Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XLIV Festa do Carneiro ó Espeto (Moraña) - Sábado 21: Festival Folclórico, Sábado 27: Luis Emilio Batallán
http://morana.org/programacion-da-xliv-festa-do-carneiro-o-espeto
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 13 )



- Batallán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Revenidas 2013, en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa)
http://www.revenidas.com
(texto engadido o día 17/ / 7/ / 13 )


Xoves 18 de Xullo, a partires das 21h
Maskarpone, The Lakazáns, Lusco Fusco, Borderline 79, Leo e Arremecaghona

Venres 19 de Xullo, dende as 19h
Espíritu Moreno, Najla Shami, Fura Fura, Tío Calambres, Obrint Pas, Ulträqäns, Ruxe Ruxe, Arrhythmia, Zenzar,..

Sabado 20 de Xullo, dende as 15:30
Trópico de Grelos, Narf, Fermín Muguruza, Zuloak, Os Diplomáticos de Monte Alto, O Caimán do Río Tea, Martelo, a Compañía do Ruído,...


Nota de prensa:

O xoves 18 ás 21h comezarán a soar os primeiros acordes no Porto de Vilaxoán para non parar ata o amencer do domingo. O grupo Maskarpone, gañador do Concurso de Grupos Noveis promovido polas Revenidas, serán os encargados de abrir o festival co seu estilo mestizo, con moito ska, reggae e rock. Os ourensás darán uns 45 minutos de concerto e demostraranlle o público do festival por que son os xustos merecedores do premio.

Tras este primeiro concerto, ás 22h, a Asociación Repichoca de Vilaxoán faralle unha merecida homenaxe ás traballadoras da conserveira Cuca, que levan loitando sen descanso durante todo este ano para que a produción da fábrica non sexa traslada a O Grove e todas conserven os seus postos de traballo. As traballadoras, ataviadas coa camisola do festival, subirán ao escenario a ler un manifesto o recibirán o apoio de todos os veciños e veciñas de Vilaxoán, que consideran vital para a súa vila manter operativa a fábrica. O artista Leo e Arremecaghona será o encargado de conducir este acto reivindicativo e pórlle un “himno” a súa altura.
Os seguintes en subir ao escenario serán The Lákazans, o novo proxecto de Fran Velo de Heredeiros da Crus. As súas influencias van desde o blues máis clásico de artistas como Howlin Wolf ou Muddy waters até o soul de Aretha Franklin ou Sam Cooke, pasando polo country de Johnny Cash. Despois tocaralle o grupo folk de Vilaxoán Lusco Fusco que dará conta do talento local e o estilo máis tradicional, para seguir co inigualable Leo e Arremecaghona, que volverá a coller o micro para tocar, cantar e provocar co seu show. Terminarán as actuacións co grupo Borderline79, que tamén forman parte da canteira musical da vila.
Os concertos gratuítos forman parte da celebración do X Aniversario do Festival Revenidas e son un agradecemento ao público que durante esta última década apoiou esta iniciativa e aos veciños e veciñas da vila que cada ano colaboran para que poida levarse a cabo.

