Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Roi Casal nas Festas da Ascensión (Compostela)

(texto engadido o día 8/ / 5/ / 13 )


VENRES 10 DE MAIO NA PRAZA DA QUINTANA

Roi Casal e a súa banda pecharán a "Noite Meiga" organizada polo concello de Santiago de Compostela dentro das celebracións das festas da Ascensión 2013. A ENTRADA É DE BALDE!!
- Roi Casal -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



“CO XENIO DESTROZADO”, novo álbum de SÉS
http://www.folmusica.com/gl/novas/699/co-xenio-destrozado-novo-album-de-ses-a-venda-o-6-de-xuno-de-2013
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 13 )


Á venda o 6 de xuño de 2013

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia SÉS, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica no 2011

"Admirando a condición" o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Maio 2013 nas Crechas

(texto engadido o día 3/ / 5/ / 13 )


Xoves día 2
CELINA DA PIEDADE

de 18h30 a 20h30
Obradoiro de Canto Tradicional Alentejano
[inscripcións en aitanacrechas@gmail.com curso 8€ / curso + concerto 15€]

ás 22h30 concerto (8€)

Ten compartido palcos con Rodrigo Leão ou Mayra Andrade, levando o seu acordeón ate os mais diferentes contextos. E agora, Celina da Piedade estréase a solo, con “Em Casa”, un disco cheo de sorpresas. Nalgún lugar entre as formas e as cores tradicionais, com viaxes polas danzas portuguesas e un sentir mais moderno e universalista, Celina deseña unha música chea de alma e de personalidade.
http://www.youtube.com/watch?v=APQVXi-pDNc

Martes día 7 ás 22h30 (5€)
GRAMPODER

Estrean ‘Golf Whiskey’, o seu primeiro traballo discográfico, editado polo selo cooperativo Discos da Máquina. Grampoder son Le Roi e Martin Wu, antigos compoñentes de bandas como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra. Fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall coma nun piso de protección oficial. Porque o concepto é ese, facer boas cancións e poder adaptalas a calquer escenario.
[concerto presentación de “O Bule Bule. Son dos Chífanos”. Organiza: En Panties Producciones]
http://grampoder.bandcamp.com/


Martes día 14 ás 22h30 (5€)
BANDA BAILE ASALTO

Desde Vigo chega un proxecto froito das inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos na procura dunha linguaxe única. O seu grande coñecemento da música tradicional galega, o gusto polas músicas doutros países e unha particular visión artística, fan que a Banda Baile Asalto sexa un proxecto apetecíbel e inetiquetábel. Música do mundo feita no noso país.
http://www.youtube.com/watch?v=0mrUckvPCFQ

Martes día 21 ás 22h30
SOM DO GALPOM

Estes mozos composteláns preparan novo traballo discográfico. Para financialo, inician agora unha campaña de crowdfunding a través de Verkami á que asocian este Proxecto Galpom, unha xira de salas en formato acústico chea de convidados e moitas sorpresas. O ritmo e a enerxía á que nos teñen acostumados pero con toda a forza do íntimo e o cercano.
http://www.myspace.com/somdogalpom


Mércores día 22 ás 21h (6€)
RADIO COS

Xurxo Fernandes e Quique Peón son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai décadas. Agora preséntannos o seu primeiro disco acompañados de tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas, Nikolay Velikov e Xan Pampín. Este traballo, concebido con forza e alegría, quere mostrar a invisibilidade que sufren as culturas minorizadas a pesar de estar aí, de arrodearnos, de ser verdades manifestamente palpábeis.
http://www.youtube.com/watch?v=LXzwbbPf6F8

Xoves día 30 ás 22h30 (10€)
LUIS PASTOR

Pasaron xa catro décadas e 20 discos desde os seus comenzos e, a piques de cumplir os 60 anos, Luis Pastor mantense leal ao título do seu primeiro traballo, Fidelidad, a unha actitude, a uns principios, a un compromiso e a un xeito aberto de facer música. ¿Qué fue de los cantautores? é un reflexo desta fidelidade e, ao mesmo tempo, unha homenaxe e un agradecemento aos que se foron, como deixa patente na adicatoria do álbum: “A todos los compañeros cantautores que ya no están pero que nos dejaron su ejemplo, su compromiso y sus canciones”.
http://www.luispastor.com/


Venres día 31 a partir das 22h30
II FESTA LOVE&PEACE
Despedimos a programación de inverno e dámoslle a benvida ao verán cunha festa chea de sol, flores e boa música. O ambiente dos 70, a Motown e o mellor da música disco estarán esta noite na Casa das Crechas. Buscade no armario a camisa estampada e o pantalón campana, que nós recuperaremos o noso cocktel Sweet Mandala para convidar aos que veñan vestidos para a ocasión.


