Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Serán de Valga

(texto engadido o día 7/ / 6/ / 13 )


Sábado, 15 de Xuño, a partires das 12h
Campo da Festa de Campaña (Valga)

- Ás 12:00 haberá tapas e viño de balde para todos
- Xantar popular
- Foliada durante toda a tarde
- Á noitiña, de novo, viño e tapas
- Prezo xantar: socios 8 euros, non socios 10 euros
- Tlfns para notarse (antes do día 14):
Peke 652 822 427, Norberto Losas 615 446 871, Tito de Bexo 629 722 835, Luis O Xaneiro 636 495 984

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FOLIADA EN SALASON

(texto engadido o día 7/ / 6/ / 13 )


FOLIADA EN SALASON

Venres, 07 de Xuño, 23h.

Abrira Meiramar-Axouxeres

Xa sabes a festa tremenda que se vai montar en SalaSon: música, baile e canto tradicional. Abrirán a foliada, ás 23.00 h, . una cousa importantes: traede instrumentos (gaitas e percusión) Vémonos no torreiro de SalaSon!! Entrada de balde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Foliada de Leiro (Comarca do Ribeiro)

(texto engadido o día 31/ / 5/ / 13 )


Sábado 8 de Xuño de 2013

17:00 Apertura do Mercado de productos artesanais:

Comezo da exposición e venta nos diferentes postos.
Mostra de oficios relacionados co viño do Ribeiro.

17:30 Xogos Tradicionais con CPP Xaquín Lorenzo

Concursos, carreiras e divertimentos
Concurso de Chave e Rá
Manualidades

19:00 CONTACONTOS e SOMBRAS DE LUZ

20:00 PASARRÚAS polas calle de Leiro cos grupos "Beira do Avia" e "Os Plateados de Fondós". CHAMADA A FESTA.

20:30 Obradoiro de Iniciación o Baile.

21:00 COMENZAMOS A III FOLIADA DE LEIRO, con moitos grupos de música tradicional.

Convidamos a un petisco
Moitos Sorteos
Concurso De Aturuxos
Concurso De Agarrados

00:30 CHOCOLATA E BIZCOITO para @s asistentes.


En definitiva, moito baile e música, non quedará palleta sen mollar e pandeiro sen menear…. E ata que as nosas canelas aguanten! LUMEEE!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ESPECIAL 5º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA" EN ORDES (A CORUÑA)
www.osviqueiras.blogspot.com
(texto engadido o día 26/ / 5/ / 13 )


Rematamos a 5ª tempada das "Noites de Tasca" e despedímonos ata outubro cunha gran festa que empezará ás 7 da tarde con Obradoiros de Baile e de Instrumentos Musicais, na alameda, e con actos conmemorativos do Dia da Danza diante do Museo do Traxe.
A partir das 21:30 h, máis de 20 grupos de música tradicional tocarán polas rúas e bares de Ordes para logo xuntarnos todos arredor da cerveceria ISLIA e rematar cunha gran Foliada. VIDE TOCAR CON NÓS!

VENRES 7 DE XUÑO

Actividades desde as 19:00 h., dirixidas a todo o público, nenos e maiores:

- Na alameda: Obradoiro de baile galego impartido por Helena Noya e Rocío López,
mestras da Asociación Camiño Real de Poulo.
- Obradoiro de "Enredos sonoros" impartido polo artesán Oli Xiráldez, que
enseñará cómo facer os nosos propios instrumentos musicais.

- Diante do Museo do Traxe, ás 19:30 h. levaránse a cabo os actos previstos para o
pasado 26 de abril e que foron suspendidos polo mal tempo. Haberá un ensaio
aberto dos grupos "Sementes da Arte" e "Os Viqueiras" e despois leerase
un manifiesto adicado ao Día Internacional da Danza.

- A partir das 21:30 h, grupos de música tradicional encherán os bares de Ordes e
sobre as 12 da noite celebraremos unha gran FOLIADA na cervecería ISLIA.