Nesta primeira xornada aínda se poderá mercar nas taquillas as entradas e abonos a prezo reducido: 22€ abono e 14€ a entrada. A partir do venres xa subirán a 25€ e 18€, respectivamente.
Tamén o xoves inaugurarase unha exposición fotográfica sobre o proxecto Vacacións en Paz, no que nenos e nenas saharauís pasan os veráns en terras galegas, realizada pola ongd Agareso.
O festival, no que participan máis de 60 voluntarios e voluntarias, continuará o venres 19 a partir das 19h coa foliada de Espíritu Moreno, a actuación dos paiasos zaragozanos Click-Clowns e a música da cantante palestina Najla Shami. Todas as actividades abertas ao público. A partir das 22h comezarán os concertos de pago, nos que actuarán Fura Fura, Tío Calambres, Obrint Pas, Ulträqäns, Ruxe Ruxe, Arrhythmia, Zenzar, Dj Pimp e Dj Calambres. Haberá dous escenarios no que se irán alternando as actuacións, para que a música non pare nin un segundo.
O sábado 20, o día central do festival, a festa comezará coma sempre ao mediodía. Ao redor da sardiñada popular, na que se venderán sardiñas feitas na grella, empanada e todo tipo de bebidas, desenvolveranse numerosas actuacións desde ás 15h30 ata ás 22h, todas elas gratuítas. Ás 15h30, unha vez os nenos e nenas remataron de comer e os seus país e nais están na sobremesa, teremos o contacontos de Teruca. De seguido, ás 16h, da actuación de teatro da compañía Bandullo Azul e ás 17h as acrobacias de Kanbahiota, para rematar e animar a tarde coa percusión de Trópico de Grelos.
De 19h ás 21h30 desenvolverase a Gala de Circo solidaria co Sáhara, que tamén é de balde, pero na que se pasará “a gorra” para que as persoas que queiran colaborar con proxectos nos campamentos saharauís fagan o seu aporte. Os artistas que colaboran con esta iniciativa son: Circo Chosco, Mago Teto, Mentalini, Kanbahiota e Peter Punk, que será o encargado de conducir a todo este grupo. Rematará a gala cun concerto de Fran Pérez, Narf, cantautor e compositor e un dos artistas galegos que máis aposta pola fusión da música e a cultura entre os países lusófonos.
Ás 23h darán inicio dos concertos, a traca final do festival, con Fermín Muguruza, Zuloak, Os Diplomáticos de Monte Alto, O Caimán do Río Tea, Martelo e a Compañía do Ruído. Xunto cos DJ D Selectors e Fonky Omar.

Desde o xoves ata o domingo está aberta a zona de acampada libre, situada ao final do paseo de Vilaxoán, nun parque público para todas as persoas que teñan a súa entrada para o festival.


Estes 10 anos de historia non serían posible sen a contribución do público que merca a súa entrada, a súa camisola e consume nas barras, e por suposto tampouco sen o apoio dos patrocinadores e colaboradores. Este ano temos a sorte de contar co aporte do Concello de Vilagarcía, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, e das empresas Martín Códax, Caramuxo Camisolas, Súper Bock, Coca Cola, Gadis e Ron Legendario. Sermos Galiza, Planeta Furancho e Estudio 3 colaboran coa difusión do festival.

- Revenidas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Castelo Rock - 2 e 3 de agosto en Muros
http://www.castelorock.com
(texto engadido o día 15/ / 7/ / 13 )


Castelo Rock é a festa do rocanrol que se celebra na praia do Castelo de Muros, unha das vilas máis fermosas de Galicia. Polo que calquera que se achegue ata aquí poderá gozar dunha fin de semana inesquecible de música, praia e gastronomía.

A revolución musical que supuxo o Castelo Rock fixo de Muros un lugar referente no mapa musical galego. Nel mestúranse bandas locais, galegas e estatais, ademais, promove unha filosofía que permite que diversas bandas locais poidan compartir escenario coas mellores bandas galegas e estatais tales como Ruxe Ruxe, Dios ke te Crew, LaMatumba, Barricada, Ilegales, Gatillazo, Boikot ou Siniestro Total.



VENRES, 2 DE AGOSTO

ACTIVIDADES DE RÚA (gratuítas)
20.00 h | MANICÓMICOS | Teatro de rúa | Curro da Praza


CONCERTOS (de pagamento) NO RECINTO DA PRAIA DO CASTELO
Apertura de portas | 20.15 h
KOLISIÓN FRONTAL | 21.15 h
BANDA FURA FURA | 22.30 h
REINCIDENTES | 00.00 h
ZËNZAR | 01.45 h
THE SKARNIVALS | 03.30 h
CROMA | 05.00 h



SÁBADO, 3 DE AGOSTO

ACTIVIDADES DE RÚA (gratuítas)
17.00 h | GRAN XOGO CASTELO ROCK | Animación para cativos/as | Curro da Praza
20.00 h | MÁSTER CLASS DE ZUMBA | Praia do Castelo
20.00 h | BTK! PERCU-LUME | Centro histórico