JAM de JAZZ
Luns 13 e 27 ás 21h (2€)

Luns 20 ás 21h (3€)
JAM BRASILEGA
con Sérgio Tannus Trio

Mércores 8, 15, 22 e 29 ás 22h30 (1€)
FOLIADA

Xoves 9 e 23 ás 22h30 (3€)
DESCARGA CUBANA

Venres 10 e 24 a partir das 23h
CRECHAS SOUNDSYSTEM
- Banda Baile Asalto- Som do Galpom- Radio Cos- Sérgio Tannus- Crechas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Serán da Lamprea en Arbo
http://www.todocondado.com/index3_eventos.php?pid=786
(texto engadido o día 3/ / 5/ / 13 )


3 de Maio de 2013

A Asociación Amigos dos Seráns de Arbo organiza o I Serán da Lamprea.

O venres 3 de maio, desde as 10 da noite, terá lugar a primeira edición do Serán da Lamprea, coincidindo coa LIII Festa da Lamprea, coa participación como artista invitado do gaiteiro Anxo Lorenzo.

Reserva de sitio para tocar e cantar no 986 665 000 (Victor) ou oficinasmunicipais2@concellodearbo.es

Anxo Lorenzo é un artista que posúe todas as calidades para chegar á esencia da propia música para facela súa, moldeala ao seu antollo e construír novas formas. Así nolo demostra no seu novo disco "Tirán", inspirado nunha longa viaxe musical que lle levou a coñecer mil lugares e melodías que compartir con músicos de diferentes nacións. Unha viaxe que sempre empeza e termina en Galicia.

Na súa ampla experiencia como gaiteiro colaborou en numerosos proxectos musicais fusionando os sons tradicionais da gaita cunha gran variedade de estilos, desde a música electrónica ao jazz, pasando polo pop, rock ou flamenco. Deste xeito conseguiu converter a gaita nun instrumento sen fronteiras que parece non ter límites ante a súa maestría.
- Anxo Lorenzo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X MANGUELO FOLK

(texto engadido o día 19/ / 4/ / 13 )


X MANGUELO FOLK
O VINDEIRO 4 DE MAIO EN ORAZO CELEBRAMOS O X MANGUELO FOLK ....ESTADES TOD@S COMBIDADOS!!!
COMO TODOS OS ANOS TEREMOS ZONA DE ACAMPADA E APARCADOIROS GRATUITOS, CAMPO CUBERTO POR UNHA CARPA E POLBEIRO.
A FESTA COMENZA ÁS 20:00H. ATA ALTAS HORAS DA MADRUGADA.
OS GRUPOS PARTICIPANTES SON OS QUE FIGURAN NO CARTAZ.
ESPERÁMOSVOS EN ORAZO!!!

Noticia enviada por luisrendo

- X MANGUELO FOLK -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Noite de Fiadeiro 2013
www.noitedefiadeiro.com
(texto engadido o día 17/ / 4/ / 13 )


A Asociación Rebulir Cultura Tradicional organiza unha nova edición da Noite de Fiadeiro que se vai celebrar o sábado, día 27 de abril, na localidade de Vilavidal (Ramirás). O programa de actos é o seguinte:

- Ás 11,00 horas, no local de San Andrés, obradoiro sobre O baile solto en seráns, festas e romerías, impartido por Alexandre Sotelino.

- Ás 13,30 horas, para ir facendo boca, sesión vermut con Os Estoupapozas.

- Ás 17,00 horas, levaranse a cabo dous obradoiros: Trucos e técnicas para a afinación e tempero da gaita, impartido por Guillerme Fervenza na Carpa da taberna, e O mantemento, coidado e posta a punto da percusión galega, impartido por Sandro Sotelo no Lócal da Cámara Agraria.

- Tamén ás 17,00 horas, Xogos tradicionais co CCP Xaquín Lorenzo, Enredos e brinquedos con Bicolico, Tiro con arco e xogos varios con Lúcete Lecer e Fútbol con chapas con Alternativas Sociais OU.

- Ás 17,30 horas terá lugar a apertura da Feira de productos artesanais cunha mostra de oficios de Tango, O zapateiro e Agustín, alfareiro de Niñodaguia. Para animar, contárán con música de Os Estoupapozas, Rebulir, a Escola de música de Pontevedra e As Piconas.

- Ás 18,30 horas, contos con María da Pontragha.

