Resultados para:

Galiza Non Se Vende
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Galiza Non Se Vende':


2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume

(texto engadido o día 2/ / 4/ / 12 )


Polas Fragas do Eume i en protesta contra as mentiras da Xunta
e a xestión do incendio

LUNS 2 DE ABRIL,
Concentración nos lugares mais representativos das vilas galegas

En Pontedeume ás 20:00 diante do Concello (constituirase en réximen de autoconvocatoria a Plataforma en Defensa das Fragas do Eume)

En Ferrol, ás 20h na praza de Armas.

No resto das vilas, ás 20:30:
A Coruña: nos Cantóns;
Vigo: na Porta do Sol (o "Sireno");
Compostela: no Obradoiro;
Pontevedra: na Ferrería;
Lugo: diante do Concello;
Ourense: diante do Concello;
Foz: diante da Delegación de Facenda
Lalin: Praza da Igrexa
Vilagarcía: Praza de Galicia
Betanzos: Praza da Constitución
Carballiño: Diante do concello
Xinzo de Limia: na Praza Maior
Boiro: diante da Praza de Abastos

Madrid: Atocha.

ESPALLA! REACCIONA!


Galiza Non Se Vende:
Este incendio é gravísimo, non é un incendio máis, nin é un acidente casual, asemella ser unha operación premeditada, igual que muitos dos lumes nos últimos anos.
Os montes que están ardendo son «zonas eólicas» e «zonas forestais», a «repoboar» con muiños e eucaliptos.

Queimar as Fragas do Eume e rebaixar o seu gran valor natural beneficia a muitos intereses:

1. Proxecto de Celulosa nas Pontes. Precisa dun área de eucaliptos próxima, e as Fragas do Eume son unha zona húmida onde terían un gran crecemento. O sector madeireiro leva anos comprando parcelas na zona.

2. Plano de Restauración da Mina das Pontes. Segundo o proxecto é imposíbel evitar as filtracións de carbón e metais pesados que producen contaminación contínua no río Eume. Ao ser um espazo protegido tan valioso, hai posibilidades de que haxa que pagar elevadas sancións.

3. Minas de andaluzita. Proxecto mineiro dunha empresa de capital inglés e surafricano a carón das Fragas do Eume que provocaría un grande impacto neste espazo natural.

4. Proxeto de novo encoro no Eume. O aproveitamento hidroelétrico do Eume para Endesa vai camuflado no financiamento da clausura da mina das Pontes.

Evento no Facebook:

http://www.facebook.com/events/142717325856411/

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón
http://galizanonsevende.org/?p=1130
(texto engadido o día 25/ / 8/ / 11 )


Porque non todo ten que ser dura loita, un ano máis, en parte pola nosa obriga de facer caixa para as multas e os gastos de avogados motivados pola nosa loita contra o especulador malo, pero tamén por outra pola ledicia de nos xuntar cun viño e unhas navallas da ría e ter un pouco de troula coincidindo coas festas de Cangas, o Foro Social de Cangas, monta de novo a Taberna do Salgheirón!!
Este é o programa:
  • Venres ás 20 horas: Circo na rúa
  • Sábado ás 18 horas: Charla debate “As rías, estado natural e recursos pesqueiros”
  • Domingo ás 23 horas: Salgueirón Jazz Trio
  • Luns ás 19:30 horas: Codia e Miolo -contacontos-
  • ás 21:00 horas: SOS Massó Jazz Band
  • ás 22:30 horas: “Arremecághona’s Produçións na Xira d@s Nen@s sen País ‘11″

Vémonos na Taberna!!!
- Galiza Non Se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/
(texto engadido o día 3/ / 5/ / 11 )



- Galiza Non Se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Compostela, 21 de marzo, ás 12:00 na Alameda: MANIFESTACIóN CONTRA A DESTRUCIóN DO TERRITORIO ís 17:00 na Sala Nasa íšltimo concerto da II Caravana reivindicativa de GNSV.
http://galizanonsevende.org/?p=940
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 10 )


Convocatoria: Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.

Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.

