Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Enredadas: Martirio, Uxí­a, Carmen Parí­s e Ugia Pedreira, en A Coruña

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 18 )


Xoves 22 de novembro no Teatro Colón A Coruña

O jazz flamenco de Martirio Página Oficial, a voz atlántica de Uxí­a, a forza maña de Carmen Parí­s e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artí­stica das catro.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista. Todas loitaron por un labor necesario de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicais”¦

Dirí­ase que son almas xemelgas de universos culturais diferentes, o que fará que o espectáculo sexa unha festa da música de raiz e da irmandade.

Un espectáculo único que nos mostrará a catro mulleres que souberon depurarse, reinventarse a si mesmas para ofrecerse reais e verosí­miles.

Con Sérgio Tannus e Marcos Teira nas guitarras.

ENTRADAS en ticketea

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell na Pastoriza

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 18 )


Venres 23 de novembro a partires das 22h na Casa Xuntanza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell na Pastoriza

(texto engadido o día 15/ / 11/ / 18 )


Venres 16 de novembro a partires das 22h na Casa Xuntanza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Festival Folk Lume na Lareira (A Estrada)
http://www.aestrada.gal/index.php/gl/component/content/article/43-news/novas/5027-programacion-cultural-11
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 18 )


Domingo 18 de novembro dende as 18h no Teatro Principal da Estrada

Este festival estradense de música tradicional chega este ano á súa décimo primeira edición, unha edición que coma vén sendo habitual reunirá a unha ampla representación de grupos folclóricos, tales como os alumnos da Escola de Poio, Tequexetéldere, Os da Pereiriña ou As da Concertina Ricardo Ferreira de Portugal.

Haberá, ademais, unha colaboración teatral por parte do Padre Xiao, e un peche de festa a cargo da agrupación Lume na Lareira.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III edición do Magosto Popular do barrio da Industria (Vigo)

(texto engadido o día 16/ / 11/ / 18 )


Venres 16 de novembro a partires das 18h

Comprácenos seguir tecendo redes con colectivos que apoian o galego. Neste caso contaremos a partir das sete coa banda tradicional da Revolta para animar a nosa festa.

E a partires das oito da tarde concertazo para pechar a festa con Blues do País!



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto de Xironsa (Cambados)
https://www.facebook.com/XironsaCorvillon/photos/a.179263652239874/1135381109961452/?type=3&theater
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 18 )


Xa tardábamos! pero aquí estamos! o próximo Sábado 17 de Novembro no SALÓN PEÑA en Cambados celebraremos o MAGOSTO.
🍁🍁 Obradoiro de Cabazas
🍁🍁 Obradoiro de chulas, que despois degustaremos!😛
🍁🍁 Concerto Didáctico a cargo Os Monifates
🍁🍁 Moita música
🍁🍁 Moita Festa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Magosto Foliadeiro en Compostela
https://www.facebook.com/events/433714100492315/
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 18 )


Sábado, 17 de novembro de 2018
Cantigas e Agarimos


Coa chegada do outono (aí­nda que de momento non o pareza) comezan os magostos. O noso será o sábado 17 de novembro, e estades todxs convidadxs a pasar unha noite de festa.
Aquí­ tedes o programa:

18.30h Espectáculo máxico co Mago Benxamí­n .
20.00h Festival do Magosto con grupos da Escola de Cantigas e Agarimos

22.00h MAGOSTO-FOLIADA (iremos actualizando os grupos participantes)
A partir de aquí­ foliada aberta!!!
ESPERÁMOSVOS!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Outono en Tameiga (Mos)

(texto engadido o día 9/ / 11/ / 18 )


Sábado 10 de novembro na Sala Rebullón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ruada de Outono en Moraña (Pontevedra)
https://www.facebook.com/events/2117949958470476/
(texto engadido o día 8/ / 11/ / 18 )


Sábado 10 de novembro no Café Sergio


Amig@s do folclore e tradicións da nosa terra: Por problemas alleos á nosa vontade ví­monos obrigados/as a non organizar este ano o formato de serán-magosteiro que todas e todos vós coñecedes dende hai oito anos. De seguro que volveremos o ano que vén, con folgos e ilusións renovadas para organizar a novena edición .

