Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


antroido 2014. OUZANDE FAXION WEEK (A Estrada)
http://carreiros.blogspot.com/2014/02/antroido-2014-ouzande-faxion-week.html
(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )


A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS... Así que, se tés ganas de participar, asiste á reunión do próximo sábado 22 de febreiro ás 5 da tarde no local social do campo da festa: podes traer ideas, disfraces, complementos, instrumentos... ESTÁN CONVIDADOS ESPECIALMENTE TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DA PARROQUIA. Ademais imos facer unha gran pancarta para engalanar a pasarela-tractor que percorrerá a parroquia o sábado de Antroido(día 1 DE MARZO) anunciando tan sinalado evento. 


Sabado 1 de marzo de 2014 A partir das 16:30 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, o escenario-tractor OUZANDE FAXION WEEK percorrerá os lugares da parroquia. Non faltarán as cegas do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Horario aproximado: 17:00 da tarde: saída do campo 17:10: O Tallo 18:00:. O Castro 18:15: O Picoto e o Redondo 18:35: Alemparte e O Formigueiro 19:00: O Topete 19:15: Igrexa 


E como remate a partir das 19:30 da tarde, merenda e gran festa de disfraces no local social. Pase de modelos, PHOTO CALL DE FAMOSEO, DJ´S..... e moita festa. Merenda de antroido para recuperar forzas, e todo de balde e para todos e todas Se queres vir preparar e adornar o tractor que nos servirá de carroza, quedamos ese día (sábado 1, ás 10:30 da mañá no campo)
- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DE ENTROIDO JUNTA GALEGOS EM LISBOA
http://bloguedominho.blogs.sapo.pt/festa-de-entroido-junta-galegos-em-2213061
(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )





- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido en Bandeira - Asociación Cultural Xirandola

(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )


Venres 28, a partires das 20:00 gran #vellada polas rúas da vila co tractor filloeiro... se vés vestido de vello tes unha filloa, chourizo e un vaso de viño de balde!
O sábado 1, pola mañá, representación teatral a cargo dos #cabezudos e pola tarde desfile de entroido e Alto dos Xenerais. Xa entrada a noite, gran festa de entroido no pavillón municipal con verbena e troula ata que o corpo aguante

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os vellos entroidos que veñen
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=23917
(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )


CULTURAGALEGA.ORG


Cada vez son mais a iniciativas que pulan por recobrar festas de Entroido por todo o pais. A volta do Merdeiro de Vigo, o Entroido Ribeirao de Lugo ou o retorno a Compostela dos Xenerais do Ulla son so alguns exemplos recentes dunha tendencia cada vez mais forte. No entanto, a ansia de espectaculo ou o excesivo particularismo poden deturpar estas celebracions. Rafael Quintia, da Sociedade Antropoloxica Galega, fala con nos sobre estes procesos ao abeiro da II Xornadas sobre o Entroido en Galicia.
O interese polo Entroido tradicional esta a medrar. Ben o saben desde a Sociedade Antropoloxica Galega (SAGA) que viron como a asistencia as suas II Xornadas sobre o Entroido, que se celebraron a pasada semana en Pontevedra, medrou. Segundo apunta Rafael Quintia, antropologo e presidente da asociacion, este encontro "Cada vez esta a espertar mais interese", e salientan a necesidade de analises deste tipo sobre unha das nosas festas mais populares. "Pensamos que esta todo feito e no entanto esta todo ainda por facer. Hai moi poucas monografias sobre o tema e unha variedade inmensa de festas". Con vistas a paliar este baleiro e que se desenvolveu esta iniciativa, que este ano abordou, entre outras cuestions, a musica destas festas ou a recuperacion do Entroido Riberao, no Sur de Lugo.

