Resultados para:

Festa
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]

Novas que incluen 'Festa':


Noite de Bolos - Festa do Pan de Neda

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


Sábado 5 de setembro no Paseo Marítimo de Xuvia, ás 21h:
TOXOS BRAVOS
TARDEPIACHE
TRANSILVANIANS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIX Festival de Poesía do Condado (Salvaterra)

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


4 e 5 de setembro

Esta fim-de-semana celebra-se a 29ª ediçom da festa, dedicado ao lema ‘Migrantes’.
Actuam Cuarteto Caramuxo, Caxade, Ataque Escampe, Pega Monstro, Festicultores e os DJs Irmãos Makossa.


A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado suma-se ao chamado solidário com as pessoas refugiadas que estám a chegar à Europa desde o Oriente Próximo e a África, e reclama que Salvaterra de Minho e as demais vilas e cidades do Condado e de toda Galiza se convertam em terra de asilo para as proteger e acolher.

A SCD celebra esta fim-de-semana o 29º Festival da Poesia no Condado, dedicado ao lema ‘Migrantes’. Todas as actividades e intervençons do encontro estám vertebradas polos temas da emigraçom, a inmigraçom ou o exílio; mas a SCD quere dar um paso mais reclamando que Salvaterra se converta em terra de asilo, e chamando à toda povoaçom galega a fazer das suas vivendas e da sua terra um lugar de asilo.

O lema ‘Migrantes’ foi escolhido pola SCD para defender os direitos das migrantes e para denunciar as causas que obrigam às pessoas a abandonar os seus lugares de origem. Invassons, guerras e asfíxia económica provocadas polo capitalismo depredador obrigam às pessoas a fugir da Síria, do Afganistám, ou de diferentes países africanos. A SCD quere chamar a atençom sobre este fenómeno e defender a liberdade de todas as pessoas a traspassar fronteiras e o direito dos povos a se relacionarem em igualdade.

PROGRAMA:

sexta-feira, 4 de setembro

19:30 | AUDIOVISUAIS
CURTAS MIGRANTES – Cineclube de Compostela
21:00 | EXPOSIÇONS
GABRIEL TIZÓN | fotografía
XOSÉ QUIROGA | fotografía
VIDEOCARTAS GALIZA-BERLÍN | audiovisual


22:00 | NOITE NAS MINAS
QUARTETO CARAMUXO*
*10€·8€ (desempregadas) Reserva de bilhetes: info@scdcondado.org – 646 95 95 87 (WhatsApp)

ISAAC XUBÍN recita a J. SARRIONANDIA

Ao remate, e já no exterior
MALFOLIADAS
SUTTA ENKI DUB




sábado, 5 de setembro

11.30 | PASSA-RUAS
CORO FUSCALHEIRO


11.30 | DESPORTO
CAMPIONATO DE BILHARDA


12.00 | APRESENTAÇOM
A VILA É PURO TEATRO – Asc. das Brétemas

13.00 | MESA REDONDA
SUSANA BEATRIZ | Foro galego da Inmigración
PAULA MONTEAGUDO | Voltar á Terra
X. QUIROGA | Tanquem els cies, antigonia

17.00 | FESTA INFANTIL
CHUCHES AMIL – Fran Amil

18.00 | APRESENTAÇOM
CONTOS DO MAR DE IRLANDA – Xurxo Souto

19.00 | AUDIOVISUAIS
Curtas premiadas no Festival de Cans

20:30 | MÚSICA&POESIA

Apresenta
ESTHER CARRODEGUAS

Recitam
ALBA CID, XABI BORDA, ISABEL BLANCO-RIVAS,
AUGUSTO FONTAM, ALEXANDRE INSUA, JON BENITO,
LARA ROZADOS, Mº JOSE FERNÁNDEZ, ALEXANDRE SÁ,
ROSALÍA MORLÁN e EDUARD VELASCO.

Música

CAXADE
ATAQUE ESCAMPE
PEGA MONSTRO
FESTICULTORES
IRMÂOS MAKOSSA


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do acordeón na Rúa, en Bembrive

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


Xoves 4 de setembro
Festa do acordeón organizado polo grupo de acordeons Tarataña da man de Manuel Olegario en colaboracion con a Entidade Local Menor de Bembrive a partir das 8 da tarde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Afamadas e tradicionais festas da Rúa de Baixo (Compostela)

(texto engadido o día 3/ / 9/ / 15 )


Do 1 ao 6 de setembro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVIII edición do Festival Folclórico do Condado de Ponteareas

(texto engadido o día 2/ / 9/ / 15 )


O días 6 e 13 de setembro celébrase a XXVIII edición do Festival Folclórico que organiza o Concello de Ponteareas dentro da programación cultural das Festas dos Remedios e San Miguel.

