Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Repifesta en Arteixo da Asociación Cultural Triskell

(texto engadido o día 1/ / 2/ / 19 )


Venres 1 de febreiro a partires das 22h na Casa Xuntanza (A Pastoriza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



D´Esmorga e Farrapos de ghaita na Fundaçom Artábria (Ferrol)
https://www.facebook.com/fartabria/photos/a.517226294968519/2262457937112004/?type=3&theater
(texto engadido o día 31/ / 1/ / 19 )


Alternativa para a chuva!

Sábado 2, mais um concerto no Centro Social. Desta volta desde Vigo chegam D'Esmorga com o seu punk rock de festa que estarám acompanhados polos locais Farrapos de ghaita.

O concerto dará início às 22.30hs e a entrada é de graça.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Vacaloura Vermella en Vigo (San Brais 2019)
https://www.facebook.com/events/387058155394478/
(texto engadido o día 31/ / 1/ / 19 )


XOVES 31 as 22H
A Vacaloura Vermella
Grupo folk de Mos

Eles mesmos se denominan axitadores de festas, vaciadores de bodeghas e papadores de pinchos.
Un ano mais estarán connosco os nosos amigos da Vacaloura vermella!
Esperanos unha noite larga de troula !
Imos San Blas !!!

RESERVAS: 667088499

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Toxo en Vilamor do Caurel
https://www.facebook.com/events/295401174451161/
(texto engadido o día 30/ / 1/ / 19 )


Sábado 2 de febreiro

Despois de moitos anos vamos recuperar a Festa vella do San Vicente de Vilamor do Caurel conocida como a festa do toxo.
Posto que sempre se celebrou no mes de xaneiro e o tempo era malo faciase dentro de patios ou cortes(sempre cuberto de toxo).
O día trascurrira da seguinte forma;
Pola maña habera misa e sesion vermú despois de xentar estenderanse os toxos para dar comezo o baile.
Pronto publicaremos o cartel con toda a informacion e más sorpresas!!!
Vade reservando o día 2 de febreiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán O Fiadeiro (Vigo)

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 19 )


A A.C.F O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó noso serán.

Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 21:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes.

Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todos aquelas agrupacións ou músicos que veñan dispostos a continuar a festa.

Ademais a ambientación estará baseada nos seráns dos anos 50, polo que todo aquel que guste poderá acudir vestido ó xeito daqueles tempos.

Agardamos por todos vos este sábado. Nos xa contamos as horas.

Se queredes máis información podedes contactar nos teléfonos 986 253 585 / 629 585 355 ou ben por correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da AC Triskell na Pastoriza (Arteixo)

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 19 )


Venres 25 de xaneiro a partires das 22h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell na Pastoriza (Arteixo)
https://www.facebook.com/1095837227114748/photos/a.1112981142067023/2228932343805225/?type=3&theater
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 19 )


Venres 18 de xaneiro.

Xa toca Repifesta no Xuntanza. Coma sempre, o venres a partir das 22:00.

Todas as Repifestas de Triskell son abertas a todo o que queira participar, tocando, cantando, bailando ou simplemente escoitando; así­ que xa sabes... Convidado quedas.

LUUUUUUMMMMMEEEEE.....!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pandereteiras Asubiando en Bembrive (Vigo)
https://www.facebook.com/752608031560125/photos/a.766591003495161/1203885306432393/?type=3&theater
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 19 )


Este venres 18 a partir das 23:30h o grupo de pandereteiras ASUBIANDO amenizarán o inicio da festa.
Non volo podedes perder.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Rachada no Furancho o Castelo - Bembrive (Vigo)
https://www.facebook.com/events/291825788142371/
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 19 )



Este sábado,19 de xaneiro, os Airiños do Castelo estaremos pola noite montando festa (que é o que máis nos gusta 😜) cos nosos amigos do Furancho Castelo en Bembrive. Vémonos alí!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asoc. Cultural Triskell na Pastoriza (Arteixo)

(texto engadido o día 11/ / 1/ / 19 )


Venres 11 de xaneiro en Casa Xuntanza a partires das 22h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Con TRASDALOMBA en Lugo
https://www.facebook.com/events/2310064005891319/
(texto engadido o día 4/ / 1/ / 19 )


Sábado, 12 de xaneiro, a partires das 23h

Trasdalomba está formado por nove integrantes, todas mulleres, procedentes de Castroverde.
A afición pola música (algunhas son tamén compoñentes do grupo Zuncurrundullo do mesmo concello), as xuntanzas, as festas pero sobretodo a amizade, fai que xurda esta agrupación musical no verán do 2017 para participar na foliada de A Fonsagrada de ese mismo ano. E dende entón seguimos para adiante.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell na Pastoriza (Arteixo)

(texto engadido o día 4/ / 1/ / 19 )


Venres 4 de xaneiro a partires das 22h na Casa Xuntanza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa dos Reis en A Mezquita
https://www.facebook.com/events/214079962838334/
(texto engadido o día 1/ / 1/ / 19 )


A Festa dos Reis é unha festividade tradicional con séculos de historia que se celebra nos primeiros días de xaneiro na localidade de A Mezquita.

