Resultados para:

Güintervan
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Güintervan':


II Pelusco Festival

(texto engadido o día 14/ / 2/ / 13 )


Sábado 16 de Febreiro na sala Karma de Pontevedra
- Guintervan- SkandaloGZ -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pan de Capazo celebra o seu 10 aniversario cunha festa en Navalquejigo (El Escorial - Madrid)
http://blog.rtve.es/mundofonias/2012/10/pan-de-capazo-celebra-sus-10-a%C3%B1itos.html
(texto engadido o día 2/ / 11/ / 12 )


Festa rural o día 3 de Novembro mañá-tarde-noite cos grupos:

PAN DE CAPAZO
GÜINTERVAN
MOLO SAYAT
PELEPAU
TRIDENTES
FANFARRA TAQUICARDIA
LOS ALICATES
AINUR
IOVIS
TRIFOLIUM
DUO RODRIGUEZ-FRANCESCHINI

- Pan de Capazo- Pelepau- Trifolium- Tridentes- Güintervan -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vibra Balboa! 2012

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 12 )


Xa podemos confirmar que o 31 de agosto e o 1 de setembro vibrará Balboa!!!

A segunda edición do FESTIVAL VIBRA trasládase a Balboa, o enclave perfecto para pasar dous días tranquilos en contactoa coa natureza e recibindo vibracións da música, do circo, do lume,....

Un festival totalmente autoxestionado que contará con todo tipo de actividades.

AVANCE DA PROGRAMACIÓN

VENRES 31:

· Duendes Eskapaos (Rumba)
· Caixa de Tambora (Percusión Africana)
· Güintervan (Músicas Balkánicas)
· Dandy Fever (Ska Rocksteady)

SÁBADO 1:

Actividades de día. Dende as 13 h: Música e actuacións de gorra. Circo, malabares, títeres, maxia, concertos acústicos...
Zona de xogos, zona de percusión, zona de lume, artesanía...

Concertos:

· Folkólicos (Folk Fusión)
· Chotokoeu (Festa e carallada)
· Skarallaos (Reggae-Ska-Punk)
· Hadri H (Rumba, Balkan, Ska, ElectroSwing,...)

AS ENTRADAS DO FESTIVAL SON DE 8 EUROS ANTICIPADA E DE 10 EUROS EN TAQUILLA. Confirmaremos os puntos de venta cando ás entradas saian á venta.

AQUI TEDES O LINK DE COMPARTIR COCHE PARA IR O FESTIVAL.NON DUDEDES EN OFERTAR AS PRAZAS,VADES AFORRAR E A PASAR UN BO RATO !! http://agenda.blablacar.es/festival/9383-vibra-balboa-2012

Para calquer dúbida podedes escribirnos a vibrafestival@gmail.com ou por aquí.


ESTA CHEGANDO!!!!

- Güntervan- Dandy Fever- Chotokoeu- Skarallaos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival Antrospinos (Tarragoña - Rianxo)
http://www.festivalantrospinos.es/
(texto engadido o día 23/ / 7/ / 12 )


Venres 27:
Canteca de Macao, Bohemian Betyars, Os Cempés, Dakidarria
Sábado 28:
Quempallou, Bastards on Parade, Cé Orquestra Pantasma, Güintervan, Ataque Escampe, Oitonunpiso..

Prezos:
1 día 7€.
Abono(2 días) 10€.
Á venda en www.codetickets.com

- Antrospinos- Os Cempés- Dakidarría- Quempallou- Cé Orquestra Pantasma- Ataque Escampe -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tanxedoras, Quempallou e Güintervan nas festas de San Xoán de Paredes (Vilaboa - Pontevedra)

(texto engadido o día 19/ / 6/ / 12 )


Sábado, 23 de Xuño de 2012
Canteira de Paredes. Vilaboa (Pontevedra)
- Tanxedoras- Quempallou- Güintervan -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festival Alternativo MILLO VERDE (Redondela)
http://milloverde.blogaliza.org/
(texto engadido o día 23/ / 5/ / 12 )


Venres 1-Xun:
INVIVO /Metal Crú/
LOS HILLBILLY MONGOWS /Hillbilly/bluegrass/ Zaragoza
DIOS KE TE CREWRap/Fusión/Hip Hop
THE FREAK FANDANGO ORQUESTRA Folk/Polca/Punk rock/ Barcelona

