Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Orquestra Os Modernos na Cidade da Cultura - Ciclo: Atardecer no Gaiás (Compostela)
http://www.cidadedacultura.org/gl/evento/orquestra-os-modernos
(texto engadido o día 9/ / 8/ / 13 )


10 de Agosto
21:00
Praza central
Entrada de balde



A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das fiambreiras...
A praza central do Gaiás converterase nun auténtico campo da festa grazas á Orquestra Os Modernos, que ofrecerán un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: fox-trot, bolero, habanera, corrido, rumba, mazurca... sen esquecerse tampouco deses ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muiñeira ou a jota.
- Os Modernos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Lago (As Pontes)

(texto engadido o día 9/ / 8/ / 13 )


1º aniversario da Praia do Lago
AS PONTES 23/24 Agosto 2013


O vindeiro 23 e 24 de Agosto o Concello de As Pontes celebra  o primeiro aniversario da inauguración oficial da Praia do Lagocunha singular e especial fin de semana adicada a música, á festa e á celebración.


Dúas noites de boa música nas que se poderá disfrutar dun cartel variado para que aqueles que xa coñecen a Praia do Lago disfruten e celebren o seu primeiro aniversario e tamén para que todos aqueles que ainda non se teñan achegado ata alí teñan unha razón para coñecer o entorno, a praia e disfruten dunha actividade diferente nun espazo singular.

Unha proposta coa que o Concello das Pontes pretende dinamizar o espazo, darlle cabida dentro do panorama cultural estival da comarca de Ferrolterra e dalo a coñecer a través de actividades lúdicas coas que conferirlle un novo enfoque.


venres a banda tributo galega BROTHERS IN BAND nos achegará ao mellor dunha das bandas de rock por excelencia nacida nos anos 70, os Dire Straits. O grupoconsiderado a millor banda tributo a Dire Straits de Europa,  recala en As Pontes no medio da súa xira pola península e a punto de se embarcar nunha xira polos espazos máis emblemáticos da península (Palacio Vista Alegre de Madrid, Palau Sant Jordi de Barcelona, Coliseum de A Coruña entre outros) xunto cunha das bandas tributo a Queen máispotentes do momento.


Despois de quentar motores o venres A Festa do Lago traerá unha noite de sábado do máis interesante cargada de propostas variadas, para todos os públicos.


A música arrancará ás 21:00h da man da MAGNIFIQUE BAND DOS HOMES SEN MEDO que percorrerán o recinto da Praia abrindo boca para unha noite moi especial. Non son unha charanga de feira. Non son unha brass band dun barrio baixo de Nova Orleáns  nen   unha  Big  Band. Son todo iso centrifugado con bebop, funk, rocanrol, muiñeiras, jazz primitivo: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, cun gusto innato polas boas melodía e os arranxos de éxito condúcennos polo máis granado da historia musical, con momentos clásicos, fímicos, jazzísticos, funkeiros ou rockanroleiros.


No escenario romperán o xeo os BOURBON QUEEN, unha banda pontesa fundada no 2011 cun repertorio de Hard Blues Rock de raíces netamente dos 70, un cuarteto que ofrecerá as mellores versións de bandas míticas coas que medraron os seus compoñentes.


Tras o cuarteto pontés será a quenda dos cataláns TXARANGO que, antes de iniciar a súa xira por varias cidades europeas, presentarán a mestizaxe do seu último  traballo Benvinguts al llarg viatge (Benvidos á longa viaxe) ofrecendo hora e media de baile, diversión, revolución...


A continuación TERBUTALINA, unhas das bandas máis potentes e descaradas do momento en Galicia traerán a As Pontes esa súa recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons, e presentando o seu último traballo Ritmo Serbio.


E dende Asturias, DJ PIMP, campeón de España e TOP5 do mundo de DMC,  porá o peche a estes dous días de celebración, DJ PIMP e un habitual das cabinas dos millores clubs de toda a península, as súas sesións imprevisibles e eclécticas na selección musical e cun abraiante virtuosismo técnico o teñen levado este veran a festivais como o FIB (Benicassim), Revenidas (Vilaxoan). Amellor maneira de rematar a noite e deixar ao público con ganas de máis festa... 


