Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Vindeiros concertos de Treixadura
http://www.treixadura.com/
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 12 )


Música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos.
Cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado.
Melodías de gaita que máis prenden nos galegos.
Novas cantigas que Treixadura “peneira no seu tremiñado”.


29 xuño - Festas de Ourense coa Coral de Ruada
25 xullo - Sargadelos
6 agosto - A Rúa (Valdeorras)
15 de agosto, 22:30 - Pontevedra.Festas da Peregrina
18 de agosto - Malpica
9 de novembro - As Pontes

- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Barrio de San Pedro (Compostela)
http://fbsp.info/programa/programa-das-festas-2012/
(texto engadido o día 26/ / 6/ / 12 )


Programa do 2012
27, 28, 29, 30 de Xuño e 1 de Xullo de 2012


MÉRCORES 27

22.00h MÚSICA. (Praza da Angustia)

Talabarte

23.00h CONTACONTOS. (Adro da Igrexa da Angustia)

María da Pontragha





XOVES 28



20.00h. VIDEO-FORO (Na Xuntanza, Rúa Fraguas)

A crise da débeda

22.30h. FOLIADA. (Praza 8 de marzo)

Maghúa
Os Modernos
Ardentía





VENRES 29

19.00h. ENCONTRO DE CORAIS. (Museo do Pobo Galego)

Coral «A Xuntanza»
Duo Mara
Coral José Saramago

19.00h. PASARRÚAS E CONCERTO. (Praza de Home Santo)

Banda de Lousame

19.00h. PASARRÚAS E CABEZUDOS. Tabernícolas
20.30h. DANZA. (Na Praciña de San Pedro)

Mostra do Centro Starben
«Un disfraz equivocado» Cía. Cisma

22:00 NOITE DO LASTRO. (Praza 8 de Marzo)

Presenta: Leo i Arremecághona!
Sacha na horta
Dios Ke Te Crew
Terbutalina





SÁBADO 30



10:00h. PERFORMANCE. «Alborada de Pedra».Diana musical a cargo de Mónica de Nut.
11.00h. FEIRA. (Rúa de San Pedro)
11.00h. ALMORZO NA RÚA. (Praciña de San Pedro)
11.00h. PASARRÚAS. Un de cada.
12:00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. (Na Praciña de San Pedro)

A Rebelión da Décima Musa V

12.30h. LÍNGUA DE SIGNOS. (Na Praciña de San Pedro)
13.30h SESIÓN VERMOUTH. (No Torreiro)

Orquesta Atlanta.

14.15h. PASARRÚAS. A Magnifique Band dos Homes Sen Medo. (Do Torreiro á Praza 8 de Marzo)
17.00h. A RÚA EN DANZA: Espacio Aberto. Clase de Tango. (Na Praciña de San Pedro)
17.00h. CIRCO DE RÚA. «Velocíclopes» Fantoches Baj. (Na Praza 8 de Marzo)

18.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN.

Grupo de música e baile tradicionais Brincadeira

19.00h. CIRCO DE RÚA. (Na praciña de San Pedro)

Pedro

19.00h. CABARET. «Unha cadeira para movelo mundo» Femme Fatale (Na Rúa de San Pedro)
20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA
20.00h. CONCERTO. (Na Praza 8 de Marzo)

Xerock

22.30h. VERBENA. (No Torreiro)

Orquesta Atlanta.

24.00h. PASARRÚAS ESPECIAL.

«Ragnarok» Kull d’sac. (Rúa dos Concheiros)







DOMINGO 1



10.00h. DEPORTE. I Romaría do Fútbol. (Campo de Belvís)
11.00h. PASARRÚAS.

Quarteto da Gentalha do Píchel
Gaiteiros da Xuntanza

13.00h. PASARRÚAS.

Grupo de Baile e Gaiteiros da Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira

14.00h. ROMARÍA. (Parque de Belvís)

Os Estalotes
As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén
Xandobela
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Polbo e Churrasco

- Talabarte- Os Modernos- Ardentía- Sacha na Horta- Dios Ke Te Crew- Terbutalina- Os Estalotes- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coanhadeira, Xose Manuel Budiño e Kepa Junkera nas Festas de Ourense

(texto engadido o día 26/ / 6/ / 12 )


30 de Xuño a partires das 22:30 na Praza Maior de Ourense
- Coanhadeira- Budiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Terra da Fraternidade, Homenaxe a Zeca Afonso, nas festas de Ourense

(texto engadido o día 25/ / 6/ / 12 )


