CANCELADO - O Bule-Bule. Concertos na véspera do Día das Letras na Sala Capitol (Compostela)
(texto engadido o día 13/ / 5/ / 13 )
O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, celebrarase un concerto por todo o alto na Sala Capitol de Santiago de Compostela, con motivo da festividade da lingua. O cartel estará formado por tres bandas galegas: Ruxe-Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky, as tres con estilos inconfundibles e que ademais que se caracterizan pola calidade das súas propostas e o compromiso con Galicia.
A noite será unha auténtica festa, apta para todos os públicos, no que a boa música, o espírito transgresor e a diversión están garantidos, de xeito que o público asistente viva unha noite de baile e algarabía con bandas galegas, e en galego, a modo de preámbulo da festividade do Día das Letras Galegas, que este ano rende homenaxe o autor compostelán ao que se fai un aceno co sobrenome do evento a través do título dunha das súas derradeiras obras “A noite que os chífanos deixaron de zoar”.
Este ano celebramos a XXXI edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza.
Coincidindo coa festa dos Maios a Asociación veciñal e Cultural Casco Vello fai un recoñecemento a persoas ou colectivos que se teñan destinguido pola súa contribución na mellora da calidade de vida, coñecemento e/ou defensa do barrio histórico e da súa cultura. Como proba deste agradecemento, fáiselle entrega da escultura do Maio de Cor, escultura cerámica realizada por Emilia Guimerans.
Ese ano acordamos outorgarllo á Fundación Penzol, no ano en que se cumpren o cincuentenario da súa fundación e o centenario do nacemento do que do que fora o seu fundador e primeiro director don Francisco Fernández del Riego.
O traballo e compromiso e dedicación da Fundación Penzol con Galicia, con Vigo e co seu barrio histórico fana máis que merecedora deste recoñecemento.
PROGRAMA
10h Comezo dos obradoiros 11:00h Obradoiro de debuxo 12:00h Actuación de Codia e Miolo 13:00h Animación de rúa 17:00h Animación de rúa 18:00 Entrega Maio de cor. De seguido, representación da festa dramatizada dos Maios O remate presentación do quinto traballo discográfico d’ Os Carunchos, Ti que?
Galicia Fiddle Maio 2013 - Concertos e Masterclass de Brittany Haas & Yann Falquet
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 13 )
LUNS 6 Lugo Clase Maxistral Concerto no "CASA DO SABER"
MARTES 7 A Couruña Clase Maxistral Concerto no "PUB MATTHEWS"
MERCORES 8 Compostela Clase Maxistral
XOVES 9 Vigo Clase Maxistral "E-TRAD" Concerto/Foliada en "O LAGHARTO PINTADO"
VENRES 10 Cangas Clase Maxistral Concerto no "AUDITORIO DE CANGAS"
SÁBADO 11 Xustáns CURSO DE FIDDLE (Old Time Fiddle & BlueGrass) Cea + Concerto + Foliada
Domingo 12 Xustáns Cursiño de BlueGrass para Nenos Concerto "Tarde de Domingo" + Merenda
Brittany Haas é unha das mais prestixiosas fiddlers norteamericanas do momento. Dende os 14 anos ten feito xiras coas mais importantes artistas do eido folk de USA: Darol Anger, Bruce Molsky, Alasdair Fraser, etc. e na actualidade é fiddle do fantástico grupo de bluegrass Cooked Still. Además dunha virtuosa do fiddle, está considerada como unha grande docente e é reclamada nos mellores fiddle camp do mundo para impartir clases. Brittany toca o fiddle de 5 cordas e banjo.
O curso de Britany estará baseado na música bluegrass e na música Apalachian. Trala exitosa experiencia vivida con Lauren Rioux no pasado mes de Marzo, continuamos nesta ocasión con outra das mellores docentes dos fiddlecamp norteamericanos. Unha vez que tivemos acceso á técnica básica deste estilo de música, toca agora traballar sobre a improvisación en bluegrass, verdadeira especialidad de Brittany.
Xunto con Brittany virá Yann Falquet, que é un dos máis creativos e activos guitarristas do entorno Québécois. Ten desenvolvido o seu estilo persoal de guitarra folk. A sua implicación no panorama musical tradicional levouno a grabar numerosos discos, e agora é integrante de Genticorum, grupo do ano en Canada 2012. Será o responsable de impartir o curso de Guitarra Acústica.