- Magnifique Band dos Homes sen Medo- Terbutalina -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Festa da Prehistoria - 10 de Agosto en Mos

(texto engadido o día 9/ / 8/ / 13 )



- Festa da Prehistoria -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roi Casal - Concertos AGOSTO 2013

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 13 )


2 de Agosto
Riveira. Praza de España. 00:00h Festas de Verán

10 de Agosto
Redondela. Praza da casa da Torre. 22:30h

11 de Agosto
A Cañiza. Praza Maior. 22:30h

13 de Agosto
Mondariz. Praza de España. 22:30h. Festas Patronais

17 de Agosto
Betanzos. Praza Hermanos García Naveira. 22:30h. Festas de San Roque

23 de Agosto
Cangas. Recinto Naves de Ojea. 22:30h. Festas do Cristo

24 de Agosto
Bergondo. Festival Folk de Gúisamo, Campo da feira. 23:00h

26 de Agosto
Lalín. Praza da Igrexa. 22:00h

31 de Agosto
Ferrol. Festas de Ferrol
- Roi Casal -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Festa Folc De Vilariño (VII Semana Cultural Marta Entenza)

(texto engadido o día 8/ / 8/ / 13 )











- Radio Cos- Anxo Lorenzo- Os Rastreros- Lembranzas da Ría -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVII FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO
http://scdcondado.org/
(texto engadido o día 7/ / 8/ / 13 )


30 e 31 de Agosto – Salvaterra de Minho

 

 

PROGRAMAÇOM

Sexta-feira, 30 de agosto

19.30 | COVAS DE DONA URRACA | AUDIOVISUAIS
Fora (Pablo Cayuela e Xan G.Viñas, Galiza, 2013, 95′).
Com a apressentaçom dos diretores.

21:30 | COVAS DE DONA URRACA |EXPOSIÇONS
Maite Davila (Pintura)
Karl Fräuden (http://frauden.tumblr.com/)

22.30
| COVAS DE DONA URRACA | AFORO LIMITADO*
 10€
Noite nas minas

MÓNICA DE NUT
& VIRXILIO DA SILVA

Ao remate, e ja no exterior, continuamos coa festa! 

A MAGNIFIQUE BAND
DOS HOMES SEN MEDO

 

 

Sábado, 31 de agosto

11.30
| PASSA-RUAS


O SOM DA TRIGA




12.00 | ZONA DAS MURALHAS
Campionato de bilharda

12.30
|
COVAS DE DONA URRACA
Mesa redonda O Povo em Movimento

17.00 |ZONA DAS MURALHAS


Festa Infantil com María da Pontaghra
Contacontos e jogos


19.00
| COVAS DE DONA URRACA 

Projeçom de Audiovisuais

Curtas premiadas no Festival de Cans

20.00
| COVAS DE DONA URRACA
Estaleiro Editora, V Aniversario


21.00
|ZONA DAS MURALHAS 

FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL

Apresentam
GRAN COMPADRE

POETAS
Aurora Ceibe, Elvira Ribeiro, Chus Pato, Celso F. Sanmartín, Nolim Gonzalez, Dores Tembras, A. Pexegueiro, Márcio-André, Séchu Sende, Maria Rosendo e Mário Regueira

GRUPOS

BANDA HOSPITALEIRA DO MINHO
Uxía Senlle, Víctor Coyote e Rómulo Sanjurjo

A MAGNIFIQUE BAND DOS HOMES SEN MEDO

MALANDRÓMEDA

SACHA NA HORTA

BIGOTE MIX
vs CALDEIRADA

Feira popular: colectivos e artesanato
(Reserva de postos: postosfestivaldapoesia@gmail.com)


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Cempés nas Festas da Xunqueira (Cee)

(texto engadido o día 7/ / 8/ / 13 )


Mércores 14 de agosto as 00:45h
Praza de Domingo Antonio Andrade (Praza do Concello)
Organiza: Concello de Cee e Deputación da Coruña
Entradas: de balde
- Os Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa dos Botes en Arzúa

(texto engadido o día 6/ / 8/ / 13 )


Venres 9 de Agosto:
-Fulmina DJ
-ITH
-Alive
-Display of the Power
-Malas Intenciones
-Licor Café

Sábado 10 de Agosto:
-Barrio Rojo
-The Lakazans
- Machina
- Nao
-Bastards on Parade
-Som do Galpom
-Diadermin
-The Robot Rockers DJs.