Noticia enviada por Os Viqueiras

- NOITES DE TASCA- OS VIQUEIRAS DE ORDES -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenaxe a Fito (A Roda) en Redondela
http://www.grupoaroda.com/gl/homenaxe-a-Fito/11
(texto engadido o día 26/ / 5/ / 13 )


O vindeiro martes día 28 de maio ás 20:00h terá lugar no multiusos de Redondela unha presentación do vídeo realizado pola plataforma galeguizargaliza adicado a Fito.
O evento contará coa actuación de Treixadura e algúns membros de A Roda.

Ver video
- A Roda- Treixadura -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Uxía Senlle presenta Rosalía Pequeniña acompañada por Sergio Tannus e Santiago Cibreiro

(texto engadido o día 25/ / 5/ / 13 )


Domingo 26 de maio ás 18 h.
Centro Social de Pontecesures no Camiñó de San Xulián, 4

Venres 31 de maio ás 18.30 h.
Capela do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol

13 Xuño.
FESTAS DA ROSA. Multiusos de Mos. 18.00h


A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.

Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O éxito da resistencia - XII Premios Opinión
http://mas.laopinioncoruna.es/canales/musicafolk/2013/05/24/o-exito-da-resistencia/
(texto engadido o día 25/ / 5/ / 13 )


Rodrigo Romaní, con Arpas de Breogán, fai 'dobrete' (mellor tema orixinal por Terra de Melide + mellor artista) e Luar Na Lubre levan o premio a mellor disco co seu Mar Maior

Os PREMIOS OPINIÓN fixeron un ano máis unha profunda e agarimosa defensa da música de raíz galega, do folclore da terra e da dedicación dos seus músicos por manter viva e fecunda a súa tradición sonora. O gran triunfador da tarde-noite, o mesmo Rodrigo Romaní, quen asinou un dobrete cos galardóns de mellor canción e mellor artista do ano, salientou no seu breve discurso de agradecemento que estes premios convértense “nun acto de resistencia” contra os tempos de problemas que vive o seu sector, contra a suba de impostos, lembrou, que teñen que asumir os artistas e as dificultades para interpretar a súa música en concertos.
A banda Luar Na Lubre mereceu o premio que os músicos que forman o xurado lle deron ao seu traballo Mar Maior, recoñecido como mellor disco galego de folk. A gala celebrou no teatro Rosalía os doce anos de vixencia dos PREMIOS OPINIÓN con outro galardón especial, o que recolleu o director do arquivo sonoro da Radio Galega e compositor Pablo Barreiro Rivas, o premio Andaina Senlleira.
As actuacións musicais foron o outro momento forte da gala. Comezou a formación arteixán de cantareiras Taravela, que deu mostra da súa frescura con xota, muiñeira, rumba e maneo no seu repertorio. Un grupo da Escola Municipal de Folclore de Betanzos dirixido por Pedro Lamas seguiulle con pasodobre, rumba, vals e xota. O dúo que forman Xabier Díaz e Guille Fernández convidou á escea a Carlos Álvarez, Uxía Cribeiro e Diego Calviño para dar conta de catro fermosas pezas do seu disco Arrolos de salitre (2010), unha colección de nanas ás que responderon máis dun cativo que se atopaba entre o público durmindo prácidamente nos berces dos seus pais.
O momento máis emotivo da gala, no que se fusionaron música, lembranzas, tradición, defensa do folclore galego e tamén bágoas, foi a reaparición da banda Dhais. Os seus membros levaban trece anos sen tocar xuntos sobre un escenario. E o fixeron onte para lembrar aos seus finados compoñentes César Morais e Luís Areán, dos que se falou nunha curta documental proxectada no teatro. O grupo de Lalín pechou a festa cunha actuación de 40 minutos que entusiasmou ao público, desexoso de que interpretasen máis temas, e para a que se prepararon durante sete meses.
Todos os premiados e artistas agradeceron ao xornal LA OPINIÓN a celebración destes galardóns que destacan a tradición da música galega de raíz desde hai doce anos, e en concreto ao colaborador deste diario Óscar Losada, quen volveu a estar ao frente da organización dos premios. O Concello, a Diputación, a Xunta e Gadisa tamén colaboraron.
O xornalista Moncho Lemos estreouse coma mestre de cerimonias e quiso lembrar nas súas intervencións a “toda a xente que mantén viva a esencia da música galega”. E o tamén colaborador de LA OPINIÓN Lino Braxe, moi emocionado por volver ás táboas tras sufrir un accidente traballando nunha obra teatral hai tres meses, foi o encargado de ler dous poemas dos Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