CONCERTOS (de pagamento) NO RECINTO DA PRAIA DO CASTELO
Apertura de portas | 21.15 h|
TRAPOS SUCIOS | 22.30 h
LENDAKARIS MUERTOS | 00.00 h
O’FUNK’ILLO | 01.45 h
CHOTOKOEU | 03.30 h
HADRI H | 05.00 h


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vigo - Festa da Cultura 2013

(texto engadido o día 12/ / 7/ / 13 )


Por 4º ano consecutivo a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza a Festa da Cultura de Vigo, patrocinada en exclusiva polo Concello de Vigo.
Neste ano 2013 realizarase os días 12,13 e 14 de xullo na Porta do Sol de Vigo, rúa Príncipe e Museo MARCO.

O venres, 12 de xullo, podedes disfrutar das actuación do grupo Fiadeiro ás 19:45. Os grupos A.F. Corisco e A.F.C. Asubío encargaranse de facervos bailar a partir das 20:30 h. Ás 22:00h comezan os concertos de música Folk coas actuacións de Os Carunchos, seguida das de Pelepau e Zurrumalla.

O sábado, 13 de xullo, agárdanvos no palco da Porta do Sol as actuacións dos grupos folclóricos "Lembranzas Galegas", "Soavela de Hio", "Traspés", "Helios de Bembrive", "Rueiro de Coia", "Queixumes", "Cotogrande de Cabral", "Os Ventos de Comesaña", "Andarela" e "A Buxaina".

Os que queirades bailar o son da gaita, poderedes facelo cos grupos "Vagalume" , " Os Trasnos da Gaita " e " Gaitas Airiños do Coto".

E ademáis, " Lareira Teatro" e " Porta Aberta Teatro" deleitaranvos coas súas artes escénicas , escoitaremos as doces voces das "Cantareiras da Atlántida de Matamá" , e disfrutaremos coas actuacións da "Banda de Música de Candeán", os "Acordeóns do CVC Valladares" e as panderetas " Volta do Demo " de Beade, sen olvidar a exhibición de bailes de outras culturas que nos ofrecerá " Danzas do Mundo."

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Campanha de apoio ao XXVII Festival da Poesia no Condado
http://www.verkami.com/locale/gl/projects/6146-xxvii-festival-da-poesia-no-condado-desobediencia
(texto engadido o día 12/ / 7/ / 13 )


Berramos 'Desobediência' para que nom lhe quitem às pessoas para dar-lhe aos bancos, para que a cultura popular e participativa siga viva neste XXVII Festival da Poesia, para que a nossa festa mantenha a música, a literatura, o cinema, o artesanato, a feira, todo! Unides-vos ao nosso berro?


Este ano o Festival da Poesia quere ser o XXVII Festival da Poesia. Para o ser, tem que se manter, e, para se manter, necessita dinheiro. Nom queremos renunciar às exposiçons, nim ao comboio de baixa velocidade, nim à música, nim à poesia, nim ao bar, nim a projectar as curtas do Festival de Cans, nim aos passa-ruas, nim à festa infantil.

Queremos que o nosso público o tenha todo. No festival e na vida: queremos umha vida digna, direito à sanidade e ao ensino, a teito, á alimentaçom, a um trabalho que nom nos roube o tempo e a saúde, a umha estrutura que dea cobertura às pessoas em situaçom de dependência, a um sistema económico que nom expolie os nossos recursos, a umha vida amável.

Por isso berramos “Desobediência”: para que nom lhe quitem às pessoas para dar-lhe aos bancos. Para que nom abandonem as iniciativas culturais populares para dar-lhe ao mamotreto da Cidade da Cultura.





Programa previsto para este ano





Sexta-feira, 30 de agosto

19.30 | COVAS DE DONA URRACA | AUDIOVISUAIS
Fora (Pablo Cayuela e Xan G.Viñas, Galiza, 2013, 95′).
Com a apressentaçom dos diretores.