A primeira sesión, o domingo día 6, comeza cun pasarrúas dende a Praza do Concello ás 10h, que percorrerá parte do casco urbano para rematar no Parque da Feira Vella. Ás 19h comeza no esecenario a intervención dos gurpos. (en caso de mal tempo o festival realizarase no Auditorio Reveriano Soutullo)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Serán de Alxén (Salvaterra de Miño)

(texto engadido o día 2/ / 9/ / 15 )


Sábado 12 de setembro
Torreiro de festas de Alxén, viño e comida de balde!

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaría Tradicional BoqueiSons en Sergude (Boqueixon - A Coruña)

(texto engadido o día 2/ / 9/ / 15 )


O vindeiro sábado 5 de setembro terá lugar a segunda edición da Romaría Tradicional BoqueiSons: feira de artesanía, musica tradicional, xogos populares, concursos, photocall, obradoiro de iniciación ao baile, pulpeiro, espazo para comida campestre ... etc, todo esto e moito máis na Carballeira de Rodiño, en Sergude (Boqueixón), ao carón da Taberna O Portugués.
A partir das 13:00h dará comezo a festa, e logo ata que o corpo aguante!! Os doce grupos que compoñen o cartel tocarán ata aproximadamente as 22:30, e logo foliada libre!! Non deixes o teu instrumento na casa, que logo farache falta!!! E para meterte de cheo na festa trae os teus zocos e vestimenta tradicional!

As agrupacións musicais que poñerán música a esta fermosa Romaría, son:
Son de Ghaita (Sergude)
Pandereteiras de Codeso
Pena do Corvo (Codeso)
Muxicas da Silveira (Camporrapado)
Loaira (Lestedo)
Estralampo (Lestedo)
O Ghusto do Boi (Lestedo)
Gharatuxa (Compostela)
Recobio de Vaamonde (Teo)
Esfolladores de Illobre (Vedra)
Pasabodeghas Troupe (Vedra)
Son´s da Mina (Fontao - Vila de Cruces)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada en Vilalba

(texto engadido o día 2/ / 9/ / 15 )


Xoves 3 de setembro a partires das 21h
Praza de Santa María, Vilalba


Os grupos tradicionais vilalbeses organizan unha foliada para as festas patronais, á que quedades todos convidados.
Terá lugar o vindeiro xoves 3 de setembro a partir das nove da noite.

Os protagonistas deste evento cultural serán Buxos Verdes, Entre Lusco e Fusco, a Asociación Cultural de Andrade, a banda de gaitas Mato Vizoso e as asociacións de veciños de Nete e Sancovade, que comezaron a súa andaina na música tradicional fai uns meses.

A organización de dita foliada corre a conta destas agrupacións musicais, logo da ausencia da convocatoria por parte da comisión de festas ou do Concello, como en anos anteriores.

A iniciativa corresponde a un desexo de fomentar a cultura galega nun lugar onde a tradición neste tipo de música goza dun forte arraigamento e cada día conta con máis veciños e veciñas implicados e con gañas de amosar o feito ao longo do curso nas festas da súa vila. Neste punto é onde confluimos todos os grupos, ao ter considerado de grande importancia seguir facendo polo menos unha foliada ao ano no casco histórico de Vilalba.

A orde das actuacións será a seguinte:
21:00 A.C de Andrade Pandereteiras de Andrade
21:30 Asociacións de veciños de Nete e Sancovade
21:40 Bloquinho de Xermolos
22:00 Buxos Verdes Buxos Verdes
22:30 Banda de Gaitas Mato Vizoso
23:00 Entre Lusco E Fusco
23:30 Bloquinho De Xermolos

Animamos a todos os vilalbeses e vilalbesas a que se acheguen a escoitar e collan os seus instrumentos para participar deste evento, esperando a máxima asistencia e entrega para cumplir co obxectivo principal: pasar un bo anaco e dar o espazo que merece á música galega e aos músicos vilalbeses.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite folklórica e serán popular en Ribadelouro (Tui)

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 15 )


O próximo sábado 29 de Agosto celebramos unha noite especial en Ribadelouro.

Contaremos coa participación do grupo Coros y Danzas Zangaena de Ríolobos (Cáceres), a Treboada Os da Fonte do Frade (Goián), Os Camponeses Minhotos (Cerdal, Valença) e a Asociación Cultural Santa Columba (Ribadelouro).

