Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


O Proxecto Florencio en Lugo - Última oportunidade pra ver a orquestra dirixida por Germán Díaz
http://folque.com/actualidade/nova.php?id=1069&lg=gal
(texto engadido o día 4/ / 9/ / 12 )


aCentral Folque, co apoio da Deputación de Lugo e do Concello da Fonsagrada leva desenvolvendo desde novembro de 2011 PROXECTO FLORENCIO, unha proposta educativa para músicos de toda Galiza centrada no repertorio de Florencio dos Vilares: violinista cantor e contador natural da Fonsagrada de grande relevancia dentro do patrimonio musical galego. O espectáculo resultante foi estreado en A Fonsagrada no mes de xullo. Este xoves 6 de setembro ás 20:30 será presentado no Museo Provincial de Lugo, baixo a dirección musical do zanfonista Germán Díaz e coa presentación de Celso Sanmartín.

O Museo Provincial de Lugo acolle a presentación Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes, unha proposta artística vangardista que homenaxea a unha figura patrimonial de grande importancia e nado na comarca da Fonsagrada. No espectáculo participan 14 músicos de toda Galiza que levan traballando meses en torno a Florencio, O Cego dos Vilares. Durante as sesións de traballo ao longo do curso tamén estiveron presentes profesionais de diferentes disciplinas que achegaron coñecementos teóricos sobre diferentes aspectos do repertorio de Florencio: Dorothe Schubarth (musicóloga e autora do Cancioneiro Popular Galego), Pancho Álvarez e Gutier Álvarez (violinistas), Ramom Pinheiro (historiador), Sergio de la Ossa (musicólogo especilista en análise musical).
A labor de arranxo e direción da orquestra creada para o proxecto foi levada a cabo por Germán Díaz, zanfonista de recoñecemento internacional. A súa particular visión outorga ao espectáculo unha estética diferente que enlaza a Florencio coas tendencias musicais mais actuais. O espectáculo tamén contará coa participación do narrador Celso Sanmartín, quen conducirá a velada a través de historias que trasladarán ao público á realidade de Florencio e poñerán a nota de humor.
Paralelamente ao proceso de traballo cara a elaboración do espectáculo, dentro Proxecto Florencio leváronse a cabo outras actividades como obradoiros divulgativos nos centros educativos da Fonsagrada sobre a figura do Cego dos Vilares ou ensaios abertos ao público no salón de actos municipal da mesma vila.

Florencio dos Vilares.
Florencio dos Vilares faleceu no ano 1986, mais na Fonsagrada é recordado por grande parte da poboación. Romances cantados por el coa axuda do seu violín, como A Filla de Bartolo ou O Testamento do Gato forman parte da memoria colectiva de grande parte da comarca. Florencio cantaba nas festas, feiras, onde houbera un grupo de xente a quen entreter coa súa música e os seus contos.
O Cego dos Vilares non é un caso illado. Ata mediados dos século XX era frecuente en toda Europa que as persoas invidentes se dedicasen a levar a súa música polas festas e mercados como medio de subsistencia. Os instrumentos cos adoitaban acompañar o canto máis frecuentemente eran zanfonas, violíns ou instrumentos de corda pulsada. Normalmente ían acompañados dunha persoa que os guiaba, en moitas ocasións un rapaz de curta idade, quen acompañaba con algún instrumento de percusión ou se dedicaba a vender os pregos de papel que gardaban escritas as letras dos chamados Romances de Cego.
Florencio está considerado o último cego músico ambulante que se dedicou á labor de transimisión da tradición oral. Foi gravado e estudado por persoas como Dorothe Schubarth, Antón Santamarina ou Mini e Mero. Sen dúbida Florencio é unha figura enormemente importante no patrimonio musical galego, desde o punto de vista histórico e musicolóxico.
- Florencio- Germán Díaz -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas da Rúa de Baixo 2012, Compostela

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 12 )



