Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Leilía o 25 de agosto en Noia

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


O vindeiro día 25 de agosto, Leilía levará os sons do seu último disco 'ConSentimento' á Praza do Tapal, en Noia. Será ás 23:00 horas e a actuación, organizada polo dito Concello, enmárcase nas festas da localidade. As pandeireteiras contarán coa colaboración da agrupación 'A Subela', do Liceo de Noia e a entrada será de balde.

Tal e como apuntan as cantareiras, “Noia é una localidade na cal nos atopamos moi agusto”, xa que unha das súas compoñentes, Felisa Segade, é profesora de canto e percusión tradicional na Agrupación 'A Subela', do Liceo de Noia. Así as cousas, ambas as dúas agrupacións interpretarán cinco temas en conxunto.

As compoñentes de Leilía chegan a Noia -despois de actuaren o pasado día 22 na XXIII 'Noite Folk de Negreira'- para engaiolar o público durante perto de hora e media co seu último traballo, 'ConSentimento', “un espectáculo no que grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes.

A actuación está organizada polo Concello de Noia e conta coa colaboración Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Ademais de en Noia, as Leilía non deixan de facer soar as súas voces e ferreñas, xa que logo de actuaren o pasado día 28 de xullo nun festival en Suecia, e este pasado día 22 en Negreira, o 27 deste mes de agosto celebrarán un concerto no Centro de Interperetación de Tourón (Pontecaldelas) dentro do Ciclo Monumenta. Ademais, o 11 de setembro en Ribeira e o 11 de outubro en Narón.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Foliada Santaia (Oleiros)

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 15 )


Sábado, 29 de agosto ás 18:00
Praza Esther Pita, Santa Cruz



Este ano, incorporamos moitas novidades ? Dende as 18:00 e ata ás 20:00h todos os nenos (e non tan nenos) poderán participar nun montón de xogos ubicados na propia praza Esther Pita.

A partir das 20:00 h comezan a música, o baile e as actuacións! Polo escenario pasarán grupos de toda a comarca con moitas gañas de facernos vibrar. E tras a quenda de actuacións daremos paso á FOLIADA LIBRE á que convidamos a todo o mundo a participar e acompañarnos para facer deste evento unha festa inesquecible!

E non vai ser todo bailar e tocar. Todos os que vos acheguedes á Foliada atoparedes o bochinche preparado para dar de beber ás gorxas cansadas, e cunha variedade de pinchos para encher os bandullos baleiros. Ó seu lado, no stand de Santaia poderedes mercar CDs e camisetas para levar Santaia por todo o mundo. E algunha sopresa máis que iremos revelando máis adiante!

E aínda non rematamos… durante toda a noite teremos á venda rifas a 1€ para poder participar no sorteo de incribles premios, colaborando desta forma coa Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz!

Aínda non estades convencidos? Que mellor forma de rematar o mes de agosto? Esperámosvos en Santa Cruz ? Avisade a todo o mundo!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Festa da Pandeira (Piornedo)
https://festadapandeira.wordpress.com/
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 15 )


Sábado 22 de agosto de 2015

13:00 horas: Chegada das participantes. Interpretaciois de pezas nas rúas e nas cantinas.

14:00 horas: Xantar de homenaxe ás tocadoras, no local da A.C. O Teixeiro (con invitación).

17:00 horas: Actuaciois das tocadoras e colaboraciois musicais, na carpa instalada no centro do lugar.

20:00 horas: Actuaciois improvisadas (ábrese o palco a cualquer que queira tocar).

22:00 horas: Baile, no local da A.C. O Teixeiro (podes bailar e tocar os teus instrumentos!). E dispois… Chocolatada!

En Piornedo, Donís (comarca dos Ancares).

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival do Castro 2015. 10 anos (Ferreira de Pantón)

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 15 )


Tras dez anos de festa, de artesanía, de xantares e cafés concertos, ducias de actividades de teatro e circo e unhas setenta actuacións musicais queremos convidarvos a todas ao décimo aniversario do Festival do Castro.

