Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


25ª Festa do Requeixo (A Capela, 25 de Agosto)

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 13 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII Encontro Folclórico Malveiras ( Vilagarcí­a de Arousa)

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 13 )


Sábado 24 de agosto na praza da peixerí­a.

- Rancho tí­pico de San Mamede de Infesta (Portugal)
- Brincadeira G. M. e B. T. de Santiago de Compostela
- A. C. Malveiras de Carril, Vilagarcí­a de Arousa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Noite da Lúa Meiga (O Viso - Redondela)

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 13 )


31 DE AGOSTO DE 2013
Miradoiro do Monte Outeiro Grande

- PANDERETEIRAS TERRA MEIGA
- OS FONDAOS DO PÍFARO
- OS MELIDAOS
- OS TERRIBLES DE DONAS
- OS CARUNCHOS

e tamén...

MEIGHACHIMPÍNS
Coma nos últimos anos, convidase ós veciños da parroquia a que decoren os seus chimpíns con motivos vexetais, como mostra do achegamento e da interdependencia coa natureza. Os chimpíns así engalanados concentranse no torreiro do festival e pola tardiña farán un percorrido festeiro pola zona, chamando a tódala xente á festa e a diversión.

EMILIO DA BAÑA
Para diversión tanto dos nenos e nenas como dos seus pais, Emilio da Baña desenvolverá un obradoiro de ENREDOS MUSICAIS. Un bo xeito de gozar da tradición e achegarse ó mundo dos instrumentos e da música tradicional.

XOEIRA
A asociación Xoeira colabora outro ano máis coa Noite da Lúa Meiga e nesta ocasión realizando OBRADOIROS de manualidades para os cativos e cativas que se acheguen ao festival. Seguro que os máis cativos pasarano en grande.

PETER PUNK
Peter Punk é un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos. Gañador do Festiclown 2008, con xiras por Brasil, Italia, Portugal, Palestina , participante nas máis importantes citas de clown do Estado (Cataluña, Baleares, Madrid, Euskadi, Andalucía…) e con Galicia enteira percorrida na procura da vosa risa.
O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua.





+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa-homenaxe a Pazos de Merexo en Muxí­a o Venres 16 de Agosto
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=124177
(texto engadido o día 16/ / 8/ / 13 )


Festa-homenaxe que lle imos armar a Pazos de Merexo o vindeiro venres en Muxía, na que el e mais o seu acordeón diatónico serán os principais protagonistas.
Será as oito do serán, no "Rincón da Baiuca", na entrada mesmo de Muxía.


Pazos de Merexo, o mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte

No Concello de Muxía, Merexo, aldea recollida no fondo da ría, a carón da fermosísima praia do Lago. Dende sempre, xente bailadora con auténtica fame de música.
Cando era moi novo e aínda non sabía tocar, levaba o acordeón e alquilábao nos bailes que se facían nas palilladas. Fala Pazos, oitenta e seis anos, gatillando dende os doce no seu acordeón diatónico. Aquel tesouro que lle trouxera o seu pai de Buenos Aires.

No cerne da enxebreza está o cosmopolitismo. Nas primeiras décadas do século XX , os homes cruzaron o mar e Merexo estivo moito máis perto de Cuba e Arxentina que de Madrid. En Buenos Aires un tío seu mercou un acordeón. Ía deixalo alá, no barco non había moito sitio para a equipaxe. Afortunadamente o seu pai, que tamén andaba por aló, pensou no fillo.
Manuel Pazos é un talento. Pequeno de corpo, mans grandes preparadas para facer ben calquera traballo. Armar cestos, ir ás lontras e, sobre todo, para crear música. A súa verdadeira paixón dende neno: Pola noite volvía cansadiño de rozar no balume e subía directo ao faiado a serrar no acordeón.

Xotas, mazurcas, tangos, muiñeiras… Nun tempo case sen radios, sen tocadiscos, calquera melodía que escoitase axiña rexurdía nos seus dedos, a armar festa por todos os bailes e palilladas da volta.

O seu repertorio, son anacos da historia da propia Costa da Morte. Cando lle pedín unha peza lentiña, botou esta cantarea:
Heiche de dar para un manto
heiche de dar para un velo
pero non quero que durmas
na miña cama de ferro.