- Ás 19,30 horas, pasarrúas e concerto a cargo da Banda Municipal de Ramirás.

- Ás 20,15 horas, chamada á festa con pasarrúas de xigantes e cabezudos acompañados de música e animación.

- Ás 21,00 horas, apertura do torreiro con tirada de foguetes para anunciar o comenzo da VII Noite de Fiadeiro na que participarán máis de 20 grupos de música tradicional.

- Ás 00,00 horas, para poñer o broche final, queimada e doce para os asistentes.

Para participar nos obradoiros, que tamén son gratuitos, é necesario facer unha inscripción previa na páxina web: www.noitedefiadeiro.com. Durante a celebración haberá concursos, sorteos e algunha que outra sorpresa a maiores.

Para máis información, consultar nas páxinas web: www.noitedefiadeiro.com e www.rebulir.com

Noticia enviada por Rebulir

- Fiadeiro- rebulir- ramirás -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa TrezeCatorze
http://trezecatorzeando.blogspot.com.es/
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 13 )


Volve O Caimán do Río Tea! máis de dúas décadas despois do seu nacemento o célebre réptil de Ponteareas remontará o río Caselas para dar o seu primeiro concerto en Salceda de Caselas. O vindeiro sábado 4 de maio a Asociación Cultural Deportiva e Ecoloxista 13-14 celebra a VI edición da súa Festa homónima que contará, amais d´O Caimán do Río Tea, con Quempallou e Terbutalina. A esmorga arrancará coa xa tradicional sesión vermú (12:00h) e non arrefriará até que calen os pratos do afamado picadiscos local DJ Croqueta. No medio: xantar popular, gaiteiros, grande potada, bingo musical, pulpo, xogos tradicionais, actuación do bloquinho APERTA, chourizos á brasa e moito máis. Así e todo, o que realmente agardan os incondicionais desta festa é o Grande Concurso de Saltos 13-14 o título do cal ostentan actualmente os membros de Terbutalina. Para abraiar ao xurado no teu voo sobre as alpacas de herba seca non importa se agochas os teus cartos na Suíza ou se xa non atopas aqueles que gardabas preferentemente para a universidade do Luisito; aquí só conta a imaxinación que —como a Festa 13-14— é de balde.

Noticia enviada por piscojoe

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Galegote ROCK

(texto engadido o día 12/ / 4/ / 13 )


Venres 5 de abril Sala Karma
Apertura 22:00h
Festa presentación:
O NENO ELLIOT 22:30h
OS AMIGOS DOS MÚSICOS 23:35h


Xoves 11 de abril Pequeño Karma
Apertura 20:00h
Concerto 22:00h
ROGER DE FLOR E O MARQUES DAS VINHAS
De balde


Venres 12 de abril Sala Karma
Apertura 22:00h
TERBUTALINA, 00:30h
MARTELO, 23:30h
FOXY FREIRE, 22:30h


Sábado 13 abril Sala Karma
ATAQUE ESCAMPE, 22:30h
FERVELLASVERZAS, 23:30h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Da Reconquista en Vigo

(texto engadido o día 6/ / 4/ / 13 )


Sábado 6 de Abril

10:00 h Apertura do mercado
13:00 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (praza da Constitución)
18:00 h Inauguración da Festa (praza do Berbés)
18:15 h Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés)
19:00 h Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés)
19:30 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (praza da Constitución)
21:30 h Concerto dos Terribles de Donas (praza do Berbés)
23:00 h Peche do mercado

Domingo 7 de Abril

10:00 h Apertura do mercado
12:00 h Demostración de esgrima antiga (praza do Berbés)
18:00 h Representación da Reconquista da Vila de Vigo. (Porta do Sol)
Vístete de época e participa ( 1809)
21:00 h Concerto de Mel de Meiga. (praza do Berbés)
23:00h Peche do mercado




ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS

Durante os dous días máis de 30 grupos de música tradicional, animaran o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas, xigantes e cabezudos

Zona 1: Praza da Constitución
Artesanía e alimentación
Demostracións de artesanía: Senlleiro, fiado e tecido, zoqueiro, vidreiro, cestería

Zona 2: Praza da Princesa
Artesanía e alimentación

Zona 3: Rúa e praza de Joaquín Yáñez e Rúa Palma
Artesanía e alimentación

Zona 4: Praza da Pedra e rúa Oliva
Campamento francés, artesanía e alimentación
Demostracións de artesanía: Torneiro e tallista

Zona 5: Méndez Núñez e Chao
Alimentación e artesanía
Demostracións de artesanía: Ferreiro e oleiro