Domingo 11 de Agosto: animación dende primeiras horas da mañá a cargo de Os da Troula, La Batuki e Circanelo.
- Ith- Lakazans- Machina- Nao- Bastards on Parade- Som do Galpom- Os da Troula -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música no Claustro en Tui
http://www.musicanoclaustro.com/
(texto engadido o día 6/ / 8/ / 13 )


Do 7 ao 11 de Agosto de 2013


MÉRCORES

 

12.00h a 13.30h | Obradoiro | Xardíns e mirador

Entrada libre con pre-inscripción, baixo o auspicio de Viñoteca de García

OS SENTIDOS DE GARCÍA

A catadora tudense Marina García, coñecida pola súa paixón e amor polo mundo do viño, regresa a Música no Claustro para continuar compartindo e sensibilizando aos máis novos da importancia do olfato nas súas vidas. Un sentido moi pouco educado na nosa sociedade, que nos fai pasar por alto emocións únicas do noso planeta.

20.00h | Conferencia | Sala Capitular
Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui

HISTORIA DA MÚSICA EN GALICIA

A musicóloga Lorena López Cobas presenta o seu estudo da historia da música en Galicia, unha nova publicación baixo a editorial Ouvrimos, que abre novas vías para o descubrimento e coñecemento da nosa cultura e sociedade, na que a Catedral de Tui ocupa un protagonismo especial. Ouvirmos regresa desta forma a Música no Claustro, tras a presentación no ano 2011 do volume adicado a Tui da colección Itinerarios Históricos Musicais.

 

21.00h | Concerto | Claustro Gótico

Entrada libre até completar aforo, baixo o auspicio do Concello de Tui

Praeludium JLMúsica: SANDRA PÉREZ (percusión) 

MÉTODO CARDIOFÓNICO

O músico e zanfonista Germán Díaz será o protagonista de abrir o ciclo de concertos da novena edición de Música no Claustro. Unha persoa única, que alén da música, compaxina diferentes paixóns na súa vida, como a construcción de pipas, a cría de capóns dun xeito bio-musical, ou a observación das nubes. Presentará en concerto o seu proxecto artístico-musical MÉTODO CARDIOFÓNICO, que viaxa entre o jazz, a electrónica e a vangarda. Método Cardiofónico nace a partir dos latexos de corazón gravados en vinilo polo doutor Iriarte, alá polos anos cuarenta, cos que documentou diversas lesións valvulares e que agora Germán, utiliza como baixo rítmico.

 

 

 

 

XOVES

 

11.00h a 13.30h | Obradoiro | Sala capitular

Entrada libre con pre-inscripción, baixo o auspicio de D-Música Factoría Musical

CONSTRÚE O TEU INSTRUMENTO

A pedagoga catalana Laia Pujol Morera, despois de visitar Música no Claustro 2012, queda atrapada pola maxia pétrea tudense, e regresa a Tui para compartir cos máis cativos o fermoso mundo da música dende unha perspectiva diferente. Nesta ocasión, cun obradoiro de creación de instrumentos, cos que posteriormente se interpretará unha sinxela peza en grupo. Orientado a nen@s de 2 a 5 anos, acompañados polos seus pais ou familiar.

 

20.00h | Conferencia | Sala Capitular

Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui

PROXECTO VIRTUAL RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO MUSICAL GALEGO SÉC.XIX-XX

A community manager Milagros Bará Viñas presenta a páxina de facebook adicada á recuperación do patrimonio musical galego a partir das súas imaxes históricas. Con máis de 5.000 seguidores, é unha nova mostra das vías que o mundo 2.0 abre aos estudosos da música, ou tan só, un lugar onde viaxar no tempo e lembrar as tradicións dos nosos antepasados.

 

21.00h | Concerto | Claustro Gótico

Entrada libre até completar aforo, baixo o auspicio de Xacobeo Galicia

Praeludium JLMúsica: SERGIO ALONSO (guitarra) 

GUITARRA CLÁSICA GALEGA

O guitarrista e investigador tudense Samuel Diz publica no pasado outono, baixo a editorial Ouvirmos, o seu traballo discográfico Guitarra Clásica Galega, co apoio de AGADIC e a Secretaría Xeral de Cultura. Música no Claustro, xunto ao auspicio de Xacobeo Galicia, acolle a presentación en Tui deste traballo discográfico que foi reseñado con positivas críticas nos medios especializados máis destacados, pola súa frescura e interpretación.

 

 

 

 

VENRES

 

11.00h a 13.30h | Obradoiro | Sala capitular

Entrada libre con pre-inscripción, baixo o auspicio de D-Música Factoría Musical

CONSTRÚE O TEU  INSTRUMENTO

A pedagoga catalana Laia Pujol Morera, despois de visitar Música no Claustro 2012, queda atrapada pola maxia pétrea tudense, e regresa a Tui para compartir cos máis cativos o fermoso mundo da música dende unha perspectiva diferente. Nesta ocasión, cun obradoiro de creación de instrumentos, cos que posteriormente se interpretará unha peza en grupo. Para nen@s de 6 a 12 anos.