Despois celebraremos un serán para que tod@s @s que queirades podades vir a tocar/cantar e pasar unha noite de festa!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Denomerock - Festas de Novo Mesoiro (A Coruña)

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 15 )


Venres 28 de agosto

21:30 TRAPALLADA
22:45 DAKIDARRIA
00:45 MIGUEL COSTAS
03:15 HADRI HACHE DJ

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ludovaina e Carapaus nas Festas do Cristo 2015 (Cangas)

(texto engadido o día 28/ / 8/ / 15 )


Venres, 28 de agosto ás 23h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



CAXADE, SES e TERBUTALINA nas Festas do Cristo de Cangas

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 15 )


Luns 31 de agosto a partires das 22h

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVII Festa do Requeixo, A Capela

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 15 )


Domingo 30 de agosto
"Alxibeira" música e danza tradicional
Banda de gaitas "Alfaia"
A Requinta de Xián
Birimbao
Caxade

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vindeiros concertos de CAXADE

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 15 )


29
AGOSTO
PONTE-VEDRA | "FESTIVAL BRINCA NA PRAZA"
Praça do Teucro (Ponte Vedra)
22h00



30
AGOSTO

A CAPELA | "FESTA DO REQUEIXO"
13h30


31
AGOSTO

CANGAS | "FESTAS DO CRISTO"
CAXADE + SES + TERBUTALINA
22h00


03
SETEMBRO
OURENSE | AUDITÓRIO


05
SETEMBRO
SALVATERRA | "FESTIVAL DA POESIA"
CAXADE + ATAQUE ESCAMPE + PEGA MONSTRO + FESTICULTORES + IRMÃOS MAKOSSA
21h30 | 0€


18
OUTUBRO
RIBADEU | CINE-TEATRO DE RIBADEU
Rua Sam Roque, 2. Ribadeu (LUGO)
20h30 | 0€



13
NOVEMBRO
MONTERROSO | A CLAVE
Benigno Vázquez, 19. Monterroso (LUGO)
20h30 | 0€




12
DEZEMBRO
PONTE-VEDRA | SALA KARMA
Marqués de Riestra, 23. Ponte-Vedra
22h30 | 2€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Foliada Santaia

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 15 )


O Sábado 29 de Agosto a partir das 18:00h na praza Esther Pita, en Santa Cruz estades todos convidados á III FOLIADA de SANTAIA!

Este ano, incorporamos moitas novidades ? Dende as 18:00 e ata ás 20:00h todos os nenos (e non tan nenos) poderán participar nun montón de xogos ubicados na propia praza Esther Pita.

A partir das 20:00 h comezan a música, o baile e as actuacións! Polo escenario pasarán grupos de toda a comarca con moitas gañas de facernos vibrar. E tras a quenda de actuacións daremos paso á FOLIADA LIBRE á que convidamos a todo o mundo a participar e acompañarnos para facer deste evento unha festa inesquecible!

E non vai ser todo bailar e tocar. Todos os que vos acheguedes á Foliada atoparedes o bochinche preparado para dar de beber ás gorxas cansadas, e cunha variedade de pinchos para encher os bandullos baleiros. Ó seu lado, no stand de Santaia poderedes mercar CDs e camisetas para levar Santaia por todo o mundo. E algunha sopresa máis que iremos revelando máis adiante!

E aínda non rematamos… durante toda a noite teremos á venda rifas a 1? para poder participar no sorteo de incribles premios, colaborando desta forma coa Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz!

Aínda non estades convencidos? Que mellor forma de rematar o mes de agosto? Esperámosvos en Santa Cruz ? Avisade a todo o mundo!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura e Tiruleque na Festa da Istoria - Ribadavia

(texto engadido o día 25/ / 8/ / 15 )


Venres 28 e sábado 29 de agosto

Venres_Tarde:
Camerata Piu Bassa, Coro da Istoria, Clarinetes da Lira e Baile Medieval.
Venres_Noite: Treixadura
Sábado_Noite: Tiruleque
Ademáis de grupos de música de rúa e de animación.



