Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


20 de Outubro - Foliada e Festa na 2ª jornada LNB em Muimenta. Terra Cha nom se vende.
http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/2012/10/15/2o-jornada-lnb-em-muimenta-terra-cha-nom-se-vende#comments
(texto engadido o día 20/ / 10/ / 12 )


A que será a 2ª jornada da liga na conferência Norleste de bilharda terá contéudo em protesto em contra das minas na Terra Cha. O aberto terá lugar o sábado dia 20 às 16h00 no campo da festa de Outeiro. Haverá petiscos e foliada posterior ao aberto.
Bilharda contra a exploraçom do seixo na Terra Cha

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



9 de Novembro: Foliada no Salasón (Cangas)

(texto engadido o día 17/ / 10/ / 12 )


Xa están aquí as foliadas de SalaSon. Esta primeira de outono vai comezar cun pequeno concerto a cargo do grupo do Morrazo Saramaghanta para quentar motores. A continuación, música e baile tradicional a tutiplé. Ven facer festa con nós.

Entrada de balde

- Salasón -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán no Rosal

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 12 )


Sábado 13 de Outubro
Un ano máis celebramos no Rosal un novo serán que terá lugar na fermosa praza do Calvario.
Animamos a toda a xente a pasar unha noite de música tradicional con nós e con tódolos grupos que desexen participar.
Como é costume haberá chourizos e viño de balde, e para rematar a festa, chocolate

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da recolleita do millo e magosto popular en Matamá (Vigo)

(texto engadido o día 11/ / 10/ / 12 )


Organizada polo Colectivo Malaherba celebrarase o vindeiro día 12 de Outubro nas inmediacións do Muiño da Regueira en Matamá (Vigo)

- Magosto- Os Irmandiños de Vincios- Tridente -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



San Froilán 2012. Concerto de En Clave de FaDo ás 20.15 na Praza de Sta María, Lugo

(texto engadido o día 8/ / 10/ / 12 )


En Clave de FaDo ofreceravos un concerto especial, que terá lugar na praza de Santa María de Lugo, o 12 de outubro ás 20.15, dentro do programa de festas de San Froilán. Será o último que dará o grupo no 2012, un ano de máis de 50 concertos por toda a xeografía galega

Noticia enviada por enclavedefado

- En Clave de Fado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIV Xuntanza de Gaiteiros 2012 en Fene
http://nocombaro.wordpress.com/2012/09/29/xxiv-xuntanza-de-gaiteiros-2012-en-fene/
(texto engadido o día 1/ / 10/ / 12 )


A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” está a organizar unha nova edición da Xuntanza de Gaiteiros, a número XXIV, que se celebrará o sábado día 06 de outubro as 19.30 horas na S. C. R. D Agarimo de Sillobre (Fene).

Este ano é un ano moi especial para nos xa que cumprimos 25 anos. 25 anos de traballos e esforzos, de penas e alegrías, de ilusións e decepcións, de horas e horas en autobús, de durmir como e onde se podía…. pero visto agora cremos que todo valeu a pena.

Sempre aproveitamos a celebración da nosa Xuntanza para homenaxear a algunha persoa, grupo ou entidade que se destacara pola defensa e apoio á nosa música tradicional. É que mellor ocasión que a celebración do noso XXV aniversario para homenaxear a dúas persoas básicas na nosa historia: Miguel e Chus.

Miguel Doval e Chus Niebla son os reponsables, dende hai case que 20 anos, das distintas seccións da nosa entidade. Miguel e Chus foron e son capaces non so de aprender a tocala gaita, cantar ou bailar, senón que foron e son quenes de manter a ilusión, e o compromiso de todos/as os/as que foron ou son compoñentes de Airiños de Fene coa nosa música.

Para esta Xuntanza tan especial para nos quixemos rodearnos de amigos/as, e podemos confirmar a participación na XXIV Xuntanza de Gaiteiros de Susana Seivane, Xabier Díaz, BellónMaceiras Dúo, Cantareiras “Xerfa”, Coral Polifónica “Agarimo” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”.

Gustaríanos contar coa túa presenza o sábado día 06 de outubro as 19.30 horas na S. C. R. D Agarimo de Sillobre (Fene) para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar desta festa na defensa da nosa música, así como na homenaxe a Miguel e Chus

- Susana Seivane- Xabier Díaz- BellónMaceiras- Xerfa- Agarimo- Airiños de Fene -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán da Colleita - en Parderrubias-Salceda de Caselas - no Torreiro da Igrexa o 6 de outubro

(texto engadido o día 3/ / 10/ / 12 )


O sábado, 6 de outubro, a partir das 21:30 Hs., a Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural, San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas), organiza unha nova edición do Serán da Colleita.

Exposición de produtos tradicionais, gastronomía, música e canto comparten espazos, tempo e festa no Centro Cultural e Social da parroquia salcedense.

Procúrase a recuperación de usos e costumes que xa fan parte da historia local. A referencia é un marco temporal (setembro e principios de outubro) no que se desenvolvían os traballos da colleita; principalmente o millo para o pan e a uva para o viño.

