Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Festa Furancheira na Picoña (Salceda de Caselas)
http://www.todocondado.com/index3_eventos.php?pid=1768
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 15 )


Venres 20 e sábado 21 de marzo terá lugar na Picoña, Salceda de Caselas, a Festa Furancheira, un festival de rúa, grupos folclóricos e charangas. De furancho en furancho bebendo viño e tocando música galega. Anímannos a levar instrumento, unhas cunchas ou calquera cousa para armar festa e tocar polas adegas dos veciños colaboradores.

Venres 20, a partir das 19:30h. apertura de furanchos cos Treboeiros de Moimenta (Sobrada)

Sábado 21, a partir das 19:00h. apertura de furanchos co grupo de percusión Espanta Ratos (A Feira) e a Charanga SDK (Guláns)

Tocarán os dous días o grupo de gaitas da AAVV Carballeira da Picoña.

Organiza a Asociación de veciños Carballeira, da Picoña. coa colaboración do Concello de Salceda e a Deputación de Pontevedra.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Dakidarría en Compostela

(texto engadido o día 13/ / 3/ / 15 )


Venres 13 de marzo na Sala Capitol. Logo do concerto a festa continuará no Avante.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Entroido e VI Concurso de Tapas na Baiuca (Arteixo)

(texto engadido o día 13/ / 2/ / 15 )


Esta fin de semana na Baiuca xúntanse festa, entroidada e gastronomía, co VI Concurso de Tapas de Arteixo.

A tapa baiucana leva por nome "Fol De Mar", delicatessen feita cun chipirón recheo de gambas e gulas en salsa mariñeira, e por suposto non será o único fol da noite do venres e o sábado; a música e a boa compañía están aseguradas. Non faltes!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación Novo disco Santos Morcegos na IV Festa de Entruido Da-lhe co Sacho. En A Guarda
http://fuscalho.blogspot.com/2015/02/iv-festa-de-entruido-da-lhe-co-sacho.html
(texto engadido o día 6/ / 2/ / 15 )


O Entruido já está a volta da esquina, e como é tradií§om volve ao Fuscalho umha nova edií§om do Da-lhe co Sacho!

Este ano contaremos com o novo producto da cena musical guardesa, Kill me Truck, versionando as milhores bandas sonoras de filmes e séries a ritmo de blues, rock e country. Todo isto no marco de um espectáculo audiovisual que de seguro vos sorprenderá.

E junto a eles voltam polo Fuscalho os nossos surfistas de Fedorento preferidos, os Santos Morcegos, na que será a apresentaí§om oficial do seu último trabalho, o EP "Corre Canceliñas Corre".

Ademais, junto com o tradicional concurso de disfraces, contaremos com karaoke ao final do concerto.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile 100% con Os Cempés en Narahío

(texto engadido o día 6/ / 2/ / 15 )


A A.V.V. “O Castelo de Narahío” e Os Cempés convídanvos a gozar do Baile 100% e aprender de xeito sinxelo e divertido todos os pasos nun obradoiro
guiado.
O Baile 100% terá lugar o sábado 7 de febreiro de 2015 no Local da Veiga en Narahío, a partir das 19:30H.
Poderán participar persoas de todas as idades e sen experiencia. Pasodobles, valses, mazurcas, chotes, muiñeiras ou carballesas explicadas por un guía de baile nunha actividade na que a forma física non é importante, só as ganas de pasalo ben.
O Baile 100% son agarrados, soltos e bailes participativos en roda, divertidos e doados de aprender. Nesta segunda rolda haberá sorpresas e novos bailes!
- Ás 19:30 obradoiro,prégase puntualidade para poder participar de todos os ritmos e pasos.
- Ás 22:00H dará comezo a gran festa do Baile 100% con Os Cempés, na que se porá en práctica todo o aprendido.
Para as persoas que participen nas dúas actividades a Asociación de Veciños “O Castelo de Narahío” convídanvos a unha saborosa merenda para repoñer forzas ao remate do obradoiro.
Músicos:
Antón Varela: Gaitas
Oscar Fernández: Zanfona e cavaquinho
Roberto Grandal: Acordeón
Serxio Cés: Canto, saxo, pandeireta, bombo e guía de baile
Colaboración:
Obradoiro: 5€
Baile 100%: 5€
Obradoiro + Baile 100% + merenda: 10€
Anímate, baila e comparte!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Falece a Señora Carmen, solista de Malvela

(texto engadido o día 4/ / 1/ / 15 )


