Resultados para:

Habelas Hainas
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'Habelas Hainas':


Festival Abride a Fiestra
http://rosalia.gal
(texto engadido o día 12/ / 7/ / 18 )


VENRES 13 DE XULLO
Quero ver o mar, CARRIL
12.00. Inaugúrase a exposición ‘Rosalía e o Carril’ (Museo do Ferrocarril)
21.30. Lectura de poemas, dramatización ‘Quero ver o mar’ e recreación da viaxe en lancha de Rosalía desde a praia á estación (Praia da Covacha)
22.30. Actuación musical de NAJLA SHAMI

SÁBADO 14 DE XULLO
Inchadiña Branca Vela, DE VALGA A PADRÓN
15.30 Saída de Valga (Praia da Telleira, Vilarello) de dornas, galegóns, botes, bucetas e gamelas.
17.30 Chegada a Padrón (Espolón)
22.00 Concerto de HABELAS HAINAS (Praza de Macías)

DOMINGO 15 DE XULLO
Rosalía en Festa, CASA DE ROSALÍA
Con mercado de produtos rosalianos toda a xornada e teatralización de Mónica Caamaño como Rosalía de Castro, acompañada na música por José Luís do Pico Orjais.
11.00. Coral de Padrón
11.30. Visita guiada de Carlos Dacal pola Horta da Matanza
11.30. Visita guiada para familias pola Casa-Museo por Mónica Caamaño(como Rosalía) e José Luís do Pico Orjais.
12.00. Xosé Manuel Beiras comenta a proxección do filme “Pelerinaxe lírica aos lugares rosalianos” (1951), na que el estivo presente.
12.30. “A viaxe de Rosalía”, un espectáculo de monicreques para cativos (por Larraitz Urruzola)
13.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Pepe Barro
13.30. Regueifas con Alba María e Xairo d’Herbón
14.00. Concerto de NAJLA SHAMI
17.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Manuel Lorenzo Baleirón (“Rosalía na súa terra”)
18.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Pilar García Negro (“Rosalía rebelde e feminista”)
18.30. “A viaxe de Rosalía”, un espectáculo de monicreques (+6)
18.30. Mini-concerto de MARGARITA VISO no piano de Rosalía
19.00. Visita guiada pola Casa-Museo por Xosé Luís Axeitos “Rosalía documentada”
19.30. Entrega da Rosa de Galicia e presentación do Libro Escolar de Poesía
20.00. Recital poético con Ana Blanco, Nuria Vil, Ismael Ramos, Paula Antía Rei e Cinta Adhesiva (espectáculo poético-musical)
20.30. Visita guiada pola Casa-Museo por Mercedes Peón: “Rosalía queer”.
21.00. Concerto de MERCEDES PEÓN.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIX Folk De Raiz en Callobre

(texto engadido o día 3/ / 7/ / 18 )


Venres 13 de xullo ás 22:30h
Callobre.


Ven pasar unha noite espectacular con nos, o venres 13 de Xullo en Callobre (A estrada).
Actuaran Habelas Hainas, Pelepau, Grupo Regatos, Ce orquestra Pantasma.
- Habelas Hainas- Pelepau- Grupo Regatos- Ce orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Revoluçom dançada en Compostela (Habelas Hainas no peche da exposiçom "Músicas Galegas Ilustradas")

(texto engadido o día 9/ / 3/ / 18 )


Venres 9 de marzo ás 22:00h
Gentalha Do Pichel.
Rua Santa Clara, 21.
Santiago de Compostela.


Festa para despedir a genial exposiçom "Músicas Galegas Ilustradas" que visibiliza ás mulheres músicas no panorama musical galego.
A partir das 22h haverá:
- Bingo Feminista.
- Concerto de Habelas Hainas
- Atuaçom da DJ Ferromona

Bilhete 4€ (5€ pessoas nom sócias)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Habelas Hainas en Salasón (Cangas)

(texto engadido o día 22/ / 2/ / 18 )


Venres 23 de febreiro ás 22:30h
Salason
Rúa Lirio, 30, 36940 Cangas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Habelas Hainas en Melide

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 17 )


Venres 24 de novembro na Sala A Fundación

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Habelas Hainas en Ferrol

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


Venres 17 de novembro ás 22:30h na sala Super 8

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Samaín no CSCD As Pedriñas (Tameiga. Mos)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 17 )


Martes 31 de outubro ás 18:00h
CSCD As Pedriñas.
Avda. do rebullón 23.
Tameiga.


