Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


XV ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO

(texto engadido o día 6/ / 6/ / 14 )


7 DE XUÑO DE 2014 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

13h. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
· Poxa das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA e os papamoscas de SANTISO)

- APERTURA DA EXPOSICIÓN:
'A PROCESIÓN VAI POR DENTRO' adicada ás manifestacións folclóricas arredor das procesións en Galicia, acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín)

- FEIRA DE ARTESANÍA: instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...

- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, larpeira, pan, viño/auga, café e ghotas -13€)

DURANTE A TARDE:

· XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES con Xandobela e Itaca de Compostela.
· 'A PROCESIÓN VAI POR DENTRO E O CONTAR POR FÓRA' contacontos de Celsiño F. Sanmartín de Lalín.
· MÁSCARA FÓRA! de Fantoches Baj
· 'RECUNCHO DO TOCAR' no patio do mosteiro.

E ao que se vaia facendo noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!

ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA

santaferrenha@gmail.com // 658 628 239

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
____________________________________________

A cultura tradicional está de festa, un ano máis, no Mosteiro de Carboeiro, en Silleda. A Asociación Intercultural Santa Ferreña organiza os XV Encontros de Música Tradicional,unha festa que sae da xente e para a xente.

Este sábado 7 de xuño hai unha cita coa música e a cultura tradicionais no Mosteiro de Carboeiro: un lugar para o encontro de xente moza e vella, para a recuperación da tradición e da festa de noso. Non hai artistas convidados, senón que calquera que vaia pode tocar, botar unhas coplas ou sacar uns puntos. “Todo isto sae de xente que achega o seu traballo, o seu compromiso coa cultura tradicional”, din dende a asociación Santa Ferreña. Artesás, bailadores, músicos, teatreiras, ou simplemente xente que se achegue a gozar da festa e participar son os auténticos protagonistas.

Este ano, o programa comeza, como de costume, cunha sesión vermú amenizada por músicos da bisbarra, convocando así un punto de encontro para todos eles, e non han faltar bailadores e bailadoras de Toutón, Zobra, Tordoia, Muíño de Zas... Será entón cando saia en procesión a Santa Ferreña, unha santa pagá co sorriso na cara, paniño na cabeza, e pandeireta na man, acompañada polos cabezudos de Viravolta e os papamoscas de Santiso, seguindo o costume das procesións do Corpus de Santiso e Laro. Pero antes hai que poxar as andas... Os postos para levar a Santa serán para quen máis ferreños pague por eles, seguindo tamén a tradición. E despois dela, dará comezo o xantar popular, con empanada, carne ao caldeiro e larpeira, ademais de pan, viño ou auga e café “con gotas”, todo por 13 euros. Ao fin e ao cabo, esta festa é unha recuperación das romarías tal e como se facían antigamente, sobre todo recuperando o seu espírito, e a devoción pola Santa, que neste caso é unha muller do común, coa experiencia dos anos no rostro e gana de festa, vestida coas mellores galas e coa pandeireta disposta.

Xa pola mañá abrirá ao público a exposición “A procesión vai por dentro”, este ano dedicada ás manifestacións folclóricas arredor das procesións, e que conta outro ano coa “compañía” dos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere de Lalín. A exposición foi realizada grazas á colaboración desinteresada de asociacións de múltiples puntos de Galicia que se ofreceron a achegaren o seu material e información.

Non ha faltar a feira de artesanía (instrumentos tradicionais, coiro, abelorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...), e, xa pola tarde, para facer a dixestión despois do xantar popular, á parte de botar unhas bailas, haberá xogos tradicionais para cativos e non tan cativos, con Xandobela e Itaca.

