Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Serán e concerto da banda da Agrupación Musical do Rosal na Pilarica
http://noticiasorosal.blogspot.com/2014/10/seran-e-concerto-da-banda-da-agrupacion.html
(texto engadido o día 10/ / 10/ / 14 )




Informa: Agrupación Musical do Rosal




Este venres 10 de outubro, a partires das 22:00 horas, SERÁN na Praza do Calvario do Rosal, con moita música tradicional.


 

CONCERTO DA BANDA: Con motivo das Festas da Pilarica e do Cabaqueiro, a banda da Agrupación Musical do Rosal ofrecerá un concerto este domingo 12 de outubro ás 20:00 horas, na Praza do Calvario.

 

(Estará instalada unha carpa por se o tempo non acompaña)





...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Marful despídese dos escenarios
http://marful.info/info/100821_manual-de-seducion/marful-despidese-dos-escenarios/
(texto engadido o día 10/ / 10/ / 14 )






Despois de catorce anos de camiños, nos que puxeron en valor o patrimonio musical urbano da Galiza,


De catorce anos de viaxes, nos que restauraron para un novo público os innumerables salóns de baile espallados polo país,


De catorce anos de descubrimentos, nos que levaron a súa música a centos de lugares silenciados polo tempo e pola historia,


De catorce anos de expedicións, nos que trouxeron a emoción e a intensidade das músicas de ultramar aos palcos galegos,


De catorce anos de ser auténticos pioneiros no achegamento da cultura galega a verdadeiros templos da música, coma a Casa da Música do Porto.


Marful despídese con dúas citas que prometen inesquecíbeis:


O vindeiro mércores 8 de Outubro, as 20:00h na Praza de Santa María de Lugo, no marco das festas do San Froilán, concerto co Sexteto, xunto a José Manuel Díaz, ao contrabaixo e Leandro Deltell, á batería.


E o venres 10 de Outubro, nunha cita máis íntima, as 21:00h, concerto no Hotel NH Collection de Compostela, na Avenida do Burgo das Nacións. As entradas para esta cita estarán á venda no propio Hotel e no restaurante O 16, na rúa San Pedro de Compostela.


- Marful -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Narahío

(texto engadido o día 8/ / 10/ / 14 )


A A.V.V. “O Castelo de Narahío” e Os Cempés convídanvos a gozar do Baile 100% e aprender de xeito sinxelo e divertido todos os pasos nun obradoiro guiado.

O Baile 100% terá lugar o sábado 11 de Outubro de 2014 no Local da Veiga en Narahío, a partir das 19:30H.

Poderán participar persoas de todas as idades e sen experiencia. Pasodobles, valses, mazurcas, chotes, muiñeiras ou carballesas explicadas por un guía de baile nunha actividade na que a forma física non é importante, só as ganas de pasalo ben.
O Baile 100% son agarrados, soltos e bailes participativos en roda, divertidos e doados de aprender.

O obradoiro de baile comezará ás 19:30H. Prégase puntualidade para poder participar de todos os ritmos e pasos. Ás 22:00H dará comezo a gran festa do Baile 100% con Os Cempés, na que se porá en práctica todo o aprendido.

Para as persoas que participen nas dúas actividades a Asociación de Veciños “O Castelo de Narahío” convídanvos a unha saborosa merenda para repoñer forzas ao remate do obradoiro.

Músicos:
Antón Varela: Gaitas, Oscar Fernández: Zanfona e cavaquinho, Roberto Grandal: Acordeón, Serxio Cés: Canto, saxo, pandeireta, bombo e guía de baile

Colaboración:
Obradoiro: 5€
Baile 100%: 5€
Obradoiro + Baile 100% + merenda: 10€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Leilía en Vigo
http://infogauda.blogspot.com/2014/10/cultura_7.html
(texto engadido o día 8/ / 10/ / 14 )


(fonte:infogauda)

