Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Concertos & MasterClass de Lauren Rioux (violín)
http://cursosxustans.blogspot.com.es/
(texto engadido o día 1/ / 3/ / 13 )


Despois de 5 meses sen actividade, Xustáns volve a acoller un novo curso, esta vez será LAUREN RIOUX, unha prestixiosa violinista-cantante norteamericana que ven a Galicia traída pola Asociación Cultural Galicia Fiddle acompañada do guitarrista Sten Isak.



A convocatoria esta vez é doble. Por un lado o Domingo impartirá unha clase para os máis cativos, seguida dun pequeno concerto, tralo cal faremos unha merenda.
O Sábado seguinte terá lugar o Curso de fiddle, e á noite, segundo o formato habitual, cea e concerto seguido da súa correspondente festa-baile ate altas horas.

Si vos animades a asistir, podedes facer a vosa reserva no seguinte LINK. Como sempre, as prazas son moi limitadas polo que compre facela reserva canto antes. No cartace adxunto podedes mirar os outros concertos que van ter lugar en Galicia durante a vindeira semana.
A organización de todalas actividades de Lauren Rioux as desenvolve A.C. GALICIA FIDDLE, un colectivo de violinistas, fiddlers, chelistas, guitarristas, violas, mandolinistas, etc... que, sen ánimo de lucro, está a promocionar a música popular tocada con instrumentos de corda. Toda a xira está sufragada polas aportacións dos asistentes aos cursos, master class e concertos.

O voso apoio é importante porque asegurará novas actividades e axudará a que esta rede autosuficiente que estamos a crear poda ter continuidade.

Próximos concertos-cursos:

Maio 2013 BRITTANY HASS
Novembro 2013 HANNEKE CASSEL

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Aberto de Billarda e FOLIADA-ROCK no Bar Porriño de Mondoñedo
http://ovaral.blogspot.com.es/2013/02/a-foliada-rock-o-novo-xenero-musical.html
(texto engadido o día 22/ / 2/ / 13 )


SON CENTOS E MILES AS FOLIADAS QUE DE XEITO IMPARÁBEL SE ESPALLAN POLA GALIZA ADIANTE COMA COLOFÓN BRUTAL DE CALQUERA ACTIVIDADE COMPROMETIDA COA CULTURA DO PAÍS, UN XEITO PERFECTO PARA DESFRUTAR EN COMUNIDADE DUNHA FESTA QUE MANTÉN A FLOR DE PEL O MÁIS PURO ESPÍRITO TRIBAL DO POBO ALEBRE A COMBATIVO DO QUE A SEPRE MULTICOR DA LNB FORMA PARTE. É POR ELO QUE ISTE 23 F EN MONDOÑEDO NO BAR O PORRIÑO DE MONDOÑEDO A LNB LANZARASE A UN NOVO PRICIPICIO DE SILVAS E ESTRUGAS DÁNDOLLE UNHA NOVA VOLTA DE TORCA Ó CONCEPTO DA FOLIDA TRADICIONAL....

REFREGADE OS OLLOS ANTE O ESPECTACULAR CARTAZ QUE ANUNCIA ARRUPCIÓN DU NOVO XÉNERO NA MÚSICA GALEGA IMPULSADO POLOS PALÁNS DA LNB, ISTE SÁBADO NON PODES FALTAR Á INCENDIARIA E HISTÓRICA PRIMEIRA "FOLIADAS ROCK" QUE SE CELEBRA NA GALIZA XESTADA GRAZAS Ó ATREVEMENTOS DAS RESPONSÁBEIS E ARMADANZAS DO ENTRAMADO SOCIO-CULTURAL DO PORRIÑO-BAR, ANA E MARIOLA DESAFIARON A SEMPRE MALDITA LÓXICA E PUXÉRON O SEU LOCAL Á DISPOSICION DISTE PEQUENO PASO PARA O CAN DE PALLEIRO PERO UN ENORME PARA A CIVILIZACION BILLARDEIRA.