O 22 de agosto, no Castro de Ferreira de Pantón:

11.00 h. - Mostra de artesanía
13.00 h. - Vermú gaiteiro
14.00 h. - Xantar popular
15.30 h. - Café concerto:
La Patxaranga
17.30 h. - Animación infantil:
Lusco e Fusco
18.00 h. - Teatro e circo:
Kote Malabar
As Aerealistas
21.00 h. - Anoitecer no Castro
Poetarras
23.00 h. - Concertos
Os Cempés
Chotokoeu
Muyayo Rif
Ruxe Ruxe

E para rematar a festa, picadiscos até o amencer!


Toda a info na web: http://festivaldocastro.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Ghusto do Boi na II Festa Mariñeira de Cariño

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 15 )


Venres 21 de agosto na praza Roxa

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVIII NOITE FOLK (NEGREIRA)

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 15 )


Sábado, 22 de agosto
Refuxio de Covas

-LIMAGOIA - 22:00h
-LEILÍA - 23:00h
-BUDIÑO - 00:30h. Con Isaac Palacín, Alfonso Casi Siempre, Fernando Barroso,e como convidado especial: Xabier Diaz.


Chega unha nova edición da Noite Folk de Negreira nun ano moi especial, no que as pandereteiras nicrarienses Limagoia celebran o seu 25 aniversario. Farano na compaña do grupo de pandereteiras con maior traxectoria no nosos país: Leilía. No escenario estará ademais coa súa banda un dos gaiteiros de maior proxección internacional: Budiño.

XANTAR POPULAR
Nesta XIII edición a festa comezará ó mediodía, cun xantar popular que inclúe empanada, churrasco, pan, viño refrescos, postre e café por un prezo de 12?. Os tickets poden mercarse ata o 20 de agosto nos seguintes locais de Negreira: Cevecería A Vila, Cafetería O Cotón, Cervecería Trisquel, Gar Sport, Bar Casa da Cultura, Panadería Rïos, Noso Lar, Cafetería Abrente e Delegación de Cultura e Deportes do Concello.

FOLIADA DE TARDE
Ademais, como novidade, dende a organización fan un chamamento a aquelas agrupacións que queiran asistir ó longo da tarde a facer foliada. Os grupos participantes recibirán tíckets para consumir na barra e tamén se lles dará de cear gratuitamente. Para anotarse deben enviar un e-mail indicando o nome do grupo, de onde veñen e o número de membros que acudirán a tocar. A dirección de correo é noitefolknegreira@gmail.com. Aquelas persoas que o prefiran poderán comunícalo directamente no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Negreira.

A entrada é totalmente de balde. Haberá aparcadoiro vixiado e con luz e zona de acampada gratuíta.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festa do pan de millo e ovo en Tenorio - Cotobade

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 15 )


Sábado, 29 de agosto ás 13:00
Tenorio-Cotobade

O día 28 de agosto ás 12.00h farase a presentación do evento no Concello de Cotobade, diante dos medios de comunicación e amenizado polas pandereteiras " Do Val de Quireza"

O día 29 de agosto a partir da 13.00h comenzará o evento co pregón a cargo de "Miro Magariños". Haberá menú degustación e sesión vermouth amenizada pola banda de gaitas " Foula".

A partir das 17.00h xogos populares, hinchables... para os máis pequenos e ás 19.00h comenzará a sesión de concertos "Entre o millo", onde actuarán: "As Chaneriras de Marín", "Comando Foucellas", "Taghaitai".

O remate da festa con serán aberto.

Ata que o corpo aguante!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vaamonde, Lamas & Romero. Derradeiros concertos do verán

(texto engadido o día 18/ / 8/ / 15 )


- Xoves 20 ás 22:30 no Parque Europa da Coruña (Festas de María Pita)
- Domingo 23 ás 19:00 no Campo de Vilanova de Allariz (Festa da Empanada)
- Sábado 29 na Praza da Seca. Corvillón. Cambados (XV festival da Xironsa)
- Luns 31 na piscina municipal de Sigüeiro en Oroso

