Resultados para:

Ghusto do Boi
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Ghusto do Boi':


XII FOLK IN RIO en Touro (Compostela)
http://lindeiros.gal/o-folk-in-rio-cumpre-doce-anos-este-domingo
(texto engadido o día 14/ / 6/ / 19 )


Domingo 16 de xuño ás 12h na área recreativa de Santaia, en Touro,

O programa musical ábrese ás once e media polos locais do Forte con cantos de taberna. Estarán os grupos Son do Souto e Muxicas da Silvei de San Fins de Sales; A Brincadeira de Carbia; A Pinguela de Barna; A Ferrina Furtiva de Redondela; Revi, Volta de O Pino; Fiadei de Antas de Ulla; O Ghusto do Boi de Lestedo; Sarillo de Aiazo de Frades; Vai Nela de Salgueiros; Arricandeira de Arzúa; Stihl Brothers de Compostela; e UGT, Unión Temporal de Ghaiteiros de A Ulla,

Na sesión vermú estarán as Nenas do Sapo Dourado e continuación comida campestre con polbo e churrasco a prezos populares.

A partir de aqui porán a diversión os Bombos de Santiago Portugal, o Mago Dani, Uxía Lambona e a Banda Molona, Malvela e pechará a cita A Banda da Balbina.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Sons nas Fervenzas de Codeso
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=150734
(texto engadido o día 7/ / 7/ / 18 )


7 de xullo a partires das 20h

- Coral Castrosúa
- Muxicas da Silveira
- O Ghusto do Boi
- Os Brañas de Lamas
- Os Xeitosos de Trazo
- Pandereteiras de Codeso
- Son de Gaita
- Trioprata, Germán Soneira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Foliada de Bama (Touro)
https://www.facebook.com/events/1605013142901830/
(texto engadido o día 12/ / 5/ / 18 )


O vindeiro 12 de Maio celebramos a II Foliada de Bama, no concello de Touro.
A partir das 19h, Obradoiro de Baile Tradicional (de balde). A partir das 20h Foliada cos grupos A Pinguela de Bama, Pandereteiras da Baña, Sarillo de Aiazo, Esvola Oct Ultreia, O Ghusto do Boi, Pandereteiras da A.C. Rosalia de Castro de Cacheiras, Enxebres de Cacheiras, Faiscas da Pontraga, Aldomir e fin de festa co concerto de Tanto Nos Ten. E despois.....foliada aberta.
Haberá carpa, cantina con prezos populares, bocadillos, sorteos e moita moita festa.

Animádevos a vir pasalo ben a II Foliada de Bama.

Organiza: A.C. A Pinguela de Bama

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada na Festa de Codeso (Pontevedra)

(texto engadido o día 8/ / 12/ / 17 )


Venres 8 de decembro ás 21:30h
Casa Da Cultura De Codeso.

Pandereteiras de Codeso
Muxicas da Silveira
Brañas de Lamas
Son de Gaita
O Ghusto do Boi
Pena do Corvo




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Sons nas Fervenzas en Codesedo (Boqueixón)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 17 )


Sábado 8 de xullo ás 20:00h

Cotal Castrosúa
O Ghusto do Boi
Os Brañas de Lamas
Os Xeitosos de Trazo
Pandeireteiras de Codeso
Pena do Corvo
Son de Gaita
Sons da Mina
Trioprata. German Soneira.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repichoca na A Esghalla (Vila de Cruces)

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 17 )


Sábado 18 de marzo ás 20:00h
A Esghalla.
VILA DE CRUCES.


O vindeiro 18 de marzo teremos a nosa próxima repichoca, e contaremos cos grupos: Punkdeteiras e o ghusto do boi.
Coma sempre contaremos con chourizada a fartar e festa a rachar.
Os que queirades cear con nós teremos un menú de 12€
- Punkdeteiras- O Ghusto do Boi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIII Festa da Carballeira de Zas

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 16 )


A Festa da Carballeira será, coma sempre, o primeiro sábado de agosto.
Pero o día anterior temos unhas vésperas espectaculares:

Venres 5 de Agosto a partir das 21:00h
- O Ghusto do Boi (Galiza)
- Banda Crebinsky (Galiza)
- Mago de Oz (Madrid)
- Ruxe Ruxe (Galiza)

Xa na Carballeira de Velar
Sábado 6 de Agosto a partir das 12:00h
- Mercadillo de artesanía e produtos ecolóxicos.
- Xogos para os nenos.
- Sesión vermú
- Gran mexilloada popular

Actuarán a partir das 14:00
- Orquesta Os Modernos
- O Ghusto do Boi
- Cé Orquesta Pantasma
- Grupos da A.C Castro-Meda de Zas
- Gran Foliada da Carballeira.
Unha foliada aberta a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar e se anoten en foliada@festadacarballeira.com terán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos.