Vigo escoitará a Leilía cantar 'ConSentimento' o vindeiro venres 17


 Leilía volve a Vigo o vindeiro venres día 17 de outubro. Dentro da programación outubro/novembro do Concello, enmárcase este concerto de presentación do seu último traballo 'ConSentimento'. Será ás nove do serán con entradas, xa dispoñibles, a un prezo de 8 euros. “Neste espectáculo o grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes. Ademais, as Leilía agardan con agarimo este concerto, xa que “Vigo é una cidade que sempre nos acolleu moi ben”, apuntan.
 Así, o vindeiro venres 17, no Auditorio Municipal de Vigo e dentro da programación de outono do Concello de Vigo, o grupo de música tradicional Leilía regresa á cidade olívica para presentar o seu último traballo, 'ConSentimento'. Fano despois de teren xirado polo Brasil, onde tiveron a oportunidade de “amosar un espectáculo no que as voces foron as protagonistas, acompañadas por instrumentos tradicionais: pandeiretas, tixolas, latas, sachos... cunha fantástica acollida por parte do público e que se convertiu nunha experiencia gratificante para a formación”, afirman as pandeireteiras.    
 Xa pasaron uns anos dende que Leilía actuou en Vigo a raíz do espectáculo 'Son de Aquí', cando xunto con Treixadura e da man de Quico Cadaval fixeran todos xuntos unha"festa" enriba do escenario facendo soar pandeiretas, gaitas, acordeóns e voces. Desta volta, as cantareiras chegan á cidade para presentar os temas de 'ConSentimento', unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. 
 Neste concerto poderemos escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, afirman desde o grupo. 
 Para poder asistir ao dito concerto, as entradas xa están dispoñibles, a un prezo de 8 euros, para a venda online en taquilla.servinova.com así como a través do teléfono 902 504 500 ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26, Vigo). Ademais, poden adquirirse tamén unha hora antes do inicio do espectáculo no mesmo Auditorio Municipal vigués sempre que aínda houbera entradas. 
 Tal e como apuntan as cantareiras, “Vigo é una cidade que sempre nos acolleu moi ben”. Foron numerosas as actuacións de Leilía nesta cidade, tales como presentación de discos, concertos en espazos abertos como o parque de Castrelos, e en lugares tan emblemáticos e especias como o antes chamado Teatro García Barbón. Esta vez teñen a oportunidade de se estrearen no Auditorio Municipal, “o que para nós é unha honra”, conclúen.
- Leilía -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura celebra os seus 25 anos coa gravación dun disco ao vivo
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/treixadura-celebra-seus-25-anos-coa-gravacion-dun-disco-ao-vivo/20140912155300030531.html
(texto engadido o día 3/ / 10/ / 14 )


Fonte: Sermos Galiza

O novo traballo sairá dos 2 concertos que o grupo vai dar no García Barbón de Vigo o 3 e 4 de outubro. As entradas terán o prezo simbólico de 1 euro (destinado a un fin social).

Treixadura é moito máis que os cinco discos gravados e os centos de concertos dados ao longo dos seus case 25 anos de historia. Este grupo de música tradicional hai tempo que deu o salto que convertíu as súas composicións en parte xa do acervo popular, esas que se cantan e tocan pensando que existen desde sempre, que non son duns compositores en particular senón que son ‘populares’. Un status que non moitos consiguen.



Treixadura celebra o seu 25 aniversario cun novo disco gravado ao vivo e que resume a súa extensa carreira e achegará tamén algunhas novidades. A gravación deste traballo terá lugar no transcurso de dous concertos especiais, con convidados e amigos, que se celebrarán no Teatro do Centro Cultural Afundación de Vigo (García Barbón) os días 3 e 4 de outubro.

O acceso a estes concertos realizarase a través da billeteira Servinova e terá o prezo simbólico de 1 euro (máis gastos do servizo) que será destinado integramente ao Comedor social De Cangas.

Treixadura é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbanos, "co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto".

- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Folión de Fachas en Vilelos (O Saviñao - Lugo)

(texto engadido o día 26/ / 9/ / 14 )


Venres 26 de setembro, en Vilelos
Procesión das fachas e actuacións de Abóbriga, Aires da Poxa e Sacha na Horta.



Unha tradicción Castrexa con moitos anos de antiguidade e un grande interese cultural por ser un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva, o folión “de véspera” como tal, para anunciar que van a escomezalas festas parroquiais, con un ritual de lume e música que durará ata ben entrada a madrugada!!.

Durante os meses de vran haberá que recoller agucios, que son unhas plantiñas que nacen na primaveira pero non se poderán coller ata que estén ben secos, e eso será aló polo mes de Agosto. Logo de varios días á captura destes … habera que facelas fachas que serán as encargadas de amenizala festa, faránse o máis grandes posible posto que elas decidirán cando remata a troula pois …. namentres haxa lume haberá festa!!!! (polo menos cando non había ainda luz electrica….).