Celso F. Sanmartín, “Celsiño”, contador lalinense que leva ben anos investigando na tradición oral, achega os seus contos, “A procesión vai por dentro e o contar por fóra”, como leva facendo desde o comezo dos Encontros. O seu repertorio está composto por “contos, historias e memorias ligadas á tradición oral galega e tamén á europea, na que temos arte e parte, asentadas na cultura agrícola-gandeira e pedestre. E cun toque contemporáneo, para apalparlles que tamén son actuais, que aquí as están e non coma pezas de museo”. Ademais, Fantoches Baj achegarán tamén o seu novo espectáculo itinerante de narración oral, en que se emprega a técnica do Kamishibai (coma no anterior As pombas de Carboeiro), para axudar a vender o panfleto do escritor oleirense Manuel Pardo de Andrade titulado Os rogos d'un gallego establecido en Londres, dedicados aos seus paysanos para abrirlles os ollos sobre certas iñorancias e o demáis que verá o curioso lector. O Kamishibai é unha técnica xaponesa de narración oral que se relaciona directamente coa literatura de cordel dos cegos cantores, pero que se diferencia en que, na vez de estar todas as imaxes expostas desde un principio, van aparecendo unha detrás doutra gañando un sentido máis filmico e sorpresivo.

E xa ao que se vaia facendo da noite, comezará a foliada, que durará... Ata que o corpo aguante. Desde a Asociación Intercultural Santa Ferreña dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro queren destacar que esta festa é posible grazas a que unha chea de persoas poñen o seu traballo desinteresadamente, sexa botando contos, preparando a información, na barra, servindo as mesas, organizando a exposición, tocando, desde o posto dos tiquets, ou coordinando o tráfico, un traballo laborioso para o que agradecen a colaboración e comprensión de todos e todas. Tamén sinalan que, para sufragar os gastos, cóntase coa propia cantina da festa e cunha pequena axuda do Concello, así que convidan a quen queira manter viva esta festa a colaborar. Tamén remarcan a importancia do respecto pola festa tal e como é, sen viren ao caso “pinchadiscos” espontáneos ou a presenza de xeneradores eléctricos para desenvolver outro tipo de festas, xa que os Encontros son unha vez ao ano e hai que gozalos tal e como son. Así se presenta unha nova edición dos Encontros. Como di a Santa Ferreña... Viva a xuventude e a xente vella que non morra!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) en A Coruña

(texto engadido o día 24/ / 5/ / 14 )


Sábado, 24 de maio, ás 19:30 no Forum Metropolitano (A Coruña)

“A educación musical debe ser social, non individual. A música acompáñanos desde que nacemos cun axóuxere ou un canto de berce até que morremos cos sinos da igrexa”

A ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) é unha proposta do profesorado da Escola Municipal de Música de A Coruña como nova agrupación do centro para o curso 2013-2014. A diferenza esencial a respecto doutras agrupacións existentes na escola é que a OMTG se crea como un “taller” aberto tanto para alumnado interno como externo á propia escola. O prezo para alumnado interno é gratuíto, e para alumnado externo hai que pagar a matrícula da escola e despois unha cuota mensal de 28 euros . A admisión na agrupación é a criterio do profesorado, precisando uns niveis mínimos instrumentais para esa admisión. A idea inicial é a de dinamizar a música tradicional na cidade da Coruña, permitindo un diálogo entre diferentes Asociacións Culturais e Escolas que a practican (tanto na cidade como en localidades próximas) e a Escola Municipal de Música, sen necesidade de que isto se interprete como unha competencia polo alumnado. En definitiva: facer unha agrupación novidosa que non compita senón que comparta a súa actividade con todas esas asociacións culturais e todo o alumnado da Escola Municipal de Música, en favor da dinamización da música tradicional na cidade.
A resposta inicial foi variada. Houbo unha participación alta por parte de alumnado do ámbito clásico e moderno da propia escola e de fóra dela. Do ámbito tradicional apuntáronse fundamentalmente como internos e externos alumnado e ex-alumnado do centro. Houbo mesmo unha petición tamén de participación desde Portugal, que se desestimou por distancia; mais tamén houbo a parte negativa: unha nula matriculación por parte dese alumnado das Asociacións que procurábamos, tal vez en parte por falta de publicidade suficiente, ou en parte por lóxica desconfianza.

Porén, conseguimos facer unha base sólida e a partir daí só foi traballar.