Un local , O Porriño-Bar, cunha especular historia sobre as súas lastras e paredes mais cun presente e futuro absolutamente raiboso e arrebatador que se vai fraguando coa intensidade dos días e as noites dende que a nova xerencia colleu as rendas diste carro xunguido a bois desbocados.

E fronte ó Bar Porriño atopamos a espectacular praza do concello donde fai uns meses en pleno verán os irmáns Cuchufellos estiveron dando un explosivo concerto, unha praza que acollerá apartires das 20 h o agardadísmo Aberto do Botelo do Golpe - Unha incendiaria acción no corazón mesmos da zona vella da vila de Cunqueiro coa que se serpe multicor da LNB comezará a surfear no lusco e fusco Mindoniense para adentrarnos nunha noite histórica cuxo colofón será a iso das 23 h. coa leitura do Manifesto Golpista polo profeta do Indixenismo Galego , Toño Randeeira, que dará paso ó impredecíbel e alebrestrado concerto semi-akustico de Ex-Tension Agraria...se non podes estar , recapacita porque senón pagarálo coa salú!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliadas en Couso (A Estrada)

(texto engadido o día 20/ / 2/ / 13 )


As 22h da noite no Campo da Festa da parroquia de Couso

VENRES 22 DE FEBREIRO
Bouba (Tordoia)
Maghúa (A Coruña)

VENRES 22 DE MARZO
Trébede (Pontevedra e Marín)
Seixebra (Moraña)

VENRES 26 DE ABRIL
Os Regatos de Matamulleres (Callobre)
Retrouso (Ouzande)
As Ruadeiras de Loimil

VENRES 24 DE MAIO
..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Peche no Gaiás contra o desmantelamento da Cultura

(texto engadido o día 18/ / 2/ / 13 )


Próxima acción: Concentración nos Premios da Cultura Galega

Dende a Plataforma das Artes Escénicas e Musicais, con motivo da celebración da cerimonia de entrega dos Premios á Cultura Galega que terá lugar este xoves na Cidade da Cultura de Galicia, convocámosvos a unha concentración na rotonda de acceso ao mausoleo do Gaiás ás 18.00 h.

Convidamos a esta concentración a todos os profesionais implicados no sector cultural, aos que se nos está privando o dereito a traballar, pero tamén á cidadanía en xeral á que se lle está a arrebatar o dereito de acceso á Cultura.

En ningún caso queremos boicotear esta cerimonia nin causar prexuízo aos premiados, pero os "responsables" da Administración terán que acceder á gala por esa rotonda e cremos que é un momento perfecto para que nos escoiten, ao tempo que evidenciamos o paradoxo de que os mesmos que entregan os premios sexan quen están a asasinar á Cultura Galega.


-----------------------------------------------------------------


O SECTOR DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS PÉCHASE NA CIDADE DA CULTURA.

Arredor de 200 profesionais convocados pola Plataformas das artes escenicas e Musicais continúan, na AGADIC, as mobilizacións iniciadas en outubro do 2010.

