Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Magosto con BOLBORETA na Festa da Facultade de Filoloxía de A Coruña

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 13 )



O vindeiro venres, 22 de novembro, terá lugar o xa tradicional magosto dos Comités do campus da Coruña organizado, unha vez máis, na Cafetarí­a da Facultade de Filoloxí­a da UdC. Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, os Comités da Coruña, xunto co Grupo Coreander, organizan esta actividade festiva na que haberá, desde as 21:00h, castañas e bebida de balde, queimada con Isabel Risco concerto de "Lydia Botana. Banda Bolboreta" (Bolboreta Purple) e moita, moita festa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Celebracións do 95º aniversario do Manifesto Nacionalista de Lugo

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 13 )


- O venres 22 ás 20h no Lar, conferencia de Eliana Brites (Univ. do Porto): "Quando a Galiza foi irmá e avó de Portugal: A Renascensa Portuguesa (1912-1932) e as afinidades com a cultura galega".

- O sábado 23 ás 23h na Sala Castelao, a tradicional Festa Dandi, coa actuación de Milesios Música Celta e entrega dos Premios Dandi ás mellores estéticas dandi entre os asistentes.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán Nautilus (Vigo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2840:seran-nautilus-vigo&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 22/ / 11/ / 13 )


Dende a Sociedade Veciñal, Cultural e Deportiva "NAUTILIUS" queren convidar de maneira moi especial ó seu próximo SERAN POPULAR, que terá lugar o próximo SABADO 30 DE NOVEMBRO A PARTIR DAS 22:00 HORAS, na cafeterí­a da súa Sociedade. Todos aqueles ou aquelas que estén interesados en participar tocando ou bailando poderán facelo sen ningún problema. Convidan, coma sempre a tódolos presentes a diferentes pinchos tí­picos da terra e, sobretodo, a pásalo en grande e con moita festa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Festa dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
http://www.todocondado.com/index3_eventos.php?pid=1114
(texto engadido o día 14/ / 11/ / 13 )


A Asociación de Xóvenes A Turonia de Entenza organiza a XVII Festa dos Cogumelos. O domingo día 17 de novembro terá lugar na parroquia de Entenza, Salceda de Caselas, a partir das 11.00 horas, a degustación deste exquisito manxar, en forma de empanada, rebozadas, filloas de cogumelos etc.

Ademáis haberá pregón, exposición de cogumelos e música co grupo folk Batemento.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán en Lourido (Salvaterra do Miño)
http://www.blogoteca.com/pradodacanda/index.php?cod=125992
(texto engadido o día 13/ / 11/ / 13 )


Un bo numero de colaboradores, prestan o seu apoio á organización deste serán en Salvaterra de Miño.

O domingo, 17 de novembro podemos acudir ao V Serán e Magosto en Lourido no municipio de Salvaterra de Miño. A partir das cinco da tarde comeza a festa, contando cunha carpa para protexer ao publico no caso de mal tempo. Organiza este serán a Asociación Veciñal e Cultural San Xoán de Fornelos e Lourido.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Cultura contra a LOMCE en A Coruña

(texto engadido o día 8/ / 11/ / 13 )


Mércores 13 de Novembro ás 19h no Auditorio Andrés Gaos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantata Vernácula en Ames

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 13 )


Venres, 22 de Novembro
Casa da Cultura de Milladoiro, Ames, A Coruña

CANTATA VERNÁCULA son Suso Vaamonde e Xoán Porto. Este dúo, creado no ano 2009, intenta recuperar nos seus espectáculos a participación activa do público por medio da música tradicional galega.

Acompáñanse de acordeón e zanfona para ir introducindo ó público nunha auténtica festa galega onde músicos e espectadores confúndense, onde todos rematan cantando.

Entre bromas, anecdotas e explicacións, este dúo consegue achegar o noso folclore a todos os públicos dun xeito orixinal e divertido.

