Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Noite dos encantos na furna, Corme

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 14 )


Venres 29 de agosto
Praia Do Osmo, Corme


Entre pitos e frautas, entre pedras e area, hoxe podemos dicir que a Noite de Encantos da Furna cumpre 15 anos. Se botamos unha ollada atrás ninguén daba un peso por este concertazo, pero orgullosos e felices este 2014 celebramos o noso 15 aniversario.

Como xa sabes este evento festéxase no pobo mariñeiro de Corme, unha gran vila da Costa da Morte. Para chegar o concerto da Noite de Encantos debes de camiñar pola praia do Osmo, atoparaste cunha pequena ponte de madeira que cruzaras sen saber o que se agocha tras ela, levarate a un mundo imaxinario; chegarás a praia da Furna. Non te asustes se a túa cara se enche cun sorriso, é normal, tanta beleza xunta fará que te sintas ledo. Seguindo o camiño marcado polas candeas que alumean as túas pegadas, encontraraste co pequeno escenario, que nesta noite tan incríbel se fará xigante debido os grupos que pasarán por el.

Os afortunados en facerte vibrar e gozar dunha festa rachada son: Pan de Cabazo, Evelyn Cornejo, Labregos do tempo dos Sputniks, Patxaranga e os nosos amigos os Folkólicos. Sentiraste coma un neno bailando, trouleando e brincando na area, pero non te cortes, deléitate coa noite e deixa que os encantos da Furna che fagan sentir ben, desconecta do exterior e déixate levar por este mundo imaxinario. Esta será a noite onde os trasnos e as fadas se poden ver neste enclave cormelán.
Cando chegues a casa despois do concertazo, non esquezas encher un frasco con aquela area que saques dos playeros, pois así poderás contarlle os teus netos que ti estiveches na décimo quinta edición da Noite de Encantos da Furna.

Por último queremos dar as grazas a cada un de vós, e aquelas persoas que fan isto posible, persoas cheas de ilusión e gañas, que contra vento e marea, loitan por facer...por crear...por soñar...con algo distinto, sempre de maneira humilde e desinteresada. Eses “encantiños” que dende o principio, deixamos a un lado e olvidámonos dos fins lucrativos, dos fins que esta sociedade nos impón, o que queremos é demostrar que ca colaboración e axuda desinteresada de moitos se pode crear algo tan maravilloso coma isto, nun lugar espectácular, con moi boas enerxías, e cun futuro moi interesante que está por vir. Sempre, respetando os infinitos recursos naturais dos que gozamos na nosa terra: o noso mar....o noso vento...as nosas praias...as nosas rochas.....un sin fin de cousas que fan que nos podamos sentir orgullosos de pertencer a este lugar máxico e privilexiado, cheo das mellores sensacións e enerxías.

Grazas camaradas, a loita fainos avanzar.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sesión Bravú no barrio de Novo Mesoiro (A Coruña)

(texto engadido o día 26/ / 8/ / 14 )


Martes 26, ás 20,00h, no Pizz&Music de Novo Mesoiro, GRAN SESIÓN BRAVÚ

- Presentación do Novomesoifest 2014 coa participación dos Diplomáticos de Monte Alto
- Presentación de NON TEMOS MEDO, por Rodri Suárez
- Parolada "Apoloxía do Monte do Muíño", por Xurxo Souto e Omar Rabuñal
- Presentación e proxección de "CHAMÁBANLLE FEÁNS", a mediametraxe do realizador Omar Rabuñal
- Fin de festa con Chiptunes de Pulpiño Viascón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Festa da Pandeira en Piornedo
http://festadapandeira.wordpress.com/
(texto engadido o día 22/ / 8/ / 14 )


Sábado, 23 de Agosto de 2014

13:00 horas: Chegada das participantes. Interpretaciois de pezas nas rúas e nas cantinas.

14:00 horas: Xantar de homenaxe ás tocadoras, no local da A.C. O Teixeiro (con invitación).

17:00 horas: Actuaciois das tocadoras e colaboraciois musicais, no Quintairo das Ovellas.

20:00 horas: Actuaciois improvisadas (ábrese o palco a cualquer que queira tocar).

22:00 horas: Baile, no local da A.C. O Teixeiro (podes bailar e tocar os teus instrumentos!). E dispois… Chocolatada!