Mentras tanto,e grazas a amig@s comprometidos e a hostaleiros de Moraña, temos unha alternativa máis que interesante para que a nosa música non deixe de soar en Moraña, neste xa clásico sábado magosteiro. í‰ por isto que queremos presentarvos a RUADA DE OUTONO, o sábado 10 de novembro, comezando ás 18h da tarde e con toda esta programación:

-18h: RUADA MUSICAL polas rúas e bares do centro, comezando na de Sergio.

-20:30h MAGOSTO E CONCERTO NO CAFE BAR SERGIO cod grupos:
- Aula de Folc da ESMU (Moraña)
- Hai que Roelo (Cuntis)
- Encantiños do Umia (Godos)
- Os Druidas (Portas/Meis)
- Joel Padin (Vilagarcí­a)
- Cafe de Pota (Arcade)
- Os Carecos (Ortigueira)

- 23:00 (aprox): FOLIADA ABERTA. Traede instrumentos e gañas de cantar e bailar!


**Pedí­ndovos que compartades este evento con todas e todos os vosos contactos convidámosvos a asistir o dí­a 10 xa dende a ruada que comezará ás 6 da tarde. Castañas, chourizos, bo ambiente e mellor festa non faltarán. Apertas!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de San Martiño en Moaña

(texto engadido o día 3/ / 11/ / 18 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Outono en Ouzande (A Estrada)
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10213030833312131&set=a.1145116114702&type=3&theater
(texto engadido o día 1/ / 11/ / 18 )


Sábado 10 de novmebro a partires das 20h no Campo da Festa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell na Pastoriza

(texto engadido o día 1/ / 11/ / 18 )


Venres 2 de novembro a partires das 21:30h na Casa Xuntanza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Da Castaña Do Caurel

(texto engadido o día 1/ / 11/ / 18 )


Sábado, 3 de novembro no Souto da Carroza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas San Martiño Coia (Vigo)

(texto engadido o día 1/ / 11/ / 18 )


Sabado 11 e domingo 12 de novembro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán do Samaí­n no Calvario (Vigo)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 18 )


Mércores 31 de outubro a partir das 19.00 diante do mercado do Calvario.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así­ que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Haberá festa ata ás 23.30, e repartirase chocolate e rosca para todos os asistentes

Actuarán o "Cuarteto tradicional de Lembrazas Galegas", "Grupo Pandereteiras Chorouví­a da AVCD de Cabral", "Grupo de gaitas choran as pedras" e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros.

Tamén haberá talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



AgoraSón 2018 (A Coruña)
http://www.coruna.gal/lingua/gl/detalle/o-agora-acollera-o-26-de-outubro-a-version-mais-feminina-do-agorason-coa-participacion-de-a-banda/suceso/1453671048461?fbclid=IwAR1Q65F_MJmplyA7nbMp0DwgCHQwvdmrxN_UBURlx-Yj3SM7NbGZu_T4W98
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 18 )


O Ágora acollerá o 26 de outubro a versión máis feminina do AgoraSón, coa participación de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski

As voces femininas de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski serán protagonistas no AgoraSón 2018, que se celebrará o venres 26 de outubro no centro Ágora. A cita, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña coa colaboración das Bibliotecas Municipais, segue a liña doutros eventos promovidos polo consistorio, como o Festival Nororeste Estrella Galicia ou as propias Festas de María Pita, nos que o goberno local aposta pola visibilización e presenza de mulleres artistas.