 

20.00h | Conferencia | Sala Capitular

Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Biblioteca Municipal de Tui

A MÚSICA NA GUERRA CIVIL

O musicólogo Marco Antonio de la Ossa chega por primeira vez a Galicia para presentar e compartir a súa investigación sobre a música en España durante a Guerra Civil, tema da súa tesis doutoral defendida en 2009, recibindo o Premio Nacional da Sociedade Española de Musicoloxía. Unha oportunidade única para descubrir un capítulo da nosa historia que tivo importante relevancia na cidade tudense, marcado e caracterizado pola dor e sufrimento de toda contenda.

 

21.00h | Concerto | Claustro Gótico
Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Radio Municipal de Tui

Praeludium JLMúsica: LUCÍA VICENTE (cello)

SILVIA PENAS + AÍD

Por segundo ano consecutivo, un serán de Música no Claustro está adicado á verba e ás súas variantes máis próximas, disciplinas que buscan a espiritualidade e reflexión da súa mensaxe na rúa, alí onde nacen e conviven ao carón da sociedade contemporánea. Abrimos  desta forma o claustro gótico a propostas escénicas pouco habituais en este tipo de espazos, nesta ocasión a través de dúas artistas viguesas que estamos seguros, sorprenderán aos asistentes. Elas -as Rosalías do século XXI- son: Silvia Penas (poesía) e Aíd (rap).

 

22.30 | Breakdance | Praza de San Fernando

Actividade de rúa, baixo o auspicio de Monumental Gastro&Cocktail Bar

Fusion Flow Crew realizará unha mostra do seu B-boying na Praza de San Fernando, onde os seus rítmicos e enerxéticos movementos pecharán unha noite adicada ao mundo hip-hop. Fusion Flow Crew comeza en 2009 a partir do encontro de diferentes bboys de Vigo, Tui e Tomiño, coa finalidade de crear unha crew competitiva, participando en diversos campeonatos e exhibicións. Na actualidade os seus membros son: Lil R, Pody, Snitter, Damar e Pela.

 

SÁBADO



12.00h | Itinerario artístico-musical | Catedral

Entrada libre até completar aforo, coa colaboración da Asociación de Amigos da Catedral de Tui

A ICONOGRAFÍA MUSICAL

A música forma parte fundamental do desenvolvemento artístico e histórico da Catedral de Tui. As necesidades litúrxicas, os oficios e cerimonias no principal templo da Diócese tudense, motivaron a creación de espazos e instrumentos para a exaltación de Deus. A arte tamén se ve impregnada de referencias musicais, polo que trazar un percorrido histórico-musical permitirá coñecer non só a historia do edificio, senón tamén a súa función, especialmente no seu mobiliario barroco, que aínda ofrece esta estreita relación interdisciplinar entre a arte e a música. 

 

16.30 | Descenso popular do Río Míño

Participación con inscripción previa + aluguer de embarcación

DESCENSO POPULAR DO MIÑO
A Concellería de Deportes do Concello de Tui, xunto ao Clube Kayak Tudense, organizan o descenso popular do Río Miño. Unha experiencia aberta a todas as persoas dispostas a desfrutar do contacto co deporte e as fermosas paisaxes de ambas beiras do río, en especial do cromatismo dos tellados e pedra do casco histórico tudense. Toda a información en www.festadomiño.com

 

21.00h | Concerto | Claustro Gótico

Entrada libre até completar aforo, baixo o auspicio de Xacobeo Galicia
Praeludium JLMúsica: Juan M. Cao (saxofón) 

A ROSA D'ADINA

Cantar a Rosalía é como regresar á segunda metade do século XIX, para inzar de novo esos lugares dos cantares que ela mesma escoitou e que inspiraron esa obra da que celebramos 150 anos de gloria. Así, cantando a Rosalía, aCadaCanto chega unha vez máis a Música no Claustro dunha forma moi especial, finalizando un traballo como artistas residentes durante tres edicións, que deu como froito un novo proxecto audiovisual rodado durante os últimos meses na nosa Catedral, gravado por Karlos Abal Lobato e producido por Músicas de Salitre. Unha das sorpresas e contidos máis especiais creados para estes nove anos do festival.

 

 

 

 

DOMINGO

 

21.00h | Paseo Musical | Conxunto catedralíceo

Entrada libre até completar aforo, baixo o auspicio de Música en Compostela

Na presente edición de Música no Claustro, Tui acollerá unha nova visita dos alumnos, profesores e organización de Música en Compostela, preparando unha xornada que comezará pola mañán coa recepción á Cidade de Tui na Casa do Concello, seguida dunha visita ao Parque Natural do Monte Aloia e a Fortaleza de Valença do Minho.