En Piornedo, Donís (comarca dos Ancares).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Festival do Castro 2014 - Pantón
http://www.festivaldocastro.com/
(texto engadido o día 22/ / 8/ / 14 )


Dende as 11.00 horas Feira de Artesanía durante todo o día, con todiño o preciso, barro, coiro, prata, macramé,…

A partires das 13.00 horas Vermú Gaiteiro, foliada con gaita ou calquera instrumento aberto á participación libre e convite á 1ª volta ós músicos!

Xantar Popular ás 14.00 horas, ós prezos de 12 euros e 8 euros para <12 anos na modalidade anticipada que rematará hoxe, o sábado o prezo será de 14 euros e 12 euros <12 anos no propio posto da organización, tamén podes reservar no 676 545 776 telefonando. O menú, non ten fallo, a fartar de empanada, pementos de Herbón, carne ó caldeiro, lamboadas e refresco, viños D.O. Ribeira Sacra, e café de pote con gotas!

Café-concerto ás 16.30 horas, exercicio de reanimación dixestiva ó cargo do Ce Orquestra Pantasma, o Ironman de moda nos festivais galegos!

Actividades de tarde, especiais para o público miudo, dende as 18.00 horas nas costas do Castro. Con Peter Punk, estilo clown e gañador do Mundoclown 2008 e do Festiclown Rivas-Vaciamadrid e, de seguido, Manicus co espectáculo Manualidades, malabares, teatro físico, paiaso, danza e pantomima, obrigado participar!

Anoitecer no Castro, ás 22.00 horas, nas costas do Castro, nun escenario de luxo e tralo éxito da edición anterior, desta volta con Habelas Hainas, música tradicional da terra nosa, se as escoitas saberás que o conto é certo…
Concertos do Festival do Castro, dende as 23.30 horas, o forte do festival, unha das edicións de verdadeiro luxo, insistimos, non se pode dar máis e mellor! Un cartel mundial, atómico;

Korrontzi, banda vasca que estoupará o folclore vasco arredor da trikitika (acordeón diatónico), aclamados aló onde van!

Os Caralludos, grupo da comarca de Lemos, poñerán a música nos cambios e na carpa do Festival, novos talentos de pura D.O. Ribeira Sacra!

Os Diplomáticos de Monte Alto, o rock bravú dende 1989 e grupo de referencia deste movemento, será a única vez que os verás na zona, podes perdelo???

Eskorzo, banda granadina de rock, reggae, funk, música balcánica, drum&bass, afrobeat, jazz en xira no Amenaza Fantasma tour 2014, son uns incendiarios!!!

Zënzar, rock clásico con influencias punk, heavy e tradiciónais, dende Meirama na súa xira de 25 aniversario!

Xenderal poñerá a despedida do concerto, canta ragga, rap e beatbox, un pioneiro deste estilo en Galiza e claro defensor do hiphop.

E como sempre aínda non rematará a festa, chegaremos á mañá cedo con Sapoconcho sen Concho!!!, este será o no DJ de cabeceira nesta edición.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Festival Folclórico en Peitieiros (Gondomar)
http://infogauda.blogspot.com/2014/08/peitieiros-gondomar_21.html
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 14 )


Fonte: Infogauda

Este venres 22 de agosto ás 20:00h. no Centro Cultural remata a Semana Cultural organizada polo Centro Cultural de Peitieiros, cunha charla e mostra do Traxe tradicional a cargo da deseñadora e costureira de traxes tradicionais galegos Patricia González. Os seus traxes teñen aires renovados, mais mantendo a esencia do século XIX e principios do XX. Patricia González tamén elabora fundas de moitos instrumentos musicais, entre eles gaitas. Esta costureira da parroquia de Saiáns, en Vigo, leva 18 anos impartindo clases de costura tradicional. Patricia González tamén é pandereteira e integrante do grupo Zurrumalla.