21:30 | COVAS DE DONA URRACA |EXPOSIÇONS
Maite Davila (Pintura)
Karl Fräuden (http://frauden.tumblr.com/)

22.30
| COVAS DE DONA URRACA | AFORO LIMITADO*
 10€
Noite nas minas

MÓNICA DE NUT
& VIRXILIO DA SILVA

Ao remate, e ja no exterior, continuamos coa festa!

A MAGNIFIQUE BAND
DOS HOMES SEN MEDO



Sábado, 31 de agosto

11.30
| PASSA-RUAS


O SOM DA TRIGA




12.00 | ZONA DAS MURALHAS
Campionato de bilharda

12.30
|
COVAS DE DONA URRACA
Mesa redonda por confirmar

17.00 |ZONA DAS MURALHAS


Festa Infantil com María da Pontaghra
Contacontos e jogos


19.00
| COVAS DE DONA URRACA 

Projeçom de Audiovisuais

Curtas premiadas no Festival de Cans

20.00
| COVAS DE DONA URRACA
Estaleiro Editora, V Aniversario


21.00
|ZONA DAS MURALHAS 

FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL

Apresentam
GRAN COMPADRE

POETAS
Por confirmar

GRUPOS

BANDA HOSPITALEIRA DO MINHO

Uxía Senlle, Víctor Coyote e Rómulo Sanjurjo

A MAGNIFIQUE BAND
DOS HOMES SEN MEDO

MALANDRÓMEDA

SACHA NA HORTA

BIGOTE MIX
vs CALDEIRADA

Feira popular: colectivos e artesanato

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Festival Retrouso de Cela (Bueu)

(texto engadido o día 12/ / 7/ / 13 )


Eirado de Cela, Bueu

Algo se coce en Cela...
Marmuran as veciñas que o vindeiro sábado 13 de xullo haberá moito movemento na parroquia e que o punto onde se concentrará toda a actividade será no eirado de Cela.
Parece ser que alguén vai montar un bochinche, con bebidas e comida... fálase tamén de que haberá camisetas moi chulas, e diferentes modelos, tallas e cores... tamén hai un ruxe ruxe de que incluso haberá un palco...

Non cabe dúbida, todo isto ten que ser obra da Asociación Cultural Retrouso de Cela.

Efectivamente, veñen de confirmarmo, chega o gran evento do ano, xa non queda nada, xa está aquí o XII Festival Retrouso!!!

Este ano participarán:
- Grupo de gaitas Retrouso
- Rancho Folclórico Catel-Cunha
- Grupos de baile Retrouso
- Bando Rabudo
- Ludovaina

Vinde, mozos e mozas, que a festa promete. Din que ao rematar o festival vaise armar unha boa foliada... eu non sei se será certo, pero o que si sei é que a parroquia cheira a festa!!! :)


E para que cheguedes dereitiños ao eirado sen dar voltas, aquí vos deixamos unha ligazón coa localización:


Ver mapa máis grande

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Güintervan, Tabula Rasa, R.M.S. e Druidas nas festas patronais de Romariz (Soutomaior)

(texto engadido o día 12/ / 7/ / 13 )


Venres 12 de Xullo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro e concerto de Pesdelán en Ames

(texto engadido o día 12/ / 7/ / 13 )


Venres 12 de xullo de 2013 ás 20h e 22h respectivamente no Pazo da Peregrina, Bertamiráns, Ames (A Coruña)

Pesdelán propón un lecer diferente ao redor do baile e para todos os públicos.
Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé.
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante




O vindeiro venres 12 de xullo ás 20h e 22h respectivamente os grandes músicos e bailadores/as do grupo Pesdelán farannos mover os pés ao tempo que socializamos e nos divertimos sen importar a idade, condición física ou experiencia que teñamos. Este proxecto cultural, de enorme éxito desde a súa creación, chega a Bertamiráns para nos amosar outra perspectiva á hora de asistirmos a un espectáculo. Ademais de escoitar, participaremos nel.