 

Nesta ocasión, os alumnos becados e premiados en anteriores edicións do curso polo seu talento e traballo, serán os partícipes do concerto de clausura de Música no Claustro. Unha proposta novidosa e diferente: un paseo musical, onde os asistentes disfrutarán dunha perfecta maridaxe musical, artística e arquitectónica, con miniconcertos nas diferentes capelas e retablos do conxunto catedralíceo. Unha experiencia única e volátil, que tan só será lembrada na memoria e emocións do público asistente á última xornada de Música no Claustro 2013.

 

 


Ao remate dos concertos:  Visita guiada, Triforio e campanario

Entrada por persoa 6.00€.- (máximo 20 asistentes). Reservas: contacto@musicanoclaustro.com

VISITA GUÍADA NOCTURNA

A Catedral é o monumento por excelencia da cidade tudense. Xoia única do medievo, as súas pedras atesouran a historia dun pobo. Explorar todos e cada un dos seus recunchos de noite é unha experiencia única. Desfruta dos seus misterios, a súa arte e a súa paisaxe grazas á visita guiada que organiza o festival a cargo do historiador local, Suso Vila. Un marco incomparable e unha ruta irrepetíbel, que descubrirá aos asistentes a cara máis descoñecida da noite tudense.

 


 

 


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a tradicional da montaña en Bustelos (Fornelos de Montes)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=124083
(texto engadido o día 6/ / 8/ / 13 )


Martes 6 de Agosto
(Via Malmequer)

Somos da comisión de festas dunha pequena aldea ó pe da Serra do Suido (Bustelos, Estacas, en Fornelos de Montes, a uns 36 kms de Vigo) e tentamos recuperar as nosas tradicións, non queremos festas patronáis sen alma.
Deste xeito, as festas patronáis de San Caetán en Bustelos (o martes día 6 de agosto) voltarán a ser o que foron, unha romería popular de montaña.

Haberá un gran desafío de Regueifas a partires das 22,30 no torreiro cos nosos amigos os mestres regueifeiros Luis "O Caruncho", Bieito Lobariñas e Xosiño da Teixeira, e logo gaitas, baile e festa rachada, co palco aberto a todo o que queira tocar e aportar. Tamén teremos pulpo e carne o caldeiro pero sobre todo moitos desexos de darlle a volta a rutina (e o secuestro) das nosas festas.

Estamos na loita pola recuperación das festas tradicionáis e patronáis da nosa terra, secuestradas e aldraxadas por xente sen alma. Se os fora posible agradecíamos a vosa axuda coa publicación da nosa convocatoria, estades ademáis invitados a participar nela.
Moitas grazas e unha aperta.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Festa Celta do Lugnasad - Bretoña
http://auruxeira.com/
(texto engadido o día 30/ / 7/ / 13 )


Por fin, co cartel de actividades xa está pechado, podemos confirma todos os detalles da XVII edición da festa celta do Lugnasad de Bretoña.

Este ano, capeando a crise, organizaremos as seguintes actividades o venres 2 de agosto:

Pola tarde
Torneo de bolos celtas xunto ao Teleclube.
Pasarrúas a cargo dos Gaiteiros de Riotorto
.
A hora meiga
Celebración das vodas celtas e do conxuro da queimada a cargo dun druída moi especial: nada máis e nada menos que o escultor Fernando Villapol.


Concertos
Zurumalla.
Quempallou.
Güintervan.



Agardarmos que sexa do voso agrado. Lembrade que para apuntarse as vodas celtas é preciso realizar a reserva con antelación no teléfono que se indica na web ou no cartel da festa.
- Zurumalla- Quempallou- Güintervan- Lugnasad -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rock in Ezaro - Noite Heredeira

(texto engadido o día 30/ / 7/ / 13 )


O vindeiro venres 2 de agosto no areal no Ezaro debaixo da casa de pedra por primeira vez na historia xuntamos a tres magníficos grupos de rock con casi a totalidade dos compoñentes de HEREDEIROS DA CRUS que ben seguro nos deleitarán con algunhas das suas populares e ben coñecidas cancións.

- THE LAKAZANS
- RECAMBIOS TUCHO
- A BANDA DE POI

E fin de festa co noso amigo o DJ RUBÉN MARTÍNEZ .