A Asociación Amigos dos Seráns de Arbo organiza o I Serán da Lamprea.
O venres 3 de maio, desde as 10 da noite, terá lugar a primeira edición do Serán da Lamprea, coincidindo coa LIII Festa da Lamprea, coa participación como artista invitado do gaiteiro Anxo Lorenzo.
Reserva de sitio para tocar e cantar no 986 665 000 (Victor) ou oficinasmunicipais2@concellodearbo.es
Anxo Lorenzo é un artista que posúe todas as calidades para chegar á esencia da propia música para facela súa, moldeala ao seu antollo e construír novas formas. Así nolo demostra no seu novo disco "Tirán", inspirado nunha longa viaxe musical que lle levou a coñecer mil lugares e melodías que compartir con músicos de diferentes nacións. Unha viaxe que sempre empeza e termina en Galicia.
Na súa ampla experiencia como gaiteiro colaborou en numerosos proxectos musicais fusionando os sons tradicionais da gaita cunha gran variedade de estilos, desde a música electrónica ao jazz, pasando polo pop, rock ou flamenco. Deste xeito conseguiu converter a gaita nun instrumento sen fronteiras que parece non ter límites ante a súa maestría.
10:00 h Apertura do mercado 13:00 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (praza da Constitución) 18:00 h Inauguración da Festa (praza do Berbés) 18:15 h Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés) 19:00 h Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés) 19:30 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (praza da Constitución) 21:30 h Concerto dos Terribles de Donas (praza do Berbés) 23:00 h Peche do mercado
Domingo 7 de Abril
10:00 h Apertura do mercado 12:00 h Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés) 18:00 h Representación da Reconquista da Vila de Vigo. (Porta do Sol) Vístete de época e participa ( 1809) 21:00 h Concerto de Mel de Meiga. (praza do Berbés) 23:00h Peche do mercado
ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS
Durante os dous días máis de 30 grupos de música tradicional, animaran o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas, xigantes e cabezudos
Zona 1: Praza da Constitución Artesanía e alimentación Demostracións de artesanía: Senlleiro, fiado e tecido, zoqueiro, vidreiro, cestería
Zona 2: Praza da Princesa Artesanía e alimentación
Zona 3: Rúa e praza de Joaquín Yáñez e Rúa Palma Artesanía e alimentación
Zona 4: Praza da Pedra e rúa Oliva Campamento francés, artesanía e alimentación Demostracións de artesanía: Torneiro e tallista
Zona 5: Méndez Núñez e Chao Alimentación e artesanía Demostracións de artesanía: Ferreiro e oleiro
Zona 6: Rúa Real Artesanía
Zona 7: Teófilo Llorente Artesanía e alimentación
Zona 8: Praza do Berbés Concertos, zona Infantil , alimentación Demostracións de artesanía: Canteiro, oleiro, latoeiro
Zona 9: Rúa da Gamboa Batalla e rendición das tropas napoleónicas
EXPOSICIÓNS
1809: O papel do home e da muller Casa Galega da Cultura do 22 de marzo VII Concurso de carteis da Reconquista da Vila de Vigo Lonxa do Concello de Vigo, do 14 de marzo ao 8 de abril Estampas de Galicia: Colección de bonecas de Carmen Costas Instituto Camoês (praza de Almeida), do luns, 25 de marzo ao 7 de abril
O Festival Reperkusión acaba de pechar o cartel da súa edición número 11, a segunda que celebran en Ourense capital. Será os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta. As estrelas desta nova edición son Fermin Muguruza, que volve de xira para celebrar os seus 30 anos de carreira musical, e Manu Chao, o referente da música mestiza internacional, que repite no festival despois das súas lembradas actuacións do ano pasado. Xunto a eles outros 22 grupos de música e artistas de humor e circo para completar un cartel de gran nivel, con nomes como Haydamaky, Banda Fura Fura, Artistas del Gremio, Shazalakazoo, Skarallaos, Guezos, La Tarrancha, Rimbarán, La Sonajera Ravalera, Chimango ou o humorista Quequé.
