Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


IV Serán da Carballeira (Picoña. Salceda de Caselas)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2796:iv-seran-da-carballeira-salceda-de-caselas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 13/ / 10/ / 13 )


26 de Outubro na Casa Cultural de Picoña

Dende a Asociación de Veciños Carballeira queren convidar a toda a xente que goze coa música tradicional do noso paí­s a pasar unha boa noite no Centro Cultural de Picoña. Se tendes un grupo  non dubidedes en achegarvos, porque a festa e a troula está asegurada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I FESTIVAL POLA RESISTENCIA - 12 de Outubro no Torreiro da Festa (Vigo)

(texto engadido o día 12/ / 10/ / 13 )


Son tempos duros, tempos de loita para a clase traballadora. O Estado Espanhol tenta anularnos como pobo, a través do silenzo, da represión, da dispersión, a través da anulación da nosa lingua, da nosa cultura, ... O patriarcado tenta anularnos como mulleres, quere facernos prisioneiras, mandar no noso corpo, e no noso corpo mandamos nos ... O capitalismo arrasa os nosos dereitos como Clase Traballadora, salarios ínfimos,traballos sen contrato ... e é por iso que nestes tempos temos e debemos que resistir ate vencer. Resistir defendendo os nosos dereitos como mulleres, como clase e como pobo. Levamos anos saíndo a rúa a defender os nosos dereitos e este 12 de Outubro poderemos facelo tamén a través da música, a través do I Festival pola Resistencia, porque niso consiste a nosa supervivencia como pobo, como mulleres e como traballadoras, en pelexar e defender o que é noso.

Para este I Festival pola Resistencia contaremos coas seguintes bandas

Rebeliom do Inframundo ( Hip Hop dende Ponteareas) POR MOTIVOS DE SAÚDE NON ESTARÀN CONNOSCO

Kedro (Hip Hop dende O Porrinho)

Ovos Podres ( Punk Rock dende Vigo)

Liska! ( Ska Punk Reggae dende Vigo)

Ademais colaboraran no evento, ate o momento, os seguintes locais ( Iremos informando de próximas colaboracións)

O Torreiro da Festa

O ´ Pikotazo

Bar Princesa

Bar 13 Irmandinhos

Centro Social Revolta

Plataforma Que Voltem Para Casa ( Teremos a sorte de contar cun posto informativo e de venda de material para que quen queira, poida facer a súa achega á Plataforma, así como informarse do gran trabalho que están a desenrolar as companheiras e companheiros polas presas e presos políticos galegos.

E sobre todo ás bandas por participar do evento, e por darnos .... o jhustaso!!! De disfrutar, unha vez máis, da música combativa do país

E todo isto por tan só 6€. Agardámosvos o sábado 12 de Outubro ás 21H No Torreiro da Festa!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Roi Casal e banda en Catoira

(texto engadido o día 4/ / 10/ / 13 )


Roi Casal e a súa banda ofrecerán un concerto en Catoira o vindeiro Sábado 5 de Outubro ás 21:00h. na praza da Alameda.

O concerto corresponde ao que tiña que terse celebrado o pasado Domingo e foi cancelado por mor da chiva.

Está enmarcado dentro das festas de San Miguel de Catoira e está financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra.


Entrada de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entradas esgotadas para a festa de Tributo ao Zeca Afonso em Porto
http://www.aja.pt/muito-obrigado-a-todos/
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 13 )



- Uxía Senlle- Sergio Tannus- Zeca Afonso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Batemento no Vagalume (Salvaterra do Miño)
http://www.todocondado.com/index3_eventos.php?pid=1043
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 13 )


O café-concerto Vagalume, en Salvaterra, celebra coa actuación en directo do novo grupo folk do Condado Batemento a súa festa de oitavo aniversario. Tamén terán a actuacion do grupo Pablo Cameselle e Cristian Garcia, fusion reggae e funky.