A proposta, presentada esta mañá en conferencia de prensa no Concello de Ames, desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, Ames, o vindeiro día 12 ás 20 e 22 horas e chega a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2013. A entrada será de balde.

Alí, maiores, pequenos e mozos/as poderán gozar do bo facer de Pesdelán á hora de dinamizar grupos de persoas a través da música tradicional. Este proxecto de música para baile pretende cambiar o concepto de público espectador polo de público participante e leva vendidas máis de 4.000 copias do seu primeiro disco 'Na punta do pé'.

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao grupo de persoas asistente, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade: substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos á festa. Acompáñana un grupo de grandes músicos e músicas que interpretarán as melodías tradicionais para podelas bailar. O tempo pasará sen darnos conta mentres aprendemos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.
- Pesdelán -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da República Galega

(texto engadido o día 28/ / 6/ / 13 )


Sábado 29 de Xullo en Ordes, con O Leo i Arremecághona, Çe orquestra Pantasma e Xenderal
- Arremecághona- Orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival Solidario no Coliseum (A Coruña)

(texto engadido o día 28/ / 6/ / 13 )


Como cada semestre, os grupos usuarios dos locais de ensaio de A Coruña teñen a oportunidade de tocar para un fin social. Desta vez, o festival pasará a durar 2 días, englobando aos grupos de vertinte máis Rock o venres (Almakoa, The Aerial Root, Jules & The Wolf, After All e The Zipper), encabezados polo proxecto paralelo a Heredeiros da Crus de Tonhito de Poi, sendo o sábado a quenda para os grupos cun toque máis Punk, Hardcore ou Metal (Truth or Consequence, Last Shot, Breathing Loud, Fading Memories e Man City Blue), contando para pechar a festa co Punk-Rock con raíces Celtas de Bastards on Parade.

As entradas adquírense por 4 € no despacho de billetes da Praza de Ourense (luns a venres de 09.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h), e os días de concerto desde as 19.30 h nas taquillas do Coliséum. Existe un bono para os dous días por 6 €.

Porqué Festival Solidario?

O momento histórico no que vivimos debe servir para darnos conta das dificultades polas que moitas familias pasan. Desta vez, facemos un chamamento á cidadanía para que libremente colaboren coa nosa campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, que irán directamente destinados á gran labor social que fai a Cociña Económica. Fai 6 meses conseguíronse 995 Kg de comida, agardando superar esa cifra nesta edición ao contar con dous días de concertos, ademais das actividades englobadas no ADQUIRE +. Entre tod@s poderemos conseguilo!.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Café da Memoria: Gaiteiras (Museo do Pobo Galego)

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 13 )


O Museo do Pobo Galego celebra unha nova edición deste programa que recolle os relatos das persoas que son fonte viva da nosa historia recente

O vindeiro día 27 de xuño, xoves, ás 18h00, celebramos unha nova edición do Café da Memoria no Museo do Pobo Galego. Nesta ocasión as protagonistas son as gaiteiras. Mulleres pioneiras como músicas profesionais que deron un paso adiante nas súas respectivas formacións musicais.

Maruxa Miguéns, Mari Beni Cubero, Conchita Redondo, María Teresa Rodríguez e Mari Carmen Rodríguez son referentes sociais para a superación de estereotipos de xénero nunha época na que o mundo da música profesional era fundamentalmente masculino.


"Moitos pensaban que tiña que estar na casa, coidando dos fillos". Estas palabras de Maruxa de Os Rosales expresan moi atinadamente o que a xente pensaba ao ver a unha muller nun escenario ou tocando nas festas. A percusionista do grupo de gaiteiros de Asados-Rianxo nos que tamén puña a voz, xunto a Teresa, Maribeni, Conchita e Mª Carmen, as gaiteiras do grupo Saudade son as protagonistas dunha nova edición do Café da Memoria que mañá vai celebrar o Museo do Pobo Galego dedicado ás gaiteiras.Estas mulleres foron pioneiras como músicas profesionais dentro da música tradicional e popular dando un paso adiante desde as súas respectivas formacións musicais nunha época no que o mundo da música profesional era fundamentalmente masculino. Foron e son referentes sociais para a superación de estereotipos de xénero que van contar a súa experiencia mañá, 27 de xuño ás 18h00 no Museo do Pobo Galego.