E comentou deseguido: Aprendinlla a Monteagudo, o alcalde republicano de Carballo. Estivo agachado na miña casa. Eu era un neno. El e máis o meu pai, a carón do lume, cantábana cada noite.
Dende a década dos cincuenta, un novo tipo de instrumento, o acordeón piano –grande e con teclas- converteuse no campión de todos os bailes. O pequeno acordeón de botóns foi quedando esquecido, incapaz en competir con tanto portento. Mais Pazos nunca pousou o instrumento, seguiu tocando nas foliadas todas de Merexo. E só calou nos anos tristes da enfermidade da súa muller. Cando ela morreu gardou definitivamente no faiado a caixa da festa.

En 1997, o seu fillo Pedro deulle unha orde inescusable. Cumpría ir a Madrid coa Manada Invencible, a gran manifestación dos gandeiros galegos contra as cotas do leite. O Paseo de la Castellana foi o primeiro escenario do seu retorno á música. Todo o camiño de volta non parou de tocar. Dende aquela non acougou.
Cada un vai a feira co que ten, tal lle comentou a Kepa Junkera no xa mítico encontro do Couto entre estes dous mestres do acordeón.
Que bien toca este hombre –dixo Kepa- me recuerda a mi abuelo. Tanto lle prestou que hai unhas semanas reclamou a súa presenza no próximo disco do vasco, dedicado integramente á música galega. Na gravación participou tamén un novo portento, Pazos pequeno, Manuel, o neto do mestre, que está a continuar a súa escola de alegría.

Nos últimos anos Pazos ten repartido moita música en moitos escenarios. O vindeiro venres, volverá tocar diante dos seus veciños, no Rincón da Baiuca, nas portas mesmas de Muxía. Manuel, o neto, tamén estará alí.

Cómpre pois botar o ajrú, que viva o acordeón da Costa da Morte !

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna nas Festas da Peregrina (Pontevedra)

(texto engadido o día 16/ / 8/ / 13 )


Sábado 17:

Orfeón Mariñeiro do Berbés
As Reixas - Pasaxe

Maravallada
Brasilia-Navarra



Domingo 18:

Os Sin Son
Pz Leña - O Timón - A Lareira

Os Saljariteiros
O Rebusco - Estafeta
- Cantos de Taberna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTAS EN CASTENDA- TORDOIA (A Coruña)
http://osviqueiras.blogspot.com/2013/08/blog-post.html
(texto engadido o día 15/ / 8/ / 13 )


Xoves 15 de Agosto: Brisas Do Quenllo
Venres 16 de Agosto: Os Viqueiras de Ordes
- Brisas Do Quenllo- Os Viqueiras -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ribeira acolle este xoves día 15 a Verbena Galega

(texto engadido o día 15/ / 8/ / 13 )


MÁIS DE 5 HORAS DE MÚSICA EN GALEGO

Este xoves 15 de Agosto, ás 22:00 horas no palco de pedra do paseo do malecón (Ribeira) chegará o trailer da Verbena Galega para facer “as festas de sempre como nunca se viron”. Enmarcada no Artemar Ribeira 2013, a proposta de Culturactiva SCG ofrece varias horas de baile co Sonoro Maxín, Pandeiromus e a Ico, voz do Sonoro Maxín, como picadiscos, ademais do humor de Isabel Risco na presentación do espectáculo. A entrada será de balde e para todos os públicos.
- Pandeiromus- Sonoro Maxín -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SonDeSeu nas Festas da Peregrina (Pontevedra)
http://e-tradvigo.blogspot.com.es/2013/08/a-ofg-sondeseu-en-concerto-festas-da.html
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 13 )


A OFG SondeSeu presenta nas Festas da Peregrina o repertorio da xira de verán 2013.
Será o vindeiro MÉRCORES 14 DE AGOSTO ás 23:45hs na Praza de España. SondeSeu comparte noite e escenario con O Fiadeiro. Entre as dúas formacións tocará o dúo integrado por Begoña Riobó e Xosé liz.
A formación que dirixe Rodrigo Romaní, está conformada por 45 músicos formados na súa meirande parte nas aulas da ETRAD. A orquestra está a gravar nestes meses estivais o repertorio do seu novo traballo discografico que verá a luz no inverno de 2013. Neste concerto a OFG SonDeSeu ofrecerá un pequeno avance das novas músicas sobre as que está a traballar. Para non perder!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Budiño e Convidad@s nas Festas de María Pita (A Coruña)

(texto engadido o día 13/ / 8/ / 13 )


15 AGOSTO 2013 / 22:00 h
PRAZA DE PABLO IGLESIAS

Xose Manuel Budiño con:
-CARLOS BLANCO
-CANTAREIROS DE O FIADEIRO
-BEGOÑA RIOBÓ

- Budiño- Begoña Riobó -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treboada 100 Aniversario Festas do Monte (Baiona)

