Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Quempallou presenta Vellas Novas en Francia e Portugal
http://www.zoumarecords.com/Blog/contenido/281/Quempallou_presenta_Vellas_Novas_en_Francia_e_Portugal
(texto engadido o día 2/ / 8/ / 12 )


O grupo actuará esta mesma fin de semana no Festival de Pardiñas, en Guitiriz, para logo viaxar á Bretaña Francesa e Portugal.

Logo do lanzamento do seu cuarto traballo discográfico “Vellas Novas” o pasado mes de maio, a banda galega faise oco nos máis importantes festivais de música folk. O seu paso polo Festival de Pardiñas, o vindeiro día 4 de agosto, acompañando a Kepa Junkera ou Eliseo Parra, será o comezo dunha xeira de concertos que os levarán camiño da Bretaña francesa para participar por segunda vez no Festival Interceltique de Lorient os días 8 e 9. Xa de volta, e sen apenas descanso, agardan o día 10 o Festival Brincadeira en Cambre e ao día seguinte o Festival Folk de Ponte da Barca (Portugal).

Quempallou confirma deste xeito que segue a ser un referente na música tradicional e folk galega. Un grupo cunhos piares ben asentados na terra, que sabe coma ninguén facer festa pero sen esquecerse da súa faceta reivindicativa social.
- Quempallou -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festa Celta Lugnasad en Bretoña (Lugo)

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 12 )


O SERÁN: Pasarúas de gaiteiros da comarca e Taller de elaboración de traxes celtas para nenos.

Ó SOLPOR: Actuación dos grupos EULIÁN, TIRULEQUE E SACHA NA HORTA

Á HORA MEIGA 00.00h CELEBRACIÓN DAS VODAS CELTAS
- Lugnasad- Tiruleque- Sacha na Horta -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Birimbao nas Festas de Santa Marta de Ortigueira (Sábado 28 de Xullo na Praza do Concello)

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 12 )



- Birimbao -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTIXEVE - Sábado 28 e Domingo 29 de Xullo en Xeve (Pontevedra)
http://www.festixeve.com/
(texto engadido o día 28/ / 7/ / 12 )


A A.R. De Xeve, ven celebrando dende a súa fundación no 1996 unha serie de eventos englobados nunha festa de carácter popular e participativo, chamóuselle inicialmente Festa da Asociación. Có tempo, tanto a Asociación como a festa foron medrando e así, foise convertendo no que hoxe chamamos Festixeve.
A pesares de que hai eventos durante a semana a parte máis importante concéntrase na fín de semana.
O sábado, orientado cara a mocidade, ten como elemento fundamental, actividades dirixidas fundamentalmente a ese sector da poboación, como os concertos do Festixeve. A noite soe ser longa, xa que despois dos concertos, que rematan a altas horas da maná, hai xogos e gincanas deportivas do máis divertido para os que aguanten o ritmo.
No domingo, considerado o día grande da festa, comezan pola mañá (e duran toda a xornada) os xogos populares, contacontos, inchables para nenos, exposicións culturais, etc. Na carballeira habilítanse mesas e bancos para o xantar, no que non falta o polbo á feira. Hai degustacións gastronómicas, teatro, e, como non, actuacións musicais e de baile tradicional.

Sábado 28:
A Banda da Balbina
A Compañía do Ruido
Festicultores


Domingo 29:
Pesdelán
Os encerellados de Campos Lameiro



- A Banda da Balbina- A Compañía do Ruido- Festicultores- Pesdelán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pardal na Rúa na XXVII Festa da Amizade (Saiáns - Vigo)

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 12 )



- Pardal na rúa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa das festas do Apostolo en Compostela [selección]

(texto engadido o día 19/ / 7/ / 12 )


XULLO 2012

Venres 20. Milladoiro
Domingo 22. Día do Traxe Galego
Mércores 25. DJ Crebinsky, Malandrómeda e Novedades Carminha
Xoves 26. Tom Jones
Venres 27. Vaamonde, Lamas & Romero, Xose Manuel Budiño con Kepa Junkera, Uxía e os pandeireteiros do Fiadeiro, Astarot
Sábado 28 e Domingo 29. Xornadas de Folclore
Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar, Os Xeitosos de Trazo, Asociación Cultural Xirandola, Brincadeira, Ultreia, A Ponte Vella e Trébede
Martes 31. Luar Na Lubre

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas da Dorna en Ribeira

(texto engadido o día 23/ / 7/ / 12 )


