Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festa da Fraga en As Pontes

(texto engadido o día 25/ / 7/ / 14 )


24 de xullo

BALAKANDRA

ANDRÉS PENABAD

SKERRYVORE (Escocia)

MUXAREGA



25 de xullo

ORQUESTRA CINEMA

BORUMBAIA PERCUSIÓN

A BANDA DA BALBINA

HERDEIROS DA CRUS

DAKIDARRÍA


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Dorna en Ribeira

(texto engadido o día 25/ / 7/ / 14 )


DOMINGO 20.-
12.03 Ruta de Tapas . 1º RUTA ESTRELAS MIJELÍN DE TAPAS. Premio Rabaneira navegante.
13.32 Capachos de desibelios na Rua na carpa dorneira
CE ORQUESTRA PANTASMA (Ruta Tapestre)
THE LAKAZANS
CARRICOBANDA


20.07-JRAN PRIX DE CARRILANAS.
21.13 Feira Rianxeira. Promosión festas gastronómicas rianxeiras.
22.01 Capachos de desibelios na rua Alcala Jali-ano:
BODEGA BODEGA (Despedida Oficial)
LA YEGUA GRIS
(Gañadores Rock&Dorna´13)

LUNS 21.-
20.33 Exhibision e baile colectivo a carjo do Tomasón.
22.02 no Jarsia Bayon
23.58 na Plasa de Vijo
ACUSTICA
A REBANDA


MARTES 22.-
19.13 MARATASÓN.
20.28 Flashmó Dorneiro na rua de Jalisia,diante de Sanmamé
20.43 Sesión de Sumba,no Jarsís Bayón dirixida por Zumba Barbanza
21.33 Concurso de Ji Jó en Bandourrio sejido de
Dock Shock
23.32 Actuasión na rua de Jalisia:
A BANDA DE BALBINA

MERCORES 23.-
16.09 Xojos do Mar
19.28 JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR
22.03 FINAL CANSIÓN DE TASCA eEXAME DE PATRÓNS
Macroqueimada Dorneira
Actuacións:
00.11 A BANDA DE ANDRELO (Malicón)
02.02 THE GUEZOS (Rua de Jalisia)

XOVES 24.- DÍA DA DORNA.
12.02 Expovarava de embarcasión no Malicón
13.18 REJATA DE EMBARCASIÓNS FEITAS Á MACHADA E PROPULSADAS A PAN DE MILLO. Jran Premio Cutre Sark.
15.07 Romeria Dorneira
16.12 Xojos Dorneiros e Campionato Mundial de Chinchimonei
20.06 TOP SECRET.
Actuación de Fanfarria Taquicardia e Kilomberos

22.01 Rock&Dorna con
DIPLOMÁTICOS DE MONTEALTO.
OLLOMOL

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Esposende abre as portas à Galaicofolia
http://bloguedominho.blogs.sapo.pt/esposende-abre-as-portas-a-galaicofolia-2866340
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 14 )


Esposende - Braga (Portugal)

GALAICOFOLIA: Realiza-se no próximo fm de semana a edição de 2014



A abertura dos portões da Aldeia Galaica será feita às 18h00 do dia 25 de julho, sexta-feira. O evento tem entrada livre e promete tornar memorável o primeiro dia deste evento cultural, de lazer e entretenimento, promovido pela Câmara Municipal de Esposende e que vai animar, entre sexta-feira e domingo, aquele que é um dos maiores ex-libris do património arqueológico de Esposende e da região Norte.





O cartaz musical do evento conta com nomes de referência da música folk, nomeadamente o grupo nacional “MU” e o grupo galego “Birimbao”, que sobem ao palco na sexta-feira, dia 25 de julho.


Ainda no primeiro dia desta viagem no tempo, haverá momentos de danças galaicas com o grupo “Ás do saber”, músicas galaicas com “Gaiteirus” e o espetáculo Ritual do Fogo com “Jugling Fire”.


No Sábado, o segundo dia do evento, as portas abrem-se às 11h30, sendo possível ao longo deste dia assistr à performance do grupo “Curinga” com música galaica, a recriações históricas, a sessões de demonstração de voo de aves de rapina, terminando a noite com os concertos dos grupos “Guezos” e “Melech Mechaya”.