 A Semana Cultural que remata este venres é o preludio do XXI Festival Folclórico Internacional que se desenvolverá no adro de Peitieiros o sábado 23 de agosto. O Festival comezará xa ás 12 da mañá con obradoiros diversos de baile e música abertos á participación de quen quixer achegarse. Os obradoiros serán de 12 a 14 horas durante a mañá e de 17:00 a 19:00 pola tarde e serán impartidos polos propios grupos participantes.
 A partir das 20:00h desenvolverase a parte central do Festival que abrirá o grupo anfitrión, Ecos e Agarimos. O grupo Ecos e Agarimos é a escola de música tradicional e baile do Centro Cultural de Peitieiros e conta con máis de 20 anos de traxectoria.
 Contaremos tamén coa participación do Rancho Folclórico CCR Sí£o Simí£o de Gouveia, procedente do concello de Amarante, no distrito de Porto (Portugal).
 A continuación actuarán as Pandereteiras Airiños do Sobreiro da Asociación de Veciños de Borreiros (Gondomar).


 Poñerá o broche ao Festival o grupo Xistra de Coruxo (Vigo), unha formación musical que naceu en 1988 como agrupación que pretende estudar, divulgar e actualizar as melodí­as tradicionais do Sur galego. En todos estes anos Xistra ten actuado en todo o noso paí­s, mais tamén en toda Europa, tendo publicados xa cinco discos. O último en ver a luz: "A Charurga" será presentado en Peitieiros.
 "A Charurga" é un disco con 16 temas en que Xistra volve propoñer un novidoso xeito de difundir a música popular galega. Como eles mesmos manifestan "son melodí­as e ritmos popularizados por cuartetos, murgas, charangas e mesmo por aquelas incipientes orquestras da primeira metade do século XX que neste proxecto da Charurga da Xistra aparecen unificadas, reharmonizadas e reinterpretadas dun xeito libre."
 Xistra de Coruxo promete diversión e troula, os mellores ingredentes para rematar o XXI Festival Folclórico Internacinal de Peitieiros, pois " O "produto-xistra" é de marcado matiz bailable e participativo; o que fai dos seus directos unha verdadeira incitación á troula e ao disfrute”
 O XXI Festival Folclórico Internacional de Peitieiros conta coa colaboración do Concello de Gondomar e a Comunidade de Montes de Peitieiros.INFOGAUDA: UN ESPACIO DE INFORMACIóN TRANSFRONTEIRIZA

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV festa folc de Vilariño (Cangas)

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


Sábado 16 de agosto a partires das 22.00h.

Comeza a noite cunha Muiñeira Colectiva (haberá obradoiro de baile no local social da aldea) na praia, ao son da peza composta no 2011 polo gaiteiro Anxo Gago para a aldea de Vilariño , que dará paso ao concerto folk, coas actuacións da Xistra, Os Cempés, O Sonoro Maxín e La Tarrancha



Organiza A. C. O Gato

Colaboran na Muiñeira Colectiva: Anxo Gago, Peis d'hos, Banda de Gaitas Tromentelo, Grupo de Danza Ximalveira, Asociación Cultural Lembranzas da Ría, Soavela e o grupo de baile de Vilariño)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación folk/trad nas festas da Peregrina Pontevedra 2014

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


Sábado 9 de agosto
• 12.30 Pasarrúas a cargo das agrupacións folclóricas: Gaiteiros das Rías Baixas, Barbude, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Os de Algures, Grupo Foula, Duos Pontes e Celme.
• 13.15 Actuación nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas: Gaiteiros das Rías Baixas, Barbude, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Os de Algures,Grupo Foula e Celme

Luns 11 de agosto
• 13.00 Actuación do grupo Chouteira e Os de Algures nas prazas e rúas da cidade

Martes 12 de agosto
• 13.00 Actuación do grupo Dolmen e Gaiteiros das Rías Baixas nas prazas e rúas da cidade
• 20.30 Obradoiro de Danzas Atlánticas. Asociación Cultural Trépia. Praza de Santa María
• 21.00 Concerto da Roda e a Banda de Música de Pontevedra. Praza da Ferraría

Mércores 13 de agosto
• 12.00 Actuación do grupo Os de Mourente e Cantareiras Leitaregas nas prazas e rúas da cidade

Xoves 14 de agosto
• 12.00 Actuación do grupo Xoldra e Cantareiras de Aturuxo Pequeno
• 20.30 Obradoiro de Danzas Atlánticas. Asociación Cultural Trépia. Praza de Santa María
• 22.00 Cantos de Tabernas: Ghusto do Boi e Abódriga. Tabernas do centro histórico (Rúa da Ponte, Sabela II, rúa Real e Soportais)
• 22.30 Concerto de Milladoiro. Praza de España

Venres 15 de agosto – Santa María
• 11.15 Actuación do grupo Os Alegres e Os de Algures e Cantareiras Leitaregas
• 17.30 Xogos e tradicións populares. Avenida de Santa María
• 22.00 Cantos de Tabernas. Maravallada e Regato de Matamulleres. Tabernas do centro histórico (rúa Sabela II, rúa Princesa, rúa dos Ferreiros e avenida de Santa María).