- Festas da Rúa de Baixo- carapaus- o recobío -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de taberna e Festival de Folclore na X Festa do Marisco de Vigo

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 12 )


Será o Sábado 8 de Setembro no porto pesqueiro de Vigo.
20:30. Festival de Folclore Galego co grupo MEIRAMAR-AXÓUXERES,
21:30 Canción de Taberna co grupo LEMBRANZAS
- Cantos de Taberna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



24 Festa do Requeixo en A Capela

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 12 )



- Chiculate- Balakandra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xogral e Ardentía na LIII Festa do Viño do Condado (Salvaterra). Sábado 25 de Agosto a partires das 23:30h

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 12 )



- Ardentía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festa da pandeira en Piornedo
http://abelladeira.blogspot.com.es/2012/08/vii-festa-da-pandeira-en-piornedo.html
(texto engadido o día 25/ / 8/ / 12 )


25 de agosto
VII FESTA DA PANDEIRA en PIORNEDO
Organiza: A.C."O Teixeiro", Grupo "Polavila" r Juanjo Fernández.
Esta séptima edición estará dedicada a Aurelia Gómez nacida en Moreira.

Programa:
13.00h. Acollida y chegada das tocadoras.
14.00h. Xantar homenaxe.Asistencia con invitación.
17.00h. Actuaciois. Asistencia libre. As tocadoras que o desexen realizarán diversas interpretaciois ca pandeira.
20.00h. Baile nocturno. Interpretaciois expontáneas para baile a cargo dos músicos y cantadores entre o público asistente.

Se prevé la asistencia de Cecilia de Coro, Pilar de Marelo, Inés de Naipes, Aurelia da Fonte, Argentina Frey, Dulcinea Villar, María e Arcides González, Cecilia González, Esther e Valentina González, Laura Osorio, Adelaida González, Rosa Abella, Nélida Osorio y María de Alonsico.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Festival Xironsa
http://atimeucambados.blogspot.com.es/2012/08/x-festival-xironsa-unha-decada.html?spref=fb
(texto engadido o día 25/ / 8/ / 12 )


GRUPOS PARTICIPANTES NO FESTIVAL XIRONSA DESTE ANO:

BOU DE BOU
CANIVELA
XIRONSA


Xa está aquí o X Festival Xironsa, este ano mais cargado que nunca de avtividades varias pois cumpre xa unha década este coñecido festival. A asociación cultural botou os seus restos
e o 25 de Agosto en Cambados, máis concretamente na praza da Seca en Corvillón vaise a aburrrir só o que quiera, porque se tes gaña de Troula os de Xironsa vanche celebrar unha festa por todo o alto.

Así ás 12 da mañá pasarrúas a cargo do grupo Xironsa, as 14 h. Xantar Popular, as 16 h. animación, as 17 h. campionatos de Escoba, de Rá infantil e de Chave. As 17.30 horas xogos populares, carreira de sacos, zancos, carrilanas e tiro de Corda. As 21 horas Fiestival Xironsa coa actuación estelar de Bou de Bou, Canivela e Grupo Xironsa. As 22,30 horas mexiloada gratis, entrega de premios e sorteo dunha cesta. E as 23 horas e ata que o corpo aguante Charanga OT e Sesión Friki Disco. O Xantar está composto de empanada, churrasco, viño, auga e pan, postre e café. Os prezos moi asequibles, así os nenos menores de cinco anos é gratuito, de 5 a 14 anos custalles 5 € e de ahí en diante 10 €. As tarxetas están a venta nos seguintes establecementos: Fatima Costa, Supermercado Solymar, Supermercado Claudio, Drogueria Casaldarnos, local da Asociación Cultural (antiguo colexio de Corvillón), ou no telefono 645827205, a data limite para a retirada de tarxetas é o vindeiro 21 de Agosto, para acudir o xantar e imprescindibel presentar invitación.