Santiago de Compostela, 18-02-2013 Dende esta mañá os profesionais das Artes Escénicas e musicáis, están concentrados no edificio da Cidade da Cultura, onde se atopa a Axencia Galega das Industrias Culturais para denunciar cunha solicitude formal a grave situación na que se atopan as empresas e traballadores do sector. A policía, xa alerta da mobilización, personábase dende a semana pasada no Gaiás e dende este mediodía taponan a entrada ás oficinas. Cada un dos manifestantes entregou unha solicitude pasada por rexistro na que se reclama unha xuntanza co Conselleiro, D.Jesús Vázquez, e un plan estratéxico para as Artes Escénicas. Coas mesmas reivindicacións que levan facendo dende o 2010, un nutrido grupo de profesionais, no vestíbulo do Arquivo de Galicia pasadas ás 15.00 e coas luces apagadas maniféstanse cantando coa melodía de Silvio Rodríguez "Ojalá", unha versión co estribillo "O Gaiás se che acabe o desprezo constante" e a berros piden a presenza do conselleiro e máila súa "dimisión por non escoitar á profesión!". Tras a puntual chamada telefónica o Conselleiro, vía secretaria, acepta sine die a proposta de Xuntanza cos representantes do sector na que de volta se lle manifestará necesidade de: un interlocutor para a administración, a fin da parálise das redes de distribución, dos retrasos nos pagos e da interteza que vive o sector e que está a afundir ás empresas culturais. A Consellería amenazou aos manifestantes con que poden ser responsables de Desobediencia civil e que se se resisten ao desaloxo poderá ter consecuencias penais. A Plataforma Das Artes Escénicas e Musicais está integrada por: AAAG(Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Escena Galega (Asociación Galega de Artes Escénicas), DANESGA (Asociación Profesional de Danza Escénica Galega), Salas de Teatro Privadas, AFEARTE (Asociación de Festivais de Artes Escénicas), ASILGA (Asociación de Ilusionistas de Galicia), UNIMA GALICIA (Unión de Marionetistas de Galicia), Asociación de Alumn@s da ESAD, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), CIRCO9, AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Asociación de Artistas de Rúa, Revista Núa, Revista Galega de Teatro, Asociación de Amigos do Teatro de Vigo, Asociación Galega de Músicos ao Vivo, CLUBTURA (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo)

+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Taíña X en Goián - Tomiño

(texto engadido o día 9/ / 2/ / 13 )


O día 9 de febreiro temos un festival Taiña especial,xa que chegamos o décimo aniversario.
Será como todos os anos na praza de Goián,será de balde e porsuposto que haberá carpa e moita festa.

- Dakidarría -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Desfile de Folións e Festa do Cabrito en Vilariño do Conso - Viana (Ourense)

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 13 )


Sábado 9 de Febreiro, a partires das 19h
Percorridos dos fulións polo pobo e bodegas, cos Versos de permiso.

Domingo 10 de Febreiro
11:30 Desfile dos folións denende a rúa Toural ate o colexio municipal.
14:30 Xantar popular

- Entroido 2013 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rebeliom do Inframundo no Torreiro da Festa (Vigo)

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 13 )


8 de Febreiro ás 22:45


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nace a Federación Galega de Festivais

(texto engadido o día 28/ / 1/ / 13 )


Excelentes novas dende Compostela. O pasado sábado 26 de xaneiro constituíuse a Federación Galega de Festivais.

15 asociacións sen ánimo de lucro, organizadoras todas elas de festivais de música na Galiza, que deciden xuntar esforzos para optimizar os seus recursos e garantir a supervivencia da rede de festivais que ao longo de todo o ano serve de altofalante á música do país.

A Federación Galega de Festivais nace co obxectivo de promocionar a música do país e a organización de concertos e festivais, con especial atención ás comarcas rurais. Pretende dar apoio ás asociacións que dinamizan o tecido cultural galego e fomentar a comunicación e o intercambio de ideas entre elas.



- Castañazo de Chantada
- Revenidas de Vilaxoán
- Festa da Poesía do Condado
- Treze-Catorze de Salceda
- Vibra do Bierzo,
- Festa Folc de Vilariño
- Rebumbio de Mos
- Terra Brava do Incio
- Festival Furtivo de Cangas
- A Chorar a Cangas
- Rebusca e A Rebusca de outono de Manzaneda
- Festival das Brétemas de Ponteareas
- San Martiño Caníbal de Sarria
- Festival Taíña de Goián
- Castelo Rock de Muros
- Berra Val Miñor.

Estos son os festivais que organizan as asociacións que polo de agora acolle a nova federación, pero a cifra axiña ha aumentar: máis asociacións amosaron xa o seu interese, e dende a federación, que prevé celebrar a súa primeira Asemblea Xeral contra o mes de marzo, fan un chamado ao tecido asociativo do país vinculado á organización de festivais musicais para se integrar neste proxecto que pretende darlle pulo á música ao vivo no país.