A partir das 22:30h
- Pelepau (Galiza)
- Luar na Lubre (Galiza)
- Steve'n Seagulls (Finlandia)
- Skerryvore (Escocia)
- Andrés Penabad (Galiza)

Entrada
Anticipada os 2 días 10€ as 500 primeiras, resto 12€. Só venda online
En taquilla 2 días 15€. venres 10€ Sábado 8€.

http://www.festadacarballeira.com/entradas
https://www.ticketea.com/entradas-festival-a-carballeira-de-zas/

Non se permitirá entrar con bebidas.?
http://www.festadacarballeira.com
http://www.facebook.com/festadacarballeira
http://twitter.com/Carballeira_Zas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaría Tradicional BoqueiSons en Sergude (Boqueixon - A Coruña)

(texto engadido o día 2/ / 9/ / 15 )


O vindeiro sábado 5 de setembro terá lugar a segunda edición da Romaría Tradicional BoqueiSons: feira de artesanía, musica tradicional, xogos populares, concursos, photocall, obradoiro de iniciación ao baile, pulpeiro, espazo para comida campestre ... etc, todo esto e moito máis na Carballeira de Rodiño, en Sergude (Boqueixón), ao carón da Taberna O Portugués.
A partir das 13:00h dará comezo a festa, e logo ata que o corpo aguante!! Os doce grupos que compoñen o cartel tocarán ata aproximadamente as 22:30, e logo foliada libre!! Non deixes o teu instrumento na casa, que logo farache falta!!! E para meterte de cheo na festa trae os teus zocos e vestimenta tradicional!

As agrupacións musicais que poñerán música a esta fermosa Romaría, son:
Son de Ghaita (Sergude)
Pandereteiras de Codeso
Pena do Corvo (Codeso)
Muxicas da Silveira (Camporrapado)
Loaira (Lestedo)
Estralampo (Lestedo)
O Ghusto do Boi (Lestedo)
Gharatuxa (Compostela)
Recobio de Vaamonde (Teo)
Esfolladores de Illobre (Vedra)
Pasabodeghas Troupe (Vedra)
Son´s da Mina (Fontao - Vila de Cruces)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Ghusto do Boi na II Festa Mariñeira de Cariño

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 15 )


Venres 21 de agosto na praza Roxa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



51ª NOITE DE TASCA EN OROSO (A CORUÑA)
http://osviqueiras.blogspot.com.es/2014/09/51-noite-de-tasca-en-oroso-coruna.html
(texto engadido o día 24/ / 9/ / 14 )


Arranca a 7ª tempada das "Noites de Tasca" na comarca de Ordes.
O próximo venres 3 de outubro, na cafetería CHE de Sigüeiro:
actuación do grupo O GHUSTO DO BOI e a Agrupación NÉBOAS NO CUMIO.
Despois, FOLIADA aberta a participación de todos. VIDE TOCAR CON NÓS!

Noticia enviada por Os Viqueiras

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación folk/trad nas festas da Peregrina Pontevedra 2014

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


Sábado 9 de agosto
• 12.30 Pasarrúas a cargo das agrupacións folclóricas: Gaiteiros das Rías Baixas, Barbude, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Os de Algures, Grupo Foula, Duos Pontes e Celme.
• 13.15 Actuación nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas: Gaiteiros das Rías Baixas, Barbude, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Os de Algures,Grupo Foula e Celme

Luns 11 de agosto
• 13.00 Actuación do grupo Chouteira e Os de Algures nas prazas e rúas da cidade

Martes 12 de agosto
• 13.00 Actuación do grupo Dolmen e Gaiteiros das Rías Baixas nas prazas e rúas da cidade
• 20.30 Obradoiro de Danzas Atlánticas. Asociación Cultural Trépia. Praza de Santa María
• 21.00 Concerto da Roda e a Banda de Música de Pontevedra. Praza da Ferraría