Sábado 2-Xun
TERBUTALINA Gastropunk
GUINTERVAN Folk/música balcánica/ fusión
CHOTOKOEU Reggae/ Drum & bass /Ska
KAOPHONIC TRIBU Psicodelia/Trance/Étnica Marsella

+ Programación na rúa


- Millo Verde -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Reperkusión 2012 (Allariz)
http://www.reperkusion.com/
(texto engadido o día 18/ / 4/ / 12 )


XOVES 17 DE MAIO

Escenario de día:
TABÚ
TERBUTALINA
CHOTOKOEU
KE-PERCUSSION

Concertos:
MANU CHAO LA VENTURA
KIRIL DZAJKOVSKI
FUNKY STYLE BRASS
OS TRES TREBÓNS
HADRI HACHE



VENRES 18 DE MAIO

Escenario de día:
YOMELO MONTOSOLO
EVA CLAPP
ESTEFANÍA ROYAL
QANDO VAND
BANDA DESARMADA
PÉ DE BOI

Concertos:
EL CANIJO DE JEREZ + TOMASITO
DUBIOZA KOLEKTIV
RUSSKAJA
BOHEMIAN BETYARS
FUNKOMBO



SÁBADO 19 DE MAIO

Escenario de día:
A CAIXA DE TAMBORA
GÜINTERVAN
RAY FERNÁNDEZ
LA VAGA BANDA
ZACATUM


Concertos:
MANU CHAO LA VENTURA
LA TROBA KUNG-FÚ
FESTICULTORES TROUPE
GAMBEAT EXPERIENCE
DJ KARIM


Escenario de Gorra
MURRAY MOLLOY
IRONIK
KOTE MALABAR
EL ARCA DE LAS LEYENDAS
MAGO KRESTON
NAKED



- Reperkusión- Os Tres Trebóns- Festicultores Troupe- Chotokoeu- Pé de Boi- Güintervan -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bandas de 5 países compiten por actuar no concurso de grupos emerxentes do Festival Ortigueira
http://www.festivaldeortigueira.com/novas/nova.php?id=61&lg=gal
(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


Un total de 27 grupos "noveis" optan a formar parte do cartel do Festival Ortigueira 2012, dentro do Proxecto Runas, de apoio aos novos creadores da música celta. Entre os aspirantes, por primeira vez, bandas de Xapón, Rusia, Arxentina e Venezuela.
O Concello de Ortigueira acaba de dar a coñecer a listaxe de grupos non consolidados que aspiran a actuar na próxima edición do certame folk, que terá lugar entre o 12 e o 15 de xullo. En cifras, cabe subliñar que o concurso mantén o nivel de resposta das últimas edicións e incrementa o seu carácter internacional.
Unha vez máis, Galicia é a comunidade autónoma que achega maior número de aspirantes (7 grupos), aínda que outros doce comunidades do estado están representados. Ademais, como se apuntou anteriormente, na lista oficial gañan forza as formacións estranxeiras. Sorprende e avala a difusión internacional do evento e o seu potencial para proxectar a imaxe das bandas folk, a presenza na lista de Los gaiteros de Moscú (Rusia), a agrupación arxentina A chaiva da Ponte, Dracma de Venezuela ou os nipóns Harmonica creams.
Agora, a coordinación do Festival Ortigueira seleccionará a un máximo de 15 semifinalistas. Despois, un xurado profesional e o voto dos visitantes da web oficial- que se activará en elixirán aos tres grupos finalistas que configurarán o cartel do Runas 2012. E finalmente, outro xurado, presente no festival durante os directos das bandas, decidirá cal é a xusta gañadora, que volverá a actuar en la edición 2013 e embolsarase 3.000 euros.

1.-A CHAIVA DA PONTE (Argentina)
2.-ADARROTS FOLK TALDEA (Pais Vasco)
3.-ALÉN DE ANCOS (Galicia)
4.-AVELAIÑA (Galicia)
5.-BOC (Cataluña)
6.-CELTIBEERIAN (Castilla La Mancha)
7.-DEALAN (Cataluña)
8.-DRACMA (Venezuela)
9.-GÜINTERVAN (Galicia)
10.-HARMONICA CREAMS (Japón)
11.-HEY FOLKS (Extremadura)
12.-IPARFOLK (Navarra)
13.-JABARDEUS (Cantabria)
14.-KEYMPA (Cataluña)
15.-LOCHLAINN (Valencia)
16.-LOS GAITEROS DE MOSCÚ (Rusia)
17.-MAIANAS (Galicia)
18.-MAUT (Aragón)
19.-METALCAMBRA (Valencia)
20.-MOONROOTS (Valencia)
21.-PE DE BOI (Galicia)
22.-RAPABESTAS (Castilla - León)
23.-RASTREXOS PROJECT (Galicia)
24.-RIU (Cataluña)
25.-STREETWINGS (Madrid)
26.-VIRANDEIRA FOLK (Galicia)
27.-XERA (Asturias)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos para celebrar o ano de Pelusco (Pontevedra)
http://www.facebook.com/events/271583906242565/?ref=ts
(texto engadido o día 8/ / 2/ / 12 )