Polo de agora, o contacto da Federación é o enderezo e-mail: fgfestivais@gmail.com.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bastards on Parade, Celtic-Folk-Punl de A Coruña na Salason de Cangas

(texto engadido o día 22/ / 1/ / 13 )


VENRES 25 DE XANEIRO, ÁS 22.00 h.


BASTARDS ON PARADE, A Coruña
CELTIC PUNK FOLK
Revisando referencias e entrevistas e escoitando os seus traballos descubrimos unha enérxica banda de punk celta. Poderíamos mesturar as guitarras e ritmos trepidantes dos Ramones coas voces e coros das bandas británicas e americanas máis xenuinamente punkarras, todo especiado e regado con sons tipicamente irish e galegos. Teñen editados varios Eps e un disco: “Tales from the death shore” e acaban de editar outro EP: “Shallow Waters”. E móvense moi ben polos escenarios europeos, presentando disco en París e xirando polos Países Baixos, Francia e Alemania. Enerxía, velocidade, moita festa e contundencia sonora.
- Salason- Bastards on Parade -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego Portuguesa
http://www.pontenasondas.org/es/novas-certame-recolla/229-vii-certame-de-recolla-da-tradicion-oral-galego-portuguesa
(texto engadido o día 22/ / 1/ / 13 )


Bases e máis información no enlace

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa co lema "PONTE A BRINCAR. O PATRIMONIO LÚDICO"


No interese por descubrirlle ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común preséntase este Certame que ten unha dupla finalidade:

Que a existencia deste patrimonio común forme parte da vida escolar nas aulas da Eurorrexión.
Que o sistema educativo acometa decididamente a tarefa de rescatar esta tradición e poñela en valor nun proceso de transmisión deste patrimonio ás novas xeracións.
O xogo, entendido en sentido amplo como gozo do tempo de lecer, non remata nas idades infantís ás que máis doado nos resulta relacionar con estas actividades, senón que segue a mostrarse, en manifestacións acaídas, en todas as etapas da vida do ser humano.

A mocidade ten para o tempo de lecer un amplo repertorio de actividades de recreo e de xogos, mentres que nas idades adultas do ser humano a necesidade de xogo e brincadeira segue a aparecer e non remata ata que o fai a propia vida dos individuos. Os centros educativos son un espazo apropiado onde é doado transmitir os xogos tradicionais. O alumnado poderá ser o encargado de investigar, recolleitar e divulgar entre os seus compañeiros e compañeiras as prácticas dos xogos que se realizan nos períodos de lecer.

O Certame propón a recolla das formas de lecer tradicionais incluíndo todos os tipos de entretemento: xogos, regras e normas, xoguetes e a súa realización, adiviñas, cantigas, refráns…
Trátase de realizar unha gravación das expresións orais e das formas de lecer na voz das “persoas portadoras“ que practican as diferentes actividades lúdicas e de lecer. Pódese acompañar a recolla con ilustracións ou documentación gráfica que aporten achegas á gravación.

O xurado valorará o rigor e o interese das recollas realizadas así como os materiais que as acompañen.

- Ponte Nas Ondas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Queremos Galego na Escola!! - Manifestación en Compostela

(texto engadido o día 21/ / 1/ / 13 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Clases de baile tradicional galego en Cangas

(texto engadido o día 20/ / 1/ / 13 )


Seráns, foliadas, romerías, gaiteiradas... non te quedes mirando como bailan os demáis, APRENDE A BAILAR e desfruta ti tamén da festa!!!


Impártense clases de iniciación ao baile tradicional galego co fin de que os alumnos acaden coñecementos e recursos básicos para poder desenvolverse no baile tradicional, participar e desfrutar das moitas festas que teñen lugar ao longo do ano na nosa xeografía.