Premiados e artistas recoñecen a aposta de LA OPINIÓN pola esencia da tradición musical galega

Na loita por facerse cos trofeos dos XII PREMIOS OPINIÓN de música folk saiu triunfadora a figura de Rodrigo Romaní, quen se impuxo, con Terra de Melide na categoría de mellor canción, a Acadacanto, Óscar Fernández e Pancho Álvarez. Ao recoller o seu recoñecemento suliñou máis dunha vez que a súa peza “non foi a mellor canción do ano”. Romaní subiu de novo ao escenario ao ser escollido polo xurado mellor artista por diante de Pancho Álvarez, Óscar Fernández e Fernando Barroso.

O premio correspondente ao mellor álbume galego de música folk do ano foi a parar a Luar na Lubre. Mair Maior mereceu mellor recoñecemento que os discos de Lois Peixoto e Fernando Barroso, Rodrigo Romaní e PeldeNoz. O xornalista e promotor musical Nonito Pereira recolleu a peza de artesanía e agredeceu, coma os demáis protagonistas da velada, a aposta de LA OPINIÓN por premiar as raíces musicais da súa cultura.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Seran de Oroso, A Cañiza

(texto engadido o día 25/ / 5/ / 13 )


I seran dos furafollas. haberá carpa. pinchos, queimada, viño.... TAMÉN ZONA DE ACAMPADA GRATUITA, para que os que queirades podades quedar a pasar a noite. quedan abertas as listas de inscripcions, tanto de grupos como dos que queirades acampar. o tlf tedelo no cartel.
O 25 DE MAIO FESTA RACHADA EN OROSO.
ESPERAMOSTE.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro (Silleda)

(texto engadido o día 24/ / 5/ / 13 )


1 DE XUÑO DE 2013 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)



13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

· Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA
(acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)


-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:

· "OS NOSOS TESOUROS" exposición adicada aos nosos 'Tesouros
Vivos' e acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do
Títere (Lalín)


-FEIRA DE ARTESANÍA:
instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguetes, cerámica,
títeres, bixutería...

- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, larpeira, pan,
viño/auga, café e ghotas -13€)



DURANTE A TARDE:
· XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES con Itaca e
Xandobela
· "OURO MUDO" con Celsiño F. Sanmartín
· VISITA GUIADA AO MOSTEIRO con Tesouros Novos
· Representación teatral 'DOÑA URRACA' de Tantatutanga Teatro


E ao que se vaia facendo noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!

ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
santaferrenha@gmail.com // 658 628 239




A cultura tradicional está de festa, un ano máis, no Mosteiro de Carboeiro, en Silleda. A Asociación Intercultural Santa Ferreña organiza os XIV Encontros de Música Tradicional, como leva facendo década e media, cada primeiro sábado de xuño. Unha festa que sae da xente e para a xente, e que este ano congrega “tesouros vivos” da terra e de diversos lugares de Europa.

Este sábado 1 de xuño hai unha cita coa música e a cultura tradicionais no Mosteiro de Carboeiro: un lugar para o encontro de xente moza e vella, para a recuperación da tradición e da festa de noso. Non hai artistas convidados, senón que calquera que vaia pode tocar, botar unhas coplas ou sacar uns puntos. “Todo isto sae de xente que achega o seu traballo, o seu compromiso coa cultura tradicional”, din dende a asociación Santa Ferreña. Artesás, bailadores, músicos, teatreiras, ou simplemente xente que se achegue a gozar da festa e participar son os auténticos protagonistas.

