Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Dez anos de loita por un mar de vida - Lira (Carnota) 6, 7 e 8 de nadal
http://www.plataformanuncamais.org:8080/noticia.php?lang=gal¬icia=282
(texto engadido o día 4/ / 12/ / 12 )


A confraría de pescadores de Lira (Carnota) celebrará do 6 ao 8 de decembro unhas xornadas conmemorativas do décimo aniversario da catástrofe do Prestige baixo o título “Dez anos de loita por un mar de vida”.

Coa colaboración doutras confrarías, o concello de Carnota e outras entidades e empresas privadas, os asistentes a estas xornadas terán a oportunidade de coñecer o vídeo Marea de dignididade, de Marcos Galego, nun pase que terá lugar ás 16.00 horas do xoves 6. Ese mesmo día ás 16.30 presentarase o libro do xornalista Xosé Manuel Pereiro “Prestige, tal como foi, tal como somos”. Tamén se organizarán dúas mesas redondas, exposicións, actividades para nenos, un recital poético, un festival musical e cultural e mesmo unha cea solidaria forman o programa, que pretende facer chegar un solplo de recoñecemento aos milleiros de voluntarios de todo o mundo.
Ver programa aqui



Durante os 3 días, 6, 7 e 8 de decembro, estará aberta a exposición “Prestige: A crise dun modelo enerxético insostible”.
O sábado 8 de decembro, terá lugar o groso das xornadas. Ás 11:30h hai Mesa Redonda con pequenos participantes, os alumnos do CEIP Carnota e do IES Lamas de Castelo, baixo o nome “Érase unha vez un barco”. Un gran xeito de facer partícipes aos máis pequenos.
Ás 14:00 h. celebraráse un xantar solidario na Carpa do voluntariado que volverá a instalarse. O prezo do menú é de 7 € (bebida aparte).
E para a tarde, toca doble sesión, con proxección e Mesa Redonda. Ás 16:30 proxectarase a documental “As mans dun pobo: A xente do mar contra a marea negra”, de Xandra Tedín e Ovidio Fdez.
De contado, chega a mesa redonda para maiores, con grandes protagonistas. Estarán o ex patrón da confraría de lira, José Manuel Gómez Leis; Xaquín Maceiras, de Salvamento Martítimo; Sven Swebchs, creador da plataforma “Voluntarios libres”; Isabel Lago, coordinadora de voluntarios do Concello de Carota; Nano Unzueta, de Nunca máis; David Araújo, coordinador de voluntarios do Concello de Pontevedra; e Lina Rodríguez, Técnica en turismo.
E pola noite terá lugar o Festival musical. Estarán facendo festa “Pentalfa”, “Tríade”, “Chévere”, “Naranjas de China” e “Tanto Ten”.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU

(texto engadido o día 30/ / 11/ / 12 )


Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.



RETROUSO
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR


Nace no ano 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande, actuando por primeira vez nas Festas do Socorro da parroquia. A agrupación de música tradicional e popular participou en múltiples eventos musicais e festivos da máis diversa índole como os Seráns da Sala Nasa, en Santiago de Compostela, nas Festas do Barrio de San Pedro, tamén en Santiago, de Música nas Rúas organizado polo Concello de Santiago.
Participou tamén en dúas ocasións no desaparecido Festival Músicas da Terra de Ouzande, e outras dúas mais no prestixioso Folk de Raíz en Callobre, este mesmo ano 2012.
En 2008 foi o gañador do Concurso de música tradicional Xiradela na localidade coruñesa de Arteixo, participando noutros certames semellantes en Luou e na Coruña. No ano 2010 participou no prestixioso Festival As Nosas Músicas de Couso, repetindo cartel no presente ano 2012.
No ano 2011 participou tamén con éxito no Manguelo Folk de Orazo. Ese mesmo ano, tivo a ocasión de participar no festival céltico de Saint Loup da localidade bretoa de Gwegamp, convidado polo grupo santiagués Pana Raiada.
Ademais ten participado en numerosas festas e romarías en concellos como Trazo, Vedra, Barro, Ordes, Laxe, Caldas...., sen esquecer as súas múltiples participacións en celebracións festivas do Concello da Estradas e numerosas parroquias do mesmo.
O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e será presentado oficialmente o próximo venres 30 de novembro no Teatro Principal da Estrada. O disco foi producido polo músico, acordeonista do grupo, Marcos Varela, que é o autor de varias pezas e dos arranxos de todos os temas.
O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes.