Intentan manter un modelo que non serve, que nos espreme como persoas, destroza o medio ambiente e agranda as diferencias económicas entre os pobos e entre as persoas.

A nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas. A Sanidade vai camiño da privatización total. O transporte público é escaso, caro, ineficaz e está en mans privadas. As infraestruturas viarias baséanse no transporte privado contaminante e insustentábel. O noso litoral entrégase ás construtoras para o seu grande negocio especulativo. As nosas rías seguen acumulando recheos e naves industriais en primeira liña de costa e uns alarmantes niveis de contaminación. Grandes zonas costeiras son cedidas ás multinacionais piscícolas, ao mesmo tempo que a pesca industrial arrasa os océanos e o marisqueo e a pesca de baixura tradicionais van sendo desmantelados. Cultívanse transxénicos nas nosas leiras, mentres se fomenta a desaparición do noso agro. A ordenación do territorio é inexistente, o que provoca graves difrerencias entre o interior e a costa. Louseiras e mineiras estragan as zonas mellor conservadas. A política forestal promove os cultivos de especies alóctonas e invasoras que sementan o país de incendios. O urbanismo caótico proxectase en función dos intereses económicos. A xestión de residuos basease na contaminante incineración. Industrias perigosas e contaminantes seguen funcionando irresponsabelmente…

É o tempo de unirnos todos e todas e paralizar as agresións á vida e á Terra!

É o tempo de esixir a participación da sociedade nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.

É hora de saír á rúa e reclamar outro modelo económico e social.

Tod@s a Compostela o domingo 21!!!

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do territorio

Pola soberanía alimentaria e enerxética

Por outro modelo de transporte

Ese mesmo día ás 17:00 da tarde na Sala Nasa de Compostela, última parada da II Caravana reivindicativa de GNSV, na que actuarán: Pallasos en Rebeldía, Pandereteiras Bouba, Sacha na Horta e O Sonoro Maxín.

GALIZA NON SE VENDE!!!

Terra viva e vida digna para tod@s
- Galiza Non se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CANGAS DO MORRAZO: 8º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/?p=923
(texto engadido o día 1/ / 3/ / 10 )



- Galiza Non se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



7º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/?p=920
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 10 )



- Galiza Non se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PONTEDEUME: 6º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/?p=918
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 10 )



- Galiza Non se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



BERTAMIRÁNS: 5º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/?p=916
(texto engadido o día 17/ / 2/ / 10 )


BERTAMIRÁNS:

Sábado 20 de Febreiro, ás 19:30 hh, no Centro Social A Fouce.

Actuarán:

* Mini e Mero, do grupo A Quenlla. Música de raiz.

Entrada de Balde

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCCIÓN DO TERRITORIO:

Domingo 21 de Marzo ás 12:00 na Alameda de Compostela

SALVEMOS A COSTA, NON AO PLAN DO LITORAL
POR UNHA ORDENACIÓN RACIONAL DO TERRITORIO
POLA DEFENSA DOS SECTORES PRIMARIOS: SOBERANIA ALIMENTARIA E ENERXÉTICA
E POR OUTRO MODELO DE TRANSPORTE.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/
- Galiza Non se Vende- Mini e Mero -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Galiza Non Se Vende » O PORRIñO 2º Parada da II Caravana reivindicativa de GNSV
http://galizanonsevende.org/?p=908#
(texto engadido o día 31/ / 1/ / 10 )


Sábado 6 de Febreiro ás 23:00 na Sala Liceum

Actuarán:

* Malandromeda Hip Hop desde Compostela
* Gendbeat Beat Box desde Cerceda
* DJ Tuchi Hip Hop de O Porriño
* DJ Digro Hip Hop de O Porriño

Colaboración 3 Euros

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A venta do noso vento, da nosa costa, das nosas rias, do Courel, supón depredar o territorio fisico común para mercantilizalo en beneficio duns poucos. Privatizando beneficios e socializando os costes. O benestar colectivo non debe basearse na explotación nin das persoas nin da terra que habitamos. Este modelo caduco levounos a esta crise que todos padecemos. Galiza Non se Vende pretende porlle freo a esta locomotora que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/


- galiza non se vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/?p=906
(texto engadido o día 29/ / 1/ / 10 )


Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas. O primeiro concerto, o de presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal).