Que facer? Na escola tíñamos experiencias previas como a Aula Folque no ano 2002:

https://www.youtube.com/watch?v=R6CHl6oVk_c
https://www.youtube.com/watch?v=w-iERckHv_U
https://www.youtube.com/watch?v=otO9y9i_gd4

ou a longa e magnífica suite “De Galicia á Habana”, composta e dirixida por Scott Stroman no ano 2007 sobre repertorio tradicional galego:

https://www.youtube.com/watch?v=ELLY0THo5hg
https://www.youtube.com/watch?v=DGepSE8sWsc
https://www.youtube.com/watch?v=SffZDs-JRRY
https://www.youtube.com/watch?v=ufrjD8G32ws
https://www.youtube.com/watch?v=hTo2WHVyvpg
https://www.youtube.com/watch?v=S0UNWLOyb2M
https://www.youtube.com/watch?v=pfg4DzcGIOo
https://www.youtube.com/watch?v=RpbisuBHlLA
https://www.youtube.com/watch?v=0zmFJFk7aFw
https://www.youtube.com/watch?v=erk9anlzIMk

Tamén, por suposto, coñecíamos e contábamos cos exemplos de varios proxectos levados a cabo por diferentes centros dos ámbitos da música folque ou tradicional: Conservatorio de Lalín e Central Folque en Santiago, Sondeseu na E-trad e Moxenas musical galego, dirixido por Xosé Oliveira en Vigo, as bandas de Xarabal e Suevia en Ribeira e Porto do Son con Pepe Romero ao frente; ou diferentes e novidosos conxuntos instrumentais criados no entorno de conservatorios de música, como o contemporáneo combo folque do Cmus de Viveiro con David Bellas, etc…

A cuestión era: que facer agora?
En principio pretendíamos unha especie de “big band” baseada en repertorio tradicional antigo e moderno con espazos mesmo para a improvisación musical; e fuxindo un pouco do que entendemos por “folque” convencional mais, era posíbel? Dependía un pouco do tipo de alumnado que se matriculase. Efectivamente, o propio alumnado imprimiu un carácter á agrupación definindo pouco a pouco cara onde tirar: levar adiante todo e adaptado para todos convertíase en demasiado traballo ao profesorado (sobre todo sen ter clara a permanencia do alumnado e mesmo da agrupación para un próximo curso), polo que ademais dos arranxos e composicións propias, decidimos recuperar vellas e inéditas partituras de coleccións particulares, de bibliotecas dixitalizadas de todo o mundo, etc.

Comezamos a remexer e apareceron cantidade delas, moitísimas completamente descoñecidas: desde fragmentos de zarzuelas, cantos populares e recollas manuscritas antigas na propia cidade, a repertorio de compositores como Adolfo Sierra co seu “Aires d´a Festa” de 1947 (un dos grandes do tango e probabelmente de orixe galega), ou a descoñecida “Muiñeira para Orquestina Coruñesa” dun tal H. Rossy, cunha 1ª edición (e probabelmente única) de 1930. Nada mellor se adaptaba á nosa idea. Estas obras leváronnos ao convencemento, máis unha vez, de que ás veces pensamos que imos parar o mundo e o mundo nos dá mil voltas, póndonos no noso lugar.

Na procura deste repertorio xunto a outro máis moderno, da tradición ou da composición actual; conseguimos o carácter propio, a personalidade da agrupación.

A recén creada OMTG comprende, pois, unha base de músicos afeccionados e un conxunto de repertorio (aínda pequeno) que ás veces soa máis clásico e ás veces máis moderno; con pequenas seccións de cordas e de metais, de gaitas, percusión tradicional e moderna, piano, acordeóns, contrabaixo, etc. Esta base, unida á magnífica resposta por parte de músicos profesionais para unirse e colaborar, permitiu que, en poucos meses desde a súa creación, a OMTG se presente por vez primeira ante o público.

O próximo día 24 de Maio ás 19:30 no Fórum Metropolitano de A Coruña (adiantado unha hora, como non!, pola coincidencia con eventos futbolísticos) faremos a primeira presentación ao público do proxecto. Esperamos que este artigo sirva para promovelo.

Non foi nada fácil chegar até aquí, moito traballo e ilusión de varias persoas: idas, vindas. Colaboradores e alumnos que se suman a última hora, outros que teñen que abandonar. Dunhas 35 persoas que se chegaron a sumar ao proxecto en diferentes momentos até as aproximadamente 25 que nese día subirán ao Fórum.

