Ghastas Pista?

Guezos
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Guezos':


Guezos no Pub O Muíño de Cervo (Lugo)

(texto engadido o día 19/ / 10/ / 16 )


Sábado 22 de outubro
- Guezos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Guezos en Ourense

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 16 )


Sábado 15 de outubro ás 21:30h no Auriense (Praza Do Correxidor)
- Guezos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Guezos no Con do Moucho (Illa de Arousa)

(texto engadido o día 30/ / 9/ / 16 )


Sábado 01 de outubro
O Con do Moucho
Voltamos ao Con do Moucho! Voltamos á Illa de Arousa! Un dos concertos máis especiais para nós por moitísimas razóns; porque alí coñecimos xente estupenda que sempre nos acolleu dun xeito espectacular e coa que seguimos tendo relación. Reencontrarémonos con todas/os elas/es, aínda que esta vez non estean detrás da barra! E, por suposto, estamos desexosos de tocar no Con nesta nova etapa para o local e tamén para nós!
Este, será un dos 3 concertos que daremos en outubro. Despois faremos unha pausa nos directos para darlle forma a varias ideas que estamos tramando!!!! :-)
1 de OUTUBRO, NA AROUSA!!!

Prezo da entrada: 5 euros. Podédelas recoller no propio Con do Moucho durante esta semana ou na porta o día do concerto. O aforo é limitado e é moi probable que se esgoten axiña. Non o deixedes para o último día!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Carqueixa Rock & Folk (Souteliño - Laza)

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 16 )


Sábado 06 de agosto
Candaira, Virandeira Folk, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Sés, Guezos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Folk Aturuxo 2015 - Bravos (Ourol)

(texto engadido o día 2/ / 9/ / 15 )


Sábado 5 de setembro

ENTRADA E ACAMPADA DE BALDE


13.30H - Sesión Vermú
--------------------------------
SAÍÑAS

16.30H - Xogos Populares
------------------------------------
Xogos populares para tódalas idades

18.30H - Competicións
-------------------------------
Premio para todos os gañadores

20.00H - Espectáculo Clown
--------------------------------------
ISLA LE TRISKA

21.30H - Concertos
--------------------------
MEDIO QUIÑÓN
SUPEROITO
A BANDA DA BALBINA
GUEZOS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Dorna en Ribeira

(texto engadido o día 25/ / 7/ / 14 )


DOMINGO 20.-
12.03 Ruta de Tapas . 1º RUTA ESTRELAS MIJELÍN DE TAPAS. Premio Rabaneira navegante.
13.32 Capachos de desibelios na Rua na carpa dorneira
CE ORQUESTRA PANTASMA (Ruta Tapestre)
THE LAKAZANS
CARRICOBANDA


20.07-JRAN PRIX DE CARRILANAS.
21.13 Feira Rianxeira. Promosión festas gastronómicas rianxeiras.
22.01 Capachos de desibelios na rua Alcala Jali-ano:
BODEGA BODEGA (Despedida Oficial)
LA YEGUA GRIS
(Gañadores Rock&Dorna´13)

LUNS 21.-
20.33 Exhibision e baile colectivo a carjo do Tomasón.
22.02 no Jarsia Bayon
23.58 na Plasa de Vijo
ACUSTICA
A REBANDA


MARTES 22.-
19.13 MARATASÓN.
20.28 Flashmó Dorneiro na rua de Jalisia,diante de Sanmamé
20.43 Sesión de Sumba,no Jarsís Bayón dirixida por Zumba Barbanza
21.33 Concurso de Ji Jó en Bandourrio sejido de
Dock Shock
23.32 Actuasión na rua de Jalisia:
A BANDA DE BALBINA

MERCORES 23.-
16.09 Xojos do Mar
19.28 JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR
22.03 FINAL CANSIÓN DE TASCA eEXAME DE PATRÓNS
Macroqueimada Dorneira
Actuacións:
00.11 A BANDA DE ANDRELO (Malicón)
02.02 THE GUEZOS (Rua de Jalisia)