Martes 26 de Xuño ás 22.30 na Praza Maior de Ourense. Con JOAO AFONSO, UXÍA SENLLE, XURXO SOUTO, NAJLA SHAMI, ICO ...
- Terra da Fraternidade -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marful na Feira de Monterroso (derradeiro capítulo da Xira Surreal)
http://marful.info/info/100821_manual-de-seducion/categoria/concertos/xira-surreal/
(texto engadido o día 25/ / 6/ / 12 )


Se aínda non desfrutaches desta Xira Surreal non perdas esta cita. Festa rachada á tradicional: nunha carballeira, sentados en alpacas de palla fresca e con merenda final ofrecida polos produtores locais: queixos, pan, chourizo, licores, galletas... E a música de Marful.
A cita na Granxa é a partir das 16h, mais nós convidámosvos a vir xa de mañán á Feira de Monterroso. Ás 16h haberá visita á Granxa e á exposición do "Almanaque Agrícola" de Pablo Giráldez "O Pastor". Marful tocará de 17:30 a 19h e logo merenda final. Granxa Maruxa dispón de aparcamento. Entrada 15 euros. Á venda na Central Folque (Compostela). Reservas en www.marful.info

- Marful -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



AREAL 2012 (Ribeira de Berres - A Estrada)

(texto engadido o día 23/ / 6/ / 12 )


Un ano mais esperámoste na Noite Máxica do Areal. Sardiñas, Polbo e churrasco a partires das 21:00 , coida que non che dean as Doce, coma sempre ritual de acendido da fogueira , e de seguido os concertos .


Un lema Para este ano > BOTELLON NON por unha festa xusta e sostíbel , haberá prezos para ti , nisto depende a sua andaina .


Como Chegar:
-Dende Compostela: http://goo.gl/maps/0yBq
-Dende A Estrada : http://goo.gl/maps/wvj9
-Dende Ponte Ulla, na Ctra.N525 Santiago Ourense : http://goo.gl/maps/0Iy1
- GPS 42.74543639203586,-8.432586193084717
- Pe de Boi- Tequexetélere -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa 20 aniversario da A.R.C Os Tilos

(texto engadido o día 22/ / 6/ / 12 )


VENRES 22 XUÑO: CELEBRACIÓN XX ANIVERSARIO de apertura da ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS


Xa van alá 20 anos de proxectos, ideas e ilusións compartidas, xa son dúas décadas as que esta entidade fai posible que día tras día as familias conten cun centro de referencia e apoio as súas vidas.

A riqueza máis grande está nas persoas que integran esta gran familia de familias, por iso máis que nunca queremos compartir esta gran celebración con todas as persoas e entidades, que fixeron posible chegar ata aquí: soci@s, voluntari@s, traballadores, colaboradores, e todos aqueles que dalgunha maneira apoiades este soño feito realidade.

Contamos con tod@s vós a partires das 19:30h para disfrutar dunha xornada chea de ledicia en compañía da Requinta da Laxeira e cunha gran cea que unha vez máis a nosa Xunta Directiva prepara con moito agarimo para tod@s nós.

Temos moito que celebrar e ista é unha gran ocasión para facelo todos xuntos, estades tod@s invitad@s!!!!!
- Requinta da Laxeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Solsticio de Verao no Local Social Aturuxo (Boiro)

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 12 )



- Local Social Aturuxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tanxedoras, Quempallou e Güintervan nas festas de San Xoán de Paredes (Vilaboa - Pontevedra)

(texto engadido o día 19/ / 6/ / 12 )


Sábado, 23 de Xuño de 2012
Canteira de Paredes. Vilaboa (Pontevedra)
- Tanxedoras- Quempallou- Güintervan -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa dos Fachos (Redondela)

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 12 )


Venres, 22 de Xuño


Ascensión ao monte dende o cruce do alto do Viso (saída ás 23h). No cumio haberá fogueira e queimada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna con Maravallada

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 12 )


Cantos de Taberna

Data : 29-06-2012

Lugar: As Reixas, A Lareira, A Navarra

Hora: 21:00 a 00:0 h



A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada




[comprimir]
Data : 29-06-2012

Lugar: As Reixas, A Lareira, A Navarra

Hora: 21:00 a 00:0 h



A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada organizan dende o 2 de marzo ata o 27 de xullo, os últimos venres de cada mes “Cantos de taberna” co obxectivo de recuperar e promocionar os cantos de taberna na cidade de Pontevedra. A cita será cada vernes de fin de mes en distintos bares e tabernas da cidade.