O Café está dentro das actividades ao abeiro do convenio do Museo co Concello de Santiago de Compostela

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Barrio de San Pedro
http://fbsp.info/
(texto engadido o día 24/ / 6/ / 13 )


MARTES 25

20.30h INTERVENCIÓN. (No Cruceiro de San Pedro)

Grito Comunal. Entrega de credenciais as persoas gritadoras oficiais de barrio. De mércores 26 ao sábado 29, todos os días ás 20:30h, esteas onde esteas gritaaaaaaaaa!!!! (as persoas gritadoras oficiais poden acreditar a xente do seu entorno iniciándoos no grito).

21.00h IMPROVISACIÓN-TEATRAL. (Na Praza da Angustia)

The Momento Impro

23.00h MÚSICA-CINE. (No Cemiterio do Parque de Bonaval)

Banda Municipal de Música musicando a película: O Prestamista.





MÉRCORES 26

18.00h MÚSICA-INFANTIL. (No Museo do Pobo Galego)

Arrolos de Salitre

22.00h MÚSICA. (Na Praza da Angustia)

ACadaCanto

23.00h CONTACONTOS. (No Adro da Igrexa da Angustia)

Celso Sanmartín






XOVES 27

22.30h. FOLIADA. (Na Praza 8 de marzo)

Lagharteiras

Vaamonde, Lamas e Romero

Radio Cos





VENRES 28

17.00h. GANCHILLO. (Rúa de San Pedro-Concheiros)

Recubrimos de fío e lá de cores, os grises accesorios das nosas rúas

18.00h. TEATRO. (No Museo do Pobo Galego)

Hámster de Histeria Teatro

19.00h. PASARRÚAS E CONCERTO. (Na Praza de Home Santo)

Banda de Lousame

20.00h. PASARRÚAS E CABEZUDOS.

Tabernícolas

21.00h MÚSICA TRADICIONAL (Na Praciña de San Pedro)

Presentación da Murga “Os lobos do espacio”

22:00 NOITE DO LASTRO. (Na Praza 8 de Marzo)

Som do Galpom

Nao

Malandrómeda







SÁBADO 29

11.00h. FEIRA.

11.00h. ALMORZO NA RÚA. (Na Praciña de San Pedro)

Cada quen leva algo e compartimos este momento

12.00h. PASARRÚAS. (Na Rúa de San Pedro)

Treboeiros da Muimenta

12.00h. CIRCO DE RÚA. (Na Rúa Concheiros)

Peter Punk A Chungatrona

12.30h. MÚSICA-INTERVENCIÓN. (Na Rúa de San Pedro)

Non te cortes con a ópera de Mónica de Nut

13.30h SESIÓN VERMOUTH. (No Torreiro)

Orquesta Canadá

14.15h. PASARRÚAS.

Habelas Hainas

17.00h. CIRCO DE RÚA. (Na praciña de San Pedro)

Peter Punk A Chungatrona

17.00h. DANZA-ORIENTAL. (Na Rúa Concheiros)

As Feiticeiras

17:00h. ROTEIRO POLO BARRIO (Sae da Praza 8 de Marzo)

Arte e historia a cargo de Compostela Offroad

19.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. (Na Rúa de San Pedro)

Grupo de música e baile tradicionais Brincadeira

18.00h. PASARRÚAS. (Na Rúa Concheiros)

Treboeiros da Muimenta

19.00h. BATUCADA. (Na Rúa Concheiros)

Batucada San Xerome

20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA

20.30h. CONCERTO. (Na Rúa Concheiros)

The Tetas’ Van

21.30h. TEATRO. (Na Rúa Concheiros, no Colegio Juventud)

Carauta Teatro.