Zona 6: Rúa Real
Artesanía

Zona 7: Teófilo Llorente
Artesanía e alimentación

Zona 8: Praza do Berbés
Concertos, zona Infantil , alimentación
Demostracións de artesanía: Canteiro, oleiro, latoeiro

Zona 9: Rúa da Gamboa
Batalla e rendición das tropas napoleónicas




EXPOSICIÓNS

1809: O papel do home e da muller
Casa Galega da Cultura do 22 de marzo
VII Concurso de carteis da Reconquista da Vila de Vigo
Lonxa do Concello de Vigo, do 14 de marzo ao 8 de abril
Estampas de Galicia: Colección de bonecas de Carmen Costas
Instituto Camoês (praza de Almeida), do luns, 25 de marzo ao 7 de abril

- Terribles de Donas- Mel de Meiga -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Casa das Crechas - Programación Abril 2013

(texto engadido o día 28/ / 3/ / 13 )


JAM DE JAZZ (1€)
Luns 1 a partir das 21h30

Martes día 2 ás 22h30 (6€ anticipada, 8€ na billeteira)
TEJEDOR
Tejedor, que desde 1995 levan a música tradicional asturiana por festivais de todo o mundo, presentan agora “Positivu”, a súa nova autoproducción, un disco que se pode calificar como pleno, cheo de novas experiencias. Colaboracións de luxo como a da irlandesa Karan Casey, a nosa Guadi Galego ou os percusionistas Ion Garmendia e Iñaki Plaza , acompañan aos irmáns José Manuel e Javier nesta nova aventura que agora poderemos ver na Casa das Crechas.

Sábado día 6
FESTA BOLLYWOOD
de 18h a 20h curso de baile Bollywood con Natalia Fernández (10€)[inscripcións en reservascrechas@gmail.com]
e despois... pinchada e a bailar!

Martes día 9 ás 22h30 (5€)
PROXECTO SAPOCONCHO
O Proxecto Sapoconcho é un novo proxecto musical levado a cabo por Sapoconcho Galego e Pablo Vidal, unha voz e un contrabaixo. Un proxecto que naceu a raíz de que coincidiran en varios concertos, Pablo como músico e Sapoconcho como convidado. O repertorio vai desde algún tema propio até temas de sempre, levados ao terreo do blues. Aínda que serán o contrabaixo e a voz os protagonistas do espectáculo, tamén contaremos con parte do variadísimo e numeroso elenco de colaboradores que participaron desta aventura de Sapoconcho, unha boa representación da música galega actual.

DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro”
Xoves 11 a partir das 22h30

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)
Domingo 14 - O palhaço (2011), de Selton Mello

JAM DE JAZZ (1€)
Luns 15 a partir das 21h30

Martes día 16 ás 22h30 (6€)DÚO CAVEZ – MONTANARO
[organiza: aCentral Folque]Sophie Cavez (acordeón diatónico) e Baltazar Montanaro (violín) son músicos novos pero de amplo recoñecemento na escena belga e francesa. Aínda amosando grande sofisticación técnica, prefiren non abusar dos recursos en favor da emoción, conseguindo transmitir ao público unha enerxía especial. Unha música tecida ao detalle, con tranquilidade e delicadeza. Dous músicos complices que entenden a música como unha fonte de sensacións e divertimento sen límite.

FOLIADA (1€)
Mércores 17 a partir das 22h30

DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro”
Xoves 18 a partir das 22h30

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)
Domingo 21 - São Bernardo (1971), de Leon Hirszman

Martes día 23 ás 22h30 (5€)
CREBINSKY 5
Banda Crebinsky, agora en formato reducido, é unha pequena orquestra popular fuxida do filme Crebinsky. As súas músicas nacen como banda sonora e, saltando da pantalla, corren ás rúas e aos escenarios, medrando e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificuldades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como "música popular dun país inexistente" que nos aproximaría algo á realidade. O que si sabemos é que a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita a festa sen paliativos.

FOLIADA (1€)
Mércores 24 a partir das 22h30

Xoves día 25 ás 21h (5€ anticipada, 6€ na billeteira)SÉRGIO TANNUS “SON BRASILEGO”
... e despois JAM LUSÓFONA 25 DE ABRIL
Sérgio Tannus, músico e compositor brasileiro que vive desde hai algúns anos en Santiago, ven de editar “Son Brasilego”, un traballo que aposta polo intercambio, polo a chegamento cultural e persoal, polos ritmos e raíces comúns. Trae ademáis da música intuitiva, a reflexión sobre a nosa identidade e a irmandade entre a Galiza e o Brasil, sobre o futuro das mesmas a través da música. “Son Brasilego” é, sobre todo, un agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos que fixeron posible o crecimiento musical e artístico de Sérgio Tannus deste lado do Atlántico.