PROGRAMACIÓN:
Venres 10 O cabeza de cartel do venres 10 de maio será Fermin Muguruza, que volve aos escenarios despois de seis anos, conmemorando os 30 anos de carreira musical do excompoñente de Kortatu e Negu Gorriak. Ese día tamén actuan no escenario principal Shazalakazoo, dúo serbio de folk-step, música balcánica, urbana e bastarda; os aragoneses Artistas del Gremio e os galegos Skarallaos, elixidos por votación popular. A noite terminará coa sesión dj con percusión dos vascos Supertumbaduo.
Antes, encargaranse de caldear o ambiente cos seus pasacalles a charanga Fanfarria Taquikardia, formada por compoñentes dalgúns dos grupos galegos máis destacados; a compañía Cair Circo, especialistas en transformar o absurdo en diversión; e o Pai Merino e o seu espectáculo “A.M.E.N.” (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas).
Sábado 11
O prato forte do sábado é a volta ao Reperkusión de Manu Chao. O artista franco-galego estará de novo acompañado por La Ventura, para ofrecer un dos seus espectaculares shows de máis de dúas horas de enerxía nos que interpreta himnos coñecidos por todos. O sábado tamén actúan no escenario principal a Banda Fura Fura, que xunta a algúns dos músicos e cantantes máis recoñecidos da escena rock galega para reinterpretar temas do Zeca Afonso; e Haydamaky, estrelas da escena alternativa de Ucraína coa súa fusión de rock, ska e punk mesturados cos sons tradicionais do seu país. Hadri Hache encargarase da sesión dj neste escenario.
Antes, ao longo da tarde e até xa entrada a noite actuarán no escenario de día, de acceso gratuíto, outro catro grupos: os galegos Guezos, os asturianos La Tarrancha e os cataláns Rimbarán, elixidos o público a través de Facebook, e La Sonajera Ravalera, proxecto esporádico que une no escenario a El Rumbao (Galicia-Colombia), Chamito (Venezuela) e Daniel Lança (Portugal). Tamén haberá humor e circo, co monologuista Quequé, famoso polas súas aparicións en televisión e o clown Peter Punk.
Domingo 12 (gratuíto)
O festival termina o domingo 12 de maio cun fin de festa de acceso gratuíto. Ao longo da tarde actuarán Chimango, arxentino que expresa como ninguén a enerxía urxente da rumba barcelonesa; a banda ska-punk-folk galega The Skarnivals; os ourensáns Ménage à Trois e a súa fusión de ritmos bailables; e XeRock, grupo de rock formado por usuarios e traballadores do Centro de atención a discapacitados intelectuais San Xerome da Guarda (Pontevedra). Tamén se celebrará a xa clásica Olimpíada de Malabares.
Ademais, as mañás do sábado e o domingo están reservadas aos talleres de malabares e as sesións de ioga da risa. A isto únese o mercadiño de artesanía que estará aberto no festival ao longo de todo o fin de semana.
“ HabELAS estaremos este xoves 21 ás 21, recibindo a primavera tocando na Fundación autor, na R/Salvadas 2a (parque Vista Alegre). Vai ser un concerto especial, pois vai ser gravado e contamos para ese día con colaboracións moi especiais e muitas sorpresas. Sería unha mágoa que volo perderades! A entrada custa 5€ e podedes collelas por anticipado en robagaliciabanco. Bicos HaiNos
O portal galego Ábrete de orellas.com cumpre 10 anos este mes de marzo e celebrarao cunha serie de actuacións en colaboración con colectivos e locais de Pontedeume, Ferrol e Compostela: catro concertos e unha representación teatral ben musical.
Ademais das actuacións ao vivo, non han faltar sorteo de Galeokes e gravacións de música feita en Galiza, pois o selo DoFol Música colabora co agasallo dun lote de cedés.
venres 15, Pontedeume: - "O fútbol é así" da compañía Obras Públicas no local do Colectivo Terra Pontedeume. 21:00 h. Apertura de portas 20:30 h. 4 €
sábado 16, Ferrol: - O dúo 2uS en sesión vermú no bar Cantón Vello ás 13:30 h. 3 € - Grampoder + Projecto Mourente ás 21:30 h no Manchita Cosa. 5 €
martes 19, Compostela: - o dúo de Fernando Barroso e Luis Peixoto presenta o seu recente álbum "Pop" na Casa das Crechas. 21:30 h. 5 € Tras eles, unha sesión de picadiscos orelluda.
