

(texto engadido o día 13/ / 1/ / 17 )


Sábado 14 de xaneiro ás 23:00h
Forum Celticum.
R/ ACEA DA MA, 16-BAJO.
Culleredo.


Arifi é un vento do sur Mediterráneo, que viaxa , quente e seco, desde Africa e chega ata Europa cargado do auga do mar. Conta a lenda que ten o poder de embriagar aos animais e aos homes
Coa mesma forza e o mesmo poder nace a música deste grupo, formado en Galicia. O proxecto está liderado por Iria Estévez, Vadim, Toni, Gonzo Piña e Marco mendoza, todos eles músicos cunha longa traxectoria e recoñecemento.
Inspirados polo traballo do grupo andaluz Radio Tarifa, co desaparecido Benjamín Escoriza á cabeza; únense para crear este proxecto no que as músicas da Península Ibérica fúndense con ritmos e sons arabo-andalusíes, prestando maior atención á música tradicional de Galicia, que se transforma e cobra nova vida. En definitiva Arifi, é unha chamada desde o norte a estas melodías e ritmos que viaxan nos ventos do sur.
(PARA SABER MÁIS) FACEBOOK DO GRUPO: https://www.facebook.com/arifi.music/
ARIFI SON:
Iria Estévez: Aínda que posúe estudos de Maxisterio e Máster en Artes Escénicas, a súa paixón pola música levouna a deixar a un lado o campo do ensino, para dedicarse de cheo ao mundo da música. Conta cunha ampla formación autodidacta e tomou clases con importantes cantantes en Galicia, como Mónica de Nut, ou con Chisco, durante a súa formación no programa profesional da ETRAD; ademais conta con formación e experiencia en danzas do mundo (danzas orientais, ritmos latinos, danza tradicional de Galicia, etc). Malia comezar a súa carreira profesional fai non moito tempo, xa cantou xunto a artistas da talla de Uxía Senlle, Helena de ALfonso ou Amesmalúa, ademais doutros artistas de Galicia. Actualmente lidera o proxecto de Clave de Fado, é co-directora e vocalista principal nun novo proxecto de músicas iberoamericanas, ademais de colaborar con outras formacións.


Vadzim: Acordeonista e vocalista de orixe bielorruso de ampla formacio?n e experiencia profesional. participou en numerosos proxectos musicais, teatrais e cinematográficos. Entre eles foi un dos mu?sicos da banda sonora do filme ?Crebinsky en 2009; autor e intérprete da música para o espectáculo Esmorga de B.Amor montaxe da compañía teatral Sarabela en 2010; multiinstrumentista da Ópera de 3 reás de K.Weill e A.Brecht producido por Centro Dramático Galego en 2011. Desde 2012 músico de agrupacións como Vertixe Sonora, Voando libre, TDC.
En 2015 participou como músico-actor da montaxe da Compañía Nacional de Teatro Clásico (Onde hai agravios non hai celos) de Francisco de Vermellas Zorrilla dirixida por Helena Pimenta.
En todos estes anos de andadura, gravou numerosos discos tanto de proxectos propios como de colaboracións (Kibitka, Compromiscuo, Nai, conSentimento, etc) , e traballou con varios artistas do panorama musical de Galicia (Leilía, Xoan Curiel, Abraham Cupeiro, Brtah ou Xúa). Tamén recibiu varios premios de recoñecemento, en España e Russia, e en 2013 gañou, xunto aos demais compoñentes da Banda Crebinski, o primeiro premio dos Premios Galegos dá Música Martín Codax, na categoría de Músicas do Mundo. Tamén acaba de recibir o premio María Casares pola composición da música do espectáculo MANAWEE.