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)
Domingo 28 - Corações sujos (2013), de Vicente Amorim


CRECHAS SOUNDSYSTEM
(sesións de músicas do mundo por diferentes persoeiros do mundo da arte e a cultura )Todos os venres a partir das 23h

Podes reservar a túa entrada para os concertos en reservascrechas@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Reperkusión (do 10 ao 12 de maio en Bemposta, Ourense)
http://www.reperkusion.com
(texto engadido o día 26/ / 3/ / 13 )


O Festival Reperkusión acaba de pechar o cartel da súa edición número 11, a segunda que celebran en Ourense capital. Será os días 10, 11 e 12 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta. As estrelas desta nova edición son Fermin Muguruza, que volve de xira para celebrar os seus 30 anos de carreira musical, e Manu Chao, o referente da música mestiza internacional, que repite no festival despois das súas lembradas actuacións do ano pasado. Xunto a eles outros 22 grupos de música e artistas de humor e circo para completar un cartel de gran nivel, con nomes como Haydamaky, Banda Fura Fura, Artistas del Gremio, Shazalakazoo, Skarallaos, Guezos, La Tarrancha, Rimbarán, La Sonajera Ravalera, Chimango ou o humorista Quequé.


PROGRAMACIÓN:


Venres 10
O cabeza de cartel do venres 10 de maio será Fermin Muguruza, que volve aos escenarios despois de seis anos, conmemorando os 30 anos de carreira musical do excompoñente de Kortatu e Negu Gorriak. Ese día tamén actuan no escenario principal Shazalakazoo, dúo serbio de folk-step, música balcánica, urbana e bastarda; os aragoneses Artistas del Gremio e os galegos Skarallaos, elixidos por votación popular. A noite terminará coa sesión dj con percusión dos vascos Supertumbaduo.

Antes, encargaranse de caldear o ambiente cos seus pasacalles a charanga Fanfarria Taquikardia, formada por compoñentes dalgúns dos grupos galegos máis destacados; a compañía Cair Circo, especialistas en transformar o absurdo en diversión; e o Pai Merino e o seu espectáculo “A.M.E.N.” (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas).




Sábado 11

O prato forte do sábado é a volta ao Reperkusión de Manu Chao. O artista franco-galego estará de novo acompañado por La Ventura, para ofrecer un dos seus espectaculares shows de máis de dúas horas de enerxía nos que interpreta himnos coñecidos por todos. O sábado tamén actúan no escenario principal a Banda Fura Fura, que xunta a algúns dos músicos e cantantes máis recoñecidos da escena rock galega para reinterpretar temas do Zeca Afonso; e Haydamaky, estrelas da escena alternativa de Ucraína coa súa fusión de rock, ska e punk mesturados cos sons tradicionais do seu país. Hadri Hache encargarase da sesión dj neste escenario.

Antes, ao longo da tarde e até xa entrada a noite actuarán no escenario de día, de acceso gratuíto, outro catro grupos: os galegos Guezos, os asturianos La Tarrancha e os cataláns Rimbarán, elixidos o público a través de Facebook, e La Sonajera Ravalera, proxecto esporádico que une no escenario a El Rumbao (Galicia-Colombia), Chamito (Venezuela) e Daniel Lança (Portugal). Tamén haberá humor e circo, co monologuista Quequé, famoso polas súas aparicións en televisión e o clown Peter Punk.



Domingo 12 (gratuíto)

O festival termina o domingo 12 de maio cun fin de festa de acceso gratuíto. Ao longo da tarde actuarán Chimango, arxentino que expresa como ninguén a enerxía urxente da rumba barcelonesa; a banda ska-punk-folk galega The Skarnivals; os ourensáns Ménage à Trois e a súa fusión de ritmos bailables; e XeRock, grupo de rock formado por usuarios e traballadores do Centro de atención a discapacitados intelectuais San Xerome da Guarda (Pontevedra). Tamén se celebrará a xa clásica Olimpíada de Malabares.

Ademais, as mañás do sábado e o domingo están reservadas aos talleres de malabares e as sesións de ioga da risa. A isto únese o mercadiño de artesanía que estará aberto no festival ao longo de todo o fin de semana.