Non sabemos nen tan sequera se a agrupación chegará a consolidarse como tal nun futuro. Dependerá de varios factores: da resposta do alumnado e do público, do apoio institucional e do propio centro, e sobre todo do ánimo do profesorado para levalo a cabo, porque implica moitísimas horas de traballo non remunerado.

Tamén o de que cumpra o seu obxectivo fundacional: o de socializar a música tradicional na cidade. Para iso estará sempre aberta a calquera iniciativa ou proposta de diálogo e colaboración con outras Escolas, Asociacións, Institucións. As aportacións serán mutuas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novo traballo de Ataque Escampe: O disco Vermello

(texto engadido o día 21/ / 5/ / 14 )


(capa do disco, deseñada polo artista Misha Bies Golas, a fotografía promocional, feita por Alba Viñas e María Esteirán)

Nas próximas semanas sairá en formato Compact Disc, pero mañá, 22 de maio, Ataque Escampe colgarán na rede (en Bandcamp) a edición dixital do seu novo traballo: O disco vermello (Discos da Maquina), gravado nos Estudios Abrigueiro con Arturo Vaquero entre os meses de febreiro e maio de 2014.j 11 cancións co compromiso coa realidade e a poética da supervivencia como nexos comúns, e avanzando territorios inexplorados musicalmente cun grande peso das bases electrónicas que lles permite ofrecer algúns dos temas máis bailables de súa discografía


As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre.

Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011) ou Noites de agosto con Ataque Escampe (2012), entre outros. En 2014 publican con Discos da máquina o LP O disco vermello.

Do pop á americana con paradas no krautrock, na cumbia, no disco, no rap, no calipso e onte vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas.

Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de Alfa-Centauro.




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Lingua en Carballo

(texto engadido o día 16/ / 5/ / 14 )


Festa da Lingua coa música festeira de OS TRES TREBÓNS (Xurxo Souto, Antón Díaz, Fran Amil...), o hip hop de GARCÍA Mc (do colectivo Dios ke te Crew), a lectura do manifesto da mocidade "Polo futuro da nosa lingua" (Cristina Fuentes, Andrea Loureiro e Sabela Lista) e a entrega do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores a José Casás.
VENRES 16 DE MAIO
21.00 h
PAZO DA CULTURA DE CARBALLO
ENTRADA LIBRE E DE BALDE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



MicroFesta na Casa Tomada (A Coruña)

(texto engadido o día 16/ / 5/ / 14 )


Sábado 17 de maio: Esquíos, Machina, Rebeliom do Inframundo,..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Melindre en Melide

(texto engadido o día 4/ / 5/ / 14 )


Domingo 11 de Maio
A partires das 18:30 na praza das Coles:
Herba Grileira
Carapaus
Kepa Junkera e Xabier Díaz

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa Festa da Reconquista 2014 (Vigo)
http://e-tradvigo.blogspot.com/2014/03/a-banda-de-gaitas-da-etrad-na-festa-da.html
(texto engadido o día 28/ / 3/ / 14 )



Venres 28 de marzo
10:00 h. Apertura do mercado
12:00 h. Voltaedalle Teatro “ Peccata Minuta” (praza da Costitución, Zona 1)
17:00 h. Voltaedalle Teatro “ Peccata Minuta” (praza do Berbés, Zona 8)
18:00h. Inauguración da festa ( praza do Berbés, Zona 8)
18:15h. Representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo (praza do Berbés, Zona 8)
19:00h. Demostración de esgrima antiga ( praza do Berbés, Zona 8)
21:30h. Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés (praza do Berbés, Zona 8)
23:00h. Peche do mercado

Sábado 29 de marzo
10:00 h. Apertura do mercado11:00 h. Foliada infantil ( praza da Pedra, Zona 4)
12:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
17:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “feirantes” (praza do Pedra, Zona 4)
17:00 h. Demostración de esgrima antiga ( praza do Berbés, Zona 8)
18:00 h. Actuación da ETRAD ( praza da Igrexa, Zona 4)
21:30 h.Concerto de Sés “co xenio destrozado”  (praza do Berbés, Zona 8)
23:00 h. Peche do mercado