Compoñentes:

Noelia Bouzón: gaita
Cesar Vicente: gaita
Fon Chedas: gaita e acordeón
Pablo Neiro: gaita e acordeón
Oscar Durán: gaita
Martín Varela: gaita
Ines Bugallo: gaita e percusión
Manuel Anxo Rey: gaita
Manu Bouzón: gaita
Miriam de Castro: gaita
Marcos Varela: acordeón
Xosé Martíns: percusión e saxo
Manuel Bouzón: percusión
Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada)
Darío Balado: voz (Convidado)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Culturgal 2012 (Pontevedra)
http://www.culturgal.com/index.php
(texto engadido o día 29/ / 11/ / 12 )


PROGRAMACIÓN MUSICAL

O Pazo da Cultura de Pontevedra converterase a próxima fin de semana nunha sala de concertos permanente, na que haberá 18 actuacións en directo e 13 presentacións máis relacionadas coa industrias da música. O Culturgal será a pista de lanzamento de novas bandas e grupos, de festivais, de discos e de iniciativas conxuntas entre artistas de distintas procedencias e disciplinas, como a literatura ou o audiovisual. Ademais, a Fundación de Autor celebrará na Feira das Industrias Culturais a súa Semana de Autor, adicada este ano aos Dereitos Humanos e a asociación Músicos ao Vivo organiza dúas charlas e un encontro con novos talentos.

Dúas características da música galega que quedan patentes na programación musical de Culturgal 2012 son a diversidade e a vitalidade. Haberá música de todas as disciplinas e para todos os públicos, desde o máis moderno El Trapicista, de Erin Comando Katana, ata o folk dos Irmandiños de Vincios, pasando polo rock de Martelo, a música de raíz do Vámola Alboreando, a festa destilada de Linho do Cuco, o humor musicado de Os da Ría ou a tradición reinterpretada de Enrique Paisal, que retomará a Los Tamara en clave de piano, clarinete e voz. Sen olvidar aos máis cativos da casa, que poderán subirse ao tren De María Fumaça, gozar coa reinterpretación que fai a cantante María Inés Cuadrado da Berenguela de Manuel María ou achegarse ao novo traballo multidisciplinar de Mamá Cabra, Bicos de música.

A Feira tamén dará boa conta do dinamismo do sector, coa presentación de novos grupos e propostas como Balakandra, Virandeira Folk, Flip Corale y Los Macabros, A Máquina do Tempo, a Factoría de Subsistencia de Josito Porto ou o Martelo de Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Max Gómez. A cantante Uxía achegará dúas boas propostas de traballo multidisciplinar, ademáis da xa mencionada María Fumaça: Andando a Terra, un disco que pon música aos poemas de Manuel María e Cantigas de Muller, un compendio das voces femininas. Ademais, presentará o décimo aniversario de Cantos na Maré, a cita anual obrigada coas músicas da lusofonía.

Semana de Autor
A Fundación Autor lanzará dende o Patio de Culturgal unha pílula previa do que será uns días máis tarde a súa Semana de Autor, que este ano está dedicada aos Dereitos Humanos. Faino cunha selección de novos talentos musicais, o sábado 1 a partir das 17h, Xoán Curiel presentará o seu Magnético Zen, Emilio Rúa o seu Destino Sur e Silvia Penide y los Animales o Animal de Compañía. Todos eles, novos traballos de artistas emerxentes dentro da escena musical galega.

Músicos ao vivo
No eido profesional, poderemos asistir á presentación do proxecto Womex 2014 en Santiago de Compostela, a máis grande feira internacional de música. Ademais, haberá unha charla sobre os dereitos de autor organizada por a asociación Músicos ao Vivo e un Micro Aberto, unha oportunidade para que os novos artistas consulten as súa dúbidas profesionais cos representantes da asociación.

Fóra da feira
Finalmente a música traspasará os muros da feira e o venres pola noite espallarase pola cidade de Pontevedra: Toques do Caramulo, que chegan ao Culturgal da man do ciclo Outonalidades da asociación cultural portuguesa D’Orfeu, actuarán no Café Moderno ás 21h; Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero retomarán o seu último proxecto aCadaCanto, tamén no Café Moderno, ás 22h30; a Banda Fura Fura, que conta coa presenza de Xurxo Souto, Sés, Ico, O Leo e Bocixa, entre outros, actuará na Sala Karma contra a media noite; e pecharán a noite María Yáñez e Iago Martínez cunha Picada de música galega, tamén na Sala Karma.