O concerto do 8º aniversario no Vagalume será o sábado 5 de outubro á medianoite e a entrada é gratuita. Ademáis repartirán agasallos con tódalas consumicións.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Castrexa en Santo André de Comesaña (Vigo) - 4, 5 e 6 de Outubro de 2013

(texto engadido o día 4/ / 10/ / 13 )



+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Serán da Carballeira (Salceda de Caselas)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2796:iv-seran-da-carballeira-salceda-de-caselas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 13 )


Dende a Asociación de Veciños Carballeira queren convidar a toda a xente que goze coa música tradicional do noso paí­s a pasar unha boa noite no Centro Cultural de Picoña. Se tendes un grupo  non dubidedes en achegarvos, porque a festa e a troula está asegurada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas - Lugo
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2792:xv-mostra-de-musica-tradicional-do-domingo-das-mozas-lugo&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 3/ / 10/ / 13 )


O vindeiro 6 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola  Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellerí­a de Cultura do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cos seguintes grupos:


Arume - (Boiro) A Coruña


Briteiros - (Vigo) Pontevedra


Cantareiras de Alende - (As Pontes) A Coruña


Carapaus - (Santiago de Compostela) A Coruña


De Pé Feito -  Ourense


Faiscas de Solobeira - (Cambados) Pontevedra


Millo Verde - (Cambre ) A Coruña


Os Naviza - ( Galiza ”“ Navarra )


Os Terribles de Donas - (Gondomar ) Pontevedra


Picuiña - ( Marí­n ) Pontevedra


Souto Xí­maro - ( Lourenzá)  Lugo


Tornaxeira - ( Comarca de Valdeorras) Ourense


Xarí­n - ( O Incio) Lugo 

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Amanexa en Lorbé (Oleiros)
http://nocombaro.wordpress.com/2013/09/28/festa-amanexa/
(texto engadido o día 29/ / 9/ / 13 )


5 de Outubro na Pista Polideportiva

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Volven os Seráns en Compostela
http://www.anavedevidan.com/espazo-cultural/xoves-3-primeiro-seran-da-nova-temporada/
(texto engadido o día 3/ / 10/ / 13 )


Xoves, 3 de Outubro en A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

21h45 . Obradoiro de baile con Davide e Xiao (Maghúa)
22h45 . Maghúa
23h30 . Os Terribles de Donas
24h15 . Son do Souto
01h00 . Foliada


O primeiro xoves de cada mes é tempo de seráns no Espazo Cultural da Nave de Vidán. “Serán” é tanto o nome que reciben os bailes de pandeireta nalgunhas zonas de Galiza, como o conxunto de pezas que neles se tocan, como o momento do día no que se realizan. Tradicionalmente, as mulleres xuntábanse dúas, tres ou mesmo catro veces por semana ao fin do día, e ao acabar os traballos, para tocar e bailar. Por turnos, unha ou dúas mozas botaban pezas de pandeireta mentres o resto das veciñas danzaban. A esas festas de diario viñan tamén mozos das aldeas viciñas. Hoxe, os seráns, as rúas e as ruadas -que son outros nomes doutras zonas- gañaron en público, pois mozos e mozas van dunha punta a outra de todo o país para botar unhas pezas e unhas bailas.

As festas organizadas pola Asociación Cultural Seráns en Compostela comezaron por vez primeira en 2004 na Sala Nasa, por iniciativa dun grupo de xente moi vinculada coa música tradicional. Durante seis anos, de outubro a xuño, e unha vez ao mes, tiveron lugar os seráns neste espazo. Cando a Sala Nasa pecha, no 2011, os seráns pasaron a desenvolverse na Discoteca Sarela por máis de unha temporada enteira. Desde marzo de 2013 os seráns mudan novamente de sede pasando a celebrarse no Espazo Cultural da Nave onde continuarán a ter a mesma periodicidade que anteriormente: o primeiro xoves de cada mes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Serán da Colleita, en Parderrubias (Salceda de Caselas)

(texto engadido o día 28/ / 9/ / 13 )


A Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural, San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas) organiza, no sábado, 5 de outubro, a partir das 21:30 Hs., a VIIIª edición do Serán da Colleita.

Exposición de produtos tradicionais, gastronomía, música e canto comparten espazos, tempo e festa no Torreiro da Igrexa e Centro Cultural e Social desta parroquia salcedense.

Na eiras coas esfolladas e nas adegas coas esmagadas, o traballo transformábase en festa, sobre todo para os mais novos; entón empezaba a música e o canto que animaba, tralo solpor, o serán até ben entrada a noite.