Programa Oficial:

VENRES, 28 DE AGOSTO

10:00 VI Concurso de pintura rápida. Polas rúas
11:00 Apertura del mercado (Turdión & Los bufones Casimesale "Losinfuste"). Alameda
11:00 I Concurso Infantil / juvenil de pintura rápida. Alameda
11:30 Pasacalles muscial a cargo de "Os alegres tarados do ritmo" . Alameda
12:00 Animación para nenos "O Libro Máxico" (La Manufactoría) . Alameda
12:30 Concerto de rúa a cargo do grupo Turdión Medieval. Alameda, prazas e ruas
13:00 Os Comepedras (Confusión). Alameda
13:30 Concerto de rúa a cargo do grupo Edena Ruh. Alameda
14:00 Animación de rúa "Os Chepudos" (Cía Losinfuste) .Alameda
14:30 Animación de rúa "Chegados de terras afastadas" (Confusión) .Alameda
15:00 Hora do bo xantar e peche do mercado. Alameda
18:00 Reapertura do Mercado. Alameda e nas prazas e ruas do Casco Histórico
18:30 Músicos e malabaristas percorren o mercado (Turdión & Confusión) .Alameda, prazas e ruas
19:00 "O fauno e a guerreira elfa" a cargo do grupo Losinfuste. Alameda, prazas e ruas
19:15 Animación de rúa "Embufona-2". Cía. Circo Cido. Polas rúas e prazas
19:30 "O Libro Máxico" (La Manufactoría). Espectáculo para nenos.Alameda
20:00 Exposición y entrega de premios de los Conursos de pintura rápida. Club Artístico
20:00 Pasacalles musical a cargo do grupo Edena Ruh. Alameda, prazas e rúas
20:30 Música e baile na Igrexa de San Domingos.
Coro da Istoria
Baile Medieval Donas sen Cabaleiros e Grupo de Clarinetes de La Lira
Concerto do grupo Camerata Più Basa
20:45 Animación de rúa "Os Comepedras" Alameda
21:00 Música na rúa a cargo do grupo Turdión Medieval Alameda, prazas e ruas
21:30 Animación para nenos "O Libro Máxico" (La Manufactoría) .Alameda
21:45 Personaxes Fantásticos. Cía Circo Cido. Praza Maior
22:00 Espectáculo de rúa con lume e acrobacia a cargo de Losinfuste. Alameda
22:00 A música de "Edena Ruh" percorrerá as rúas e prazas da Vila. Alameda, prazas e ruas
22:15 Procesión da Cruz Verde. Polas ruas e prazas do Casco Histórico
Saída Rua San Martiño e chegada ao Auditório do Castelo.
23:00 Teatro no Auditorio do Castelo. Obra: "O Malsín" Auditório
23:30 Espectáculo de lume "A danza macabra". Grupo Circo Cido. Praza Maior
0:00 Espectáculo de música e lume " A captura do dragón". Polas rúas / fachada
0:30 Concerto Treixadura .Fachada Castelo
1:30 Espectáculo de pirotécnia e luz. Fachada Castelo
2:00 Música de rúa a cargo de Edena Ruh Polas rúas e prazas