A forza de todo o sector
Culturgal está organizado por unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta coa colaboración de máis de 30 entidades e empresas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



BANDA CREBINSKY AO VIVO NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO
http://www.folmusica.com/gl/novas/674/banda-crebinsky-ao-vivo-no-teatro-principal-de-santiago
(texto engadido o día 29/ / 11/ / 12 )


PRESENTANDO O SEU NOVO TRABALLO "JET LAG"
DOMINGO 2 DE DECEMBRO
20 HORAS
TEATRO PRINCIPAL
Rua Nova, 21

Entradas dispoñibles na taquilla do teatro todas as tardes de 18 a 21 horas

Banda Crebinsky é unha pequena orquestapopularsurxida dun universo imaxinario, fuxida do film Crebinsky. Do mesmo xeito, as súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, percorren as rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Si houbera que etiquetar o seu estilo, pronto teríamos serias dificultades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións coma “composicións eclécticas-delirantes próximas á world music” ou ben “música popular dun país inexistente” que nos aproximaría un chisco á realidade. Da sua escoita reflexiva evidénciase un traballo musical de grande calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Non obstante, é casi imposibel escoitar todo o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois é a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita á festa sen paliativos.

Os integrantes da Banda Crebinsky teñen un amplo bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das suas experiencias i estilos persoales, dende o klezmer ou do folk ó jazz, rock, música clásica ou experimental.
- Crebinsky -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Primeiro aniversario do Torreiro da Festa (Vigo)

(texto engadido o día 29/ / 11/ / 12 )


Sábado 1 de Nadal ás 22:30.
Rúa Rogelio Abalde, 16. Vigo
- Falperrys- Vacalouras -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán en Calvos (Fornelos de Montes)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2380:-seran-en-calvos-fornelos-de-montes&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 24/ / 11/ / 12 )


A comisión de festas e grupo de pandereteiras San Adrián organizan un serán en Calvos (Fornelos de Montes) o vindeiro 24 de novembro a partir das 21 horas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



3º MAGOSTO FURTIV@ (O VISO - REDONDELA). 1 DECEMBRO

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 12 )


Xa co remate da época dos magostos e das castañadas chega a terceira edición do MAGOSTO FURTIV@ ó Viso (Redondela). O torreiro de festas da Teixeira acollerá unha vez máis esta festa furtiv@ onde a esencia das castañas percorrerá o ambiente lúdico, cultural e de lecer que a organización servirá como plato principal a tódolos asistentes que o sábado 1 de decembro se animen a achegarse ó Viso. O Magosto furtivo, un evento totalmente autoxestionado e autoorganizado polo grupo de música tradicional afincado na parroquia TANTO NOS TEN e polo COLECTIVO LÚA MEIGA, contará coa sempre agradecida colaboración da asociación XOEIRA, coa colaboración desinteresada da TENDA DE CONCHA, así como coa axuda voluntaria de máis dunha ducia de veciños que van votar unha man coas castañas, o chocolate e coa doazón de produtos para colaborar na organización desta "festa para tod@s".

1 de Nadal no torreiro da festa de A Teixeira - O Viso

Coa finalidade de que o magosto furtiv@ chegue a tódolos públicos e con entrada totalmente de balde, o vindeiro sábado 1 de decembro a partir das 5 da tarde contaremos con:

XOGOS TRADICIONAIS
OBRADOIROS PARA NEN@S ORGANIZADOS POR XOEIRA
TANXARINA (títeres)
PETER PUNK (malabares e risas)
OS CAMPANTES DA BAÑA (musica tradicional)
FOLIADA A RACHAR (trae o teu instrumento e únete á festa)

Ademais, HABERÁ CARPA, teremos moitas CASTAÑAS e algunha sorpresa máis ....

Noticia enviada por xcovelo

- Magosto Furtivo- Tanxarina- Peter Punk- Campantes da Baña -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



De Serán en Romaría - I Espectáculo de Baile e Música Tradicional Traspés

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 12 )


Domingo 25 de novembro de 2012 ás 21h
Auditorio Pazo da Cultura Mar de Vigo, Vigo (Pontevedra)
Organiza: Asociación Cultural Traspés
Colabora: Concello de Vigo
Entradas: Servinova

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore.
Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile, as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega por mor das inquedanzas do seu tío, o gaiteiro Serafín.
Nos seus espectáculos, Traspés recrea escenas pasadas, coidando meticulosamente todos os detalles (indumentaria, xoería, repertorio, etc)