Domingo 30 de marzo
10:00 h. Apertura do mercado10:30 h. Exhibición de cetrería ( praza do Berbés, Zona 8)
11:00 h. Demostracións de oficios tradicionais
11:30 h. Contacontos Codia e Miolo ( praza do Berbés, Zona 8)
12:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “ feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
12:00 h. Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (praza da Pedra, Zona 4)
12:30 h. Exhibición de improvisación en verso “Regueifas” CIOV (praza do Berbés,Zona 8)
17:00 h. Volta e dalle Teatro, espectáculo Rodesindo da Barrosa (Porta do Sol)
17:00 h. Actuación Os Quinquilláns Teatro “ feirantes” (praza da Constitución, Zona 1)
18:00 h. Representación da Reconquista da Vila de Vigo( Porta do Sol)
Vístete de época e participa 1809
21:00 h. Peche do mercado

ANIMACIÓN DE PRAZAS E RÚAS
Durante os tres días máis de 30 grupos de música tradicional animarán o barrio: gaiteiros, pandereteiras, treboadas, xigantes e cabezudos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



65 Foliada do Lar en As Pontes

(texto engadido o día 28/ / 3/ / 14 )


Venres 28 de marzo

Chega unha nova FOLIADA DO LAR, e xa van 65!!, desta volta organizada por nós, polos imprevisibles FEROCES DA GALGUEIRA, discípulos de Santa Palleta e seguidores de John Deere.
Para encher de contido esta foliada traémosvos unha chulada de agrupacións:
- Dende o lugar da Toca, concello das Somozas, cunha poboación de 23 habitantes e a 455 metros de altitude sobre o nivel do mar: as TOCADEIRAS que farán os seu debut mundial para o regocixo de propios e extraños.
- Dende Ourense, unhos rapaces que empezan a ser unhos clásicos por As Pontes (... non damos averiguado por que lles tira tanto vir por aquí): Os ESTOUPAPOZAS ESSENCE. Música do país de moitos kilates.
- E dende San Miguel de Sarandón, concello de Vedra, a festa virá garantizadísima cunhos grandes coma A REQUINTA DA LAXEIRA.
E tralas actuacións, foliada libre ata que se faga día e nos manden para a casa.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Foliada dos Varacuncas (Santa Baia)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2971:iii-foliada-dos-varacuncas-santa-baia&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 28/ / 3/ / 14 )


O vindeiro 12 de Abril de 2014 no campo da festa de Santa Baia concello de Rodeiro, celebrearase a terceira edición da Foliada dos Varacuncas.


Programa:


21:30 Cea tradicional


22:30 Foliada cos grupos Os Feroces da Galgueira, Fiadeira de Antas, Bico da Balouta A Golada, Serandeiros de Boborás, Vide Preto de Arzua, Milgrandeira de A Estrada, Os Arandos de Rodeiro, Piconas do Irixo, e porsuposto OS VARACUNCAS


Concerto estrela   A QUENLLA.


A festa está a 2 km de Rodeiro dirección Chantada estará sinalado o acceso.


 

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Gaita e Cantos de Taberna de Arzúa
http://nocombaro.wordpress.com/2014/03/21/festa-da-gaita-e-cantos-de-taberna-de-arzua/
(texto engadido o día 28/ / 3/ / 14 )


Sábado 5 de abril

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Furancheira en Salceda de Caselas

(texto engadido o día 21/ / 3/ / 14 )


Esta fin de semana, venres 21 e sábado 22 de marzo, Festa Furancheira na Picoña: troula, senderismo, musica, gastronomía, patrimonio, .... non a perdas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SAIÑAS ORGANIZA A IX FESTA DO LACÓN EN XOVE.
https://www.facebook.com/sainas.xove
(texto engadido o día 18/ / 3/ / 14 )


Un ano máis, a ASOCIACIÓN CULTURAL SAIÑAS organiza en Xove a “IXª FESTA DO LACÓN”, o vindeiro SÁBADO 22 DE MARZO A PARTIR DAS 8:30 DA TARDE NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE XOVE.