Música en galego:
Luns 23 de Xullo: Skarallaos
Martes 24 de Xullo: Terbutalina
- Skarallaos- Terbutalina -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Carballeira de Zas
http://www.festadacarballeira.com
(texto engadido o día 19/ / 7/ / 12 )


Sábado, 4 de Agosto do 2012




A partir das 6 da tarde:

- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
- O.C.T Chorima (Rois)
- Banda de gaitas San Xoán de Ouces (Bergondo)

A partir das 9 da noite:

- Maghua (A Coruña)
- Os Cempés (Galiza)
- Xarnegue (Euskadi)
- Sebastiâo Antunes e a Quadrilha (Portugal)
- Ulträqäns (Galiza)
- Festa da Carballeira- Os Cempés- Ultraqäns -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



11 de Agosto: Festa Revolta no Courel
http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/0f8cd4a0535c/
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 12 )


SOS Courel. Paremos a desfeita.

O vindeiro 11 de Agosto en Froxán vaise celebrar unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debemos preservar para as xeracións futuras.
Por iso facemos un chamamento en solidariedade coa asociación SOS Courel para participar na súa campaña de defensa da serra cando máis o precisa. Queremos convidar a todos e todas as cidadás a unha xornada festiva de loita que terá lugar o vindeiro 11 de agosto en Froxán, con diversas actividades artísticas e ecolóxicas, na que diversos e diversas artistas do país pasarán revista en clave cómica retranqueira á situación na que se atopa a Serra perante a cobiza e a comenencia duns poucos e a complicidade doutros tantos. Pois xa que o poder político, baixo calquera das súas aparencias, non parece aprestarse a servir ao ben común e cumprir coas súas obrigas como garante do noso patrimonio natural e cultural, só aos cidadáns e cidadás nos compre erguer defensas e loitar pola súa preservación coas armas que nos son dadas: o humor e a intelixencia. Programa provisional:

Venres 10 agosto 2012
22,00h. Proxección do documental "Nacional VI" de Pela del Álamo + jam session

Sábado 11 agosto 2012
11,00h. Alborada, a cargo de Mónica de Nut
11,30h. Roteiro Natural pola contorna de Froxán, con intervencións artísticas
14,00h. Sesión Vermú: Os da Ría + convidados
18,00h. Faladoiro sobre parques naturais e desenvolvemento rural
18,30h. a 20,30h. Artes vivas para todos os públicos: Pablo Trasno (malabares), El Retrete de Dorian Gray (teatro de obxectos)
20,00h. Alén da Onda, radio en directo
22,00h. Ultranoite SOS Courel, con participación de Chévere, Os Sancaetanos, Os da Ría, Carlos Santiago, Mónica García, Expo e a Ultrabanda (Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez).

Na mesma aldea de Froxán habilitarase unha zona de acampada para toda a xente que queira facer noite. Tamén haberá postos de comida durante o día. Todas as actividades son de balde. A organización e financiamento desta festa corre a cargo dos veciños e veciñas de Froxán, da Asociación SOS Courel e dos propios artistas participantes, sen subvencións públicas. A colaboración das persoas asistentes será fundamental para viabilizar este tipo de proxectos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Carme e Festival da Fraga en As Pontes

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 12 )


(Preme na imaxe para ampliar)
- Festa da Fraga- Orquestra Os Modernos- Os Cempés- Muxarega- Susana Seivane- Odaiko -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival 27373 en Begonte
http://festival27373.wordpress.com/
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 12 )


O vindeiro sábado 21 de Xullo terá lugar no Clube Fluvial de Begonte o Festival 27373, da man da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario; o primeiro que organiza esta asociación cumplindo deste xeito un dos proxectos mais desexados dende a súa fundación.

O festival celebrarase durante todo o día, con servizo de polbo e churrasco pra poder comer no mesmo recinto, e ten a intención de dar cabida a público de tóda-las idades.
Así comezará pola mañá, a partires das 11:30, atendendo aos máis pequenos cun obradoiro de Ciencia Entretida a cargo de "Teatro do miolo" e coa participación do contacontos Carballo con Botas. E tamén haberá inchables e unha festa da escuma.

...e á noitiña, a partires das dez e media, actuacións de Guezos, Labregos do tempo dos Sputniks, e Avante Rock da Galiza.