O últmo dia da Galaicofolia começa às 9h30 com “Trilhos Galaicos-BTT” e conta também com peças de teatro, performances itnerantes, música e dança galaica, acabando com os concertos dos grupos “Tanira” e “Allan Bique”.


Todos os dias terminarão com a “Queimada galaica” , um ritual realizado na festa ao deus Dagda, onde se preparava uma poção mágica num caldeirão com bebidas fortes e frutos doces.


A novidade desta edição é a Ceia Galaica, servida em todas as noites do evento. Este banquete dos tempos romanos contará com lauto repasto onde poderá degustar entradas, sopa, ceia, sobremesa, bebida e digestvo pelo preço de 15 denários por pessoa. Para partcipar na mesma é necessária uma reserva antecipada, que poderá ser feita na Câmara


Municipal de Esposende, no Centro de Informação Turístca ou no Centro Interpretatvo de S.Lourenço.


Ofcinas, gastronomia de época, espaço infantl, mercado romano, curral, ambiências e recriações históricas são algumas das áreas que prometem transportar os visitantes ao passado, recordando o modus vivendi do povo castrejo.


A organização convida todos a estarem presentes neste evento que tem crescido a cada ano que passa e que disponibiliza parque de estacionamento e autocarros gratuitos de Esposende para o local da festa.


No site da Galaicofolia (www.galaicofolia.com) tem todas as indicações de como chegar ao local.


Apareçam e divirtam-se!
















- Guezos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Romaría de Ames Novo

(texto engadido o día 19/ / 7/ / 14 )


Xornada lúdica, orientada tanto ao público adulto como ao familiar, con xogos música, debate, actividades... Evento político entendico como espazo de encontro de cara á construción dunha candidatura aberta e inclusiva da cidadanía amesá, que canalice as ansias transformadoras da institución municipal.

PROGRAMA
13:00 Acto Político. Intervención de Pilar Candocia e dos representantes das organizacións políticas (AGE en Europa, Anova, Compromiso x Galicia, Espazo Ecosocialista, Equo e Esquerda Unida)
14:30 Xantar. Temos unha zona de xantar, con mesas, á sombra das árbores. A idea é traer a comida. Teremos unha barra de bar con bebidas, café, xeados...
16:00 Comezo das actividades lúdicas: Teremos música tradicional, xogos para pequenos/as e grandes (brilé chave...), actuacións para a rapazada, talleres...
18:00 Coloquio sobre o papel dos concellos na transformación política, coa participación dos representantes das organizacións políticas que nos acompañan.
20:30 Remataremos a festa con un concerto realmente excepcional: Uxía e Narf tráennos as súas "Cancións da Lingua Viaxeira".

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FestaAberta 2014. San Valentín. Fene

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 14 )


Sábado, 19 de xullo
Ultraqäns, Os Derradeiros, Os Dous de Sempre

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ataque Escampe na Festa da Patria do Colectivo Terra (Pontedeume)

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 14 )


Venres 18 de xullo a partires das 22:30h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA PRENOM: Ataque Escampe + Chicharrón no Twist&Shout

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 14 )


Este sábado no Twist & Shout Club, en Ogrobe, faremos unha pequena gran festa na que tocarán os nosos queridos Ataque Escampe, presentando o seu Disco Vermello, e Chicharrón, a primeira referencia da nosa editorial, que tamén estará tocando as cancións do seu primeiro disco.

Por outra banda, Alexandra Lores presentará o seu fanzine CONA, no que participamos co deseño e maquetación. CONA é un fanzine feminista no que colaboran diferentes escritoras, poetas, artistas...

Para aderezalo todo teremos pinchadas gourmet para todos os públicos e julais:

Lourdes Caamaño Mourelle traeranos éxitos, de onte e hoxe, das mellores girl bands da historia mentres presentamos o fanzine CONA. Se te apuras e eres puntual, igual te podes tomar uns pinchos con nós e pasar de cear na casa ;)

Coito Mixto pincharán a pares modinhas brasileiras e cubanas para movelo cú xusto despois dos concertos.

Crocodeejays farán suar a xente que ainda non teña a cadeira dislocada.

Como sen imaxes non podemos pasar, contaremos con Gael (PORNO) que fará proxeccións mu locas ao longo da noite.

Por suposto, presenta André Twist&Shout.