Domingo 17 de agosto
• 12.15 Pasarrúas a cargo da charanga Apeles e do grupo Os de Mourente e Gaiteiros das Rías Baixas
• 21.00 Concerto de Sés. Praza da Ferraría
- Milladoiro- A Roda -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Derradeiros concertos de Marful: Redondela e Lugo (San Froilán)

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


Redondela, Casa da Torre. Sábado 16 de agosto ás 22:30h
Lugo, Praza de Santa María, Festas de San Froilán. Mércores 8 de outubro, 21h.

“Que pasa cando se xuntan catro talentosos músicos procedentes de
diversas tendencias musicais?
Poden pasar Marabillas Auténticas, Revolucionarias e Funanbuleras,
Unicas e Libres: MARFUL”.

Marful é un grupo fóra do común, que abriu unha brecha estética no
país, logo seguida por outros. Combinan ritmos bailables procedentes
de América e europeos: tangos, habaneras, fox, jotas, pasodobres,
twist.... con letras actuais, rompedoras, soñadoras, intelixentes. Un
traballo que fixeron desde Compostela, a cidade na que viven, que
concentra en si esta mestura de ritmos rurais e vilegos, e da que eles
teñen unha visión caleidoscópica.

Co seu primeiro traballo (2001) Marful converteuse nun grupo de culto
da música galega. Foi mellor disco do público por votación na Radio
Galega e vendeu nun ano máis de 5.000 copias. Con el representaron a
Galiza no Womex e en diversos festivais de world music do mundo. O seu
segundo disco, Manual de Sedución, esgotou a súa primeira edición ao
mes de saír. A súa presentación na Casa da Música de Porto supuxo un
fito: foron o primeiro grupo galego en actuar no templo da música
portuguesa. Con el percorreron Galiza e Europa nunha singular “Xira
Surreal”, tocando incluso no Parlamento Europeo. E, desde entón, foron
xa ofrecendo adiantos do que sería o seu terceiro disco, previsto para
este 2014, mais a vida deulle unha volta a Ugia Pedreira, a cantante,
que anunciou recentemente que baixará dos palcos por unha longa
temporada despois do verán.

Marful son Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual
(acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinete baixo). A voz de Ugia
Pedreira é considerada unha das máis transgresoras e vangardistas da
música galega actual. Non se pode encadrar en ningún xénero: vai do
feminino ao masculino, do dulce ao desgarrado, do calmado ao
irreverente, sendo capaz de comunicar o máis intrínseco dunha
composición e sacalo á luz dunha forma natural, sen esforzo. Marcos
Teira é un maestro da guitarra flamenca. Compositor e arranxista ten
levado ese instrumento desde Galiza ao mundo, tanto cos seus discos en
solitario como dentro de bandas e proxectos colectivos diversos. Neste
momento está vivindo e traballando en Rotterdam. Pedro Pascual,
ademais de ser o maestro indiscutíbel do acordeón diatónico en Galiza,
é compositor, arranxista e produtor. Das súas mans saíron discos que
constitúen o mellor da música galega contemporánea. Xunto co seu irmán
Pablo Pascual, compuxeron músicas e colaboraron con artistas de fama
nacional e internacional. Pablo ademais é luthier e crítico de músicas
populares e jazz en diversas revistas.

- Marful -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII Festa Galega de Malpica

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


14, 15, 16 e 17 de agosto de 2014
Feira Medieval Mariñeira

Concertos:
Venres 15: Vai Rañala Meu, Os Sons do Vento, Samarúas, Fol de Veneno
Sábado 16: Quempallou, Treixadura, Sés
- Quempallou- Treixadura- Fol de Veneno- Samarúas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Unha noite no muíño da Fervenza de Ouzande
http://www.catrogatos.com/2014/08/coma-todos-os-verans-unha-noite-no-muino-da-fervenza-de-ouzande/
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


Fonte: Catrogatos.com

Este sábado 16 de Agosto celebrase unha nova edición de UNHA NOITE NO MUIÑO.