Recuperacions
Para alen do interese polos antigos entroidos, desde SAGA verifican unha tendencia crecente a recuperar estas celebracions por todo o pais. "Existen particularidades a nivel local e parroquial, manteniense en moitos lugares e ali onde se perdeu ainda vive xente que os lembra", sinala Quintia. Isto abre unhas posibilidades para o revitalizar a festa que, segundo, reconiece, "aproveita moita xente. Hai toda unha corrente de recuperacion da cultura tradicional que tamen e unha reaccion a globalizacion". Entre os exemplos dos ultimos anos temos a recuperacion dos Xenerais do Ulla para o Entroido compostelan, os merdeiros de Vigo ou os troteiros de Bande entre moitos outros.

A vertente urbana
Malia a esta tendencia, os investigadores da SAGA advirten que "seguen a se facer cousas absurdas. Este ano en Cangas anunciouse un Entroido veneciano. Cando temos entroidos fascinantes por descubrir e recuperar, replicamos os de fora". Na axenda proxima atopamos tamen casos como a representacion Entroido de Tenerife que visita Sada. Esta tendencia a imitar outros carnavais non e nova e podese verificar nos entroidos urbanos do pais, que mantenien desde os anos oitenta o esquema de desfiles de disfraces e de grupos de musica e baile copiados de Europa ou do Brasil.

Fusion
Precisamente en ocasions dase unha fusion que situa as mascaras e traxes galegos no marco de celebracions deste tipo. "Facer desfiles con mascaras tradicionais como se fosen de comparsas e converter o Entroido nun espectaculo turistico e desvirtualo. Non compre forzar algo que xa e vistoso e espectacular por si", advirte este antropologo. No entanto, sinala que "non ten moito sentido converter o Entroido nunha atraccion. Ver un desfile cigarrons ou ir a Laza e protestar porque te manchen non ten moito sentido. Do que se trata e de xogar, correr ou facer farrapadas, e algo participativo". Fronte a estes modelos nos que as figuras tradicionais se integraron en programas de caracter mais urbano, Quintia apunta que "en Vigo fixose un traballo moi bo co Merdeiro, cunha investigacion previa e sen o integrar coas comparsas, a evitar facer diso un espectaculo".

A promocion turistica
O reconiecemento internacional que estan a acadar festas como as de Xinzo e Verin, co seu correspondente fluxo de turistas, fai que en ocasions as propostas de recuperacion de Entroido se fagan pensando en atraer visitantes foraneos. Isto, advirte Quintia, pode deturpar a festa tradicional. "Desde os medios potenciase a imaxe de Entroidos como os desa construcion que e o Triangulo Maxico de Ourense", unha denominacion promocional que non se corresponde coa realidade tradicional dunha area na que se conservan moitas mais formas da celebracion. Esa promocion da en ocasions en procesos de imitacion e levan a propostas como as xa comentadas. Tamen existe o caso de iniciativas como a Festa da Pita de Ourense ou as Gargolas de Celanova na que se crean novas mascaras que, ao tempo que implican a poboacion local, outorganlle tamen un elemento diferenciador a festividade.

O espectador crea o espectaculo
Mesmo sen optar por este tipo de fusions, a promocion turistica dos eventos acaban por influir no xeito no que se celebran as festas. A imaxes dos peliqueiros a se abrir caminio por unha Laza ateigada de turistas dan boa idea desta transformacion. Segundo explica Quintia, "son festas locais, e se aparecen nunha aldea 5.000 persoas a ollar como o fas, iso condiciona o xeito de actuar. E como se na cea de Noiteboa na tua casa aparecen cen persoas a ollar como ceas, ao final si que se convirte un pouco en espectaculo. E certo que hai que integrar estes entroidos nos tempos actuais e dalos a coniecer, pero sen os desvirtuar".

Entroidos pendentes
Para alen de festas que recuperar, Quintia esta convencido de que fican ainda moitas festas por descubrir, tanto para a investigacion como para o publico. "Ao se converter alguns en espectaculo a xente olla tamen cara a outros lugares menos masificados. Agora, por exemplo, semella que estan a ter algo mais de visibilidade os entroidos ribeiraos, que son espectaculares e mantenien elementos moi autoctonos". A maiores, destaca "os entroidos de Trives, Manzaneda ou Viana, que me fascinan. Fan grandes folions con danzantes que xiran sobre si mesmos ao ritmo da percusion, e algo moi pouco coniecido. Tamen en Viana tenien os folions e os boteiros e sacan a figura da mula".