Organiza: Concello de Ames
Rede Cultural da Deputación da Coruña
Entradas: 4€ entrada normal, 50% de desconto para menores de 12 anos, maiores de 65 e estudantes con carné.
Aforo limitado

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa primeiro aniversario da FEGAFE (Federación Galega de Festivais)

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 13 )


Este venres 1 de Novembro ven celébrase o primeiro aniversario da FEGAFE.

E como non podí­a ser doutro xeito será en Chantada!! Terra brava!!! Na véspera do Castanhazo achegate ao Besto Bravo!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Samaí­n en Xinzo de Limia
http://www.tempodelecerourense.com/eventos/consultar/6583/festa_de_samain_campo_da_feira_do_toural_xinzo
(texto engadido o día 30/ / 10/ / 13 )


O Campo da feira do Toural, en Xinzo de Limia, acolle o xoves, día 31 de outubro, a festa do Samaín.

Dende ás 17.00 horas haberá obradoiros de cabazas, coañeiras, cociña, colgaxes... concurso de tapas e bebedizos, xogos populares para todas as idades, procesión e chamada dos defuntos a toque de pandeireta e bombo (Solveira, Laroá, Rebordachá...)

A partires das 21.00 horas, cea e foliada das ánimas a cargo de Jalos de Antioquía, Cantaralai e Un feixe e músicos da Limia.

Para máis información dos concursos de pinchos e bebedizos ou inscricións, contactar nos teléfonos 988 460.824, 658.043.135 ou no mail trespes@yahoo.es. Os participantes deberán inscribirse antes do 29 de outubro e presentarse no campo da feira o día 31, ás 18.00 horas. Ás 19.00 horas o xurado elixirá aos gañadores.

O evento está organizado pola Asociación Escaparate de Ideas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vem desfrutar da noite de defuntos na Fundaçom Artábria (Ferrol)
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/2013/10/30/title-668
(texto engadido o día 30/ / 10/ / 13 )


Na próxima quinta-feira, 31 de outubro, estaremos de festa na noite do Samhaim. A partir das 19.30h no nosso Centro Social haverá um obradoiro de Cabaças e colares de zunchos, para debois desfrutar dumha enchenta de castanhas e liscos.

Os contos desde o campo-santo com Raulinsteim do Metal fecharám umha noite de honra aos defuntos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Samaí­n e Foliada de Defuntos na praza do Berbés
http://avcascovello.com/
(texto engadido o día 30/ / 10/ / 13 )


A véspera de Santos, o xoves 31 de outubro, a partires das 17.30 horas, na praza do Berbés, celebraremos a Festa do Samaín. Unha festa, dirixida de xeito especial ás criaturas, pero na que tamén participaremos as xentes de máis idade para transmitirlles as tradicións, os costumes, as lendas, e divertírmonos todos e todas.
A Festa do Samaín é unha celebración das máis antigas do mundo celta, na que se celebra o remate do verán e das colleitas, e se lle abre a porta a estación escura, o inverno, coa que comezaba o novo ano. Unha oportunidade de relación entre os vivos cos seus antepasados.

PROGRAMA

A partir das 17:30 horas
Obradoiro de calacús
Obradoiro de caracterización con maquillaxe
Monstruiño total de Victor Cantero
Magosto infantil

FOLIADA DE DEFUNTOS

A partir das 20:00 horas, coa participación de
Chandainas de Alcabre
Aula de gaita, percusión e pandeireta do Casco Vello
Pandereteiras do Faneco
Tralovalo de Moreira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa tradicional en Areas (Ponteareas)
http://www.todocondado.com/index3_eventos.php?pid=1086
(texto engadido o día 25/ / 10/ / 13 )


O sábado 26 de outubro a partir das dez da noite celébrase a IV Festa Tradicional no torreiro de Areas, Ponteareas.

