Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


VI Festival Folk Illa de San Simón

(texto engadido o día 11/ / 7/ / 15 )


Sábado 11 de xullo a partires das 20:30 na Praia de Cesantes (Redondela)

· AIRIÑOS DA PENEDA
· LICOR DE GAITA
· OS CHAVELLOS DE PEREIRAS
· PELEPAU
· PAN DE CAPAZO

A continuación dos concertos seguiremos a festa cun SERÁN ao que vos animamos a participar.

A partires das 18:00 h. organizaranse xogos para os máis cativos.


** ENTRADA DE BALDE**

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



20º Asalto ao Castelo de Vimianzo
http://www.quepasanacosta.com/?p=43675
(texto engadido o día 4/ / 7/ / 15 )


Sábado 4 de xullo no campo da festa.

Arrincarán os Ruaille-Buaille, divertido grupo folk vasco, xusto antes da representación.
A representación arrincará ás 23:30h no campo da festa e toda a escena e o público trasladarase cos fachos ata o foxo do Castelo. Este ano chámase Herdanza meiga, e representa que tras vinte anos despois das Revoltas Irmandiñas, os señores feudais seguen a oprimir á comarca. O inesperado regreso a casa de Inés, a filla da meiga revolucionaria Urraca, desencadeará nunha nova revolta coa fénix tarefa de derrocar o castelo e, con este, os seus donos.

Xa de volta tocarán Alamedadosoulna, banda madrileña que rebenta escenarios; Artistas del Gremio co seu rollo fanfarria/charanga e pecharán Dakidarría, explosiva banda de ska, punk galega.

Máis información..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Festa Rachada da Baña.

(texto engadido o día 4/ / 7/ / 15 )


Sábado 4 de xullo
Cantata Vernácula; Os Fondaos do Pífaro; Armadanzas de Laraño; Os Rosales; Novos aires da Terra; Berros do castro e, Vai de roda. Foliada ata altas horas, e ao mediodía xantar campestre, xogos populares e zona de acampada.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Serán O Fiadeiro e festa fin de curso (Vigo)

(texto engadido o día 3/ / 7/ / 15 )


O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional
O sábado 4 de xullo os alumnos e alumnas da escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95). Durante as horas que durará o acto actuarán os diferentes grupos da escola de baile moderno, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión entre outros.

Unha vez rematadas as actuacións, a partir das 20.00, comezará un serán infantil con xogos, música e sorteos para @s nen@s que se acheguen ata aquí.

Ás 21.30 horas comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca convidadas ao evento e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo tal e como rexe na celebración dos seráns.

A A.C.F. O Fiadeiro convida a toda a cidadanía a achegarse na tarde noite do 4 de xullo á asociación veciñal de Cabral e vibrar coas actuacións dos alumnos da escola e divertirse ao xeito tradicional da festa serán. A entrada é gratuíta e servirase un pincho para todas as persoas que se acheguen ata á festa.

Novo curso

A elevada demanda dos cursos durante todo o ano ten animado á asociación a iniciar xa a reserva das matrículas para o próximo curso no que se impartirán clases de gaita, percusión, acordeón, pandeireta, e habilidades relacionadas coa música e movemento para cativos e moitas actividades mais.

Contacto – tfno. 986 253 585 / 629 585 355
Secretaria A.C.F. O Fiadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Memorial Ricardo Portela
http://gaiteirosgalegos.gal/index.php?option=com_content&view=article&id=3432:xvi-memorial-ricardo-portela&catid=25&Itemid=18
(texto engadido o día 3/ / 7/ / 15 )


A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela, que este ano celebra a súa 16 edición e que está consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, froito, un ano mais, da colaboración entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Pontevedra.

Nesta décimo sexta edición contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 prestixiosos artesáns de todo o país como son:

Afonso Castro. Gaitas
O Rosal

Alberto Pires. Gaitas
Pontesampaio

Diego Langarika. Percusión e Corda
Mondariz

Foliqueiras. Percusión tradicional
Vigo

Luis Martínez. Instrumentos de corda
Soutomaior

Master Gaita. Gaitas electrónicas
Sada

Nebra. Gaitas e Zanfonas
Porto do Son

O Chilro. Percusión e Gaitas
Cambados

Oli Xiráldez. Gaitas e Requintas
Balcaide - Teo

Pablo Carpintero. Reproducción de instrumentos antigos, Percusión, Gaitas e Requintas
Santiago de Compostela

Queima. Vento e Percusión
Redondela

Xaneco. Percusión e Zanfonas
Outeiro de Rei

A mostra estará aberta na Praza da Ferrería o venres 10 das 17:00 ás 21:30 da tarde e o sábado 11, de 11:30 a 14:00 en horario de mañá, e de 17:00 a 21:30 en horario de tarde.