Tamén se farán fachas máis pequenas que serán as encargadas de iluminalo camiño na procesión á “cima” do Castro da Besta, dende o cal se avisa a toda-las parroquias cercanas de que imos estar de festa pois seica se ve dende, polo menos, 7 parroquias ó redor. Segundo contan os nosos antigos a procesión das fachas facíase, nalgunha época, como ofrenda ós deuses para agracederlles as boas colleitas. Quedades todos convidados a visitar este folión, que ben seguro, vos fara vivir momentos inesquencibles e máxicos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Fervenza de Ouzande (A Estrada) - Curso 2014 - 2015

(texto engadido o día 17/ / 9/ / 14 )


Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión de presentación do curso que terá lugar o próximo sábado 20 de setembro no local social de Ouzande ás 4 e media da tarde.

As clases que poñeremos en marcha serán:
- Gaita
- Pandeireta
- Tamboril
- Baile
- Acordeón
- Cancións tradicionais
Na reunión informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. TAMÉN SE INFORMARÁ DO HORARIO DO GRUPO DE CANCIÓNS TRADICIONAIS, que se celebrará os sábados pola noite.
No curso pasado, foron máis de sesenta as persoas matriculadas nestas especialidades musicais, de todas as idades.
Tamén convidamos ás persoas participantes nas diferentes clases e a todas as interesadas a traeren os seus instrumentos para interpretaren algunha peza e facer algo de festa. Para rematar a reunión a Asociación convida a uns pinchos de merenda.
As persoas interesadas poden inscribirse na propia reunión ou a traves do correo carreirosouzande@gmail.com. Tamén na Taberna de Ouzande (986570285)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIV Xuntanza Mariñana en Ouces (Bergondo)

(texto engadido o día 15/ / 9/ / 14 )


Sábado 20 de setembro, A Fragachá (Ouces - Bergondo)

a partirés das 17:30h
1-SAN XOAN DE OUCES
2-DORNA DE DORNEDA
3-OS RUEIRIÑOS DE SAN PEDRO DE NÓS
4-SANTAIA DE SANTA CRUZ
5-FOLLIÑAS DE OLEIROS
6-A MAROLA DE MERA
7-SEMENTE NOVA DE PERILLO
8-AS MARIÑAS DE CAMBRE
9-SAN XOAN DE OUCES E VOCES DE BERGONDO

ás 20:30h, festa da empanada e de seguido FOLIADA.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Foliada da Mariña (Xove)
www.sainhas.org
(texto engadido o día 13/ / 9/ / 14 )
O Sábado 20 de Setembro de 2014 celebrarase na carpa instalada no Centro Cívico de
Xove a X Foliada da Mariña.
O programa será:
13.00 Pasarrúas a cargo dos gaiteiros de Saiñas e a continuación sesión vermú.
17.30 Xogos e Obradoiras de xoguetes e instrumentos tradicionales.
21.00 Cea popular (churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida). A 5€ en venta anticipada
e 7€ o día da Foliada.
22.00 Foliada.
A Asociación Cultural Saíñas é a organizadora do evento e invita a todos os veciños da
Mariña a disfrutar desta festa.

Noticia enviada por SAINHAS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas O Cristo 2014 no Barco Valdeorras - Faltriqueira, Magín Blanco, Najla Shami, Brincadeira...
http://www.concellodobarco.org/49/news/1638/12/hash/3c809978bd/
(texto engadido o día 11/ / 9/ / 14 )


As festas darán oficialmente comezo o xoves 11 de setembro ás 21 horas no Teatro Lauro Olmo, cando o historiador Antonio Castro Voces dea lectura ao pregón convocando aos valdeorreses e valdeorresas a gozar delas, de todos e de cada un dos actos incluídos no programa e que se relacionan a continuación.

Venres 12 setembro

11.00 h. O grupo de gaitas Celtas Largos percorrerá as rúas anunciando coa súa música o comezo das festas.

11.00 h. Tren das festas. Fará un percorrido polas principais rúas da Vila partindo da praza do Concello cos seguintes horarios: de 11 a 13 horas e de 16 a 18 horas.