O propósito deste programa é recuperar aqueles cantos nas tabernas que eran unha maneira de divertimento, de ocio mais e un xeito de producir e manter a tradición musical. Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o cartel de “Prohibido cantar”, cercenando asi o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un rato agradable cantando en compaña de bos amigos.



Dende hai un tempo, vese en distintos lugares do noso país un renacer do que veu en chamarse música de taberna, ou canto tabernario. Concursos, certames organizados polas institucións locais ou eventos patrocinados por entidades privadas están a recuperar esta tradición e, ao mesmo tempo, a fomentar a actividade económica que rodea a calquera evento que atrae a un número importante de persoas.



A actividade contará todos os días coa actuación de Maravallada que cada venres contará con outro grupo convidado. O programa e os locais que participarán neste programa son:



• 2 de marzo: O Contribución, Vetula Ponte, Estafeta
• 30 de marzo: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de abril: O Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado
• 25 de maio: O Contribución, Vetula Ponte, A Estafeta
• 29 de xuño: As Reixas, A Lareira, A Navarra
• 27 de xullo: Os Parvadas, Os Maristas, A Casa do Lado

Noticia enviada por Astrid

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Serán e Festa de Fin de Curso de O Fiadeiro (Vigo)
http://www.ofiadeiro.com/ofiadeiro/
(texto engadido o día 16/ / 6/ / 12 )


Sábado 7 de xullo de 2012 (18.00h)
Asociación de Veciños “Santa Mariña” de Cabral


Orde de actuacións:

Alumn@s de Guitarra
- Gloria
- Ai se eu te pego
- Otherside
- Whatever
- Every breath you take
- Hoy
- Jota de Vilar
- Valse de Beatiz
- "Ai se eu te pego" (con alumn@s de baile moderno)

Alumn@s de canto tradicional e pandeireta nen@s
- Rumba de Mondariz
- Pin Zas fogo Nicolás

Alumn@s de canto tradicional e baile nen@s
- Serán de Pazos de Borbén
- O Garotiño
- Muiñeira de Folgoso

Alumn@s baile moderno
- Dancing queen

Alumn@s de saxo
- Baile do paiaso
- Un barquiño pequeniño
- A cucaracha

Alumn@s de baile moderno
- Twings

Alumn@s de Acordeón
- Pupurri canario
- Agua que no hay que beber
- Yo vendo unos ojos negros
- Virxe da barca / Adios con el corazón

Alumn@s de baile moderno
- Dancing whith you

Alumnos de gaita
- Himno antergo de Galicia
- Pasodoble de Mallou

Alumnos de requinta
- Ei! Moxenas
- Rumba do topo

Alumn@s de zanfona

Alumn@s de baile moderno
- Funk girl

Alumn@s de baile tradicional

Alumn@s de gaita
- Danza de San Adrián de Cobres
- Aire de Vals
- Pasacorredoiras de Arnoia

Alumn@s de baile moderno
- Lady

Alumn@s de canto tradicional
- Jota de Sabaxáns
- Bande
- Arcos

Alumn@s de baile tradicional

Alumn@s de gaita
- Con alumn@s de canto: Arrieiros de Silván
- Con tod@s: Eiche de contar un conto

Alumn@s de gaita e grupo de gaitas da escola
- Pasodoble de cabezudos e Buxos verdes
- Pasodoble de Pol e Muiñeira do Carballal
- Jota cruzada de Sequeiros

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Viso (Redondela)

(texto engadido o día 16/ / 6/ / 12 )


O vindeiro domingo 17 de xuño a partir das 18h celébrase no barrio de Saramagoso (O Viso - Redondela) o Serán do Viso. Participa traendo o teu instrumento ou asistindo con ganas de bailar e montar unha boa foliada.
Oraganiza: Comisión de Festas de San Antonio
- Serán do Viso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dios Ke Te Crew - Xira Humanose XUÑO + XULLO
http://www.diosketecrew.com
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 12 )



- Dios Ke Te Crew- Millo verde- A Rebusca- Festas de San Pedro- Sons da Lameira- Nordestazo Rock- As Revenidas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada e Sardiñada en Couso
http://asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 12 )


Venres 15 de xuño, a partires das 21.00

Contamos contigo, e co grupo:
Os de Abaixo (de Calo)
Musica, baile, festa. Achégate!