ENTRADAS
www.codetickets.com / www.ticketmaster.es

BONO 3 DÍAS: Anticipada 30 €* / Taquilla 35 €
BONO 3 DÍAS + CÁMPING: Anticipada 35 €* / Taquilla 40 €
ENTRADA 1 DÍA: Anticipada 20 €* / Taquilla 25 €
*+ gastos de distribución

- Reperkusion -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Linho do cuco presenta o novo disco: “As Alegrías”

(texto engadido o día 19/ / 3/ / 13 )


A presentación terá lugar este sábado 23 de marzo ás 22h no Auditorio da Estrada


«Winner Horse». As Alegrías. Linho do cuco, 2013



«Rumba del Topo». As Alegrías. Linho do cuco, 2013



 



Tras a presentación comezarán unha “Xira das Alegrías” que encherá de boa música e enerxía o país. Unha xira que inclúe concertos, pasarrúas, sessions vermouts, cabezudos... Alegría! Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… e oito artistazos rebordando clase e enerxía sobre o palco. Oito músicos profesionais que nos ofrecen un concerto para escoitar e bailar.
O novo disco de Linho do cuco está inspirado no interior de Galiza e por iso leva o nome das entrañas do animal: As Alegrías. É un disco corado polo aire cortante do montes do interior de Galiza, que os cabalos salvaxes fan asubiar co seu galope. Mais tamén é un disco que torna o frío interior polo repertorio que contén: repertorio de tabernas, de banda, de verbena, de orquestras do interior. Dos Padernes do Caurel, do Quinteto Monterrei, da Banda de Veteranos de Lalín, da Republicana de Bermés…
Linho do cuco son do Deza, terra de bandas, onde centos de músicos aprenderon a tocar, ensinaron solfexo cunha caligrafía fermosa e ofreceron riqueza cultural e económica. Estas Alegrías son tamén un cariño a eses músicos aos que, sen estar nas cidades, lles chegaron os repertorios modernos, e os adaptaron sen máis prexuízos que o de quererlle á música e atender as demandas do público. Unhas Alegrías tamén para as xentes destas paisaxes rudas, que tardaron décadas en chegar á praia, pero que souberon forxar un repertorio e un estilo propio. Linho do cuco non fan revisións vintage. Que pensen coma os seus avós non lles fai tocar o mesmo que tocaban eles. Desde a tradición, Linho do cuco ofrecen unha proposta de música POPular actual para as sesións vermouts e as verbenas. Para desfrutar do día de festa da mañán á noite.
A presentación do sábado na Estrada estará chea de sorpresas. A canda eles estarán os músicos que colaboran no disco, así como os artistas locais que o deseñaron e escribiron para eles. Entrada 5€.
Linho do cuco son: Pablo Bernárdez (zanfona), Xián Herrera (gaita, pratos, piano de xoguete), Pablo Doval (tuba), Miguel Touriño (bombo), Pablo Pardo (frautas), Marcos Pérez (percusión), Carlos Quintá (acordeón diatónico) e Benxamín Otero (oboe e corno inglés).
- Linho do Cuco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa 1º Aniversario GZmúsica
http://www.gzmusica.com/novas/concertos/333-festa-1-aniversario-gzmusica.html
(texto engadido o día 18/ / 3/ / 13 )


13 de Abril de 2013 ás 21:30 no Salason (Cangas), coas actuacións de Zënzar e O Sonoro Maxín. E despois dos concertos, picada de música galega no Guerrilla Radio Bar de Suso Soak.


Si, señoras, si. Había quen non daba un peso euro por nós, pero aquí vos estamos a piques de facer un ano na rede. Co programa de TV acabadiño de estrear e con centos de artigos, fotos e vídeos xa no lombo. E como supoñedes que ten que festexar unha web dedicada á música galega o seu primeiro aniversario?


Pois loxicamente cun concerto de música do país . Será no Salason de Cangas, o vindeiro 13 de abril. Tocarán Zënzar e O Sonoro Maxín. Comezaremos puntualiños, ás 21:30h, para rematar contra a medianoite non vaia ser que tamén a poli local queira unirse á festa. E despois dos concertos, picada de música galega no Guerrilla Radio Bar de Suso Soak.

As entradas adiantadas, até o día 11 de abril, custarán 5 € e pódense mercar en Vigo e Cangas. Na vila do Morrazo, no Guerrilla Radio Bar, -a de Suso-, e na Libraría A Esmorga, -a de Fran-. E en Vigo, no Rústiko, na rúa Irmandinhos, -a de Anxo-. Probablemente engadamos algún outro punto de venda nos vindeiros días. Iso si, sempre tedes a opción de mercalas adiantadas on-line, enviando un mail a entradas@gzmusica.com, alí vos explicaremos como mercar on-line. Estamos a traballar para que non nos leve un can banco ningún, vía mail vos contaremos como facelo. O prezo na porta será de 8€, pero tendo en conta o aforo do Salason, -arredor das 130 persoas-, é probable que se venda todo adiantado. O que avisa...