XOVES 24.- DÍA DA DORNA.
12.02 Expovarava de embarcasión no Malicón
13.18 REJATA DE EMBARCASIÓNS FEITAS Á MACHADA E PROPULSADAS A PAN DE MILLO. Jran Premio Cutre Sark.
15.07 Romeria Dorneira
16.12 Xojos Dorneiros e Campionato Mundial de Chinchimonei
20.06 TOP SECRET.
Actuación de Fanfarria Taquicardia e Kilomberos

22.01 Rock&Dorna con
DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO.
OLLOMOL

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Esposende abre as portas à Galaicofolia
http://bloguedominho.blogs.sapo.pt/esposende-abre-as-portas-a-galaicofolia-2866340
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 14 )


Esposende - Braga (Portugal)

GALAICOFOLIA: Realiza-se no próximo fm de semana a edição de 2014



A abertura dos portões da Aldeia Galaica será feita às 18h00 do dia 25 de julho, sexta-feira. O evento tem entrada livre e promete tornar memorável o primeiro dia deste evento cultural, de lazer e entretenimento, promovido pela Câmara Municipal de Esposende e que vai animar, entre sexta-feira e domingo, aquele que é um dos maiores ex-libris do património arqueológico de Esposende e da região Norte.





O cartaz musical do evento conta com nomes de referência da música folk, nomeadamente o grupo nacional “MU” e o grupo galego “Birimbao”, que sobem ao palco na sexta-feira, dia 25 de julho.


Ainda no primeiro dia desta viagem no tempo, haverá momentos de danças galaicas com o grupo “Ás do saber”, músicas galaicas com “Gaiteirus” e o espetáculo Ritual do Fogo com “Jugling Fire”.


No Sábado, o segundo dia do evento, as portas abrem-se às 11h30, sendo possível ao longo deste dia assistr à performance do grupo “Curinga” com música galaica, a recriações históricas, a sessões de demonstração de voo de aves de rapina, terminando a noite com os concertos dos grupos “Guezos” e “Melech Mechaya”.


O últmo dia da Galaicofolia começa às 9h30 com “Trilhos Galaicos-BTT” e conta também com peças de teatro, performances itnerantes, música e dança galaica, acabando com os concertos dos grupos “Tanira” e “Allan Bique”.


Todos os dias terminarão com a “Queimada galaica” , um ritual realizado na festa ao deus Dagda, onde se preparava uma poção mágica num caldeirão com bebidas fortes e frutos doces.


A novidade desta edição é a Ceia Galaica, servida em todas as noites do evento. Este banquete dos tempos romanos contará com lauto repasto onde poderá degustar entradas, sopa, ceia, sobremesa, bebida e digestvo pelo preço de 15 denários por pessoa. Para partcipar na mesma é necessária uma reserva antecipada, que poderá ser feita na Câmara


Municipal de Esposende, no Centro de Informação Turístca ou no Centro Interpretatvo de S.Lourenço.


Ofcinas, gastronomia de época, espaço infantl, mercado romano, curral, ambiências e recriações históricas são algumas das áreas que prometem transportar os visitantes ao passado, recordando o modus vivendi do povo castrejo.


A organização convida todos a estarem presentes neste evento que tem crescido a cada ano que passa e que disponibiliza parque de estacionamento e autocarros gratuitos de Esposende para o local da festa.


No site da Galaicofolia (www.galaicofolia.com) tem todas as indicações de como chegar ao local.


Apareçam e divirtam-se!
















- Guezos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Carqueixa Rock & Folk (Souteliño, Laza)
http://asociacioncarqueixa.wordpress.com/2014/06/24/festival-carqueixa-rock/
(texto engadido o día 9/ / 7/ / 14 )


O Carqueixa Rock xa vai pola súa terceira edición. Despois de moito esforzo presentamos o cartel do festival.


Pola tarde haberá espazo para @s máis pequen@s. Poderán disfrutar do Carqueixa Rock Miúdo con Contacontos (Anxo Moure) e Circo (DJ Capuzzi e a señorita X) dende as 18:00 da tarde. (Máis info en:  Carqueixa Rock Miúdo )


   


As 21:00 haberá unha Cea Popular para todo aquel que queira asistir. O prezo son 12 € e poden pagar en Bar A Picota (Laza), Casa Elena (Souteliño) ou chamando por tlf ao 686 278 489.