Ábrete de orellas.com non ten afán de lucro, polo que os prezos das entradas son ben económicos e destinados a pagar os artistas. Os aforos son limitados e as camisolas conmemorativas por encarga, así que aceptamos reservas en abretedeorellas@gmail.com
"Ábrete de orellas" xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG ... ) hai xa dez anos creou Ábrete de orellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas. Máis de 1500 seareiros en facebook e máis de 20000 visitas no último ano animan a seguir mellorando.
Sobre os artistas participantes no aniversario:
"O fútbol é así" é unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello. Producción de Obras Públicas, escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos, que descreben o espectáculo como "60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores". Gargalladas aseguradas e un bo feixe de recoñecibles cancións con letras irónicas e acedas.
2uS é a unión da guitarra eléctrica de Pablo Carrera (Doutor Harapos) e o clarinete de Fernando Abreu (Cuarteto Caramuxo, OMEGA, Banda Crebinsky ...) que se presentou hai uns anos co álbum "Só son sons". Desde o sur de Pontevedra e de proxectos ben diferentes, estes músicos arrédanse de teorías para unirse instrumentalmente con calma, agarimo e sen prexuízos para ir deixando pingas máis ou menos abondosas de jazz, funk, pop, música contemporánea, world music con arumes africanos, caribeños ou orientais ... segundo pidan o ánimo ou o momento. Con elegancia, sen brusquedade nin elitismo, pasan do acústico ao eléctrico, da tranquilidade e a calma ao baile suave e incluso momentos de desacougo ou experimentación.
Grampoder é o novo proxecto dos composteláns Le Roi e Martin Wu, anteriormente en bandas como The Homens, Stay Pretty, Fame Neghra ou Mato Grosso. Neste novo proxecto en dúo mesturan a súa actitude roqueira de sempre cunha instrumentación acústica, máis portátil. Chamémoslle pop campestre, folk psicodélico, punk acústico ou hardcore hippie, pero o mellor é descubrilo ao vivo mentres agardamos vexa a luz o seu primeiro álbum.
Projecto Mourente é uma iniciativa persoal aberta à participaçom da gente. Trata-se de fazer pop em galego com tecnologia doméstica. Compomos e gravamos na casa para difundir o resultado na rede. Poucas vezes damos concertos, pero já temos percorrido umas quantas vilas "senlheiras" (Melide, Carvalho, Lalim etc.). Voltamos a Ferrol para celebrar o aniversário de "Abrete de orellas" presentando algumas canções do novo álbum "A pior" sem esquecer os nossos temas mais conhecidos (Como os caranguejos, Que me enterrem na discoteca, Chuliboy, Controla-te).
Luís Peixoto e Fernando Barroso son dous músicos novos pero experimentados. O galego Fernando (Riobó, Coanhadeira, Os Cempés) e o portugués Luís (Anxo Lorenzo, Kepa Junkera, Quadrilha, Galandum Galundaina ou Dazkarieh) xa traballaron xuntos no trío Assembly Point e agora presentan "Pop", un novidoso proxecto que se afasta do estrictamente tradicional e popular para afondar na música instrumental en diferentes estilos. Os piares fundamentais de "Pop" son a variedade instrumental (bouzouki irlandês, guitarra de Coimbra, viola braguesa, bandolim, cavaquinho, banjo tenor, ou as guitarras acústica, clásica e eléctrica, pandeireta, pandeiro, asubíos, sintetizadores ...) e os ritmos con influencias que van desde os antigos trobadores até os anos 80 ou a actualidade. Gravado, arranxado e producido por eles dous, "Pop" é o resultado de "desprendernos dos nosos referentes, o que pode soar a vello, pero que se ve claramente que non foi gravado hai anos."
Grazas aos locais colaboradores:
Colectivo Terra, Pontedeume. Boa Vista 8, Baixo. CantónVello, Ferrol. Rúa Taxonera 1, Entrechán. Manchita Cosa, Ferrol. Rúa Magdalena, 138. Casa das Crechas, Santiago de Compostela. Rúa Vía Sacra, 3.