21.00 h. Praza do Príncipe. Actuación do grupo Brincadeira de Santiago que ofrecerá un espectáculo de baile, música e canto tradicional galego, dentro do programa "Cultura no Camiño".

21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Gran Parada, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.

23.45 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Seguridad Social.



Sábado 13 setembro

11.00 h. Alboradas e pasarrúas a cargo do grupo Os Bertolini e das charangas Terras do Bibei e Os Bercianos.

11.00 h. Parque infantil de xogos na praza do Concello e na praza do Príncipe, con horario de 11 a 13 h. e de 16 a 18 horas.

12.30 h. No Teatro Lauro Olmo. VIII Xuntanza das Pandillas do Barco.

18.00 h. Saída de Sobradelo dos participantes na XLVIII edición do Descenso do Sil en piragüas. Unha hora antes sairá da estación do Barco o tren fluvial gratuíto para presenciar a saída e seguir o percorrido da proba, co acompañamento musical das charangas.

19.30 h. Na praza Maior. Magín Blanco presenta o espectáculo musical "A nena e os grilos" para público infantil, dentro do programa "Cultura no Camiño"

21.00 h. Praza Andrés de Prada. Concerto da Banda de Música do Barco.

21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Philadelphia, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.

23.30 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Son do Sil.



Domingo 14 setembro. Día do Cristo

8.00 h. O Madrugón, baixada a nado desde a Ponte de San Fernando ata o Malecón.

11.00 h. As rúas e prazas do Barco estarán amenizadas cos sons da Banda A Lira de Ribadavia. O grupo de gaitas Trenla acompañará as calantornias e os cabezudos no seu percorrido.

12.00 h. Procesión e a continuación misa solemne, na praza Maior, na honra de Xesús Nazareno.

13.30 h. Concerto no Malecón da Banda A Lira de Ribadavia que repetirá actuación, na praza Maior, ás 19.00 h.

18.00 h. No Malecón. XXVIII Milla Urbana do Barco.

21.00 h. No Campo da Festa baile amenizado pola orquestra Os Satélites, que fará outra actuación a partir das 00.30 h.

21.00 h. Praza Andrés de Prada. Concerto do grupo Faltriqueira, dentro do programa "Cultura no Camiño".

22.30 h. Gran sesión de fogos artificiais no río Sil.



Luns 15 setembro

11.00 h. Percorrido musical polas rúas da vila a cargo do grupo de gaiteiros Celtas Largos.

11.00 h. Parque infantil de xogos na praza do Concello e na praza do Príncipe, con horario de 11 a 13 h. e de 16 a 18 horas.

19.30 h. No Malecón. Teatro de rúa. O grupo Fantoches Baj representa "Velocíclopes", para todos os públicos, dentro do programa "Cultura no Camiño".

21.00 h. No Teatro Lauro Olmo. Concerto de Najla Shami.

21.00 h. No Campo da Festa do Malecón último baile das festas amenizado pola orquestra Miramar, con actuacións de tarde e noite.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festival da Amizade Musical (Antas de Ulla)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3235:i-festival-da-amizade-musical-antas-de-ulla&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 6/ / 9/ / 14 )


Música e Amigos!! non hai mellor pócima contra todos os males do corpo e do esprito que un bon grolo de música na compaña dos amigos, asi que imos espelir a saudade do verán que se vai con unha festa de dous dias adicada a Amizade Musical, para facer a pócima deste ano contarán coa axuda destos Amigomusicos!!:

- Sábado 6/09/14: Airiños do Neira e Fiadeira.

Domingo 7/09/14: Banda de gaitas Terra de Melide, Os Minhotos e Os Trécolas

A partires das 23:00 na plaza nova de Antas



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do barrio das Atochas e Monte Alto (A Corunia)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=131737
(texto engadido o día 5/ / 9/ / 14 )


Venres 5 de setembro
Ulträqäns e NAO

Sábado 6 de setembro, ás 12 da mañá: Cántigas da Terra

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de Vilameñe (Taboada - Lugo)

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 14 )


Venres 5 de setembro
Tiruleque
Kepa Junkera
Xabier Díaz
Turre's Band


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Fervenza de Músicas (Ouzande - A Estrada)
http://ouzande.blogspot.com/2014/09/fervenza-de-musicas-e-tania-fuegho-no.html
(texto engadido o día 3/ / 9/ / 14 )