(Nota de prensa. Sanguiñeda-Mos, 4 de xaneiro de 2015.-)
Hoxe deixounos a Señora Carmen, Carmen de Campos, solista do grupo Malvela, de Sanguiñeda (Mos). Malvela lamenta moito a perda desta muller e artista de 89 anos, fundadora do grupo, que deixa unha fonda pegada en tod@s nós.
Mañá, día 5, véspera de Reis ás 17h será a despedida na Igrexa Parroquial de Sanguiñeda, a terra que a veu nacer. Alí estaremos as Malvela para cantarlle, para renderlle sentida homenaxe, para dicirlle canto a queremos...
Logo dunha longa e intensa vida, Carmen Pérez Navazal, máis coñecida como a Señora Carmen, subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos. Esta aventura comezou cun curso de canto popular, impartido por Uxía ás mulleres de Mos, de onde xurdiu Malvela, un grupo de cantareiras que editou o seu primeiro traballo en 2002.
Con Malvela, a Señora Carmen percorreu moitos escenarios de Galicia e de fóra e participou en moitas actuacións televisivas. Tamén publicou catro discos: 'Que o pano non me namora' (2002), 'O aghinaldo' (2004), 'Da miña xanela á túa' (2007) e 'Raianas' (2011). “Entrar en Malvela parece que me deu a vida, pola música e polas xuntanzas. Eu son de Malvela e nunca me vou separar; gústame máis cantar en grupo”, expúxolle a Fran Alonso nunha longa entrevista que se publicou co disco 'Na flor dos meus anos'.
Publicado en 2007, o disco-libro-dvd 'Na flor dos meus anos' supuxo o seu primeiro álbum en solitario, xa con 82 anos. O cd contén 11 cancións nas que se escoita o pálpito do corazón da Señora Carmen ao ritmo das melodías que vai debullando con mestría e onde nos conta a súa vida dun xeito íntimo, mergullándose na Galicia que viviu de nena en claro contraste coa actual que latexa nos arranxos contemporáneos do disco. Na flor dos meus anos conta con colaboracións da altura de Dulce Pontes, Uxía, Xosé Manuel Budiño, Rodrigo Romaní e os membros de Treixadura, Berrogüetto e Malvela. O dvd inclúe un documental onde a Señora Carmen nos relata as súas lembranzas e nos amosa o seu día a día traballando no campo e aquelas noites nas que, ás agachadas, ía ao muíño a cantar, a súa gran paixón.
A señora Carmen non lembra quen lle aprendeu a cantar: “Sempre fun unha rapariga moi cantareira. Ía ás festas e quedábame co soniquete das cancións durante toda a semana. Despois, cando o meu home mercou un radio, coñecín novas cancións”. Na entrevista de Fran Alonso incluída en 'Na Flor dos meus anos', cóntase como foi a súa vida, as súas dores e alegrías, as súas lembranzas de nena, os traballos duros no campo e nos aprendeu que o canto é sanador, no muíño ou nos moitos escenario que pisou. Sempre na nosa memoria e no noso corazón a súa voz fonda e telúrica, Señora Carmen. Nunca a esqueceremos.
En palabras de Luis Bará Torres: “Grazas señora Carmen por traernos na túa voz milenaria o arrolo de todas as nais e avoas do mundo, a crónica do sufrimento e da dignidade, o son da rebeldía, a memoria das carballeiras e a esperanza do tempo que vén. Tempo de ramos verdes coma a túa canción, de roseiras bravas, de flores de primavera. Tempo de seitura, de músicas e cantos que renacen, que abrochan, que florecen. Tempo dun país e dunha cultura que camiñan nas asas do vento, como os teus cantos, que veñen de lonxe e levan rumbo á eternidade.”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Covas de Tenorio

(texto engadido o día 19/ / 12/ / 14 )


Sábado 20 de nadal a partires das 22h
Un ano màis, a Asociación Cultural Foula de Tenorio, e a Uniòn Musical de Tenorio, organizamos esta festa. Un feixe de música, reencontros, bailes, non faltedes!!!
Lumeeeeeee

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Outono - A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3292:foliada-de-outono-a-c-castineiro-milenario-de-begonte-lugo&catid=24:festivais-foliadas-romarias&Itemid=18
(texto engadido o día 10/ / 12/ / 14 )


A A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo) organiza unha foliada por todo o alto o vindeiro sábado, trece de decembro a partir das nove da noite no local da AV do Castro en Begonte (Lugo).


Unha foliada na que contarán coa rapazada de Tirapadiante de Rábade, vencellados á escola Músico Crisanto de Rábade-Begonte. Un conxunto de músicos moi novos con gañas de seguir a transmitir a nosa música tradicional con enerxía e calidade, tendo un futuro moi prometedor.
E por outra banda, contarán cun grupo xa consagrado, cunhas integrantes que levan moitos anos na defensa no noso patrimonio musical e que neste último proxecto están a acadar o apoio incondicional d@s seguidor@s das músicas tradicionais. As Eudemónicas e o eudemónico de Pablo Pintor, presentarán o seu último espectáculo no que xuntan a música galega co baile tradicional, xa que virán acompañadas de Rebeca Tallón que impartirá un obradoiro de baile.
E para seguir a festa, rematarase cunha foliada aberta.