Este ano, o programa comeza, como de costume, cunha sesión vermú amenizada por músicos da bisbarra, e non han faltar bailadores e bailadoras de Toutón, Zobra, Tordoia, Muíño de Zas... Será entón cando saia en procesión a Santa Ferreña, unha santa pagá co sorriso na cara, paniño na cabeza, e pandeireta na man, acompañada polos cabezudos de Viravolta, seguindo o costume das procesións do Corpus de Santiso e Laro. Pero antes hai que poxar as andas... Os postos para levar a Santa serán para quen máis pague por eles, seguindo tamén a tradición. E despois desta procesión, dará comezo o xantar popular, con empanada, carne ao caldeiro e larpeira, amais de pan, viño ou auga e café “con gotas”. Ao fin e ao cabo, esta festa é unha recuperación das romarías tal e como se facían antigamente, sobre todo recuperando o seu espírito, e a devoción pola Santa, que neste caso é unha muller do común, coa experiencia dos anos no rostro e gana de festa, vestida coas mellores galas e coa pandeireta disposta.



Proxección internacional dos Encontros

Xa pola mañá abrirán ao público a exposición, este ano, con carácter internacional: os Encontros foron un punto de interese para un proxecto Grundtvig de aprendizaxe permanente no seo da Unión Europea no que participa Xandobela, co propósito de rescatar “tesouros vivos”, documentar a experiencia e favorecer o diálogo interxeracional. A actividade que organiza a asociación Santa Ferreña é centro de interese para varios países, dos que haberá representación nos Encontros, e que contribuirán á exposición con “tesouros vivos” de cadansúa zona.

“A xente vella da que levamos toda a vida aprendendo son auténticos tesouros”, din desde a Santa Ferreña. “Queremos facerlles esta homenaxe para que nos queden aí para sempre”. No proxecto multilateral participan tamén entidades de Portugal, Grecia, Estonia, Letonia e Polonia, todas co propósito de recoller a tradición oral. A exposición, co nome “Os nosos tesouros”, conta coa “compañía” dos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere de Lalín.

Non ha faltar a feira de artesanía (instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...), e, xa pola tarde, para facer a dixestión despois do xantar popular, á parte de botar unhas bailas, haberá xogos tradicionais para cativos e non tan cativos, con Xandobela e Itaca. Tamén haberá unha visita guiada ao Mosteiro, con Tesouros Novos.

Celsiño F. Sanmartín, contador que leva ben anos investigando na tradición oral, achega os seus contos, “Ouro mudo”. Tangatutanga Teatro representará “Dona Urraca” tamén pola tarde: a historia da primeira raíña nun mundo de homes. Entre o seu condado en Galicia, dous matrimonios concertados, batallas cos mouros, Xelmírez e unha irmá que tamén quere gobernar, hai tempo para dirixir a súa propia vida? Tangatutanga Teatro, cunha experiencia de varios anos e algúns premios sobre as táboas, volve á escena cunha “traxicomedia historicamente incorrecta” retratando a Urraca, “a raíña que quixo voar para acadar os seus soños”.

E xa ao que se vaia facendo da noite, comezará a foliada, que durará... Ata que o corpo aguante. Así se presentan uns encontros que serán, especialmente, encontro cos tesouros vivos. Como di a Santa Ferreña... Viva a xuventude e a xente vella que non morra!
- Carboeiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa pola Lingua: en galego, sen Wert-goña! - No Club Clavicembalo (Lugo)

(texto engadido o día 24/ / 5/ / 13 )


Venres 24 de Maio a partires das 23h

Monólogo de Anxo Manoel:
Animaliños. Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Actuación de:

Ultraqäns

Entrada: 5 euros (3 euros socios/as de Cultura do País)

Organizan:

A.C. Cultura do País
Liga Estudantil Galega
- Ulträqäns -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza
http://www.mineriagalicia.org/
(texto engadido o día 22/ / 5/ / 13 )


MANIFESTACIÓN
O DOMINGO 2 DE XUÑO
EN COMPOSTELA
ÁS 12 DA MAÑÁN NA ALAMEDA

Haberá autobuses dende Vigo e dende o Miñor.
Custa 8 € e o percorrido e horario para coller á xente son os que siguen:
Na Ramallosa (ao pé da capela da alameda) ás 9.15.
En Nigrán (diante da casa do Concello) ás 9.25
Nas Travesas (diante do Sta. Irene) ás 9.45
Na Praza de España (na parada dos autobuses) ás 9.50
A volta é ás 4 da tarde.
Por favor, reserva con tempo a túa praza.