A Asociación de Veciños convida a achegarse a Parderrubias a grupos e solistas que queiran compartir un tempo de música e canto; e participar na actividade festiva e tradicional que organiza anualmente esta asociación.
- Serán da Colleita -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



BAILAS? CLASES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL EN OUZANDE. CURSO 2013-2014

(texto engadido o día 24/ / 9/ / 13 )


Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión de presentación do curso que terá lugar o próximo sábado 28 de setembro no local social de Ouzande ás 4 e media da tarde.
Os cursos que poñeremos en marcha serán:
- Gaita
- Pandeireta
- Tamboril
- Baile
- Acordeón
- Cancións tradicionais
Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. TAMÉN SE INFORMARÁ DO HORARIO DO GRUPO DE CANCIÓNS TRADICIONAIS, que se celebrará os sábados pola noite.
No curso pasado, foron máis de sesenta as persoas matriculadas nestas especialidades musicais, de todas as idades.
Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.
As persoas interesadas poden inscribirse na reunión ou a traves do correo carreirosouzande@gmail.com. Tamén na Taberna de Ouzande (986570285)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



TIRO NA TESTA nas Festas de Lalín

(texto engadido o día 22/ / 9/ / 13 )


Martes 24 ás 23:30 no Oxido

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Aí­ venhem as foliadas - Gomes Gaioso (A Coruña)
http://agal-gz.org/blogues/index.php/csggaioso/2013/09/21/ai-venhem-as-foliadas
(texto engadido o día 22/ / 9/ / 13 )


Após deixarmos que, nos festivais de verao, exibírades todo o que aprendestes e ensaiastes ao longo do ano no Centro Social voltamos-vos convocar para o ciclo novo de foliadas deste ano.

Continua:

Será sábado 28 de setembro que retomemos os seraos de fim de mês. Como sempre, a partir das 21h, música, dança, festa e petiscos da terra de graça. Goza da música galega no Gomes Gaioso!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Urdilde (Concello de Rois, A Coruña)

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 13 )


Venres 4 de Outubro no Campo da Festa

- Obradoiro de cultura tradicional Chorima
- Cantareiras de amas de casa de Rois
- Repeniqueiras de Urdilde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ovos Podres no Torreiro da Festa (Vigo)

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 13 )



As entradas anticipadas están a venda no Bar Irmandinhos (Churruca), que alguén avise a Xacobe pra que non se procupe máis, hahaha!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Bela Auria 2013 (Ourense)
http://belaauria.wordpress.com/2013/09/09/cartel-e-programa-de-a-bela-auria-2013/
(texto engadido o día 21/ / 9/ / 13 )


Programa A Bela Auria - 21 de Setembro de 2013

Xardí­n do Posí­o


10:00h Tweed Ride Ourense ”“ IV Paseo Bicipatrimonial

11:45h Inauguración da Bela Auria IV. Apertura do mercadiño

12:00h II BIComun: visita comentada ao Xardí­n do Posí­o

12:00 h Expos “Memoria de La Molinera”e “Historia dos Nenos”

12:30h Animación musical e os cabezudos da Esmorga

14:00h Concerto do Sonoro Maxí­n.

14:15h Xantar Popular. Empanada e lacón.

16:30h Obradoiros

-Obradoiro infantil de arqueoloxí­a

-Obradoiro xogos populares

-Obradoiro de esgrima antigo

-Obradoiro de contrución de xogos artesáns.

-Contacontos Os Graxos das Burgas

19:00h Grande actuación da Orquestra Os Modernos


Praza de san Marcial


22:00h Cinema clásico: Liberty de Laurel & Hardy. Co Cineclube Padre Feijoo e o piano de Irma Fernández

22:30h Obradoiro de Lindy Hop. Con Lindy Hop Bueu

23:00h Concerto de Mary´s Swing Band

00:30h Fin de festa Dj´s de época


 



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Curso de Formación sobre o patrimonio lúdico (Carballo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2758:v-curso-de-formacion-sobre-o-patrimonio-ludico&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 18/ / 9/ / 13 )


No ano 2009, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega organizaron en Melide unha actividade de formación que pretendeu achegar o estudo do patrimonio lúdico ao ámbito educativo. A resposta obtida por aquela convocatoria téndose esgotado todas as prazas ofertadas, provocou que se concibise unha segunda edición do Curso no ano 2010, daquela centrada máis especificamente nalgunhas didácticas especí­ficas, pero na que non se esqueceron perspectivas máis globais ”“institucións europeas, universitarias, gobernos locais, ámbitos empresarial...”“ co obxectivo de ir construí­ndo unha visión o máis completa posible dos procesos de recuperación dos patrimonios lúdicos nacionais.


A terceira edición da actividade, a do ano 2011, pretendeu xustamente afondar nalgúns aspectos apenas bosquexados nas precedentes, ao tempo que optaba por reservar espazos especí­ficos para o coñecemento e a reflexión sobre algúns deportes tradicionais galegos. Precisamente para a práctica dalgunhas destas modalidades deportivas contouse cos propios xogadores-protagonistas da súa recuperación. O IV Curso de Formación do Patrimonio Lúdico trasladou o seu lugar de celebración para a Illa de Arousa, xustamente para darlles opcións ás prácticas lúdicas propias da costa de ter o protagonismo que a súa vixencia merece.