Particularismo
En paralelo a tendencia a recuperar as peculiaridades de cada Entroido, dase tamen unha certa atomizacion dos esforzos por comprender a festa en conxunto, intercambiar experiencias e promocionala. "A xente tende a pensar que o seu Entroido e unico e que non hai nada semellante en ningures, e no entanto o Entroido galego ten trazos semellantes a moitos outros do Estado e de Europa", advirte. Un parentesco que e, ao tempo, unha oportunidade de difusion. ?Nos cedemos fondos para o Museo das Civilizacions Europeas de Marsella, e agora mesmo hai ala unha exposicion que ten como imaxe un cigarron?. Polo momento, segundo sinalan desde SAGA, o noso Entroido ?e pouco coniecido fora, pensamos que as cousas de cada lugar non tenien que ver con outras e enton non damos unha vision de conxunto, e isto ten un potencial cultural enorme?. Segundo Quintia, "Potenciar o Entroido galego non e levar uns cigarrons e sacar unha foto no stand de FITUR. Compre unha actuacion decidida das administracions, neste momento ainda non temos un Museo do Entroido, que e fundamental para que se conieza".

A practica: Marcon
Para alen da teoria, a SAGA quere contribuir tamen na recuperacion das festas mais proximas. As Xornadas sobre Entroido acolleron a presentacion do proxecto de recuperacion do Entroido de Marcon, en Pontevedra, na que esta involucrado este colectivo. ?E unha idea que temos que desenvolver ao longo do vindeiro ano e para a que e imprescindible a colaboracion dos colectivos locais. O etnografo Xose Anxo Rosales fixo recollidas na parroquia e viu que ata os anos 60 habia un Entroido tradicional que tinia toda unha serie de personaxes como os labregos, que levaban un traxe branco, un estoque, un manton e un sombreiro conico e danzaban fronte a un boneco. Percorrian as casas da parroquia pedindo polas casas, e ainda hai persoas ue os lembran e se poden reconstruir os personaxes, os traxes e todo?. A intencion da asociacion, sempre a contar coa participacion dos vecinios, e recuperar esta festa e, como se facia cando estaba activa, levala tamen ata o centro de Pontevedra nun dos dias de Entroido. ?Fai falla que haxa vecinios que queiran coller ese testemunio e lle dean sentido. Senon estariamos a facer unha recreacion?, conclue. Quizais para o vindeiro ano haxa que engadir un novo Entroido a lista dos que estan de volta.

- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido Vigo 2014. Programación
http://centrosculturaisvigo.blogspot.com/2014/02/entroido-vigo-2014-programacion.html
(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )


(Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo)


Mañá comenzarán seis días de festa para tódalas idades. Seis días de Entroido nos que disfrutaremos de concursos, desfiles, a queima do Meco, música, baile...
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo temos todo preparado. A continuación poderedes saber os horarios de tódalas actividades programadas para o Entroido de Vigo 2014.

- Venres 28 de Febreiro
Murgas, charangas, merdeiros e treboadas animarán as ruas dende a Praza da Constitución ata a rua Príncipe dende ás 19:00
A escola Municipal de Teatro actuará ás 19:30 na Praza da Constitución
Lectura do Pregón a cargo de Vigópolis ás 20:30 na Praza da Constitución
Espectáculo a cargo de Vigópolis ás 21:00

- Sábado 1 de Marzo
Actuación de murgas e charangas dende ás 17:00 ata ás 18:00
Gran desfile de Comparsas dende a rotonda de Isaac Peral, ata a Porta do Sol pasando por García Barbón dende ás 18:00
Gran verbena amenizada polas orquestas Claxon e Principal dende ás 22:00

- Domingo 2 de Marzo
Entroido Infantil na Praza do Rei de 17:00 a 20:00
Concurso de disfraces infantil individual e en conjunto de 18:00 a 20:00