Toni: percusionista autodidacta q comeza a tocar con tan só doce anos, especializándose en instrumentos como darbuka, djembe ou caixón flamenco. Ao longo da súa carreira participa en numerosos monográficos de danza oriental e africana co grupo Silha e Martha Franca, mentres traballa en numerosos proxectos de diferentes estilos, como percusionista principal. A partir do 2005, tras varios anos viaxando a diferentes países para seguir a súa formación, regresa a Galicia onde comeza a colaborar con grupos como Stranniki, Faltriqueira (participando en varias xiras internacionais, entre os cales destaca PERCPAN 2008 en Brasil), Kibitka, Xoan Curiel, Davide Salvado, Pesdelan, Xua e un longo etc... Actualmente compaxina a docencia con varios proxectos propios ademais de Arifi.



Gonzo: É un músico versátil que domina diversos estilos e instrumentos. De formación principalmente autodidacta, comeza a súa andadura musical dende moi pequeno, posto que o seu pai, Pepe Piña, mostráballe este máxico mundo a través dos seus propios concertos con bandas de todo tipo ou como cantautor. Máis adiante, tomou clase de baixo e guitarra en varias escolas da xeografía española, como no Taller de musics (Barcelona), Laboratorio de creatividade musical (Vigo) ou Presto Vivacce (Coruña). A súa formación como sonidista nunha das escolas máis prestixiosas do momento (SAE INSTITUTE) e as súas experiencia na composición de música electrónica, fan de Gonzo un músico completo. Formou parte, como creador e intérprete, de varios grupos en Galicia e Barcelona (D\\'club, Dask, Sonidonia , etc, ) Tamén creou a banda sonora de varias obras teatrais para a compañía de SR. Serrano, recientemente galardonada co León de Prata á innovación, na Bienal de Teatro de Venecia.
Marco Mendoza:Membro dunha familia de músicos Venezolanos. É batería, percusionista, compositor e profesor. Aos 8 anos de idade comezou a expresar os seus primeiros ritmos na batería e máis adiante, na Percusión Latina e Afrovenezolana. Realizou estudos de música na Escola Miguel Anxo Espinel, na Orquesta Xuvenil Simón Bolívar do Táchira e na Universidade Nacional Experimental do Táchira, Venezuela.
Actualmente, vive en Lugo, e traballa na produción do seu propio proxecto xunto a Circo do Soul Trío. Imparte clases de batería, percusión sinfónica e latina. Traballa con múltiples agrupaciones, con quen desenvolve incontables estilos musicais, entre elas: Clave de Fado, Pablas Jazz 4.0, MuraJazz BigBand ou Batital. No 2014 e 2015 impartiu talleres de Percusión Latina, a través da Federación Galega de Bandas, en Santiago de Compostela e de Rítmica e Percusión, no Campamento Lúdico Musical, en Orense. Tamén é endorser de márcaa Lobo Stave Drum.

ENTRADA 5€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Focus GalicianTunes (Compostela)
http://www.galiciantunes.com/news/1045
(texto engadido o día 14/ / 10/ / 16 )


O próximo domingo 16 de outubro dá comezo a segunda edición do Focus GalicianTunes, onde 10 artistas e grupos da plataforma porán a banda sonora ao programa cultural organizado por Agadic no que participan unha selección de 26 programadores de festivais internacionais de 19 países diferentes. Son delegados que participarán no Womex 16, pero que adiantan a súa visita a Galicia para coñecer, de primeira man, a música, a cultura e a gastronomía do páis.

O evento ábrese co Focus GalicianTunes Fest na Sala Capitol (Santiago de Compostela) que contará coas actuacións de Leilía, Os d’Abaixo e Susana Seivane.
- Leilía- Os d’Abaixo- Susana Seivane. -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Marisco en O Grove

(texto engadido o día 7/ / 10/ / 16 )


Do 6 ao 16 de Outubro. Terbutalina, Familia Caamango, Leilía, Malvela,...