Coetus (Orquestra de Percusión Ibérica + Eliseo Parra). Mércores 13 de Marzo en Compostela
(texto engadido o día 4/ / 3/ / 13 )
Aleix Tobias, percusionista catalán, viaxou a dististos lugares do mundo na procura de novas linguaxes e técnicas de tambores. Ademáis, tocou con Eliseo Parra durante dez anos, e aprendeu con el as maravillas da música popular ibérica. Xuntando estas experiencias, decidiu reunir a doce percusionistas e crear unha orquestra de percusión.
En efecto, na Península Ibérica hai unha serie de instrumentos de percusión, en grande parte descoñecidos, que ao longo da historia serviron para acompañar bailes, cancións, romances ou procesións. Estes instrumentos, que ate o de agora foron tocados por separado e coa función de acompañamento, únense no experimento de Coetus, que os dota dunha linguaxe propia inspirada nos ritmos tradicionais, creando un diálogo activo entre eles e a voz.
No 2009 saiu o primeiro disco do grupo, acompañado dun DVD documental sobre a grabación. Forma parte deste traballo a recoñecida cantora Sílvia Pérez Cruz, coa que Coetus segue a colaborar na actualidade.
Coetus realizou xa máis de sesenta concertos en festivais de toda España, Francia, Bélxica, Italia e Brasil.
O segundo álbum de Coetus, “Entre Tierras”, presentouse o pasado mes de febreiro no Auditori de Barcelona, inaugurando o Festival Internacional de Percusión. A presentación en Galicia foi dentro do Festival de Pardiñas (Guitiriz – Lugo) este pasado verán, cun grande éxito de público e crítica.
FICHA ARTÍSTICA ELISEO PARRA, voz JUDIT NEDDERMANN, voz ANA ROSSI, voz ALEIX TOBIAS, percusión e voz Coetus (TR 2009) MARTÍ HOSTA, percusión e voz DÍDAC RUIZ, percusión e voz BERNAT TORRAS, percusión e voz ANTONIO SÁNCHEZ, percusión ANGELO MANHENZANE, percusión ACARI BERTRAN, percusión ALBERTO CARREÑO, percusión ANNA TOBIAS, percusión MARC VILA, percusión FRAN LUCAS, percusión MARIONA DEL CARMEN, percusión GUILLEM AGUILAR, baixo XAVI LOZANO, ventos Entre Tierras (TR 2012) ANDREU HERNÁNDEZ, técnico de son
Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País.
(texto engadido o día 6/ / 3/ / 13 )
Mércores 6 na Casa das Crechas, venres 8 no Liceum do Porriño e Sábado 9 no Auriense de Ourense. Esas son as datas e lugares dos concertos que Kepa dara por terras galegas. Irá acompañado por Xosé Lois Romero, e adiviñase algunha que outra sorpresa, pois o mestre da trikitixa está a preparar un disco que xirará entorno a música galega, e contará, por suposto, con moitas colaboracións. Aínda que nin estas colaboracións nin as pezas que formarán o disco están xa decididas, na Voz de Galicia aparece o nome de Susana Seivane. Animádevos a asistir aos concertos, pois de seguro algunha pista poderá adiviñarse ;)
Despois de 5 meses sen actividade, Xustáns volve a acoller un novo curso, esta vez será LAUREN RIOUX, unha prestixiosa violinista-cantante norteamericana que ven a Galicia traída pola Asociación Cultural Galicia Fiddle acompañada do guitarrista Sten Isak.
A convocatoria esta vez é doble. Por un lado o Domingo impartirá unha clase para os máis cativos, seguida dun pequeno concerto, tralo cal faremos unha merenda. O Sábado seguinte terá lugar o Curso de fiddle, e á noite, segundo o formato habitual, cea e concerto seguido da súa correspondente festa-baile ate altas horas.