Esta Asociación Cultural está a facer unha labor impresionante en Cambados, ademais inclue nas clases a todo mundo, pero todo esto, o meu xuizo, non seria posible sen unha persoa en concreto o gaiteiro Nacho que ten un enorme grupo humano por detrás, que está a facer unha labor fora de toda dúbida a prol da nosa lingua, as nosas costumes e sobre todo da nosa música.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vibra Balboa! 2012

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 12 )


Xa podemos confirmar que o 31 de agosto e o 1 de setembro vibrará Balboa!!!

A segunda edición do FESTIVAL VIBRA trasládase a Balboa, o enclave perfecto para pasar dous días tranquilos en contactoa coa natureza e recibindo vibracións da música, do circo, do lume,....

Un festival totalmente autoxestionado que contará con todo tipo de actividades.

AVANCE DA PROGRAMACIÓN

VENRES 31:

· Duendes Eskapaos (Rumba)
· Caixa de Tambora (Percusión Africana)
· Güintervan (Músicas Balkánicas)
· Dandy Fever (Ska Rocksteady)

SÁBADO 1:

Actividades de día. Dende as 13 h: Música e actuacións de gorra. Circo, malabares, títeres, maxia, concertos acústicos...
Zona de xogos, zona de percusión, zona de lume, artesanía...

Concertos:

· Folkólicos (Folk Fusión)
· Chotokoeu (Festa e carallada)
· Skarallaos (Reggae-Ska-Punk)
· Hadri H (Rumba, Balkan, Ska, ElectroSwing,...)

AS ENTRADAS DO FESTIVAL SON DE 8 EUROS ANTICIPADA E DE 10 EUROS EN TAQUILLA. Confirmaremos os puntos de venta cando ás entradas saian á venta.

AQUI TEDES O LINK DE COMPARTIR COCHE PARA IR O FESTIVAL.NON DUDEDES EN OFERTAR AS PRAZAS,VADES AFORRAR E A PASAR UN BO RATO !! http://agenda.blablacar.es/festival/9383-vibra-balboa-2012

Para calquer dúbida podedes escribirnos a vibrafestival@gmail.com ou por aquí.


ESTA CHEGANDO!!!!

- Güntervan- Dandy Fever- Chotokoeu- Skarallaos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada do Demo en Pontevedra

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


“REVIVINDO O ESPÍRITO DAS VELLAS VERBENAS”

O segundo terzo do século XX foi un tempo de cambios para a música tradicional galega. Novas modas e novos ritmos chegaron ó noso folclore da man de viaxeiros, emigrantes e, como non, tamén da radio. Rumbas, polkas, vals ou pasodobres empezaron a ser frecuentes nas nosas festas, e eses novos ritmos levaron tamén a novos bailes. Aparecía así, non sen a forte oposición da Igrexa, o baile agarrado que competía coas nosas muiñeiras e xotas.



Xunto cos gaiteiros tradicionais, xa dende comezos de século, empezaron a aparecer novas formacións que, por influenza das bandas de música, incorporaban instrumentos como o saxofón, o clarinete, a caixa ou o bombo con pratos. Nacen así as charangas, as murgas e as orquestillas que incorporan no seu repertorio os novos ritmos e bailes de moda no momento. A partir dos anos 60 irrompen as orquestras que van relegando nas festas, pouco a pouco, as populares bandas de música.



Estes cambios e novos aires na nosa música influíron, como non podía ser doutro xeito, nas nosas festas e bailes. Os tradicionais seráns, ruadas e fiadeiros convivían como boamente podían cos bailes organizados e coas verbenas que, amenizadas por charangas e orquestras, se organizaban co gallo das festas patronais.



É precisamente o espírito desas verbenas dos anos 40 e 50 o que Os Chichisos pretendemos recuperar coa Foliada do Demo. O baile agarrado ó ritmo das charangas e baixo un ceo de bandeiriñas e bombillas de colores, un xeito de vivi-la festa onde a música e o baile son os protagonistas, onde a participación da xente —máis alá de meros espectadores— é fundamental para poder revivi-lo ambiente e emoción daquelas verbenas de verán que hoxe tan só existen na lembranza dos máis vellos.