Mércores 13 de agosto
• 12.00 Actuación do grupo Os de Mourente e Cantareiras Leitaregas nas prazas e rúas da cidade

Xoves 14 de agosto
• 12.00 Actuación do grupo Xoldra e Cantareiras de Aturuxo Pequeno
• 20.30 Obradoiro de Danzas Atlánticas. Asociación Cultural Trépia. Praza de Santa María
• 22.00 Cantos de Tabernas: Ghusto do Boi e Abódriga. Tabernas do centro histórico (Rúa da Ponte, Sabela II, rúa Real e Soportais)
• 22.30 Concerto de Milladoiro. Praza de España

Venres 15 de agosto – Santa María
• 11.15 Actuación do grupo Os Alegres e Os de Algures e Cantareiras Leitaregas
• 17.30 Xogos e tradicións populares. Avenida de Santa María
• 22.00 Cantos de Tabernas. Maravallada e Regato de Matamulleres. Tabernas do centro histórico (rúa Sabela II, rúa Princesa, rúa dos Ferreiros e avenida de Santa María).

Domingo 17 de agosto
• 12.15 Pasarrúas a cargo da charanga Apeles e do grupo Os de Mourente e Gaiteiros das Rías Baixas
• 21.00 Concerto de Sés. Praza da Ferraría
- Milladoiro- A Roda -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Pontevedra

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


Xoves 14 de agosto
Abóbriga no Rebusco e Brasilia, e O Ghusto do Boi en Timón e Pasaje

Venres 15 de agosto
Regato Matamulleres no Lar e Cornelius, e Maravallada nas Reixas e Navarra

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival de San Xurxo de Vea (A Estrada)
http://ouzande.blogspot.com/2014/08/couso-e-san-xurxo-de-vea-ultiman-os.html
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


O 5 de setembro, venres, , en San Xurxo de Vea e a partir das 10 da noite celébrase o IV Festival Folk "SanXurxodeVea" que contará coa música de Son´s da Mina de Fontao (Vila de Cruces), co espectáculo de Ce Orquesta Pantasma, o Regato de Matamulleres de Callobre e os festeiros Ghusto do Boi de Lestedo de Boqueixón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Seráns da Nave (Compostela)

(texto engadido o día 8/ / 1/ / 14 )



Xoves, 9 de Xaneiro, a partires das 21:30

Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro de baile con Marcos Botana
22h30 . O Ghusto do Boi
23h15 . Xurumelo
24h00 . A. C. Rosalí­a de Castro (Cacheiras)
01h00 . Foliada até ás 03h00

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Espazo Activo da Ulla - Pasabodeghas. San Miguel de Sarandón (Concello de Vedra)

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 13 )


Sábado 26 de Outubro

Ás 17h comeza a ruta gaiteira polas sete bodegas participantes no evento, que contará coa xente de: As Brañas de Andrés, Céltigos Alteriados, Gharatuxa, Vouvirvorver, Sarabelafolk, Re-voltas, Os de Couso, O Ghusto do Boi, Son de Souto, Coser e Cantar de la Asociación do Traxe Galego, Quen son eses, A Banda das Amasadas, Vai de Roda, Os Feroces da Galgueira, Trécola, Farreiros das PEnizas, Os ke hai, Varacuncas, Raiolo, Gaiteiros do Balado, Pena do Corvo, Medio Quinhón, A Ferreña Furtiva, Sin Son... e demáis grupos que queiran participar.

Haberá tamén xogos populares con Raiceiros, contacontos coa Asociación Papaventos, exposicións, obradoiros, artesanía... No campo da festa celebrarase o Festex-Arte e un Magosto Popular.

A partir das 23h actuacións a cargo de:
- A Requinta da Laxeira
- Os Carunchos
- Collón de Lola.

Domingo 27
Sesión vermú e xantar popular.
Actuacións de A Gaita de Sarandón, Os Viqueiras, O Recobio, Pandereteiras Silandeira, Pandereteiras Dedaleiras, Grupo dos pequenos da Asociación Cultura San Campio e Os Lexeiriños.
Á 18h, espectáculo circense e malabares a cargo de Peter Punk.