Sobre as 22:00 da noitiña comezarán os concertos. Os primeiros en tocar serán os integrantes de Hora Meiga. Este grupo de ourensáns leva tocando dende fai anos polas terras de Galiza e o Bierzo, acompañaranos o 2 de agosto para traer o seu folk ata Souteliño.





Logo darán paso ao grupo Guezos, outro grupo ourensán que se formou en 1999, dende aquela xa levan 5 discos e moitos concertos ao longo e ancho do Paí­s. O ano pasado estiveron no Festival Internacional de Ortigueira, e este ano terémolos no prado do Carqueixa.





O terceiro concerto será un dos máis esperados: Kepa Junkera, este artista vasco leva moitos anos tocando a trikitixa, ten 13 discos e conta cun Grammy Latino, o seu último disco chámase Galiza, e virá presentalo con vari@s amig@s no Carqueixa.





Por último pecharán o festival os Composteláns Ruxe Ruxe. Este grupo leva tocando dende o 96, e conta hoxe con 8 discos. As súas letras en galego e o seu rock do paí­s será o mellor peche para o Carqueixa.





 


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto/presentación do NOVO EP de GUEZOS "Un longo camiño" en Ourense

(texto engadido o día 16/ / 5/ / 14 )


O VENRES 16 de maio presentamos no Auriense "Un longo camiño". Un EP edición limitada co que queremos celebrar o noso 15 aniversario con saúde e novos proxectos. Será a primeira oportunidade de facervos fisicamente con este disco. Contén 4 temas e o videoclip "lévame". Insistimos, é unha EDICIÓN LIMITADA feita con todo o noso cariño e que poderedes mercar, ademais do 16 no Auriense, nos próximos concertos primavera/verán ata que se esgote. Recordamos tamén que os anteriores traballos de Guezos viaxan con nós a tódolos concertos e desde hai xa unha boa tempada están tamén nas principais plataformas dixitais"|
Este, é un EP 100% GUEZOS. Foi gravado e misturado en Xilgaro Estudio de Grabación co noso guitarrista David Quintas e masterizado Dr.Chou, o noso técnico de son.
O videoclip "lévame" foi realizado por Aitor Uve no bar Renque ( Chus No Renque)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Guezos en Fisterra

(texto engadido o día 21/ / 3/ / 14 )


Venres 21 de marzo ás 24:00h no Boulevard "Fisterra"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival 27373 | Festival de música en galego de Begonte (10 de Agosto)
http://festival27373.wordpress.com/
(texto engadido o día 30/ / 7/ / 13 )


Cartaz ideado polo deseñador gráfico de Begonte, Marcos Vigo

A II edición do Festival 27373 de Begonte, reúne nun mesmo día, un festival para nenos e nenas polo día e concertos para os mozos e mozas pola noite

 

A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte vai organizar a Segunda edición doFestival 27373 que terá lugar o sábado 10 de agosto no Club Fluvial de Begonte que, amablemente, volve ceder as súas instalacións para a celebración deste festival.

 

As novidades deste ano son que serán benvidos tódolos músicos que se acheguen ata o festival a tocar e que haberá habilitada unha zona de acampada gratuíta.

 

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos. A partires das 12:30 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo na empresa begontina Non Estreses, que ofrecerá paseos en kaiak polo río Ladra, inchables e tiro con arco, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde. Ao mediodía a sesión vermú estará amenizada polo grupo de música tradicional Arandela de O Incio. Pola tarde, ademais das actividades deportivas, teremos diferentes actividades culturais para @s pequen@s. Ás catro comezará o concerto didáctico infantil de Tonecho Castelos e Pablo Esqueira. A continuación un obradoiro de percusión e baile para nen@s e non tan nenos realizado por Branca Villares e para rematar o festival de día, un peche de auténtico luxo,Desastronauts e o seu espectáculo Un día de praia, circo e aéreos que farán a delicia de todos os asistentes.

 

Pola noite, comezará o Festival coa participación da humorista Isabel Risco que se encargará de presentar tódolos grupos co seu peculiar sentido do humor. Abrirá o festival de noite os lucenses Os Minhotos que virán a presentar o seu disco Unha pinga d’auga, tradición e unha innegable calidade musical. Desde Ourense repetimos co grupo Guezos, un deses grupos que sabe mesturar diferentes estilos musicais, desde o folk, ao rock ou o ska. Para pechar esta segunda edición teremos aos Zënzar  que este ano celebran os seus 25 anos enriba dos escenarios, toda unha heroicidade nos tempos que corren.