«Unha tarde de sol, sentado na sombra que hai ao pé da porta da súa adega, cun cigarro na boca e un vaso de viño na man, Manolo de Toutón recorda a súa mocidade, percorrendo Galicia co seu tambor para acompañar ao seu tío Serafín, “o gaiteiro do Condado”.
Tocaban en tódalas festas do Condado, pero iso a Serafín non lle chegaba, así, xunto co seu sobriño, marchou por Galicia adiante a tocar en toda festa na que eran contratados.
Foi así como Manoliño, con tan só 16 anos, comezou a súa andaina por toda Galicia descubrindo as distintas formas de divertirse que tiña a xente daquel tempo; gozando de Polavilas, Romarías, Entroidos, Bailes e Seráns entre outras festas; pasando a súa vida... de Serán en Romaría.»



Fundado a finais do ano 2009 en Vigo por un grupo de amigos cunha importante traxectoria no eido do mundo tradicional, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés ten como finalidade amosar ao público a nosa realidade cultural a través dos traballos de recollida de campo na que abarcamos toda a etnografía da nosa comunidade, intentando non desvirtuar ningún dos seus detalles.
Así, na posta en escena, podemos apreciar a forma de vida dunha época determinada, con información contrastada e coidando meticulósamente tódolos seus detalles tales como a indumentaria, a xoiería, os bailes, as músicas, os cantares, os instrumentos... propios da época e do lugar que estamos interpretando
- Traspés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto Popular na Praça do Campo (Lugo)
http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/2012/11/20/magusto-dos-centros-sociais
(texto engadido o día 22/ / 11/ / 12 )


Próxima sexta-feira, 23 de novembro, na praça do Campo. A partir das 19h00 haverá castanhas de balde, foliada (trae o teu instrumento), jogos populares e muita festa.
Organizan Mádia Leva! e Vagalume.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



75 Anos do pasamento de Casto Sampedro - Actos conmemorativos i exposición no Multiusos de Xunqueira (Redondela)

(texto engadido o día 15/ / 11/ / 12 )


Do 15 de novembro ó 15 de xaneiro, Multiusos da Xunqueira, Redondela

Inauguración: 20.30 h.

Proxección dun video

Presentación da mostra a cargo de Concelleiro de Cultura. Presenza dos participantes na mostra: José Martínez Crespo, Amado Ricón, Carlos Valle, Carlos L. Bernárdez, Julio Alonso Monteagudo, Xavier Groba, Ángel Núñez Sobrino.

Presentación do catálogo da exposición CASTO SAMPEDRO, ARQUEOLOXÍA E MEMORIA. 75 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO
Actuación de CARLOS DO VISO

17 novembro. 20 h. As. Veciños de Cedeira
CHARLA CASTO SAMPEDRO.
JOSÉ MARTÍNEZ CRESPO

23 novembro. 20 hs. As. Veciños de Cesantes
CHARLA CASTO SAMPEDRO. JULIO ALONSO MONTEAGUDO

24 novembro 20.30 h. Multiusos da Xunqueira, Redondela
MESA REDONDA. Intervirán: Amado Ricón, José Martínez Crespo, Luis Costa, Julio Alonso Monteagudo, Carlos L. Bernárdez

29 novembro 19 h. As. Veciños Chan das Pipas
CHARLA CASTO SAMPEDRO. XAVIER GROBA, JULIO ALONSO MONTEAGUDO

30 novembro 20 h. As. Veciños de Ventosela
CHARLA CASTO SAMPEDRO. JOSÉ MARTÍNEZ CRESPO

1 decembro. Multiusos da Xunqueira
18 h. PRESENTACIÓN DA OBRA CASTO SAMPEDRO E A MÚSICA DO CANTIGUEIRO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL, do profesor Xavier Groba González, editada en dous volumes polo Concello de Redondela en base á tese de doutoramento do autor.
Presenta Carlos Villanueva Abelairas, Catedrático de Música da Falcultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela
20 h. Actuación do CUARTETO CARAMUXO, tocando pezas do Cancionero

7 decembro. As. Veciños Vilar de Infesta
CHARLA CASTO SAMPEDRO. AMADO RICÓN

13 decembro. As. Veciños San Esteban de Negros
CHARLA. JULIO ALONSO MONTEAGUDO

14 decembro 20 h. Multiusos Piñeiral do Crego, Chapela
CHARLA a cargo de Julio Alonso Monteagudo e Xavier Groba.
Actuación do intérprete redondelán CARLOS DO VISO