E por que cobramos? Pois porque montar un concerto custa diñeiro, -tampouco moito-, e porque non queremos que os grupos veñan tocar gratis, (aínda que se ofreceron a facelo e outras bandas tamén). O importe das entradas será para as bandas, despois de descontar os 150€ que aproximadamente nos custará organizar o evento, cartelaría, etc.

Pouco máis polo de agora, simplemente convidarvos á festa, con dúas das bandas galegas cun directo máis potente...iremos ampliando información nos vindeiros días.

- Salason- Guerrilla Radio Bar- Zënzar- Sonoro Maxín -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nao presenta o seu novo disco 'Cancións de amor e liberdade'

(texto engadido o día 13/ / 3/ / 13 )


15 de Marzo
Sete Flores (Carballiño)

21 de Marzo de 2013 ás 21h
Sala Capitol (Compostela)
Con Deseqilibrio Mental.
Entrada: 5 € e 8 € con CD


22 de Marzo
Sala Coliseo (Pontedeume)
Con Deseqilibrio Mental

23 de Marzo
Sala Mardi Gras (A Coruña)

29 de Marzo
A Pousada das Animas (Boiro)

30 de Marzo
Sala Marrucho (Baiona)

6 de Abril
O Con do Moucho (Illa de Arousa)

12 e Abril
Pub Gatos (Melide)

13 de Abril
O Torreiro da Festa (Vigo)

20 de Abril
Sala Aturuxo (Bueu)


- Nao- Marrucho- Con do Moucho- Pub Gatos- Torreiro da Festa- Aturuxo Bar -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Compañía do Ruído presenta o seu disco cunha gran festa en barco pola ría de Arousa

(texto engadido o día 8/ / 3/ / 13 )


O próximo día 23 de marzo un catamarán levará o son dos 'Pensares galegos' por toda a ría de Arousa. Así decidiu A Compañía do Ruído presentar o seu último disco, mais non só previron iso, senón que un menú a bordo con produtos locais e máis actuacións e performances en directo completarán unha xornada cultural diferente que se converterá nunha nova edición da Festa da Chuvia.

Tal e como afirma o líder da banda ribeirense, Suso Bello, “somos xente do mar e é algo que temos preto, enchemos de lixo e quitamos peixe, xa é hora de lle dar algo”. Con esa filosofía como base, a nova edición da Festa da Chuvia vai acoller a presentación do sexto disco da Compañía do Ruído, 'Pensares galegos'.

Cun palco movedizo como escenario e a Ría como praza, unha ruta en barco de 8 horas acollerá desde a presentación do disco a varios grupos de animación musical, tales como Ce Orquestra, a Magnifique Band dos Homes sen Medo, O Leo e Arremecághona, performances a cargo de De Botero a Bo Derek, exposicións e o xantar no que poder degustar produtos chegados desde a lonxa de Ribeira ou doces marroquís para a sobremesa.

Vémonos nos mares
Esta edición da 'Festa da chuvia' “organizámola para presentar o disco”, afirma a Compañía. Se ben, a primeira tivo lugar 10 anos atrás “para pagar abogados que nos defendesen por tocar na rúa”. Desde aquela, cada ano buscaron grupos para tocar e “toda Ribeira está implicada”, indican. Desde o venres 22 ata o domingo 24 os bares van poñer tapas, contratar grupos de animación, e “durante tres días, mar e monte uniranse para reivindicar a cultura e as tradicións”, conclúen desde a banda.

Para poder asistir a este concerto de presentación xa están todas as entradas vendidas. “Nun só día esgotáronse”. A este éxito de vendas súmase o tempo récord no que o grupo conseguiu os 2.200 euros necesarios para a gravación do disco a través de Verkami. 'A compañía do ruído' agradece a “enorme” acollida deste proxecto, que por outro lado responde aos moitos anos de traballo a prol da cultura destes seis galegos que compoñen o grupo.

“Bótalle un ron Collins, Llon!”
Este sexto disco da Compañía do Ruído inclúe 9 temas novos ademais de algúns cantares tradicionais e versións de Zënzar e os Diplomáticos de Montealto, ou os JJJ (grupo de Ribeira dos anos 80), así como outras pezas que o grupo foi compoñendo durante os seus 10 anos de traxectoria. En total, 14 temas nos que poder atopar a esencia deste grupo galego xa consagrado.