¡¡Non deixedes de acudir e apoiar ás novas iniciativas que apostan pola cultura e a música do país nus tempos en que semella cada vez máis complicado!!
- Guezos- Labregos do Tempo dos Sputniks -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rescate Gaiteiro do Folk In Río en A Santaia (Touro - Compostela)

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 12 )


O pasado 19 de Xuño foi suspendido o Festival Folk in Río, que organiza a Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla.
Un mes despois a asociación rescata a ilusión transmitida por veciños, artesáns, grupos folk.. que insistían na reorganización desta festa e romaría campestre

Será o día 29 de Xullo, na Area Recreativa de A Santalla (Touro), e contará con:

Cantos de Taberna polas mañáns nos bares de Touro.
Feira Artesanía
Xantar Campestre
Xogos tradicionais e populares
Regueifeiros Trioliro
Paiaso - Clown Rudi-Dudi
Orquestra Os Modernos
A Banda da Balbina.

- Orquestra Os Modernos- A Banda da Balbina Folk In Río -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zurrumalla e Na Revolta nas Festas da Virxe do Carme (16 de Xullo en A Guarda)

(texto engadido o día 16/ / 7/ / 12 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Memorial Ricardo Portela en Pontevedra
http://www.pontevedra.eu/cultura/o-memorial-ricardo-portela-cambia-o-seu-formato-e-trasladase-ao-venres
(texto engadido o día 13/ / 7/ / 12 )


A praza da Ferraría acollerá os vindeiros 13 e 14 de xullo o XIII Memorial Ricardo Portela que neste edición presenta importantes novidades, segundo explicaron a concelleira de Festas, Carme da Silva e a representante da Asociación de Gaiteiros galegos que colabora co Concello na organización do Memorial.

Nesta edición o Memorial desenvolverase o venres, 13 e o sábado, 14 de xullo na praza da Ferraría, onde compartirán espazo os concertos e a mostra de artesanía e instrumentos tradicionais. Por vez primeira non haberá concurso de agrupacións porque “o memorial naceu co propósito de fomentar a participación dos grupos na música tradicional, pero está claro que é un memorial consolidado que xa precisa outro tipo de celebración”, explicaba a concelleira Carme da Silva. O concurso substitúese por concertos e pasarrúas durante as dúas xornadas.

A mostra de artesanía estará aberta o venres de 17.00 a 21.00 horas e o sábado de 11.30 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas. Contará coa presenza de 12 artesáns:

• Xaneco Tubío,
• Xosé Tuñas
• Foliqueiras
• O Chilro
• Oli Xiráldez
• Pablo Carpintero
• Xermán Arias
• Obradoiro de Instrumentos tradicionais Mouriño
• Master Gaita
• Lorena Reinaldo
• Rebollo Instruments
• Afonso Castro

Os pasarrúas correrán a cargo dos grupos Os Folerpas que actuarán o venres ás 19.00 horas, e os Lerenses que o farán o sábado ás 12.00 horas e Picuiña e Os enxebres de Cacheiras que animarán a tarde do sábado a partir das 19.00 horas.

En canto aos concertos serán as 21.00 horas, o venres a cargo do grupo santigués Carapaus, e o sábado á mesma hora será a cargo do grupo redondelán Tanto nos ten.

Este Memorial Ricardo Portela pretende homenaxear, tamén, a Xosé Manuel Seivane, falecido en xaneiro deste ano, e que nas anteriores edicións colaborou co Memorial. De feito, un dos premios do concurso era unha gaita Seivane. Carme da Silva anunciou hoxe que o sábado está previsto unha homenaxe tanto a Ricardo Portela como a Xosé Manuel Seivane, na que estarán presentes familiares dos dous maestros gaiteiros de Galicia.
- Ricardo Portela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Festa Folc de Vilariño - O Hio ( Cangas do Morrazo )

(texto engadido o día 7/ / 7/ / 12 )


Sábado 18 de Agosto a partires das 22h. Con Ludovaina, Zurrumalla, Ruxe-Ruxe, A Compañía do Ruído e Arremecághona's produsións a pé de palco.


Colabora co festival!
Xa podedes atopar as camiisolas nos seguintes locais: As Lagoas, A Cova da Laxe, Buxaina, Churumbel, Froitería Quina, Pizza Bona


Ver mapa máis grande
- Vilariño- Ludovaina- Zurrumalla- Ruxe-Ruxe- A Compañía do Ruído- Arremecághona -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SondeSeu na Festa da Cultura que se celebra os días 7 e 8 de Xullo na Porta do Sol, en Vigo
http://centrosculturaisvigo.blogspot.com.es/2012/06/festa-da-cultura-2012-programacion.html
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 12 )


Unha das festas máis importantes de Vigo, está a punto de chegar a nosa cidade: A Festa da Cultura de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