Agardamos a túa presenza nesta festa, se pode ser ataviado con roupas propias dos anos 50...un sombreiro, un chaleco, unha saia de tubo, ou acampanada, unha blusa ou un xersei, queda todo no voso propio gosto ou posibilidade.



Haberá unha rosquilleira, pra endulzar a noite, bandeiriñas e luces de colores.

- Foliada do Demo- Os Chichisos- Alvariza -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Festival da Poesia volta ao Condado com a denuncia do sistema económico como eixo
http://scdcondado.org/festival.htm
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado pechou o programa da XXVI ediçom do seu Festival da Poesia, que tem como eixo vertebrador o lema ‘Capitalismo é um feito, revoluçom um direito’. Exposiçons, projecçons, recitais e outras actividades vam estar relacionadas com essa legenda, com a que, por parte da SCD, se quer denunciar a farsa da crise e a inhumanidade do sistema económico.

O Festival da Poesia começa na tardinha sexta-feira, 31 de agosto, com a apertura de exposiçons e a projecçom de audiovisuais. Às dez e meia começa a Noite nas Minas com a actuaçom de Sés. Esta convocatória é a única com aforo limitado, já que se celebra dentro das Covas de Dona Urraca. As entradas podem-se reservar no endereço de correio electrónico scdcondado@scdcondado.org. Depois do concerto haverá repichoca no campo da festa.

No sábado, 1 de setembro, as actividades começam de manhá com um passa-ruas com Nos Chamam, o Aberto de Bilharda da Poesia, e a feira de artesanato e associaçons. Também de manhá, na Casa do Conde, haverá umha mesa redonda com repressentantes sindicais para debater sobre o assunto que centra esta ediçom do Festival.

Na tarde do sábado os pequenos e pequanas som protagonistas com a Festa Infantil (desde as cinco na zona das muralhas). Às sete e meia projectaram-se as curtas premiadas no Festival de Cans. O Festival Poético-Musical começa às nove. Apresentado por Clara Gayo e Íria Pinheiro, nel vam dar mostra do seu trabalho poético Daniel Salgado, Xiana Arias, Roi Vidal, Eduardo Estévez, Ramiro Vidal, Susana Sánchez Aríns, Gonzalo Hermo, Silvia Penas e Claudio Rodríguez Fer. As súas leituras mesturaram-se com as actuaçons de O Sonoro Maxín, Cuchufellos, Sacha na Horta e Dios Que Te Krew.

Como cada ano, a SCD edita umha compilaçom de textos dos e das poetas participantes que se poderá adquirir nos dias do Festival. Ademais, disponibiliza todo tipo de serviços para o público, como campismo, duchas, etc., de balde.

Nos vindeiros dias iram-se confirmando algúns detalhes. Polo momento, a SCD do Condado agradece a difusom desta informaçom.

Para mais informaçom podem contactar com o endereço de correio electrónico scdcondado@scdcondado.org ou com os telefones 699268032 (Irene), 690034632 (Manolo) ou 671200160 (Lara).


Sexta-feira 31 de agosto

19.30
Apertura de exposiçons: Humor Gráfico
COVAS DE DONA URRACA / CASA DO CONDE

20.15
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Umha pola Outra

22.30
Noite nas minas
COVAS DE DONA URRACA
Concerto de SÉS
Ao remate: repichoca ao ar livre e festa!

- Entrada 10 €
- Reservas: info@scdcondado.org ou 646 95 95 87



Sábado 1 de setembro

11.30
Passa-ruas
Grupo 'Nos Chaman'

11.30
Campionato de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato
ZONA DAS MURALHAS

- Reserva de postos: postosfestivaldapoesia@gmail.com

13.00
Mesa redonda
CASA DO CONDE

17.00
Festa Infantil
- Obradoiros de jogos tradicionais galegos
ZONA DAS MURALHAS

19.30
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans

21.00
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS

- Apresentam: Clara Gayo e Iria Pinheiro

POETAS
- Daniel Salgado
- Xiana Arias
- Roi Vidal
- Eduardo Estévez
- Ramiro Vidal
- Susana Sánchez Aríns
- Gonzalo Hermo
- Silvia Penas
- Claudio Rodríguez Fer