Si vos animades a asistir, podedes facer a vosa reserva no seguinte LINK. Como sempre, as prazas son moi limitadas polo que compre facela reserva canto antes. No cartace adxunto podedes mirar os outros concertos que van ter lugar en Galicia durante a vindeira semana. A organización de todalas actividades de Lauren Rioux as desenvolve A.C. GALICIA FIDDLE, un colectivo de violinistas, fiddlers, chelistas, guitarristas, violas, mandolinistas, etc... que, sen ánimo de lucro, está a promocionar a música popular tocada con instrumentos de corda. Toda a xira está sufragada polas aportacións dos asistentes aos cursos, master class e concertos.
O voso apoio é importante porque asegurará novas actividades e axudará a que esta rede autosuficiente que estamos a crear poda ter continuidade.
Próximos concertos-cursos:
Maio 2013 BRITTANY HASS Novembro 2013 HANNEKE CASSEL
A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.
O grupo de música celta Milesios acaba de publicar o seu primeiro disco, titulado Alén mar. Fiel á súa traxectoria, o disco contén obras tradicionais e obras compostas polo grupo. A peza que dá nome ao disco, Alén mar, é unha das primeiras composicións do grupo e fai referencia á viaxe que os Milesios fixeron hai miles de anos desde as costas de Galiza cara Irlanda. Neste primeiro traballo, o grupo introduce por primeira vez a voz en dúas das catorce pezas que compoñen o disco. Unha das pezas cantadas constitúe a versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana e, para a súa interpretación, Milesios conta coa colaboración especial de Pilocha Martínez. A outra peza cantada é un tema tradicional no que Carolina Vázquez Castro se une ás voces que aportan os compoñentes do grupo. A produción de son correu a cargo de Ezequiel Orol, de Fuzz Audio Facilities, Daniel Díaz Trigo é o responsable das fotografías e o deseño gráfico, mentres Nerea Pallares escribiu evocadores textos para cada un dos temas.
Este proxecto en formato de trìo viaxa por paises, ritmos e estilos dende unha perspectiva folk e galega de seu. Tres músicos cunha dilatada carreira, que empregan FISGHA para experimentar sons, xerando libertad por medio de ritmos e melodìas tridimensionadas; o seus timbres traenos sons analoxicos con instrumentos feitos por os millores artesàns do paìs. Fisgha son: - Nico Ricòn: Saxo e gaita (Festicultores ,Pelepau, Tridentes...) - Alberto Lopèz: Percusiòns (Pelepau, Caramuxo Vermello...) -Diego Langarika: Bouzuki (Xerfa, 3Estralos, Tridentes...)
Convocatoria Plataforma das Artes Escénicas e Musicais, Xoves 21
(texto engadido o día 20/ / 2/ / 13 )
Dende a Plataforma das Artes Escénicas e Musicais, con motivo da celebración da cerimonia de entrega dos Premios á Cultura Galega que terá lugar este xoves, 21 de febreiro, na Cidade da Cultura de Galicia, convocámosvos a unha concentración na rotonda de acceso ao mausoleo do Gaiás ás 18.00 h.
Convidamos a esta concentración a todos os profesionais implicados no sector cultural, aos que se nos está privando o dereito a traballar, pero tamén á cidadanía en xeral á que se lle está a arrebatar o dereito de acceso á Cultura.
En ningún caso queremos boicotear esta cerimonia nin causar prexuízo aos premiados, pero os "responsables" da Administración terán que acceder á gala por esa rotonda e cremos que é un momento perfecto para que nos escoiten, ao tempo que evidenciamos o paradoxo de que os mesmos que entregan os premios sexan quen están a asasinar á Cultura Galega.
Peche no Gaiás contra o desmantelamento da Cultura
(texto engadido o día 18/ / 2/ / 13 )
Próxima acción: Concentración nos Premios da Cultura Galega
Dende a Plataforma das Artes Escénicas e Musicais, con motivo da celebración da cerimonia de entrega dos Premios á Cultura Galega que terá lugar este xoves na Cidade da Cultura de Galicia, convocámosvos a unha concentración na rotonda de acceso ao mausoleo do Gaiás ás 18.00 h.
Convidamos a esta concentración a todos os profesionais implicados no sector cultural, aos que se nos está privando o dereito a traballar, pero tamén á cidadanía en xeral á que se lle está a arrebatar o dereito de acceso á Cultura.