- Luns 3 de Marzo
Entroido Infantil na Praza do Rei de 17:00 a 20:00
Concurso de disfraces individual e conxunto de 18:30 a 20:30

- Martes 4 de Marzo
Murgas e charangas actuarán polas ruas Príncipe, Plaza da Constitución, Porta do Sol e Praza da Princesa ás 19:00
Merdeiros animarán o Centro Histórico en horario de mañán e de tarde
Treboadas acompañarán a Queima do Meco dende ás 23:00 na Praza da Constitución
Gran Verbena a cargo da Orquesta Gran Parada dende ás 22:15
Queima do Meco ás 23:30

- Mércores 5 de Marzo
Exequias funerarias ás 18:00 na Praza da Constitución
Treboadas acompañando ás cinzas do Meco dende a Praza da Constitución, Porta do Sol, Rua Príncipe, Rua Colón, Policarpo Sanz e Plaza da Constitución
Enterro do Meco na Praza da Constitución ás 19:30
Entrega de premios de comparsas e carrozas

Como podedes Vigo vivirá un Entroido cargado de fantasía e novidades pero sempre mantendo un toque tradicional como é a recuperación da Figura do Merdeiro.
Non o dubidedes, rematade o voso disfraz e vide disfrutar do Entroido de Vigo 2014. ¡Esperámosvos!
- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cea de Entroido e concerto de Recambios Tucho en Corcubión

(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )


Sábado, 1 de marzo


Chega o entroido, e non pode faltar a cita do Praia de Quenxe!

Este ano aparte de ofrecerche a habitual cea de entroido, tamen che ofrecemos, xunto ou por separado, un pedazo de concerto!

Como cea, teremos un menú inspirado nesta época a un prezo imbatible!

Lacón prensado e pimentón
Croquetas de cocido
Orella en tempura

Codillo asado, puré de pataca
e tomatiños

Filloa rechea e mini orella

Viño branco e tinto
Auga
Café e infusións

O prezo... sin sorpresas, 22€!


E o rematar a cea, teremos para todos os presentes que queiran acompañarnos nesta increíble noite a "Recambios Tucho".

Antonio Novo Suaréz, un dos mais jrandes, e a súa banda, deleitaranos con un repertorio de versións dos Heredeiros e de outras bandas sempre co mesmo estilo jolfo que os caracterizan!


Desgustación, festa.. as dúas cousas, ou por separado, ti decides, pero noite de carnaval, como no Praia de Quenxe, en ningún lado!

O límite máximo da cea e de 80 persoas, podédevos anotar no 981 706 457

Apurade que as plazas esgotánse!!
- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Antroido da ARC Os Tilos (Compostela)

(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )



Rúa Ameneiro, número 8, 15894

Este venres 28 dende ás 17:00h. celebra con nós a chegada do Antroido, participa na festa que temos organizada para toda a familia.

E se o teu é a cociña podedes participar no Concurso de pratos típicos de Antroido. (recepción ata ás 17:30h. antes do comezo da merenda).


Soci@s: gratuito

Non soci@s: Adultos/-as: 2€ --- Nenos/-as: 1€

Contamos con todos e todas vós para pasar un gran tarde en familia!!!
- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Deixandar e O Son da Triga na III Festa de Entroido de O Rosal
http://noticiasorosal.blogspot.com/2014/02/concerto-de-deixandar-na-iii-festa-de.html
(texto engadido o día 27/ / 2/ / 14 )


Deixandar, grupo rosaleiro de música tradicional galega, actuará este venres 28 de febreiro (22:00 horas) xunto con O Son da Triga, do Condado, na terceira edición da festa de Entroido, "Da-lhe co Sacho", organizada polo Centro Social Fuscalho (A Guarda).


Tal e  como reza o cartel, a partir das 19:00 horas, haberá xogos populares (zancos, lanzamento de boina...), premio ao mellor disfraz, etc.