GRUPOS
- Cuchufellos
- O Sonoro Maxín
- Sacha na Horta
- Dios Ke Te Crew
- Festival de Poesía do Condado- Cuchufellos- O Sonoro Maxín- Sacha na Horta- Dios Ke Te Crew -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Rebumbio Mos 2012 | 24 e 25 de Agosto
http://festivalrebumbio.blogaliza.org/
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


Volvemos a carga cun Rebumbio cheo de música e diversión, para quitarnos de enriba o pesadelo da crise, ou polo menos para esquecela durante uns días. Porque loita si, pero festa tamén, faremos que o Rebullón acabe coas patas do revés.
E iso como se consegue? enchendo o monte do mellorciño da musica feita na Galiza, sabemos que non están todos, pero temos preparada unha boa colleita.

Para escomenzar o venres 24, abrindo palco, dende o Val da Louriña petándolle o rock´n roll e buscando un cervo “The Cillit Band”. Dende máis aló do Confurco, cargados de carraxe e moito punk “Skandalo Gz”. Volvendo a casa, pasando polo turreiro de Torroso “The Turre´s Band”. Pero inda temos máis en calquera momento da noite, do dia ou da madrugada “Os Veraneantes”.

O Sábado 25, abrindo a noite ben preto da barra, facendo palleiro punk “Os Residuos atractivas”. Xa no palco da festa, dende as terras de Vigo collendo impulso cun tirante de Rande “ La Banda de Andrelo”. Fasendo ruído coa barrijiña, dende Ribeira (Viva a festa da Dorna!) “A Compañía do Ruído”. Recen chegados de andar polas europas levando a súa música e o seu espectáculo, farán unha parada no Rebumbio “Chotokoeu”. Máis que músicos, son amantes da festa e da diversión, dende a República do Macizo Central “Os Cuchufellos”. E dándolle o remate que se merece a unha noite tan longa, unha sesión que fará bailar os sobreviventes de tanto Rebumbio, os pratos “Hadri Hache”.

Si meus querid@s feligreses da festa, dous días cheos de festa, regados con abundantes vatios de son e luces, tapadiños por unha carpa, nun entorno previlixiado... pero xa sabedes que todo iso non seria posible, de non ser polas empresas anunciadoras, a Comunidade de Montes de Tameiga, a xente das Pedriñas e moita máis xente que nos bota unha man ou as dúas.

- Rebumbio- Compañía do Ruído- Chotokoeu- Cuchufellos- Skandalo Gz- The Turre´s Band- Os Veraneantes -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Tiruleque 25/08/2012 Randufe (Tui)
https://www.facebook.com/events/100195210131018/
(texto engadido o día 19/ / 8/ / 12 )


Ven bailar unha peza o Adro da Guía xa que temos FESTA ASEGURADA.

Teremos PINCHOS A PRECIOS POPULARES e o espectáculo, diversión e, sobre todo, A GRAN TROULA correrá a cargo do grupo TIRULEQUE de A Coruña.

¡¡¡¡ AGARDÁMOSTE !!!!