22.30h. VERBENA. (No Torreiro)

Orquesta Canadá

00.30h. PASARRÚAS PIROTÉCNICO.(Rúa dos Concheiros)

“Ragnarok” Kull d’Sac.

Importante:avisamos ao público asistente da conveniencia de usar gorras e roupa forte (vaqueira ou similar) con o fin de evitar incidencias con a pirotecnia.






DOMINGO 30

10.00h. DEPORTE. II Romaría do Fútbol. (Campo de Belvís)

Máis información aquí.

11.00h. PASARRÚAS.

Quarteto da Gentalha do Pichel

12.30h. CONTACONTOS. (No Centro de Interpretación Ambiental, no parque de Belvís)

Anxo Moure

12.00h. PASARRÚAS. (Rúa de Home Santo, Cruceiro, Praza 8 de Marzo, Praciña de San Pedro)

Grupo de Baile e Gaiteiros da Xuntanza

14.00h. ROMARÍA. (Parque de Belvís)

Os Estalotes

Xandobela

Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional

Cerámica

Inchables

Polbo e Churrasco

20.30h INTERVENCIÓN. (Belvís)

Desconcerto de Gritos e Silencio en Sol Maior. Xuntaranse tod@s @s gritador@s oficiais acreditados e iniciados. Finalmente se efectuará a recollida de acreditacións para evitar apegos a acción sonoras excesivas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Psicotroita II (Sigüieiro)
http://www.psicotroita.org/
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 13 )


A Psicotroita é un monstro fluvial que só aparece nas noites máis curtas do ano nos arredores de Sigüeiro para atacar a poboación mediante as súas armas: ritmo, vatios e moita festa!

Logo do seu primeiro asalto no 2012 e tras refuxiarse para hibernar durante un ano nas augas do río Tambre, a criatura volve o 21 e 22 de xuño de 2013 con máis ganas de troula ca nunca. A vinganza será terrible!


-VENRES 21 DE XUÑO

22:30

CAMARADA NIMOY
THE FUZZBOMBS
FAMILIA CAAMAGNO
DJ DE LATA

-SÁBADO 22 DE XUÑO

13:00. SESIÓN VERMÚ

TONY LOMBA
BIGOTE MIX

17:00

COMBOS DA AULA DE MÚSICA DE OROSO
ACTUACIÓNS DOS PROFESORES DA AULA DE MÚSICA

22:30

SAMESUGAS
YAKUZAS
O CAIMÁN DO RÍO TEA
BIGOTE MIX


Recinto con carpa
Entrada, saída e zona de acampada... de balde!
- Psicotroita -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada e Sardiñada na Taberna Eiravella (Boqueixón)

(texto engadido o día 19/ / 6/ / 13 )


Este sábado 22 de Xuño temos sardiñas e churrasco gratis para tódalas persoas que queiran disfrutar da festa do San Xoán

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Semana de San Xoán na Baiuca

(texto engadido o día 19/ / 6/ / 13 )


Na semana do San Xoán festa rachada n'A BAIUCA...
Xoves 19 cantareliña, Venres 20, a "Orquestra Tombalobos" e Venres 21 Repichoca a fartar celebrando o Solsticio de verán...
Ven pasalo con nós e devírtete!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Peche de Curso de Rebulir (Ramirás)

(texto engadido o día 19/ / 6/ / 13 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Festa Rachada en San Vicenzo da Baña (A Coruña)

(texto engadido o día 15/ / 6/ / 13 )


Sábado 6 de Xullo na Area Recreativa Agra de Chans

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festa da Sementeira en Corzáns
http://www.todocondado.com/index3_eventos.php?pid=882
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 13 )


O domingo 16 de xuño celébrase na Quinta do San Brais do Piñeiro en Corzáns (Salvaterra de Miño) a VII Festa da Sementeira.

Os traballos da sementeira comezan ás 11h. Logo, sobre a 13:30h. haberá un xantar popular con carne ao caldeiro e viño de colleita. Animarán a festa grupos de gaiteiros e xogos populares.