Para os alumnos xa iniciados no baile tradicional e cuns certos coñecementos xa adquiridos, tamén se imparten clases cun nivel máis avanzado.


Mestre: Miguel Sotelo
Lugar: Cangas do Morrazo
Día: todos os venres pola tarde, a partir do 1 de febreiro de 2013
Duración: todo o ano


Interesados contactar no:
Télef.: 670706147
email: mechesotelo@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada no C.S. Gomes Gaioso
http://agal-gz.org/blogues/index.php/csggaioso/2013/01/19/primeira-foliada-de-2013
(texto engadido o día 20/ / 1/ / 13 )


O próximo sábado 26 vamos poder desfrutar da primeira foliada deste ano, como sempre música tradicional, festa e petiscos de graça. Traz o teu instrumento e participa!
- Gomes Gaioso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos de O Recobío de Vaamonde

(texto engadido o día 20/ / 1/ / 13 )


3 de Febreiro - Festa do Cocido en Santiso, Lalín
17 de Febreiro - Festa da Filloa de Lestedo, Boqueixón
- Recobío de Vaamonde -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Encontro de Janeiras em Valença
http://infogauda.blogspot.com.es/2013/01/valenca_16.html?m=1
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 13 )


A Câmara Municipal Valença promove um Encontro de Janeiras, domingo, 20 de Janeiro, às 14h30, na sede do Rancho de Friestas, com a presença de mais de 200 participantes representativos de 9 grupos do concelho.
Este quarto encontro pretende reviver e incentivar uma manifestação cultural muito enraizada na cultura tradicional valenciana e que, todos os anos, leva muitos grupos a animarem as noites de inverno, cantando porta a porta, os Reis e as Janeiras, durante este mês.
Uma tarde de melodias típicas dos reis e das janeiras interpretadas pelos 200 participantes representativos do Rancho de Cerdal “Os Camponeses Minhotos”, dos Amigos do Bombinho de Fontoura, do Rancho Infantil e Juvenil de Friestas, da Associação Cultural de Gondomil, da Escola de Musica de São Pedro da Torre, do Rancho de São Julião, do Luar do Minho, da Tuna Valenciana e do Grupo de Amigos de Taião.
Um amplo reportório de canções, das mais inéditas às mais tradicionais, prometem uma tarde muito animada, em Friestas, na sede do Rancho.
O Encontro das Janeiras deste ano conta com a colaboração especial do Rancho Infantil e Juvenil de Friestas, das juntas de freguesia e associações locais.
Para Jorge Salgueiro Mendes, “Este Encontro das Janeiras é uma oportunidade de convívio entre os valencianos e de recordação de uma tradição enraizada na nossa cultura popular”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Serán de Cabeiras (Arbo)
http://www.blogoteca.com/pradodacanda/index.php?cod=118866
(texto engadido o día 17/ / 1/ / 13 )


A veciñanza de Cabeiras organiza o segundo serán na honra de San Sebastián.

No concello de Arbo celebran o II Serán de Cabeiras. Ás nove da noite do dia 19 de Xaneiro, dará comezo a festa, tendo viño e comida de balde. Os organizadores contan coa participación, ás doce da noite, do Bruxo Queiman co espectáculo Galiza Terra Meiga.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Nadal chega á Tradescola!! (Lugo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2387:o-nadal-chega-a-tradescola---&catid=102:tradescola&Itemid=18
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 12 )


O VINDEIRO VENRES 21 DE DECEMBRO CHEGA O NADAL Á TRADESCOLA!!!!!!!!!!!

O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no Centro Lug II (na Tradescola).

-Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias.

-Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos Pablo Díaz e Diego Barral co Concerto do TIC- TAC, concerto para nenos e maiores que será gratuito e aberto a toda a poboación.

-E para rematar ás 21.00 horas faremos unha foliada !!!!!!!!!