E xa no outono comezamos coa máxima festa do Samaín. Tradición recuperada dende o movemento asociacionista galego e nas Pedriñas, levamos anos sumándonos a súa divulgación.
Comezamos con Raquel Queizás que nos contará como espantar os medos acompañada de druidas e meigallos. Aquí a súa web. https://www.raquelqueizas.com/?lang=es
Continuaremos có tradicional obradoiro de cabazas para poñer na noitiña nunha xanela que xa se sabe que habelas hainas e por se non é suficiente pintaremos as caras para dar medo a fartar.
Festa aberta, como as boas festas. Difunde e participa e non esquezas traer a túa cabaza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Terra da Fraternidade (Compostela)

(texto engadido o día 14/ / 7/ / 17 )


Concertos na Praza da Quintana

14 de xullo
Raigañas
Mercedes Peón + Warsaw Village Band (Polonia)

15 de xullo
Habelas Hainas
Selma Uamusse (Mozambique)

16 de xullo
Adrián Costa & The Criers
Pat Thomas & Kwashibu Area Band (Ghana)

17 de xullo
The Lákazans
Abe Rábade
Girma Beyene & Akale Wube (Etiopía/Francia)

18 de xullo
García MC
Bixiga 70 (Brasil)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de San Xoán en Compostela

(texto engadido o día 23/ / 6/ / 17 )


XOVES DÍA 22



Desde ás 09h:
Recollida do programa de actividades das Festas de San Xoán en Compostela, o manual de instrucións e o talonario de sortilexios de San Xoán na oficina de Turismo de Santiago

17h a 00h: Apertura do Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos: Mercadiño tradicional coa participación de Sanín Percusión Tradicional, Susi Gesto, Panadería Mazás e Alimentación Divina entre outros, Espazo Palleiro para os máis cativos e zona gastronómica Área Asardiñada coas viandas típicas das festas.

18h: Obradoiro e Roteiro de recoñecemento das Herbas de San Xoán organizado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade. Inscricións no teléfono 981 543 145 ou na seguinte ligazón: http://goo.gl/2LFIZd

18:30h a 19h e 19:30h a 20h. Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Montse Rivera coa música ao vivo de Ariel Ninas á zanfona. Bailes agarrados, xogos de roda e baile solto.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.

21h Contada de San Xoán a cargo de Celso F. Sanmartín

21:30h aprox. Saída dende a Alameda da comitiva formada pola Raíña Alda e o seu séquito para levar o “Lume Sagrado” do Pico Sacro ata a Praza de Mazarelos. Actividade en colaboración co Concello de Boqueixón e a Asociación do “Castro da Fervenza de Callobre”. O percorrido sae de Santa Susana e transita por Porta Faxeira, Rúa do Vilar, Rúa de Xelmírez, Tras Salomé, Orfas e Cardenal Payá.

22h aprox. Chegada á Praza de Mazarelos da Raíña celta Alda e do seu séquito co “Lume Sagrado” do Pico Sacro.

22:30h Concerto de música tradicional: Pelepau.

00h Peche do espazo.




VENRES DÍA 23 (VÉSPERA DE SAN XOÁN)

17h - 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos

17h - 1h: Circulación do Tren Cacharelo polos distintos barrios da cidade que celebran actividades de San Xoán. Saídas ás horas en punto dende o  CGAC

17h - 18:30h Obradoiro e Roteiro guiado para a recollida de herbas de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela. Saída do CIAC ás 17h con chegada á Praza de Mazarelos ás 18:30h. Previa reserva

19h - 20:30h Obradoiro para a elaboración de ramiños de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.

20:30h - 21h e 21:30h- 22h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Mercedes Prieto co acompañamento ao acordeón de Serxio Cobos. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.

22:30h Concerto de música tradicional: Habelas Hainas.