En 'Pensares galegos' poderemos escoitar desde a historia do ron Collins, ou como os piratas cubanos botaban limón ao ron para curar a gota ou as reflexións de Ventura 'O Fedello' que cantaba "al crusar el río, aquí te espero" nunha versión daquel tema dos 'Tam Tam Go', entre outras.

“Estamos fortes”
Tal e como afirman desde o grupo, “Estamos fortes, temos confianza na formación e ganas de facer directos este verán”. Sen dúbida, a banda atópase nun momento de forma extraordinario. Cun repertorio renovado e unha proposta artística cada vez máis demandada por festivais e outras programacións, a Compañía do Ruído prepárase para afrontar un verán cheo de concertos da man de Culturactiva SCG, a súa produtora.


- Compañía do Ruido -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Foliada ao Son do Masma en Celeiro
https://nocombaro.wordpress.com/2013/03/08/foliada-en-celeiro/
(texto engadido o día 8/ / 3/ / 13 )


O día 16, en Celeiro de Mariñaos, I Foliada "Ao Son do Masma" para recaudar fondos para o 2º Festival "Ao son do Masma, que se celebrará o 8 de xuño en Celeiro de Mariñaos.

Comida ás 14:30h - Menú
- Sopa
- Cocido
- Postre
- Café
- Chupito

PREZO: 20 €

Teremos tamén un bar para recaudar fondos e poder troular toda a tarde e toda a noite.

Presencia confirmada de numerosos músic@s da zona e de varios dos vellos gaiteiros da zona da Fonsagrada e Taramundi.

Xa sabedes, festa garantida!!! Non esquezades o instrumento nin as gañas de troula!!!

Prégase confirmar asistencia antes do día 13 nos números:

- 628739224 (Laura)
- 699396664 (Miguel)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Gaita e Cantos de Taberna en Arzúa

(texto engadido o día 8/ / 3/ / 13 )


Sábado 6 de abril:
pasarrúas, xantar de confraternidade, cantos de taberna polos bares do pobo e homenaxe ao gaiteiro e artesan de palletas Juan Brea Lodeiros

A participación nos cantos de taberna xa está pechada, pero si algún grupo quere actuar fóra de programa nos bares e horas que estean libres poderá facelo contactando coa organización previamente.
- Cantos de Taberna -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Xantar Gaiteiro en Melide
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2472:xviii-xantar-
(texto engadido o día 7/ / 3/ / 13 )


Un ano máis, e coincidindo coa chegada da primavera, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XVIII Xantar Gaiteiro . Será o vindeiro Domingo 24 de Marzo, ás 14:45 horas, no Hotel Carlos´ 96 de Melide ( A Coruña) .

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos festa na rúa, visitas, exposicións e como non, o xantar!

Os que queirades poderedes traer os vosos instrumentos para compartir a música co resto da xente antes e despoisdo xantar.

Programa do día:
12.00 horas . Visita guiada ó Museo da Terra de Melide.
Dende as 13.00 horas arruadas e “pasa- bares” pola vila.
13.30 horas. Actuación do grupo de Zanfonas da Tradescola na Praza do Convento.
14.30 horas. Saida dos distintos grupos e participantes tocando dende o centro da vila ata o hotel Carlos´96 para xantar ás 14.45 horas.
Ademais na Capela do Santo Antón estará a Exposición Fotográfica “Froito Novo, 40 anos na memoria”


*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos e lugares)

Para asistir ao XVIII Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán. Ao pé desta carta tes diversos xeitos para facelo.

DATA
24 de marzo de 2013
14:45 horas

LUGAR
Hotel Carlos´96
Av Lugo, 119 15800 Melide,
A Coruña

MENÚ
Sopa
Cocido
Filloas
Auga, Viño, refrescos,café e chupito

PREZO
O prezo é de 15 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

RESERVA
secretaria@gaiteirosgalegos.com
Teléfono 986 847 074 (Giovanna)/ 982229966 (Mónica)


secretaria@gaiteirosgalegos.com Teléfono 986 847 074 (Giovanna)/ 982229966 (Mónica)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Furancheira na Picoña (Salceda de Caselas)

(texto engadido o día 5/ / 3/ / 13 )


15 e 16 de Marzo de 2013
- Cé Orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Queixo en Arzúa. 2 e 3 de Marzo de 2013
http://festadoqueixo.org/o-cartel-ao-completo-do-festival-do-queixo-2013/
(texto engadido o día 2/ / 3/ / 13 )



- Melidaos- Crapaus- Cristina Pato -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]