A festa con gaiteiros e pandereteiras, organizada pola Casa Cultural de Areas será no recinto do torreiro cuberto con carpa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V XORNADAS MOURAS: Encontros etnográficos en As Pontes

(texto engadido o día 25/ / 10/ / 13 )


26 e 27 de outubro
Museo Etnográfico Monte Caxado
As Pontes de Garcí­a Rodrí­guez (A Coruña)

+ INFORMACIóN E INSCRICIÓNS:
ttp://www.amigus.org/festas/xornadas_mouras_2013/


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Samaín na Cova dos Ratos (Vigo)

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 13 )


A noitiña do 31 pásate pola Cova dos Ratos a desfrutar da noite na que as ánimas dos defuntos xúntanse coas dos vivos para bailar e obrar xuntas contra o capital. Haberá chulas de cabaza e magosto con ricas castañas. Ademáis, dende as 20:00h, contaremos no centro social con contacontos, danza tribal fusión, foliada có grupo “Os Beretes”, así como de queimada e música para festexar a nosa precariedade e decandencia.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Espazo Activo da Ulla - Pasabodeghas. San Miguel de Sarandón (Concello de Vedra)

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 13 )


Sábado 26 de Outubro

Ás 17h comeza a ruta gaiteira polas sete bodegas participantes no evento, que contará coa xente de: As Brañas de Andrés, Céltigos Alteriados, Gharatuxa, Vouvirvorver, Sarabelafolk, Re-voltas, Os de Couso, O Ghusto do Boi, Son de Souto, Coser e Cantar de la Asociación do Traxe Galego, Quen son eses, A Banda das Amasadas, Vai de Roda, Os Feroces da Galgueira, Trécola, Farreiros das PEnizas, Os ke hai, Varacuncas, Raiolo, Gaiteiros do Balado, Pena do Corvo, Medio Quinhón, A Ferreña Furtiva, Sin Son... e demáis grupos que queiran participar.

Haberá tamén xogos populares con Raiceiros, contacontos coa Asociación Papaventos, exposicións, obradoiros, artesanía... No campo da festa celebrarase o Festex-Arte e un Magosto Popular.

A partir das 23h actuacións a cargo de:
- A Requinta da Laxeira
- Os Carunchos
- Collón de Lola.

Domingo 27
Sesión vermú e xantar popular.
Actuacións de A Gaita de Sarandón, Os Viqueiras, O Recobio, Pandereteiras Silandeira, Pandereteiras Dedaleiras, Grupo dos pequenos da Asociación Cultura San Campio e Os Lexeiriños.
Á 18h, espectáculo circense e malabares a cargo de Peter Punk.






+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º Concurso de Cabazas na Taberna Café Museo "A Baiuca" (Arteixo)

(texto engadido o día 20/ / 10/ / 13 )


- Pode participar quen quixer sen lí­mite de idades
- As cabazas iranse expoñendo a medida que vaian chegando, entre o 27 e o 29 de Outubro
- Do 29 de outubro ata o 30 haberá unha votación popular e o 31 decidirase a cabaza premiada na festa de comezo do SAMAíN
- O premio é unha cea para dous na BAIUCA + Unha pandeireta fabricada polo Obradoiro de Instrumentos Tradicionais J.R. de Carballo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Serán en Randufe (A Cañiza)
http://www.blogoteca.com/pradodacanda/index.php?cod=125295
(texto engadido o día 19/ / 10/ / 13 )


O campo de fútbol será testemuña dunha noite onde a música tradicional, terá o protagonismo no lugar das ilusións e decepcións futbolí­sticas.



O barrio da parroquia cañizense de Achas celebrará. este sábado, o seu IV Serán. A Asociación Cultural A Ruada de Randufe organiza esta festa. ís vinte e unha e trinta comezarán as pandeiretas e todo tipo de instrumentos, mesmo piñas, si fai falta, a interpretar o amplo repertorio que ofrece a música tradicional. O campo de fútbol de Randufe acollerá a carpa, que dará acubillo a músicos, bailadores e curiosos que se animen a asistir a esta cita. Os organizadores ofrecen pinchos e unha gran chocolatada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festa da recolleita do Millo e Magosto Popular (Matamá-Vigo)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=125244
(texto engadido o día 19/ / 10/ / 13 )


O Colectivo Cultural Alternativo Malaherba está a organizar para o vindeiro sábado 19 de outubro a II FESTA DA RECOLLEITA DO MILLO E MAGOSTO POPULAR DE MATAMí que se celebrará nas inmediacións do muiño da Regueira na parroquia viguesa de Matamá.