O calendario festivo constará de catro xornadas:

🎵 2 de Xaneiro - Cantar os reis: o primeiro día anunciaremos a festa cantando coplas tradicionais diante das vivendas das aldeas.
💰 3 de Xaneiro - O día de pedir: neste segundo día, os zamarreiros chamarán ás portas das casas para pedir o aguinaldo. A veciñanza adoita axudar a festa con carne de porco, froita, licores ou mesmo cartos.
🥘 4 de Xaneiro - Os invitados: convídase a comer ós persoeiros da aldea (tradicionalmente o alcalde, o médico, o secretario e mailo cura) así como ós convidados dos participantes na festa e ós que deron un bo aguinaldo.
👑 5 de Xaneiro - A parranda: este día faremos unha procesión onde figuran o rei e o vicerrei, disfrazados con barba, coroa e capa. Pola noite escóllense os reis para os dous anos seguintes.

Todo esto, amenizado con boa ración de música tradicional e comida a fartar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta na Pastoriza da Asoc. Cultural Triskell

(texto engadido o día 28/ / 12/ / 18 )


Venres 28 de nadal a partires das 22h na Casa Xuntanza


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación do FestAlegre (Compostela)

(texto engadido o día 21/ / 12/ / 18 )


Do 17 ao 23 de nadal



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Xiada da A.C. Trépia (Pontevedra)

(texto engadido o día 21/ / 12/ / 18 )


Sábado, 22 de nadal a partires das 18h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

(texto engadido o día 21/ / 12/ / 18 )


Venres 21 de nadal a partires das 22h na Casa Xuntanza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pasarrúas de Nadal en A Coruña
https://www.facebook.com/acsondaqui/photos/a.302346246618888/995693550617484/?type=3&theater
(texto engadido o día 14/ / 12/ / 18 )


Sábado 15 de nadal

Asoc. Cultural Son d'aquí
Chegan datas de celebración para moitos e nós, non imos ser menos!☺️🎄
Estamos preparando algunhas sorpresas para estas festas, así que estade atentos, porque iremos contándovos cousiñas nos próximos días.😉 Para comezar, mañá estaremos de pasarrúas polo centro da cidade poñendo música ás rúas a partir das 20h. facendo un percorrido dende o Obelisco ata a Praza de María Pita!!...contamos con vos, así que non faltedes!! 😄

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sondarúa e Keltoi no V Aniversario Colectivo NÓS (Vigo)
https://www.facebook.com/events/649981132068136/
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Venres, 30 de novembro na sala Master Masterclub


O Colectivo NÓS cumprimos o próximo setembro o noso V Aniversario de vida e actividade dentro da grande familia do celtismo, e celebrarémolo por todo o alto cunha festa concerto o venres 30 de novembro ás 23:30 horas na sala Masterclub (Vigo).

Na nosa festa haberá un concerto dos pontareáns SONDARÚA co seu hip hop combativo en galego e tamén dos nosos compañeiros celtistas KELTOI! co seu street punk e Oi! comprometido.

O prezo das entradas será de 5 euros en venda anticipada na e de 7 euros na billeteira o propio dia. Puntos de venta:
- Bar Princesa (Casco Vello).
- Cafetería The Movie (rúa Eugenio Krapf 33, Balaídos).
- O Curruncho dos Titos (rúa Torrecedeira 46).

Os socios/as do COLECTIVO NÓS entrarán de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Festa do Outono en Couso (A Estrada)

(texto engadido o día 23/ / 11/ / 18 )


Sábado 24 de novembro

PROGRAMACIÓN:

16:00h. - Saída a buscar cogomelos.
Actividade guiada por Merche Nodar, especialista na materia (Identificación, nomenclatura e exposición)

20:00h. - Contacontos
"Contos sentad*s onda o lume" con Celso Contacontos

21:30h. - Foliada Libre


CARPA CLIMATIZADA | COMIDA E MÚSICA A FARTAR | ESPAZO PARA DURMIR

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]