E o día seguinte o sabado 3 mesmo sitio e mesma hora hasta que o corpo aguante:

- DJ RUBÉN MARTÍNEZ
- DJ DEMIAN MCNAMARA


QUE NON VOLO CONTEN!!!!!!!!!!



ZONA DE ACAMPADA GRATUITA AO LADO DOS CONCERTOS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIV FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ)
http://www.xermolos.org/
(texto engadido o día 30/ / 7/ / 13 )


Este ano, 2013, celebrarase os días 2-3 e 4 de Agosto. Cada Festival ten a súa identidade, os seus apelidos, o seu futuro, e medra coa fidelidade a este feito fundacional. O Festival de Pardiñas, nace co alcume de "Feira e Festa da música e da Arte". Xa fan 34 anos, coma una fervenza viva e dinámica de todas as artes, multiplicándose en moitos espazos ateigados de creación: a Mostra de Artesanía, a de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, aCasa das Artes, o Certame "Terra Cha" de literatura e debuxo infantil.



VENRES, día 2:

 Ás 18.00;
 Taller de batukada co Bloquinho de Xermolos.

 Ás 19,30:
Festival de videos musicais, presentados polos directores: "Soro da verdade" de Tonhito de Pol, "Terra" de Dakidarria, "A lus do mundo" alumn@s do Ies de Guitiriz, "Abaixo e de Pé" de Garcia MC,"Zinfonia" de Kamy

 As 21,00:
Batukada ata o Campo da Feira dos alumn@s do Taller e Bloquinho

As 21,30:
Teatro no Campo da Feira: Menciñeiros de Volta e Dálle coa música de Mini e Mero



SABADO, día 3:

Ás 12,30:
CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA polos bares de Guitiriz, os participantes e gañadores van ser agasallados con pezas conmemorativas de xermolos.
Pardiñas tamé é Gastronomia, porque a consideramos CULTURA NOSA, e este ano abrimos esta nova actividade. Os bares van ofrecer estes días unha nova tapa: "Bolo pardiñeiro", a base se aceite, xamón cocido, etc

Ás 16.00;
Apertura das exposicións de Pintura, Escultura, Fotografía, cerámica na CASA DAS ARTES DE PARDIÑAS. Son dúas salas nas que se mostra pintura e escultura de Marcos Lamas, Euloxio Penas, Lomarti, Valdi, Xan Amil, etc. Exposición monográfica das ferramentas antigas de carpintería.
 Mostra Extraordinaria de Fotografía sobre Díaz Castro no Festival de Pardiñas, a cargo de Xan Muras, na Casa das Artes.
Comezo da Mostra do XXXIV Certame de Debuxo Infantil, Son traballos de máis de 70 colexios que participaron neste certame. Os debuxos son expostos aquí, pero as poesías e os contos premiados poden lerse na Revista que presentamos neste día
Apertura da XXXIV Mostra de Artesanía, son cesteiros, teceláns, alfareiros, etc. Que mostran a súa obra en máis de 60 postos, en dous espazos, cunha especial referencia á artesanía da Terra Cha. Algúns deles traballan cara o público.

Äs 17.00;
Apertura da XX Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, son dúas xornadas nas que se estudia o universo da música tradicional por artesáns, investigadores, intérpretes, etc.
Pregón da Mostra de Artesáns a cargo dun músico representativo da nosa terra.
Entrega dos premios dos Cantos de Taberna
Entrega dos premios do XXXIV maratón de Guitiriz
Obradoiro de Regueifas
Obradoiro da danza tradicional

Ás 19.00;
Primeiro concertó de música tradicional no palco deste espazo.
O longo da tarde, noite tamén actúan grupos espontáneos, pois varios dos artesáns son tamén intérpretes dos seus instrumentos, este é un dos eixes do Fetival. Organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, nun recinto cuberto de postos, onde hai una mostra do seu traballo; gaitas, percusión, zanfona, guitarras, etc.
Dende esta hora e nos dous días do Festival, hai sesión didácticas sobre temas musicais, así; seminarios e obradoiros sobre danza tradicional, xoguetes sonoros, afinación de palletas, etc.