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Certame de Pandereteiras Arnoia Viva (XXXVII FESTA DO PEMENTO)

(texto engadido o día 3/ / 8/ / 16 )


Sábado 6 de agosto, a partires das 21:45 no Recinto da Queixeira

A Subela de Noia
As Maianas de Ames
Leilía

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto De Tres Pesos Na Gentalha Do Pichel (Compostela)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Venres 13 de novembro ás 22h30
Felisa segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira som Tres Pesos. Tres jeitos de fazer, tres adictos à nossa música, tres caras da mesma moeda. Um projecto, um sonho. Tres músicas, tres vozes e tres vidas ligadas a duzias de projectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o cenário e miles fora del sonhando com a nossa música, com a nossa tradiçom.
A música é matemática e a matemática de este trío devolve em esta ecuaçom um resultado entranhável.
O seu primeiro trabalho “Acta Fundacional” concentra em nove temas a essência do que som os Tres Pesos. Música de raíz, música de hoje.

A entrada será à vontade. Passaremos a gorra.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de San Bartolomeu (Noia)

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


Domingo 23:
Xoan Curiel

Luns 24:
a partires das 20h actuación pola rúa a cargo do grupo de música e baile tradicional Brincadeira, e ás 23h na Praza do Tapal: Faltriqueira

Martes 25:
ás 23h, Leilía na Praza do Tapal




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Leilía o 25 de agosto en Noia

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


O vindeiro día 25 de agosto, Leilía levará os sons do seu último disco 'ConSentimento' á Praza do Tapal, en Noia. Será ás 23:00 horas e a actuación, organizada polo dito Concello, enmárcase nas festas da localidade. As pandeireteiras contarán coa colaboración da agrupación 'A Subela', do Liceo de Noia e a entrada será de balde.

Tal e como apuntan as cantareiras, “Noia é una localidade na cal nos atopamos moi agusto”, xa que unha das súas compoñentes, Felisa Segade, é profesora de canto e percusión tradicional na Agrupación 'A Subela', do Liceo de Noia. Así as cousas, ambas as dúas agrupacións interpretarán cinco temas en conxunto.

As compoñentes de Leilía chegan a Noia -despois de actuaren o pasado día 22 na XXIII 'Noite Folk de Negreira'- para engaiolar o público durante perto de hora e media co seu último traballo, 'ConSentimento', “un espectáculo no que grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes.

A actuación está organizada polo Concello de Noia e conta coa colaboración Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Ademais de en Noia, as Leilía non deixan de facer soar as súas voces e ferreñas, xa que logo de actuaren o pasado día 28 de xullo nun festival en Suecia, e este pasado día 22 en Negreira, o 27 deste mes de agosto celebrarán un concerto no Centro de Interperetación de Tourón (Pontecaldelas) dentro do Ciclo Monumenta. Ademais, o 11 de setembro en Ribeira e o 11 de outubro en Narón.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII NOITE FOLK (NEGREIRA)

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 15 )


Sábado, 22 de agosto
Refuxio de Covas

-LIMAGOIA - 22:00h
-LEILÍA - 23:00h
-BUDIÑO - 00:30h. Con Isaac Palacín, Alfonso Casi Siempre, Fernando Barroso,e como convidado especial: Xabier Diaz.


Chega unha nova edición da Noite Folk de Negreira nun ano moi especial, no que as pandereteiras nicrarienses Limagoia celebran o seu 25 aniversario. Farano na compaña do grupo de pandereteiras con maior traxectoria no nosos país: Leilía. No escenario estará ademais coa súa banda un dos gaiteiros de maior proxección internacional: Budiño.

XANTAR POPULAR
Nesta XIII edición a festa comezará ó mediodía, cun xantar popular que inclúe empanada, churrasco, pan, viño refrescos, postre e café por un prezo de 12?. Os tickets poden mercarse ata o 20 de agosto nos seguintes locais de Negreira: Cevecería A Vila, Cafetería O Cotón, Cervecería Trisquel, Gar Sport, Bar Casa da Cultura, Panadería Rïos, Noso Lar, Cafetería Abrente e Delegación de Cultura e Deportes do Concello.