Na eiras coas esfolladas e nas adegas coas esmagadas, o traballo transformábase en festa, sobre todo para os mais novos; entón empezaba a música e o canto que animaba, tralo solpor, o serán até ben entrada a noite.

A Asociación de Veciños convida, a grupos e solistas que queiran compartir un tempo de música e canto, para achegarse a Parderrubias e participar na actividade festiva e tradicional que organiza anualmente esta asociación.

A Xunta Directiva

- Parderrubias -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán en Carcacía (5 de Outubro no Campo da Festa de Pousada)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=115941
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 12 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2317:xiv-mostra-de-musica-tradicional-do-domingo-das-mozas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 12 )


O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cun total de 16 formacións de todo o país nas que se atopan:

Charanga Alvariza (Cacheiras – Teo ), CaraPaus (Santiago de Compostela), Faiscas de Solobeira (Cambados), Os Viqueiras (Ordes), Picuiña (Marín ), Os Terribles de Donas (Gondomar ), Os Chichisos (Pontevedra), Millo Verde (Cambre), Gomes Mouro (Ourense), Os Resesos (Ames), Caivanca (Lugo), Xarín (O Incio), Biouteiro (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes)

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).

Xa pola tarde ás 19.30 horas terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos

- Grupo de Pandereteiras de Brincadeira – Santiago de Compostela

- Ruote- A Coruña
- San Froilán- Alvariza- Viqueiras- Terribles de Donas- Chichisos- Xarín- Ruote -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música Tradicional nas Festas de San Froilán
http://www.sanfroilan.info/
(texto engadido o día 2/ / 10/ / 12 )


4 de Outubro
Coanhadeira e Leilía (praza de Santa María ás 21.15)

5 de Outubro
Saltanocribo e Sondeseu (Praza de Santa Maria ás 20:15)
IV Zumbanocoiro con A Volta do Agro, As Lagharteiras, e Tiruleque (Praza do Campo Castelo ás 22:30)

6 de Outubro
X Festival de Cultura Tradicional (Praza de Santa María ás 18:00)

7 de Outubro
XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas ás 11:30 e ás 17:30
I Certame do Traxe Tradicional Galego no Parque de Rosalía de Castro ás 12:00
Brincadeira, Ruote e Malvela na praza de Santa María ás 19:30
- San Froilán- Coanhadeira- Leilía- Saltanocribo- Sondeseu- A Volta do Agro- Tiruleque- Ruote- Malvela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Folión de Fachas de Vilelos - O Saviñao (Lugo)

(texto engadido o día 8/ / 9/ / 12 )


Venres 28, a partires das 22h

Unha tradicción Castrexa con moitos anos de antiguidade e un grande interese cultural por ser un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva, o folión "de véspera" como tal, para anunciar que van a escomezalas festas parroquiais, con un ritual de lume e música que durará ata ben entrada a madrugada!!. Durante os meses de vran haberá que recoller agucios, que son unhas plantiñas que nacen na primaveira pero non se poderán coller ata que estén ben secos, e eso será aló polo mes de Agosto. Logo de varios días á captura destes ... habera que facelas fachas que serán as encargadas de amenizala festa, faránse o máis grandes posible posto que elas decidirán cando remata a troula pois .... namentres haxa lume haberá festa!!!! (polo menos cando non había ainda luz electrica....). Tamén se farán fachas máis pequenas que serán as encargadas de iluminalo camiño na procesión á "cima" do Castro da Besta, dende o cal se avisa a toda-las parroquias cercanas de que imos estar de festa pois seica se ve dende, polo menos, 7 parroquias ó redor. Segundo contan os nosos antigos a procesión das fachas facíase, nalgunha época, como ofrenda ós deuses para agracederlles as boas colleitas. Quedades todos convidados a visitar este folión, que ben seguro, vos fara vivir momentos inesquencibles e máxicos ...


ESTE ANO CONTAMOS COAS ACTUACIÓNS DE

ZURRUMALLA
E
A BANDA DA BALBINA
- Zurrumalla- A Banda de Balbina -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



bailas? Clases de música curso 2012-2013, A Fervenza de Ouzande (A Estrada)
http://carreiros.blogspot.com.es/2012/09/bailas-clases-de-musica-curso-2012-2013.html
(texto engadido o día 27/ / 9/ / 12 )


CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
ACORDEÓN, GAITA, BAILE, PANDEIRETA, TAMBORIL E CANCIÓNS TRADICIONAIS
AC A FERVENZA DE OUZANDE
Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 29 de SETEMBRO no local do campo da festa ás 16:30 da tarde.

Novidade importante: Este ano teremos clases de CANCIÓNS TRADICIONAIS, ademais das clases de ACORDEÓN, GAITA, PERCUSIÓN, BAILE E PANDEIRETA.


Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. TAMÉN SE INFORMARÁ DO HORARIO DO GRUPO DE CANCIÓNS TRADICIONAIS.

Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.