15 decembro 20 h. As. Veciños Cidadelle
CHARLA. AMADO RICÓN

10 xaneiro 20 h. As. Veciños Reboreda
CHARLA. JOSÉ MARTÍNEZ CRESPO

11 xaneiro 20 h. As. Veciños Cabeiro
CHARLA. JULIO ALONSO MONTEAGUDO

12 xaneiro 2013. 20.30 h. Multiusos da Xunqueira
ACTO PECHE DA HOMENAXE.
CONCERTO DA ORQUESTA DE SAXOS tocando versións das pezas do Cancionero
- Casto Sampedro- Carlos do Viso- Cuarteto Caramuxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Homenaxe a Uxío García Amor na Casa da Cultura de Vilalba
http://novasementeira.blogspot.com.es/2012/11/mons-d-uxio-garcia-amor-sacerdote-da.html
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 12 )


Ás 12:00h na Casa da Cultura de Vilalba (Entrada Libre): TÁBOA REDONDA

Coas intervencións de:
Alfonso Baamonde, Presidente da Coral Polifónica de Vilalba.
Xaquín Campo Freire, sanitario, crego animador da Pastoral Penitenciaria.
Samuel López González, fundador do Orfeón da Sociedade de Obreiros Católicos de Mondoñedo.
Félix Villares Mouteira, Secretario Chanceler do Bispado, especialista na Escola Poética de Mondoñedo.

Moderador: Xulio Xiz.

Intervención da Coral Polifónica Vilalbesa

Ás 14:00h:

Xantar de Irmandade no Restaurante Nova Ruta de Vilalba.

Concerto do Gaiteiro Raúl Galego e Mini e Mero.
- Mini e Mero -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto no parque da Bouza (Vigo) - 17 de Novembro
http://centrosculturaisvigo.blogspot.com.es/2012/11/magosto-na-bouza.html
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 12 )


O Centro Cultural e Artístico Rueiro, mantendo a tradición galega, organiza un gran magosto. No que ademáis de castañas asadas, haberá música, baile e moita festa.

Se queres disfrutar comendo castañas, bebendo viño e bailando o son de música tradicional galega, este sábado, 17 de novembro, ás 17 horas, vai o parque da Bouza (en frente a Pérgola).
Aquí o Centro Cultural e Artístico Cultural Rueiro tendrá perparado un bo magosto co que pasalo ben. Estará animado pola actuación dos grupos:
- Grupo de baile galego Helios de Bembrive
- Grupo de Pandereteiras "Lumieiras" do Centro Cultural Rueiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXV Festa do Cabazo en Cabral (Vigo)
http://www.ocoto.org/index.php?option=com_content&task=view&id=260&Itemid=29
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 12 )


A Asociación Cultural o coto, organiza este domingo a XXV festa do Cabazo, unha gran xuntanza na que non faltará a música, o baile e a boa compañía.


Este domingo, 18 de novembro, no colexio carballal en Cabral, haberá festa durante todo o día. Dende ás 11:30 da mañán, todo será baile, música e comida.
O programa da XXV Festa do Cabazo é a seguinte:
-Mañán, a partir das 11:30 horas:
- Grupo de Gaitas "Xestarega"
- Grupo pandereteiras A.V.C.D. Lavadores
- Pregón a cargo de Carlos López Bernárdez
- Grupo de pandereteiras "Chorouvia" do CCR de cabral

- Tarde, a partir das 17 horas:
- Grupo de gaitas "Os Raparighiños"
- Grupo de gaitas "Os Meigallos" de Lavadores
- Grupo Cantares dos Noso Barrios de O Coto
- Asociación Cultural O Coto- Festa do Cabazo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magusto Popular no C.S. Lume! (Vigo)

(texto engadido o día 16/ / 11/ / 12 )


C.S. Lume! Rua Rouxinol 16
Castanhas e festa rachada a cárrego das Pandereteiras/os do Lume! e colaboradores.

Vem e traz o teu instrumento.