A RACIÓN custa 8 € (7en venta anticipada nos establecementos de Xove: Click Informática, Peluquería Rosa e Estética Marta) e a mesma inclúe: SOPA, PATACA, CHOURIZO, LACÓN, PAN E BEBIDA, así como música tradicional e chocolatada a medianoite.

Unha vez rematada a LACONADA, haberá para tódolos/as asistentes unha FESTA RACHADA con baile a tope coa DISCO MÓVIL PEGASO a partires das 23:00 horas e SORTEOS DE DIVERSOS PRODUCTOS nos descansos.

Agradecer a colaboración de: Concello de Xove, Establecementos Rey, Restaurante Pulpería O Refugio, Cesáreo Eijo, Hormigones a Mariña, Banco Santander en Xove, Ferrxove S.L., Mariñalim e Mariñasec.

Noticia enviada por Sainhas

- Lacon- Musica- Tradicional- Xove- Mariña -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ALL STARS CARBALLO 2014>> PORQUE EN CADA BILLARDA HAI UNHA BOMBA POR ESTOURAR!!
http://ovaral.blogspot.com/2014/03/all-stars-carballo-2014-porque-en-cada.html
(texto engadido o día 15/ / 3/ / 14 )


Sábado 15 de marzo.

Os activistas TeleVaralers unha vez máis poñen a funda e co coitelo na boca lánzanse ó abismo salvaxe que supón unha edición máis do Billarda All Stars que ista vez convertiran a vila de Carballo nun gran ceo de estrelas  avermelladas pola carraxe e a paixón billardeira, e nada mellor para saber o que se nos ben enriba no hemisferio Bergantinhos que saborear ista explosiva reconstruccion de petiscos ...

A faena comezá apartires das 15:30 H. co espectacular concurso de tripas-habilidades , mates para posteriormente os superviventes do sicesso desputaron o xa mítico Aberto do All Stars.

Finalizado o tsunami desportivo na pista xogo as estrelas quentarán motores cunha cervexas e viño e na man nunha folidada das estrelas posterior ó Aberto antesala brutal do explosivo Festival LNB do Billarda All Stars que continúa a xeira de activismo-sonoro iniciado fai uns anos no All Stars Bezouquero , retomado o ano pasado do All Stars celebrado en Muimenta e que se consolida ista edicion co gran fin de festa dun All Stars Bergantinhan na mítica Sala A Reserva de Carballo coas bandas Os vacalouras , Xenderal e 12 Labirinto...

E para o que teña gañas de seguir a festa de seguro que no Toxo Verde de Cádiz os irmáns da Conferencia Andaluza estarán encantados de recibir a todos aqueles que se atrevan a coller o AVE imposíbel de Carballo-Cadiz para apartires das 12 h. diste domingo coller o palán e desafiar o Varal. Será casualidade ou será que dende o Sul Peninsular envían unha mensaxe ó noso ceo estrelado para un vindeiro ano acoller o Billarda All Stars?? ti por se a caso prepara o palán porque ne cada billarda hai unha bomba por estourar!!



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Homenagem a Luísa Villalta e Diaz Castro: Recital de poesia e música
http://www.pglingua.org/noticias/eventos/6150-homenagem-a-luisa-villalta-e-diaz-castro-recital-de-poesia-e-musica
(texto engadido o día 14/ / 3/ / 14 )


Isabel Rei Samartim - A Equipa de Dinamização da Língua Galega (EDLG) do Conservatório Profissional de Compostela organiza um recital de poesia e música em homenagem à poeta e música galega Luísa Villalta e José Maria Diaz Castro. O ato terá lugar às 19h da sexta-feira, dia 14 de março, no auditório do centro.


Quando se cumprem os dez anos da prematura morte da violinista e poeta Luísa Villalta Gomez (1957-2004), o conservatório homenageia à que tem sido uma das nossas melhores poetas. Membro da Jovem Orquestra de Galiza, Luísa começava a publicar teatro em 1989, Concerto para um homem só. Seguidamente se sucederam mais de vinte obras dos diferentes géneros: teatro, poesia, ensaio, narrativa, sem contar as obras coletivas em que participou.