Anímate a tocar algún instrumento, a cantar ou a bailar. Verás que non é tan difícil, e ademais vaste divertir. Podes inscribirte enviando un correo a carreirosouzande@gmail.com oui asistindo á reunión.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación no Barriga Verde durante as festas das Dores 2012 (Lalín)

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 12 )



- Projecto Mourente- Barriga Verde -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Serán das Tarambainas

(texto engadido o día 16/ / 9/ / 12 )


Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso VII serán, a cita será o vindeiro sábado 22 de setembro a partir das 21.30h, na AAVV A Feira de Cabral, igual que o ano pasado, é moi fácil de atopar, e na estrada que baixa dende o aeroporto ata o Mercado de Cabral, a que está pegada á ITV, e a asociación está ó pé da carretera chegando abaixo ó mercado non ten perda e estará sinalizado.

Esperámosvos a todos con moitas ganas de troula... ¡¡¡NON FALTEDES!!!
Ademáis, as nenas están organizando xogos populares para nen@s no mesmo lugar a partir das 19.30h, así que xa sabedes festa para tódalas idades!!!

Se alguén precisa de máis indicacións, ou algún mapa, ou calquera cousa, pode poñerse en contacto con nós no teléfono 639524613 (Tamara)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festa da Queimada en Carnota

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 12 )


Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, Tanto Nos Ten, Ceo do Sil, A Banda de Balbina, Os Mordecáns..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festa Popular Froles Mareliñas

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 12 )


O próximo día 15 de Setembro, celebrarase na Alameda de Chapela, a II Festa Popular. Música e danza tradicional, comida e bebida, xogos populares,.. e festa ven e toca, un apartado onde os grupos que o desexen poden traer os seus instrumentos e ameizar a festa ata que o corpo aguante.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Voltam as foliadas ao Gomes Gaioso
http://agal-gz.org/blogues/index.php/csggaioso/2012/09/11/voltam-as-foliadas-ao-gomes-gaioso
(texto engadido o día 11/ / 9/ / 12 )


Chegou setembro e aí vem mais um ciclo de foliadas. Como todos os anos retomamos os seraos no Gomes Gaioso após o verao. A música vai-nos juntar de novo e será motivo da festa que com caráter fixo faremos todos os últimos sábados de cada mês. Lembra que também poderás degustar de graça petiscos de produtos do Páis. Vemo-nos sábado 29 a partir das 21h30!
- Gomes Gaioso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Corme terá a súa máxica Noite de Encantos na Furna do Osmo
http://www.quepasanacosta.com/?p=17669
(texto engadido o día 30/ / 8/ / 12 )


Unha das citas máis especiais do verán costeiro é a Noite dos Encantos, que cada ano, ou depende, se celebra na mística Furna do Osmo, en Corme. Este ano hai sorte e xa podemos dicir que o venres 7 de setembro a furna convertirase nunha paraxe preciosa onde a música fará rexurdir aos encantos… E que non quede ningún cativo pola mañá…

Unha festa ademais que ten tintes solidarios. I é que a colonia cormelá sempre ten un recordo para as xentes máis necesitadas. Este ano o concerto faise en solidariedade coa Casa de acollida Rika Inche, situada en Puerto Montt, no Sur de Chile.

Noite de Encantos na Furna do Osmo 2012
A festa comezará a partir das 19:00h no chiringuito “Lixeiros de roupa”, na mesma praia do Osmo. Alí poderase disfrutar dun espectáculo de monicreques e maxia a cargo da Compañía Trecola. Ademais teremos a posibilidade de ver unha exhibición de breakdance a cargo duns compis de Compostela.

A partir das 21:00h, e no mesmo chiringo, teremos os concertos do impresionante e impredecible Leo e Arremecaghona, e Ce Orquestra Pantasma. Estes 2 bravos da música galega de rúa tamén tocarán un temas na Furna, cando comece a máxica noite de concertos a partir 23:00h ma Furna do Osmo. As bandas escollidas son:

Folkolikos (speed folk dende A Coruña).
Debito (hard core melódico dende A Coruña).
Furnier&Noe (hip-hop compostelán).
La tercera vencida (clasicos do rock dos anos 70′s).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festa da Randulfa. Encontros de Música Tradicional en Os Pendellos (Agolada)
http://www.agolada.es/agolada/cartel.php?imagen=APROGRAMA2012RANDULFA.jpg&titulo=VII%20FESTA%20DA%20RANDULFA
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 12 )


Sábado 8 de Setembro nos Pendellos (Agolada)
Organiza: Gaiteiros Bico da Balouta

Mostra de Espantallos, pasarrúas, "Historias do país" (Álex Carro), xogos tradicionais, proxección de videos e fotografías antigas,..

A partires das 22:30 actuación de As Dúas, Raúl Galego e Pau de Buxo; e despois foliada na que se sumarán Herba Grileira, Almudena Vidal, Bico da Balouta, O Balado, Lume na Lareira, Castro Curbín, e a Escola de Música Tradicional de Mesía.



- Randulfa -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa dos Pexegos en Candeán (Vigo)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 12 )



- Abóbriga- Quempallou- Chotokoeu- Cé Orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]