A Partir das 10 da noite no Muiño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.

Haberá festa e música para unha noite de convivencia e lecer.

Hai que levar a cea e gana de pasalo ben.

É imprescindible levar linterna para o camiño, onde poderás levar algunha que outra sorpresa.

Estás convidado/ Estás convidada.


Na Festa do Muiño poden participar todolos veciños e os seus amigos tamén. Para que queira ir “ben preparado/a” convocamos unha sesióm de maaquillaxe para ser caracterizado de meiga/o da fervenza.

A partir das sete da tarde no local do campo da festa de Ouzande. Levar roupa negra (Dirixido sobre todo os rapaces e rapazas, pero para todalas idades)

AC A FERVENZA DE OUZANDE
Carreiros.blogspot.com

Redacción: Fervenza de Ouzande / Fotografía: Aroa Martínez




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de Couso - As Nosas Músicas (A Estrada)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3210:festival-de-couso-as-nosas-musicas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


A asociación a Xesteira xa ten preparado o festival de Couso As Nosas Músicas, será o 14 de agosto no campo da festa de Couso (A Estrada). Haberá xogos tradicionais ó longo da tarde e un obradoiro de baile para rematar a mesma. A noite estará amenizada polos grupos Pandeireteiras de Toutón, Os Carapaus, Radio Cos, Os D’abaixo e Calandracas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa de Xosefa na Gentalha (Compostela)
http://gentalha.org/2014/08/festa-de-xosefa/
(texto engadido o día 8/ / 8/ / 14 )



No 20 Aniversario do Bravú nom podia faltar a homenagem a umha mulher brava como Xosefa de Bastavales!!! 13 de agosto a partir das 19h, as Garotas da Ribeira, Marisol Manfurada e Sofia de Labanhou acompanharam à propia Xosefa numha tarde/noite de música e arroutada!!!




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O XXVIII Festival da Poesia no Condado reclama umha economia social

(texto engadido o día 7/ / 8/ / 14 )


Nota de prensa

Salvaterra de Minho acolhe o encontro nos dias 5 e 6 de setembro

 

O XXVIII Festival da Poesia no Condado reclama umha economia social


O mês de setembro leva a Salvaterra o Festival da Poesia, do que a Socidade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado apresenta agora o programa. Todas as artes, especialmente as escritas, toman forma nesta XVIII ediçom do festival com a reivindicaçom de umha economia social que evite a exploraçom do meio e das pessoas para “Escrever nas margens” do capitalismo depredador un sistema mais humano.


Como vém acostumando, o Festival da Poesia reparte-se em duas jornadas, sexta-feira, 5, e sábado, 6 de setembro. Começa na tarde do dia 5 com a projeçom do documentário Pacios. As fotos da memoria, que apresenta o seu director, Manuel Darriba. Continua com a abertura das exposiçons colectivas ‘Elas som eu’ e ‘Matricas’, e culmina com a Noite nas Minas, na que atuam Blues do País. Esta actividade é a única de pagamento de todo o festival; o seu aforo é limitado e tem um preço reduzido (8€) para pessoas desempregadas (a entrada normal custa 10€). As entradas estám à venda em info@scdcondado.org ou no 646 959 587. A festa segue fóra das Minas com a actuaçom da Fanfarria Taquikardia e com a pinchada de Bigote Mix.


O groso de actividades chega no sábado. Começam de manhá com um passa-ruas e a montagem da feira de artesanato e colectivos, que este ano estará centrada nas finanzas éticas e na economia social. Ao meio dia haverá que escolher entre participar no Campionato de Bilharda ou na mesa redonda de projectos de economia social (bioconstruçom, horta e banca ética).


O grupo de teatro Tanxarina vai-se encarregar de animar a Festa Infantil desde as cinco da tarde, quando se retoma a actividade. Quando remate volverá o espaço para o audiovisual, com a projeçom das curtas Polas Bravas e umha selecçom das premiadas no Festival de Cans.