Nesta quinta edición, e coa incorporación ao grupo de entidades organizadoras da Asociación Xuvenil Proxectando, o Curso desenvolverase en Carballo, a capital de Bergantiños, unha das comarcas máis e mellor definidas a nivel cultural de todo o paí­s, na que o patrimonio lúdico atopa manifestacións especí­ficas e na que se están desenvolvendo interesantes proxectos de recuperación e posta en valor do xogo tradicional: clubs de chave, o Museo Etnolúdico Galego de Ponteceso, desenvolvemento de teses de doutoramento sobre os espazos de xogo, proxectos de longo percorrido nalgúns centros da comarca...



OBXECTIVOS
1. Achegarse á cuestión do xogo tradicional desde unha óptica global, atendendo aos procesos de recuperación do patrimonio lúdico que se están desenvolvendo desde diferentes ámbitos.


2. Analizar o xogo tradicional, e en especial o propio da comarca de Bergantiños, como manifestación cultural, así­ como o seu papel especí­fico na construción da identidade.


3. Poñer en común a función do xogo tradicional na educación e as estratexias de introdución do patrimonio lúdico galego no ámbito escolar.


4. Investigar posibles estratexias de recuperación do patrimonio lúdico galego desde o ámbito dalgunhas didácticas especí­ficas e valorar o seu papel no desenvolvemento dos procesos educativos.


5. Particularmente, afondar na relación das prácticas lúdicas tradicionais co desenvolvemento psicomotriz e co crecemento harmónico do ser humano.


6. Practicar unha importante baterí­a de xogos e deportes de diferente tipoloxí­a e poñer en común variantes das modalidades propostas, e mesmo outras diferentes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festa Popular Froles Mareliñas (Chapela)

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 13 )


O día 14 de setembro, na Alameda de Chapela, organizase a III Festa Popular de Froles Mareliñas.
Haberá actuacións durante todo o día, e pola tarde, actuará o grupo de Baile Froles Mareliñas e o Grupo Cobijeru de Asturias.
De noite, actuación de Ludovaina e finalmente un serán, onde todo aquel que queira poderá subir a actuar.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I FESTA CASTREXA en San André de Comesaña (Vigo) - 5 e 6 de Outono de 2013

(texto engadido o día 12/ / 9/ / 13 )


Benvidos a Idade de Ferro, xusto nesta época un clan de castrexos forman un núcleo de poboación no chamado Monte do Castro en Comesanian. Ferramentas atopadas como o Machado Pulimentado de Comesanian e a Bifaz de Sanin evidencian que durante anos estiveron vivindo na nosa parroquia.

Uns cantos séculos máis tarde, a S.V.C.D. Nautilius decide rememorar esa época nunha festa na que nos vestiremos de castrexos e disfrutaremos duns días moi agradables e, sobre todo, con moita festa.

Durante o 5 e 6 de Outubro se te achegas a San Andres de Comesaña poderás disfrutar de:

Rutas guiadas ata o Castro onde un experto na materia nos explicará como vivían os nosos anteapasados.
Postos de artesanía onde poderemos ver e ata participar na fabricación de diferentes obxectos totalmente artesans.
Postos gastronómicos con moitas variedades de comida.
Realización dun bingo castrexo
Actuacións musicais e teatrais.
Animación para os máis pequenos con hinchables e taller de maquillaxe.
Xogos populares castrexos.
E infinidade de actividades para tódolos asistentes.


Ademáis poderás desfrutrar entre outras das actuacións de:

Ce Orquesta Pantasma
Gaita & CIA
Grupo de gaitas SVCD Nautilius
E outros tantos que iremos engadindo o noso cartel


So che pedimos un favor: acude disfrazado e con moitas ganas de pasalo ben, o resto poñemolo nos!!!

O noso cartel está cheo de música, teatro, animación, comida, rutas guiadas e moitas sorpresas que iremos desvelando o longo deste mes. Constrúe o teu propio Clan Castrexo e acude a disfrutar connosco.

Se estás interesado en montar un posto de artesanía ou gastronomia na Festa Castrexa formaliza a tua preincripción aqui. Podes consultar o noso emplazamento dende a páxina de contacto.

Estade atentos e recordade en Outubro os castrexos volverán a tomar San Andres de Comesña.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]