O goberno galego quere facer de Galiza unha mina. Está malvendendo o noso territorio, cachiño a cachiño, ás multinacionais mineiras. De paso, saca un Plan Sectorial de actividades extractivas que pon a minaría por riba de calquera outra actividade. Mesmo por riba das que nos permiten obter os nosos alimentos, como se fose máis importante obter minerais que alimentarse.
Non podemos permitirllo. Non deixaremos que nos rouben o noso futuro. Vén con nós o día 2 berrarlle á Xunta que queremos conservar o noso territorio. GALIZA NON É UNHA MINA


Galicia enteira está afectada: A Coruña (As Fragas do Eume, Corcoesto....), Lugo (A Terra Cha, A Fonsagrada....) , Ourense (Viana do Bolo, Quiroga, A Limia, O Ribeiro, Casaio ......... ) Pontevedra ( Forcarei, Vila de Cruces, A Groba, O Galiñeiro....).

Son minas a ceo aberto buscando ouro, plata, cobre, tantalio, columbita, seixo, feldespato, andalucita, Terras Raras....

En Corcoesto o método previsto para a extracción está prohibido na Unión Europea, pero aquí da o mesmo, pretenden utilizar cianuro! A expropiación faise forzosa e o precio do terreo, terreo en produción agricola e gandeira, márcano en pouco maís de un euro o metro cadrado. Se pasamos por esta aos demáis farannos o que lles pete.

A Consellería de Industria co lema "Galicia é unha mina" e as empresas canadianas co capital suizo darán cabo de nós se non lles facemos fronte. Este é un ataque ao territorio sen parangón, un ataque a nós, un golpe de morte ao medio natural, é a destrución de centos de postos de traballo, é a anulación do noso desenvolvemento social.....

Temos que opoñernos. Xuntas e xuntos podemos!








...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noitarega en Tui

(texto engadido o día 16/ / 5/ / 13 )


Xoves, 16 de Maio

Dez anos despois, Noitarega volve ao Teatro da Área Panorámica de Tui: en 2003, para participar na temporada de inauguración dun espazo sonoro de calidade; en 2013, para celebrar unha década dese Teatro, e máis de dúas do propio Grupo.

Prometemos música, diversión, entretemento..., e sorpresas para os que cheguen desde 30 minutos antes...: non podes perder esta festa das letras e as músicas galegas!!!!!

- Noitarega -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CANCELADO - O Bule-Bule. Concertos na véspera do Día das Letras na Sala Capitol (Compostela)

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 13 )


O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, celebrarase un concerto por todo o alto na Sala Capitol de Santiago de Compostela, con motivo da festividade da lingua.
O cartel estará formado por tres bandas galegas: Ruxe-Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky, as tres con estilos inconfundibles e que ademais que se caracterizan pola calidade das súas propostas e o compromiso con Galicia.

A noite será unha auténtica festa, apta para todos os públicos, no que a boa música, o espírito transgresor e a diversión están garantidos, de xeito que o público asistente viva unha noite de baile e algarabía con bandas galegas, e en galego, a modo de preámbulo da festividade do Día das Letras Galegas, que este ano rende homenaxe o autor compostelán ao que se fai un aceno co sobrenome do evento a través do título dunha das súas derradeiras obras “A noite que os chífanos deixaron de zoar”.
- Ruxe-Ruxe- Os da Ría- Banda Crebinsky -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Carunchos na Festa dos Maios de Vigo
http://www.avcascovello.com/
(texto engadido o día 12/ / 5/ / 13 )


Este ano celebramos a XXXI edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza.

Coincidindo coa festa dos Maios a Asociación veciñal e Cultural Casco Vello fai un recoñecemento a persoas ou colectivos que se teñan destinguido pola súa contribución na mellora da calidade de vida, coñecemento e/ou defensa do barrio histórico e da súa cultura. Como proba deste agradecemento, fáiselle entrega da escultura do Maio de Cor, escultura cerámica realizada por Emilia Guimerans.