Como acontecera aos Amado Carvalho e Manoel António de começo de século, ou à própria Rosália, Luísa morreu prematuramente antes de ter podido desenvolver completamente o seu talento literário-musical. Contudo, as obras que deixou dão para ver a sua capacidade criadora ademais do seu compromisso com a cultura e o país galego. Como em Rosália, em não poucos títulos Luísa apresenta a música e o seu senso auditivo: Concerto para um homem só (1989), Silêncio, ensaiamos (1991), Música reservada (1991), Ruído (1995), O outro lado da música, a poesia (1999), As chaves do tempo (2001), A língua dos sons (2003), A música e nós (2003), a sua versão do Hamlet de Cunqueiro ou o texto publicado digitalmente em 2002, Desperta do teu sono, que começa assim:

 


Cada manhã, os antepassados marcham descalços para não despertar-nos, como um último gesto de amor.

http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPageById.do?id=obra540&format=0&orde=1


 

A intervenção musical estará a cargo do duo formado por Miro Tourís e Paloma García (sanfona e guitarra) e o recitado será d@s membros da Equipa de Dinamização da Língua Galega do centro e outras colaborações:


Antía Cores Torres
Víctor Bouzas Torrado
Antom Labranha Barreiro
Isabel Rei Samartim
Paloma García García


Entre @s poetas recitad@s figuram dous membros da comunidade educativa que ofereceram textos expressamente para este evento:


Luísa Villalta
José Maria Diaz Castro
Luís G. Amado Carvalho
Ricardo Carvalho Caeiro
Antom Labranha
David Durán Arufe

 


Luísa Villalta: Música reservada (1991)

E o meio do caminho será um verso

como todos os caminhos que começam

e prosseguem. Porque um verso

não é mais que o que se quebra

e continua,

que se escapa

e fica e segue

e articula o ritmo escuro do sentido

e anda só, e para, e anoitece

despenhando-se na luz para a seguinte

página e infinitas a seguir, ritmo em herança,

livro a livro, como um século a outro século.


 


Paloma García é professora superior de Guitarra pelo Conservatório da Crunha. Iniciou-se no estudo da sanfona com Oscar Fernández na Escola de sanfona do Padroado de Cultura de Narom e, mais tarde, na Central Folque, ampliando seus estudos com Germán Díaz na Escola Municipal de Música de Compostela. Da man da Central Folque fez parte da Atlântica Vapora Orquestra, participando também na gravação do disco deste grupo “Porto Vilaxoán” e, como aluna desse centro, colaborou no disco “Tentemozo” de Os Cempés. Assistiu a obradoiros de sanfona em Galiza e na França com músicos como Anxo Pintos, Valentin Clastrier, Germán Díaz, Gregory Jolivet, Adriá Grandía, Isabel Pignol, Patrick Bouffard e Matthias Loibner.


 


Miro Tourís é professor superior de Guitarra pelo Conservatório da Crunha. Ademais da formação académica estudou harmonia moderna e tem feito incursões noutros estilos musicais como a música tradicional, o jazz, etc.

Foi membro do grupo folk Leixaprén, ganhador de diversos prémios a nível galego e estatal e com o que participou na gravação dos discos “Na festa do boi” e “Gáitropos”; bem como em actuações em Galiza, Espanha, França ou Itália.

Fazendo parte do duo Miro Tourís-Paloma García realiza concertos em distintos lugares da Galiza e concertos didáticos em centros de ensino secundário na Arousa.


 

+ Mais info:


Programa em PDF do evento
Notícia na web do conservatório

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II FOLIADA AO SON DO MASMA

(texto engadido o día 14/ / 3/ / 14 )


22 de Marzo en Celeiro De Mariñaos

O III FESTIVAL AO SON DO MASMA está cada vez máis preto, e cómpre, pois, redobrar esforzos para podervos ofrecer un evento á altura das dúas primeiras edicións. Asegurámosvos que pola nosa parte non ha quedar, e que ilusión, traballo, empeño etc non han faltar. Pero ademais de todo iso, é evidente que tamén é preciso diñeiro. Así é como naceu esta FOLIADA o ano pasado, na idea de que conxugar xantar, música e festa podería servir para, primeiro de todo, pasar un día en grande e,por riba, recaudar uns euriños que axuden na financiación do festival.