Dende ás 21.00 – 04.00;
Primeiro Festival de música, no esceario principal cos grupos :

Bloquinho de Xermolos (21:00) GALIZA
COANHADEIRA (22:00) GALIZA
HARMONICA CREAMS (00:00) XAPÓN
TARA (02:00) CATALUNYA
DIOS KE TE CREW (03:00) GALIZA




DOMINGO, día 4:

Ás 11.00:
Apertura da Feira de Libros de Xermolos, Como estamos nuunha feira e festa da música e da arte, tamén estivo presente a literatura, mesmo as letras vivas coa presencia de escritores como Bernardino Graña, Neira Vilas, Paco Martín, David Otero, Marica Campo, etc. Neste día presentamos o nº 57 da Revista Xermolos.
Neste día asinarán libros que van presentarse neste momento coma "Reticencias" de Xosé lois García, "Peito ó descuberto". Poesía de Fiz Vergara, de Yago Rodriguez, Guieiro Avelino Pousa Antelo. Etc.
Apertura das Exposicións XXXIV Mostra de Artesanía, de artes plásticas, cerámica, fotografía na Casa das Artes

Dende ás 11.30-13.30:
Escenario libre para músicos espontáneos na Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.

Äs 12.00:
Obradoiros, seminario de baile tradicional.
HOMENAXE A XOSE SEIVANE, 1º Pregoeiro da mostra de Artesanía, de fal 20 anos, coa presentación do Guieiro nª 14, no que participan máis de 100 músicos, escritores, artesáns, gaiteiros, etc

Ás 13.30:
Concerto da Coral De Xermolos na Igrexa de Santo Domingo.
Merendas en todo o recinto do Festival amenizadas polo Fanfarria TAKIKARDIA.

Dende ás 16.00-21.00:
Concertos no esceario libre de músicos espontáneos

As 16:30:
Actuación de PETER PUNK para nenos e nenas

As 17:00:
Obradoiro de baile tradicional
Taller de percusión brasileña

Äs 18.00:
Pregón do escritor, XOSE VAZQUEZ PINTOR

Ás 18.30:
Entrega polos escritores e creadores de lotes de libros como premios do XXXIV Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil. Neste momento presentanse os libros deste Festival: Tedempo e Lusofonía de Xose Lois García, Poesía de Fiz Vergara de Yago Rodriguez, Guieiro Avelino Pousa Antelo, Patriarca do Festival de Pardiñas.

A Real Academia Galega elixiu a Díaz Castro, o autor do Dia das Letras Galegas. Unha das notas biograficas da súa relación co noso país, pois viviu gran parte en Madrid, foi a súa asistencia ó Festival de Pardiñas, coma un festivaleiro máis. No pregón imos proclamar ós catro ventos o Ano de Díaz Castro, coa actuación do rapeiro David Gómez e os alumnos do Ies de Guitiriz que van cantar varios poemas de Díaz Castro, gravados no viedo "A lus do mundo", e os cantautores Mini e Mero van cantar "Penelope" de Díaz Castro

 Ás 19.00:
Concerto de música tradicional dentro da XX Mostra de Artesáns.

Dende ás 20.00 – 22.00:
Escenario libre de músicos espontáneos.



Dende ás 22.00 – 03.00:
Segundo Festival de música, no esceario principal, con grupos :

OS MINHOTOS (20:00) GALIZA
SUSANA SEIVANE (22:00) GALIZA
SKARALLAOS (00:00) GALICIA
MR, FISHMAN AKA DR. THINK & MIKE ROLLING (01:30)

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novo Cruceiro Rock "Volta á Orixe, vol.5" (Vila de Cruces)

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 13 )


O Novo Cruceiro Rock fai 5 anos e celebrarémolo con MEDOMEDÁ, DESEQILIBRIO MENTAL, OS JOHN DEERES e AVANTE!!!

Agardámosvos o venres 9 de agosto no CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces con moooitas ganas de festa e de Rock 100% Galego!!

Este ano faremos actividades ao longo da tarde para todos os públicos, un obradoiro de circo con pintacaras, malabares, pompas de xabón, etc. a partir das 18h. e o festival arrincará a iso das 22'30h!

Lembrade entrada de balde!! Agardámosvos!

Organizado pola A.C.Novo Cruceiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1 e 2 de Agosto, Festas no Local Social A Rebusca, Manzaneda

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 13 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CONCERTOS SUSPENDIDOS OU ADIADOS TRALA TRAXEDIA DO ACCIDENTE FERROVIARIO EN COMPOSTELA

(texto engadido o día 25/ / 7/ / 13 )
- O Concello de Santiago comunica a suspensión de todas as actividades das Festas do Apóstolo.

- Aprázase a XXIX edición do Festival Intercéltico do Morrazo, que se ía desenvolver este venres 26 e sábado 27 de xullo na localidade de Moaña

- Queda Cancelado o evento Plazoleta Sons en Monterroso

- Aprazado o FESTIVAL DE ALBORADA en Bueu

- Tralos tráxicos acontecementos ocurridos o pasado día 24 en Santiago de Compostela, o Concello de Vigo ven de suspender toda a programación prevista en VIGO EN FESTAS 2013 durante unha semana.