En ningún caso queremos boicotear esta cerimonia nin causar prexuízo aos premiados, pero os "responsables" da Administración terán que acceder á gala por esa rotonda e cremos que é un momento perfecto para que nos escoiten, ao tempo que evidenciamos o paradoxo de que os mesmos que entregan os premios sexan quen están a asasinar á Cultura Galega.
O SECTOR DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS PÉCHASE NA CIDADE DA CULTURA.
Arredor de 200 profesionais convocados pola Plataformas das artes escenicas e Musicais continúan, na AGADIC, as mobilizacións iniciadas en outubro do 2010.
Santiago de Compostela, 18-02-2013 Dende esta mañá os profesionais das Artes Escénicas e musicáis, están concentrados no edificio da Cidade da Cultura, onde se atopa a Axencia Galega das Industrias Culturais para denunciar cunha solicitude formal a grave situación na que se atopan as empresas e traballadores do sector. A policía, xa alerta da mobilización, personábase dende a semana pasada no Gaiás e dende este mediodía taponan a entrada ás oficinas. Cada un dos manifestantes entregou unha solicitude pasada por rexistro na que se reclama unha xuntanza co Conselleiro, D.Jesús Vázquez, e un plan estratéxico para as Artes Escénicas. Coas mesmas reivindicacións que levan facendo dende o 2010, un nutrido grupo de profesionais, no vestíbulo do Arquivo de Galicia pasadas ás 15.00 e coas luces apagadas maniféstanse cantando coa melodía de Silvio Rodríguez "Ojalá", unha versión co estribillo "O Gaiás se che acabe o desprezo constante" e a berros piden a presenza do conselleiro e máila súa "dimisión por non escoitar á profesión!". Tras a puntual chamada telefónica o Conselleiro, vía secretaria, acepta sine die a proposta de Xuntanza cos representantes do sector na que de volta se lle manifestará necesidade de: un interlocutor para a administración, a fin da parálise das redes de distribución, dos retrasos nos pagos e da interteza que vive o sector e que está a afundir ás empresas culturais. A Consellería amenazou aos manifestantes con que poden ser responsables de Desobediencia civil e que se se resisten ao desaloxo poderá ter consecuencias penais. A Plataforma Das Artes Escénicas e Musicais está integrada por: AAAG(Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Escena Galega (Asociación Galega de Artes Escénicas), DANESGA (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega), Salas de Teatro Privadas, AFEARTE (Asociación de Festivais de Artes Escénicas), ASILGA (Asociación de Ilusionistas de Galicia), UNIMA GALICIA (Unión de Marionetistas de Galicia), Asociación de Alumn@s da ESAD, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), CIRCO9, AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Asociación de Artistas de Rúa, Revista Núa, Revista Galega de Teatro, Asociación de Amigos do Teatro de Vigo, Asociación Galega de Músicos ao Vivo, CLUBTURA (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo)
Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" por Rosalía de Castro.
Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, estanse a organizar distintos actos para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única.
Logo de que a Real Academia Galega se puxese en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos para a organización dunha destas actividades, a AGG decidiu unirse a estas entidades para promover a “ Alborada para Rosalía”, un acto no que se homenaxeará a Rosalía de Castro, unha das meirandes escritoras en lingua galega.
Na vindeira mañá do domingo 24 de febreiro, aniversario do nacemento da escritora, animamos a que todos os grupos de música tradicional e gaiteir@s que o desexen, saian ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos..., para botar unha peza na honra da poeta, podendo espallar unha octavilla cun manifesto, que explica o motivo e razón da iniciativa.
Para poder amosar a todos os grupos participantes, e ver así o que ocorre nos distintos lugares de Galicia, os grupos e/ou persoas que participen gravarán a interpretación dunha peza ( a elexir por cada grupo) e subirán o video a unha canle de Youtube na mesma mañá do domingo. (A gravación podería ser co teléfono, ou con cámara de video, ou incluso se non se pode facer gravación se poderían enviar fotografías – as instruccións para subir o video poderanse consultar en www.rosaliadecastro.org )
A partir deste material, iriamos dando conta do recibido, de xeito que dende o mesmo día poidamos ver o que ocorreu en todo o pais.
Animámosvos a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son das nosas gaitas en honor á Rosalía.