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Terbutalina - Verán 2015

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


26/06 - Festival Rockin' Carballo, Carballo
30/06 - Festas de San Pedro, Muros
04/07 - Festival Música na Noite, Teo
18/07 - Festival Ribeiro Son de Viño, O Grove
06/08 - Festival Rockin' Vila, Vilanova de Arousa
07/08 - Festa dos Botes, Arzúa
14/08 - Festival San Roqueiro, Portonovo (Sanxenxo)
19/08 - Festival Feito a Man, Compostela
22/08 - Festival Revenidas, Vilaxoán (Vilagarcía)
29/08 - Festival O Son das Mámoas, Candeán (Vigo)
31/08 - Festas do Cristo, Cangas
12/09 - Festival Rock in Rian, Rianxo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festórreo 2015 en Lira (Carnota)

(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


Sábado 15 de agosto
Festa cultural organizada por A.c. Canle na Eira da Cabaseira de Lira.

21:00, Hora da Parva, empanadas e foliada cos
Do Fondo DoPeto e Pandeireteiras sen fronteiros
22:30, Canle Nius, informativo teatral con Miguel de Lira , Adhara Caamaño Sestayo, e Federico Pérez
23:30, Consertos de Sés e Los Claretes

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas 2015 – 20 aniversario (Couso - A Estrada)
http://www.asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


O vindeiro 14 de agosto celebramos a vixésima edición de As Nosas Músicas. Presentámosche xa o programa.

Este ano cúmprense dúas décadas da celebración de As Nosas Músicas, e nesta ocasión, contamos coas actuacións de ALVARIZA, CARLOS BLANCO, RADIO COS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e BANDA DAS CRECHAS como peche de cartel, pero tamén faremos actividades e obradoiros ó longo da tarde.

As actividades de tarde darán comezo cara ás 5:00h cun obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Xandobela, para continuar ás 7:00h con outro obradoiro de iniciación ó baile.
Ás 8:00h da tarde terá lugar unha actividade moi interesante para ver como se maza se espadela, se fía e tece o liño no Val de Vea.

A partir das 9:30h quedará o campo da festa dedicado á ruada aberta con Ultreia para logo xa comezar cas activades nocturnas que pechan o cartel.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Festa Folc de Vilariño (O Hío, Cangas do Morrazo)
http://acogato.wix.com/vilarinhofolc
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


Sábado 15 de agosto na Praia de Vilariño

Pelepau
Kepa Junkera
Chotokoeu
Cuchufellos

A Festa Folc contará este ano coa III Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que arrancará ás once da mañá coa actuación da Treboada do Gato. Ás doce será o momento dunha sesión libre para que toda aquela persoa que o desexe poida subir a cantar e tocar sobre o escenario. Ás cinco da tarde será a presentación da colección de libros-CD “Chave Mestra” que edita aCentral Folque e ás sete o Obradoiro de baile “Muiñeira de Vilariño“.


Entrada de balde. Organiza: A.C. O Gato

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXII Festa da Carballeira de Zas

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 15 )


A XXXII Festa da Carballeira será, coma sempre, o primeiro sábado de agosto.
Pero comenzaremos o día anterior para ir quentando o corpo na carpa do centro social con:

Venres 31 de xullo a partir das 22:00h

- Gaiteiros de Fornelos
- Seisporoito
- Pandeiromus

Xa na Carballeira de Velar
Sábado 1 de Agosto a partir das 16:00h
- Mercadillo de artesanía e produtos ecolóxicos.
- Xogos para os nenos.
- Postos de comida tradicional.

Actuarán:
- Grupos da A.C Castro-Meda de Zas
- Foliada da Carballeira.
Unha foliada aberta a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns. Os músicos que se animen a participar e se anoten en foliada@festadacarballeira.com terán entradas de balde para o festival, e un servizo para gardar os instrumentos.

A partir das 22:30h
- Os Viqueiras de Ordes (Galiza)
- Ses (Galiza)
- Luar na Lubre (Galiza)
- Skipinnish (Escocia)
- Anxo Lorenzo (Galiza)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Traspés na XXXVI Festa do Pemento Arnoia

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 15 )


O sábado, día 1 de agosto, as nosas seccións musicais marchan a terras ourensanas a tocar nunha festa das que xa teñen sona...