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


17 de Agosto no Varadeiro do Porto da Guarda. A partires das 14:30h

A asociación das Bandas Mariñeiras, convoca a todas as bandas mariñeriras e grupos de gaitas que participan no desfile do monte a unha GRAN TREBOADA en conmemoracion do centenario das festas Do Monte 1913-2013.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Berrogüetto nas Festas da Peregrina (Pontevedra)

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Xoves, 15 de Agosto, ás 22:30h na Praza de España

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre nas Festas de María Pita

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Venres 16 de Agosto, a partires das 22h na Praza de María Pita
- Luar Na Lubre -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Galizien Amerika Linie de Xacarandaina nas festas de María Pita

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Xoves 15 de Agosto
Praza de María Pita

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV FESTA FOLK NA FIN DO CAMIÑO (Fisterra)

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Este proximo sabado 17 de ajosto selebrase na ANCHOA-FISTERRA
,a XV edisión do Festival Folk na Fin do Camiño

Teremos comida da terra apartir da 1 da tarde coa actuasión de Os Campantes da Baña no campo da festa e con Pasarruas.

Apartires das 5 contaremos con Hinchables para os cativos e Xojos Populares para todos.

E apartires das 10 comwesará o Festival Folk cas actuasións de Estimaba que Viñeras,
Os 3 Trebóns,
A Compañía do Ruido
e Chotokoeu.


E nón faltará a Tradicional QUEIMADA...
- Fin do Camiño- Os Campantes da Baña- Estimaba que Viñeras- Os 3 Trebóns- A Compañía do Ruido- Chotokoeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival do Castro en Pantón (Lugo)
http://www.festivaldocastro.com/
(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Sábado 17 de Agosto


Feira de Artesanía 11.00 horas

Sesión Vermú 13.00 horas

coa música da Liga Gaiteira Galega: grupo tradicional do máis retranqueiro que nos guiarán cara a hora do ritual do xantar.

VIII Xantar Popular 14.00 horas

Café-Concerto 15.30 horas
con “Cé Orquestra Pantasma” para que non pare a festa!!

Animación Infantil 17. 30 horas

Teatro e Circo 18.00 horas

Anoitecer no Castro a partir das 21.00 horas
con Caxade

CONCERTO FESTIVAL DO CASTRO 2013 dende as 23.00 horas

Presentado polo Leo Arremecaghona!!!

Zurrumalla
O Sonoro Maxín
Ruxe-Ruxe
Tashkenti






- Festival do Castro- Cé Orquestra Pantasma- Caxade- Leo i Arremecághona- Zurrumalla- O Sonoro Maxín- Ruxe-Ruxe -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Romaria Galega na Pontagra (Tordoia - A Coruña)

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Sábado 17 de Agosto

12h Banda de gaitas e grupo infantil Brisas do Quenllo, sesión vermú a cargo de Os Pelexos de Montaos e xantar popular.

16:30h XIV Encontro de Música e Baile Tradicional
Asociación Floclórica Santiaguiño de Boimorto
Grupo Churia da A.C. Castro-Meda de Zas
Brisas do Quenllo de A Pontagra

Ademáis haberá xogos populares e Rodarirodari (contos do tranvía) cos monicreques de Fantoches Baj.

E, xa á noitiña, festa con
O Ghusto do Boi, Bouba, Cuadrilla do Pan Quente e Zanfonistas de A Pontraga
- Romaria Galega na Pontagra- Brisas do Quenllo- Castro-Meda- O Ghusto do Boi- Bouba -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festival San Roque and Roll (Tioira - Maceda)
http://www.tempodelecerourense.com/eventos/consultar/5480/xvi_festival_san_roque_and_roll_tioira_maceda
(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


A localidade ourensana de Tioira, en Maceda, acolle o venres día 16 de agosto a celebración do San Rocke and Roll, un festival organizado pola Asociación Xuvenil e Cultural de Tioira que se vai celebrar a partir das 22.00 horas, con entrada gratuíta.