A próxima fin de semana, 7 e 8 de xullo, tedes unha cita na Porta do Sol en Vigo. Actuacións de forma continua; grandes concertos; serán; postos de artesanía; feito a man...Dous días cheos de cultura e diversión.
A programación e a prde de actuacións serán as seguintes:
-Sábado 7 de xullo:
- 10:30- Inauguración
- 11:00- Grupo de gaitas "O Coto"
- 11:00- Exhibición Tenis de mesa
- 12:30- A.F.os ventos de Comesaña
- 13:00- A.F. Corisco

-18:00- A.F.Queixumes
-18:30- A.F.os trasnos da gaita
-19:00- Cantareitas da A.F.Rueiro
-19:30- A.F. Lembranzas Galegas
-20:00- Grupo de danza oriental da SCD Helios de Bembrive
-20:30- Grupo Etnográfico A Buxaina
-21:00- A.F.Froles Novas
-21:30- A.F.Andarela
-22:00- A.F.Asubío
-22:30- A.C.Traspés
-23:00- Serán popular

-Domingo 8 de xullo:
-11:00- Grupo de Gaitas do CCR de Cabral
-11:30- Escola de Acordeóns do CVC de Valladares
-12:00- Grupo Baile Moderno Matamá
-12:30- Banda de música Ateneo de Bembrive
-13:15 -Acto Central con Autoridades
-13:30- Actuación de 150 gaiteiros da Agrupación
-14:30- Comida oficial Autoridades e Entidades
-22:00- Concerto da orquesta Folk "Son de Seu"
Para acompañar todo isto, haberá talleres para nenos, postos artesanais pola rua, animación exposicións...e unha morea de cousas que non vos podedes perder. ¡¡Esperámosvos!!
- SonDeSeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O son dos Bombos do Miño nas festas de Amorín - Tomiño

(texto engadido o día 5/ / 7/ / 12 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Festa Rachada en San Vicenzo da Baña (A Coruña)

(texto engadido o día 5/ / 7/ / 12 )


7 de Xullo de 2012, dende as 13h, na area recreativa Agra de Chans

As Chispas de Compostela, Raul Galego, A Requinta da Laxeira, Armadanzas de Laraño, Cantares do Brión, Os Modernos, Os Terribles de Donas, Os Carriços Gaiteiro,..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos este verán de Transilvanians

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 12 )


29 de Xuño 2012 @ O Torreiro da Festa
(con A MAGNIFIQUE BAND DOS HOMES SEN MEDO)

11 Xullo 2012 @ Miudiño (Ourense)

21 Xullo 2012 @ BACK ON THE STREETS FESTIVAL
(Waldlaubersheim, Germany) Backing ROY ELLIS.

28 Xullo 2012 @ REGGAEBOA 2012 (Balboa, O Bierzo)

03 Agosto 2012 @ Black Bird (Santander)

04 Agosto 2012 @ XV INTERNATIONAL ERROMO SKA-REGGAE FESTIVAL
(Getxo) Backing ROY ELLIS.

25 Agosto 2012 @ II SKA ALL NIGHT (La Iguana Club, Vigo)

15 Setembro 2012 @ MINHO REGGAE SPLASH
(Vilanova de Cerveira, Portugal)
- Transilvanians -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Chotokoeu - Xira de Verán
http://chotokoeu.wix.com/chotokoeu#!__galego/concertos
(texto engadido o día 27/ / 6/ / 12 )


25 Xuño - El Gran Café - León
27 Xuño - Sala Factoría - Tarrassa
29 Xuño - Fusion Festival - Alemania
4 Xullo - The Bell - Bath UK
5 Xullo - The Blind Tiger - Brigton
7 Xullo - The Magic Garden - London
12 Xullo - Les Tonnerres - Francia
21 Xullo - Irie Vibes Festival - Belgica
28 Xullo - CSOA Cartella - Reggio, Calabria, Italia
29 Xullo - Ágora Hostel - Catania, Italia
2 Agosto - Festival Sincero - Sicilia, Italia
5 Agosto - Festival Pardiñas - Guitiriz, Lugo
8 Agosto - Curral do Marqués - Taragoña, A Coruña
11 Agosto - Festas de Manzaneda - Manzaneda, Ourense
17 Agosto - Sala Garufa - A Coruña
18 Agosto - Festival Fin do Camiño - Fisterra, A Coruña
22 Agosto - Miudiño - Ourense
25 Agosto - Festival Rebumbio - Mos
31 Agosto - Festival Vibra Balboa - Balboa, León
- Chotokoeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]