SABADO, 29 DE AGOSTO

10:00 Lectura do Bando da Istoria. Polas rúas e prazas do Casco Histórico
10:30 Apertura do Banco Alhóndiga
Na Praza Maior, Alameda, Pz. García Boente, San Martiño e rúa Progreso
10:30 Apertura do Mercado Medieval. Polas rúas e prazas da Vila e no recinta da Alameda
11:30 Gran Desfile da Istoria.
Dende San Francisco ata o Castelo dos Sarmiento
Participan :
Grupos de animación Losinfuste, Crico Cido, Cano Canyon, Confusión
Bandas de Gaitas de Ortigueira e Lobeira
Grupos de música Son de Serán, Turdión Turdión Medeival, Kepler TT, Edena Ruh, María Balteira ……..
Donas sen Cabaleiros, Tabaleiros da Istoria, Notables, Voda Xudía, Xadrez,
Cabalos de Carrás, Especialistas Hipica Celta, Arc-Teixo, Gastrafetes,
Halconeros de Castilla, e demais VOLUNTARIOS
12:15 Pregón - Erundina Pumares Vázquez
Na fachada do Castelo
12:30 Entrega de Medallas aos Notables da Istoria na fachada do Castelo, e o remate :
Bandas de Gaitas pola Rúa Progreso
Grupos de animación e música de Maria Balteira polas rúas do casco histórico
A música de "Edena Ruh" percorrerá o mercado da alameda
13:15 Baile Medieval Donas sen Cabaleiros. Na Praza Maior
13:30 Saída da comitiva da Voda Xudía
Dende a Rúa dos Fornos
13:30 Xadrez Vivente. No auditorio do Castelo. Só persoas vestidas de época
14:15 Voda Xudía. Só persoas vestidas de época. Na Igrexa da Oliveira
14:30 Xantar Medieval
Na Madalena. Só persoas vestidas de época
14:30 Animación de rúa: "O Fauno e a Guerreira". (Losinfuste). Na Alameda
14:45 Cetraría e Exhibición de Aves. Grupo Halconeros de Castilla. Na Praza Maior
15:00 Escola de Arqueiros para nenos. Grupo Arc-Teixo. Adro de San Domingos
15:00 Concerto de rúa. Grupo Turdión
Na Rúa Progreso
15:15 "Personaxes Fantásticas" a cargo de Circo Cido. Na Alameda
15:30 Actuación Grupo Tabaleiros da Istoria
Polas rúas e prazas
16:00 Xogo da Billarda. Adro de San Domingos
16:30 Animación de rúa a cargo de Cano Canyon. Na Alameda
16:45 Kepler T&T con animación e pasacalles musical. Na Alameda
17:00 Os Ballesteros do Reino amosan as súas habilidades. Grupo Gastrafetes. No Adro de San Domingos
17:30 Animación de rúas: Circo Antigo (Grupo Circo Cido)
Polas rúas e prazas do Casco Histórico
17:45 Animmación musical (Edena Ruh)
Na Alameda
18:00 Carreira de Pipotes
Pola rúa Progeso ata o Club Artístico
18:15 Exhibición de Tiro con Arco. Adro de San Domingos
18:30 Carreira de Sacos. Na fachada do Castelo
18:30 Animación musical de rúa. Kepler T&T , pólas rúas e prazas.
18:45 Entrega de premios Carreirs de Pipotes e Sacos. Na fachada do Castelo
19:00 Monicreques para Nenos
Adro de San Domingos
19:15 Os músicos de Turdión percorren o mercado. Alameda e Casco Histórico
19:30 Exhibición de Cetraría. Grupo Halconeros de Castilla. Campo do Xestal
19:30 Animación de rúa; "Las Bienaventuràs". Grupo Losinfuste. No mercado da Alameda
20:00 Gran Torneo Medieval. Grupo de especialistas Hipica Celta. No campo do Xestal
20:15 Animación musical de rúa. Kepler T&T , pólas rúas e prazas. Rúas e Prazas da Vila
20:30 Pasacalles musical. Grupo Edena Ruh
Alameda e rúas do casco histórico.
20:45 “O Fauno” . Animaciónb de rúa a cargo de Cano Canyon. Praza de San Xoan.
21:00 Concerto de rúa a cargo de Turdión
Na fachada do Castelo
21:30 Baile Medieval Donas sen Cabaleiros
No Auditorio do Castelo
22:00 Espectáculo de acrobacia e lume .
No Auditorio do Castelo
22:15 Concerto da Escola de Gaitas de Ortigueira. No Auditorio do Castelo
22:30 Peche do Banco Alhóndiga. Praza Maior
22:30 Actuación de Cano Canyon con lume e malabares na Praza Maior
23:00 A Captura do Dragón (Turdión e Confusión). Na fachada do Castelo
23:15 Animación de rúa en San Martiño. (Circo Cido e Edena Ruh). Rúa Progreso
23:30 Concerto Fin de Festa. Grupo Tiruleque
Praza / rúa San Martiño

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de San Bartolomeu (Noia)

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


Domingo 23:
Xoan Curiel

Luns 24:
a partires das 20h actuación pola rúa a cargo do grupo de música e baile tradicional Brincadeira, e ás 23h na Praza do Tapal: Faltriqueira

Martes 25:
ás 23h, Leilía na Praza do Tapal




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Donicelas na Festa do Viño de Salvaterra

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


Sábado 29 de agosto ás 22:30
- Donicelas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Xornada da cultura tradicional galega (A Bouza - Dorrón. Sanxenxo)

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


Domingo 20 de setembro no Campo da Festa
Organiza: Soalleira de Dorrón

Exposición: Os Alcumes de Dorrón
Xogos Populares

IX FEstival Folclórico, a partires das 18h
A Meda do Castro (Sada)
Grupo Folclórico Nós de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
Grupo de Gaitas Airiños da Fracha (Pontecaldelas)
Soalleiras de Dorrón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Campestre de Dombodán (Arzúa)

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


Domingo 6 de setembro. Cos gaiteiros do Castro Curbín e o grupo de música tradicional Os Do Pilón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [27] [28] [29] [30] [31] [32] [33] [34] [35] [36] [37] [38] [39] [40] [41] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [53] [54] [55] [56] [57] [58] [59] [60] [61] [62] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [74] [75] [76]


En 'Novas Relacionadas'



* Libro e Serán MULLERES DE GARGAMALA

* Obradodoiro de Danzas europeas e baile galego...

* Festa da Praia de Xaviña

* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* Tierra Bierzo | II Festival Lágrimas de San Lorenzo de Pumarín


(mostráronse só as últimas recibidas)
buscar mais información
sobre Festa en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]