- Os Minhotos- Guezos- Zënzar -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIX Festival de Ortigueira
http://www.festivaldeortigueira.com/programacion.php?lg=gal
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 13 )


Xoves 11 de xullo


20:15 h- Inauguración musical

Praza de Isabel II

22:00 h- Sesión de concertos

Escenario Estrella Galicia

Proxecto Runas + Os Cempés

Escenario Estrella Galicia
Boc (Illas Baleares)
Ruaille Buaille (País Vasco)
Folk on Crest (Castela e León)
Guezos (Galicia)

Os Cempés (Galicia)

10 h- "Momentos"

Claustro Concello Ortigueira Exposición fotográfica de Toni Rego.

10 h- "Galicia's dream"

Centro recepción visitantes Exposición fotográfica de Vicente Ansola, "o retratista de Vilaeimil".

17 h- Feira de artesanía

Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral



Venres 12 de xullo


22:00 h- Sesión de concertos

Escenario Estrella Galicia
Birimbao (Galicia)
Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
Kan (Irlanda)
Guidewires (Irlanda)
Riobó (Galicia)

10 h- "Momentos"

Claustro Concello Ortigueira Exposición fotográfica de Toni Rego.

10 h- "Galicia's dream"

Centro recepción visitantes
Exposición fotográfica de Vicente Ansola, "o retratista de Vilaeimil".

12 h- Feira de artesanía

Paseo marítimo
Apertura das casetas do feiral

12:15 h- Pasacalles

Rúas da vila
Bagad Glazik Kemper

19:00 h- Pasacalles

Rúas da vila
Banda de gaitas Manxadoira e Banda de gaitas Concello dos Blancos

20:00 h- Proxección documental

Teatro Beneficencia
Estrea de "Ortigueira: los ecos de Finis Terrae" de El Jinete Films



Sábado 13 de xullo


22:00 h- Sesión de concertos

Escenario de Estrella Galicia
Bagad Glazik Kemper (Bretaña)
Banda Crebinsky (Galicia)
Dominic Graham School of Irish dance (Irlanda)
Dán (Irlanda- Escocia- Bretaña)
Gwendal (Bretaña)
Harmonica Creams (Xapón)

10:00 h- "Momentos"

Claustro Concello Ortigueira Exposición fotográfica de Toni Rego.

10:00 h- "Galicia's dream"

Centro recepción visitantes Exposición fotográfica de Vicente Ansola, "o retratista de Vilaeimil".

12:00 h- Feira de artesanía

Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral

12:15 h- Pasacalles

Rúas da vila
Bagad Glazik e Banda Gaitas de Ladrido

19:00 h- Pasacalles

Rúas da vila
Banda Gaitas Soto Rei + B.G. Manxadoira

20:00 h- Concerto de Sylvain Barou Trío


Teatro de Beneficencia
Entrada: 3 euros


Domingo 14 de xullo


12 h- Desfile de bandas


Saída dende PRAZA DE ISABEL II
Escola de Gaitas de Ortigueira
Banda de gaitas de Ladrido
Bagad Glazik Kemper
Banda de gaitas Concello dos Blancos
Banda de gaitas Manxadoira
Banda de gaites Soto Rei
Banda de gaitas Agarimo

10:00 h- "Momentos"


Claustro Concello Ortigueira
Exposición fotográfica de Toni Rego.

10:00 h- "Galicia's dream"


Centro recepción visitantes
Exposición fotográfica de Vicente Ansola, "o retratista de Vilaeimil".

12:00 h- Feira de artesanía


Paseo marítimo
Apertura das casetas do feiral


Actividades paralelas



Feira de artesanía Como é habitual, o Festival reserva no paseo marítimo espazo para a venda de produtos artesanais. Casetas e postos ambulantes ofrecerán aos visitantes diversidade de pezas únicas, produtos de revenda e artesanía do mundo.

Exposición: "Momentos" Como cada ano, un fotógrafo presenta a súa particular visión da anterior edición do Festival Ortigueira. Neste caso, asina a mostra de instantáneas, que se poderá gozar a diario de 10 a 22 horas no claustro da Casa Consistorial, o ortegano Toni Rego.