Prezo: 3 euros

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Romaría galega na Pontraga (Numide. Tordoia. A Coruña)
http://brisasdoquenllo.blogaliza.org/2014/07/14/todo-case-preparado-para-a-romaria-na-pontragha/
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 14 )


Xa están en marcha os preparativos para a gran romaría do vrao na Pontraga, unha festa sen ighual!

Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, tomar un vermú, parmar cara o circo, xoghar...e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer….


Este sábado 19 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo
Sesión Vermú e Xantar Popular

XV Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…

A.C. Brisas do Quenllo . (A pontraga- Tordoia)
Grupo de baile tradicional Aroña . (Escarabote - Boiro)
Pena Maior de Marrozos . (Marrozos - Santiago de Compostela)
A.C. Nemeth . (Carballo)

XOGOS XANDOBELEIROS e MÚSICA A TUTIPLÉN
CIRCO : Roi o Cagabolas

e...MÚSICA NA NOITE PRA BAILAR E DESFRUTAR CON:

Cuadrilla do Pan Quente
Zanfonistas da Pontragha
Bouba
A Requinta da Laxeira

nós xa imos estar ali!! esperámosvos!


Saúdos e...festa a nosa!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repichocón (Cariño)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3157:repichocon-carino&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 12/ / 7/ / 14 )


A Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo de Cariño quere convidarvos a pasar un día de festa e boa música tradicional.

A festa comenzará a partir das 18:00h do 12 de xullo, para que calquera idade poida disfrutar das actuacions de:
- A.F. San Xiao do Trebo (Cariño)
- Grupo de Danzas Pais de San Roque (Cangas)
- Banda de gaitas Alfaia (As Pontes)
- A.C. Brisas do Quenllo (Tordoia)

As 20:30h farase un breve descanso (para comer antes de seguir coa festa..) e retomarase ás 22:30h coas actuacións de:
- Os Trevillas (As Pontes)
- O Son do Sor (O Barqueiro)
- No Cómbaro (As Pontes)
- Almuíña Pandereteir@s (Silleda)
- Andarivel (Ladrido)

Ó remate farase unha gran QUEIMADA, e se Tocas, Bailas ou Cantas, non dubides en achegarte á  foliada.
ANÍMATE!!

Contarán con varios sorteos ó longo do día: cestas, tablets...


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Folk de Raíz (Callobre - A Estrada)
http://ouzande.blogspot.com/2014/07/callobre-comeza-conta-atras-para-o-folk.html
(texto engadido o día 11/ / 7/ / 14 )


A organización de "Folk de Raíz", un dos festivais de música tradicional máis sobranceiros da comarca, nesta edición concentrou todas as actuacións nun día, o venres 11 de xullo, para abaratar custes, o que fará que sexa unha festa moito máis intensa, se cabe. O cartel está encabezado por Tiroliro, Treixadura, A Banda da Balbina, Ce o home orquesta e mailo Regato de Matamulleres.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Ulträqäns presentan o seu segundo disco na Sala Garufa Club (A Coruña)

(texto engadido o día 27/ / 6/ / 14 )


Venres 27 de xuño

Despois de 7 anos sacudindo a escena musical galega, a banda máis retrovangardista e retranqueira achega un novo proxecto discográfico, “esixente e comprometido”, neste 20 aniversario do Bravú. Os Ulträqäns son bravú, música de raíz galega, punk tabernario, rock progresivo e loucura balcánica e demostrarano o venres 27 ás 22h30 na Sala Garufa Club da Coruña, cun concerto de presentación no que tamén participarán os inclasificables vigueses La Banda de Andrelo. "Cando asaltamos un palco", advirten os Ulträqäns, "a festa convírtese nun territorio devastado pola diversión". A entrada custará 7 euros.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Alborada e Animación este fin de semana con No Cómbaro
http://nocombaro.wordpress.com/2014/06/19/alborada-e-animacion-este-fin-de-semana-con-no-combaro/
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 14 )


Sábado 21 a partir das 9:00 Alborada nas festas de Freixeiro.


Domingo 22 animando os ciclistas do XVII Desafío Fragas do Eume.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Serán da Capela (Xil-Meaño)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=130852
(texto engadido o día 14/ / 6/ / 14 )


A Asociación Cultural Penaguda de Dena (Meaño), en colaboración coa Taberna de Cancela, organiza este ano o seu terceiro serán.