Así pois, a foliada será o día 22 de marzo e a xornada comezará polo xantar ás 14.30h, anque a partir das 13.00 o bar xa permanecerá aberto ao público e xa haberá música en vivo. O menú consistirá nun fenomenal cocido, como non podía ser doutra maneira dadas as datas nas que estamos (prezo:20€) Posteriormente a sobremesa dará paso á foliada propiamente dita na que quen queira está convidad@ a traer o seu instrumento e compartir a súa música connosco de tal xeito que en toda a tarde e ata que o corpo aguante non falte quen toque, quen cante e quen baile. Como todas esas cousas dan moita sede haberá un bar habilitado, con módicos prezos, onde poder mollar a palleta, a gorxa, ou repoñer forzas do axetreo dos bailes.

Así que non dubidedes máis, anotádevos xa (podedes chamar ao 699396664 ou ao 328739224) e vinde disfrutar deste gran día connosco axudando de paso a facer un gran IIIFestival Ao Son Do Masma. Lmmeeeeeeeee!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada no Xeitoso (Pobra do Caramiñal)

(texto engadido o día 14/ / 3/ / 14 )


Venres, 14 de marzo

Como cada segundo venres de cada mes, este día 14 de marzo, terá lugar a partir das 22:30 unha foliada! música tradicional,churrasco,bailes...en resumen..FESTA! así que xa sabedes!traede a voz afinada e os vosos instrumentos!!para pasalo en grande!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sés e Tanxedoras en Vigo

(texto engadido o día 8/ / 3/ / 14 )


Sábado, 8 de marzo. Festa pola Igualdade na Praza da Constitución:
17 a 19,30 h espazo lúdico para nenos e nenas.
21 h Actuación musical a cargo do grupo Tanxedoras
22h Lectura manifesto
22,15h Actuación musical a cargo de Sés

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do novo disco de Terbutalina, A MUERTE, na Sala Capitol (Compostela)

(texto engadido o día 7/ / 3/ / 14 )


O venres 7 de marzo preséntase "A MUERTE", o novo disco de Terbutalina, cunha festaza na Sala Capitol na que a Terbutalina estará acompañada dos salvaxes Demonhigh.
Apertura de portas: 21:30
6€ anticipada (A Reixa Tenda) / 8€ na billeteira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mes de Marzo cheiño de actividades en A Baiuca (Arteixo)
http://www.abaiuca.com/mes-de-marzo-cheino-de-actividades-culturaisfestivasgastronomicas/
(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )


A BAIUCA ferve!!!

Día 1, sábado: Entroido con pratos de cocido galego e postres tradicionais da época… E boa música!!!

Día 8, sábado: II sidrada nA BAIUCA con sidras de Euskadi, Asturies e por suposto as galegas + Viandas propias do tempo.

Día 14, venres: Presentación para a prensa e público o C.D. “Crossing” de Andrés Penabad.

Día 15, sábado: San Patricio 2014, patrón de Irlanda con festas de Guinness e Murphys + Jam Session.

Día 22, sábado: Iº Aniversario dA BAIUCA: Festa Rachada!!!!

Agardámosvos!!!!!


- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tradicional Pasarrúas de Antroido da ETRAD…Imos de ruada! Venres 28 de Febreiro. 17hs.
http://e-tradvigo.blogspot.com/2014/02/extraescolares-etrad-tradicional.html
(texto engadido o día 28/ / 2/ / 14 )


Chega o antroido e na ETRAD aproveitaremos para disfrazarnos e reunirnos tod@s previamente na escola para ensaiar as coplas deste ano. Unha vez que estemos preparados sairemos á rúa a facer un pouco de festa e amosar ás nosas coplas a quen as queira escoitar e desfrutar con nós.Venres 28 de febreiro

17h

Auditorio Milladoiro


Entrada libre


- entroido2014 -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]