O Pelusco
Rúa Barón Nº13 - Pontevedra


XOVES 9 FEB • 22.30h Concerto MALA HERBA+A MÁQUINA DE METER MEDO

VENRES 10 FEB • 23.00h FOLIADA ¿Recordades a da inauguración?¡Pois repetimos! E cun barril de cervexa rubia de balde!

SÁBADO 11 FEB • 21.30h CUMPRIMOS UN ANO!
—Festival na Sala Karma—
LEO I ARREMECAGHONÁ
CHOTOKOEU
GÜINTERVAN
ENTRADA: 7€ anticipada e 9 € taquilla.
Coa túa entrada, consumición mínima no Pelusco a partir da 1.30h.

MÉRCORES 15 FEB • 22.30h NOITE DE RAP–FREESTYLE
Hoy rapea el vecino…

XOVES 16 FEB • 23.00h Concerto OS POTROS (flamenco)

DO VENRES 17 AO SÁBADO 25
ENTROIDO NO PELUSCO!

por suposto TODOLOS LUNS QUEIMADA DE BALDE a partir das 23.00h

- Foliada- Leo i Arremecaghoná- Chotokoeu- Güintervan- Entroido -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Festival Terra Brava, 21 de Agosto no Incio

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 11 )


Habelas Hainas, Quadrilha e Güintervan poñeran a música dende o
escenario mentres que PelePau e Arandela animaran as rúas.


Xa está todo preparado para a celebración da IX
edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos
populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras,
reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.

As actividades comezarán pola mañá coa sorprendente proposta do grupo
de percusión galega PelePau e os gaiteiros do Incio Arandela que farán un
percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada
ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada por estes
grupos e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.

Xa pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará
tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se
completa con Habelas Hainas, que nos achegan a música máis tradicional dende
Compostela; Quadrilha, histórica banda que chega dende Portugal; e Güintervan,
coa súa incansable mestura de folk galego, balcánico e de quen sabe cantos lugares.
Para Nemesio Pérez, un dos organizadores do festival dende a súa primeira
edición, “non é doado organizar unha festa destas características, pero paga a pena
cando durante un día vemos ao pobo cheo de vida, e con ilusión de alcanzar o ano
que vén o que será o noso décimo Festival Terra Brava”.
- Terra Brava- Festival- Habelas Hainas- PelePau -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Revenidas 2011
http://www.revenidas.com/
(texto engadido o día 14/ / 7/ / 11 )


Revenidas é unha idea orixinal e innovadora. Recuperando unha celebración histórica (festa das sardiñas revenidas),perdida dende a guerra civil, mesturando a exaltación gastronómica da sardiña cun festival de música, arte e animación galega e alternativa.
Mestura explosiva entre o bo comer, a mellor música e a satisfacción de ser galegos, tomo remexido e enriquecido cun bo viño e un chisco de licor café.
O festival quere aportar o seu puñado de area para a definitiva
normalización da cultura galega, apostando por diferentes artistas e
grupos que usan o galego como lingua vehicular

Este ano:
Güintervan, Labregos do Tempo dos Sputniks, The Brooze Brothers, Trashtucada, O Leo i Arremecaghoná, Banda Crebinsky, Medomedá, Quempallou, La Troba Kung-Fú, Funky Omar, Picadiscos DZ Selectors
- Revenidas- Quempallou- Leo i Arremecaghoná- Medomedá- Labregos do Tempo dos Sputniks -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Festa do Muí­ño do Verdugo
http://www.festadomuinho.org/
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 11 )