À noitinha, sobre as 21:00, o Leo i Arremecághona sairá ao cenário para apresentar o XVIII festival poético-musical, no que, como sempre, música e poesia irám alternando a sua apariçom. Depois da apresentaçom, repressentantes do colectivo ‘De volta para Loureda’ lerám o limiar da antologia poética do festival, escrito por Carlos Calvo, preso na cadeia de Topas, en Salamanca. Participam no recital poético Xabier Cordal, Ismael Ramos, Alicia Fernández, Berta Davila, Paula Carballeira, Teresa Moure, Concha Roussia, Xesús Rábade, Koki, e, desde Portugal, José Viale Moutinho e Marília Miranda. O apartado musical protagonizam-no A Quenlla, Fortuítos, Sés, The Tetas Van e Liska.


O programa completo, e algumha informaçom complementar, está na página web da SCD Condado: www.scdcondado.org. A organizaçom agradece a difusom desta informaçom, com a que se ajuda a difundir a cultura popular e de base e a manter viva esta iniciativa.


- Festival da Poesia no Condado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXI FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS

(texto engadido o día 29/ / 7/ / 14 )


Sábado, 2 de Agosto de 2014


A partir das 6 da tarde:

- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
-Grupos da A.C. Brisas do Quenllo
-Asociación de música e danza T. Queiroa

A partir das 9 da noite:

-Peregrino Gris (Costa Rica)
-Budiño (Galicia)
-John Whelan (USA)
-Calum Heikki (Irlanda)
-Rioboo (Galicia)

Acceso: 7€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancions de cada grupo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas María Pita 2014 - Música galega / folk / tradicional

(texto engadido o día 29/ / 7/ / 14 )


LUNS 21 XUllO
MÚSICA NOS XARDÍNS: ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE 20:30 h. | Xardíns de Méndez Núñez

MARTES 22 XullO
MÚSICA NOS XARDÍNS: ASOCIACIÓN MUSICAL E CULTURAL CANTABILE
20:30 h. | Xardíns de Méndez Núñez


MÉRCORES 23 XUllO
MÚSICA NOS XARDÍNS: ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE 20:30 h. | Xardíns de Méndez Núñez


XOVES 24 XullO
MÚSICA NOS XARDÍNS: AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA ATURUXO 20:30 h. | Xardíns de Méndez Núñez

SÁBADO 26 XullO
MÚSICA NOS XARDÍNS: ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA
SOCIOCULTURAL CANTARES GALLEGOS 20:30 h. | Xardíns de Méndez Núñez

MARTES 29 XUllO
MÚSICA NOS XARDÍNS: CÁNTIGAS DA TERRA 20:30 h. | Xardíns de Méndez Núñez


DOMINGO 03 AGOSTO
MÚSICA NO PARQUE: ASOCIACIÓN MUSICAL E CULTURAL CANTABILE
20:00 h. | Parque de Santa Margarida


MARTES 05 AGOSTO
MÚSICA NOS XARDÍNS: AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA ATURUXO 20:30 h. | Xardíns de Méndez Núñez


XOVES 07 AGOSTO
CONCERTO: MILLADOIRO E TIRULEQUE 22:00 h. | Praza de María Pita

VENRES 08 AGOSTO
“De aquí para alá”, Lydia Botana
18:30 h. | Praza de Pablo Iglesias | *se chove: Centro Cívico do Castrillón

VENRES 15 AGOSTO

O sonoro Maxín
13:30 h. | Praza de Pablo Iglesias | *se chove: Centro Cívico do Castrillón

CRISTINA PATO
22:00 h. | Praza de Pablo Iglesias


DOMINGO 17 AGOSTO
XACARANDAINA
22:30 h. | Praza de María Pita


MÉRCORES 20 AGOSTO
MÚSICA NOS XARDÍNS: GRUPO DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL “ALXIBEIRA”
20:30 h. | Xardíns de Méndez Núñez


DOMINGO 24 AGOSTO
MÚSICA NOS XARDÍNS: CANTIGAS DA TERRA
21:00 h. | Xardíns de Méndez Núñez

Noticia enviada por foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Día das Galegas nas Letras celébrase cunha festa colectiva na Estrada
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/dia-das-galegas-nas-letras-celebrase-cunha-festa-colectiva-na-estrada/20140729110127029572.html
(texto engadido o día 29/ / 7/ / 14 )


O Día das Galegas nas Letras xa ten programa e escenario. O vindeiro 15 de agosto no Areal de Berres, na Estrada homenaxearase a Dorothé Schubart cunha festa colectiva na que participarán Mercedes Peón, Paula Carballeira, Isabel Rei e Habelas Hainas entre outras. 