GRUPO TIRULEQUE







Noticia enviada por acdxuntanza

- tiruleque- randufe- tui -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



25 Aniversario de Tahúme (Ribeira)
http://www.facebook.com/tahume.grupo
(texto engadido o día 17/ / 8/ / 12 )


18 e 19 de agosto XORNADAS 25 ANIVERSARIO TAHÚME 1987 - 2012

"Gracias a todos os veciños da parroquia de Olveira e arredores por acompañar onte ao grupo de baile e música tradicional tahúme no ensaio xeral celebrando un día de festa na nosa parroquia. Todos vós formades parte da nosa historia; sen vós, nós non existiríamos e onte demostrástedelo acompañándonos. Esperámosvos de novo este sábado 18, no pavellón de Coroso, para vivir moitas máis emocións e alegrías todos xuntos."
- Traspés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa Galega de Malpica
http://www.quepasanacosta.com/?p=17565
(texto engadido o día 17/ / 8/ / 12 )


I Feira Medieval Marineira de Malpica 2012
Venres 17 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- 22.00h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación da Coral de Malpica
- 22.30h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación do grupo Media Ducia.
Sábado 18 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- 11.30h Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
- 17.00h Pasarrúas mariñeiro
- 19.15h II Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica)
- 22.00h ilalelo (Carlos Blando e Budiño)
- 23.15h Bellón Maceiras Quinteto
- 00.45h Treixadura
- 02.30h Fol de Veneno
- 03.45h Remate da festa.
Domingo 19 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- ilalelo- Budiño- Bellón Maceiras- Treixadura- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



NOITE DA LÚA MEIGA 2012 (O VISO - REDONDELA)
www.noitedaluameiga.org
(texto engadido o día 16/ / 8/ / 12 )


Musica tradicional, xogos para nenas e nenos, concertos, xantar, obradoiros, ... o sábado 25 de agosto no torreiro da Gándara (O Viso en Redondela).

13h Concentración de Meighachimpins

16h Roteiro de Meighachimpins pola parroquia

18h Xogos tradicionais
Obradoiro "Fai A Túa Meigha" con Xoeira
Obradoiro de "Xogos Bailados" con Xabier Iglesias
Ce Orquestra Pantasma sesión infantil

22h Concerto con:
AC/CD AS CHISPAS DE COMPOSTELA
AS LAGHARTEIRAS
CARAPAUS
CE ORQUESTRA PANTASMA
ZURRUMALLA

Noticia enviada por xcovelo

- viso- redondela- musica- tradicional- xogos- infantil- festa- rachada -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festival NOALLA VIVA (Noalla - Pontevedra)

(texto engadido o día 8/ / 8/ / 12 )


7 e 8 de Setembro na Carballeira de Noalla (ó lado da igrexa)


Venres 7: Concurso de bandas locais no que actuarán BALUMADA, INTRO, BLACK HAWKS, CICLOGÉNESIS e CALLE DEL RUÍDO. Ó remate dos concertos, votación popular para elexir o mellor grupo.

Sábado 8: Tarde alternativa na que podrás elixir entre a ruta de sendeirismo, o Aberto billardeiro do licor de toxo ou coñecer o noso pobo. Á noite festa rachada e música da boa... LIVIAO DE MARRAO + THE SKARNIVALS + FAMILIA CAAMAGNO + ZËNZAR (presentación do seu novo disco).

Ámbolos dous días a pinchada posterior ós concertos correrá a cargo de dous grandes como son ALEX ON THE MOON e SONFUNKTASTIC.

Acampada libre no mirador nas Canteiras e carpa na zona dos concertos en caso de choiva!!
Entrada de balde e prezos populares!! Pero tener cuidado con el tojo que pica la ostiaaaaaaa!!

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Chega unha nova edición da Festa Folk na Fin do Camiño (Fisterra)

(texto engadido o día 8/ / 8/ / 12 )


Nada no ano 99, coa intención de reivindicar a fin do camiño en Fisterra (e tamén como resposta a súa non inclusión nos circuitos do Xacobeo nin nese ano nin no 93) a FESTA FOLK NA FIN DO CAMIÑO, organizada pola Asociación C.D.X. Anchoa, convertiuse xa nunha cita ineludible no calendario festivo-cultural da Costa da Morte.