Non faltedes!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cuarta RepichocaFerrol

(texto engadido o día 25/ / 11/ / 14 )


Queres vir a unha festa a bailar, tocar, cantar,rir, mocear,....?
queres pasalo ben bailando, xogando cos movementos, improvisando, imitando...?
queres facer todo isto co teu propio baile e música...?
si!!! coa música galega, co noso baile, co teu sentir!
Pois ven a unha Foliada, Serán, Ruada... ven a REPICHOCA de Ferrol!!!
No local scrd Canido o sábado 29...toda a noite.
que non sabes? que non lembras?,que non te atreves? que non tes parella? Nós arranxámolo!.... cun obradoiro de iniciación ao principio da festa. As 22:00h.Alí imos axudar a que saques o baile que levas dentro!
E por se fose pouco...facemos un concurso de doces caseiros no que podes participar
....e sorteos!
.....e estaremos acompañados pola música de mais de dez grupos!!!

Noticia enviada por Repichocaferrol

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada 22 de novembro en Madrid

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 14 )


O vindeiro día 22 de novembro terá lugar una cea-foliada. Comezará ás 21:30, prégase puntalidade.

Será no mesmo sitio que as últimas, no restaurante El Ancla (c/ ceuta 23, Madrid). Teredes que apuntarvos decindo cantos vides ata o xoves 20.

O prezo será de 15 euros e inclúe racións variadas, viño, cervexa, auga e tocar e bailar ata que o corpo aguante!!. Os 15 euros pagaranse ó entrar no restaurante.

Non olvidedes os vosos instrumentos!!!

Animádevos!!! Imos facer festa!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto V Aniversario Traspés (Mondariz)

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 14 )


Porque un lustro non se cumple tódolos días, queremos celebrar esta data ao grande.

O sábado 22 de novembro, ademáis de ser a nosa cea de grupo, faremos no restaurante "A Muiñeira do Xosé" (Mondariz Balneario), un concerto, a media noite, das nosas tres seccións musicais, no que esperamos que estedes todos presentes para bailar, tocar e cantar con nós!!

Sabedes que somos amigos da festa, e non queremos que esta sexa unha máis, non queremos que pase indiferente... o que queremos é montar unha boa, liala parda, e que "... mañán será sonada", por iso nos gustaría contar con tódol@s nos@s amig@s para festexar este quinquenio.

Xa sabes, o sábado próximo... FESTA RACHADA!!!!

CINCO OUTONOS XUNTOS..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Magosto 2014 da Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os castros (A Coruña)
http://ozagaiteiraoscastros.blogspot.com/2014/11/magosto-2014.html
(texto engadido o día 13/ / 11/ / 14 )



Dende o noso colectivo veciñal unha tarefa é  a divulgación da nosa música, non o é menos a recuperación de antigas tradicións e festas. Polo que o 21 de novembro queremos recuperar O noso MagostoPolo que facemos un chamanento a veciñanza a participar na Foliada que vamos a celebrar o 21 de novembr  no local da Asociación sito na rúa da  Merce , 56 baixo as 19:00 horas e así tamén apoiar ao pequeno comercio e Hostalaria

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Magosto en Ames
http://follasnovas.blogspot.com/2014/11/a-requinta-da-amaia-no-magosto-en.html
(texto engadido o día 13/ / 11/ / 14 )


Chega o tempo das castañas e non podemos perdernos a cita obrigada co magosto.
Será o sábado 15 de novembro, na Praza de Chavián en Bertamiráns
E para animar o baile, alí estaremos a "Requinta da Amaia" a partires das 5 do serán.
No cartaz tedes máis información doutras actividades que se farán ese día.

Vinde disfrutar da festa con nós!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Serán do Magosto en Escarabote (Boiro)

(texto engadido o día 5/ / 11/ / 14 )


O próximo 8 de Novembro a partir das 19:00h. celebraremos no Porto de Escarbote o
" I Serán do Magosto"
Teremos castañas, chocolate, queimada, doces, e sobre todo moitaaaa festaaaa!!

A que esperades!! Traede todos/as os vosos instrumentos e moitas ganas de bailar e cantar.