Máis información: http://fuscalho.blogspot.com.es/










- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tanto nos Ten e Leilía o domingo na Festa do Queixo de Arzúa
http://www.festadoqueixo.org/programa-festival-do-queixo-2014/
(texto engadido o día 27/ / 2/ / 14 )


O festival comeza o sábado 1 de marzo ás 21.30 h no Campo da Feira coas actuacións dos vallisoletanos Arizona Baby e os cataláns La Pegatina. Ao remate, na Praza de Galiza, terá lugar a actuación do grupo de A Guarda The Winning Numbers, gañador do ‘Queixo Maquetón 2014’, que bateu marcas de participación con 263 bandas inscritas! Pecharase a noite coa sesión DJ de Marta Fierro -EME DJ- nese mesmo escenario.

O domingo 2 de marzo ás 13 h, na Plaza de Galiza, poderase gozar, como novidade desta 39ª edición, da Sesión Vermú a cargo de Paty Lesta & The Hits; e por la tarde, a partires das 18 h, na mesma praza, terán lugar os concertos de Tanto nos Ten e Leilía.
- Tanto nos Ten- Leilía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



48ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA
http://osviqueiras.blogspot.com/2014/02/48-noites-de-tasca-en-tordoia.html
(texto engadido o día 25/ / 2/ / 14 )


VENRES 7 MARZO,  a partir das 21:30 hNa Cercecería BRINCADEIRA (na praza do concello da Pontepedra-Tordoia)NOITE DE TASCA ESPECIAL ENTROIDO!O protagonista desta noite será o grupo:O CAPITÁN CO GHALLETOda A.C.D. Galanía de Muros (A Coruña)Despois... FOLIADA!!!Vide tocar con nós e disfrazados, haberá agasallos!

O CAPITÁN CO GHALLETO, naceron como grupo de gaiteiros dentro da A.C.D. Galanía de Muros, da man de Serxo Núñez Martínez. Eles son, Marcos, Laura, Jessica, María, Iván, Manu, Chema e Javi. Combinan temas tradicionais cun toque moderno achegándose a outros rímos e sonoridades, sen afastarse nunca da tradición dos grupos de Gaitas do país. Acadarón sustanciosos premios en varios concursos salientando, un 1º e un 3º no Concurso de Música tradicional XACARANDAINA 2012, 2013, e gañadores do Certame DELOA INTERRITMOS da comarca MUROS NOIA BARBANZA, polo que gravaron un tema para o disco editado pola fundación PAIDEIA.
LUME, GAITA, PERCUSIÓN, RÍTMO, FESTA, XUVENTUDE, REBULDEIROS.....

Noticia enviada por Os Viqueiras

- entroido2014- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Carunchos no Bar Montevideo (Vincios)

(texto engadido o día 22/ / 2/ / 14 )


Sábado 22 de Febreiro
Ven a disfrutar de unha noite de festa tí­pica galega con boa música, bo viño, bo licor-café...e sobre todo boa xente. Esperámoste!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna en Sarria

(texto engadido o día 22/ / 2/ / 14 )


O sábado 22 de febreiro teremos en Sarria a primeira edición do concurso Estremonía cantada, polas "Tabernas" de Sarria, ás que vos convidamos a vir cantar ou asistir como público.

Participarán ata 11 grupos, de 10 persoas como máximo con inscripción de balde.

Os grupos percorrerán os locais: Anduriñas, A travesía dos soños, Alfonso IX, Roberto, Santiago, Next, Pili, Salento, Xarope, Don Pepe e Adaxa.