Dende as 12 do mediodía, e tamén a partir das 19:30 da tarde, poderedes gozar da música da nosa charanga, que estará amenizando a velada nesta Festa do Pemento que se celebra no concello de Arnoia.

Por se fora pouco, ás 22 h., e no mesmo lugar, dará comezo o I Festival Certame de Pandereteiras "Arnoia Viva" onde participarán o noso grupo de pandereteiras, e tamén o grupo de pandereteiros, ademáis estarán as pandereteiras de Brincadeira e A Subela.

Vas perder este gran día?¿?¿ Nós non... E veña festa!!

Esperámosvos a todos en AR NO IA... e veña pemento

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Derradeira Noite na Terra nas Festas do Apostolo (Compostela)

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 15 )


Xoves 30 de xullo na Praza da Quintana

A Derradeira Noite na Terra é un novo proxecto que están argallando entre SOKRAM e MOU ( Dios Ke Te Crew), os membros de MALANDRÓMEDA, o mestre da batería L.A.R. LEGIDO e o guitarrista SANTINO (Lady Chatarra); e que culminará cun show exclusivo e único que pechará toda unha noite de concertos na praza da Quintana en Santiago de Compostela.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada Donón 2015 (Cangas)

(texto engadido o día 24/ / 7/ / 15 )


O próximo venres 24 de xullo celebraremos unha nova edición da Foliada de Donón.
Comezaremos ás 20:00 coa inscripción no concurso de tortillas, que se celebrará ás 21:00h. Posteriormente, continuaremos coa festa na gran compaña de:
-PANDERETEIR@S A.C. O ARCO DE VILANOVA
-A.C. RETROUSO
-PROA Ó VENTO
-GAITEIROS DO MAR
-OS TOMBIÑOS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Cultura de Vigo 2015

(texto engadido o día 24/ / 7/ / 15 )



Sexta edición da Festa da Cultura de Vigo que organiza á Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e polo Concello de Vigo e ABANCA.

Vai ter lugar os días 24, 25 de xullo na Porta do Sol de Vigo. Haberá actuacións musicais, de teatro, desfiles e concertos.


Programa Completo


24 de xullo, venres:

Teatro infantil na Porta do Sol:
18:00 Pepiña Maruxiña quere voar, Barafunda S.L.

Pasarrúas pola rúa do Principe desde a rúa Velázquez Moreno:
19:00 Grupo Folclórico da Scdr Helios de Bembrive
19:25 Grupo de Gaitas Rueiro Coia Vigo
20:15 Grupo Folclórico Froles Novas
20:40 Grupo Etnográfico Grupo Etnográfico A Buxaina do Crac De Coruxo

Actuacións no escenario da Porta do Sol:
19:25 Grupo Folclórico da Scdr Helios de Bembrive
19:50 Grupo de Gaitas Rueiro Coia Vigo
20:40 Grupo Folclórico Froles Novas
21:05 Grupo Etnográfico Grupo Etnográfico A Buxaina do Crac De Coruxo
21:30 Escola de Acordeóns da CVC de Valladares

Concerto noite na Porta do Sol
23:00 The Soul Jacket + convidado


**************************************************


25 de xullo, sábado:

Pasarrúas pola rúa do Principe desde a rúa Velázquez Moreno:
11:00 Grupo Folclórico Airiños do Coto
11:25 Asociación Folklórica Corisco Vigo
11:50 Os Ventos Asociación Folclórica
12:15 Asociación Asubio
18:30 A.F. LEMBRANZAS GALEGAS
18:55 Asociación Folclórica Queixumes
19:20 Grupo de Batucada Leña Verde da SCD Atlántida de Matamá
19:45 Asociación Folclorica Andarela
20:10 Asociación Folclórica traspès
20:35 Charanga CóstameKrelos