O venres 12 de setembro, ás vésperas das festas en Ouzande celébrase a "Fervenza de Músicas", unha foliada de música tradicional promovida pola Fervenza de Ouzande desde hai 7 anos e na que ademais de polbeiro haberá festa a cargo de varios grupos como son os estradenses Milgrandeira, os composteláns Vou Vir Vor Ver e A Xuntanza de San Pedro e mailos ouzandeses Recanto e Retrouso.
Milgrandeira parte da formación recibida na escola de música tradicional de Barbude e xa participaron en festas coma o Lumeiro de Guimarei ou "Unha noite no muíño" en Ouzande.
Vou vir vor ver é un grupo de Santiago de Compostela que actúa por vez primeira na zona,
a Xuntanza de San Pedro nace no popular barrio compostelán de San Pedro ao abeiro das clases de música tradicional da asociación cultural que hai nesa coñecida rúa.
O grupo Retrouso actúa como anfitrión da festa ofrecendo pezas do seu rico repertorio e recollido no disco "Ou".
Unha das actuacións máis agardadas da noite será a do grupo Recanto, formado por veciños e veciñas da parroquia que participan nas clases de canto tradicional que se celebran no local social.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festa Popular de Flores Mareliñas (Chapela - Vigo)

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 14 )


Sábado 13 de setembro na Alameda de Chapela (Vigo)

Festival folclórico coas actuacións dos grupos:

LEMBRANZAS DA RIA DE CANGAS
ESCOLA DE BAILE E PANDEIRETA DE FROLES MARELIÑAS
PANDERETEIRAS ONDIÑAS DO MENDO (EIRADO SALVATERRA)
PANDERETEIRAS DE FROLES MARELIÑAS
GRUPO DE COROS Y DANZAS NUESTRA SEÑORA DEL PRADO DE CIUDAD REAL
FROLES MARELIÑAS DE CHAPELA

Fin de festa con LUDOVAINA.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sés - Concertos en setembro

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 14 )


Martes 2 Setembro - Festas de San Ramón - Vilalba
Venres 5 Setembro - Meninas de Canido - Ferrol
Sábado 6 Setembro - Festival da Poesía do Condado - Salvaterra
Venres 12 Setembro - Teatro de Ribadeo - SES & Ugia Pedreira
Sábado 13 Setembro - Festival de la Luz - Boimorto
Venres 19 Setembro - O Grove - Náutico (Praia da Barrosa)
Sábado 20 Setembro - Foliagra - Agra do Orzán (A Coruña)
Sábado 4 Outubro - San Froilán - Lugo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Tiruleque e Mamá Cabra na XLIV Noite Meiga en Sarria
http://www.sarria.es/index.php?option=com_content&view=article&id=1232%3Axliv-edicion-da-noite-meiga&catid=138%3Anoticia-principal&lang=gl
(texto engadido o día 29/ / 8/ / 14 )


Venres 29/08/2014:
23:00h. Monólogo a cargo de David Perdomo e Sergio Pazos. Entrada 6€
Sábado 30/08/2014:
19:30h. Apertura e presentación con Sergio Pazos.
20:00h. Pregón da XLIII Noite Meiga, a cargo de D. Dimas Marcos González Bennet.
20:30h. Premios e recoñecementos:
Socio de honra: Cáritas interparroquial de Sarria.
Trasgo de honra: José Antonio Quiroga González (Pepo)
20:45h. Actuación do grupo de gaitas e danzas Garulaxe de Meigas e Trasgos.
21:30h. Actuación da Charanga Madia Leva.
22:00h. Cea ofrecida polo Hotel Alfonso IX.
Menú 32€: Surtido de embutidos de Sarria, Merluza en salsa con puré de patata, Cordero asado con patatas e ensalada, Tarta de galleta e caramelo. Viños: Albariño, Mencía e Rioja. Café, queimada e licores.
Queimada popular no lar social de Meigas e Trasgos.
01:00h. Danza da Noite Meiga.
01:30h. Concerto e baile co grupo "Tiruleque"
05:00h. Chocolatada.
Domingo 31/08/2014:
13:30h. V Festa da Empanada. Lar social Meigas e Trasgos. Menú 4€: Empanadas tradicionáis, Embutidos da Comarca de Sarria, Surtido de queixos de Queserías Sarrianas.

Tardiña Meiga. Lar social Meigas e Trasgos.