A partir das 12 da noite terá lugar unha festa final de entrega de premios onde os grupos tocarán unha peza e logo a actuación do grupo Patxaranga na Sala Buddha con entrada gratuita.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Febreiro nas Crechas

(texto engadido o día 3/ / 2/ / 14 )


Mércores 12, 19 e 26 ás 22h30 – 1€
FOLIADA coa Banda das Crechas


Xoves día 6 ás 21h30 – 4€
EÑAUT ELORRIETA
O circuito estatal 'Girando por Salas' tráenos a este cantor basco para presentarnos 'Deserriko Kantak' (cancións do desterro), un traballo no que se fala de patria e de exilio desde puntos de vista ben dispares. Ademáis dos seus propios textos, Eñaut musica tamén o desterro político de Joseba Sarrionandia ou Joan Oliver e o desterro poético de Mario Benedetti ou Bernardo Atxaga.
http://www.youtube.com/watch?v=XUQOXJ68WGE


Xoves día 13 ás 21h30 – 5€
XABI ABURRUZAGA
Este trikitilari bizcaíno, que conta xa cunha longa traxectoria no mundo da música, ven presentar a través do circuito de 'Artistas en Ruta' o seu terceiro traballo, 'Geure'. Do mesmo xeito que nos seus anteriores proxectos, atopa neste a perfecta mistura entre a tradición basca e a modernidade.
http://www.youtube.com/watch?v=rAn9REeZJME


Sábado día 15 ás 20h
Festival “Primos Hermanos” - Desconcierto Cultural
XABEL VEGAS e ELLE BELGA
http://www.primoshermanos.com/


Luns día 17 ás 21h30 – 6€ anticipada, 8€ na billeteira
JACKY MOLARD & JEAN MICHEL VEILLON
Jacky Molard (violín e guitarra) e Jean Michel Veillon (frautas) son dúas das figuras máis importantes da música bretona e, desde hai máis de 30 anos, un referente para os músicos folque de todo o mundo. Vellos amigos xa da Casa das Crechas, volven agora nunha xira que tamén terá paradas en Euskadi e Asturias.
http://www.youtube.com/watch?v=vQrGpOaX5E4


Xoves día 20 ás 21h30 – 5€ anticipada, 8€ na billeteira
LA IAIA
Con certo regusto folk, La Iaia transfórmase no primeiro power-trío da historia do rock catalán e ofrécenos unha arriscada mistura de cancións de temática onírica e, por conseguinte, menos explícita. Envoltas nun novo son electrónico, internacional e tremendamente compacto, procuran a trascendencia a través do risco premeditado, o criterio artístico e a liberdade interpretativa.
http://www.youtube.com/watch?v=_s2-NsAM9Vw&list=PLrHRbbmoS4AF54ZTs37bxgkiNe59bO5KB

Sábado día 22 ás 21h – 12€
Marina Oural & Uxía
UNHA FABA, UNHA VIDA. As fabas galaicas viaxeiras.
Performance 2. 'Proxecto Le Fooding'
Nun tributo á faba galaica, os alalás, un dos cantos galegos máis libres e máis xenuinos, soarán na voz de Uxía, a muller que nos fai sentir ese berro doce e rotundo. MOV cumplirá un soño, bailará alalás con ela entre os poemas escritos na pel e recitados con bravura elegante de voz e xestos mariñaos. O prato elixido nesta ocasión é o guiso picante de fabas galaicas con xudías. Cociñarán elas dúas para todos os asistentes que se atrevan a probalas.

Xoves 27 ás 21h30 – 4€
FRENCH CONNECTION QUARTET
Estes catro músicos ofrécennos unha proposta pensada para bailar, un percorrido ben variopinto pola historia da variété française. Jacques Brel, Georges Brassens, Serge Gainsbourg, Joe Dassin ou Johnnie Halliday son algúns dos autores que FCQ reinterpretan, indo desde os 60 aos 90, desde o cabaret ao rock'n'roll. A festa está asegurada.
http://www.youtube.com/watch?v=qz_uwuzbstU

Venres 28 desde as 23h
FESTA DE ENTROIDO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Alén de Ancos e Marta Masafret na Festa Solidaria polo dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade - Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra
http://artabra21.blogspot.com/2014/02/alen-de-ancos-e-marta-masafret-na-festa.html
(texto engadido o día 7/ / 2/ / 14 )


O Grupo de traballo da Plataforma Galega polo Dereito ao aborto en Ferrolterra organiza unha FESTA SOLIDARIA para alertar do “grave retroceso” que supón a reforma que pretende facer o Goberno do Partido Popular

As organizacións integrantes da Plataforma de Ferrolterra denuncian que “a drástica reforma” do Goberno está a ocasionar “consecuencias nefastas para a vida e a saúde integral das mulleres" e reclaman o "dereito a decidir".