00h Peche do Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos e último traxecto do Tren Cacharelo con saída ás 00h do CGAC,

00h. Salto de cacharelas nos distintos barrios da cidade para salvar o meigallo na noite máxica de San Xoán.

06:54 (saída do sol) Roteiro libre por Compostela para cumplimentar os ritos tradicionais da madrugada de San Xoán: “ver bailar o sol” na zona leste da cidade e lavarse a cara “coa flor da auga” na primeira raiola do amencer aproveitando así as propiedades máxicas  que, segundo a tradición, as augas das fontes e os ríos gañan durante esta noite.




SÁBADO DÍA 24 (DÍA DE SAN XOÁN)


 
12h - 15h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos.

12:30h Obradoiro interxeneracional de decoración de pratos de pulpo.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e material.

13h Pasarrúas de música tradicional polo casco histórico: Quinta do Ulla.

13:30h Concerto de música tradicional: Quinta do Ulla.

15h - 17h Peche de espazos para a pausa de mediodía.

17h - 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos

18h - 20h Obradoiro de percusión e canto tradicional.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais. Inscricións no Posto de Información dende o xoves 22 de xuño ás 17h. Será necesario confirmar praza presencialmente no Posto de Información dez minutos antes do arranque da actividade.

21h: Obradoiro de elaboración de queimada.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais.
22h-23h. Concerto de música tradicional: Os Carunchos.


23:30h Conxuro con degustación de queimada. Praza de Mazarelos.

00h Peche do espazo e fin do Festival de San Xoán


 


- Máis información das Festas de San Xoán nos barrios aquí



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Fala na Sala Malatesta (Compostela)

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio ás 21:00h
Sala Malatesta.
Rúa de San Lourenzo.
Santiago de Compostela.


Achégase o 17 de Maio, día das Letras Galegas e imolo celebrar por todo o alto na Sala Malatesta o sábado 20 de maio.
Concertos de:
-Malandrómeda
-Dakidarria
-Garcia Mc
-Habelas Hainas
-e presentado por AldaoLado.
Todo organizado pola AC Lúa Chea Musica na noite, e ca colaboración da Sala Malatesta e a Deputación da Coruña.
Anticipada: 7€ (A Reixa Tenda)
Billeteira: 10€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A verbena das irmandiñas - Compostela

(texto engadido o día 6/ / 5/ / 17 )


O próximo sábado, 6 de maio, presentamos «A verbena das irmandiñas» en Compostela.

Na Praza de Cervantes, estaremos facendo festiña...

Oîma
Sacha na Horta
Habelas Hainas
Thetetasvan Van

Músicas en pé de festa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cocido do Orgullo en Lalín

(texto engadido o día 24/ / 3/ / 17 )


COCIDO DO ORGULLO* LALÍN - ORGULLO DE SER O QUE ES, AQUÍ TAMÉN
24, 25 e 26 de Marzo de 2017

Xoves 23 de Marzo ás 20:00 h. Museo Ramón Mª Aller de Lalín
CineForum. VISIÓNS "Cinema e muller"

Venres 24 de Marzo de 10:30 a 13:30 h. Salón Teatro de Lalín
II Seminario Educación Afectivo Sexual e Diversidade. Re*Existencias LGBTI
INDÓCILES. “CORPOS E DESEXOS NORMALIZADOS E NORMATIVIZADOS”. Enrique Latorre Ruíz. Investigador na USC
FAMILIAS TRANS*GRESORAS, FAMILIAS TRANS*FORMADORAS. Cristina Palacios Castro. Traballadora Social e Docente. Presidenta de ARELAS (Asociación de familias de menores trans*)
SEXUALIDADE LÉSBICA. Paula Lois Alfonsín. Matemática e Activista de Galiza Entende
ACTUALIDADE DAS POLÍTICAS LGBTI. LEI DE IDENTIDADE DE XÉNERO. Carmen Fernández Morante. Decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC
AXENTES DE TRANS*FORMACIÓN.
Paula Fernández Carro. Estudante de Pedagoxía. Activista Trans*
Hugo Pérez Fernández. Estudante de Enxeñería Industrial. Activista Trans*
Paris Lakryma. Artista. Activista Trans*
Pablo Sanjosé Toba. Estudante. Activista Trans*
Actuación do grupo CANELA CAFUNÉ