Actuacións no escenario da Porta do Sol:
11:00 Monteira Danzas Do Mundo
11:25 Grupo Folclórico Airiños do Coto
11:50 Asociación Folklórica Corisco Vigo
12:15 Os Ventos Asociación Folclórica
12:40 Asociación Asubio
13:50 Banda-Escola de Música de Beade
18:30 Grupo de danza FlashDance do Centro Cultural e Recreativo de Cabral - Becerreira
18:55 Asociación Folclórica. Lembranzas Galegas
19:20 Asociación Folclórica Queixumes
19:45 Grupo de Batucada Leña Verde da SCD Atlántida de Matamá
20:10 Asociación Folclórica Andarela
20:35 Asociación Folclórica traspès
21:00 Charanga CóstameKrelos

Concerto noite na Porta do Sol
22:30 Banda de Gaitas Xeremiers de Sóller (Mallorca)
23:30 Falcatrúa (Galicia)
00:30 Banda de Gaitas Villa de Candas Fs (Asturias)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Encontro de música e bailes do País (Arcos da Condesa-Caldas de Reis)
http://pontevedraviva.com/cultura/20908/arcos-condesa-encontro-musica-bailes-pais/?lang=gl
(texto engadido o día 11/ / 7/ / 15 )


O 11 de xullo, Arcos da Condesa (Caldas de Reis) será o lugar de celebración do primeiro Encontro de Música e Bailes do País, que se iniciará ás 12.00 horas con música popular e foguetería para dar paso á apertura da exposición con materiais como zanfonas, gaitas, frautas, arpas celtas, baixos, guitarras, diferentes tipos de pandeiros e vestiario tradicional.

Tamén se desenvolverá un concurso de empanadas que finalizará cunha comida popular baixo a carpa ás 14.30 na que se celebrará unha homenaxe aos maiores. Para aqueles que queiran participar no concurso, as bases establecen que as dimensións mínimas da empanada será de 30 x 20 centímetros. E a mellor obterá un vale de compra por valor de 70 euros.

A partir das 17.00 horas comezarán as actuacións coa participación do grupo folclórico Hai que roelo, o Ballet folclórico galego, a Escola de Instrumentos populares galegos "Suso Vaamonde", o grupo Cantata Vernácula e o grupo Alvariza. A festa finalizará arredor das 22.00 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Encontro en embarcacións tradicionais de Galicia (Boiro)
http://www.encontrocabo2015.org/
(texto engadido o día 11/ / 7/ / 15 )


Do 9 ao 12 de xullo de 2015

Do 9 ao 12 de xullo de 2015

Xoves 9:
09:45 h Xornadas Técnicas (na Asoc. de Mexilloeiros no peirao)
11:00h Comezo da navegación
11:00h. Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)
13:00h Marusía de música con Arume e os da Boina
17:00h Navegación e actividades a flote e
17:00h Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)
18:00h Inauguración oficial
18:30h Izado de velas e saúdo das embarcacións participantes
20:00h Danzas mariñeiras coa agrupación Xilbarbeira
23:00h Noite intercéltica

Concertos no escenarios do peirao
Cantareiras Lumieira e Xilbarbeira (Galicia) e The Eskies (Irlanda)

Venres 10:
11:00h Xornada de navegación
11:00h. Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)
13:00h Marusía de música con Fiadeira e cantareiras Xoaniñas
13:30h Presentación do libro de Lino Pazos no Joaquín Vieta
17:00h Navegación e actividades a flote
17:00h Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)
18:00h Visitas guiadas: “A carpintería de ribeira e asteleiros tradicionais.
Pto. de encontro: caseta de información. Espazo JJChicolino
19:00h Poesía e música AldaoLado (no náutico)
20:00h Danzas mariñeiras coa agrupación Abeloura
20:30h Proxección do documental do “Cabo Razo” na AMC
23:00h Noite audiovisual con Xurxo Souto e os Gaiteiros do Mar na Ribeira Grande
24:00h. Concerto principal no escenarios do peirao:

Teixadura (25 aniversario)