Ferrol, 7 de febreiro de 2014.- O Grupo de traballo da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra está a organizar unha FESTA SOLIDARIA que terá lugar o sábado 8 de febreiro de 2014 no local “MANCHITA COSA” na céntrica rúa Madalena número 138. O obxectivo é, segundo afirma a Plataforma "chamar a atención da cidadanía de Ferrolterra sobre o grave retroceso de dereitos das mulleres que supón a proposta de reforma da lei do aborto do Goberno" ao tempo que organizar un acto festivo e reivindicativo aberto ao público en xeral no que "esixiremos o dereito das mulleres a decidir libremente a súa maternidade"

O Grupo de Traballo da Plataforma polo Dereito ao Aborto de Ferrolterra integrado por representantes de organizacións feministas, políticas, sindicais e cívicas, leva case dous anos traballando a prol do mantemento da lei da interrupción voluntaria do embarazo e contra da reforma da mesma proposta  polo Goberno en voz do ministro Gallardón e nesta volta, tal como afirman as súas representantes,  "pretendemos aglutinar as vontades da cidadanía da comarca para acadar o respaldo cívico que impida a contrarreforma programada polo Goberno".

A festa solidaria contará, entre outras actividades con recitais e música a cargo de diferentes artistas da bisbarra como Alén de AncosMarta Masafret entre outr@s amáis de contar con actividades lúdicas dirixidas ao público infantil.

Esta actividade, decidida na xuntanza mantida o pasado día 3 de febreiro, concorda coa organización de eventos similares en toda Galicia xa que, aseguran as portavoces desta plataforma "tentamos de achegar ao gran público de xeito lúdico e solidario a reivindicación das mulleres do dereito a decidir". A festa terá lugar en horario de 18.00 a 20.00 horas  con entrada libre aínda que se ofertará a posibilidade de apoio ás actividades da Plataforma a través de petos e da venda de bonos solidarios.

O evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/414313892036131/

web:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

facebook:
https://www.facebook.com/p.g.polo.dereitoaoaborto

twitter:
https://twitter.com/feminismogalego

Enviado por:
Polo Dereito ao Aborto Ferrolterra
-dereitoabortoferrolterra@gmail.com-
6 de fevereiro de 2014 20:40

___________________Colectivo Ártabra 21

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Candeloria en Lugo
http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/2014/02/03/festa-da-candeloria
(texto engadido o día 6/ / 2/ / 14 )


Fonte: Madialeva

Os dias 6 e 7 de fevereiro celebrará-se em Lugo a festa da Candeloria. Desde Mádia Leva! apoiamos a organizaçom desta jornada cos concertos da sexta-feira dia 7 a partir das 21h00 no Clavi.
E no dia anterior, quinta-feira 6 de fevereiro às 19h30, no nosso centro social contaremos com Antonio Reigosa (galiciaencantada.com) numha palestra coa legenda: “Do solstício de inverno ao equinócio de primavera: festas profanas e religiosas”.
Agardamos-vos a tod@s!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



10 anos/10 grupos. Foliada X aniversari da Gentalha do Pichel (Compostela)
http://gentalha.org/2014/01/2004-2014-10-anos-de-associativismo-cultural-10-anos-de-gentalha/
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 14 )


No ano 2004 pugemos a andar um projeto cultural que, entre outras cousas, queria espalhar e pôr em valor a música tradicional. Queremos celebrá-lo o 31 de janeiro a partir das 21h30, lembrando estes 10 anos com a música de 10 grupos que nalgum momento da andaina estivérom connosco!!
Quarteto da Gentalha

Triroliro Regueifeiros

Os Fondãos do Pìfaro

Os Estalotes

Os de Abaixo

As Bouba

Carapaus

Ariel Ninas

A Requinta da Amaia

Verdegaios

e como sempre… contigo! Trai o teu instrumento e soma-te à festa!!!!


e o sábado 1 de fevereiro..