O programa do festival é o seguinte:

22.00. Actuación de Coche no Río (banda de versións de rock).

23.30. Concerto de The Lákazans (soul, blues e country).

01.30. Concerto de Recambios Tucho (versións de clásicos do rock con xente de Heredeiros da Crus.

03.30. Concerto de Collón de Lola (banda de versións do Xabarín Club).

O Festival San Roque and Roll é un certame consolidado e unha cita ineludible para os amantes da boa música e da festa. Os organizadores subliñan do programa a actuación no festival dos grupos The Lákazans e Recambios Tucho, "ámbolos dous creados como subgrupos do mítico Heredeiros da Crus, incuestionable referente da cultura underground galega e expresión sobranceira da propia identidade", así como o grupo Collón de Lola que, segundo explican, "fai homenaxe á nosa infancia cas cancións do programa Xabarín Club da televisión galega, que marcaron a toda una xeración a berro de ¡¡¡Ei Xabarin!!!".

Con todo e ademais de conxuntos consolidados, o festival pretende tamén "manter servir de plataforma para bandas locais emerxentes, como o grupo tioirán Coche no Río, impulsando e alentando a carreira de novos talentos musicais".

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festa Galega de Malpica

(texto engadido o día 11/ / 8/ / 13 )


Xoves 15
17:00 h.

Feira medieval Mariñeira

20:30 h.Na Praza Anselmo Villar Amigo, exhibición de danza e música tradicional a cargo da agrupación folclórica cantigas e agarimos


 

Venres 16

10:00 h.Feira medieval mariñeira
21:30 h.Actuación da coral de Malpica, na Praza Anselmo Villa Amigo
22:00 h.Exhibición de danza e música tradicional X Aniversario da A.C. Malante
23:45 h.Fol de Veneno


 

Sábado 17

10:00 h.Feira Medieval Mariñeira
11:30 h.Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
13:00 h.Sadiñada e Cachelada
19:15 h.III Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica) Banda de Gaitas Abelladeira (Ponferrada), Banda de Gaitas de Ortigueira, Banda de Gaitas de Maruxía (Laxe) e Banda de Gaitas A.C. Malante (Malpica)
22:30 h.Media Ducia
00:15 h.Luar na Lubre
02:00 h.Tonhito de Poi e Banda


 

Domingo 18

10:00 h.Feira Medieval Mariñeira


- Media Ducia- Luar na Lubre - Tonhito de Poi- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



NOITE DE ENCANTOS NA FURNA (Corme)

(texto engadido o día 10/ / 8/ / 13 )


Sábado 10 de Agosto na Praia das Furnas en Osmo, Corme.


DESEMBARCO PIRATA NA FURNA



Outro ano mais desfrutaremos dunha nova edicion da noite de encantos na furna en corme.
Xa son 14 anos onde a musica e as boas enerxias topanse neste escenario privilexado ke é a Furna do Osmo.
14 anos dunha festa,dunha noite de encantos,mais non dun festival.A furna é muito mais q un festival;é un punto de encontro para as xentes q seguimos crendo q a cultura non é un negocio,
é unha festa na cal gracias o traballo de muita xente anonima facemos posible o soño de crear espazos ceibes nos cales desfrutar dun ocio saludable demostrando q co traballo e esforzo desinteresado o futuro desta festa unica na nosa comarca e en galicia esta asegurado.
Mais dende sempre a furna é un lugar de encontro e desfrute pras xentes de corme e @s visitantes q tiñan a sorte de caer pola furna.

De cantas foliadas ,akelarres,amorios,soños,sorisaas....foron testigosestas pedras k dan forma a furna,nos na actualidade pretendemos de xeito humilde ,mais con muita enerxia, continuar esta tradicion ancestral de vivir nesta praia algunhas das millores noites das nosas vidas.
nesta epoka na que ,se prendes a tv parece ke vivimos nunha monarkia bananera de sobres,corrupcion,estafas bancarias,atentados ecoloxicos;nos reinvidicamos a nosa autonomia pra crear ferramentas q nos fagan desfrutar dunha cultura plena e livre, o marxe de todos estes chupasangues.
Non keremos eskecernos da grande ameaza ecoloxica k supon o megaproxecto mineiro de corcoesto pra nosa terra ,praos n osos rios e pra nosa comarca dende aki berramos

NON AO CIANURO SI A NOITE DE ENCANTOS


- Chotokoeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Mocidade 2013 - Taboada

(texto engadido o día 9/ / 8/ / 13 )


Venres 9 de Agosto
Chousa de San Pedro, Taboada




Outro ano máis volve a Festa da Mocidade de Taboada.
Mercando a camiseta (15€) da festa terás cea, barra libre (cervexa, calimotxo e refrescos) e boa música en directo.

As 19:00 escomezará a charanga
- AIRINHOS DA FREBA
polos bares de Taboada.

As 21:30 Escomenzamos ca cea
e despois música en directo con:

- LA BANDA DE ANDRELO
- FESTICULTORES

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]