Exposición: "Galicia's dream" O Centro de Recepción de Visitantes, situado no Porto de Ortigueira, acolle a impresionante obra fotográfica de Vicente Ansola, "o retratista de Vilaeimil", sobre a contorna natural e a paisaxe humana desa pequena aldea, reflexo auténtico da Galicia rural. Unha oportunidade única para gozar dunha colección pola que o autor cántabro recibiu o pasado ano o prestixioso Premio Hasselblad.

Estrea documental: "Ortigueira: Ecos de Finis Terrae"
O Festival serviu de inspiración a dúas mozas cineastas americanas que, coa súa produtora El Jinete Films, embarcáronse no proxecto de plasmar nun documental a súa persoal vivencia do evento e de Ortigueira. A obra, que se estrea o venres 12 de xullo no Teatro da Beneficencia, leva por título "Ortigueira: Los ecos de Finis Terrae".

Obradoiros A oferta de obradoiros correrá este ano a cargo de dous vellos coñecidos do certame: Dominic Graham e o músico Ernesto Campos.
O director da agrupación irlandesa ensinará aos máis animados a iniciarse no baile tradicional do seu país o venres pola tarde (a partir das 16 horas aos máis pequenos, ás 17 aos mozos/as e adultos e, finalmente, un ensaio conxunto). Pola súa banda, o alma mater do grupo Crema de Gaita , ofrecerá no IES Ortigueira clases prácticas sobre composición (venres dende as 17 h e sábado en horario de mañá e tarde).

Podes descargar o programa de man con todas as actividades do Festival (pdf 1,5 Mb) picando aquí


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Abril en Sala Garufa (Coruña)

(texto engadido o día 6/ / 4/ / 13 )



- Loretta Martin- Guezos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Reperkusión (do 10 ao 12 de maio en Bemposta, Ourense)
http://www.reperkusion.com
(texto engadido o día 26/ / 3/ / 13 )


O Festival Reperkusión acaba de pechar o cartel da súa edición número 11, a segunda que celebran en Ourense capital. Será os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta. As estrelas desta nova edición son Fermin Muguruza, que volve de xira para celebrar os seus 30 anos de carreira musical, e Manu Chao, o referente da música mestiza internacional, que repite no festival despois das súas lembradas actuacións do ano pasado. Xunto a eles outros 22 grupos de música e artistas de humor e circo para completar un cartel de gran nivel, con nomes como Haydamaky, Banda Fura Fura, Artistas del Gremio, Shazalakazoo, Skarallaos, Guezos, La Tarrancha, Rimbarán, La Sonajera Ravalera, Chimango ou o humorista Quequé.


PROGRAMACIÓN:


Venres 10
O cabeza de cartel do venres 10 de maio será Fermin Muguruza, que volve aos escenarios despois de seis anos, conmemorando os 30 anos de carreira musical do excompoñente de Kortatu e Negu Gorriak. Ese día tamén actuan no escenario principal Shazalakazoo, dúo serbio de folk-step, música balcánica, urbana e bastarda; os aragoneses Artistas del Gremio e os galegos Skarallaos, elixidos por votación popular. A noite terminará coa sesión dj con percusión dos vascos Supertumbaduo.

Antes, encargaranse de caldear o ambiente cos seus pasacalles a charanga Fanfarria Taquikardia, formada por compoñentes dalgúns dos grupos galegos máis destacados; a compañía Cair Circo, especialistas en transformar o absurdo en diversión; e o Pai Merino e o seu espectáculo “A.M.E.N.” (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas).




Sábado 11

O prato forte do sábado é a volta ao Reperkusión de Manu Chao. O artista franco-galego estará de novo acompañado por La Ventura, para ofrecer un dos seus espectaculares shows de máis de dúas horas de enerxía nos que interpreta himnos coñecidos por todos. O sábado tamén actúan no escenario principal a Banda Fura Fura, que xunta a algúns dos músicos e cantantes máis recoñecidos da escena rock galega para reinterpretar temas do Zeca Afonso; e Haydamaky, estrelas da escena alternativa de Ucraína coa súa fusión de rock, ska e punk mesturados cos sons tradicionais do seu país. Hadri Hache encargarase da sesión dj neste escenario.