Venres 24 de Marzo ás 17:30 h. Vestíbulo do Concello de Lalín
Inauguración da Exposición “SORRISOS TRANSFORMADORES”
Conferencia: O poder dos sorrisos, que transforman a sociedade. Cristina Palacios Castro, Presidenta da Asociación ARELAS

Venres 24 de Marzo ás 22:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
2º FESTIVAL ORGULLO DE SER O QUE ES, AQUÍ TAMÉN
HABELAS HAINAS
A BANDA DAS CRECHAS

Sábado 25 de Marzo de 11:00 a 14:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
O ARCO DA VELLA: CORES E MÚSICA PARA O PÚBLICO MIÚDO.
Postos Informativos de Colectivos Especializados en Xénero e LGBTI
Exposición PORK ART
FOTOEDUCA (Mensaxes Diversas)
A DANZA DOS PAXAROS


Sábado 25 de Marzo ás 13:00 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
Pregón a cargo de YOLANDA CASTAÑO e Lectura de Manifesto grupos LGBTI de Galicia
Bico colectivo e reivindicativo polos dereitos LGBTI

Sesión Vermú.
CANELA CAFUNÉ
A BANDA DA BALBINA

15:00 h. Comida “Cocido do Orgullo*” Nos restaurantes acreditados co distintivo de establecemento amigo do Cocido do Orgullo*

Sábado 25 de Marzo de 16:30 a 19:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
O ARCO DA VELLA: CORES E MÚSICA PARA O PÚBLICO MIÚDO.
Postos Informativos de Colectivos Especializados en Xénero e LGBTI
Exposición PORK ART
PINCHA DISCOS MARÍ FALTRI
FOTOEDUCA (Mensaxes Diversas)
A DANZA DOS PAXAROS
A CASA DOS XOGOS (Animación e xogos tradicionais)
MAMÁ CABRA

Sábado 25 de Marzo ás 18:00 h. Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín
“FAILLE UNHA PLACAXE Á HOMOFOBIA”
Partido exhibición entre Rugby Madrid Titanes - Rugby Coreti Lalín Veteranos

Sábado 25 de Marzo ás 18:30 h. Museo Ramón Mª Aller (obradoiro só para mulleres)
"EXPEDICIÓN Á SEXUALIDADE FEMININA: COMO VIVILA, SENTILA, FACELA E NON MORRER NO INTENTO", coas Sexólogas BELÉN MONTESA e PENÉLOPE ALONSO

Sábado 25 de Marzo ás 22:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
2ºFESTIVAL ORGULLO DE SER O QUE ES, AQUÍ TAMÉN
LAS SUPREMAS
ATRÁS TIGRE
THE GROOVES

Domingo 26 de Marzo ás 13:30 h. Carpa da Praza da Igrexa de Lalín
Sesión Vermú. THE LAKAZANS

15:00 h. Comida “Cocido do Orgullo*” Nos restaurantes acreditados co distintivo de establecemento amigo do Cocido do Orgullo*

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival Son da Burga en Baños de Molgas

(texto engadido o día 29/ / 7/ / 16 )


Venres 29 de xullo

Xestreu ás 20:30 no Parque Ansuiña
Habelas Hainas ás 0:00 na Rúa do Agro
Coanhadeira ás 1:30 na Rúa do Agro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do 17 de maio (que se fai o 14) - Compostela

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Quinta, 12 de maio
20h30 Apresentação do livro 'A imagem de Portugal na Galiza', de Carlos Quiroga (em colaboraçom com a AGAL - Associaçom Galega da Língua)

Sexta, 13 de maio (atividades organiçadas com ACentral Folque)
20h00 Apresentação do livro 'Método de acordeão diatónico', de Pedro Blanco.
22h00 Baile Asalto especial acordeom diatónico

Sábado, 14 de maio
11h00 Alborada com cabeçudos e cabeçudas polas ruas de Compostela.
11h30 Bicicletada pola língua. Desde a Alameda ata a praça 8 de março.
12h30 Roteiro infantil de reconhecemento de aves. Saída: Museo do Pobo Galego.
13h30 Sessom vermute: Blues do País. Praça 8 de março.
14h30 Jantar popular. Praça 8 de março.
18h00 Foliada dos cursos (Gentalha, Semente Compostela, ITACA.Asociación xuvenil e cultural. e CSA do Sar). Praça do Pam.
21h00 Poesia e música com Aldaolado. Praça 8 de março.
22h00 Concertos: Habelas Hainas, Os John Deeres e DJ Bigote Mix. Praça 8 de março.