Agradecemos a tod@s os participantes que nos indiquedes a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou dos tlfs. 982229966 / 986847074 o lugar e a hora na que ides a interpretar a peza.
Que todos saiban que hoxe a gaita galega non chora, que canta...
Alumnado da aCentral Folque en Santiago tocarán na catedral de Dublín cunha orquestra de máis de 50 músicos irlandeses
Este sábado 26 de xaneiro aCentral Folque participará na estrea en Dublín da The De Cuellar Suite, a partitura escrita polo compositor Michael Rooney sobre o capitán Francisco de Cuéllar, fantástica historia logo da súa odisea coa Armada invencíbel no 1588 naquela viaxe frustada coa que Felipe II pretendía invadir a Inglaterra de Isabel I.
Os 11 músicos da Escola Livre da MPG que aCentral Folque xestiona en Santiago son convidados do Temple Bar Trad Fest , o festival celta de inverno máis importante de Irlanda, no barrio antigo de Dublín. Despois da estrea mundial en Sligo ante máis de 800 persoas e un éxito rotundo hai un ano no Celtic Fringe Festival, este concerto terá lugar na Christ Church Cathedral do século XIII nun espectáculo con baile, música, narración e entusiasmo de máis de 50 músicos novos de Irlanda e Galicia que forman a Ceol na Nog Sligeach Orquestra que estrearán a suite orquestral nunha mistura de músicos tradicionais irlandeses e galegos con músicos de formación clásica.
A expedición galega contará con percusión tradicional, zanfonas, requintas, gaita, voces e gaita, especialidades todas impartidas na Escola Livre da MPG d'aCentral Folque.
Ademais da suite, unha banda escollida do alumnado da Escola Livre da MPG dará un concerto de música galega o mércores 23 de xaneiro nun evento especial na Casa do Concello de Dublín en conmemoración da presidencia de Irlanda da UE neste semestre.
A “De Cuellar suite” relata musicalmente a saída da Armada desde Lisboa e o seu paso por Coruña, a batalla coa flota inglesa, a dispersión da flota de De Cuéllar por Calais, a viaxe a redor de Gran Bretaña o seu paso por Escocia e o encallamento do barco en Sligo, do que De Cuellar foi un dos poucos supervivientes. A partitura segue coas súas aventuras en Irlanda e a volta a Flandes -daquela territorio español- por Escocia.
A “De Cuellar Suite” e a HISTORIA DO CAPITAN DE CUÉLLAR A "De Cuéllar Suite" é a suite das novas composicións por Michael Rooney que será tocada pola Ceol na Nog Sligeach Orquestra -uns 50 músicos e bailaríns- a quen se xuntarán 11 músicos da Escola Livre da MPG de Santiago para un acto único que irmanará a música tradicional destas dúas rexións atlánticas.
As composicións están baseadas na abraiante historia de Francisco de Cuellar, Capitán de navio que zarpou do porto da Coruña rumbo norte e un dos poucos superviventes das naos da Armada Invencíbel que encallaron en Streedagh Strand, Sligo en 1588. A composición seguirá o enfrontamento da Armada coa frota inglesa, a súa derrota e loita desesperada subseguinte para regresar a España navegando ao redor da Gran Bretaña onde moitos dos barcos foron destrozados nun excepcionalmente tormentoso Outono.
As composicións entón describirán as aventuras de De Cuéllar e loita para sobrevivir cando fai a súa odisea desde Streedagh por Sligo e Leitrim. A fame, feridas e morte próxima antes da súa chegada ao dorte dos McClancys en Lough Melvin. Durante o inverno de 1588 con éxito sobrevive un asedio do seu castelo por parte dos exércitos ingleses e loitando do lado dos chieftains de Irlanda, devindo un heroe para os ollos locais.
Non sen sobresaltos, fuxindo por Escocia (daquela católica e independente) e logo dun segundo encallamento en Flandes, consegue regresar á Península Ibérica e á coroa española. Escribe no 1588 unha carta a Felipe II deixando constancia do periplo, digno dunha película de aventuras
Xulio Formoso, Farruco Sesto Novás, Celso Emilio Ferreiro -tocando o pandeiro na
Pandirada do Che- e J.J. Sesto Novás, ademáis de temas de compoñentes de Voces Ceibes: Galicia Canta