- A fin de semana do 26 ao 28 de xullo suspéndense as actividades nas que aCentral Folque ía participar: Músicas con risco de Allariz (Felipe Villar e Coralie Yap-chine) e festival #sinsalsansimon (Miniaturas de Eugenio Granell)

- Aprázase para o 2 de agosto a Verbena Galega prevista para este sábado (27) no Festixeve

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornada de Folclore na Praza da Quintana, Compostela

(texto engadido o día 24/ / 7/ / 13 )


O Concello de Santiago comunica a suspensión de todas as actividades das Festas do Apóstolo.





Venres 26 de Xullo. Con Ultreia, Colexiata do Sar, Cantigas e Agarimos e Brincadeira


Dificilmente se poderían entender as Festas do Apóstolo sen as Xornadas de Folclore Galego. Durante máis de 30 anos foron referente para todos os grupos de danza e música tradicional de Galicia. Nos seus inicios, cando comezaron como concurso de baile, vivíronse xornadas de gran rivalidade, pois estas datas estaban especialmente sinaladas no calendario de todos os grupos de música e danza tradicional. Ademais, o desfile dende a Alameda ateigaba as rúas do casco histórico e posteriormente a praza da Quintana.

Hoxe en día, este evento segue sendo parte fundamental das Festas, aínda que nun formato máis tranquilo, pero non menos atractivo. Para todos os grupos segue sendo un orgullo actuar na praza da Quintana. É por iso que dende a Concellería de Festas se aposta por conservar esta xornada, patrimonio de todos os composteláns e de todos os que algún día participaron neste día.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de CxG en San Domingo de Bonaval (Compostela)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=123915
(texto engadido o día 24/ / 7/ / 13 )


Xoves 25 de xullo, día da Patria Galega

9:30 Apertura recinto.

10:00 Música ambiental no escenario

11:00 á 13:00 Apertura da zona infantil con Inchables. Animación de
Xogos varios ( globoflexia, maquillaxe, xogos con paracaídas, con
pelota…)

12:00 Acto no Panteón de Galegos Ilustres. (ofrenda floral)

13:00 Acto político.

14:30 Xantar.

14:30 a 19:00 Actividades zona infantil con monitores de apoio.
Xogos tradicionais (chave, rá, pelouro, sacos, cordas saltar, cordas turrar…)

17:30 Música de taberna na carpa

18:30 á 23:00 Concerto e actuacións.

- Os Perucos (folk)
- Evaristo Calvo (monólogo)
- Narf (cantautor)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX Festa da Carballeira de Zas
http://www.festadacarballeira.com
(texto engadido o día 19/ / 7/ / 13 )


Venres, 2 de Agosto de 2013 Actuarán: A partir das 10 da noite:

- Saldos Negativos (Vigo/Ferrol)
- Peregrino Gris (Costa Rica)
- Tarará Trío (A Coruña)

Sábado, 3 de Agosto de 2013
Actuarán: A partir das 6 da tarde:

- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
- Banda de gaitas Estivada de Calo

A partir das 9 da noite:

- Os Viqueiras de Ordes
- Xabi Aburruzaga (País Vasco)
- Berrogüeto (Galiza)
- Rua Macmillan (Escocia)
- Lurte (Aragón)

Acceso: 7€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancions de cada grupo.
- Festa da Carballeira- Viqueiras- Berrogüetto -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTABERTA en Fene: Festa comarcal do Dí­a da Patria

(texto engadido o día 19/ / 7/ / 13 )


Sábado 20 de Xullo no Paseo de SAN VALENTÍN, no Concello de Fene...TODO ISTO:

- ás 14:30h XANTAR DE CONFRATERNIDADE (15€ por persoa; data límite para anotarse 17 de xullo).
- á tarde: XOGOS E ANIMACIÓN.
- ás 19h: INTERVENCIÓN POLÍTICA DE XABIER VENCE, PORTAVOZ NACIONAL DO BNG.
-a partir das 20h...MÁIS FESTA!, coas actuacións de:

ESTIMABA QUE VIÑERAS (Fene).
ULTRAQANS (http://www.ultraqans.net/)
FAMILIA CAAMAGNO (http://familiacaamagno.bandcamp.com/)
TREMEBUNDOS (Moeche).

Contaremos tamén coa presenza de Isabel Risco quen, coa súa xenialidade, conducirá esta nosa xornada patriótico-festeira!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]