+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FERVENZA DE MÚSICAS 2013 EN OUZANDE (A ESTRADA)
http://carreiros.blogspot.com/2013/08/fervenza-de-musicas-2013-en-ouzande.html
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 13 )


VI FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL. OUZANDE-A ESTRADA

O programa desta VI Foliada será o seguinte:
Dí­a: Venres, 6 de setembro de 2013
Hora: 22:00 h.
Lugar: Campo da Festa de Ouzande.
O campo estará cuberto por unha carpa e haberá posto de polbo e churrasco, así­ como servizo de bar. Actuacións Musicais:
O Ghusto do Boi (Boqueixón) 
Animada e animosa charanga de música tradicional e popular. Unha ducia de compoñentes, con moito instrumento de vento, percusión e acordeón. Presentes en moreas de festas neste verán.
Os Ke Hai (Callobre) 
Veterana agrupación estradense de música tradicional. O grupo callobrés non falta en ningunha festa, foliada e festival da comarca
Xurumelo (Santiago) 
Trí­o santiagués que interpreta a música tradicional dun xeito orixinal e atrevido. Acordeóns e voz. Música de moita calidade. Participaron no recente Folk de Raí­z de Callobre.
Retrouso (Ouzande)
Grupo anfitrión, fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raí­z, de Callobre; as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O pasado ano presentou o seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da música tradicional.
Recanto (Ouzande) 
Agrupación dunha vintena de veciños e veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que xurdiu a raí­z das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de Ouzande desde o pasado ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, este mesmo ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, o pasado mes de abril.

Ao mesmo tempo convidamos a todos e todas que o desexen a traer os seus instrumentos musicais, para poñer remate á festa como é debido.
- Fervenza de músicas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Folk Aturuxo en Bravos (Ourol - Lugo)

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Sábado 7 de Setembro

Ulträqäns
Muxarega
Clan Maragato
Xente Nova
O Ghusto do Boi
- Ulträqäns- Muxarega- Clan Maragato- Xente Nova- O Ghusto do Boi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas 2013 - Couso (A Estrada)
http://asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


14 agosto en Sequeiró, Couso
XVIII Edición de As nosas músicas, con Obradoiros, Actividades e Actuacións musicais

PROGRAMA:

OBRADOIROS

16:30-19:00  INTERPRETACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: CANTO E PERCUSION (con Davide Salvado)

18:30-21:00  PERCUSIÓN MIÚDA: TARRAÑOLAS, CULLERES, CUNCHAS ... (con Chuco Estévez)
Só hai 15 prazas por obradoiro, a un prezo de 12 €. 
Inscricións aquí


ACTIVIDADES (acceso libre e gratuíto)

17:30  DE TROULA EN TROULA (xogos tradicionais para todas as idades, con XANDOBELA)
19:30  PASEO, PUNTO, VOLTA (iniciación ao baile tradicional, con Marcos Botana)
20:45  RUADIÑA HAINA HAINA (con Trébede e pandereteiras de Mondariz e Pazos de Borbén)

 

ACTUACIÓNS (das 23:00 en adiante)

  • RETROUSO (A ESTRADA)
  • VAI DE RODA (RIANXO)
  • GHUSTO DO BOI (BOQUEIXÓN)
  • QUEMPALLOU (DO INCIO AO MORRAZO)
  • ZURRUMALLA (VIGO)

- As nosas músicas- Retrouso- Ghusto do Boi- Quempallou- Zurrumalla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Romaria Galega na Pontagra (Tordoia - A Coruña)

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Sábado 17 de Agosto

12h Banda de gaitas e grupo infantil Brisas do Quenllo, sesión vermú a cargo de Os Pelexos de Montaos e xantar popular.

16:30h XIV Encontro de Música e Baile Tradicional
Asociación Floclórica Santiaguiño de Boimorto
Grupo Churia da A.C. Castro-Meda de Zas
Brisas do Quenllo de A Pontagra

Ademáis haberá xogos populares e Rodarirodari (contos do tranvía) cos monicreques de Fantoches Baj.

E, xa á noitiña, festa con
O Ghusto do Boi, Bouba, Cuadrilla do Pan Quente e Zanfonistas de A Pontraga
- Romaria Galega na Pontagra- Brisas do Quenllo- Castro-Meda- O Ghusto do Boi- Bouba -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Serán Sons do Ilicinio, en Lestedo (Boqueixón)

(texto engadido o día 25/ / 5/ / 13 )


25 de Maio no Campo da Feira

A.F. Santa Lucía
Cantigas e Agarimos
Pena do Corvo
Ghusto do Boi
Recobio
Son do Souto
Os Ke Hai

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


buscar mais información
sobre Ghusto do Boi en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]