Ese ano acordamos outorgarllo á Fundación Penzol, no ano en que se cumpren o cincuentenario da súa fundación e o centenario do nacemento do que do que fora o seu fundador e primeiro director don Francisco Fernández del Riego.

O traballo e compromiso e dedicación da Fundación Penzol con Galicia, con Vigo e co seu barrio histórico fana máis que merecedora deste recoñecemento.


PROGRAMA

10h Comezo dos obradoiros
11:00h Obradoiro de debuxo
12:00h Actuación de Codia e Miolo
13:00h Animación de rúa
17:00h Animación de rúa
18:00 Entrega Maio de cor. De seguido, representación da festa dramatizada dos Maios
O remate presentación do quinto traballo discográfico d’ Os Carunchos, Ti que?
- Carunchos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Foliada Festa da Lingua (Marí­n)

(texto engadido o día 11/ / 5/ / 13 )



1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Os Melidaos na XXII Festa do Melindre de Melide

(texto engadido o día 11/ / 5/ / 13 )


Domingo 12 de Maio na Praza das Coles
- Os Melidaos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Taghaitaí en Salason (Cangas)

(texto engadido o día 11/ / 5/ / 13 )


Domingo 12 de Maio a partires das 21h

Catro Portos de mar unidos por un fío musical chamado "Tradición".
Toda a Costa galega, dende Moaña ata Burela pasando por Ribeira, fai que este grupo navegue musicalmente entre o Atlántico e o Cantábrico para enchernos de salitre vital.
Taghaitaí!!! é un grupo atípico onde os haxa. A súa primeira actuación xurde coa finalidade de inaugurar un Cruceiro en Manila (Filipinas). Anos máis tarde deciden xuntarse de novo para tocar nunha goleta atracada ao porto de Moaña. En definitiva, pura visceralidade artística que alimenta os concertos de enerxía entre grupo e público, xerando unha atmósfera máxica para cantar e bailar con eles.
Catro son os membros desta formación; Lola de Ribeira, Edelmiro Fernández, Iván Costa e Manolo Maseda. Catro vellos mariñeiros, como decía a canción, e todos metidos nun bote... nunca mellor dito. Embarcados nesta nova viaxe en busca de portos onde desembarcar música fresca como o noso peixe e saborosa como o noso marisco.
En definitiva, unha festa mariña dende o mar das ondas. Xa sabedes, cando escoitedes Taghaitaí!!! oiredes un foguete sonoro, que quere dicir que hai Festa, que hai Foliada e que está a ghaita aí para quen os queira acompañar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto de Os Minhotos na XIV Festa de San Isidro (Carballeira de Mosteiro - Pol)

(texto engadido o día 11/ / 5/ / 13 )


Domingo 12 de Maio a partires das 12 do mediodia
- Minhotos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Ruada de Boborás

(texto engadido o día 11/ / 5/ / 13 )


Este 11 de Maio, por quinto ano consecutivo, e sen perder un ápice de "alegría e bo facer"...terá lugar a nosa V Ruada no Colexio de Boborás!
A partir das 20:00 comezaremos cun obradoiro de baile para nen@s e adult@s, e despois...FESTA!!!
Este ano con moitas novidades, moitos premios, moito licor dese tan rico (xa sabedes, jeje) e, coma sempre...Música e Baile a ESGALLAAAA!!!
Pasamos lista, así que....NON FALTEDES!!!
- Boborás -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



"As alegrí­as", tercer disco de Linho do Cuco na Sala Discotasca (Redondela)

(texto engadido o día 10/ / 5/ / 13 )


Venres 10 de Maio ás 23:30


Linho do cuco é un grupo de música contundente. Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… e oito guapísimos mozos rebordando clase e enerxía sobre o palco. Oito músicos profesionais que nos ofrecen un concerto para escoitar e bailar.

Linho do cuco non fan revisións vintage. Que pensen coma os seus avós non lles fai tocar o mesmo que tocaban eles. Desde a tradición, Linho do cuco ofrecen unha proposta de música POPular actual para as sesións vermouts e as verbenas. Para desfrutar do día de festa da mañán á noite.
- Linho do Cuco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]