Actuarán:

Labregos do tempo dos sputniks (García MC (DKTC) máis Leo i Arremecághona)
Abobriga (Música tradicional / contemporánea)
Assircópatas (Teatro e circo)
Colaboración 2 Euros

Esta Caravana rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación nacional en Compostela en defensa do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos… e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende
Terra viva e vida digna para tod*s
- Galiza Non se Vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Marcha a pé a Mugardos
http://galizanonsevende.org/?p=795
(texto engadido o día 22/ / 7/ / 09 )


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a III Marcha a Pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas.Unha vez máis unha marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, terá lugar o Xoves 23 de Xullo coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días.

Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.

Sairemos ás 5 da Tarde do Parque “Carmelo Teixeiro” en Caranza e remataremos no Parque dos Carneiros en Mugardos, onde a Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Meá agardará con música, sardiñas, churizos, cervexa, viño, …
- Reganosa- Galiza non se vende- Mugardos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía
http://galizanonsevende.org/?p=747
(texto engadido o día 22/ / 5/ / 09 )


O presidente da Asociación en Defensa do Parque Rosalía de Castro presentou onte sendas denuncias no xulgado de garda e a Delegación de Cultura. No texto, Marcos Bourio di que se realizan traballos no antigo Sanatorio Portela, un edificio catalogado, e na leira lindeira cara ao final da rúa Xacobe III. Todo iso, asegura, sen o preceptivo permiso da Consellería de Cultura. Di que non hai cartel no que conste o número de licenza, arquitecto e as obras a executar.

Na mesma denuncia sinálase que a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece a protección da contorna dos edificios catalogados. Cerca do antigo sanatorio está en execución a urbanización da unidade de actuación CS-5, á que se opón a citada asociación.

Nos escritos presentados no Xulgado e na Consellería de Cultura, solicítase a adopción das «medidas correctoras oportunas para evitar a total deterioración de devandita zona emblemática». Reclaman tamén a esixencia das responsabilidades que puidesen ter os organismos e os técnicos.

Noticia enviada por Xan Rolei

- Galiza non se vende -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV
http://galizanonsevende.org/?p=660
(texto engadido o día 9/ / 2/ / 09 )




Xoves, 12 de febreiro en Ourense un concerto especial de entroido no dia de compadres do entroido ourensan: con actividades desde as 18:00 con obradoiro de compadres na rua do paseo, ás 19:45 Desafio: Capitalismo-Terra na rua do Paseo con rolda de prensa incluida, ás 20:00 pasaruas con percusión e malavares até o Grándola, na Praza San Marcial, ás 20:15 Repichoca de compadres-GNSV no Grándola con Algaravia e Gomes Mouro, ás 21:15 Pasaruas con percusión e malavares até o Auriense na Praza do Correxidor, ás 21:30 concerto no Auriense cos grupos: Guezos e Airas e ás 24:00 Persecución de compadres desde o Faíscas na rua Lúa.

Sábado, 14 de febreiro en Corrubedo, ás 22:00 na Sala Sursumcorda, onde actuarán os gruposs: Os Jalochos, Charanga punki, os Chiquiliquatres, e Inllorfeis.

Domingo 15 de febreiro en Compostela, último concerto de esta caravana, coincidindo coa manifestación nacional de Galiza Non Se Vende, ás 17:30 na Sala Nasa. Onde tocarán os grupos: Os da Ría, The Homens, Quempallou e Dakidarría.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE
http://arianonsevende.nireblog.com/post/2009/02/02/ferrol-4-concerto-da-caravana-de-galiza-non-
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 09 )


O próximo sábado dia 7 de febreiro, a Caravana de Galiza Non Se Vende fai unha parada no Ferrol, cun pasaruas, polas ruas de Ferrol, desde as 19:00 e un grande concerto na Sala Run Run, ás 22:00. Actuarán os grupos: Vai (músicas do mundo) e Deskartes band (Ska desde Ponteareas)
Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais de este pais, o domingo 15 de febreiro, coincidindo co derradeiro concerto da Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se Vende convocamos unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00 da alameda. E terá o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE
O 15 de febreiro tod@s a Compostela

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

(texto engadido o día 27/ / 1/ / 09 )


O próximo sábado dia 31 de xaneiro, a Caravana de Galiza Non Se
Vende fai unha parada en Ponteareas, cun grande concerto no Centro
Social O Fresco, ás 21:00 e con entrada de balde.



Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais de este
pais, o domingo 15 de febreiro, coincidindo co derradeiro concerto da
Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se
Vende convocamos unha manifestación nacional en Compostela, que
sairá ás 12:00 da alameda. E terá o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE
O 15 de febreiro tod@s a Compostela

Noticia enviada por Luís

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1376/62/
(texto engadido o día 21/ / 1/ / 09 )


A parada da Caravana de Galiza Nom Se Vende (iniciativa popular e
autonoma de defensa do territorio) será este Sábado 24 a noite no
Laboratorio Social Okupado Casa das Atochas [R/Atocha Alta 14,
Montealto]

Antes do concerto, passarúas musical polo barrio de:
A MAGNIFIQUE BANDE dos homes sem medo.

21:30
ULTRÄQÄNS (spiz-folq, Corunha)
SAMESUGAS (Compostela)

Haverá tamén pases de vídeo e algunha que outra sorpresa!!!

Organiza: Galiza Non Se Vende
Colabora: LSO Casa das Atochas , CSA Atreu! , RDS Corunha.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



The Homens voltam à ruta
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1375/62/
(texto engadido o día 21/ / 1/ / 09 )


Que si, que si, que esta semana volven á ruta, que no que queda de
inverno e na primavera van facer outra ducia de concertos, estreando
cancións novas e sorpresas varias, que nos próximos meses seguiran
cocendo o seu segundo disco longo, gravando maquetas previas,
tirándose dos pelos, facendo contas, trazando rutas e pasándose de
frenada.

22 de xaneiro 2009 (xov): Sala Nasa, Santiago D.C. 21.30h.
Concerto solidario con Lydia Cacho. Con
The Ellas, Kimuru e Quico Cadaval.
6 febreiro 2009 (ven): Sala 600, Melide. 00:30h.
15 de febreiro 2009 (dom): Sala Nasa, Santiago DC.
En principio con Os da Ria, Quempallou e Dakídarria,
organizado pola plataforma Galiza non se vende.
27 febreiro 2009 (ven): El Ensanche, Vigo. 23:00h.
6 marzo 2009 (ven): Sant Feliu de Guíxols,
lugar e hora por confirmar. Con Samesugas.
7 marzo 2009 (sab): La2, Barcelona. Con Samesugas. 22.00h.
21 marzo 2009 (sab): Babel, Lugo. 23:30h.
5 abril 2009 (dom): Aturuxo Bar, Bueu. 21.30h.
17 abril 2009 (ven): Liceum, Porriño. 23.00h.
30 Abril 2009 (xoves): Fábrica de Chocolate, Vigo, 22.00h.
- The Homens -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE
http://galizanonsevende.org/?p=608
(texto engadido o día 2/ / 1/ / 09 )


Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos
reivindicativos en 7 cidades ou vilas galegas. O primeiro será o día 3
de xaneiro en Vigo, na Fabrica de Chocolate (Roxelio Abalde, 22) ás
21:00.

O gobero “bipartido” da Xunta, lonxe de marcar distancias coas
viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un
vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis
depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar
modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas
demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de
manifesto a febleza de este sistema económico que socializa as
perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.

A barbarie:
Destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade,
urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais,
piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques
eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón,
recheos e contaminación das rias, monocultivos de especies exóticas e
invasoras, empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras
nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos
naturais protexidos…


Fronte a isto desde a rede Galiza Non Se Vende esiximos un cambio
de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza
social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por
riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e
reflexiva… Que supere o actual sistema destrutivo e a súa
acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna
para tod@s.
GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






buscar mais información
sobre Galiza Non Se Vende en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]