13h00 sessom vermu com Mini e Mero

14h00 jantar de aniversário

10€ sócias/12€ nom sócias

(teremos opçom vegetariana)



22h00 concerto X aniversário

Liska
Os John Deeres

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación de Xaneiro no FURANCHO MALAHERBA (Matamá - Vigo)

(texto engadido o día 14/ / 1/ / 14 )


Ola ,un ano mais arranca a época furancheira en MATAMÁ con gallo do San Mauro.

Mercores 15 Xaneiro: SETE CUNCAS (Festa S.Mauro)
Venres 17 Xaneiro: PANDERETEIRAS A BUXAINA.+ GHAITA E CÍA.
Sábado 18 Xaneiro: LEO I ARREMECAGONHA (2ª procesion atea) + OS VACALOURAS.
Domingo 19 xaneiro: Sesión vermout con ZURRUMALLA, despois COCIDO GALEGO
Venres 24 xaneiro: CÉ ORQUESTRA PANTASMA (acompañado do coro bocasneghras) + FANFARRIA TAQUIKARDIA
Sábado 25 xaneiro: OS QUATRO QUINTOS. OS GHAITEIROS DO CASCO VELLO.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Anos 50 en Ramallosa (Teo)

(texto engadido o día 29/ / 11/ / 13 )


29 de novembro, no Auditorio de Ramallosa
con Orquestra Os Modernos e Alvariza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X dí­a do orgullo gaiteiro (Ourense)
http://gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2853:x-dia-do-orgullo-gaiteiro-ourense&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 29/ / 11/ / 13 )


O vindeiro sábado día 30 de novembro no AUDITORIO MUNICIPAL de Ourense, salas bermella e azul, organizada pola AOFT Gomes Mouro.

Hai actividades específicas para nenos/as Este ano o homenaxe e as actividades están centradas no baile tradicional galego.

Mañá 11h Conferencia de Mercedes Peón, “o xénero no baile tradicional galego” 12-13.30 h Mesa redonda sobre “o ensino do baile tradicional galego. Presente e futuro”.

Tarde: 16.30-17.30 Pablo Díaz e Olga Kirk “Canta música” obradoiro infantil. 17.30 ACTO DE HOMENAXE: A LUIS PREGO, investigador, Mestre e divulgador da música e baile tradicional galego

A SENÉN MORGADE e ELENA DURÁN de Couso, Beariz, como perpetuadores do baile galego

18:00 h Presentación por Xandre Outeiro do Manüele. Método de pandeireta e canto tradicional galego

19:00-21:00 h Actuacións DE PÉ FEITO Agrupación tradicional Formada por 30 alumnos e profesores da Escola de Música Tradicional de Ourense, dirixida por Gonzalo Abelairas (parte musical) e Patricia López (parte vocal). http://aoftou.wordpress.com/

COANHADEIRA Recoñecido grupo folk ourensá

Programación guiada por Carlos Rafael

22 h CEA – FESTA do ORGULLO GAITEIRO En AIXIÑA, R/ Recaredo Paz, 1 (xunto Paco Paz) Prezo: 20 € (15 € alumn@s e socios AOFT Gomes). Reservas antes do 28 novembro a gabelairas@yahoo.es

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto Furtivo no Viso (Redondela)

(texto engadido o día 22/ / 11/ / 13 )


O vindeiro sábado 30 de Novembro celebrarase a 4ª edición do Magosto Furtiv@ de Redondela, no torreiro da festa de A Teixeira, parroquia de O Viso. A partires das 17h haberá xogos tradicionais, e actuacións de A Banda das Amasadas, Vai de Roda e Folieiros de Lavadores.
Haberá augardente, castañas e pra os máis pequenos talleres e actuación dos títeres e marionetas da compañía Tanxarina.

...e á noite, Foliada!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]