FOLIADA DE TARDE
Ademais, como novidade, dende a organización fan un chamamento a aquelas agrupacións que queiran asistir ó longo da tarde a facer foliada. Os grupos participantes recibirán tíckets para consumir na barra e tamén se lles dará de cear gratuitamente. Para anotarse deben enviar un e-mail indicando o nome do grupo, de onde veñen e o número de membros que acudirán a tocar. A dirección de correo é noitefolknegreira@gmail.com. Aquelas persoas que o prefiran poderán comunícalo directamente no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Negreira.

A entrada é totalmente de balde. Haberá aparcadoiro vixiado e con luz e zona de acampada gratuíta.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Leilía en Vigo
http://infogauda.blogspot.com/2014/10/cultura_7.html
(texto engadido o día 8/ / 10/ / 14 )


(fonte:infogauda)

Vigo escoitará a Leilía cantar 'ConSentimento' o vindeiro venres 17


 Leilía volve a Vigo o vindeiro venres día 17 de outubro. Dentro da programación outubro/novembro do Concello, enmárcase este concerto de presentación do seu último traballo 'ConSentimento'. Será ás nove do serán con entradas, xa dispoñibles, a un prezo de 8 euros. “Neste espectáculo o grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes. Ademais, as Leilía agardan con agarimo este concerto, xa que “Vigo é una cidade que sempre nos acolleu moi ben”, apuntan.
 Así, o vindeiro venres 17, no Auditorio Municipal de Vigo e dentro da programación de outono do Concello de Vigo, o grupo de música tradicional Leilía regresa á cidade olívica para presentar o seu último traballo, 'ConSentimento'. Fano despois de teren xirado polo Brasil, onde tiveron a oportunidade de “amosar un espectáculo no que as voces foron as protagonistas, acompañadas por instrumentos tradicionais: pandeiretas, tixolas, latas, sachos... cunha fantástica acollida por parte do público e que se convertiu nunha experiencia gratificante para a formación”, afirman as pandeireteiras.    
 Xa pasaron uns anos dende que Leilía actuou en Vigo a raíz do espectáculo 'Son de Aquí', cando xunto con Treixadura e da man de Quico Cadaval fixeran todos xuntos unha"festa" enriba do escenario facendo soar pandeiretas, gaitas, acordeóns e voces. Desta volta, as cantareiras chegan á cidade para presentar os temas de 'ConSentimento', unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. 
 Neste concerto poderemos escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, afirman desde o grupo. 
 Para poder asistir ao dito concerto, as entradas xa están dispoñibles, a un prezo de 8 euros, para a venda online en taquilla.servinova.com así como a través do teléfono 902 504 500 ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26, Vigo). Ademais, poden adquirirse tamén unha hora antes do inicio do espectáculo no mesmo Auditorio Municipal vigués sempre que aínda houbera entradas. 
 Tal e como apuntan as cantareiras, “Vigo é una cidade que sempre nos acolleu moi ben”. Foron numerosas as actuacións de Leilía nesta cidade, tales como presentación de discos, concertos en espazos abertos como o parque de Castrelos, e en lugares tan emblemáticos e especias como o antes chamado Teatro García Barbón. Esta vez teñen a oportunidade de se estrearen no Auditorio Municipal, “o que para nós é unha honra”, conclúen.
- Leilía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



*

* A importancia de festivais como O Son do Pazo na cultura galega

* Pazos de Merexo estrea o "Galiza" de Kepa Junkera

* De Bilbao a Merexo cun novo disco debaixo do brazo

* GC :: A Galiza de Kepa Junkera


(mostráronse só as últimas recibidas)


Leilía



Web oficial


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Leilía:
Madama
Leilía:
I é verdade, i é mentira





buscar mais información
sobre Leilía en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Leilía en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]