Antes, ao longo da tarde e até xa entrada a noite actuarán no escenario de día, de acceso gratuíto, outro catro grupos: os galegos Guezos, os asturianos La Tarrancha e os cataláns Rimbarán, elixidos o público a través de Facebook, e La Sonajera Ravalera, proxecto esporádico que une no escenario a El Rumbao (Galicia-Colombia), Chamito (Venezuela) e Daniel Lança (Portugal). Tamén haberá humor e circo, co monologuista Quequé, famoso polas súas aparicións en televisión e o clown Peter Punk.



Domingo 12 (gratuíto)

O festival termina o domingo 12 de maio cun fin de festa de acceso gratuíto. Ao longo da tarde actuarán Chimango, arxentino que expresa como ninguén a enerxía urxente da rumba barcelonesa; a banda ska-punk-folk galega The Skarnivals; os ourensáns Ménage à Trois e a súa fusión de ritmos bailables; e XeRock, grupo de rock formado por usuarios e traballadores do Centro de atención a discapacitados intelectuais San Xerome da Guarda (Pontevedra). Tamén se celebrará a xa clásica Olimpíada de Malabares.

Ademais, as mañás do sábado e o domingo están reservadas aos talleres de malabares e as sesións de ioga da risa. A isto únese o mercadiño de artesanía que estará aberto no festival ao longo de todo o fin de semana.




ENTRADAS
www.codetickets.com / www.ticketmaster.es

BONO 3 DÍAS: Anticipada 30 €* / Taquilla 35 €
BONO 3 DÍAS + CÁMPING: Anticipada 35 €* / Taquilla 40 €
ENTRADA 1 DÍA: Anticipada 20 €* / Taquilla 25 €
*+ gastos de distribución

- Reperkusion -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto de Guezos en Rianxo

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 13 )


VENRES 25 de xaneiro ás 23:00h. no Curral do Marqués, Taragoña (Rianxo)
- Guezos- Curral do Marqués -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival 27373 en Begonte
http://festival27373.wordpress.com/
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 12 )


O vindeiro sábado 21 de Xullo terá lugar no Clube Fluvial de Begonte o Festival 27373, da man da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario; o primeiro que organiza esta asociación cumplindo deste xeito un dos proxectos mais desexados dende a súa fundación.

O festival celebrarase durante todo o día, con servizo de polbo e churrasco pra poder comer no mesmo recinto, e ten a intención de dar cabida a público de tóda-las idades.
Así comezará pola mañá, a partires das 11:30, atendendo aos máis pequenos cun obradoiro de Ciencia Entretida a cargo de "Teatro do miolo" e coa participación do contacontos Carballo con Botas. E tamén haberá inchables e unha festa da escuma.

...e á noitiña, a partires das dez e media, actuacións de Guezos, Labregos do tempo dos Sputniks, e Avante Rock da Galiza.

¡¡Non deixedes de acudir e apoiar ás novas iniciativas que apostan pola cultura e a música do país nus tempos en que semella cada vez máis complicado!!
- Guezos- Labregos do Tempo dos Sputniks -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Revenidas 2012

(texto engadido o día 5/ / 7/ / 12 )


20 e 21 de Xullo en Vilaxoán de Arousa
- Revenidas- Guezos- Dios Ke Te Crew- Os Cempés- O Sonoro Maxín- Terbutailna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto de Guezos en Muxí­a

(texto engadido o día 23/ / 6/ / 12 )


23 de Xuño, de madrugada no Restaurante Arco Iris, na Praia do Lago (Muxía)
- Guezos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Guezos na Illa de Arousa

(texto engadido o día 16/ / 6/ / 12 )


O sábado 16 de Xuño no Con do Moucho
- Con do Moucho- Guezos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Barrikas Folk Rock (Milladoiro - Ames)

(texto engadido o día 8/ / 6/ / 12 )



- Magúa- Coanhadeira- Abóbriga- Anxo Lorenzo- Berrogüetto- Guezos- Medomedá- Labazada- Kallaikoi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]




Guezos



Web oficial

en Myspace

web en youtube






buscar mais información
sobre Guezos en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Guezos en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]