Segunda, 16 de maio
20h00 Palestra, recital poético e concertos no Csoaescarnio Emaldizer.


100 anos depois continuamos a trabalhar pola língua.

"O escudo da autonomia espiritual, mais forte que as armas, é a língua", escreveu Antom Vilar Ponte há já 100 anos no seu Nacionalismo Galego, ponto de partida para a criaçom da Irmandade de Amigos da Fala. Passarom já 100 anos, mas parece que foi onte pois as reivindicaçons de aquel@s jovens, entusiasmad@s, com poucos meios ao seu favor continuam a ser necessárias. Com muitas e boas intençons, organizavam debates, editavam folhetos e mesmo fundavam escolas. 100 anos depois,sentimo-nos herdeiras del@s e continuamos a trabalhar pola língua para que as nossas crianças podam participar de umha escola em que o galego seja a língua veicular.

Celebremos este 17 de maio que temos uma língua viva, que houvo gente que luitou polos nossos direitos de viver em galego e que há semente a agromar.

Na Galiza sempre em galego!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Encontro-Degustación do Millo Corvo en Meiro (Bueu)

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


VENRES, 1 de ABRIL

• 18:00 MUIÑADA _ Nos Muiños do Canudo.
• 21:00 Actuación da agrupación de música tradicional Os Demos do Buraco
• Queimada a partir das 22:00.


SÁBADO, 2 de ABRIL

• 11:30 Apertura da Ecotaberna, pratos con millo corvo, e da exposición e venta de alimentos e produtos naturais e orgánicos.
Roteiro guiado de plantas silvestres. ( Carlos Sánchez)

• 12:30 Obradoiro “Elaboración de hamburguesas vexetais”. (Aurora Calviño Costas, A Hortinha da Ponte)

• 14:00 Actuación do grupo tradicional Os Ghalos do Curral.

• 17:00 Charla demostrativa "O patrimonio apícola cereiro en Galicia". (Damián Copena e Diego Copena)
Charla sobre a apicultura e degustación de meles de Galicia. (Delegación de Asociación Galega de Apicultura no Morrazo)

• 18:00 Presentación e degustación de produtos Monte Cabalar. (Fuco Barreiro, Coop. Monte Cabalar)

• 19:00 Obradoiro demostrativo “Elaboración de queixo”.
Charla “Leite cru, un xeito tradicional de elaboración, un novo camiño” e degustación de queixos (Ana I. Vence, Coop. CampoCapela)

• 20:00 Cata de cervexas artesás. (Cervexas Faxilda)

• 21:00 Actuación do grupo folk Quempallou.


DOMINGO, 3 de ABRIL

• 11:30 Apertura da Ecotaberna, pratos con millo corvo, e da exposición e venta de alimentos e produtos naturais e orgánicos.

• 12:00 Charla “Maíz (Zea mays, L.) Millo Corvo, variedad Meiro y sus sub-productos. Fuente natural de componentes beneficiosos para la salud”. (Gracia Patricia Blanch, doutora en Ciencias Químicas e Investigadora no ICTAN, pertencente o CSIC)

• 14:00 Actuación das pandereteiras Axouxeiras.

• 17:00 Encontro Slow Food Covivium Galicia “Xantar de Vagar”.

• 19:00 Actuación da agrupación folk Habelas Hainas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vai de Roda, Habelas Hainas e Carapous no Domingo de Entroido de Rianxo

(texto engadido o día 5/ / 2/ / 16 )


Domingo de entroido (7 de febreiro) na Praza Castelao, en Rianxo:
sesión vermú coa charanga tradicional de Vai de Roda, un cocidiño e concerto de Habelas Hainas e Carapaus.