O Agorasón é unha iniciativa gratuíta e aberta á veciñanza que procura promover a lectura en lingua galega, así como proporcionar alternativas de lecer na poboación adulta e promocionar a música na lingua do país. No concerto desta edición, que comezará ás 21.00 horas, participará unha das formacións máis novidosas e aclamadas do presente ano, como é A Banda da Loba, así como outra das voces máis recoñecidas da música galega das últimas décadas, Sonia Lebedynski.

Para poder asistir ao concerto a cidadanía só precisa recoller os convites que se atopan nos distintos centros da rede de bibliotecas municipais, e que se reparten, no seu horario habitual de apertura, pola retirada de libros en galego. Cada persoa poderá coller até un máximo de dúas invitacións para a cita.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta de despedida do Corazón Blanco (Barrañán. Arteixo)
https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=2105546302810497&id=1095837227114748
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 18 )


Venres 26 de outubro

Achégase xa o venres, e toca Repifesta... Como todo ten o seu final, o Corazón Blanco pecha as súas portas; despois de varios anos inesquecibles, será a última Repifesta no Mesón Corazón Blanco. Por tal motivo, queremos que estedes "todos", para disfrutar dunha última Repifesta especial, para darlles a Isabel e a Noelia o merecido agradecemento polo ben que nos trataron e para non esquecer nunca o lugar onde tantos e tan bos momentos pasamos.

Vémonos o próximo venres 26, no Mesón Corazón Blanco, a partir das 22:00.

LUUUUUUUMMMMMEEEEE.....!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto no Gaiás (Compostela)
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/magosto-no-gaias-2018
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 18 )


Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura

Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo protagonista da actuación musical e Premio Martín Códax da Música Tradicional e Folk 2018. Todo un luxo de mestre!

Este recoñecido músico actuará no Magosto no Gaiás acompañado de Aliboria, grupo de percusión que reinventa os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas vocalistas con novos arranxos nos ritmos tradicionais cheos de forza, raza e terra.

Bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores e sachos perfectamente conxunguidos no Gaiás con cantos, aturuxos, bailes, diversión e a enerxía das castañas, grazas á colaboración da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia. Agardámosvos nesta xornada festeira, na que contaremos cunha pequena mostra da variada familia de instrumentos de percusión galegos que non só poderedes ver, senón tocar!

PROGRAMA

19h. Obradoiro de tarrañolas (Previa adquisición de entrada). Obradoiro para todos os públicos. A participación de menores de idade está supeditada á participación tamén dun dos seus titores legais, o que implicará a adquisición dunha entrada para cada un.
20h. Apertura de portas. Degustación de castañas. Mostra de instrumentos de percusión tradicional (ata ás 20:30)
21h. Concerto de Xosé Lois Romero e Aliboria

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Fin de Tempada de Leirabuxo (Boimorto)
https://www.facebook.com/leirabuxo/photos/a.531582573609120/1606175586149808/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 19/ / 10/ / 18 )


Xa hai un tempo que andamos dándolle voltas a unha idea que nunca acabara de facerse real, ata este momento. Temos o pracer de convidarvos a todos os que nos apoiades e vides ver sempre que podedes. A festa, con cena gratuí­ta incluí­da, como vedes no cartel, terá lugar o próximo sábado 20 na Telleira de Boimorto.

Leirabuxo fará o seu concerto de despedida desta tempada, pero tamén teremos con nós a grata compaña dos Varacuncas... E logo FOLIADA ata que nos cansemos !!

Tedes toda a información no cartel, e nós só precisamos que vos anotedes nos teléfonos que aquí­ aparecen, como moi tarde, o mércores.

Animádevos a pasar unha noite agradable!! Esperámosvos a todas e todos os que queirades!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVIII Festival Folclórico Ancoradoira no Burgo (Culleredo)

(texto engadido o día 19/ / 10/ / 18 )


Sábado 20 de outubro no Paseo Marítimo do Burgo

Escola de danza Vila de Baiona
Agrupación Folclórica Ancoradoira
Asociación Fogofatuo
Os Carecos

Fin de festa: concerto de Os Revenidos

Organiza: Agrupación Folclórica Ancoradoira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]