Programa da festa:



12h. comezo do obradoiro de construcción dun HORREO CABACEIRO que se prolongará ata a tardiña.



16h. Recolleita do millo na leira o cal será transportado nun carro puxado por unha parella de bois ata o lugar da festa para alí­ prodecer ao esfollado do millo.



17. Animación para nen@s a cargo do pallaso TUTURíš



18. Obradoiros para nen@s : Elaboración de bonec@s co follaco do millo , Elaboración de intrumentos musicais, Aprendices de homes-orquestra, Xogos tradicionais.



20h. Reparto de castañas



21h. Comezo das actuacións musicais a cargo dos grupos:



-FANFARRIA TAKIKARDIA

-CE ORQUESTRA PANTASMA

-O LEO i ARREMECAGHONA



Se chove haberá un espazo cuberto para facer todas as actividades

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de Samaí­n coa Máquina de Meter Medo en A Casa de Ana (Pontevedra)

(texto engadido o día 19/ / 10/ / 13 )


Xoves 31 de Outubro
A Casa de Ana - Travesía da Ruibal, 15

Dispoñendo dunha casa antiga desas que ás veces provocan ruídos estraños e vendo que o de celebrarmos festas nas vésperas de festivo comezou a convertérsenos nun costume sen sequera planealo de antemán, parecía claro que era momento de poñernos a tallar cabazas e preparar un Samaín para o vindeiro día 31 de Outubro.

Somos restaurante e somos local de cultura, e por iso volvemos propoñer un “plan total“. Isto significa que poñemos á venda un tique por 15 euros e con iso estaredes a mercar unha cea-buffet con menú de tempada, a primeira copa ou mojito da noite e a entrada para o concerto que nos ofrecerán Xandre e Caie, músicos moi tradicionais e moi vanguardistas, ben rodados e recoñecidos (1º premio musical no certame Xuventude Crea 2012) que forman A máquina de meter medo. Axeitado, ou non?

O horario aproximado para esa noite será o seguinte:

- 21:30-22:00 –> Apertura e recepcións.

- 22:30 –> Servizo da cea.

- 23:30 –> Concerto de “A máquina de meter medo”

- Peche ás 03:00.

Amais, no necesario descanso dos músicos, leremos o conxuro da queimada para espantar os malos espíritos e repartiremos groliños entre todos, coma os costumes da data esixen.

Podedes reservar os tiques poñéndovos en contacto connosco nos teléfonos e correos electrónicos habituais : acasadeana@gmail.com, 986862275, 639369940.

Ah! E animádevos a poñer un disfrace! Veña, que aos que veñades ataviados convidámosvos a algo máis, prometido.

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas…

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Feira Histórica Arteixo 1900: “As artes e os oficios” | Concello de Arteixo
http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/5385
(texto engadido o día 18/ / 10/ / 13 )


O 18, 19 e 20 de outubro Arteixo vestirase de época para conmemorar as distintas manifestacións artísticas e profesións que deixaron unha profunda pegada na nosa historia. Tres días cun amplo programa de actividades que aglutina exposicións, performance, teatro, música folk e tradicional, música polas rúas, obradoiros, xogos populares, actividades deportivas, monicreques, postos de artesanía e de alimentación e moito máis.

PROGRAMACIÓN FOLK E TRADICIONAL:

Venres 18
Praza do Balneario
22h XIRADELA
23h BIRIMBAO


Sábado 19
12h AC. QUEIROA
22:30h BERROGÜETTO





...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]