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Concurso de Cantos de Taberna na Guarda
http://fuscalho.blogspot.com/2014/07/ii-concurso-de-cantos-de-taberna_24.html
(texto engadido o día 27/ / 7/ / 14 )


Quarta (mércores) 6 de agosto na Guarda, dentro da programaçom para as Festas do Monte do Fuscalho.

- Máximo de 8 participantes por coro.
- Máximo de 3 instrumentos por coro.
- Cada coro deverá interpretar umha peça em 4 bares. Nom é obrigatorio preparar umha peça distinta para cada bar.
- Os bares onde cada coro interpretará as suas peças será comunicado no mesmo dia do concurso a hora do começo, quedando todos os coros, às 20:00, em um ponto de encontro por determinar.
- Os resultados do concurso comunicaram-se ao remate deste no Fuscalho, onde terá lugar umha foliada aberta a todo o mundo que queira participar.
- Aponta o teu coro chamando ao 605-789-915 ou escrevendo a csfuscalho@gmail.com.

Por umhas festas galegas e populares!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación-Festa do libro biográfico dos Diplomáticos de Monte Alto
http://www.festivaldocastro.com/index.php?option=com_content&view=article&id=115:presentacion-festa-do-libro-biografico-dos-diplomaticos-de-monte-alto-non-temos-medo-de-rodri-suarez
(texto engadido o día 27/ / 7/ / 14 )


A Asociación Cultural O Castro ten o pracer de convidarvos a participar no evento que promociona, dentro dos previos ó Festival do Castro, a Presentación-Festa do libro de Rodri Suárez “Non temos medo. Historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto”. Dito evento terá lugar este xoves 31 de xullo de 2014 ás 20.00 horas, no Edificio Sociocultural e Xuvenil de Ferreira de Pantón.
No acto intervirán membros destacados dos Diplomáticos, así contaremos coa participación do autor Rodri Suárez e o inimitable Xurxo Souto, tal e como é acostumado neste tipo de “actos” poderemos agardar calquer sorpresa polo que é imprescindible achegarse ata acó para vivir o momento, unha sesión bravú para conmemorar 20 anos de ruta coa proximidade e calor que sempre dan os protagonistas en primeira persoa e que seguro terá un remate musical abafante.
O que deu en chamarse “Bravú” conforma un xeito de expresión característico de sermos galegos e galegas, que chega fondamente ata a propia autoestima e, sen dúbida, serve para entender a adaptación actual de moitos eventos festivaleiros do país.
Malia estaren con nos parte deles este xoves 31 de xullo, non será ata o 23 de agosto, no concerto do Festival do Castro cando, poidamos desfrutar da actuación dos Diplomáticos de Monte Alto en rigoroso directo, así que se non podes agardar ó Festival terás que pasarte por Pantón á Presentación-Festa!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Día da Patria en Cambados
http://atimeucambados.blogspot.com/2014/07/a-praza-de-alfredo-branas-celebra-o-dia.html
(texto engadido o día 25/ / 7/ / 14 )


FALTRIQUEIRA, O GRUPO DE PONTEDEUME, OFRECERÁ E MELLOR DO SEU REPERTORIO AOS CAMBADESES.

O venres 25 de xullo,en colaboración os establecementos Brothers, A Leria e Baloca Bar, ofrecenos un verdadeiro concerto de luxo para os que amamos a musica folk, a música do pais fusionada con outras músicas internacionais, nada mais e nada menos que o agora trio de Pontedeume, FALTRIQUEIRA,  a festa empeza as 10.30 da noite.

- Faltriqueira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Cultura en Vigo
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3175:festa-da-cultura-en-vigo&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 25/ / 7/ / 14 )


Quinta edición da Festa da Cultura de Vigo que organiza á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e que é patrocinada en exclusiva polo Concello de Vigo.

Vai ter lugar os días 24, 25 e 26 de xullo na Porta do Sol de Vigo. Haberá actuacións musicais, de teatro, desfiles, mostras de artesanía e concertos.

xoves 24
Vrienden, Cuarteto Caramuxo e Crema de gaita

venres 25
Filobia, Paracetamol e Fanfarria Takikardia

sábado 26
Banda de gaitas Xarabal, Anxo Lorenzo, Peregrino Gris

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]