Ademais o venres 10 ás 20:00h da tarde poderemos disfrutar do pasarrúas de “Picuiña”, cuarteto de música tradicional que conta cun amplo repertorio tradicional de toda Galicia, tanto en toque aberto como pechado e que foron gañadores en múltiples ocasións do Premio Especial Ricardo Portela.

O mesmo venres ás 21:00h da noite poderemos escoitar, tamén na Praza da Ferrería, ao grupo “Xistra de Coruxo”, que está catalogado como o grupo que mellor trata a evolución musical dentro dos parámetros marcados no eido da tradición galega e o que aporta máis novidades de repertorio, debido fundamentalmente ao seu abondoso arquivo de gravacións de campo realizadas nos derradeiros trinta anos por Xerardo F. Santomé. De marcado matiz bailable e participativo, o que fai dos seus directos unha verdadeira incitación á troula e ao disfrute.

O sábado 11 ás 12:00h da mañá serán os vigueses “Contracocheno” os encargados de poñer a nota musical polas rúas da cidade. Trátase dun cuarteto tradicional que se formou a partires do ano 2000 coa finalidade de tocar en concursos, gañando entre outros, un terceiro premio no Memorial Ricardo Portela e que co paso dos anos empezaron a facer tamén diferentes concertos pola zona sur de Galicia e norte de Portugal. Xa pola tarde, haberá dous pasarrúas, que comezarán ás 19:30h, sendo un dos grupos “Gomes Mouro”, que naceu no ano 2003 coa finalidade de recuperar, investigar e dar difusión ao patrimonio musical galego, e especialmente a tradición da provincia de Ourense. E o outro pasarrúas correrá a cargo de “Berros do Castro”, que iniciou a súa andaina a mediados dos anos noventa como cuarteto de gaitas e cos anos foi mudando a súa formación e incorporando novos instrumentos, ata chegar á formación dun sexteto. O seu repertorio confórmano principalmente melodías sacadas dos seus propios traballos de campo sobre músicos e formacións das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Previo ao concerto, en torno ás 21:00h da noite, ademais de homenaxear ao noso querido Ricardo Portela, faremos unha mención especial a Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, a quen está dedicado este ano o memorial, e que é un dos pouquísimos gaiteiros galegos que conservou o tocar pechado da súa zona (Ordes), inmaculado e que foi, por tanto, transmisor dun xeito moi antigo e representativo de tocar. A súa ornamentación e xeito de falar coa gaita eran á vez moi persoais e propios da zona. Manuel era un gaiteiro de torreiro, acostumado a tocar para que a xente bailase. Formou parte de diversos grupos ao longo da súa dilatada vida, a maior parte deles cuartetos de clarinete, moi propios da zona de Ordes. Manuel foi, en fin, o paradigma do mestre gaiteiro feito a si mesmo con entusiasmo, amor pola nosa música e moitas horas de gaita en festas e foliadas. Foi un home duro, serio no seu traballo, mais tamén amable, agradable e bo amigo. Un exemplo de galego bo e xeneroso.

O broche final será a actuación do coro Novo Aires da Terra, na praza da Ferrería. O coro nace cando se cumplen 100 anos da disolución do mítico coro "Aires da Terra" fundado por Perfecto Feijoo na Pontevedra de finais do século XIX. O obxectivo deste novo coro é o de recuperar a música do que foi o primeiro coro galego, para o que empregan unha réplica exacta da gaita de Perfecto Feijóo conservada no Museo de Pontevedra, acompañada cun bombo e un tambor tamén reproducións exactas dos do coro, cantando as mesmas pezas e outras do arquivo Feijoo, e sendo sempre fieis ao estilo orixinal de Aires da Terra.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán Solidario na Nave de Vidán (Compostela)

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 15 )


Venres 19 de xuño ás 22:00 na Nave de Vidán

Chega o bo tempo e con el as ganas de festa. En SOS Aniamalia non íamos ser menos e por iso o venres 19 de xuño organizamos un planazo: SERÁN SOLIDARIO, coa mellor música e músicos de toda Galiza para gozar dunha festa rachada 100% made in Galician. Na Nave de Vidán a partir das 22:00 e ata que o corpo aguante :D
A estrada custa 4 € e a recadación será íntegra para SOS Animalia. Non podedes faltar, agardámosvos!