Sábado 11:
11:00h Xornada de navegación
11:00h. Apertura de carpas (exposicións/, obradoiros, artesanía, xogos)
11:30h Visitas guiadas “Cabo de Cruz: da Arqueoloxía á actualidade”.
Pto. de encuentro: caseta de información. Espazo JJChicolino
12:00h Xogos populares de mar e terra no peirao coa Asoc. de
Festas do Carme de Cabo de Cruz
13:00h Saúda ás novas embarcacións tradicionais
13:15h Marusía de música con Os da Volta do Monte e As Xoaniñas
13:00h Presentación do libro de Valdemar Aveiro no Joaquín Vieta
17:00h Navegación e actividades a flote
17:00h Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)
19:00h Poesía e música “Grupo Ouriol” (no náutico)
20:00h Danzas mariñeiras co Ballet Folclórico Boirense
20:30h Festa do Longueirón (Asoc. Festas do Carme)
22:00h Teatro de vida: “Un mar de mulleres” do obradoiro de
Memoria da Cruz Vermella Local Boiro. No auditorio Centro Social de Cabo
de Cruz.
23:00h. Concerto no escenarios do peirao:

Presentado por Sonia Lebedynski, con:
Cantareiras Nunca é Tarde, O Aquel de Aquelar e Radio Cos


Domingo 12:
11:00h Xornada de navegación
11:00h. Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)
11:30h Visitas guiadas : “O comercio e os gremios en Cabo de Cruz” Pto. de
encuentro: caseta de información. Espazo JJChicolino
12:00h Danzas mariñeiras coa agrupación Aroña
13:00h Marusía de música , co Ar de Loureda
15:00h Acto de agradecemento ós embarcacións participantes
17:00h Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía,xogos)
19:00h Poesía e música “Cesar Morán e Xosé Taboada”, no náutico
12:00h. Concerto de peche con Os Perucos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura e Riobó na Foliada Nordestía en San Ciprián (Cervo)
http://www.noticieirogalego.com/2015/06/a-foliada-nordestia-traera-aos-grupos-treixadura-e-riobo-e-a-ce-orquestra-pantasma-a-san-ciprian/?PageSpeed=noscript
(texto engadido o día 11/ / 7/ / 15 )


Os días 10 e 11 de xullo San Ciprián reunirá a numerosos grupos de música folk e popular galega na Foliada Nordestía, coincidindo ademais coa celebración das Festas do Carme. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, os membros da Asociación Clan, Ricardo García e Marcelino Bermúdez, que organiza esta iniciativa, e o presidente da Comisión de Festas do Carme, José Ramón Soto, presentaron o cartel e os detalles deste evento musical.
A primeira actividade terá lugar o venres día 10, a partir das 19:30 h. con “Cantos de taberna”, que inclúe a degustación de tapas a 1 euro con acompañamento de música tradicional en directo da man de numerosos grupos chegados da Mariña e doutras partes de Galicia.
Un evento do que formarán parte 19 bares e restaurantes de San Ciprián e no que se sortearán 200 euros. Os locais que participan son: El Puerto, Pedregal, O Pulgas, O Mesón do Pulpo, CIT, A Bodega, O Noso Lar, Candal, Camarote, Pizzería O Trasgo, Mesón da Ría, Lusco Fusco, Bierzo, Sombriza, Maruxaina, O Encontro, Telvi´s, Titas e Bruno´s.
A noite continuará coa actuación de Ce Orquestra Pantasma, músico vigués autodidacta que leva dende o 2008 ofrecendo espectáculos como home orquestra pero que conta cunha longa traxectoria, tendo formado parte de grupos recoñecidos como A Roda.

Treixadura e Riobó
O sábado 11 de xullo será o día forte, comezando cunha actividade infantil, o espectáculo “Sen medidas” de Novocirco, a partir das 13:00 h. Pola tarde, a partir das 21 h. catro grupos de música folk e tradicional galega participarán na foliada na praza dos Campos, dous deles de San Ciprián, como son Mistura e A Rebolaxe. Tamén ofrecerán a súa música A Rexouba da Coruña e Buxos Verdes, de Vilalba.
As actuacións continuarán ás 23:30 h. con Treixadura, un grupo de gaiteiros das Rías Baixas con 25 anos de traxectoria que presentarán o seu novo disco e que traerán música popular de tradición oral e tamén composicións propias.
Pechará a noite o grupo Riobó, composto pola violinista folk galega Begoña Riobó, que traballou nas bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane ou Sondeseu, e outros catro músicos cunha sólida traxectoria.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]