E si chove, non vos preocupes que será no centro social.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Seran de Sela (Arbo)

(texto engadido o día 5/ / 11/ / 14 )


Un ano mais a A.c. Evaristo de Sela ten o pracer de convidarvos a participar no Seran de Sela que este ano se celebrara no torreiro da Festa Da Augardente Sela no barrio da Granxe. O sábado 8 de novembro a partires das 17:00h co tradicional pasarruas do carro e os bois, xogos tradicionais para nenos, o I certame de espantallos, magosto, pinchos, viño, queimada e festa rachada moita moita festa non faltedes. A e si podedes e queredes como non !!! vinde vestidos de labregos !!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Magusto Picheleiro (Compostela)

(texto engadido o día 5/ / 11/ / 14 )


Castanhas e música durante todo o dia!!!
No 8 de Novembro no C.S O Pichel haverá festas desde a 13h30 ate que o corpo ature!!
O programa completinho é:
- 13h30 Sessom vermú com o DJ HADRIH
- 14h30 Jantar de petiscos outonais
- 18h30 Magusto pequeninho da Semente Compostela com actividades para crianças
- 19h Obradoiro de Torta de Castanhas por Marie Lacassagne
- 20h30 Parolada com Xurxo Souto. "S.Martinho vs. Merlim" ou de como este tempo de castanhas e calacús guia-nos diretamente à Alta Idade Media e a luita entre a nova e a velha religiom, com Martinho de Dume como protagonista principal
- A partir das 21h30 MAGUSTO com música tradicional e ceia de petiscos de outuno.
- 22h30 CONCERTO: OS TRES TREBONS com Os Homes sem Medo
- 00h30 FOLIADA ABERTA, traz o teu instrumento e soma-te à festa!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Samaín na Baiuca (Arteixo)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 14 )


Estamos na semana do SAMAIN e o venres 31 celebraremos o fin de ano celta cun concurso de cabazas.
Podedes presentar as cabazas ata o mesmo día 31, día no que se procederá a unha votación popular entre a xente que acuda á BAIUCA. Quen gañe o concurso terá de premio unha estupenda cea o día que elixa.

PARTICIPADE e axudade a manter a tradición!!!

E o sábado día 1 de Novembro, MAGOSTO POPULAR.

Castañas para tod@s coas vosas consumicións.

E festa GUINNESS cun feixe de agasallos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVI Xuntanza de Gaiteiros - Homenaxe a Raúl Galego o Gaiteiro Nubeiro
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3270:xxvi-xuntanza-de-gaiteiros-homenaxe-a-raul-galego-o-gaiteiro-nubeiro&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 15/ / 10/ / 14 )


O sábado día 25 de outubro de 2014 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVI Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organiza tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitan a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.


Nesta XXVI Xuntanza homenaxearán a Raúl Galego o Gaiteiro Nubeiro

Na XXVI Xuntanza de Gaiteiros contarán coa participación de “Os Melidaos”, “Mini e Mero”, “A Gaita de Sarandón” (Requinteiros da Ulla) o grupo de cantareiras “Xerfa” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Xurxo Souto.

Gustaríanos contar coa túa presenza, o sábado día 25 de outubro as 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar nesta festa na defensa da nosa música, canto e baile, así como na merecida homenaxe a “Raúl Galego”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Grelo Folc 2014 en Monfero - A Coruña

(texto engadido o día 15/ / 10/ / 14 )


Sábado 18 de outubro no mosteiro de Monfero

Un ano máis e como non podía ser doutro xeito a Asociación Cultural O ABORDELO organiza unha nova edición do festival GRELO FOLC en MONFERO.
Trala ansia de abordelar pola vida, pola festa e polo xenio da aldea, cos contos... xa van alá doce festivais no noso concello, con paróns no tempo mais sen parada no espazo..

E isto todo se ofrece o 18 de outubro no Mosteiro de Monfero:

Xantar Popular
A partir das 14:00h servirase o xantar no campo da festa amenizando a sobremesa con música e cántigas. Anótense!!: oabordelo@gmail.com

A Nabiciña
O festival infantil comezará ás 18:00h cun obradoiro de Xogos musicais que leva por nome: “Troupelear: un pouco bailar, un pouco cantar, un pouco tocar" con Pablo Pintor e Branca Villares.
Ao longo da tarde tamén haberá xogos tradicionais para xente grande e xente miúda

Concertos
A partir das 22:00h.
• Eudemónicas: repertorio tradicional con letras de agora.
• Ataque Escampe: cancións con salsa agridoce. Veñan bailar a súa música sen complexos!
• A requinta da Laxeira: vai de baranda, chunda, chunda, … sempre con brincos, voltas e aleghría!
• Trapallada: fin de festa ska punk e o que se tercie

- Grelo Folc- Ataque Escampe- Trapallada- A Requinta da Laxeira- Eudemónicas -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII Magosto Popular e Festa da Recolleita do Millo en Matamá - Vigo

(texto engadido o día 15/ / 10/ / 14 )


Sábado 18 de Outubro

Recolleita e esfollada do millo, Lenha Verde, Batukada, Petar Punk, Obradoiros e Xogos Tradicionais, Algarabia, Turre's Band, Xistra de Coruxo..

Organiza: Colectivo Cultural Alternativo Malaherba.

- Xistra de Coruxo- Lenha Verde- Algarabia- Turre's Band- Malaherba -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]