Llega el buen tiempo y con él las ganas de fiesta. En SOS Animalia no íbamos a ser menos y por eso el viernes 19 de junio hemos organizado un planazo: SERÁN SOLIDARIO, con la mejor música y músicos de toda Galicia para disfrutar de una fiesta rachada 100% made in Galician. En la Nave de Vidán a partir de las 22:00 y hasta que el cuerpo aguante :D

La entrada cuesta 4 € y la recaudación será íntegra para SOS Animalia. No podéis faltar, ¡os esperamos!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



13ª ESTALOTADA: TRIACASTELA (ROMAÑO) - Compostela

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 15 )


Chega a penúltima estalotada da temporada... vémonos o vindeiro 19 de xuño ás 22:00h. no Triacastela do Romaño. E lembrade tamén que a vindeira estalotada será a seguinte semana, enmarcada nas festas de San Pedro, percorrendo todos os bares que participaron nas estalotadas. Longa vida... ao noso pandereteiro!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIV Festa do Melindre
https://nocombaro.wordpress.com/2015/05/07/xxiv-festa-do-melindre/
(texto engadido o día 9/ / 5/ / 15 )


Domingo 10 de maio en Melide

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto solidario en Uxes
http://turismoarteixo.com/es/component/content/article/896.html
(texto engadido o día 9/ / 5/ / 15 )


Sábado 9 de maio no campo da festa, coa actuación de Chotokoeu ás 22h
- Chotokoeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada con Trabalingua (Vigo)

(texto engadido o día 23/ / 4/ / 15 )


Venres 24 de abril no Café de Mario (Rúa Caracas, 5)

O vindeiro venres, froito da colaboración entre a ESN (Erasmus Student Network) e Trabalingua, realizarase de novo outra foliada para universitarios (e non universitarios tamén) no Café de Mario. E que é unha foliada? Pois unha festa con música tradicional galega en directo, onde ademais os participantes poden traer os seus instrumentos e tocar unhas pezas ou bailar. Todo isto de xeito espontáneo.

En primeiro lugar ás 20.00 haberá un obradoiro de baile gratuíto onde poderás aprender os puntos («pasos») básicos de bailes tradicionais galegos como a xota e a muiñeira.
E se bailar non é o teu… Temos ás 21.00 un obradoiro de canto onde poderas aprender as cinco cancións máis populares da nosa música tradicional.

Na foliada participarán os seguintes grupos:
As pandereteiras de Gargamala
As Rexoubeiras
A charanga da Benita
Os gaiteiros de Altamar

Para asistir aos obradoiros de baile tradicional e de canto hai que anotarse enviando un correo electrónico a asociaciontrabalingua@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Traspés de Varanda en Arbo

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 15 )


Este venres día 24 de abril, ás 20:30 h., no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, dentro da programación da LV Festa da Lamprea, Traspés presenta a súa II Mostra de Música e Baile Tradicional.

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música e baile tradicional levada a cabo pola A.C. Traspés da man da Deputación de Pontevedra. De 90 minutos de duración aproximada, achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dando vida a usos e costumes que noutro tempo adoitaban rematar dunha maneira festiva. Traspés tenta recrear aqueles momentos, espertar no público todo tipo de sensacións (nostalxia, ledicia, morriña… quizais nos maiores) e abrir unha nova fiestra ao público máis novo, posuidor dun xeito de vida totalmente afastado do que se pretende amosar.

Esta II Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo dos anos 2014-2015. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.

Ir “De Varanda”, é dicir, ir de troula ou festa, é o termo que dá nome a esta II mostra de música e baile tradicional, onde Traspés interpretará Foliadas, Polavilas, Seráns, Pandeiretadas, Rondas, Ruadas, Fiadas, etc. termos todos eles que denominan xeitos de entender a festa e a troula noutros tempos xa pasados, pero afortunadamente, non esquecidos polos informantes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=135643
(texto engadido o día 18/ / 4/ / 15 )


Xa está chegando a VII Ruada en Cabaleiros e ven coa forza toda!

A máis sonada da redonda!

Non vos esquezades de reservar o día,que adispois veñen os choros.

Engraxade os zocos, ou levade os tenis a botarlle unha goma nova....que ademáis este ano temos pista do trinque!!

Festa na Pontepedra, en Cabaleiros

Festa, A Nosa!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Terbutalina en A Coruña

(texto engadido o día 17/ / 4/ / 15 )


Terbutalina + Fabuloso Combo Espectro
A Casa Tomada (A Coruña)
17/04/2015
21.00
5€

Terbutalina volve a Coruña para facerche bailar como se te duchases todas as mañás en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos. Desde a súa formación en 2010, Terbutalina non parou de tocar, medrar e divertirse. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por salas, festivais e festas de todo o Estado. A mellor mostra do lío que teñen organizado está nos seus directos, nos que non existe a marxe para o descanso. Na Casa Tomada irán, coma sempre, A MUERTE!