17:30h. Concerto Mamá Cabra.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programa Festa Istoria Ribadavia 2014
http://turismogalicia.blogspot.com/2014/08/programa-festa-istoria-ribadavia-2014.html
(texto engadido o día 29/ / 8/ / 14 )


Festa de Istoria Ribadavia 2014 
29 y 30 de agosto de 2014

VENRES, 29 DE AGOSTO DE 2014.10:00 Concurso de Pintura Rápda. Polas rúas e prazas do centro histórico.
Remate ás 18:00 – Entrega de premios ás 20:00
11:00 APERTURA DO MERCADO MEDIEVAL. Na Alameda e na Rúa Salgado Moscoso
Actuarán grupos de animación e música medieval dende a apertura ata o peche do Mercado.
20:30 MÚSICA MEDIEVAL .Na Igrexa de San Domingos
Concerto do Coro da IstoriaConcerto do Grupo DoaGrupo de clarinetes “La Lira” de RibadaviaBaile Medieval “Donas sen Cabaleiros”.

22:30 Teatro “A Endiañada”. No Auditorio do Castelo.
00:00 Concerto do grupo “Milladoiro”. Na fachada do Castelo
01:00 Espectáculo Pirotécnico. No Castelo dos Sarmiento.

SÁBADO, 30 DE AGOSTO DE 2014.



10:00 Lectura do Bando da Istoria. Polas rúas e prazas da vila.
10:30 Apertura do Banco da Alhóndiga. Na praza maior.
10:30 Apertura do Mercado Medieval. No Casco Histórico e na Alameda enfronte ao Castelo
Actuarán grupos de animación e música medieval dende a apertura ata o peche do Mercado
11:30 Gran Desfile da Istoria. Saída dende o barrio de San Francisco ata a fachada do Castelo
12:15 Pregón. Na fachada do Castelo dos Sarmiento.
Pregoeiros: Grupo da Voda Xudía
12:30 Entrega de Medallas aos Notables da Istoria. Na fachada do Castelo.
13:00 Actuación das Bandas de Gaitas de O Carballiño e Manzaneda no Auditorio do Castelo
13:15 Baile Medieval. Grupo Donas e Cabaleiro. Na Praza Maior
13:30 Saída da comitiva da Voda Xudía. Dende a Rúa dos Fornos.
13:30 Xadrez Vivente. No Auditorio do Castelo–Só persoas vestidas de época.
14:15 Voda Xudía. Na Igrexa da Oliveira –Só persoas vestidas de época.
14:30 Cetraría e exhibición de aves. Na Praza Maior.
15:30 Actuación do Grupo Tabaleiros da Istoria. Polas rúas e prazas da vila.16:00 Carreira de Pipotes. Pola rúa Progreso.
16:30 Tiro con Arco. No Adro de Santo Domingo.
Grupo Arc-Teixo
17:00 Exhibición de Tiro con Ballesta. No Adro de Santo Domingo.
Grupo Gastrafetes
18:00 Animación musical. Na Alameda19:30 Exhibición de Cetraría . No campo do Xestal.
Cetreiros Falcón Exhibición.
20:00 Torneo Medieval. No campo do Xestal.
Grupo de especialistas Hípica Celta.
21:30 Baile Medieval. Grupo Donas sen Cabaleiros. No Auditorio do Castelo.
22:00 Espectáculo de múisca e lume. No Auditorio do Castelo
22:00 Peche do Banco da Alhóndiga.
22:30 Cea Medieval. Na Madalena- Só persoas vestidas de época.
23:00 Concerto Folk a cargo do grupo Quempallou. Na praza de San Martiño.
PENSANDO NOS NENOS.Venres e Sábado: 11:00 a 14:00 / 18:00 a 22:00. Na Alameda
Sábado: 13:30 a 14:30 / 17:00 a 18:30.- Escuela de Cabaleiros. No Adro de San Domingos
- Doa- Quempallou- Milladoiro- Grex -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Malvela, Milladoiro e Ardentía nas festas do Viño do Condado (Salvaterra)

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 14 )


Venres 29 de agosto: Malvela
Sábado 30 de agosto: Milladoiro e Ardentía


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Doa na Festa da Istoria (Ribadavia)

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 14 )


Venres 29 de agosto a partires das 21h na igrexa de Sto Domingo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]