Achega-te ao Lume!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe ao Voluntariado (10 anos do Prestige)

(texto engadido o día 15/ / 11/ / 12 )


Festa-Concerto-Homenaxe ao voluntariado.
Sábado 17 no recinto ferial de Pontevedra

- Trioliro- Os Trés Trebóns- Ruxe-Ruxe -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do disco «Monte Galiñeiro» de Os Irmandiños de Vincios
http://osirmandinhos.blogaliza.org/2012/11/05/presentacion-do-disco-monte-galineiro/
(texto engadido o día 15/ / 11/ / 12 )


Música tradicional en movemento. Dun tempo, dun país. Monte Galiñeiro. Símbolo laico; serra da fraternidade. Melodías doutrora e novas creacións que ocupan máis de media memoria. Irmandiñas e irmandiños en formación: gaitas, vento, percusión, acordeón. Voces do Galiñeiro para oficio da estirpe: ourizantes lasqueando xido o aghuzar o argina lasquean a zanco de tisco. Javi Costas compoñendo no garaxe. Música do XXI que vén de lonxe e cheira a sempre. La Polar, Habana, 1938, Daniel Castelao e Luís Soto, cen mil ouvintes nun mitin para rematar coa guerra, a metade negros. Despois o baile, alí mesmo ou na Tropical, como no Uruguai ou na Arxentina; a gaita de barquín de Los Miñoranos con redobrante e bombo; na comarca, os de Donas, terribles; os de Camos, leóns; Verderoles, Miúdos, Os Airiños. Música de baile para vencer a nostalxia. Coma hoxe, tempos difíciles, tamén de emigración. Os nosos Irmandiños, non; eles eiquí darnos festa, correr a morriña, superar o fracaso, gañar o futuro. Música tradicional en movemento. Viva Vincios!


O próximo 17 de novembro Os Irmandiños de Vincios presentan o seu primeiro disco Monte Galiñeiro cun concerto no Centro Cultural de Vincios. 22:00h

Entrada de balde.

Organiza: Asociación Cultural Pica na Pedra
Colaboran: Centro Cultural de Vincios e Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



San Martiño Canibal en Loseiro (Sarria)

(texto engadido o día 10/ / 11/ / 12 )


10 de Novembro no Campo da festa de Loseiro


Sesión Vermút coa Charanga Madialeva.

Xantar todos xuntos a base de porco o espeto e pulpo.

Ce Orquesta Pantasma
Dirindainas
Charanga Madialeva
Triolta
Quempallou
Chris Masuak & Los Eternos
Colloada Salvaxe.

Contaremos cunha carpa para estar todos a cuberto

E haberá transporte para baixar a Sarria sen neceside de coller o coche.

Habilitaremos unha ala da escola para que poidan acampar os que veñen de máis lonxe

Todo o festival ten entrada libre, escepto o xantar que ten un prezo de 15 € para socios da A.C. Os Gorrios, e 20 € para non socios.
- Ce Orquesta Pantasma. Quempallou -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pan de Capazo celebra o seu 10 aniversario cunha festa en Navalquejigo (El Escorial - Madrid)
http://blog.rtve.es/mundofonias/2012/10/pan-de-capazo-celebra-sus-10-a%C3%B1itos.html
(texto engadido o día 2/ / 11/ / 12 )


Festa rural o día 3 de Novembro mañá-tarde-noite cos grupos:

PAN DE CAPAZO
GÜINTERVAN
MOLO SAYAT
PELEPAU
TRIDENTES
FANFARRA TAQUICARDIA
LOS ALICATES
AINUR
IOVIS
TRIFOLIUM
DUO RODRIGUEZ-FRANCESCHINI

- Pan de Capazo- Pelepau- Trifolium- Tridentes- Güintervan -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sete Netos. ¿Entramos Tocando? [BsAs - ARXENTINA]

(texto engadido o día 25/ / 10/ / 12 )


Sete Netos, unha das bandas referentes da música celta en Latinoamérica, desembarca no Teatro El Globo ca súa proposta única sobre o xenero. A banda, nada en 1998, aborda un repertorio que abrangue tódo-los países celtas, dando ás súas interpretacións unha matiz diferencial que posicionou o seu nome tanto no mercado arxentino coma no español.
Cada concerto de Sete Netos é unha festa, onde o grupo, os convidados, e o público desfrutan de compartir a paixón por un dos legados musicais máis incribles do noso tempo.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada en Couso (A Estrada)

(texto engadido o día 21/ / 10/ / 12 )


O venres 26 comeza a nova tempada de foliadas en Couso e queremos convidarte!! Trae o teu instrumento e gana de festa... nós poñemos o resto.

Contaremos coa actuación dos seguintes grupos:

Vou Vir Vor Ver (Santiago)
O Ghusto Do Boi (Boqueixón)


Vémonos a iso das 10 da noite na Casa da Escola.

E ademais, reservade o sábado 24 de novembro para unha nova edición da Festa do outono, con magosto, ruada, identificación de cogumelos, obradoiros musicais, roteiro ... musica e baile ata o mencer!!!

- As Nosas Músicas Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]