Taboadelo - Ponte Caldelas
19 de Xuño
DOMINGO 19
Apartires das 11:00
- FORNADA E DEGUSTACION DO PAN DE MILLO
- FALKATRUADAS
Xogos populares
- VOLTA E DALLE
Teatro
- SEIS DEDOS
Títeres
- CONTOS SOLIDARIOS
Contacontos
- DJAMMAL
Clown on popping
- TRÓPICO DE GRELOS
Batucada
- GÜINTERVAN
Folk acústico

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI FESTIVAL DE PARDIÑAS
http://www.xermolos.org/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1
(texto engadido o día 28/ / 7/ / 10 )


SABADO 7 DE AGOSTO

BELLÓN MACEIRAS QUINTETO (GALIZA)
22:00h

ÄL JAWALA (ALEMANIA)
23:30h

CANTECA DE MACAO (MADRID)
01:00h

GALEGOZ (GALIZA)
03:00h


DOMINGO 8 DE AGOSTO


CÉ ORQUESTRA PANTASMA (GALIZA)
12:00h é as 170:30h

PELEPAU (GALIZA)
13:30 é as 20:00

PABLO SEOANE (GALIZA)
20:30h

XOSÉ MANUEL BUDIÑO (GALIZA)
22:00h

ALALÉ (IRLANDA)
00:00h

GÜINTERVAN (GALIZA)
01:30h




XVII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL


Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a "XVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público. Este ano a mostra conta coa presenza de 22 artesáns que nos amosarán o seu bo facer, e séguese apostando pola música e polo baile tradicional a través de actuacións en directo, obradoiros e a sempre estimada participación do público presente.



Para levar a cabo esta actividade, este ano contamos coa axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Maderas Barber, Comercial Pazos e Seivane-Goretex. Unha colaboración que resulta imprescindible para que a AGG continúe na súa loita de divulgación e dignificación da cultura tradicional.



Durante as xornadas do 7 e 8 de Agosto, e no marco incomparable do Festival de Pardiñas, a XVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional contará cun programa repleto de actividades.



O Sábado contaremos cun pregoeiro de luxo, Nando Casal, un dos membros fundadores do grupo Milladoiro. Posteriormente terá lugar unha demostración e construcción de gaitas con torno de varas, a cargo do artesán Nebra.Para rematar as actividades do sábado, contaremos coa actuación de Os Minhotos, grupo chairego composto por cinco músicos, que naceu como cuarteto, alá polo ano 96 e que pouco a pouco foi incorporando outros instrumentos da nosa música como o acordeón, a requinta ou a zanfona.



Durante a xornada do Domingo haberá actividades dende a mañá co Concerto Os instrumentos femininos, a cargo de Pablo Carpintero, Rosa Sánchez, Mª del Carmen Picallos e Xaneco. Xa pola tarde contaremos cunha demostración práctica de instrumentos de corda e percusión a cargo do grupo Diluvea, que está formado por Diego Langarika, Luis Martínez e Beatriz Martínez. O Obradoiro de Baile Tradicional, correrá a cargo de Gustavo Couto, mestre desta disciplina e coautor do libro Bailaben, e máis tarde Pablo Carpintero e Rosa Sánchez serán de novo os encargados de ofrecernos un concerto de repertorio antigo de Pontevedra, que rematará cun obradoiro de Treboada a cargo de Oli Xiraldez.

 

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario disponible, durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.



Van participar estes artesáns:



Lois Mouriño / Obradoiro de instrumentos tradicionais / Compostela

Oli Xiraldez / Gaitas e requintas / Balaide –Teo

Nebra / Gaitas e zanfonas / Porto do Son

Xosé Tuñas / Percusión / Ames

Luis Martínez / Instrumentos de corda / Soutomaior

Pablo Carpintero / Gaitas Requintas e percusións / Santiago

Diego Piñeiro / Gaitas / Palma de Mallorca

Xaneco / Obradoiro de instrumentos musicais galegos / Outeiro de Rei

Diego Langarika / Percusión / Vigo

Che Vázquez / Trompas e instrumentos tradicionais / Brión- A Luaña

Paporrubio instrumentos musicais / Gaitas e frautas / Sarria

Xermán Arias / Luthería e zanfonas / Sarria Afonso Castro / Gaitas / O Rosal

Foliqueiras / Percusión Tradicional / Vigo

Carlos Fandiño / Gaitas / Teixeiro

Cristobal Prieto / Gaitas e frautas / O Hío – Cangas

O Chilro / Percusión e gaitas / Cambados

Roi / Gaitas e requintas / Vigo

Rebollo instruments / Instrumentos de Corda / Beluso

Xaime Rivas / Zanfonas / Vigo

Morenita / Percusión / Laza – Ourense

Roi / Instrumentos de Corda / Pontevedra





Programa:

 

  Sabado día 7 barra_sec_cat





17.00h – Apertura da Mostra

17.30h – Pregón a cargo de Nando Casal

18.00h – Demostración de construción de gaitas con torno de varas – Nebra

19.00h – Actuación de Os Minhotos

20.00 a 21.30 h – Escenario libre para músicos espontáneos



  Domingo día 8 barra_sec_cat





11.30h – Apertura da Mostra

12.00h - Concerto “Os instrumentos femininos” - Pablo Carpintero, Rosa Sánchez, Mª del Carmen Picallos, Xaneco

16.00h - Demostración de construción de gaitas con torno de varas – Nebra

17.00h – Demostración práctica de instrumentos de corda e percusión – Diluvea: Diego Langarika,Luis Martínez, Beatriz Martinez

18.00h – Obradoiro de Baile tradicional - Gustavo Couto.

19.00h – Concerto de repertorio antigo de Pontevedra – Pablo Carpintero ,Rosa Sánchez

20.00h - Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez

20.30 a 21.30h - Escenario libre para músicos espontáneos 


Tamen O Domingo dia 8  As 13,30


 Na Mostra de Instrumentos de Música Tradicional PRESENTACIÓN DO CD “OS IRMANDIÑOS. UNHA VEZ FOI O TREBÓN”, Poemas de Manuel María, interpretados por A Quenlla.
 

Xa está á venda en Cd, cos textos musicados e unha melodía instrumental que serve de soporte aos textos dialogados na obra.

O Festival de Pardiñas, vai medrando coma un manancial de iniciativas e novidades culturais, grazas á concentración de vibracións de creatividade, e á fidelidade ó pobo, daquelas e daqueles que nos achegamos aquí para compartir os nosos debezos de beleza.
Hai anos, nesta fervenza emocional que é Pardiñas, Manuel María, comunicoulle a Mero, do grupo A Quenlla, a súa ilusión de que fose este grupo o que musicase os seus poemas de “Os Irmandiños”, e poder dalos á luz…
Non caeu en saco furado, e Mero e Mini, acolleron este compromiso. E velaquí, que neste festival 2010, van presentar a edición musical desta obra de teatro de Manuel María. Vai ser unha hora máxica, para a historia do noso pobo. O poeta da Terra Chá gustaba de promover poéticamente persoaxes e acontecementos da nosa historia, ata convertelos en sinais senlleiras para axudar a facer pobo ás novas xeracións, nesta liña esta obra ideada para representar, mostranos agora este acontecemento das revoltas irmandiñas.
A primeira guerra irmandiña foi no 1431 nas terras dos Andrade, Pontedeume e Vilalba…, ata chegar á Irmandade de toda Galiza, contra os abusos dos señores, provocando a caída de 150 torres e castelos.

A Quenlla puxo música e interpreta, nunha peza única, esta obra. É unha mostra máis da calidade da súa poesía cantada. Da que xa levan producido moitos froitos, facendo un servizo fundamental á nosa cultura. A Quenlla agasalla este traballo marabilloso á Irmandade Manuel María, que se compromete a difundilo en todos os eidos da vida e actividade do país. A honra é moita por ser obra de Manuel María, e por estar interpretada polo grupo A Quenlla, as mellores voces, as máis fieis á escrita… Grazas tamén a Saleta, a dona de Manuel María, por permitirnos esta publicación. Acreditamos que Pardiñas é un mar en calma, no que cada vaga de creación, provoca e suxire outra aínda máis intensa.
Si un día Manuel María, decidiu pór música a “Os Irmandiños”, neste ambiente, na XXXI edición, presentamos a versión, e dámola a coñecer, tamén cando facemos memoria dun dos intérpretes, César Morais, e o cartel do Festival é obra de Rita Galeotte, tamén autora do deseño da carpeta de presentación desta achega que ven a engrandecer aínda máis a obra de Manuel María e de A Quenlla.

Presentacion do CD “OS IRMANDIÑOS”, no esceario da Mostra de Instrumentos, coa participación de: Marica Campo Miro Casabella Xosé Estévez Xosé Neira Vilas David Otero E unha interpretación do grupo A Quenlla.
- Pardiñas- -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






buscar mais información
sobre Güintervan en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]