"Xa chegou febreiro entroito
cos seus días vinteoito,
que si chegha a ter mais catro,
non queda nin can nin gato
...nin raposa no burato!"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Folida co Sáhara - As Mil e Unha Noite - Cuntis

(texto engadido o día 6/ / 12/ / 15 )


Artistas e grupos colaboran de balde achegando a súa música e espectáculos para unha noite especial.

“As Mil e Unha Noites” celebrarase o sábado día 12 de decembro e terá lugar nunha carpa que será instalada na praza da Constitución, coñecida popularmente como A Feira.

O pobo cuntiense pon en marcha a iniciativa solidaria “As Mil e Unha Noites”, unha foliada por todo o alto destinada a recadar fondos para o Sáhara. Este evento é un novo formato que recolle e continúa o traballo levado adiante nas tres edicións da “Cea-baile solidaria polo Sáhara”, celebradas na vila do Baño ata o ano 2014.

Moitas daquelas persoas que traballaron naqueles anos forman parte da organización desta xornada, súmanse as asociacións Río Gallo, O Fervedoiro, O Meigallo, O Portavezal e a Escola Artística de Cuntis.
Así mesmo, colaboran as seguintes entidades: Concello de Cuntis, Deputación de Pontevedra, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e Cáritas da parroquia. Tampouco faltarán á cita comercios e establecementos da vila do Baño, que sempre aportan o seu grao de area nesta causa.

“As Mil e Unha Noites” celebrarase o sábado día 12 de decembro e terá lugar nunha carpa que será instalada na praza da Constitución, coñecida popularmente como A Feira. Polo seu esceario pasarán os seguintes grupos e artistas: Paula Rey (Luar Na Lubre), Cibrán Seixo e Gom de Abadín, Habelas Hainas, Mini e Mero, Café de Pota, Hai que Roelo, Chinguilipé, Agrupación de Música e Baile de Cuntis, Os Farreiros e Maianas. Tamén contaremos con Teatro Clown grazas a “Os sete magnísficos máis un”, da man de Fran Rei e Pedro Brandariz.
Artistas e grupos colaboran de balde achegando a súa música e espectáculos para unha noite especial.

Dentro do recinto tamén haberá petiscos para todas e todos, jaima, té e henna, exposición fotográfica e unha chocolatada con bica para o fin de festa.
Cáritas contará cun espazo para recoller alimentos que serán destinados ás persoas as que presta axuda no noso concello.
Coa finalidade de recadar fondos fixouse un prezo para as entradas ó recinto que será de 5 euros para adultos e 2 para menores. A cantidade acadada farase chegar a través da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Habelas Hainas no Magosto na Corte dos Bois (Sandiás, Ourense)

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 15 )


Sábado 28 de novembro, a partir das 20h00 da tarde, haberá magosto na Corte dos Bois (Santa Ana 22, Sandiás, Ourense)

Con churrasco, castañas, chourizos, viño, gaiteiros... e ás 22h00, concerto de Habelas Hainas e, ata que aguante o corpo... A entrada de 7 euros inclúe a cea (con viño e auga) e o concerto. Apuntarse ata o día 25 de novembro na Corte ou mediante mensaxe privada no facebook.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Festival Terra Brava (O Incio)

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 15 )


Sábado 29 de agosto

12:30 - Sesión vermouth co grupo Ad heyra liti
14:00 - Xantar do Terra brava
Toda a tarde amenizada con xogos para maiores e nenos e música
20:00 - Actuación do Dúo Aldaolado
22:00 - Comezo dos concertos
1°- Habelas hainas
2°- Korrontzi
3°- Liviao de marrao
4°- Nao
E despois foliada ata que o corpo aguante!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Habelas Hainas en Noia

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


22 de agosto na Praza do Cantón ás 13:00 horas


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* O Areal de Berres acolle este venres os actos do "Día das galegas nas letras"

* O Festigal 2013 trae música galega reivindicativa para a noite do Apóstolo e o Día da Patria

* Festigal13: Música, cultura, deporte e soberanía

* O Festigal volve con música e 'rebeldía' - Praza Pública

* MAGOSTO 2010: HORARIOS i ENLACES

buscar mais información
sobre Habelas Hainas en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]