Para a ocasión o sitio elixido é o de estes últimos anos: a acolledora praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño).

Animamos a toda a xente que queira achegarse a botarlle unhas pezas e uns bailes.

O serán será a partir das 22:00 e ata que o corpo aguante.

Haberá chocolate quente e rosca de balde para os asistentes!!

Como Chegar: (do punto A: AP9 ao punto B: Capela das Angustias)

http://maps.google.es/maps


Na AP9 toma a saída 119 para incorporarte á Autovía de Salnés/AG-41 en dirección Cambados/Sanxenxo/O Grove
Unha vez na Autovia do Salnes, toma a saída 15 Dena/Meaño
Unha vez na rotonda que hai na saída so tes que guiarte polos carteis de señalización postos para o serán (carteis azuis).

Seguindo o enlace de arriba non tendes perda ningunha!

Festa rachada!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coanhadeira nas festas de Canda

(texto engadido o día 14/ / 6/ / 14 )


Sábado 14 de xuño , sobre as 23h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Foliada de Leiro

(texto engadido o día 14/ / 6/ / 14 )


O sábado 14 de xuño tendes unha cita no salgueiral en Leiro.
Porque xa sabedes, se queredes festa rachada vinde a nosa foliada!

A partir 19:00 contaremos con Xogos Populares, e concurso de Chave e Rá.

Mercado de productos artesanais.

As 20:30 chamada á festa a cargo dos Plateados de Fondós.

E as 21:30 comezo da Foliada ca actuación dos grupos.

En definitiva, moito baile e música, non quedará palleta sen mollar e pandeIro sen menear…. E ata que as nosas canelas aguanten! LUMEEE!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mil Festas Máis para a Lingua Galega, 20 de Xuño en Vilagarcía

(texto engadido o día 14/ / 6/ / 14 )


Venres, 20 de Xuño ás 20:30
Avda. Mariña, s/n-Vilagarcia


O grupo TREIXADURA, arredor do que xira este ano a campaña das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA, representa a exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclóre, despois de 25 anos de existencia e traballo a prol da recuperación da música tradicional galega. Velaí porque o próximo día 26 de xuño, en colaboración co concello de Vilagarcia de Arousa e a Secretaría Xeral de Política, levaremos a cabo a presentación da campaña no Auditorio do concello de Vilagarcía de Arousa situado na Avda. da Mariña ás 20:30 horas, nun acto que terá como colofón un concerto de TREIXADURA.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DO 10° ANIVERSARIO DOS VENRESPIRAR EN OURENSE, (no xardín do posío).

(texto engadido o día 13/ / 6/ / 14 )


Venres 13 de xuño

As 19:00 Venrespiriño.
As 20:00 Obradoiro de iniciación ó baile tradicional.
As 20:30 Comezo da festa cunha vintena de grupos ata que o corpo aguante!!


 


Non hai mariscada, pero si grande Foliada, non haberá nominados pero si moitos convidados, comparte o "Legado TRAD" cos colegas cos que gostas de partilhar os grandes momentos da tua vida, já sabes ponto de encontro nocturno de pessoas, músicas e baile, ainda precisas mais complicidade??? Ven ghastar pista, agardámoste!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa fin de curso de A Fervenza de Ouzade 2014
http://carreiros.blogspot.com/2014/06/festa-fin-de-curso-2014.html
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 14 )



Un ano máis asociación celebra a FESTA de fin de curso das clases de música e canto tradicionais que se desenvolven todos os sábados no local social de Ouzande. O curso que agora finaliza volveu ter unha notable participación nestas clases, superando as sesenta persoas, de todas as idades, nas disciplinas de: gaita, tambor, pandeireta acordeón e cancións tradicionais.Convidámoste a unha foliada para o sábado 21 de xuño a partir das 9 da tarde no campo da festa. Convidaremos tamén a uns pinchos a todos os asistentes. (Se queres, podes achegarte a partir das 8 e cuarto para ir preparando todo) Non esquezas traer o teu instrumento musical. Están invitados todos os veciños e veciñas da parroquia e cantos amigos desexen vir.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2ª Foliada Santa Palleta (As Pontes)
http://nocombaro.wordpress.com/2014/06/06/2a-foliada-santa-palleta/
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 14 )



 


 








Devot@s de Santa Palleta!! Xa temos ás portas o voso día!!