Esperámosvos a todos para tomar uns pinchos e tocar e bailar xuntos. Non vos esquezades de traer os vosos instrumentos, e de anotarvos no listado da Tradescola, por teléfono (982229966) ou contestando a este mail indicando as persoas que ides a vir.

Data máxima para inscribirse á FOLIADA : Xoves 20 de decembro. O prezo para asistir a mesma é de 6 €/ persoa.

Dende a Tradescola e dende a Asociación de Gaiteiros Galegos aproveitamos para desexarvos unhas boas festas, e un bon comezo de ano!!!!!!!!!!
- Tradescola- Nadal- Pablo Díaz -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Pesdelán en Moaña

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 12 )


Venres 14 de decembro de 2012 ás 18:00h
Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra)
Organiza: Concello de Moaña

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.
Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe
de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.

As pezas que bailaremos son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas
en distintas zonas da xeografia galega e portuguesa.

No obradoiro de Pesdelan participaremos: Patricia Lopez (voz e percusions),
Montse Rivera (voz e ensino de danzas), Santi Cribeiro (acordeon) e Carlos Freire (percusion).

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos,
bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal
(Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008
facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade,
en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo
e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador
polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema:
o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas,
para despois bailalos todos xuntos."

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán.
Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués
dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera
coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka,
conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes
do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias
- Pesdelán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de Nadal da Escola Provincial de Danza (Ourense)

(texto engadido o día 13/ / 12/ / 12 )


O vindeiro venres, 14 de Decembro, a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense celebra o Festival de Nadal no Teatro Principal da cidade. A función dará comezo ás 20.30h. e nela participarán os diferentes grupos da Escola cunha representación máis de 150 alumnos de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos. O repertorio desta actuación, ademais de distintos bailes tradicionais como jotas, muiñeiras ou pandeiradas, inclúe unha serie de panxoliñas e cantos de Nadal cos que se celebran estas festas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Dí­a do Orgullo Gaiteiro en Ourense
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2386:ix-dia-do-orgullo-gaiteiro&catid=24:festivais-foliadas-romarias&Itemid=18
(texto engadido o día 12/ / 12/ / 12 )


PROGRAMA DAS ACTIVIDADES DO IX DÍA DO ORGULLO GAITEIRO, QUE TERÁ LUGAR OS VINDEIROS DÍAS 13,14 E 15 DE DECEMBRO NO AUDITORIO DE OURENSE, NA RÚA DA CANLE. (OURENSE)

Xoves 13 20h O Gaiteiro de Texas. Historia dunha gravación Charla por Cástor Castro Sanfonices. Ed. Difusora. Presentación cd-homenaxe a Faustino Santalices. Con Pancho Alvarez e Xesús Saburido

Venres 14 19-21h Curso de birimbao con Emilio do Pando Gratuito, prazas limitadas

Sábado 15 de Decembro Mañá 10-14h Curso de técnicas de gaita de fol Con David Bellas Gratuito, prazas limitadas, (continúa de 16:00 a 18:00) 11 a 13h Taller de xoguetes musicais. A cargo de Lito Prado , CCP Xaquín Lorenzo Xocas.

Tarde 17 h Concerto TIC-TAC de Pablo Díaz Cos temas do libro-disco infantil

18 h ACTO DE HOMENAXE: A EMILIO DO PANDO, principal recuperador da trompa Galega ou birimbao . Ca actuación de Os Amigos da Gaita A RUBÉN GONZÁLEZ, Gaiteiro e artesán de palletas

19-21h Concertos DE PÉ FEITO Agrupación tradicional OS VIQUEIRAS DE ORDES

Programación guiada por Carlos Rafael

22 h CEA – FESTA DO ORGULLO GAITEIRO No local de AIXIÑA R/ Recaredo Paz 1 (xunto Paco Paz) Prezo: 20 € (15 € alumnos e socios AOFT Gomes Mouro) Reservas antes do 13 decembro en gabelairas@yahoo.es ou tlf 654173524 e 654173498
- Orgullo Gaiteiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]