Os galegos estarán acompañados de Fabuloso Combo Espectro. A banda madrileña pode presumir dunha progresión modélica nos seus sete anos de andadura. Discos Humeantes publica o seu segundo LP titulado "La herencia de los caracteres adquiridos", onde se endurecen e dan cohesión ao seu son. De certo, todas as etiquetas se lles quedan curtas: no-wave, post-punk... A súa liberdade creativa consigue que non se repitan xamais, afrontando riscos case suicidas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cecebre afina roncóns
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3378:cecebre-afina-roncons&catid=24:festivais-foliadas-romarias&Itemid=18
(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Gaiteiros da parroquia cambresa organizan o venres a súa tradicional foliada, con músicos e bailadores como Susana Seivane, Pedro Lamas, Xosé Lois Romero ou Quique Peón.
A música tradicional ten en Cecebre un lugar de referencia. A parroquia cambresa, que dende hai máis de dúas décadas acolle o taller de instrumentos da familia Seivane, recoñecido co Premio Nacional de Artesanía, conta con notables músicos no eido da tradición que con regularidade se xuntan en foliadas ate a madrugada. Tras máis dun ano sin reunirse para tocar e bailar, gaiteiros de Cecebre organizan de novo a xuntanza, que se celebrará na noite deste venres. A máis internacional dos Seivane xa confirmou asistencia, igual que destacados músicos como Pedro Lamas, Roberto Somoza ou Xosé Lois Romero


Gaitas, pandeiretas e aturuxos soarán o venres na popular foliada que dende hai anos organiza un grupo de gaiteiros de Cecebre e que, esta vez, fíxose de rogar. "Unha das últimas foi a do Nadal de 2014, así que hai moitas ganas acumuladas", asegura o gaiteiro e saxofonista Pedro Lamas, un dos amigos de Cecebre que organizan a festa e dos músicos máis coñecidos que participarán no encontro.


(Prema no título para ler a nova completa)


- Susana Seivane- Pedro Lamas- Xosé Lois Romero- Quique Peón -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Repichoca Aberta na Festa de Apertura da Cantina D'Sedes (Narón)

(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Domingo 12 de abril

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Abóbriga en Tui

(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Venres 10 de abril no Furancho de inquedanzas , durante as festas de San Telmo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Baile con Os Cempes en Bandeira

(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Sábado 11 de abril no Centro Cultural Vista Alegre

O Baile 100% Con Os Cempés é un Baile, un Obradoiro... unha festa para xentes de tódalas edades.
Os Bailes máis sinxelos de aprender, os máis divertidos, os de sempre con música en directo con Os Cempés:



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XX Xantar Gaiteiro en Teo
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3366%3Axx-xantar-gaiteiro-asociacion-de-gaiteiros-galegos&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XX Xantar Gaiteiro.


Será o vindeiro Domingo 12 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña.  


Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos un xantar con música, baile e moita festa !!!


Este ano ademáis, é a XX edición do Xantar, polo que non pode faltar ninguén!! Os que queirades poderedes traer os vosos instrumentos para compartir a música co resto da xente antes e despois do xantar.


Para asistir ao XX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 7 de Abril, indicando, se é o caso, o nome das persoas que te acompañarán. 


                DATA XANTAR: 12 Abril 2015 - 14.30 horas


                LUGAR : Restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña


                MENÚ : Cocido, Filloas,Orellas, Auga, Viño, refrescos, café e chupito


                PREZO :O prezo é de 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.           


MÁIS INFORMACIÓN E  RESERVAS




Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo





Teléfono  986 847 074 / 982 229 966


                Agardamos a túa participación!!!!! 


 


               




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DA GAITA E CANTOS DE TABERNA EN ARZÚA (A CORUÑA)
http://osviqueiras.blogspot.com/2015/04/festa-da-gaita-e-cantos-de-taberna-en.html
(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Sábado 11 de abril 2015
12:15 h. Pasarrúas13:00 h:  Homenaxe a "OS ROMÁNS" de BratesÁs 15:30 h: Xantar de confraternidade no multiusosA partir das 19:30 h. Cantos de Taberna polos bares 



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTA DA PANDEIRETA 2015 EN CERCEDA
http://osviqueiras.blogspot.com/2015/04/festa-da-pandeireta-en-cerceda-coruna.html
(texto engadido o día 10/ / 4/ / 15 )


Sábado 18 de abril 2015 nas ENCROBAS (Cerceda, A Coruña)
Ás 14:30 h: Xantar de confraternidade
A partir das 18:00 h.: Actuación dos grupos

Organiza: Asociación de Mulleres Rurais A XUNGUEIRA DAS ENCROBAS


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]