SÁBADO 14 DE XUÑO, SANTA PALLETA NOS COLLA AFINADOS!!


POLA TARDE, DENDE AS 18:00 hs.

Con todos os devot@s que nos xuntemos faremos un percorrido barístico dende o centro de As Pontes ata a Cafetería Lar, levando a Santa Palleta e San Pipote (lembrade que os imos a irmandar nesa noite) no remolquillo dun motocultor para que se vaian coñecendo, e ó mesmo tempo ensinándolles lugares de lecer como poden ser os os bares ponteses dos cales a nosa Santa e ben coñecedora.

A quedada ás 18:00 hs. é na Caseta do Parque, no parque do Campo da Feira. Animádevos devot@s, que haberá que facer unha boa “procesión”!!!!


POLA NOITE, DENDE AS 21:00 hs.

Tras chegar ó Lar despois da pasear a Santa Palleta e San Pipote, ás 21:00 hs comezarán os concertos que lle dan todo contido a esta festa da Santa Palleta. Un total de 18 grupos subirán ás tarimas do Lar. Este ano contaremos cunha carpa para albergarnos das fresca da noite, porque polo resto o bo tempo témolo asegurado.

Haberá boa mantenza para os bandullos coa pulpeira-churrasqueira que se instalará no recinto, e a prezos populares.

Ás 23:40 hs. faremos un alto nas actuacións para dar paso á tan agardada procesión da Santa Palleta. Que este ano será “paseada” polas catro seguintes cofrades elexidas por unanimidade polas Confradía da Santa Palleta: Raquel Cabarcos (No Cómbaro), Sara López (Os Feroces/Banda de Gaitas Alfaia), Carolina Leal (Os Feroces/Muxarega) e Zulema Chao (O Garabato dos Trasnos).

Durante a procesión interpretarase o pasodoble Cabezudos a cargo de todos os gaiteir@s, pandereteir@s, tamborileir@s, etc. que se queiran sumar á procesión.




 







...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sardiñas e música tradicional para celebrar o Santo Antonio:::
http://ouzande.blogspot.com/2014/06/sardinas-e-musica-tradicional-para.html
(texto engadido o día 13/ / 6/ / 14 )


O venres 13 de xuño celébrase en Ouzande a festa de Santo Antonio.
As actividades festivas comezan ás 21h cos actos relixiosos en honra do patrón dos animais e dos namoros.
Seguidamente, contra as 22h, no Campo da Festa dará inicio unha gran sardiñada gratuíta.

Os manxares van estar acompañados pola música de tres formacións musicais:
O Regato de Matamulleres,
Retrouso e
Recanto.

 O Regato de Matamulleres toma nome do lugar homónimo de Callobre onde naceron aló por 1995. Segundo eles mesmos afirman, fan música limpa e "á súa maneira" procurando ser eles mesmos os primeiros en se divertir no escenario para transmitilo ao público. O repertorio recolle pezas tradicionais e versións de grupos consolidados como Quempallou, Susana Seivane, Os Carunchos ou Treixadura. Algunhas pezas son de produción propia.

Retrouso é o grupo nacido das clases de gaita e música tradicional de Ouzande, xa teñen no mercado un disco co mesmo nome da parroquia "Ou". Teñen unha axenda moi apretada, sendo os animadores de numerosas festas e romarías tanto na comarca como por Galicia adiante e mesmo no estranxeito. Retrouso toca música tradicional moi mimada e moi festeira coa que consiguen que o público baile e se divirta a ritmo de xotas, muiñeiras, pasodobles, valses ou rumbas.

Recanto é o grupo de canto tradicional nacido das clases de canto da Fervenza de Ouzande. Naceron ao pé do Muíño do Rubio durante unha "noite no muíño" e pola necesidade de ter un repertorio común para cantar xuntos. Ao pouco xa estaban recibindo clases da man de Marcos Varela e en poucos meses xa se deixaron escoitar no certame de Cantos de Taberna de Pontevedra. Nos últimos meses participaron en certames como os cantos de taberna da Estrada ou Arzúa.


A festa de Santo Antonio é coñecida popularmente en Ouzande como "A Sardiñada", está organizada pola Comisión de Festas (Xunta Parroquial) e constitúe a primeira festa "de verán" da aldea.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]