Haberá ademáis exhibición de traballos artesanais como zoqueiros, canteiros ou cesteiros.


Ver Festa da Sementeira Corzáns nun mapa máis grande

- Festa da Sementeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1 Foliada da Santa Palleta

(texto engadido o día 15/ / 6/ / 13 )


A Santa Palleta está organizada polo colectivo de grupos tradicionais de As Pontes, e con ela queremos poñer un peche de ouro a esta tempada de foliadas, que iniciamos en setembro do 2012 e finalizaremos este mes de maio (e xa van 7 tempadas!!).

Así que se che gusta tocar, cantar ou bailar... e tes un grupo, ou aínda que non o teñas eres capaz de xuntarte cunhos colegas e montarte algo para ese día, non dubides en anotarte. É ben sinxelo participar. Admítense todo tipo de grupos: gaiteiros, pandereteiras, bailadores, etc.

SANTA PALLETA celebrarase o SÁBADO 15 DE XUÑO no recinto exterior da cafetería LAR, onde, confiando nunha climatoloxía favorable, instalaremos todo o preciso para disfrutar da música do país:
- Unha tarima para que os grupos podan actuar cómodamente.
- Equipo de son e microfonía básico.
- Barra de bar exterior.
- Pulpeira.
- E ademáis... sorteos de kits de palletas do mestre palleteiro pontés Jaime Pena.

Para os grupos que veñan de fora de As Pontes e queiran aproveitar toda a noite de SANTA PALLETA dispoñeremos dunha zoa de acampada e duchas nas inmediacións da cafetería LAR, no campo de tiro con arco.


A tarima para as actuacións e torreiro para o baile ubicarase nunha ampla zoa de céspede, moi cómoda e práctica para facer a festa.
En caso de que chova, SANTA PALLETA trasladarase ó interior da cafetería LAR, ó mesmo lugar onde se fan habitualmente as foliadas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Milladoiro e Linho do Cuco participarán na primeira edición do festival Oka Folk (A Estrada)
http://galego.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2013/05/11/milladoiro-linho-do-cuco-participaran-primera-edicion-festival-oka-folk/808525.html
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 13 )


Regato de Matamulleres e A Magnifique Bande completan o cartel - O obxectivo é consolidar o certamen con sucesivas edicións - Celebrarase o dí­a 15 do mes de xuño

A comisión de festas de San Antonio en Oca decidiu este ano dar un paso máis na súa tradicional festa con orquestas e pulpeiro. Cansados da obrigación de ter que realizar grandes desembolsos para traer ás principais orquestas galegas como reclamo, a organización dos festejos decidiu dar un xiro radical á súa formulación e apostar pola creación dun festival que nace co nome de Oka Folk.

Para a súa primeira edición, este festival contará cun cartel de primeiro nivel no que figuran Milladoiro, Linho do Cuco, Regato de Matamulleres e A Magnifique Bande dous Homes sen Medo. Todos eles uniranse nun escenario único o próximo día 15 nunha celebración que espera consolidarse con sucesivas edicións.

Así o recoñeceu onte un dos principais responsables da comisión de festas, Juan Espantoso. "Este ano decidimos darlle un cambio á festa para non ter que empeñar á parroquia con orquestas que ao final non che solucionan nada. Para que veña xente tes que traer á Panorama ou a Parides e non podemos pedir tanto aos veciños. Aí ocorréullenos a idea de facer unha festa folk que esperamos que guste á xente".

Espantoso agarda tamén que a iniciativa sexa do agrado dos propios veciños. "Non é un festival consolidado pero confiamos que a xente acuda para volver repetir o ano que vén. Esperamos tamén que os veciños respondan. A comisión deste ano está formada ademais por voluntarios porque senón estabamos preto de non ter festas de San Antonio", explicou.

O integrante da comisión encomiou ademais o cartel que lograron facer coa axuda dun dos veciños de Oca que levou a xestión cos grupos.
- Milladoiro- Linho do Cuco- Regato de Matamulleres- A Magnifique Bande -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]