18 de Agosto de 2012
- Stolen Notes
- Estimaba que Viñeras
- Os Tres Trebóns
- Chotokoeu

- Festa Folk na Fin do Camiño- Estimaba que Viñeras- Os Tres Trebóns- Chotokoeu -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Prehistoria 2012 (Mos - Pontevedra)
http://festadaprehistoria.wordpress.com/2012/07/11/programacion-festa-da-prehistoria-2012/
(texto engadido o día 8/ / 8/ / 12 )


VENRES 3 – no Pazo de Mos ás 19:00h.

- Inauguración da exposición “ARTESANÍA DA PREHISTORIA” (todo o mes de agosto).

- CONFERENCIA: “AS PEDRAFITAS EN GALIZA, funcións e xeneralidades: Grupos específicos”

de X. Alberte Alonso Fernández membro da S.A.G.A. (Sociadade Antropolóxica Galega).



DOMINGO 5 – EXCURSIÓN-VISITA GUIADA ÁS MÁMOAS DE ERVILLE.

Percorrido circular: saída ás 10:00 h. Alto de San Cosme / Chegada ás 13:00 h. Aprox.

VENRES 10 – dia da involucion -

- Apertura do poboado da Penacova . Acendido do Lume Sagrado (10:00h.) = Actuacións musicais.

SABADO 11- dia grande .

- Demostracións e obradoiros: instrumentos musicais vexetais, tiro con propulsor, fabricación de ferramentas líticas, técnicas para facer lume, elaboración de pan prehistórico e pintura corporal.

- Gastronomía cavernícola.

- Enfrontamento e recepción das tribos participantes na Lapiñeira da Fraga.

- Xogos e competicións entre as tribos participantes.

- Compañía de títeres TANXARINA -nova versión do seu espectáculo “Trogloditas”.

- Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.

- Actuacións musicais.

Atun con Punk / Vaite Xa / Os Chichisos / Kallaikoi / Covers Band

- Festa da Prehistoria -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Actuación de Doa nas festas de María Pita (A Coruña)

(texto engadido o día 7/ / 8/ / 12 )


Xardíns de Méndez Núñez
XOVES 9 as 20:00h
Entrada de balde
- Grupo Doa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa As Nosas Músicas de Couso (A Estrada).
http://asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 3/ / 8/ / 12 )


14 de Agosto de 2012

OBRADOIROS (con inscrición e prazas limitadas, inscripción na web)

10:30-14:00
CANTAS CONTAS? OBRADOIRO DE COLARES PARA O TRAXE TRADICIONAL
15 prazas
15 €
Imparte: Berta Gómez

10:30-14:00 16:00-18:00
A PANDEIRETA NA PROVINCIA DE LEÓN
20 prazas
15 €
Imparte: David Omaña

16:00-18:00
INICIACIÓN Á AFINACION E TEMPERO DA GAITA
15 prazas
10 €
Imparte: Antón Varela

18:00-21:00
PANDEIRETA 4 x 4: OS XEITOS DA PANDEIRETA TRADICIONAL EN GALICIA
20 prazas
12 €
Imparte: Carlos Álvarez



ACTIVIDADES (acceso libre e gratuíto)

17:30-19:30 A XOGAR: DE TROULA EN TROULA
Obradoiro de Xogos tradicionais para todas as idades (XANDOBELA)

19:30-21:00 PASEO, PUNTO, VOLTA
Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego (Carlos Xosé Vidal)

21:00 RUADIÑA HAINA HAINA
Espazo para a música e o baile tradicional, CON PANDERETEIRAS E BAILADORAS DE MONDARIZ E PAZOS DE BORBÉN

Actuacións a partires das 23h:
RETROUSO (A Estrada)
OS CEMPÉS (Ferrol Terra)
O GHUSTO DO BOI (Boqueixón)
VAI DE RODA (Rianxo)
ZURRUMALLA (Vigo)

Descarga o programa para levar aquí
- Retrouso- Os Cempés- Zurrumalla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]