E se queres trae o teu instrumento pra tocar, a tua voz pra cantar e o teu corpo pra bailar!
- As Nosas Músicas- Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º Serán O Son das Ferreñas (A Pobra do Caramiñal)

(texto engadido o día 15/ / 6/ / 12 )


Venres 15 de Xuño a partires das 21:30 no Restaurante O Liñar

Serán tradicional galego para pasalo ben onde o que se pretende e cantar, bailar e tocar calquer instrumento. Pandereteiras, gaiteiros, bailaríns, todo o mundo que queira una noite de festa galega que acuda. Haberá tortillas, empanadas e churrasco, de balde, postos polo Liñar, só pagará cada un o que consuma. Animádevos. Este serán será o primeiro que se celebra na Pobra do Caramiñal

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Rúa de Cuntis
http://ofervedoiro.blogaliza.org/
(texto engadido o día 8/ / 6/ / 12 )


O vindeiro venres 8 de xuño ás 22h a Tenda da Ponte
(Rúa bernardo de Sagasta, en Cuntis), voltará ser o esceario sobre o cal seguiremos a recuperar o espírito de tantas rúas e ruadas que nos vellos tempos se fixeron aquí e acolá.

Continuamos a traer o son e baile tradicional a vila do Baño con este proxecto que deu comezo o pasado ano, cumprindo así a súa segunda edición, baixo a denominación de orixe Rúa de Cuntis.



Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada.

Bótalle un agharradiño!
- Rúa de Cuntis -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán e Veña Festa no Cruceiro Quebrado (Freixo - Crecente)

(texto engadido o día 7/ / 6/ / 12 )


O proximo dia 30 de Xuño faremos o noso primeiro serán, que tera lugar no Concello de Crecente na parroquia do Freixo,no lugar denominado Cruceiro dende Vigo e Ourense pola autovia poste nun pincho,recorda a saida e na Cañiza e o correo de contacto e jbvigo@hotmail.com e o telefono Bieito 630586637,o faremospara pasalo ben.E o dia seguinte teremos a romeria con gaiteiros e polvo do Carballiño...E VEÑA FESTA NO CRUCEIRO....

Noticia enviada por romariadocruceiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Foliada de Orzabai (Lugo)

(texto engadido o día 1/ / 6/ / 12 )


Azpeitia poñerá a voz
que o resto entoaremos,
o roncón das gaitas
será o vento que zoe
e retumbe no golpe
de bombo que marca.
De Orbazai barrio
empastará Tomás
coas cordas de Alejandro.
Na combinación
infinita de incansábel
e insaciábel obradoiro
completo dará unha
e mil voltas e
tocará Reviralvolta.
Coma se fose naquel
escenario de magosto
coa Quenlla,
voltarán a estar xuntos
Caivanca mais Arrincadeira
nesta outra feira.
Caivanca, dos seus chalecos,
con suma elegancia.
Arrincadeira,cos seus
gaiteiros firmes en restra
mais ben dispostos pra festa.

Co solsticio
de Penas de Rodas
entre lusco-fusco
a Folquiada de Lugo
con esas mulleres que
levando a batuta
fan pensar nun mundo
posíbel de equinocio
foliará.
E con aquel dito de
que a sorte da fea
a bonita a desexa
as Antaruxas e Sorteiros
sen vestido de postín
encarnizan a sorte
da parranda da montaña,
a auga sagrada, de Fonsagrada.
Dende a torre de San Paio
do concello de Friol,
as Xestas Verdes que asoman
dende as vistas da torre
virán a esta outra de nome
friccionar eiquí con nós.

E tamén dedillando no trasto
da corda dun instrumento,
os Trastiños de Castelo
amosarán os seus sentimentos.
Como a música é
interpretación e esta
non é arte senón , o teatro
cantado de Nasdrovia
correrá tambén o seu cargo.
E que dicir de nós,
aireados, por moreas,
dos da casa da malla
onde se fai a festa,
porque os Airiños de Orbazai
sómosvos do que non hai.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
http://www.xacarandaina.com/index.php?option=com_content&view=article&id=23&Itemid=30&lang=gl
(texto engadido o día 27/ / 5/ / 12 )


A música é indispensable para o baile pero tamén ten entidade propia na tradición galega, acompaña momentos de festa e ameniza duras xornadas de traballo. Unha importantísima variedade de letras, toques, xeitos de cantar e tocar e tamén parte da tradición oral son transmitidas entre xeracións grazas aos cantos das mulleres e dos homes. Estas realizando cantos de berce e de labor e eles a través dos seus cantos de arrieiro ou de taberna. Por todo isto a Asociación Cultural Xacarandaina convoca desde o ano 1990 o Concurso de Música Tradicional Xacarandaina cos obxectivos de espallamento, difusión e dignificación da importante música galega.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]